O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 31, 2012

FERVEDOIRO E GALLETAS MARIÑEIRAS ...A FORZA DUN CHIMPO BRAVÚ DENDE CUNTIS Ó ABERTO DO CASTAÑAZO DE CHANTADA!!



A billarda que cruza o corazón , ise foi o impactante poema visual que os irmáns do Fervedoiro utilizaron para ilustrar o brutal suceso entorno ó Aberto de Cuntis , unha metáfora transformadora que executou a limpeza e adecuacion da área dos Albariños realizanda dun xeito totalmente autoxesitoando e mediante a auto-organización da tribo do Fervediro , unha laboura que a todas luces compre á institucion municipal se tivera unha mínima decencia medioambiental e amor propio. Rebelde, unida , alegre...a mocidade activa unha vez como se pode ver no espectacular video-estalo guindado polo Fervedoiro Produccions vence e executa sen nengún tipo de apoio institucional a segunda edidicon do Aberto de Billarda de Cuntis. Os miles de euros que a xunta invirte en facer pistas de padel no rural ogallá os teña que utilizar o secretario de desportos e todo o goberno galego en menciñas porque tarde ou cedo os do Fervedoiro e a LNB sabemos que... Pagarano coa salú!!

MARIÑEIRAS....FORZA BRAVÚ EN CADA VARADO NO CASTAÑAZO!!











Mais non todo son obstáculos nista nosa carreira infinada , por sorte temos moitos aliados e cada vez màis que apostas firmemente pola billarda é o caso dos irmàns de Daveiga , os productores con sede en Chantada das Galletas Mariñeiras estarán tamén aportando a súa  enerxía iste vindeiro sábado 3 de Novemebro no Aberto do Castañazo Rock polo que xa podes ir preparandote para facer Vardos xa que cada un terá de recompensa unha bolsa de exquisiata Mariñeiras , o pan utilizado polos mariñeiros galegos nas súa travesías de ultramar estará pois no Bravú Area de Chantada representando o poder e compromiso billerdeiro da Plataforma Comercial da LNB, polo no intre que en calquera establecemento vexas unha das bolsas de Mariñeiras non dubides en incorporalo á túa bolsa da compra coma elemento básico da túa dieta coma deportista de élite.  Fervedoiro e Mariñeiras Sempre.....Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 29, 2012

PERO ... ONDE CARALLO VAI A XENTE???


















Iste pasado sábado a frenética actividade billardeira levou a diversificar os frontes de accion da LNB , parello ós Abertos de Castrofeito e a Pontenova palanadores e palanadoras invadiron as bancadas de Balaidos portando estreleiras apoiando a iniciativa dos irmáns das Brigadas Budolianas e amosando o apoio ós activistas galegos dispersados polas cadeas do estado parello ós berros esisxindo a presenza da Liga Nacional de Billarda no céspede coordinando un explosivo Aberto no descanso dise e de tódolos futuros derbis do futbol galego.

A BILLARDA ... XOGO OU DEPORTE  ? A GALEGA ... TELELIXO SUBVENCIONADO OU XENOCIDIO AUDIOVISUAL??


                                   

Un sábado no que o pais enteiro puido intuir , nun dos poucos programas dignos que se emiten nas pantallas da galega a inmensidade dun proxecto chamado LNB , un inmenso glutinador de sinerxias entre activistas musicais e literarios , filósofos , esteticines alternativas , djs...se iste sábado estabas en calquera cuneta e non diante do televisor aquí tes o espectacular documento xestado cun guión do gran poeta e minimalista narrativo Manuel Darriba.

domingo, outubro 28, 2012

"GINES" EN CASTROFEITO E "RICHARD" NA PONTENOVA FURAN O CENTRO E O NORDESTE CUN SECO VARADO!!

















As facianas trocan e os corpos se transforman co impulso brutal necesario para acadar un varados , aconteceu na pista da Madalena cunha tarde de sol e estorneal fantástica en Castrofeito , aconteceu na Pontenova odnde os palanadores e palanadoras da Norleste desafiaron unha crúa tarde de chuvia e barruzo e aconteceu no páis entiro que se extremeceu diante da television vendo o espectacular programa adicado ó bulir e palpexar vital da Liga Nacional de Billarda.


















