O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Friday, July 03, 2009

ORDES E SANTA COMBA EPICENTROS DO EXPLOSIVO VERÁN BILLARDEIRO NISTA FIND!!


Arrinca en Ordes Mar de Varados, a espectacular xeira de Abertinhos de verán no contexto dos mellores festivais do país. A partires das 17 h explosivo Aberto de Billarda na explanada ó carón do escenario. RevoltosaRock , bafles e billardas , o explosivo coctel que iste venres facerá tremer Ordes , forma parte do comando itinerante LNB que vai por en marcha ista arriscada acción billardeiro-festivaleira: 627.780891

Varado-Radar:
[ seguimento especial ós concertos do grupos da República Billarda ]



Labazada, a potente banda de rap-metal compostelá, actúa iste sábado 4 no pub O Foso de Santa Comba, a descarga comeza apartires das 24 h.

Wednesday, July 01, 2009

ISTE VENRES PILLA EN ORDES A PRIMEIRA OLA DO BRUTAL MAR DE VARADOS!! [pássa-o]

ATENCIÓN: Iste venres no RevoltosaRock de Ordes arrinca Mar de Varados, a espectacular xeira de Abertinhos de verán no contexto dos mellores festivais do país. Cun cartaz de luxo cos asturianos Dixebra como convidados internacionais nunha noite na que os nacionais Kastomä, Kebraos , Electroxeno , Dj Xosé García e o Colectivo Bouramáis porán ó público bravo nun festival que arrincará a iso das 17 h co explosivo Abertinho de Billarda na explanada ó carón do escenario. Non agardes máis e se iste venres vas ir ó RevoltosaRock inscríbete xa e forma parte do comando itinerante LNB que vai por en marcha ista arriscada acción billardeiro-festivaleira: 627.780891 .

RevoltosaRock: Billarda , sons e loita , e atención porque non só imos surfear no mar de Varados xa que tentaremos que iste verán as billarda rachen tamén os raios do sol e invadan as praias do país , e ó mesmo tempo que nos untamos de pingo anti-solar faremos un seguimento especial ós concertos do grupos da República Billarda escenarios nos que soarán os seus exclusivos temas adicados á imparábel revolución billardeira, para que non perdas nen unha das nosas danzas de guerra!!

Monday, June 29, 2009

ORGULLO E SEDUCCIÓN .....AS ARMAS QUE O VENTO LLE ATRIBÚE Ó ÉXITO DA GUERRILLA- LNB!!


Iste pasado find xunto coa desputa da a Cunca Xíbara maxistralmente acadada polos Culombios , foron milleiros os orgullosos militantes da causa homosexual os que celebraron no mundo enteiro o día mundial do orgullo , dende a LNB sumánonos á marexada multicor na defensa e equiparación de dereitos legais coa comunidade heterosexual e polo maravilloso refacho de vento de cavarnandá de nos golpexa baixo o arco da vella chamanos á comunidade lésbica , gay , bisexual , transexual e hetero que coma a LNB utilice tamén, as armas da seducción para conquerir todolos seus fins , porque segundo nos conta o sempre refrencante vento de cavarnadá o gran truco que posúe a LNB e tod@s os que forman parte dela son as súas irresistíbeis armas de seducción coas que conseguiron por un país enteiro en pé de guerra.... palanadores e palanadoras en cada abertinho diste Mar de Varados que arrinca iste venres en Ordes arrimádevos e que a seducción nos acompañe para tratar de substituír os tiros polos chuchos e bicos nista nosa orgullosa loita contra todo tipo de imperialismos excluíntes.....

Sunday, June 28, 2009

"CULOMBIOS" FANSE COA CUNCA XÍBARA NO ÚLTIMO SUSPIRO DUNHA ESPECTACULAR FINAL FRONTE Á "GHUDALLA" DE MOAÑA!!


Mentras nun semi-valeiro pavillón de Bilbo dous inxertos de nación chamados euskadi e galicia desputaban un partido da mal chamada copa da nacións de Basket , nun campo de Meira (Moaña) unha multitude entolecida de palanadores e palanadoras deputaban a primeira edición da xa mítica Cunca Xíbara donde saltaba a sorpresa ó caer en primeira rolda os Paquete Pincha , os campións nacionais quizais asoballados pola presion de verse favoritos sucumbiron coma lles pasou a outra das franquicias que arrasaba nas apostas , Os Lideiras , co campión nacional ó fronte, tamén caían nas primeiras de cambio deixando unha final en mans dos Moaña con Iván e Arosa liderando na pista o proxecto Ghudalla pero que topou de fronte cos Culombios con Asun e Moi que conduciron maxistralmente a decapitación da equipa local inscribindo á equipa dos "electroduendes" coma a primeira posuidora da Cunca Xíbara. Cun emisferio Norte de resaca absoluta despois dos efectos da espectacular inauguración do Eido Dourado o Sur recupérase pouco a pouco tamén da inmersión xíbara para afrontar en plenitude total o tan agardado mar de varados , fai uns días que Michael Jackson deixou de fumar pero o mundo agarda polos resultados da súa autopsia nada comparado co descuartizamento que na mesa camiña do web oficial do Sur se vai facer dista Cunca Xíbara......atentos á espectacular e sanguenta autopsia xíbara!!

Thursday, June 25, 2009

ISTA FIND XIBARÍZATE , DESÁTASE A LOUCURA NO SUR COA DESPUTA DA CUNCA XÍBARA!!


