O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 30, 2012

O HEMISFERIO SUL NON CONSEGUE RETER O XERRO E SUCUMBE COMA UN CABALO ENFOSAO A MANS DA PODEROSA TRIBO DO NORTE!!















Sen medo a trabucarnos , ista nova edición do Xerro do Salnés confirmou agora máis ca nunca que a continuidade e o compromiso absoluto a proba de bombas e cuncas dos irmás da Taberna da Cancela de Xil e da LNB , contitúe a máis poderosa arma para lanzarnos coma gato ós chicharros para conquistar o futuro . Geni e Juan foron quen de recuparar o Xerro para o Norte nun desafío final entre-hemisferios vencendo ó tamdem do Sul formado por Iván e Lois.


















Foi unha final express entre os dous mellores clarificados por hemisferio ó final das tres roldas regulares , unha acción motivada polo  horario que tiña marcado de aterraxe en Ribadeo a Nano-Guagua da LNB totalmente autoxestionada pola A.C.D O Varal xa que o Concello de Barreiros ó contrario que sucedera en edicións anteriores negouse a subvencioar ista viaxe. Por desfgraza os palanadores e palanadoras do Norte non puideron desfrutar da cata de Gin-Tonics que se celebrou na Taberna da Cancela ó final do gran Torneo que de xeito maxistral mantén intacta e cunha saude de burro desmagao a filosofía coa que arrincou . Por unha vez pois non foi o República Billarda o disco que marcou o ritmo senón que foi o disco da Nano-Guagua quen impuxo a súa discipina só alterada pola maxistal sesión de chistes do gran selecionador nacional Flores .

R.I.P 

















E tamén ista brutal edición do Xerro do Salnés converteuse na plataforma perfecta para o anucio de moitos e diversos eventos que xa ese albisvan no horizonte mais arrincaba a Xeira de Furanchos co lider de Fachenda Galega recibindo o seu propio pésame xa que uns días antes no seu facebook persoal amosaba ista impactante acción lapidaria que non deixa indiferente a naide . E atención á explosiva apresentación do partido intenacional que o vindeiro 12 de Maio celebrarase en Marín entre as seleccións de Galiza e Euskal-Herria que xunto coa nova edición do concurso de Microrrelatos billardeiros " REPÚBLICA BILLARDA FACTS [ artigos para a constitución dun país en estado de sitio ] " e coa apresentación dos espectaculares trofeos para os campións da Confencia Salnés foron as gotas que colmaron ista fantástica nova edición do Xerro...sen dúbidaoutro deporte e outra civilización son posíbeis!!

GINI FAISE CO XERRO DO SALNÉS E RACHA COA DICTATURA DO "NOM DRINK PARTY"!!















Viño branco , viño tinto...Galiza e o Xerro sitio distinto,  isa pode ser a estrofa que acompañe ó fantástico titular que proclama a Geni , a gran palanadora de Os Outros coma nova posuidora do Xerro do Salnés. O trofeo volta ó norte e faino ó lombo da espectacular Nano-Guagua do Norleste que partía dende primeira hora da mañá dende Ribadeo a Xil cargada de emoción e gañas de compatir espazos e paixóns coa tribo do poderoso hemisferio Sul.

Unha fantástica xornada na que durante a Xeira de Furanchos do medio-día se aproveitou para ademáis de oxixenarse e hidratarse , apresentar o explosivo partido Galiza vs Euskal-Herria que se desputará en Marín o vindeiro sábado 12 de Maio e que terá a Serxio da Faisca coma técnico habilitado por Flores para realizar a convocatoiria e dirixir a Auténtica a pé de pista...Xerro do Salnés, Fachenda Galega!!

sexta-feira, abril 27, 2012

BARRO É A MULLER E O HOME, BARRO É O XERRO, ISTE DOMINGO EN XIL OS DOUS SON UN MESMO BERRO!!


































Un ex-xogador do Celta de Vigo será o adestrador do por algúns considerado mellor equipo de futbol do mundo , un ex-cantante tamén dun grupo vigués chamado Os Resentidos será o próximo presidente da Sgae , ti palanador ou palanadora que pensas que estás perdendo o tempo aferrándote coma unha lapa a un palán e a unha cunca de viño , non desesperes porque aínda que quizabes non o percibas pode que sexa o trampolín perfecto para convertirte no próximo presidente da Galiza ou porque non no próximo premio Max de Teatro...é por elo que iste domingo na nova edición do Xerro do Salnés nos atoparemos alí dúcias de potencias líderes dunha nova orde mundial desfrutando da bravura e o lume dos furanchos baixo o poderoso e intenso bruar das billardas. A cita iste domingo 29 de Abril un pouco antes das 12 H. na Taberna da Cancela de Xil ( Meaño)  punto de partida da explosiva e intensa Xira de Furanchos , polas 14:30 xantar de irmandade e ás 16:30 os supervivintes da xornada desputarán o explosivo Aberto do Xerro do Salnés na pista da Capeta das Angustias de Xil .

E NON ESQUEZAS AS GAFAS PARA O 3D!!










E ademáis dos paláns e as billardas non esquenzades levar as gafas 3D xa que como sabedes as perigosas cuncas de Xil  nublan a vista e pode que non recibades en toda a súa dimensión as brutais apresentación que se van facer na Xira de Furanchos ....por unha banda farase público o explosivo formato da nova edición do Concurso de Microrrelatos Billardeiros e pola outra apresentarase o incendiario partido internacional txirikila#billarda do 12 de Maio que enfrontará por primeira vez na história a Galiza vs Euskal-Herria .... TXIRIKILA sempre , adiante coa Auténtica!!

quinta-feira, abril 26, 2012

XERRO DO SALNÉS_12 >> HAI UNHA TAZA E UN FEIXE DE TAPAS AGARDANDO POR TI!!



