A praza dos fornos da Pontenova foi de novo o epicentro elexido para a desputa do título de Navalleir@ Nacional , un marco perfecto con covertizos laterais e frontais e algo importantísimo..cun bar a pé de pista donde os palanadores e palanadores poder aplacar a sede de gloria.

















E ó contrario acontecía na Conferencia Centro que no val que forma a pista da Madalena mutábase por momentos nun fantástico microclima cálido e perfecto para a practica da Billarda . Ambientazo niste novo Aberto Puntuábel que confirma o potencial e atraccion do universo estornela.

















Lastras molladas , chuvasqueiros e os fornos coma testigos de luxo niste aberto no que as navalladas comezaban asomar a medido que avanzada a competición.

















Unha find. sen acción  noutras conferencias é unha motivación para o nomadismo iso foi o que fixeron dende o hemisferio sul os referenciais Gharabotos e dende as terras da Cochikeira un comando no que participou o comandante Verdillo que estará tamén iste vindeiro sábado encabezando un comando de intervencion rápida con Palestra + abertinho en Arteixo ....Únete ó comando Osos de Santo >> 679.908773 - fbestilleiro@gmail.com

















E mergullados no tramo final da competición na Pontenova fumeaban os espectaculares cinceiros-forno do bar a pé de pista para apagar os cigarros , farias e xarutos con misturas varias cos que os xogadores tentan aplacar a brutal tension diste gran torneo a ceo aberto....



















Un torneo no que Richard , o gran palanador dos Tropa Lixeira de Meira deu o seu definitivo chimpo de calidade que se intuía xa no seu explosivo inicio de tempada acadando o segundo posto en Burela e confirmando a súa posta de longo na pista dos Fornos na Pontenova arrasando contodo converindose por méritos propios no novo Navalleiro Nacional nun contexto ademais de rivalidade obsoluta porque a trinca Meira-A Pontenova só pode compararse á forza centtípeta que emerxe dun Celta-Depor que a isa mesma hora arrincaba en Balaidos.
















E atencion porque a rotativas do Buar dos Bulls acaban de paralizarse xunto no intre de confirmase dende a pista de Castrofeito a espectacular victoria de Gines, actualmente nas filas dos Furabolos mais que arrincou a súa militancia billardeira nas filas dos Remourelle cos que incluso desputou finais nacionais na mitica area de Conxo . Ginés , o Javi Martinez da billarda , seguido de Rubén dos Trouleiros e Gelín de Gharabotos confirma así o seu excelente intre de forma tanto nas pistas da LNB coma súa outra gran paixón da cal parte todo o seu impuso que é a precisión nas latras dos campos de Bolos.  Todos os ollos orintados á proxima portada do Bruar dos Bulls que a estas horas estadan o seu agardadísmo chimpo ó formato blog co análise en prfundidade dista gran victoria do seu ex-palanador



















A friaxe non foi impedimento para que a representante institucional da Pontenova vestira de curto á hora da cerimonia de entrega dos fabulosos premisos , o novo Navalleiro Nacional Richard recibíu a espectacular Navalla , a réplica artítica dos fornos para acontinuación brindar con Cervexa  Menduiña arroupado polo seu compañeiro de equipa Oscar coma 2º clasificado e por Regueiro que ocupou o 3º posto . Reyes gañou a navalla á mellor palanadora e os Tropa Lixeira levan a Navalla á mellor equipa. Viño, cervexa , navallas e billarda sempre!!  

sexta-feira, outubro 26, 2012

ÉRGUETE, BERRA E XURA ....ISTA FIND AGARRA O PALÁN E SEGA A EITO DENDE A PONTENOVA A CASTROFEITO!!



































