O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 31, 2011

O COROCEIRO NACIONAL , IVÁN DOS BATEAS, DIRIXIRASE EN EXCLUSIVA MUNDIAL ISTA NOITE DE MARTES A TODO O PAÍS DENDE O PLANETA FURANCHO DA RGM!!


Confirmamos a información verquida no tan agardado e recén estreado feisbuk oficial do Varal que está a ser a auténtica sensación no universo das redes anti-sociais galegas que deu en exclusiva mundial a nova que todo o páis quería aouvir....ista noite apartires das 23 h. no Planeta Furancho da Radio galega Música Iván dos Bateas dirixirase a toda a nazom na súa recén estreada condición de Coroceiro Nacional , ademáis daranse a coñecer para todos os que non estiveron en Conxo o dueto impresionante de gañadores das espigas de Millo Corvo do espectacular concurso de microrrelatos coordiando polos irmáns de latri.ca en formato Facts referidos ó Corocerio Nacional....é un xogo si, máis tamén un amor alebrestrado!!

segunda-feira, maio 30, 2011

HORAS ANTES DE SELO O COROCEIRO NACIONAL ESTIVO NO ESPECTACULAR ABERTO DO FERVEDOIRO DE CUNTIS !!

A irrupción do Coroceiro Nacinal en Conxo tivo unha previa dun aberto auténtico luxo coa poderosa acción realiza en colaboración da LNB cos irmáns do Fervedoiro de Cuntis . Estreo nisas terras cun exitazo sen precedentes nun dos Abertos que son xa referencia absoluta para todo o que veña en diante , se nalgún tempo as billardas comezaron sendo o acompañamento perfecto para animar as tardes dos festivais do país , en Cuntis confirmouse o que o Coroceiro Nacional de sexa....as billardas xa están enriba do esceario cunha espectacular faixa que protexe ós irmáns de Morula, Comando Robalisa , Locust and Orchids, John deeres no esceario sendo o propioa Aberto de Billarda o apicentro catalizador da realización dun festival como aconteceu en Cuntis.

Impresionate as fotos do flick do Fervedoiro e o seu referencial crónico da histórica xornada que deixan pegada e serven de firme semente na fértel leira enzurrada da LNB para artellas moitas máis accións conxuntas co Fervedoiro e con toda a tribo do hemisferio Albariño que comeza a mover ficha , esqueletes e billardas para unirse á gran serpe multicor da LNB..e atención porque ademáis dos universo deportivo a LNB en Conxo premiou unha vez máis os estaloso literarios referidos ó Coroceiro Nacional, pegade os fuciños porque imos destapar para os que non estiveron en Conxo cales foron os microestalos elexidos para facerse coa parella de espigas de Millo Corvo, Billarda sempre! ... é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

A CONFERENICIA CENTRO FAI PÚBLICA UNHA NOTA EXPLICANDO OS MOTIVOS DA SÚA MARCHA DA PISTA DE CONXO!!


Tan só unhas horas despois de deixar a maravillosa chuvia de estornelas de Conxo despois de proclamar a Iván de Bateas Coroceiro Nacional os irmáns da Conferencia Centro no seu web-oficial fan pública unha nota na que amosan as causas do abandono de pista durante a final nacional por equipas. Mais aló dos contido é de agradecer o seu tón amigábel e respetuoso para co resto de xente da LNB , e co regulamento a un lado, o que o quedou claro para tod@s sen exclusión ningunha ,veña de quen veña e do palanador ou palanadora da conferencia que sexa, é que non se tolerará en calquera intercambio de pareceres a falta de respeto a ningún compañeiro ou compañeira na pista esteña iste arbitrando ou participando do xogo. E moito máis aló das posibles polémicas entorno a medidas e calquera aspecto do xogo agradécense enormemente as formas e xestos dos que sen dúbida son unha das raices fundamentais dista poderosa árbore chamada LNB...estornela sempre, adiante co Varal!!

IVÁN DOS BATEAS, PRIMEIRO CAMPIÓN NACIONAL DA LNB COROADO COROCEIRO NACIONAL NA PISTA!!


ISTA HISTÓRICA IMAXE DO XOVENCÍSIMO IVÁN DOS BATEAS COROADO COMA COROCEIRO NACIONAL DESPOIS DE VENCER NA ESPECTACULAR FINAL ABSOLUTA Ó PODEROSÍSIMO MAKITOS DE BM, DEFENSOR ADEMÁIS DO TÍTULO NACIONAL NISTA NOVA EDICIÓN DA GRAN MUIÑADA DE CONXO, MARCA O CULMEN ABSOLUTO DUNHA MAGNÍCIA OBRA DE ARTE ETNOLÓXICO-BILLARDEIRA QUE A LNB INICOU FAI MOITOS ANOS Ó CARÓN DAS BESTAS BRAVAS DOS MONTES DE BRETOÑA. ISTO CONSTATA ADEMÁIS QUE TOD@S SOMOS NECESARIOS PARA BAIXO A INMENSA COROZA QUE AGORA NOS CUBRE CONTINUAR CONSTRUÍNDO E AUTOXESTIONANDO UN INMENSO UNIVERSO DE XESTAS ALEBRESTADAS. ATENT@S PORQUE DURANTE TODA A SEMANA E NO SUCESIVO EN TODOS OS ESPAZOS WEBS DA LNB SE IRÁN ANALIZANDO A AMOSANDO AS TÁBOAS DE RESULTADOS DO MÁIS MULTITUDINARIO E MOVIDO TSUNAMI BILLARDEIRO QUE AZOUTOU CONXO>> campoia nacional feminina , Reyes dos Outros, Bateas campións nacionais por equipas, Daniel de Billardeiros Musicais campión nacional de Varados e o xoven Iván dos Bateas palanador de 14 anos procámase campión Nacional Absoluto e primeiro Coroceiro Nacional coroado en pista...Billarda sempre, adiante co Varal!!

sábado, maio 28, 2011

EXTREMECEDORA ÚLTIMA HORA DO PLAY OFF >> A COROZA DA LNB XA AGARDA EN CONXO POLO GRAN CAMPI@N NACIONAL_011!!