PERO QUEN CARALLO SE  PODE RESISTIR ANTE ISTA BRUTAL XOIA DA NATUREZA GALAIKA? ISTE DOMINGO A GRAN E IMPREDECÍBEL AVENTURA DO XERRO DO SALNÉS_12 ARRINCARÁ AS 8 H . NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE RIBADEO DONDE A NANO-GUAGUA DA LNB RUMBANDO E COS AMPLIFICADORES BOTANDO LUME CO REPÚBLICA BILLARDA SOANDO A TODA OSTIA , PARTIRÁ CARA A BRAVA PARROQUIA DE XIL NO CONCELLO DE MEAÑO , CON PARADA NO NO BAR CRUCEIRO DO PINO PARA INCORPORAR OS PALANADORES DA CENTRO A CHEGADA Á TABERNA DA CANCELA DE XIL SITÚASE ENTORNO ÁS 11 E PICO, INTRE PERFECTO PARA A ACLIMATACIÓN INSTANTANEA CUNHA CUNCA DE VIÑO E RUMBO Á BRUTAL XEIRA DE FURANCHOS GUIADOS POR ABEL E TODA A SÚA PODEROSA TRIBO DE ABORIXES DO SALNÉS.


















E coma previo de luxo o sábado ás 16:30 na pista da madalena de Castrofeito nova enganchada puntuábel da área estornela no que se quentarán as bonecas e as gorzas para uha horas despois os valentes da centro que asó o decidan se incorporen ás serpe multicor cara ó inferno de cuncas , furancho e billardas de Xil...avante o ceo de estornelas!!

quarta-feira, abril 25, 2012

VOLTA Á REDE GZVIDEOS, O REFERENCIAL PORTAL DE VIDEOACTIVISMO POPULAR GALEGO!!




















Fai uns días o portavoz nacional de Causa Galiza , Aurelio Lopes , foi salvaxemente agredidio  de madrugada á saída do seu traballo en Composteta . Unha larada de cobardes feixistas de ultradereita aporveitaron a impundade da noite para propinar unha brutal melleira a iste comapañeiro só e indefenso , mais a violencia feixista estase tamén dirixindo istes días as sedes dos Centros Sociais coma o Arredeista de Compostela ou o Madia-Leva de Lugo donde moran os palanadores e palanadoras da franquicia LNB da cidade das Muerallas. Mais hoxe 25 de Abril arrinca nunha nova etapa o referencial portal de videoactivismo galego GzVideos para ó día seguinte o 26 SermosGaliza tamén comezar a súa andaina na rede e que aspira tamén contaminnar de zurro-galaico os kioskes do país enteiro. Nada mellor para coller impulso e cargar as pilas da carraxe e furia necesaria que mergullarse non explosivo concerto que o pasado sábado os Lisäbö ofreceron na sala karma de Pontevedra e que podedes ver e desfrutar integro niste link dun fan que aguatou coa cámara acesa o tsunami brutal dende Euskal Herria..apaga a tv., prende a túa mente!!

terça-feira, abril 24, 2012

22 ASENTOS , AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE FORMAR PARTE DA HISTÓRICA TRIPULACIÓN DA NANO-GUAGUA DA LNB!!
















Cando a LNB afronta de novo o gran reto do inmersión billardeira na gran cunca de viño que é a despua e desfrute do referencial  Xerro do Salnés , imposíbel esquencer as medidas de seguridade , sobre todo no que atinxe á viaxe de retorno de tódolos palanadores e palanadoras que desputen iste campionato de billarda extrema. Fai uns anos a selección de futbol de Togo foi tiroteada por activistas da Fronte de Liberación de Cabinda en territorio da Repúbica do Congo xusto na fronteira con Angola cando se didixían desputar a fase final da Copa de África, 22 son os asentos que terá a espectacular Nano-Guagua da NorLeste que atravesará os territorios da área estornela para aterrar na Taberna da Cancela en Xil a iso das 12 h e arrincar a tan agardada Xira de Furanchos no espazo controlado polos activistas da Conferencia Salnés. 

29 DE ABRIL >> XERRO DO SALNÉS _12!!














Máxima alerta pois en tódolos frontes para tentar saír ileso diste brutal envite no que de novo a inscripción no Aberto virá acompañada obritoriamente de inxestion previa de mínimo tres cuncas de viño a menos que se trate dun palanador doente ou menor de idade , istes dous aspectos deberán ir acompañanados da respectiva recieita médica ou DI que se amosará na mesa de Radio-Cabalinho que un ano máis retransmirán o partido a pé de pista...xa fungan os motores da Nano-Guaga da LNB!!

segunda-feira, abril 23, 2012

A ARTE COMBATIVA E AS BILLARDAS SEDENTAS INVADEN OS FURANCHOS!!











Espectacular e impactante iniciativa levada adiante polo chamado FAC Peregrina , o furancho de arte contemporanea que acolle a parroquia Compostelá da Peregina , unha firme aposta que racha cos standares cinxidos á creción artística e os seus espazos de exibición e interacción colectiva co medio e co espazo . Praza amosa ás claras as posibilidades dista "gaiola de liberdade" que racha ademais a dinámica dunha cidade na que a cultura é sinónimo de dexenación humana e institucional que converteu xa ista verba en equivalente á morralla que o mesmo can con distintos colares impunemente trafica e aladraxa. É por elo que nos días previos a unha cita tan importante e explosiva coma o Xerro do Salnés en Xil ( Meaño ) marcada para iste domingo 29 de Abril a LNB toma nota e olla para a brutal Xira de Furanchos da mañan coma marco perfecto para unha posíbel e incendiaria intervención billardeiro-artística...en Xil tamén se vai armar!!

sexta-feira, abril 20, 2012

29 ABRIL "XERRO DO SALNÉS_12" >> BOCA NEGRA , VIÑO EN TAZA, BILLARDAS CEIBAS...FURANCHADA ILEGAL!!










Todo en marcha para unha edición máis festexar o brutal Xerro do Salnés no concello de Meaño donde a parroquia de Xil se tornará iste vindeiro domingo 29 de Abril no epicentro mundial de gorxas e puños desfrutando unha xornada de irmandade , viño , festa e desporto que bota por fóra. Atención porque dende a Conferencia NorLeste haberá un micro-bus con 22 prazas que partirá de Ribadeo a primeira hora da mañá para todos os palanadores e palanadoras que queiran desfrutar en toda a súa plenitude e intensidade diste intensa competición que se abre cunha explosiva Xira de Fruranchos , reserva cando antes o teu asento ó prezo tan só de 5 euros , Boca Neghra, Viño en Taza, Billardas Ceibas...Furanchada Ilegal!!