Non só o título de Navalleiro Nacional está en xogo iste sábado na Pontenova senón que apertires de agora cada Aberto é un paso adiante na nosa autoafirmacion como povo motivo polo cal a Praza dos Fornos é a elexida ademáis pola nova franquica da Norleste ExTension Billarda para facer a súa incendiaria apresentaciñon oficial que amaiza con expandir laparadas de lume ó tempo que se recita o xa famoso ...Padel Nuestro que estás no Ceao!! - Info e Inscripciñon >> 699.362061


















E para que a TERRA sinta a intenso ferver e pelpexar das billardas en Castrofeito iste mesmo sábado as estrornelas voltaran a bruar no campo da Madalena nunha nova enganchada oficila da poderosa Conferencia Centro- Info e Inscripción >> 654.232108

quarta-feira, outubro 24, 2012

"O TEMPO DE AFIAR NUNCA É PERDIDO"..XOSÉ REGUEIRO O NAVALLEIRO NACIONAL VISITA A CANTINA DA LNB ANTES DA SÚA PRIMEIRA DEFENSA DO TÍTULO!!




Iste sábado pola tarde acción doble e simultanea na Conferencia Norleste co gran Aberto do Ferro da Pontenova e cunha nova acción puntuábel na Área Estornela co Aberto de Castrofeiro no campo da Madalena . Ante tal intensidade a tan só unha horas das dúas grandes enganchadas non podemos mais que abrir a mítica Cantina da LNB para botarlle uns grolos e calmar tensións e impulsos , como non podía ser doutro xeito un dos que se achegaron ate a barra é o actual Navalleiro Nacional , Xosé Regueiro , o gran planador das Troitas Bravas inxire unha Menduiña e conversa co camareiro mentras acariña suavemente a Navalla no Peto...











Benvido Regueiro á cantina da LNB, un espazo coma calquera dos miles de bares e taskas do país adiante donde realmente a cultura e o activismo galego está burbulleante ó carón dos grolos e do lume esparexado da conversas , espazos estes donde  apartires de agora será mais necesario ca nunca ir armado en vista do cheque en branco que a sociedade galega lle otorgou a un goberno que ve na nosa fala e en cada un dos nosos acenos coma aborixes unha sinal para a intervención e aniquilación, é por elo que o primeiro convidado da tempada diante da barra tiña que ser o actual Navalleiro Nacional da LNB que iste sábado defende o seu prestixioso título.





















- Como primeiro Navalleiro Nacional da história, título que defenderás iste sábado no Aberto do Ferro na Praza dos Fornos da Pontenvoa , ves con bos ollos que a LNB agasalle armas brancas ou incluso nun futuro rifres de asalto como trofeos nos seus Abertos?

- Non sei se as navallas e os rifres de asalto serán suficientes para salvagardar a nosa lingua e a nosa cultura dun ataque tan brutal como o que estamos a piques de sufrir por parte deses inimigos de calquer sinal de identidade galega.





















- A túa evolucion na competición é fantástica , pos o teu título de Navalleiro Nacional sobre o ring da Praza dos Fornos nun dos teus picos de forma da tempada como se demostrou na Ponte de Outeiro quedando de segundo despois dunha final épica no lusco e fusco contra Markitos , a arbore e as Fabas do Gardarríos son un plus de forza para revalidar un dos mais prestixosos títulos da tempada regular da LNB??

- Sen dúbida os fabulosos trofeos do aberto da Ponte de Outeiro servirán para seguir con forza o resto da tempada. Árbores e fabas serán semente de victoria.



















- Coma palanador implicado ate as últimas consecuencias sabes que para nada unha carreira remata cando a túa billarda atravesa o Varal senon que a túa militancia implica  unha responsabilidade 25 horas ó día os 8 días da semana , na túa condición de Navalleiro Nacional foi espectacular verte mutado xunto con Paulo teu compañeiro tamén en Troitas Bravas en Gadanheiro no xa mítico concerto dos Ex_tension Agraria no festival da Chaira, como foi ise brutal proceso de translación da Navalla cara á Gadaña que rematou no espectacular esceario de Baltar??

- Colaborar con Ex_Tensión Agraria foi un luxazo. Por se fora pouco, acompañado por Paulo e en Baltar, na casa. Navalleiro e gadanheiro...o tempo de afiar nunca é perdido.




