O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 30, 2006

O BOI DO POBO EN TELE-VARAL [preme]


A chega de bois é unha práctica deportiva tradicional de orixe árabe que acadou a súa maior difusión en Portugal e na Galiza.Nas terras do Barroso en Portugal as chegas de bois gozan dun enorme prestixo e apoio popular, pola contra , na Galiza as chegas son vistas con receos por unha gran parte da populación, cal é a razón para que ista manifestación cultural esteña tan mal mirada? Calvos de Randín, A Serra do Xurés ou o concello de Muiños son dos poucos sitios no país onde un pode disfrutar das chegas de bois, ou podía xa que unha denuncia cursada por unha asociación que se di ecoloxista contra do concello de Muiños e da asociación cultural Fontefría ambos organizadores dunha chega de bois durante o desenrolo da festa das sopas de burro cansado fai uns veráns , fixo que a cosellería de medioambiente declarara ilegal ista práctica tradicional e multara económicamente ós organizadores do acto.Eliminar a cultura deste pais é unha das prioridades desta Xunta de Galiza , defender a nosa identidade como nación nas pistas de xogo e non nos estatulos é unha das máximas dos que disfrutamos coas chegas de bois e coas disciplinas deportivas da billarda, os bolos e a chave

O Varal farto xa de tanta hipocresía destapa unha espectacular exclusiva censurada no seu día a súa publicación nun xornal mensual e que agora ve a luz para que Pálacido Perdiz , membro fundador da Asociación cultural Fontefía , nos ilumine a todos os privilexados amigos do Varal nista maldita historia de negras sombras.

- ola Plácido e benvido ó Varal ,como xurdíu a idea de organizar as chega de bois en Muiños?

- A asociación foi fundada nos primeiros anos oitenta tendo como un dos principios básicos a defensa do noso patrimonio cultural , a chega enmárcase como un acto mais da festa das Sopas do Burro Cansado que arganizamos en colaboración co concello de Muiños.

- Anos anteriores xa viñasdes contando coas chegas de bois como un atractivo máis destas festas , como se chega a ista ilegalización actual?

- A Xunta concedía á organización un permiso especial para iste tipo de actos.
Apartires da denuncia parece que non foi así , sorpréndenos tamén que sexa unha asociación que se di ecoloxista a que condee iste tipo de actos e que nos denuncie ante a consellería de medioambiente, os bois en ningún intre saen mancados ou sufren malos tratos, simplemente é unha proba de forza entre os dous animais.


- A colombofia é o deporte de criar a adestrar pombas para que volten ó niño dende longas distancias, nas soltas oceánicas moitas perecen afogadas no mar, nadie condea iso non?


- É un exemplo , pero hai moitos máis.


- Ista denuncia fixo que as chegas saíran na t.v, ves un posible efecto bumerang?

- A verdade é que resulta curioso pero é así, de tódolos xeitos nos desexaríamos que nada disto tivera acontecido.

- Como ves o futuro das chegas na Galiza?

- Pois moi complicado, isto seguramente sentará precedente e todos os afeccionados sairemos perxudicados.

- Moitas grazas Plácido por achegarnos a todos os amigos do Varal ó apaixoante mundo das chegas e confiamos en que o cordura se imponía en todo isto.

Dende o Varal seguiremos apoiando calquera iniciativa que aporte solucións para sacar da ilegalide ista práctica tradicional , sabemos tamén que a LNB está a estudar posibles accións para introducir ista disciplina deportiva detro do seu circuito e como acontece a día de hoxe cos deportes da chave e dos bolos achegar ás chegas en réxime de exhibición ás pistas donde de desputa a SUPERLIGA de billarda-LNB , se tedes bois ou estades sinteresados no tema non dubidedes en abrir a porta da corte do Boi do Varal [ ovaral@hotmail.com ]

segunda-feira, novembro 27, 2006

RIBADEO TEN A CHAVE DAS NOCES!!


Ribadeo , a cidade fronteiriza, prepara as súas mellores galas para recibir como se merecen ós galácticos e galácticas da billarda-LNB, pero non vai ser suficente, como xa aconteceu nos anteriores asaltos da SUPERLIGA en Remourelle e en San Xusto, a serpe multicor da LNB vai ser acompañanda por isas emerxentes estrelas do deporte dos bolos no tento de nun futuro próximo poder realizar a LN-Bol pero tampouco van ser os lanzadores os únicos convidados de excepción xa que no peirao de Ridadeo vaise dar un paso máis no proceso de construcción do deporte nacional, unha espectacular lingua de ferro vai estar por primeira vez exposta para que os lanzadores da pastilla de ferro , como se xogaores de hockey sobre xeo foran, poidan darlle o sabor e a punteiría necesaria para a futura creación da tan desexada LN-Ch. E moi atentos á pantalla porque TELE-VARAL ten nas súas mans un espectacular documento para iniciar o debate sobre a exclusión das chegas de bois do abano deportivo galego, agora que a billarda, os bolos e a chave amosan a cara só faltan os bois por sacaren o cabicorno.

terça-feira, novembro 21, 2006

GALO E QUICO PREPARAN AS CRESTAS!!