Será entre o 17 e 19 de Maio cando Allariz ferva co Reperkusión mais iste mesmo sábado nas bravas terras da área estornela unha outra aventura terá lugar , será a da Ruada en Cabaleiros na Pontraga donde moitos palandores e palanaodras da LNB estás implicados e vendo o espectacular video-estalo anunciando a cousa que terá lugar iste sábado promete tanta ou mais intensidade que a troupe de Manu Chau xunta>> Iste 21 de abril  é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por  sorpresa . Déixate guiar pola xente máis veterana e achégate ata a festa, boa onde as haxa!!


E para ir facendo boca do que agarda en Allariz donde Manu Chau con dóbel pase é a gran atracción mais moitas outras son as invasións de esceario que racharán moldes , unha delas sen dúbida serán os amigos da CoffeeShock Company Austriacos de lingua croata que particiapron no pasado Liet International de Udine , falamos de BUDIOZA KOLEKTIV, unha explosiva banda Bosnia que vai facer saltar ate os plomos nas casas de Quintana e Baltar pai e fillo .... FirmaFuranchada e Billarda ilegal!!

quarta-feira, abril 18, 2012

NON , NÓS NON NOS TRABUCAMOS E DE SEGURO....VOLTARÁ A CONTECER. A LNB CON SIAREIR@S GALEG@S SEMPRE!!

















Ó carón do lume do pasado derbi de futbol entre Celta e Deprotivo ademáis do envite internacional entre PP.CC e a Gz de bélit no que a Auténtica saíu de novo escaladada mais con gañas de revancha , tamén os irmans de Hinchas de Castilla publicaron unha espectacular entrevista con Siareir@s Galeg@s no que as billardas saíron a relocer coma punta de lanza do ideario de acción entramado deportivo-social dun país que en loita que non se resigna a decir que chove mentras mexan por nós...por iso que como se pode ver nista explosiva imaxe de palanadores da LNB na mani de Siareir@s , ó contrario que afirma o monarca dunha monarquía bananeira cercana, nós non nos trabucamos , e as billardas da LNB voltaran a bruar sempre ó carón dos puños dos irmáns de Siareiros Galeg@s !!


















HC:¿Qué actividades se llevaron a cabo? 
SSGG :Desde pruebas clásicas como los 100 metros lisos, pasando por deportes de grupo como volleyball y también deportes tradicionales de Galiza como “a bilharda”. 
HC:¿Es exclusiva para gallegos/as? 

SSGG :Pues realmente creo que nunca se planteo está pregunta. Entiendo que la iniciativa se puede llevar a otros lugares y porque no, que participen otras organizaciones que no sean galegas. 

HC:En estas Olimpiadas una de las competiciones era la "bilharda"¿Cúal es la historia de este juego y porque decidisteis incluirlo en la competición? ¿Está muy extendido por Galiza? 

SSGG :Se decidió incluir la bilharda porque encajaba dentro de lo que son las O.P.G.. Es un juego tradicional y popular de Galiza que estaba cayendo en desuso y desde hace unos años se consiguió recuperar gracias al trabajo activo de mucha gente anónima. Hoy en día hay muchos equipos repartidos por toda Galiza, existe una liga e incluso se están realizando exhibiciones de este juego en otros lugares del estado Español. 
Podemos decir que la izquierda independentista nuevamente consigue recuperar y poner en valor algo propio y tradicional de Galicia que se estaba perdiendo, como así también sucedió en otros ámbitos, por ejemplo con la recuperación de la figura del Apalpador, o con fiestas paganas como el Samaín. 

segunda-feira, abril 16, 2012

CRIANÇAS CEIBES , A BILLARDA PRESENTE NOS CICLOS DE ENSINO DA ESCOLA SEMENTE!!


Coa cidade de Compostela de celebración infinda pola marcha do seu alcaide, unha home e un xeito de gobernar absolutamente demencial que tentou por contra as cordas á xente do movemento asociativo da cidade e nomeadamente ós irmáns da Gentalha do Pichel xermen do que saíu a florecente Escola Semente que istes días abre o seu prazo de inscripción para acoller a todas as crianças que desexen unha educación íntegra e integrada no seu entorno.>>  info@sementecompostela.com / 881819637-607901506


















Un luxazo e un acerto inmenso que a Escola Semente utilice a billarda como un dos elementos motores para desenrolo da nen@ na súa formación coma ser social nistes importantísimos primeiros anos de vida e un exemplo para todo o resto de institucións educativas que deberían ir collendo recortes tanto da Escola Semente de Compostela coma do seu sucedanio itinerante que leva adiante a LNB , mostra , istes espectaculares fotos da Semente Billardeira celebrada fai dúas semanas do Colexio Público da Pastoriza donde palanadores e palanadoras chairegas da LNB coordinaron ista referencial acción expansiva.

















Ribadeo, A Pastoriza, A Escola Semente en Compostela e dende iste mércores no campo de Rugby da USC arrinca ás 16:30 tamén o ciclo billardeiro no entorno universitario polo que colle o palán e ensixe con forza de Varado que no teu centro de ensino que se imparta a billarda coma asignatura oficial, ...Semente Billardeira Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, abril 15, 2012

A AUTÉNTICA TRENDING TOPIC EN TWITTER MAIS NOQUEADA EN SANTS [575-550] POLOS PAISOS CATALANS!!


