- O teu activismo billardeiro lévate a militar tamén en diferenctes colectivos entre os que destaca a túa laboura no eido da defensa e desenvolvemento sostíbel do rural co exterminio actual que dende institucións e as multinacionais se está a producir do noso sector primario , coma telon de fondo
acabamos de coñecer as escalofriante cifras coas que a Xunta quere implantar artificialmente un deporte coma o padel no rural galego , 423.104 millons de euros que a Axencia Galega de Desenvolvemento do Rural vai destinar exclusivamente á instalacións das pistas e gaiolas de transparentes nas que se practiva o tamén coñecido coma deporte do expresidente español Aznar. Estamos pois ante un proceso similar á limpeza étnica aplicado ó deporte da billarda no rural galego aplicado polo goberno da Xunta que para máis inri ten un programa na grella da televisión pública chamado "Queremos Padel" que tenta lavar o cerebro dos galegos animándoos á practica diste deporte totalmente minoritario na Galiza mentras pecha as portas con candado para todo o que ten que ver coma promoción e difusión da Billarda. Como ves iste proceso gubernamental de redefinición antinatural deportiva e social no rural galego??

- Mentras o rural, e as persoas que desenvolvemos a nosa actividade nel, agonizamos, os miserables que nos gobernan construen pistas de pádel. É vergoñento!.













- Beizóns fondas Regueiro por interrrompires por uns intantes a túa  prepación para a defensa do título de Navalleiro Nacional que vas efectuar iste sábado na Praza dos Fornos da Pontenova e diríxete á famenta tribo da LNB para que rachen a gaiolas e se acheguen ás pistas da LNB ...

-Só me queda animar a toda aquela persoa que aínda non coñeza o gran deporte da billarda, a que se achegue a algún dos moitos abertos que se celebran en toda Galiza e que se sume á gran revolución billardeira.

terça-feira, outubro 23, 2012

RADIO MÚSICA EN GALEGO , NAVALLAS , FERROS E CHOURUZOS!!














Mentras sintonizamos de novo o noso transistor dixital con " Radio Música en Galego" emisora oficial da LNB trastocada polos ventos feixistas post-electorais e afiamos as billardas para iste sábado de novo invadir a Praza dos Fornos  na procura das míticas Navallas da Pontenova no Aberto do Ferro dista vila coa que a serpe multicor da LNB volta traspasa a sempre perigosa raia da Chaira cara as terras da Mariña , unha raia a da dignidade que tamén traspasaron varias dúcias de votantes galeg@s nistas eleccions nacionais introducindo o voto chourizo como nos indican os activos anonimus do Varal que nos pasan tamén o explosivo link dun activista da Bezouqueira que acudíu ó colexio electoral das Mercedarias en Ferrol Terra cunha ristra de chourizos colgada no pescozo. ...Médo, Pánico, Terror a un planeta Chourizo e Billarda!!

segunda-feira, outubro 22, 2012

BILHARDAS SOLIDARIAS COS 12 IMPUTAD@S POLA DEFENSA DO GALEGO NOS DISTURBIOS DO 8F DO 2009 EN COMPOSTELA...ARRINCA A CAZA DE BRUXAS NA NOVA LEXISLATURA!!



















Fai xa tres anos e aínda permanencen firmes e claros os estouridos da histórica acción de respota nas rúas de Compostela ó acto de xenofobia lingüisitica organizado polos miserábeis de galicia bilíngüe untados pola actual e renovada xunta . Ise domingo 8F do 2009 a serpe multico da LNB tamén estaba na capital galega pondo en marcha o que resultou un multitudinario Aberto de Solidaridade cos Represariados no Pavillón de Fontiñas donde moitos dos activista que pola mañá estiveron activando representando á nasa única lingua fronte ó pelotón de fusilamento de -gb- pola tarde aterraron no Aberto de Billarda para ceivar adrelanlina que aínda quedaba nas veas....

















Tres anos de persecución e brutal acoso ós activistas galegos que isa mañán de domingo nos resentaron todos os monolíngues que desenboca iste martes no xuizo sumarial ós doce acusados con peticións de cadea que suman 45 anos entre todos os acusados e multas por valor de 30.000 euros . Entre os implicados hai palanadores da LNB polo que toda a solidaridade nistes intres de delirio xudicial impulsado ademáis pola euforia política que supoñen os resutados dista ultima farsa electoral . Os irmáns de DiarioLiberdade analizan ista novo cerco xudicial ó activismo galego  nunha espectacular entrevista con compañeiroAbraám Alonso.

