O terrorífico previo marcado polo especial Play Off no Planeta Furancho , pola irrupción dun comando LNB para a apresentación no programa A Solaina da Galega da Gran Muiñada de Conxo e pol o extiazo sen precedentes nun Aberto en territorio virxe como é Cuntis acontecido iste sábado a tan só unha horas antes que aconteza un feito que nos marcará para sempre ...xa que por primeira vez na história dun deporte galego , unha auténtica Coroza Galaica vai sinalar ó campión nacional dunha displina , e isa disciplina non podía ser outra que a da Billarda. Depois de infinidade de labirintos unha espectacular Coroza procedente do Mesón A Gata Meiga de Poio vai siturarse sobre a cabeza e o corpo dun palanador ou palanadora identificándoo coma Campi@n Nacional Absoluto da LNB depois de venser na terra batida do Estornópolis de Conxo. A LNB vai comunicar dende a propia pista de Conxo e en tempo real mediante o o espazo Latri.ca da LNB os campións nacionais das 4 disciplinas, intensas conexións durante a mañán e a tarde que terán ó país puntualmente informado de como van as cousas. Ademais o mesmo domingo dende primeira hora poderás roubar no teu kioske preferido un exemplar do xornal Galicia Hoxe no que atoparas no suplemento Lecer a espectacular xoia creativa cartaz realizado polo referencial fotógramo indixenista Nachok para que poidas pegar nas paredes da túa gaiola. E non só iso , se non poideches estar na explosiva actuación de Ilegível + R.Otero no pasado All Stars de Cabanas , confírmase unha nova intervención sonora diste referencial combo de "música lexeira alebrestrada" para despois do xantar na explosiva sesión de micro aberto que ademáis da mítica intervención do Colectivo-folk de gaiteir@s e pandereteir@s LNB contará coa intervención de Ricardo Pérez i Verdes apresentando o ( Melga ) Museo de Xogos Tradicionais de Ponteceso e atención, a presenza de representantes dos acampad@s do Obradoiro que comuncarán á tribo LNB cales son as coordenadas do tsumani de indignación que percorre Galiza enteira, e como non ate ás 14 h. do domingo en formato papel para os acampad@s en Conxo poderán deixar as súas xestas literarias no Coroceiro Nacional Facts para optar ás impresionate espigas de Millo Corvo. Coa xestion impecábel dos irmáns da Asociación de Xogos Tradicionais de Conxo toda a tribo billardeira volta ó teatro dos soños do Estornópolis de Conxo , beizósn e sorte para tod@s......é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

sexta-feira, maio 27, 2011

Planeta Furancho - República billarda 07 - Playoff Nacional

Sección no programa Planeta Furancho, da Radio Galega Música. Neste episodio, facemos a previa do Play Off Nacional.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

quinta-feira, maio 26, 2011

PLAY OFF NACIONAL _O11 ....SERÁ UNHA INVASIÓN MÁIS!!


XA NON HAI VOLTA ATRÁS , O GRAN TEATRO DOS SOÑOS E PESADELOS DE CONXO AGARDA POR VÓS PARA VOLTAR SER INVADIDO POR PALANADORAS , PALANADORES , SIAREIR@S E ACTIVISTAS FAMENTOS DE EMOCIÓNS QUE SURXEN DO MÁIS PROFUNDO DA TERRA E DO SER BILLARDEIRO CANDO SE BUSCA A GLORIA INFINDA QUE SUPÓN FACERSE CO TÍTULO DE CAMPI@N NACIONAL EN CALQUERA DAS CATRO CATEGORÍAS EN XOGO.

De novo o referencial Nachok volta condensar nunha aterradora creación visual o pánico da vértixe infinada quie sinte o palanador e a palanadora a noite antes de enforntarse ó seu destino marcado ista nova edición do gran Muiñada polo intre culmen absoluto de vestir a coroza do poderoso ser coñecido e retratado por todos vós maxistralmente coma o Coroceiro Nacional que o acredite coma campión nacional da LNB.

CAMPO DE FUTBOL DE CONXO ( COMPOSTELA )

sesión de mañá:
-Final Absoluta feminina ( as 5 primeiras clasificadas por conferencia )
-Final Nacional por Equipas ( as 2 primeira equipas por conferencia)

sesión de tarde:
-Final Nacional de Varados ( 5 primeir@s clasificad@s por conferencia)
-Final Nacional Absoluta ( 12 primeir@s clasificados por conferencia + os dous primeir@s clasificacos do Aberto da Repesca celebrardo no contexo das olimpiadas populares galegas o 21 de maio en Ribadavia)


Debates e micros abertos haberá en Conxo como no Obradoiro e no resto de acampadasgz de indinad@s aproveiitando o inmersión en Conxo a LNB establece contactos co campamento base do Obradoiro para cesión de material para aposíbel a organización de Abertos no contexto de reflexion en voz alta na que toda a sociedade galega está inmerso. Mais non só de reflexións vive o Coroceiro Nacional que como sabedes en Conxo ás 14 h. se pechará o concurso de microrrelatros billardeiros referidos ó Coroceiro nacional cuxo gañador ou gañadora levará un par de espectaculares espigas de Millo Corvo e unha garrafa de Licor Café , festa e loita é o que a serpe multico quere e o que se constata coa incursión do Play Off Nacional coma un dos actos maís das Festas Populares de Compostela atentos ó programa de festexos:
27 de maio / 21,30h. / Poncho K (Sevilla): Una historia hecha con las manos (flamenco/rock)
SALA NASA