Ate ben entrada a tarde a Auténtica non puido entrar en xogo contra a potente selección nacional do Paisos Cataláns, a metereoloxía favorábel ós interseses galegos con chuvia intermitente fixo que os CATs puxeran en practica a guerra psicolóxica tentando alargar o máximo posíbel o arrinque do partido que estaba marcado para as 17h,

















A potente seleccion nacional dos Paisos Cataláns coñecía de antemán da tensión previa que a equipa galega tivera inmersa xa que o seguimento do derbi entre Celta e Deportivo dun xeito ou outro sempre ía deixar fendas moi difíciles de callar tan só unhas horas despois no terro de xogo.
















Mais nen por isas a Auténtica e a súa brutal tribo de Siareiros ía entregar o partido , de feito a rede ferveu durante toda a tarde seguindo dende a Galiza por Twitter cada estalo e os telefonos botaban chispas dende a pista de San Miguel de Reinante donde se celebraba baixo teito o Aberto do Marisco de Cortello e donde pola megafonía se ía transmitindo as evolucións da Auténtica-Bélit fronte ós poderosos Paisos Cataláns.

















L´expanya Industrial Stadium era unha ola a presión na que PP.CC e Gz se medían frote a fronte nunha nova enganchada bélit rachando así o cerco legal co que os malditos cazadores de elefantes queren xunguir as lexítimas ansias de competición internacional de ámbolos dous países













Galiza, que vestía de loito pola queima e deplorábel xestion no desartre da fragas do Eume ,  aplicábase en defensa mais o transito dos acontecementos carrexaba terríbeis noticias para os millieros de siareiros que dende a Galiza seguían intensamente o partido , Xiana Díaz dende o estadio comunicaba nun estalo de twitter a situación límite á que a Auténtica se enforntaba no último treito do encontro >> os galegos dando todo pa remontar!!     

















Unha remontada que ó final non foi posíbel,  575 - 550  foi o resutado ó remate do internacional , por tan só 25 canes PPCC vende á Galiza mais o feito mesmo de autoxestionar iste gran partido para ambas selecións é moito máis ca un exito . Parabéns para os CATs que demostran sen paliativos o seu poder no gran universo bélit nun novo gancho de esquerdas no fígado da Auténtica que despois do desliz do Bierzo volta bicar a lona fronte a todo un peso pesado como son Paisos Cataláns . O incuestionado seleccionador nacional Flores xunto co seu staff técnico analizarán no vindeiro Xerro do Salnés  ista dúas derrotas consecutivas e prepararan xa o inmiente enfrontamento con Euskal-Herria que moi pronto se fará xa público. Agardamos con intensidade o análise do encontro no irmán TotBélit e tamén as primeiras verbas de palanadores da Auténtica Bélit que iste mesmo luns chegarán á terra para reunirse con Flores e analizar pormenorizada ista nova derrota en Catalunya.

sábado, abril 14, 2012

A AUTÉNTICA VESTIRÁ DE NEGRO EN LOITO POLA QUEIMA DAS FRAGAS DO EUME NO INTERNACIONAL BÉLIT FRONTE ÓS PAISOS CATÁNS!! >> # PPCCvsGZ












A Auténtica xa se concentra en Barna e faino ó rirmo dos BRAMS como nos informa o gran palanador dos Remourelle Bulls Susojr que como podedes ver xa listaxe oficial ofrecida polos selecionadores nacionais  de ámbalas dúas seleccións nacionais , o palanador de Ribadeo formará titular ó carón de Ângelo, Jesus , Aitor, Fernando , Lico , Xose Mari e Miguel . Ó final problemas técnicos impiden a retransmisión ao vivo via streaming mais poderemos seguir en tempo real vía twitter disparados desde o mesmíssimo L´ecspanya Industrial Stadium xunguindote # BelitBilharda ou # PPCCvsGz . Como se informa dende o referencia Totbelit a Auténtica vestirá a súa segunda equipación , camisola negra en loito das Fragas do Eume e do  resto da Galiza calcinada pola lapas e pola incompetencia dun governo que nen se está nen se lle espera...que pase a história que cuspa nas mans!!

sexta-feira, abril 13, 2012

PP.CC vs GZ EN SANTS , ABERTOS PUNTUÁBEIS NA CENTRO E NA NORLESTE ...ALTERNATIVAS OU COMPLEMENTOS PARA A FIND DO DERBI EN BALAÍDOS!!






















Olladas de esguello cara Balaídos e intensas olladas cara o ceo xa que as prediccións metereolóxicas do meigo do bélit anuncian auga a chuzos para a tarde diste domingo en Barna donde apartires das 17 h no
L´ecspanya Industrial Stadium se citaron as seleccions nacionais dos Paisos Catalans e da Galiza para un novo derbi internacional de Bélit. Quedada apartires das 12 h no Casal Independentista de Sants donde se seguirá intensamente o Celta-Deportivo de fútbol para posteriromente xantar de irmandade entre seleccions e durante o máxico intre do café , chupiño e faria  apresentación do disco República Billarda realizada polo gran palanador dos Suso jr dos Remourelle Bulls actualmente instalado na cidade dos cambativos e referencia Casus Bélit....Atentos ás pantallas e atentos ás novidades porque incluso están estudando a posibilidade da emisión do partido en Streaming.
















E iste sábado na Galiza o gran comboio de lume e xeo da LNB arrinca na mítica estación vella de Conxo nas terras da Conf. Centro, un sitio paradigmático moi preto do Estornópolis Stadium de Conxo donde o vindeiro 27 de Maio se celebrará a mítica gran muiñada do Play Off Nacional . Aínda estás a tempo para acadar o pasaporte o gran teatro dos soños e de terra de Conxo , dálle duro e faite ouvir nas xornadas que restan!!






















E o domingo , outro mítico espazo será de novo invadido nas terras da NorLeste polas billardas e a carraxe billardeira, falamos da pista de Celeiro de Mariñaos  no cinturón vermello do Concello de Barreiros, alí de novo xurdirá o indomábel poco bravo que tod@s levamos dentro para loitar por un exquisito triunfo >> Marisco de Cortello...Contra o Imperialismo billarda e Torrezmos!! -en caso de chuvia pavillón de San Miguel de Reinante *

VELLAS NOVAS....A ENXORDECEDORA INVASIÓN XONALÍSTICO-MUSICAL-BILLARDEIRA!!
