Billhardas Solidaria que lanzamos ó ar de Compostela aquel 8F do 2009 a prol dos Represariados e BilhardaS Solidarias agora máis ca nunca cos 12 imputados nista causa que marca sen dúbida o inico da caza de bruxas nista nova lexislatura de Feijóo que agora arrinca... Defender o GALEGO NON É DELITO!!

domingo, outubro 21, 2012

A PONTE DE OUTEIRO , PAU DE PUNTA NON CREBA NUNCA!!!

















Ante os vosos ollos sen lugar a dúbidas a maís poderosas visión de todas cantas se teñen producido nunha pista de billarda cando se mira fixamente cara un podium da LNB....semente de victoria en cada golpexos e en cada un dos espectaculares torfeos cargados coa tenrura do lobo ó morder...

















Nengún dos palanadores e palanadoras chegaron á Ponte de Outeiro ( Muimenta ) sen saber que alí estabamos para prantarlle cara ó xenocidio medioambiental que a instalación das minas a ceo aberto para extraccion de mineral ai trar a toda a terra cha . A crise como se está a ver no EuNavia é moi boa conselleira para iste tipo de crimes brutais que hipotecan o presente e futuro dunha terra e unha sociedade que o único que quere e aspira é a relacxionarse de igual a igual co medio que habita respetándose mutuamente como durante séculos se fixo sen deixar que agora a miseria dos mutinacionais veña a rachar ista harmonía terra-home tantos anos sementada,

















A Ponte de Outeiro vestiuse cun sol raidnate que acendeu aínda máis os nosos corazóns e fixo que desfrutaramos tod@s dunha tarde maxestuosa de irmandade na cada vez mais grande Conferencia Mae. O Bulir no bar da Asociación de Veciños de Outeiro a pé de pista , a magnífica sesión musical durante todo o Aberto e o estourido no ceo dos foguetes no arrinque e puntos clave dos torneo remxeu o coctel molotov emocional que se cociñaba en cada un dos activistas billardeiros antes e despois de cada un dos golpexos.

















Grandísimo acerto da LNB en transladar de Lourenzá á Ponte de Outeiro a celebración diste Aberto , unha vila a da mariña na que o teito do monateriro e os cimentos da democracia se veñen abaixo mentras que ó contario a tribo billardeira guiada polo espírito indomábel do Gardarríos , o fuxido acribulado a tiros polos antecesores de Feijóo e a súa tropa nuns rúa de Lourenzá , continúa firme e rexa no seu camiño para conquistar o horizonte infindo.


Noite pecha nunha espectacular final a catro na que só faltaron os fachos de lume para alumear o campo de batalla que enfrontou a Franco e Markitos de Billardeiros Musicais , Xavi de Carabullo e a Regueiro de Troitas Bravas

















Atantos ó Tele-Varal e ó blog oficial do Norleste para ver as imaxes da espectacular entrega de premios que amosou o porque dun éxito dista magniturde , tres asociacions traballando xuntas Carabullo , Xotramu e a Asociacion de Veciños da Ponte de Outeiro cunhos trofeos como son as tres árbores autóctonas con cadansúa escultura e botella de Fabas O`Gardarríos dos colleita da Veiga do Curral de Lourenzá que foron 3º premiso para Xavi de carabullo , 2º para Regueiro e 1º para Markitos.

















Remataba o Aberto e comezaba a Foliada , o grupo de Danza da Pontenova asaltaba o terreo de xogo e puña a xente a tremer de emocion coa súa ulima danza de guerra antes de meterlle o dente ós pinchos e churrasco que agardaba no centro social da Asociacion de Veciños.

















Mentras todo isto acontecía en Bordóns na Conf. Rías Baixas o podiun quedaba con Abino no máis alto seguido de Fariña e Luis Camiña .....e iste domingo como fixo o Gardarríos "Vótate" pero ó monte!!

sexta-feira, outubro 19, 2012

A NOSA TERRA NON SE VENDE ... CONTRA A REFLEXIÓN ACCIÓN DIRECTA NA PONTE DE OUTEIRO E EN BORDÓNS!!


