22h00 / concerto de K-rraxe (hardcore-metal de Cerzeda) / C.S. O PICHEL


Sábado 28 / 11h00 / Día Internacional do Xogo: con xogos tradicionais, xigantes e de taboleiro
Praza da Quintá / ITACA

21,30h. / Ghastas Pista? Jam de novo circo e cabaré / SALA NASA

Domingo 29 / Todo o dia / Play Off Nacional de billarda '011
Campo de futbol de terra do Conxo
LNB [ Liga Nacional de Billarda ]


E para quentar motores o día antes da Gran Muiñada de Conxo , sábado 28-M, coordinado polos irmáns do Ferbedoiro e Siareir@s Galeg@s realizarse unha xonada de mañá e tarde con xantar de irmandade e Aberto de Billarda ás 18 h. no campo de A Ran ( Cuntis) . Contacto directo: 678.187973

quarta-feira, maio 25, 2011

TODO PREPARADO...ATRÉVETE A CRUZAR A PORTA CARA A OUTRA DIMENSIÓN DO PLAY OFF NACIONAL CONXO_011!


Só podía ser o gran referente estético Nachok o que nos amosase a porta pola cal os palanadores e palanadores deberán atravesar de xeito imaxinario para loitar na area do teatro dos soños e pesadelos de Conxo sen dúbia como Nachok apunta é a a porta a outra dimensión. Quen non aprecie esta escena, é que descoñece totalmente o surrealismo arquitectónico galego. Puro exercicio de estilo nas imaxes e nos feitos que a serpe multicor realiza en cada un dos seus movimentos. Todo disposto pois para iste domingo invadir Conxo de emocións e penas coas que chantar un ano máis a nosas billardas cargadas de furia necesaria nos escombros de confusión dun país que se retorce de dor e carraxe. A pé de pista brilarán os ollos coma o sol da mañá nas fillas das gadañas ó chantarse no espectacular taboleiro de puntuacións que vai presidir a pista de xogo , unha novidade que aclarará en tempo real para xogadores e siareiros como vai o resultado antes de realizar cada golpexo...e como amantes confesos do surrealismo arquitéctónico , emocional e deportivo iste venres apartires dos 16 h. no programa A Solaina da Galega apresentarase publicamente o explosivo Play Off nacional de Billarda_011 nunha acción só comparábel a un dos referenciais estalos cinematográficos do grandes Monty Python ....a vida de Braian en version billardeira!!

terça-feira, maio 24, 2011

OLIMPIADAS E TXAMPIONS, O SET LNB DE CONXO SERÁ UN FERBEDOIRO DE ESTRATEXIAS PARA O MÁIS RABIOSO PRESENTE E FUTURO!!

Impresionante a mostra de compromiso pola organización da referencial I Olimpiada Popular Galega e do tod@s os atletas que ate alí se achegaron acompetir por unha causa xusta. A Billarda non podía faltar e estivo alí por partido dóbel coa desputa da proba olímpica e co Aberto da Repesca, dende a organización transmítenllle a toda a tribo LNB o seu inmeso agradecemento polo grande éxito acadado. Sen dúbida istas imaxes capuradas polos irmàns de GzContrainfo poñen a pel de galiña pola gran intensidade e agora mais que nunca fannos crer nas nosas posibilidades coma colectivo interrelecionado , para todos os que loitamos para que Play Off Nacional de Conxo saia adainte istas imaxes son coma un auténtico grolo de auga freca para o corredor de marathon desidratado.

E se ver ós alimpicos billardeiros arrimando o hombreiro para construír un muro de contención fronte ós escombros de confusión da podredume deportiva , atopar en primeira liña na fronte Belit a palanadores galegos énchenos o peito xa que o grande activista belit-LNB Ángelo Pineda coma palanador da Auténtica ó igual ca compañeiros seus da equipa Casus Belit Sants están na pomada absoluta para loitar entre os 6 finalistas polo título na 7º edición do Campinat del Mond de Bélit .

Podería ser nun futuro e a LNB está traballando xa nelo que a equipa campioa nacional galega puidera nunha hipotética "txampions" enfrontarse ó campión do mundo do universo Bélit que porque non poderían ser os galaico-cataláns de CASUS BELIT SANT , dende Conxo todo o noso apoio para eles e para toda a tribo Bélit coa cal de seguro moi pronto nos imos atopar. E como ven sendo natural e como se expuxo no gran estalo billardeiro dista martes no Planeta Furancho en Conxo xogaranse moitas máis partidas que cas das catro finais polo que se queres coñecer ou levar un Aberto á túa vila , aldea ou cidade no deixes de achegarte iste domingo ó Set LNB de Conxo ..entra e cuspe nas mans!!

segunda-feira, maio 23, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> A XESTIÓN DA COMIDA : TUPER-XANTAR PARA A TRIBO E MILLO CORVO PARA O COROCEIRO NACIONAL!!