Fai unhas semanas saía á rúa o primeiro número do voceiro oficial do Partido da Terra baixo no extraordianrio nome de O PETEIRO , denominación que nalgúns lugares da Galiza se utiliza para designar ó PALÁN co que batemos na billarda. Naturalemte a LNB está presente nas súas páxinas para dar forza e empurre  a ista publicación e para deixar claro que a militancia máis poderosa que a terra precisa nistes intres é de xunguirse ó Peteiro e porse en marcha xunto a serpe multicor da LNB . Terra que iste domingo estará presente no partido da Auténtica fronte ós Paisos Cataláns xa que utilizaremos a segunda equipación , camisola negra , en recordo e loito pola destrucción por mor do lume e a incompetencia das Fragas do Eume. Mais a intervención billardeira en tódos frontes é frenética polo xa podemos anunciar que iste sábado na presentación mundial no Bar Liceum do Porriño do novo disco de Quempallou os que asistedes recibiredes un exemplar do espectacular xornal oficial do grupo no que a LNB está temén presente coma punta de lanza na sección de desportos, e se non chegas a tempo o domingo estarán en Bueu no Aturuxo e xa pola semana nas Crechas en Compostela....consulta a súa axenda porque esteñas donde esteñas , o Vellas Novas chegará onda ti para espallar a súa música e a enxodecedora invasión billardaeira...que chova, que chouva!!!

quinta-feira, abril 12, 2012

O DERBI EN BALAÍDOS?? NON!!.....O AUTÉNTICO [ PP.CC vs GZ ] É NO L`ECSPANYA INDUSTRIAL STADIUM DE BARNA!!



















Fai tan só uns meses ista camiseta foi suada por un gran palanador da Autentica no primeiro enfrontamento en terras do alén,  Paisos Cataláns - Galiza de Bélit . Naquela ocasión gz sucumbíu ó brutal empurre dos CAT´s., dende un zulo dunha cidade Holandesa , iste palanador seguirá pegado á pantalla ó igual ca miles de galeg@s as evolucións iste domingo apartires das 17 h. da Auténtica no L´ecspanya Industrial Stadium  no seu novo embite fronte á poderosa bélit.CAT . Istes días previos ó enfrontamento estase a viver un frenética activiade entre a comunidada galega exiliada en Catalunya e non só iso senón que dende Euskal-Herria e moitos puntos de europa se están a movilizar tamén efectivos na cidade de Barna para dun xeito ou outro apoiar ista nova acción de alianza entre Bélit e Billarda no marco do derbi galego de futbol . Un espectacular programa de actividades nunha xornada de novo histótica que ti podes apoiar uníndote ou convidando a xente da cidade de Barna a que se una á revolución bélit-billarda asistindo ó explosivo PP.CC vs Gz >> angelinho_gz@hotmail.com / 652.907401 -    Unha mágoa que polo momento Balaidos ó igual ca Riazor sexa territorio ostil para as billardas da LNB , mais iste empurre e alebrestada visión do futbol dos nosos irmáns do Bélit reafirma a teima para tentar que nun futuro nengún derbi nacional máis se despute sen un Concurso de Varados ou Abertinho durante o descanso no propio céspede do estadio..Bélit Sempre, Adiante co Varal!!


ESPAZO OFICIAL DO EVENTO NO FACEBOOK


    • Domingo
  • casal independentista de sants - jaume compte (C/Muntadas, 24)
  • 12:00 Futbol: Celta vs Deportivo
    14:00 Dinar: Typical sunday sorça's party
    17:00 Bèlit: Països Catalans vs Galiza (a l'Ecspanya Industrial Stadium

quarta-feira, abril 11, 2012

CHOURIZOS DA RODA...O FANTÁSTICO PETISCO DE MARISCO DA CORTE PARA O ABERTO DE CELEIRO DE MARIÑAOS!!
















Istes días máis ca nunca retumban nas pedras de Compostela e do país enteiro ise tan verdadeiro berro de Non hai pan para tanto Chourizo!! , é por iso que para iste próxino e agardadísmo novo Aberto do próximo domingo puntuábel na Conferencia NorLeste a celebrar nas bravas terras de Celeiro de Mariñaos ( Barreiros ) mellor metede barras de pan acompañando os paláns xa que ise é o compañeiro perfecto para o exquisito marisco da corte que se vai por en xogo , e non vai ser calquera cousa polo que complementando ós fantásticos maxares consumidos no Bierzo a LNB porá en xogo o exquiso material porcino realizada noutra das zonas galegófonas exteriores, falamos dos fantásticos Chourizos da Roda , unha mítica fábrica de sabores do Eo-Navia que de novo fará ceibar as bágoas de emoción ós campións ou campioas diste Aberto con cada petisco diste fantástico trofeo!!

EntoleARTE >> BIERZOOtv BILLARDA EXPERIENCE!!



Iste sábado en Castro Ribeiras de Lea , terá lugar a culminación dunha brutal aposta mutidisciplinar da tribo artísca luguesa , será nas isntalacións do Hospital Psiquatrico da vila donde os acticvistas da LNB Nachok e Ernesto van estar particiapando dista acción colectiva chamada EntoleARTE. Un título perfecto que se podería facer extenvivo ó explosivo documento BierzooTv do Billarda Experience que produce Tele-Varal , o Viladepaus Stadium convertido nunha cárcere de ilusións no que palanadores e palanadoras encaran o Varal coa endiañada frialdade do xogador da ruleta rusa.

A AUTÉNTICA PREPARA XA O SEU DESQUITE EN CATALUNYA DESPOIS DA LAMENTÁBEL IMAXE OFRECIDA NO VILADEPAUS STADIUM DO BIERZO!!
