Co cada vez máis preto paso de ecuador os palanadores e palanadoras preparan de xeito meticuloso , cunhas semanas de parón ó igual que pasa nas ligas do leste europeo , o transcendental e agradadísimo TORNEO DO GALO , o 6º asalto a celebrar o vindeiro domingo 17 de decembro en Ribadeo non vai ter só , un excelente Galo galego criado a base de millo e pedras no galiñeiro de Celeiro de Mariñaos propiedade do xenial Gines palanador de Cornería-Team polo que loiten os clasificados na SERIE-A , senón que atención á espectacular primicia que ofrece O Varal , xa está confirmado que os clasificados en SERIE-B van ter tamén o enorme privilexio de loitar por primeira vez na historia polo QUICO DA LNB, directamente do galiñeiro do Zidane da billarda irrumpe iste poderoso un novo trofeo con plumas disposto, ó igual co seu criador , a converterse noutro clásico que racha moles. Únete ó galiñeiro da LNB e deixa de quentar ises malditos ovos chocos!!

sexta-feira, novembro 17, 2006

ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS [preme]


TELE-VARAL amosa a dous aténticos xenios do deporte galego tradicional. Por un lado Cándido, dende a parroquia de Cabarcos iste xenial lanzador de bolos chegou a San Xusto para reivindicar fonte ós micros de TELE-VARAL a súa condición de deportista galego de seu e xunto a Edelmiro , o axente libre que racha moldes na SUPERLIGA de billarda-LNB , falaron alto e claro, conecta xa!!

terça-feira, novembro 14, 2006

AS TABOAS DE SAN XUSTO!! [preme]


A tribo nómada da LNB prepara paus e billardas para mudarse en busca de novos pastos ás florecentes terras de Ridadeo nas que agardamos atopar o mesmo calor que atopamos en San Xusto co que combater todos xuntos a intensa xeada do lusco e fusco. Mentras non chega ise intre, o mellor que se pode facer é botar un ollo ó espacio patrocinado pola TENDA-LNB para ver como quedaron as táboas clasificatorias despois dos terribles empuxes corpo a corpo, a aparición dos AXENTES LIBRES na clasificación de franquicias capitaneados por Edel mentras non se incorporan a un equipo ou deciden eles formar un como tal, e as eliminacións por billardas irregulares que fan que todos os palanadores e palanadores dista espectacular SUPERLIGA de billarda-LNB extremen as precaucións en todas e cada unha das fases do xogo para non sairse nen un ápice do regulamento marcado a principios de tempada polo estamento federativo da Liga Nacional de Billarda. O cambio climático tamén afectou á clasificación de varados cunha preocupante sequia dos mesmos, os especialistas preparan xa a danza da chuvia para o agardado xa 6º asalto!!

segunda-feira, novembro 13, 2006

OLLA O XA FAMOSO: MERDA, MERDA!! DE ZIDANE EN SAN XUSTO!! [preme]


O poderoso efecto Remourelle deixouse sentir na abarrotada pista de San Xusto , dende case un km antes de chegar á pista do camiño real xa se divisaban unha espectacular rea de coches aparcados que presumían un cheo total no multiusos da parroquia Barreirense. E así foi , de seguro que nengún estadio de futbol da primeira , segunda ou rexinal preferente respiranban o intenso ambiente de festa e emoción deste torneo da LNB que pese a ser un clasificario de SERIE-A e SERIE-B congregou a mási de 200 siadeiros para seguir as evolucións dos galácticos da Billarda-LNB e da disciplina en exhibición como son os Bolos sen desquite na que Canceleiro o tirador de Cabarcos venceu ó lanzador local Tomás. Inmersos xa no 5º desqueite da SUPERLIGA, os palandores de cabeza nótaselles o cansanzo e a presión , cando todas os ollos e as cámaras desprazadas de TELE-VARAL e da Galega apuntaban para un mesmo punto, Ismael, O Zidane da Billarda derreteuse de xeito inexplicable, TELE-VARAL agora e a Galega un día diste semana no programa A Revista van transmitir o xa famoso , Merda, Merda de desesperación dista grande estrela da billarda. Pero non foi o único que patinou en San Xusto, Os bíteres Ana e José Manuel tamén se torceron na súa franca progresión quedando inmersos no bombo para SERIE-B deixaron sitio a dous palanadores coma Edelmeiro, o axenté libre, cada vez máis cerca de vestir a camisola de raias do Sporting-Petapouco e Toño, o palanador dos Cornería-Team que desfrutou coma un neno subido na randeeira. Atentos ás táboas clasificatorias porque vai haber leves pero moi intensos movimentos nos que pese a que Ismael manten o liderato , Ana da EkipA nunha espectacular prograsión ocupa a terceira praza con moitas opcións a convertirse no 6º asalto na primeira muller lider da competición que racha moldes.