Son moitos os moventos vividos e compatidos entorno a ise suposto terceiro ou cuarto tempo no que se converte cada xantar billardeiro no que palanadores e palanadores se sentar e compaten entorno a un prato e a unhas cuncas de viño , Conxo sempre foi en esencia iso polo que un dos intres estrelas da Gran Muiñada sempre é indiscutibelemente ise de repoñer forzas no medio do combate sen tregua. Nista edición vaise experimentar por primeiro vez o concepto do "Tuper-Xantar" é dicer cada palanador coordiando por equipos ou franquicias levará a súa comida e bebida sempre vendo que sexa algo que poida ser facilmente combinabel con outros elementos que poidan levar o resto de palanadores . A xente de Conxo coordinada por Mario e Formoso xestionarán as mesas e bancos para que ao xantar sexa máis ameno aínda e no caso de superar as previsións non haberá ningun problema para okupar o campo de xogo ou os prados anexos ó estadio. E como é xa traqdición fgesta rachada á hora do café e chupiños polo que carga os teus instrumentos para participar da festa e da explosiva festa de entrega do Millo Corvo e Garrafa de Licor Café ó campión do concurso de microrrelatos Billardeiros entorno á figura do Coroceiro Nacional na que aínda podes deixar a túa necesaria xesta literaria para alimentar a poderosa mitoloxía diste alebrsstrado persoaxe galaico-billardeiro coma o propio Mc García de Dios Ke te Crew Fixo durante a festa de homenaxe a Lois Pereiro en Bretoña>> Haise que abrigar / baixo o coroceiro / pra ke o camiñar / sexa devanceiro / nunha cultura / forte coma o aceiro [ O Garcia MC* ]

sábado, maio 21, 2011

XOSÉ MIGUEL DE SIAREIR@S CONVÉRTESE NO 1º CAMPIÓN OLÍMPICO DE BILLARDA E FROITAS E ANGEL CONSEGUEN NO ABERTO DA REPESCA O SEU PASAPORTE PARA CONXO!!

Foron moitísimo anos de adestramentos dentro e fóra da pista , tensións con sigo mesmo e incluso co seu adestrador persoal , o Bielorruso nacionalizado Romanés con pasaporte Nixeriano , Viana. A chama do soño olimpico de Xosé Miguel acendida fai xa moitos anos coas farias nas ducias de xantares ó carón do mítico atleta e gran referente para o Moañes , Edelmiro , fixo posíbel que se convertira por méritos propios no primeiro Campión Olimpico de Billarda , seguido ademàis do gran palanador e escalador vigués Suso Diz . A conxunción do Aberto Olimpico e o Aberto da Repesca obridados para que puideran participar xogadores que exclusivamente participaban na disciplina de billarda) obrigou que os campións olimpicos e os 3º e 4º posto Froitas de Culombios e Angel de Almuinha ( xa que Luis e Ivan dos Bateas foron os campións do Aberto xa están clasificados para Conxo) se cruzaran e foran pois os chegados dos Abertos da Repesca os que nos cruces contra uns olimpicos extenuados polo fito histórico acadado colleran o pasaporte e sexan Froitas e Angel os que pisarán o vindeiro domingo 29-M o teatro dos soños de Conxo.

Kim Jong Sum , o maxistral medalla de bronce de Korea do Norte en tiro de pistola nas olimpiadas de Pekin e que se negou a saudar ó medalla de prata de nacionalidade de corea do sur, é un dos grandes referentes do xa campión Olimpico de Billarda , Xosé Miguel que ademáis de na nosa disciplina proclamouse campión olimpico en lanzamento de sacho e subcampión en tiro de adoquin ou de peso . Nistes intres sabemos que o gran camarada presidente Kim Jong Il está redactando xunto coa súa aportación ós micro estalos billardeiro referidos ó Coroceiro nacional en formato Facts, un burofax para felicitar ó grna campión olimpico de billarda que enviará a finais dista domingo ( xornada de falsidade electoral ademáis na Galiza) xa que é moi posíbel que o super atleta Moañes aínda acadade algunha outra medalla...

quinta-feira, maio 19, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> 4 PISTAS SIMULTANEAS E A COMISIÓN DE DELGAD@S [ 1 por conferencia ]


Espectacular a instantánea elexida pola triboo da Conf. Sur para ilustrar a última parada do tren LNB que con dirección a Conxo ten Ribadavia iste sábado polo serán como gran esceario para a desputa do Proba Olímpica de Billarda + Aberto da Repesca. Dúas prazas as dos primeir@s clasificad@s que xunto con todo o resto de clasificados das conferenicas LNB pisarán a terra batida do espectacular Estornópolis de Conxo que xa ultima a súa preparación para acoller ista nova e aterradora nova edicón da gran Muiñada. ----

-4 PISTAS SIMULTANEAS
Os técnicos de Conxo xa teñen establecido o espectacular redeseño do campo de fútbol con catro pistas LNB en disposición de seren utilizados simultaneamente. ---

-COMISIÓN DE DELEGAD@S
Ademàis a LNB para a mellora do control de xogo e xestion de pista vai nomear antes de comezar o Play Off Nacional unha COMISION DE DELEGAD@S que estará formada por 5 persoas (1 por conferencia). Este comité de delegados reunirase antes de empezar a competición e aportará o nome de cinco persoas da súa conferencia que estarán dispostas a colaborar como xuíces, como mesa, megafonía....

-FUNCIÓNS DA COMISION DE DELEGAD@S

A partir de aquí distribuiranse as tarefas de cada un. Este comité tamén se encargará de resolver as posibles reclamacións, queixas e conflictos relacionados cos aspectos da competición. Mención especial tamén dista "Comisión de Delegad@s" vai ser a de mirar polo cumprimento das medidas regulamentarias de paláns [ 60 cm] e billardas [ entre 18-25 cm ] ambos elementos cun diámetro de entre 1,5 a 3 cm. O que subxase dista proposta é mellorar no posíbel a xestion dos acontecementos para que entre todas as conferencias asumamos as responsabilidade na organización do campionato....que pase a história que cuspa nas mans!!

quarta-feira, maio 18, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> A XESTIÓN URXENTE DOS CLASIFICAD@S PARA AS FINAIS NACIONAIS POR CADA CONFERENCIA!!