Impresionantes e aterradoras  imaxes de preocupación extrema captadas polos reproteiros de Tropa-Lixeira no estadio de Viladepaus durante a desputa do TodoBierzo Billarda Experience donde o noso seleccionador nacional , Manolo Flores , aparecía totalmente desolado ante o ínfimo rendemento dos palanadores e palandoras da Auténtica no campo de xogo que sucumbiron totlamente ó empurre dos golpéxos nóbeirs dos aborixes do Bierzo. Se Flores na sesión da mañá ofrecía unha imaxe inmellorábel e de orgullo cara os seus pupilos durante a sesión de adestramentos oficiais no que os seus  lucían explendorosos , qué puido acontecer para que na tarde todo se viñeria abaixo coma un castelo de naipes?












Mais ca unha cuestion táctica Flores e o seu staf técnico están analizando outras cuestións coma a alimentación inxerida en Viladepaus, é por elo que xa se traballa cóvado con cóvado con Ângelo Pineda , o representante e man esquerda de Flores en Barcelona para iste domindo nos actos de irmandade e celeberación do derbi futbolísitco entre Celta e Deportivo armar unha nova edicicón do Paisos Cataláns-Galiza de Bélit , un outro derbi entre dúas das máis potentes seleccions nacionais do mundo que se citan no L´ecspanya Industrila Stadium para dilucidar unha nova enganchada que ven precedida dunha derrota da Auténtica en Catalunya mais con victoria en Compostela da Gentalha Patriótica ós referencia Casus Bélit . Cunha Auténtica cuxa alineación vaise basear en palanadores e palanadoras militantes nas franquicias do universo Bélit prepara a conciencia iste partido para tentar o primeiro triunfo nas durísimas teras dos Paisos Cataláns. Seguiemento do incendiario previos do partido no explosivo web-blogs de TotBélit e no facebook oficial do noso co-seleccionador nacional Ângelo Pineda ...Bélit Sempre, Adiante co Varal!! 

terça-feira, abril 10, 2012

CRIANÇAS PRACTICANDO EN VILADEPAUS CONFIRMAN A POTENCIA DA SEMENTE BILLARDEIRA DO TodoBierzo B. EXPERIENCE!!
















Espectaculares imaxes as que nos amosa Jose Luis Obredo,  no seu espectacular artigo de TodoBierzo.com  no que se confirma o que realmente a LNB ía tentar conseguir coa súa firme aposta polo Viladepaus Billarda Experience , a sepre multicor achegouse á Bierzo cos petos cheos de billardas para espallar no campo unha semente de revolución e irmandade e tan só 24 h. con ista impresionante e histórica imaxe de criças practicando a billarda de xeito autoxestionado por elas  podemos afirmar que o imprábel Dioivo billardeiro prende xa nas terras do bierzo e da galiza irredente toda!! 


















E paralelo á Experiencia en Viladepaus nas terras da Conferencia Centro se desputou a primeira volta do Xerro de Cristal , unha competición por equipas que enfronta a combinados da Conf. Salnés contra outro da tribo estornela . A enganchada desputada en Castrofeito quedou en táboas a 35 puntos polo tando paláns en alto á espera do desenlace nunha pista do Salnés , mentras os capitáns de ambos equipos ollan ó cristal tentando dilucidar o futuro dista gran competición que demostra ás claras o poder dunha filosofía que arrinca chantos e invade os Xerros...

segunda-feira, abril 09, 2012

TodoBierzo BILLARDA EXPERIENCE>> 24 H. DESPOIS CRIANÇAS DE VILADEPAUS PRACTICABAN XA DE XEITO AUTÓNOMO!!

Dende moitos Km antes de a serpe multicor aterrar en Viladepaus , a tensión brutal da celebración do TodoBierzo Billarda Experience xa se palpaba no ambiente, sitios paradigmáticos coma as paredes das Pallozas de Balboa e a mesmísima entrada do mítico Hotel-Restaurante Valcarcel , berraban a quen o quixeira oubir que o sábado 7 de Abril convertiríase nunha data histórica que supoña o fin dos anos escuros da billarda non sóa en Viladepaus senón no Bierzo enteiro. 

Tropa Lixeira, Billardeiros Musicais , Remourelle Bulls, Os Outros , Ekipa Bítere , formaron o continxente dunha experienci única que á mediodía a iso das 12 h xa con centos de km ás costas nos reunía xunto cos primeiros palanadores e palanadoras aborixes de Bierzo nunha toma de contacto no céspeda do campo de futbol de Viladepaus no marco adentramentos oficias que xa facían prever un espectacular desenlace como asó foi pola tarde. 

















A calidade dos golpexos dos xogadores locuas deixouse notar xa no quencemento nunha rolda de Varados donde se xa se sentíu o berro de Fernando Selección , o palandor local non defraudou e no Aberto contrastou a sú portentosa calidade.

E no medio da boráxina billardeira , o subcomandante Jose Luis Sobredo , tiña fervendo dende primeiras horas da mañá na cociña da súa propia casa un lote de 5 botellos autóctonos para alimentar á serpe multicor da LNB , mais a acollida sensacional multiplicou os integrantes do comando FalaCeibe ate o número de 16 polo que se optou pola estratexian fantástica dun xantar de irmandade no espectacular Restaurante Gelo que incluso se prestou a que poideramos desfrutar dos fantásticos botelos peraprados polo subcomandante de Viladepaus , tamén coñecido por Copi. 


















O gran palanador de Tropa-Liexira e referencia absoluta para a filosía LNB , Ficas , sostén , ó contrario que cantaban os resentidos , no canto dun bistec unha anguía toscada coa que calmar a fame dos palanadores e palanadoras da LNB e inxectar de electricidade trifásica cada un dos nosos golpexos

O estadio de Viladepaus fervía coma unha inmensa pota de botelos ó lume, o acto contou coa locución dunha presentadora local , unha mágoa que non esteña en máis Abertos LNB xa que de seguro faría moi boas migas cos alumnos da referencial escola de speakers billardeiros dirixida por Rubén Otero. Foi o intre no que a expedición LNB tivo tamén que escaldar uns gatos a pé de pista para diferenciar claramente o que é un evento e un Aberto de Billarda , unha vez superado e escollo Flores e o seu staf técnico da Auténtica adicaron o chiste dos gatos ó expresidente a aprovietaron para lanzarlleo aviso do inminente novo envite da Auténtica ó actual posuidor da Moncloa , será iste domingo no marco de celebracións do Derbi futbolístico galego en Barcelona cando as seleccións dos Paisos Cataláns e a Galiza de bélit-billarda se volten a ver as caras..Atentos ás pantallas!! 

















