O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, junho 25, 2016

GzExit ....PORQUE A ÚNICA EUROPA POSÍBEL É A EUROPA DOS POVOS-BILLARDEIROS!!

















O paraiso é un lugar abrumador...sábenno ben a maioría dos británicos e moitos dos galegos , palanadores e palanadoras da LNB que afiamos as billardas e puntamos en cada Aberto  cara ó centro neurálxico da diana do ate ontes inmune poder sátrapa de bruxelas e dos putos mercados...
























As Billardas e a Cachizas , diferente nome para unha mesma loita , a da LNB que iste sábado apartires das 16:30 h. racha o xeo nos vasos e na pista de xogo da Estacada de Bueu no arrinque da brutal xeira de verán no abafante heminsferio sul na periferia da por desgraza aínda zoa euro..




















Unha europa dos povos-billardeiros é a que ansiamos realmente dende a LNB , unha relacion bañada polo licor e a vitaidade das diferentes etnias billardeiras que poboan o continente europeo de seu , porque a espectacular imaxe dos irmáns do Pandolo en Slovenia iniciando tamén a súa tempada de compeitición baixo os raios de sol invita á rebelión conxunta para esgarrarlle ó parlamento europeo e coller o palán e desfrutar disa europa real que todas as institucións queren aniquilar ..... Pandolo Sempre, Gz e Billarda Exit!!

segunda-feira, junho 20, 2016

OS MARIÑANS-BM FANSE CO AÑO_2016 E XULIO DE CAMPO DA FEIRA ABRAZA A GLORIA NO BAR RAIO DE SOL DA LARACHA!!



















Ista find. a cor verde invadíu todo o universo LNB ... pola banda do Norleste con epicentro no campo de futbol de San Miguel de Reinante o maravilloso cheiro e os berros do Año...

















acompañaron cada un dos golpexos das catro equipas que aloitaron coma catro laradas de lobos famentos polo mítico animal do torneo parroquial_2016



















E simultaneo ao bruar das billardas e do Año no campo de Coiro da Laracha explosiva primeira edición do Aberto do Bar Raio de Sol que convocou fronte á barra da taska co palán disposto a toda a tribo da NorOeste




















O Año e o Aberto do Bar raio de Sol espectaculares torneos sobre herba que abren o porta para a gran Marexada de Abertinhos de verán que van azoutar cada recuncho da Galiza toda...


















Xulio Ponte foi o campión dista primeira edición do Aberto do Bar Raio de Sol de Coiro , espectacular instantanea de todos os participantes diante da barra do Raio de Sol , unhas raiolas que emerxen da Laracha para decirnos que máis Abertos patrocinados por entidades independentes coma bares , tascas , churrasqueirías ...teñen que ser posíbeis!!



















E en San Miguel o poderío dos Billardeiros Musicais non fraqueou nen por un instante nista edición do Año_2016 , dende o inico do torneo na sesión da mañá o seu dominio foi total e pese ás gañas do resto de equipas de meterlles o dente os Mariñáns non recuaron en ningún instante fronte ó varal e fixéronse de novo co prezado animal condeándo a Alinaza Popular Indíxena á culler de pau ...Año e Raios de Sol Sempre , Adiante do Varal!!

sábado, junho 18, 2016

AÑO MOURO 2016 ....A LÓXICA IRRACIONAL DA SUPERVIVENCIA ANIMAL!!














Chega iste domingo o mítico torneo por equipas do Año Mouro da LNB e faino apartires das 11:30 da mañán no campo de San Miguel ó carón do estadio de futbol , unha enganchada que de seguro eclipsará ó eurocopo de futbol e vale-tudo que se desputa nos estadios e rúas da Franza. Nos ruxe-ruxe das redes anti-sociais da LNB a reivindicacion do lobo e da ovella autóctona para algúns siareiros semellou totalmente incompatíbel mais ...




















a lóxica irracional da supervivencia animal hai que entela en todos os contextos de relación vital, dende os montes do país ate os campos de billarda da LNB....sáe do rabaño , colle o palán e caiva o lob@ que levas dentro!!



domingo, junho 12, 2016

AÑO MOURO_2016....A GOTA QUE COLMA O VASO DUNHA GRAN TEMPADA DE LOITA POLA SUPREMACÍA BILLARDEIRA NA GALIZA!!














A tempada regular despois do espectacular encorozamento do novo Campión Nacional Victor Chousa , chega ao seu fulturante treito final e faino coa brutal gota que colma o vaso de auga ardente ,  apretade as angarellas e pechade os candados das cortes porque é a época na que os palanadores e palanadoras da LNB se mutan eb homes e mulleres lobo que agrupados en laradas tantarán capturar o prezado e mítico Año Mouro da LNB que se desputará iste vindeiro domingo 19 de xuño no prado ó carón do campo de futbol do Iberia ( San Miguel de Reinante-Barreiros )



















Un treito final da tempada que despois do paso pola area batida do estadio do Fátima donde se desputou o máxico Play Off Nacional_2016 veu marcado polas aplastantes victoria de Daniel dos Billardeiros Musiciais tanto no Abiertu do Pitu Caleya en Piernu ( Asturies )...


Coma no gran Aberto da Filloa de Xotramu-Muimenta 2016 donde se desfixo na final dun poderoso Cortón dos Cadaval que nada puido facer ante o empurre do palanador Ribadense- Será pois un intre perfecto no gran torneo por equipas da LNB " O Año Miuro_16" para evaluar o estado no que a apisoadora dos Billardeiros Musicias chega a iste tramo final da tempada ou ben perfectamente engraxada como aconteceu nas ultimas edicións ou se asoma sintomas de aferruxamento para que as laradas de lob@s poidan meterlle o dende ó prezado Año Mouro...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!