quinta-feira, novembro 09, 2006

A 5º ENGANCHADA EN SAN XUSTO!!


A 5º gran enganchada da SUPERLIGA a celebrar en San Xusto iste domingo 12 a partires das 15:30 vai ter coma protagonista ó Zidane da billarda, poderá iste galáctico soportar os empuxes de todas as feras que leva detrás nunha cabeza da clasificación que cada vez é máis cara e perigosa, ademáis a volta á súa terra de paladores coma David do Spoting Petapouco e Urbano da EkipA SaFaRi son un plus de motivación para uns xogadores que están en plena progresión. San Xusto pode ser o escenario axeitado para que moitos dos xovenes palanadores que están en competición coma Victor dos Tronos ou Paulo da EkipA den un golpe de timón na clasificación de varados ou para que Bixi ou Foro reivindiquen a súa xuventude asaltando a liderato e na clasificación feminina, unha das grandes sorpresas da tempada , Démelsa do Cornería Team , pode tamén achegarse ás puntas de lanza da súa clasificación. Sexa como sexa , San Xusto vai situar ós palandores e palandoras en Serie-A e SERIE-B e de seguro que o San Pastor, patrón xunto co San Xusto dista parroquia luguesa , está xa petando nas portas do ceo para poder guiar o gran rabaño de palanadores , tiradores de bolos e afeccionados que iste domingo van invadir o multiusos da pista vella , únete á gran competición das ovellas negras!!

segunda-feira, novembro 06, 2006

BILLARDA E BOLOS NO 5º ASALTO!!



San Xusto, a parroquia do concello lugués de Barreiros vai acoller o agardadísismo 5º asalto dista espectacular SUPERLIGA de bilarda-LNB e por primeira vez na historia e de xeito paralelo nunha pista anexa vai desputarse un torneo de Bolos sen desquite, nunha experiencia piloto xa que a A.C.D O Varal , que é quen coordina todos os movimentose da LNB , está a estudiar as posibilidades futuras dunha LNBol. Nen o San Pastor , patrón xunto co San Xusto dista parroquia luguesa , vai poder atender do cada vez maior rabaño de palanadores , tiradores de bolos e afeccionados que move a LNB, únete á competición das perigosas ovellas negras!!

sexta-feira, novembro 03, 2006

TELE-VARAL NA TABERNA DE LOLA!!


Pero a festa de celebración pola resurrección do Zidane da billarda transladouse do magosto a pé de pista á inigualable Taberna de Lola donde en irmandade , cazadores , tiradores de bolos ó canteiro e palanadores afinaron punteiría para demostrar que outros deportes son posibles, como non podía ser menos TELE-VARAL estivo alí!!

quinta-feira, novembro 02, 2006

BILLARDAS E ENSAIMADAS [preme]


Como xa é habitual , a SUPERLIGA , ademáis de ter xa un ruidoso número de seguidores que se desprazan a cada Torneo para animar ós seus palanadores e palanadoras favoritos , estase a producir unha cada vez maior afliencia de siadieiros chegados de cada vez latitudes máis lonxanas. Ate Remourelle, no concello de Ridadeo achegouse Roberto, galego afincado en mallorca que estivo moi atento captando cada movimento da billarda no ar para tentar introducir o noso deporte nas Illes Balears donde el reside. TELE-VARAL achegouse a iste galego-mallorquín e nunha intensa entrevista a pé de pista, Juan Pico exprímelle as verbas a iste siareiro galego-balear que cando menos xa prometeu traer unhas ensaimadas na a súa próxima visita ás pistas de xogo da LNB e así endulzar o amargo trago da derrota a aqueles paladores que a sufran.