Iste sábado apartires das das 18h. no marco das históricas Olimpiadas Populares Galegas de Ribadavia celebrarase a proba de Billarda e o Aberto da Repesca última ocasión para conseguir os dous primeiros clasificados o pasaporte para o teatro dos soños de Conxo do vindeiro domingo 29 de Maio. Contacto directo LNB>> 647.190789 - E con toda a maquinaria LNB traballando a reo para a xestion dos cadros de competición pedimos ós palanadores e palanadoras implicados en varias conferencias que comuniquen ós coordinadores de conferencia con data máxima diste xoves 19 de Maio por cal van competir para que as conferencias axilicen ó máximo a xestión dos clasificados nas catro finais en desputa. No pulso firme da serpe multicor xa colga o espectacular reloxo da conta atrás cara Conxo guindado no web oficial da Conferencia Centro....billarda sempre , adiante co varal!!

domingo, maio 15, 2011

UNHA EDICIÓN MÁIS A LNB REMATA SÚA PARTICULAR E PODEROSA CONCENTRACIÓN PARCELARIO-BILLARDEIRA!!


Galleto nunha man e fouciño na outra a poderosoa e imparábel serpe da LNB completou unha tempada a súa particular parcelaria billarderia en tódolos frontes abertos, atención os web-blogs oficiais poqewu apareceraán as listaxes dos clasificados nas catro categorías en xogo para o Play Off Nacional no Estornólopolis de Conxo ...Festa a edito impulsado polo poderos vento Lois que tinxíu de lírica-punk cada un dos Abertos de fin de tempada regular, Xosé Rodiño fixo doblete no Sur e Norleste, Iván dos Furabolos no Centro con Jose Luis dos Bateas vencendo nunha da dóbel enganchada coa que pechaba o NorOeste ó chover polo camiño o papel que portaba o pichón da LNB dende a Coruña chegou ilexíbel e agardamos pois á actualización do seu web oficial para saber como quedou a parcelaria na leira coruñesa. Mais iste tramo final marca o bulir inmenso dun mar de cretividade e actirudes tan intenso que sería imposíble caputar en capsulas, dende a posta en marcha da revista Bilharda escrita en reintegrado para lanzar á mensaxe bilhardeiro ó mundo lusófono , pasando polo refacho de vento que O Coroceiro Nacional recibíu en Bretoña en forma de tsumani literario que xa podes comezar a coñecer o espazo latri.do do explosivo concurso de micro-realtos en formatos Facts no que tes que deixar a túa poderosa xesta literaria coa que entre tod@s fabricar a mitoloxía coroceira. E coa ollada e os fouciños afiando para invadir Conxo no horizonte xa aparecen novas accións billardeira que comezarán ista mesmo martes día Lois no Pino na pista fronte ó restaurante O´Cruceiro coa celebración da concentración de xogos tradicionais con bolos chave e billarda e moitos màis brinquedos, será a previa para o vindeiro Domingo 5 de Xuño en Muimenta celebrar a nova e dición do encontro de xogos e dportes autóctonos donde a Billarda terá o seu espazo para a desputa do xa mítico Aberto da Filloa, un día antes a serpe multicor , o 4 de Xuño , terá unha cita tamén moi especial será en Barreiros na desputa do agardadísimo Aberto de Flores, o noso seleccionador nacional dá un novo paso histórico que vai deixar de seguro fonda pegada, e do note ó sur , e tiro porque me toca....porque un día antes da gran Muiñada de Conxo en Cuntis celebrarase un explosivo Aberto organizado polo irmáns do Fervedoiro.....logo , logo Extensión Agraria!!!

sexta-feira, maio 13, 2011

O TSUNAMI LOIS DE BRETOÑA E OS ESGARROS DE FURIA NECESARIA NOS REMATES DA LIGA REGULAR NAS CONF. DA LNB!!

A onda dos recitais expansiovos do Vento Lois chega tamén á LNB mais convertidos en auténtico tsunami que vai azoutar iste venres as míticas terras de Bretoña donde a serpe multicor da LNB botou andar . Artellado polos activistas da Federacións de Asociacións Lucenses que englobana a varias franquicias da LNB , o teleclube de Bretoña vai acoller abrutal lírica punk de Lois escupida por armadanzas que se achegan para por o seu alento ó colaro das bestas bravas que habitan os montes da Pastoriza.

E co vendaval Lois azoutando o norte as billardas cruzarán coma lóstregos na madrugada infinda para aparecer en Marin o sábado pola tarde, festaza en Marín de fin de tampada artellada pola referencial franquicia Almuinha que xunto co festival organizado polos poderosos 13-14 en Salceda encheran a conferencia sur de festa e desenfreo maior aínda que o habitual que xa é dicer para pechar como se merece ista gran tempada regular na frenética Conferencia Sur.


E a negritude dos cartaz artellado pola tribo da Conf. Centro contrastará co alumear dos ollos dos palanadores e palanadoras que coma gatos raxados na noite tentarán arrabuñar na Carballeira da Magdalena de Castrofeito unha praza para Conxo nista súa última oportunidade antes do grande suceso do Play Off Nacional.

E da torre de Celas de Peiro a tribo do NorOeste tira á Magdalena!!

