O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 21, 2012

A PONTE DE OUTEIRO , PAU DE PUNTA NON CREBA NUNCA!!!

















Ante os vosos ollos sen lugar a dúbidas a maís poderosas visión de todas cantas se teñen producido nunha pista de billarda cando se mira fixamente cara un podium da LNB....semente de victoria en cada golpexos e en cada un dos espectaculares torfeos cargados coa tenrura do lobo ó morder...

















Nengún dos palanadores e palanadoras chegaron á Ponte de Outeiro ( Muimenta ) sen saber que alí estabamos para prantarlle cara ó xenocidio medioambiental que a instalación das minas a ceo aberto para extraccion de mineral ai trar a toda a terra cha . A crise como se está a ver no EuNavia é moi boa conselleira para iste tipo de crimes brutais que hipotecan o presente e futuro dunha terra e unha sociedade que o único que quere e aspira é a relacxionarse de igual a igual co medio que habita respetándose mutuamente como durante séculos se fixo sen deixar que agora a miseria dos mutinacionais veña a rachar ista harmonía terra-home tantos anos sementada,

















A Ponte de Outeiro vestiuse cun sol raidnate que acendeu aínda máis os nosos corazóns e fixo que desfrutaramos tod@s dunha tarde maxestuosa de irmandade na cada vez mais grande Conferencia Mae. O Bulir no bar da Asociación de Veciños de Outeiro a pé de pista , a magnífica sesión musical durante todo o Aberto e o estourido no ceo dos foguetes no arrinque e puntos clave dos torneo remxeu o coctel molotov emocional que se cociñaba en cada un dos activistas billardeiros antes e despois de cada un dos golpexos.

















Grandísimo acerto da LNB en transladar de Lourenzá á Ponte de Outeiro a celebración diste Aberto , unha vila a da mariña na que o teito do monateriro e os cimentos da democracia se veñen abaixo mentras que ó contario a tribo billardeira guiada polo espírito indomábel do Gardarríos , o fuxido acribulado a tiros polos antecesores de Feijóo e a súa tropa nuns rúa de Lourenzá , continúa firme e rexa no seu camiño para conquistar o horizonte infindo.


Noite pecha nunha espectacular final a catro na que só faltaron os fachos de lume para alumear o campo de batalla que enfrontou a Franco e Markitos de Billardeiros Musicais , Xavi de Carabullo e a Regueiro de Troitas Bravas

















Atantos ó Tele-Varal e ó blog oficial do Norleste para ver as imaxes da espectacular entrega de premios que amosou o porque dun éxito dista magniturde , tres asociacions traballando xuntas Carabullo , Xotramu e a Asociacion de Veciños da Ponte de Outeiro cunhos trofeos como son as tres árbores autóctonas con cadansúa escultura e botella de Fabas O`Gardarríos dos colleita da Veiga do Curral de Lourenzá que foron 3º premiso para Xavi de carabullo , 2º para Regueiro e 1º para Markitos.

















Remataba o Aberto e comezaba a Foliada , o grupo de Danza da Pontenova asaltaba o terreo de xogo e puña a xente a tremer de emocion coa súa ulima danza de guerra antes de meterlle o dente ós pinchos e churrasco que agardaba no centro social da Asociacion de Veciños.

















Mentras todo isto acontecía en Bordóns na Conf. Rías Baixas o podiun quedaba con Abino no máis alto seguido de Fariña e Luis Camiña .....e iste domingo como fixo o Gardarríos "Vótate" pero ó monte!!