Todo preparado para iste sábado apartires das 16 h. deixar semente de victoria no campo das Festa de Outeiro en Muimenta , Aberto puntuábel para a NorLeste , pinchada posterior con Foliada e no medio do Kaos explosivo Abertino " A terra non se Vende" . Arbores e Fabas do Gardarríos coma espectaculares premios niste Aberto na Terra Cha que enxordecerá coma a eixo unha de seguro histórica xonrada de festa e loita coa defensa da terra do xenocidio ecolóxico que supón a instalación das minas coma gran telón de fondo. Info e Inscripción>> 676.597050



































E simultanea á accion billardeira na Ponte de Outeiro no Hemisferio Sur do páis , nova enganchada regular na activa Conferencia Rías Baixas , ogallá que en todo o país os prados luciran tan verdes e plenos coma o espectacular cartaz do Aberto de Bordóns. Para elo, para acadar unha sustentabilidade e esixir un resteito ó medio de calquera actividade que se realice no país sáen cada find os paláns e as billarda á rúas. Fóra  deportes e minas que lixen o noso medio natural. Info e Inscripción>> 659.553543

quinta-feira, outubro 18, 2012

#PALANSENALTO ...CONTRA A XENOCIDIO MEDIOAMBIENTAL , ISTE SÁBADO EN MUIMENTA "PLANTA-TE" NA PONTE DE OUTEIRO!!


































Aínda cos paláns quentes despois da gran accion billerdeira no San Froilán a sepre multicor da LNB tira de novo cara á chaira Luguesa para iste sábado celebrar un explosivo Aberto Puntuábel no bravo concello de Muimenta. Coordiando pola referencial Asociación Cultural e equipa LNB "O Carabullo" o que vai acontecer na Ponte de Outeiro vai ser moito máis ca un torneo de billarda senón que unha accion de resposta ó xenocidio ecolóxico que a instalación de minas de extraccion de minerais vai supor á populación e ó entorno .  O tu palán e a túa billarda tornaránse pois en cocteles molotov cos que defendermos a nosa terra da inxuria dos intereses coloniais do capital que quere convertir a Galiza nun estado saqueado coma o Congo . Para elo os irmáns do Carabullo prepararon ademáis uns espectaculares e referenciais trofeos con arbores vivos baixo o impertivo de seren prantados complementados ademáis cunhas fabas da Veiga do Curral de Lourenzá polularmante coñecidas xa coma " AS FABAS DO GARDARRÍOS " xa que de novo a foto do referencial fuxido acribillado a tiros en Lourenzá estará presidindo iste Aberto anti-colonial  na Ponte de Outeiro.



E non pode ter mellor Banda Sonora iste Aberto que o mítico tema dos Skornabois , Plánta-te , o brutal estalo de electro-metal galaico realizado fai xa uns anos contra as bioinvasions de "cálitro" resoará de novo na Ponte de Outeiro en cada golpe da madeira contra a madeira....Caciques e eucaliptos a mesma merda son os dous chupanlle o sangue a quen teñen ó redor..PLANTA-TE!! 



















Todo preparado na Ponte de Outeiro ( Muimenta ) como se pode ver na imaxes dos adestramentos da Equipa Carabullo pois para acoller a gran festa da LNB que despois do Aberto terá continuidade cunha gran Foliada Billardeira polo que non deixes os teus instrumentos na casa e méteos canda os paláns e billardas para armar festa e na Norleste se che coincide que iste mesmo sábado á mesma hora estás no hemisferio sur da Galiza, en Bordóns, concello de San Xenxo tes unha cita nunha nova enganchada puntuábel da Conferencia Ríasbaixas. ...Billarda Sempre contra calquer tipo de reflexión, #palansenalto!!

terça-feira, outubro 16, 2012

"Plataforma Galega polo Voto Chourizo" , A ÚNICA FRONTE QUE CONCORRE ÁS ELECCIÓNS DO 21-O QUE SE DIRIXE ÓS PALANADORES E PALANADORAS DA LNB!!
