Alfonso Graña estaría orgullo de todos nós , o seu espírito vai estar de novo invadindo cada palanador que iste sábado a partires das 16:30 defenda as cores do seu equipo na pista de Meira ( Moaña) dende o web da conf. sur informan que haberá un xantar previo coordinado pola xente da Asociación Cultural A Ghudalla (xérmolo do equipo Moaña) para cos ollos brilantes afrontar a loita pola Cunca.

táboas:

16.30h. Cuartos de final
A: 1º vs 8º (Paquete Pinchas vs Se Foras Traballar)
B: 2º vs 7º (Faísca vs Assembleia Aberta)

17.15h. Cuartos de final
C: 3º vs 6º (Moaña vs Treze Catorce)
D: 4º vs 5º (Lideiras vs Culombio)

18.00h. Semifinais
A vs D
B vs C

18:45h. Final

O cadro de enfrontamentos pode cambiar se aparece algún equipo máis , animádevos Almuinha e Branco e Negro, contamos con vós! , ademáis se algunha equipa das demáis conferencias se quixera xibarizar que o comunique porque aínda están de tempo : lnb.sur@gmail.com / 625.204119


SUMMER TIME >> ABERTO DA ILLA DE SAMERTOLOMEU!!



Mentras todos os ollos enfocaban ó Play Off nacional de Conxo sumultaneamente se estaba desputando na Illa de San Samertolomeu o Aberto das Letras aprazado uns días antes por un espectacular dilubio , se antes foi a auga na find do 31 de Maio foi o sol o que bañou a tódolos palanadores e palanadores presentes ós que podedes ver no Foto-Varal lucindo palmiño como preludio xa dos espectaculares Abertinhos de Verán...


Iván , venceu e convenceu na Illa de Samerlomeu , e será un dos palanadores do Sur que iste sábado loiten en Meira ( Moaña) pola cunca defendendo as cores de Moaña , atención porque o xibarismo invade o sur toda ista find co firme desexo de instalarse definitavamete na LNB.

O XIBARISMO-LNB INVADE TAMÉN A COMPOSTELA CUP NO MONTE DO GOZO!!




E dende iste venres día 26 de xuño, toda a find o xibarismo-preestival tamén estará presente na Compostela Cup do Monte do Gozo donde desenvolveranse diversas actividades deportivas e de ocio: circuíto BTT, tiro con arco, xadrez, inchables de precisión-tiros a portería, futbito, rocódromo e sorteo de agasallos entre os participantes pero o prato forte será o espazo billarda donde os rapaces poderán tomar contacto co noso espectacular deporte . Contacto para + info e inscripción de rapaces no espazo billarda: 606.967863 . Entre as 21:00 e as 24:00 horas haberá tódolos días de convivencia , sesión disco para os kativos con bebidas sen alcohol para todos os deportistas e sorteo de agasallos.

Wednesday, June 24, 2009

TREME WIMBLEDON COA PODEROSA ARMADA "PITU CALEYA" CONCENTRADA EN PIARNU!!


Coma antídoto perfecto contra a tontería tenística que iste días nos invade , TELE-VARAL destapa iste espectacular novo video-estalo donde as grandes estrelas do universo Liriu acollen cos brazos abertos á expedición LNB desexosa de loitar por incarlle o dente a ise espectacular trofeo de plumas de identificación nacional asturiano chamado Pitu Caleya. O comboio Conceyu Nacional afianza a pasos xigantes a súa proposta con personalidade propia que xa olla cara a súa próxima estación , sabemos que xa comezaron os contactos fóra da pista entre os equipos protagonistas da revolución Liriu para establecer as estratexias e paradas de futuro e dotar do tan desexado calendario de torneos dista competición irmán que comeza xa a rachar moldes. Especial mención ás novas estrelas que aparecen no firmamento asturiano , Estela e Luís comezaron temerosos pero remataron a xornada en plenitude absoluta preguntando donde era a próxima cita para matar o mono e tratar de facerse con outro de seguro espectacular trofeo, cuestión isa , que resoa xa tamén nas paredes da Galiza....para cando e donde o proximo asalto de Conceyu Nacional?

Tuesday, June 23, 2009

TIXOLAS E BILLARDAS Á RÚA EN APOIO ÓS MÚSICOS GALEGOS PARA COMBATER O NOVO APARTHEID SONORO !!

Durante istes anos a LNB sempre creu necesario un programa propio na radio pública galega no que se tratase con dignidade o bruar diario do noso deporte e o sentir dos nosos deportistas , pese a ser negado sistematicamente a LNB buscou acougo en espacios case sempre ligados á música que se fai no país. É por elo ademáis que nos unimos de xeito total ás accións que sáian das diferentes asembleas que están celebrando os nosos músicos para atallar e denunciar o silenzo que a nova dirección da rtvg quere impor sobre a difusión nos seus médios da música feita na galiza e en galego.


A LNB chama ós seus activistas á rúa nas diferentes accións coordinadas dende o web dos compañeiros de Komunikando e a lanzamos a idea dunha grande tixolada sonora en San Marcos en horario do antigo programa coñecido como Aberto por Reformas para como dicía o grande Leo no programa Radio Oceánica da RGM , a Radio Pública volte a facer isa laboura de seu que non é outra que a de intermediaria entre a público e os grupos, que non se coñeza para que non goste , parece ser a nova estratexia emanada do poder que entre todos temos que rachar.... ate alogho amighos , partíu!!