E de novo punk e lírica se xuntan en Remourelle para pechar unha tampada màis no espazo vital de agullas líquidas en fero ataque chamada conferencia norlestetamén coñecida coma conferenica mae , unha mae de paríu en peln coella con coellos embravecidos que espallan polo país e polo mundo enteiro a febra billarda e que iste domingo con xantar de irmandade na mítica Taberna de Lola, Aberto do Coello e posterior festa para a entrega de premios ó campións de conferencia pechara unha nova entrega cunha explosiva entrega en tres fases que pecha un trepidante insomnio ilegal de etcéteras para de contado abrir outro novo....billarda sempre, adiante co Varal!!


terça-feira, maio 10, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> A XESTIÓN DOS TROFEOS NACIONAIS SERÁ REALIZADO POLAS CONFERENCIAS LNB!!


Toda a maquinaria humana e animal está en marcha preparando xa a nova eición da Gran Muiñada de Conxo diste vindeiro 29 de Maio. Ista find vanse dar adamáis peche ás competición regulares nas conferencias LNB que restan e con elo comezará para os elexidos pola gloria e o resto da serpe multicor o desafío brutal de sacar unha vez màis de xeito auto-xestionado o agardadísimo Play Off Nacional_011. É por elo que lanzamos para a xestión nas diferentes pistas dos asuntos que nos diferentes Abertos Nacionais se foron acordando para entre tod@s poder sacar adiante iste gran acontecementos que os medios públicos que unha vez máis se negan a apoiar. Lanzamos o compromiso de xestion de trofeos polas conferencias como xa se realizou en anteirores edición do Play Off :

-TROFEO PARA CAMPI@N NACIONAL ABSOLUTO ( específico dista edición ) : CONF. NORLESTE

-TROFEO PARA CAMPIOA NACIONAL : CONF. CENTRO

-TROFEO PARA CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS: CONF. NOROESTE

-TROFEO PARA CAMPIÓN NACIONAL POR EQUIPOS: CONF. SUR

A CONFERENCIA NOVEL DA BEZOUQUEIRA APORTARÁ CATRO PEQUENAS FIGURIÑAS CONMEMORATIVAS PARA OS SEGUNDOS CLASIFICADOS.

EN CASO DE NON PODER XESTIONARSE ISTE ASPECTO POLA CONFERENCIA EN CUESTIÓN QUE O FAIGA SABER O MÁIS ANTES POSIBEL PARA ARTELLAS ALTERNATIVAS>>ovaral@hotmail.com

AXENDA DE PECHE DE TEMPADA REGULAR:

-Sábado 14 :

CONF. SUR >>Aberto e festa de peche en Marín coordinado polo referenciais Almuinha

CONF. CENTRO>> Aberto e festa de peche na pista da Magdalena ( Castrofeito )

-domingo 15

CONF. NOROESTE
: dóbel sesión de abertos en sesión de mañá e tarde en Celas de Peiro

CONF. NORLESTE: xantar de fin de tempada na taberna de lola , desputa do aberto do coello de Suso en Remourelle e posterior festa de entrega de premios na Taberna de Lola.

segunda-feira, maio 09, 2011

RICARDO PÉREZ I VERDES INVADE A CANTINA DA LNB DEIXANDO UNHA MOI FONDA PEGADA NO SEU IMPACTANTE ANÁLISE DA CIVILIZACIÓN BILLARDA!!


A Billarda prohibiuse e desapareceu no século XIX e principios do XX das nosas corredoiras como xogo de lanzamento a longa distancia, polo seu perigo,... istas son algunhas das impactantes apreciacións de Ricardo Pérez i Verdes ex-selecionador Absoluto da seleccion nacional de Colombia e Costa Rica que se achegou tomar un vaso de auga fresca da fonte da LNB. De donde vimos , donde estamos e cara onde imos no desacougante esceario nacional e internacional son aspectos que tamén trata iste gran referente que estará de novo con toda a tribo o vindeiro 29 de maio en Conxo entre outras cousas para apresentarnos o seu gran proxecto asentado en Ponteceso chamado MELGA , achégate á barra da Cantina da LNB e sinte o pracer de compartir espazos con xente con tanta experiecia e pegada que alumea a cada verba so nosos ollos....

XERRO DO SALNÉS......VIOLENTOS E APAIXOADOS ANOS ONCE!!


O retorno na guagua cara ó norte foi sintonizando coas poderosas coordenadas de accción consensuadas no teatro dos soños de Xil , o Xerro un ano máis consolídase cuma un punto de encontro brutal entre os dous hemisferios paso previo ó estourido de Conxo. E como non podía se doutro xeito a guagua da LNB sintonizou cos violentos anos dez que coaron expendorosos na presentación que Sak realizou depois no seu Radio Oceánica unhas poucas horas depois de compartir mantel e pista con toda o tribo na pista das Angustias de Xil .


A moi poucos km . de Xil Peter Hook e a súa banda estiveran recordando ós míticos Joy Division unhas horas antes no festival do norte en Vilargarcía e poucas horas depois chegaban os herdeiros galaicos da pegada transgresora de Ian Curtis dipostos a todo no seu periplo furancheiro que de novo deixou fondísima pegada en toda tribo.


Sen prisa mais sen pausa os palanadores foron chegando á pista da Angustias nunha tarde que amizaba chuvia e confirmou tempestade de pinchas a eito.

Coas olimpiadas populares á vista en Ribadavia a LNB alimenta a súa canteira consolidando a súa proposta entre os màis novos de Xil que ven na práctica da billarda unha alternativa xa máis que posíbel á alienación do resto das prácticas deportivas maioritarias asentadas na terras do Salnés,

Un ambiente de luxo presidíu ista nova edición do Xerro do Salnés , unha proposta que se consolida entre a populación da zona e que atrae á grandes estrelas nacionais que non queren por nada perderse ista cita que mistura o viño, a paixón e a billarda para lanzarnos de fucuños cara o infinito


Radio Cabalinho sintonizada a pé de pista quentou os áninmos dun público que quería e tivo espectáculo en tódas as formas e xeitos posíbeis , fóra e dentro da pista...