Iste mércores como sabedes remata o prazo para o voto por correo polo que aínda estades a tempo de introducir a vosa loncha de chourizo de porco galego ou celta no voso sobre electoral , isa é a máxima que nos comunica a Plataforma Galega polo Voto Chourizo a única fronte que tivo a ben dirixirse ós palanadores e palanadoras sistematicamente esquencidos e aldraxados polo resto das candidaturas que tentan engañar á sociedade galega para colarse no parlamentiño e poder roubar e mexar por todos con impunidade total. É por elo que non podemos máis que servir de altofalante do Candidato Chourizo para que iste 21-O poidas expresar o teu desafío á ista dictadura , e non só iso xa que dende a PGVCh poñen niste ultimo treito a explosiva campaña interactiva " Galeguiza España co teu Voto Chourizo" e incluso se queres realizar algunha consulta o candidato chourizo resposta , só tes que enviarlle un mail e terás no teu buzón isa resposta indixenista que tanto estabas precisando...

MONTOUTO SOUND MACHINE > CHOURIZOS DE CABALO CONTRA O TERRORISMO FINANCEIRO !!



E como non podia ser a campaña anti-electoral da Plataforma Galega polo Voto Chourizo van acompañada dunha espectacular Banda Sonora , trátase so novo estalo de Montouto Sound Machine , o músico aborixe de Sabucedo exiliado na meseta que todos coñecemos xa por ise seu xa mítico "ás tres corre a vez " tema estrela do República Billarda , lanza agora á rede ise novo desafío sonoro á dictadura financeira e do capital pedindo a man dunha namorada finxindo ser banqueiro . Terrorismo Financeiro será adamáis unha das explosivas aportacións á edición dixital do República Billarda . Prepara o Chourizo e racha coas estratexias de mercado electoral que todos temos que imitar como se fosemos ovellas!!

segunda-feira, outubro 15, 2012

VARADOS ESTRATOSFÉRICOS NO ABERTO DA NOROESTE NA PISTA DE MEIRAMA EN CERCEDA!!
















Felix Baumgartner antes de entrar na capsula ? non Serxio dos Xarutos despois dun lanzamento estratosférico de co seu palán despresurizado....na mañá previa a que o paracaidista extremo austriaco chimpase dende os 39.000 metros no pavillón do Complexo deportivo Meirama en Cerceda unha multitudinaria tribo de palanadores e palandoras acudiron puntuáis á cita para desputar un novo Aberto puntuábel  da mítica Conferencia NorOeste. 
















Varados estratosféricos inmortalizados unha vez máis polo fotógrafo de guerra Luis Camiña dos Gharabotos  que cando pousa o palán dispara o obxectivo para realizar un novo espectacular album que podes desfrutar no seu activo facebook persoal.

















Toques de atencion ó Deportivo de varios palanadores para que ó igual que se promociona a equipa de futbol nas pistas da LNB as billardas accedan dunha vez en Riazor para realizar un abertinho ou concurso de Varados no descanso dun partido e se poidera ser nun derbi contra o Celta mellor ca mellor...
















Acostumado ás extremecedoras imaxes nos cadros de Pirucha , o activistas artistico quixo deixar como a cotío fai nss súas obras pegada tamén na pista de Meirama e como se informou dende o referencial facebook oficial do Varal , Luis como se coñece na súa faceta billardeira vestíu a espectacular monteira que o acredita coma gañador despois de vender na final a Vikeira dos locias Cochikeiros.

















Semella que a mazá e a sidra inxerida o pasado venres en  Marín impulsou firmemente á equipa patrocianda polo Hotel Villa de Marin , os Gharabotos aférranse ós títulos e amosan con conviccion o seu escudo que sinala que van dispostos a conquistas as pistas da Galiza enteira ...Lipe-Lipa Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, outubro 14, 2012

"VITILLA#BILLARDA" A PODEROSA NOVA ALIANZA INTERNACIONAL DA LNB QUE FAI SALTAR TODAS AS ALARMAS NO CONTINENTE AMERICANO E NA GALIZA!!