Concurso de Varados primeiro e Aberto de Billarda posterior, o estadio de Viladepuas tornábese na expresióna máxima dunha expereica vital inmensa e sen precedentes que tiña o disco República Billarda coma única Banda Sonora capaz de ilustrar o acontecemento histórico que estaba acontecendo. 


















O rexurdimanento billardeiro no Bierzo era un feito , palanadores e palanadoras locais falaban co resplandor nas súas facinas , dende a mesma Ponferrada chegaban palanadores con interese de levar ate isa cidade o impluso dos noso golpexos , cando a LNB apresentou no Cultural o seu explosiva mapa de Conferencias non o facía de balde, iste Billarda Experience situou a Viladepaus coma un punto máis na fervente Conferencia Norleste apoiando así que algún día o Bierzo poida ter tamén unha conferencia propia dentro da LNB.



Podium do Concurso de Varados copados totalmente por palandores aborixes do Bierzo...Pepe , Enrique e Alejandro , desmostraron ás claras co impresionante Botelo-Power dos palandores do Bierzo , a elimentación é segundo comentaron a pé de pista ó equipo de Tele-Varal , un dos segredos do seu espectacular rendemento á hora de masacar os varais. Un rendemento que se víu competado no mesmo Aberto donde Fernando , palandor local acupou o primeiro posto por riba de estrelas LNB coma Martinho dos Bulls que ocupou a segunda posición e Franco que fixo terceiro no marco dunha final con nomes da talla de Daniel dos B.M ou Nacho de Tropa-Lixeira. Pero o máis importante foi a confirmación por parte de Copi , que tan só 24 h. despois do TodoBierzo Billarda Experience estourar en Viladepaus , cando o subcomandante foi recoller cousas ó campo aló había xa uns nenos e rapaces que estiveran no Aberto xogando e practicando xa cos paláns e billardas que a LNB deixou como mostra de lume...Viladepaus Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, abril 08, 2012

VILADEPAUS..EPICENTRO DO BRUTAL REXURDIR DA BILLARDA DO BIERZO!!

















Todo unha auténtica experiencia , o que iste sábado 7 de abril se viveu no campo de futbol de Viladepaus , tiveron que agardar máis de trinta anos a poderosa tribo do Bierzo para voltar a sentir o bruar das billardas buscando o varal , coa súa presencia a LNB coordianando en estreita colaboración con TodoBierzo.com iste primeiro aberto do século 21 nas terras do alén arrinca os chantos dunha división irreal e deixa a toma de terra para que a poderos anguía eléctrica do bierzo se una á gran serpe multicor da LNB.



De maxistral se pode considerar a prestación dos palanadores beciáns que ocuparon as tres pimeiras prazas no cuncurso de Varados e situaron a Fernando dos xa coñecidos coma Caranguexos do Sil do Viladepaus coma gañador absoluto do Aberto por riba de estrelas coma Martinho dos Bulls que acupou o segundo posto ou Franco que acadou o terceiro posto. No estadio de Viladepaus foi un clamor berrando Fernándo selección, polo que o gran seleccionador nacional Flores que estivo alí non sorprenderá a naide se na próxima convocatria inclúe a Fernando ou a algún dos palanadores e palanadoras do Bierzo para formar parte da Auténtica.  Atentos ó estalo adiovisual de Tele-Varal que preparan os Tropa-Lixeira e atentos ás pantallas porque o coctel botelos, anguías e billarda é explosivo...

sexta-feira, abril 06, 2012

MÁIS DE 30 ANOS AGARDANDO PARA ISTE SÁBADO EN VILADEPAUS, O BIERZO UNIRSE Á ALEBRESTADA REPÚBLICA BILLARDA!!


Impresionante o artigo do comandante J.L Sobredo co que os irmáns de TODOBIERZO , anuncian o I Aberto de Billarda de Viladepaus no marco dunha nova edición do sempre explosivo Billarda Experience que arrimcará as 12 h no campo de futbol diste poderosa vila do Bierzo no que despois de moitas décadas agardando, caranguexos e billardas voltarán a conquistar o horizonte, arrincará a histórica xornada cuns adestramentos e posterior concurso de Varados, acontinuación realizarase unha charla coloquio aberta sobre a experiencia na recuperación e promoción do deporte da billarda realizada pola LNB xunto coa presentación do disco República Billarda , acontinuación xantar de irmandade e posteriormente chace para a desputa do agardíaismo Aberto de Billarda de Viladepaus. Máis de 30 anos tiveron que agardar na cova do esquecento as irmáns terras do Bierzo para de novo sentir o intenso bruar das billardas e faranos impulsadas coa forza do xabarín ferido que representa a poderosa serpe multicor da LNB que ate alí se vai desprazar para coordinar iste histórica xornada de billarda, sons, letras e actitudes  xunto coa xente de TodoBierzo.com capitaneada polo indomábel comandante bercián Jose Luis Sobredo.

