Viño , billarda e pelos no peito ...isa foi unhas das máximas que se varaxñeron e sempre se varallan nista cita , especial mención tempos que facer a todos ises palanadores e palandoras que non bebendo por motivos ideolóxicos ou físicos comaptiron igual a xeira de furanchos sabedores que moito màis aló de mera inxección de líquidos a teima é a de compartir e establecer coordenadas de acción presentas e futuras dunha serpe multicor en continua expansión e movimento.


Coma sempre non hai verbas suficientes no noso vocabulario para agradecer á xente de Xil enredada entorno á referencial Taberna da Cancela con Paula e Abel ó fronte que un ano máis souberon conducirnos polos vieiros da emoción compartida para á conquista da libertade que un día o irmán chiricahua Xerónimo soñou..


Unha victoria a de Xan Rodiño , de novo ensombrecida pola pantasma da non dopaxe niste aberto do Xerro no que a máxima un ano máis foi clara e evidente , os abertos como demostrou o mestre Ricardo Pérez i Verdes na súa espectacular entrevista no GH na que repasa e evolución da civilización billardeira dos petrogrifos á actual era dixital non se xogan só cando a billarda comeza a chimpar senón que se xogan dende que un se ergue ate que un se deita , oito días á semana...como cantaban os escarabellos de Liverpool!!!

quinta-feira, maio 05, 2011

ISTE DOMINGO EN XIL REALÍZASE A BRUTAL TRANSFUSIÓN DE SANGUE E VIÑO NAS VEAS DA SERPE MULTICOR DA LNB!!


Non hai xa palabras para definilo senón furanchos pra desfrutalos, polo que ide preparando os makutos porque iste domingo a tribo toda atoparáse ás 12 h diante da mìtica Taberna da Cancela para con Abel e Paula ó frote encamiñarnos cara á grandísian aventura da xira polo furanchos , mi madriña a que nos ven enriba!!! o mes de maio é unha auténtica odisea billardeiroa que arrinca en Xil coa festa do Xerro e rematará en Conxo coa desputada do Play Off Nacional.


Atención pois , ducias de carros xunguidos dende o sul preparan a súa invasión furancheira en Xil mentras a Guagua da LNB quenta motores no norte para ás 8 h. arrincar de Ribadeo , Vilamar, Lourenzá, O Restaurante O Cruceiro do Pino e Compostela serán paradas para ás 12 h, arrivar na Taberna da Cancela de Xil , se queres subir aínda estás a tempo: ovaral@hotmail.com / 619.570976.


MANUEL ABUÍN , FACHENDA GALEGA EN XIL ESTRUCTURANDO O POSÍBEL PASAPORTE BILLARDEIRO CARA UDINE!!


E o que toda a tribo se vai atopar en Xil mellor non nomealo , loucura billardeiroa en grao supremo con Radio Cabalinho boureando a pé de pista facendo das súas , con Manuel Abuín paseando a súa Fachenda sonora Galega no post partido na festada do Xerero na Taberna da Cancela e incluso a posibilidade que que o Coroceiro Nacional faga a súa aparicion estalar entre furancho e furancho para mamarse co resto de palanadores e palanadoras . Papae , papae, soltóuseme a ghoma....se non ves é porque non tes nen viño nen sangue nas veas!!

O POETA GALEGO VICENTE ARAGUAS APADRIÑA CUN ESPECTACULAR E EXCLUSIVO HAIKU BILLARDEIRO O COROCEIRO NACIONAL FACTS!!

Son xa centos os impresionados estalos que chegaron preguntando pola explosiva nova edición do concurso de microrrelatos billardeiros posto en marcha polo portal Latri.ca ista vez en formato Fats referido á ateradora figura do Coroceiro Nacional, un ser mitolóxico que cubriremos coas vosas necesarias e impactantes xestas literarias que xa podedes deixar no espazo habilitado para elo. E motivado polo impresionate empurre e por petición popular nos mails de ovaral@hotmail.com e ovaral.international@gmail.com e incluso escritos en papel nos diferentes abertos se recolleran os Facts Coroceiros para guindalos no espazo Latri.ca. Moitos foron taménas cuestións referidas á noramtiva do concuros e coma unha das xoias que xa forman parte da restra de facts que di: O regulamento da Liga Nacional de Billarda é o papel hixiénico do , o regulamento do concurso de facts tamén é utilizado coma papel hixiénico polo coroceiro nacional e por todos os seus facts, polo que adiante e sen medo utilizando a palabra "Coroceiro Nacional" realiza o teu incendiario micro-estalo facts!!

A POLO "MILLO CORVO" DO Coroceiro Nacional Facts!!

Arrinca o a nova edición do concurso de microrrelatos billardeiros en galego ( en tódalas súas normativas ) e en línguas de paises sen estado referidos ó persoaxe mítico do Coroceiro Nacional da LNB.

O xurado billardeiro elexirá ó estalo vencedor depois do xantar de irmandade na pista de Conxo durante a celebración do Play Off Nacional de Billarda do 29 de Maio.

O vencedor ou vencedora do concurso recibirá un par de espigas do mítico "Millo Corvo" ( poderoso simbolo co que ó igual que os Oscar ou Goya, istas espigas mouras orixinarias de Bueu serán a marca de identidade de todo entramado literario de latri.ca- LNB no presente e no futuro) + Garrafa de Licor café e lote sorpresa.

O escritor Vicente Araguas que publicou no 1999 o poemario A Billarda , apadriña ista nova edición do concruso de microrrelatos latri.ca-LNB cun espectacular e exclusivo haiku Billardeiro

"Haiku da billarda"
É xogo, si
mais tamén un amor
alebrestado.