Cos ollos en Cerceda donde a Conferencia NorOeste prantexa iste domingo ás 11:30 h.  o seu novo desafío regular e unhas horas máis tarde cos ollos chatados no que acontece en Roswell donde sobre as 13:30 hora galega o paracaidista extremo Felix Baumgartner ten pensado comezar a súa ascension en globo para tirarse dende os 37 km e tentar converterse no primeiro ser human en superar a velocidade do son , falamos naturalemtne do mundial,ente coñecido coma o Red Bull Stratos Mission , unha marca que aposta firmemente por deportes como o paracaidismo extremo e no país irmán da República Domincana polo super-popular deporte de rúa, irmán da Billarda, chamado  VITILLA...


















Dende fai un tempo a LNB ven establecendo contactos con xogadores de Vitilla , unha espectacular disciplina sucedanea do beisbol que arrasa nas rúa da República Domincana e en cidade dos USA coma Florida e Nova Iorque que se practica no canto dunha pelota cunha tapa dos grandes bidóns de auga e se golpexa cun bate  cilindrico coma un palán duns 80 cm. Fai uns días puido producirse ne Ribadeo isa primeira e histórica xuntanza transatlántica entre a Vitilla e a Billarda que de seguro vai desembocar nas pistas da LNB e abre a firme posibilidade para que a Auténtica se enfornte nun futuro próximo a un pais do continenete Americano.














Estamos a falar pois dun desporto irmán cuxa popularidade e poder de convocatoria en toda a república Dominacana salta á vista para ollos tan axenos coma os nosos cando vemos por exemplo as fotos das pistas ateigadas e o patrocinio dos grandes torneos de entidades coma Red Bull .

















Intre absolutamente histórico para a Vitilla xa que podemos ver nista sobrecolledora imaxe a Michael e Pablo dous dos integrante do primeiro equipo de Vitilla na Galiza adestrando no primeiro clinic de Vitilla coordiando pola LNB en Ridadeo , unha accion que tivo como telón de fondo a furgoneta de Pizzbur anunciando a Galipiza , pode ser algo premonitorio para un posíbel patrocinio disa tan desexada nova aventura internacional da Auténtica.

























E como non podía ser doutro xeito o espectacular logo da agrupación de Ligas do país Dominicano xa deixa entrever as súa similitude co mundialmente coñecida marca das liga de Beisbol , desporto ó que moitos Vitilleiros acceden xa que a destreza necesaria para golpexar unha tapa no ar é moi superior á necesaria para golpexar unha pelota cun bate , e incluso ó reves , moitos bateadores profesionais xogan á bitilla para afiar os seus reflexos...


















Aquí se pode ser a intre no que a primeira Vitilla voa no ar galego dirixida ó "home" no que está situado o bateador disposto a golpexala e lanzala fóa do alcance dos cachers que ocupan as dúas bases.


















Cada equipo esta formado por catro xogadores polo que os palanadores e palanadoras que queiran formar o  primeiro equipo de Vitilla ou franquicia LNB que queira constituir unha division Vitilla xa pode facelo para medirse ós Ridadeo-Vitilla que están xa formándose.


















E como non podía ser doutro xeito , chegou o intre no que os Vitilleiros trocaron o bate polo palán a na terra mollada tiveron os eu bautismo de sangue  , de feito xa anteriormente tiveran contacto visual con algun Aberto celebrado na vila e xa pensaron que eles a iso que xogan os galegos poderían ter posibilidades ...e vaia se teñen , impresionante os golpexos baseados na técnica e mecánica da Vitilla.




E por se non foran poucas similitudes a Vitilla tampouco se entende sen unha Banda Sonora propia e ó igual que nos desfrutamos cada Aberto co República Billarda atronando na pista no desporto irmán dominicano tamén teñen grandes éxitos musicais que narran as fazañas do "Vitillero" coma o tema que amosamos e que podería ser o equivalente dominicano-vitilleiro ó noso gran " Amo da Billarda"

















Unha vez máis a LNB racha moldes e procura novos horizontes baseados na autoxestión e na cordialidade internacional con xentes e paises irmáns , porque en tódalas pistas de Vitilla de Nova Iorque , Florida , Santo Domingo hai bombas por estourar e da Galiza as da LNB non íamos ser a excepción , non imos parar ate xogar en todas partes...Vitilla Sempre, Adiante co Varal!!