Para calquer palanador da LNB acadar o torfeo diste 1ª Aberto do Bierzo constitue un orgullo inmenso xa que se trata dunha peza de extrardinario e inclaculábel valor que suporá o reixo pilar da consolidación dunha competición galega en toda a súa integridade e plenitude. Pese ó orballo as predicións meteriolóxicas e anímicas apuntan sol radiante en Viladepaus para iste histórico aberto que se simultaneará co desafío por equipas na Conferencia Centro que quentará motores para iste domingo en San Xenxo en sesión de mañá desputar unha nova enganchada regular na Conf. Salnés. O Bierzo únese á República Billarda , ise é o titular dun fenomenal estalo publicado no xornal La Crónica de León , non pode haber mellor nen máis entusiasta punto de arrinque para mergullarnos niste mar de intensidade brutal no que se vai converter Viladepaus iste sábado 7 de abril , data clave quizais para nun futuro poder compartir varados , carreiras e botelos na gran Conferencia Bierzo da LNB.. /  Escoita o estalo billardeiro en Onda-Bierzo))

quarta-feira, abril 04, 2012

OPERACIÓN SAIDA NA LNB CO "TodoBierzo BILLARDA EXPERIENCE" DE VILADEPAUS COMA PUNTA DE LANZA DUNHA VIAXE QUE PASARÁ Á HISTÓRIA!!

...precisamos o tempo tanto / coma o bosque. Así remata un terrorícamente premonitorio poema do Transmuta de Xabier Cordal . Baixo isa filosofía da urxencia punk indixenista , arrinca a explosiva axenda alternativa ás procesión , velas e  nazarenos. E faino coa forza brutal da acción de Semente Billardeira coa que se tentará achegar o noso deporte ás crianças de Pastoriza , apartires das 15 h. comezará a actividade no circuito de velocidade se fai bo día e se chove no pavillón do colexio público. Niste mesmo evento poderase desfrutar coa exposición itinerante do palanador e pintor Pirucha que amosará as súas criacións a todo aquel que se atreva a ollar sen complexos unha obra con persoalidade e pegada a eito que de seguro non deixará a naide indiferente. Posteriormente se despois da billarda e de desfutar coa intensida brutal da obra de Pirucha aínda tendes fame , sede e gañas de seguir sufrindo, a escasos kilomentros en Bretonha na casa da Cultura apartires das 18:30 h. ensaio aberto de Extensión Agraria no que podedes tomar unha cervexa e asistir insitu ó evolucion do impactante son dista banda de Rock-Xíbaro que moi pronto se vai botar ós escearios. E o sábado 7 de abril , será un día máis que pasará a história xa que será o día no que se realice a primeira gran acción billardeira nas terras do Bierzo coordianda pola LNB , será no campo de futbol de Viladepaus donde se celebre o espectacular TodoBierzo Billarda Experience , unha xornada de intensidade brutal da que ti podes desfrutar formando parte dunha expedición que imita a ises pioneiros e volta á esencia e ás raices mesmas do que é a filosofía de acción da LNB , gañas de atoparnos con xente afín para compartir espazos e paixón por un mesmo deporte unha mesma lingua / únete á serpe multicor do TodoBierzo Experience: ovaral@hotmail.com / 619.570976 - . E coma gran colofón á operación saída en horario de mañá iste domingo na Conferencia Salnés novo asalto regular na Praza do Mar no concello de San Xenxo , os aborixes da Consal están realizando unha xeira de presentación no mesmo concello en colaboración coa concellaría de deportes da vila ,  ogallá que ademáis das fotos os diferentes organismos institucionais tamén se mollen acudindo ás pistas da LNB para dar o paso e intoducir dun xeito firme a billarda nos programas regulares de promoción deportiva...Operación Billarda , adiante co Varal!!

terça-feira, abril 03, 2012

EN SOLIDARIDADE COS IRMÁNS DA CONF. BEZOUQUEIRA...STOP LONGA NOITE DE CINZA!!

O esquíu bezouqueiro acosado e aldraxado polas lapas e a incompetencia gubernamental non podía quedar escondido senón que acudíu e alzou a voz nas gorxas dos palanadores e palanadoras nas diferentes concentracións ó longode todo o país de condea contra o desastre causado polo lume nas Fragas do Eume, hábitat natural de ademàis do bravo esquíu billardeiro dun sen fin de especies de fauna e flora autóctona cuxo dano xa é practicamente irrepárábel. 
Tod@s estabamos en Pontedeume, coma epicentro nurálxico da desastre dende iste luns todas as billardas se dirixían cara o Varal situado na praza do hemisferio bezouqueiro. 

Iste luns tamén saltou a nova que o o presentador de informativo da Galega Alfonso Hermida demitía por motivos profesionais , un exemplo que moitos deberían seguir para saír urxentemente disa poza de purín mediático, dende fai moito tempo os únicos servicios informativos con criterio e calidade  nos parámentros da referencial BBC británica son as curtas de Tingalaranga dirixidas polo gran Bocixa, cantante de Zénzar e palanador Cochikeiro que por suposto estivo na praza de Pontedeume cubrindo a histórica concentración contra a queima e a incompetencia.

Activistas da LNB participaron nas  concentración de todo o país , facendo visíbel como aconteceu en Foz na Mariña de Lugo o compromiso billardeiro e a solidaridade total cos irmáns da Conferencia Bezouqueira que tan duramente están a ser golpexados polo lume e a miseria institucional . ate tal grao chega a desesperación que unha familia da Capela desobedecu á garda civil para pola súa conta e risco defender a súa casa das lapas , un exemplo absoluto que amosa ás claras que se nos quedamos de brazos curzados obedecendo os criterios da xunta e da garda civil o máis probábel é que rematemos calcinados 
Lugo ó igual que o resto de prazas do país estivo plagada de palanadores e palanadoras que quería por o seu berro ó servicio da terra , ali estaban activistas das franquicias Madia-Leva e das equipas chairegas , acendendo un lume bo e solidario como o que amosan os irmáns de Tropa-Lixeira que iste mércores terá a súa continuación na acción de Semente Billardeira a celebrar no circuito da Pastoriza apartires das 15 h.

Compostela amosou unha espectacular imaxe , un flash que nos recorda as màis tráxicas esceas da nosa recente hístoria , agardamos que as choivas que veña non invadan de cinza os ríos porque senón o desartre pode ser infindo , se teñan que levar algo que sexa ós que prantaron o lume e os que xestionaron a súa extinción...Bezouqueira Sempre , Adiante co Varal!!