Vicente Araguas

terça-feira, maio 03, 2011

"COROCEIRO NACIONAL FACTS", LATRI.CA HABILITA O ESPAZO PARA A EXPLOSIVA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS BILLARDEIROS!!

Nova noite histórica para a literatura e a cultura galega xa que dende xa botou a andar a nova e explosiva edición do xa mítico concurso de microrrelatos billardeiros coordinados polos referenciais irmáns de latri.ca, o espazo twitter en galego de novo únense á serpe multicor para unir a súa forza viral para estourar no Play Off Nacional de Conxo do vindeiro 29 de Maio. Dende fai unha semanas Latri.ca foi sentindo un goteo constante e imparábel de palanadores e palanadoras que van facendo a súa conta para entrar no concurso ademàis de coñecer o que se coce nista referencial rede social galega. Non perdas màis tempo e fai a túa conta latri.ca para participar no explosivo concurso de microrrelatos que ista edición teñen formato Fact , ou dirixidos á figura do Coroceiro Nacional , o ser mitolóxico referente da LNB no que se transformará o campión absoluto nacional ó por a Coroza da LNB coma acto culmen da Gran Muiñada de Conxo . Rachando moldes tamén niso a LNB dá un paso màis adiate e xa ten perfilada unha espectacular Coroza de Xestas autoproducida coa que rematar coa tonteiría que arrodea tamén ise mundo dos traficantes de patrimonio , a LNB polas Corozas do século 21 e para ser utilizadas na Galiza do século 21!! . Cada estalo que ti deixes Latri.ca-Billardeiro é unha xesta coa que o Coroceiro Nacional vai tecer a súa poderosa história , non esperes máis sumérxete xa no extraordinario universo do Coroceiro Nacional Facts , o concurso de micro-relatos billardeiros referidos ó Coroceiro Nacional en galego ( en todas as súas normativas ) e en idiomas de paises sen estado, cunha emoción infinda destapamos a primeira xoia brutal guindada no espazo Latri.ca do Coroceiro Nacional Facts>> Manuel: O pode tragar o cubo de Rubik e vomitalo resolto

segunda-feira, maio 02, 2011

AS RESPOSTAS QUE BUSCAS NON ESTÁN NO AR....ESTÁN AGARDANDO POR TI NO FONDO DAS CUNCAS DOS FURANCHOS DE XIL!!


Comeza a conta a trás cara ó tan desexado reencontro da serpe multicor con beizos tinguiidos de violeta nos fantásticos Furanchos de Xil e de toda a redonda. Atención porque os moteores da Guagua xa rumban e piden ruta e viño a regos . Confirmamos que a saída se producirá da estación de Ribadeo ás 8 da mañán do domingo 8 de Maio , con paradas establecidas en Celeiro de Mariñaos, Vilamar, Lourenzá, O Pino e Compostela. Aínda estas a tempo de unirte á expedición que parte do Norte xa que do Sul son multiples os carros xunguidos para achegarse á desputa e desfrute do Xerro . Invadidos ademàis pola febre electoral chamanos enerxicamente ademàis do apoio ás diferentes candidaturas do povo e a todas aquelas nas que palanadores ou palanadoras participen , a buscar a respostas no fondo das cuncas de viño durante a xira dos furanchos , nunha edición na que a conversa será máis fluida ca nunca xa que o xantar será en formato pincheo nun dos furanchos donde os nosos guías de Xil nos leven para acompañados de tortelas , queixo e unhas empanadas para tomar forzas no último furancho antes de lanzarse ó asalto ó Xerro . Ainda estás a tempo de unirse á gran serpe multicor da LNB >> ovaral@hotmail.com / 619.570976.

domingo, maio 01, 2011

XOSÉ RODIÑO DOS BATEAS, TETÉ DE LA COURSE EN CASTRELOS E NO ABERTO DA FÁBRICA DE TABACO DA CORUÑA!!


Nen a xenial empanada de galletas que o palanador dos Lideiras coñecido xa coma Robocop , distribuíu entre os participantes no Aberto Vigués de Castrelos co que o referencial activista billardeiro Tiago, quixo compartir na súa celebración de cumpreanos coa poderosa tribo pincha , puido frear o imparábel ímpetu da poderosa equipa dos Batea , unha furia coa que conseguiron catapultar a Xosé Rodiño coma vencedor do Aberto na Conferencia Sur do sábado e repetir no máis alto do pódium ó carón da fábrica de Tabaco da Coruña ó día seguinte , iste domingo 1 de maio no tramo final tamèn da Conferencia Noroeste que xa estuda con sesión dóbel de mañán e tarde para o vindeiro domingo 15 de Maio pechar dunha tallada as dúas xornadas puntuábeis que lles restan. Xosé Rodiño enfúndase pois con iste golpe de efecto un dos maiots de favorito na Teté de Course billardeira cara o arco do triunfo do Tour de Conxo arroupado ademàis por unha equipa de luxo que nen o Liberty-Seguros na época de Manolo Saíz e Eufemiano Fuentes. Dopaxe e do bó vai ser co que a serpe se atope a serpe mulicor da LNB o vindeiro domingo 8 de Maio coa celebración dunha nova edición do Xerro do Salnés en Xil ( Meaño ) en sesión de tarde posteriro ó xa mítico Tour polos Furanchos donde de novo se porá en marcha a inscripción restrictiva de catro cuncas de viño mínimo para poder coller o palán ( excepto doentes e menores de idade) ....comeza a conta atrás para que Robocop e todo e poderoso exercito Biorobótico da LNB engraxemos as vielas co mellor viño do país e do mundo enteiro , Tod@s ós Furanchos, Tod@s a Xil !!