O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 31, 2012

ISTA FIND. COLLE O PALÁN E REVÍRATE...PORQUE NON ESTÁ O FORNO PARA BOLOS!!


































Polo xeral as radios marcan a banda sonora de cada unha de tódalas panadeirías do páis , naturalmente na Pallares de Sarria tamén e por desgraza xa non poderán sintonizar máis con referencial Carne Cruda , o programa que se emitía nas tardes de Radio3 que o novo director ven de elimar da grella ó igual que acontece co seu homólogo galego Radio Oceánica tamén  decapitado polo seu activismo e compromiso sonoro da grella da RMG . É por elo que iste domingo en Sarria e no resto dos Abertos que ista find invaden a xeografía do noso boi da chega servirán para entre outras cousas atizar con máis madeira ó lume enteriro que con mais forza cada vez arde en cada un dos palanadores e palanadoras da LNB . Lume que prende intenso nos forno da Panadería Pallares para eleborar os espectaculares trofeos de Pan auténticamente galego que servirán para alimentar a gloria dos vencedores e cada un dos participantes no I Aberto do Pan que se desputará iste domingo apartires das 16:30 h. na vila de Sarria xa que todos os xogadores e xogadoras inscritos niste gran aberto que abre fenda billardeiro no sur lugués e consolida a acción do xa mitico Aberto do Castanhazo de Chantada , terán coma recompensa exclusivos e exquisitos petiscos de pan e derivados da fariña. A cita iste domingo ás 16:30 h. coordinado polos irmáns da A.C SARRIACANTA as billardas da LNB bruarán na Rúa Castelao de Sarria ó carón do Polideportivo. Info e Inscripción>> 649.325103

SÁBADO >> ABERTO DO FESTIVAL DAS MINAS NA PONTENOVA!!

















E continuando nos terriotorios da Conferencia Mae a tribo da Norleste iste sábado xusto despois do xantar e xunto cun chupiño de augardente ou Licor Café as 15 h. na Praza dos Forno da Pontenova  poderás coller o palán e desenferruxar o ferro da túa billarda no explosivo Aberto de Billarda no marco do VI Festival da Minas , unha ocasion bárbara para acudir á vila na busqueda do ferro co que armarte cara á ofensiva brutal que a LNB preapara niste arrinque de tampada. Dende logo ó igual que o troco de grellas en radio3 o cartaz dista edición do festival tamén sufríu notorias modificación á baixa na temperatura dos fornos respeitos de pasadas edicións. Info e Inscripción>> 699.362061

















E trocando de Hemisferio pasamos ó fronte Sul arrincando a acción en Pontevedra que se atopan mergulladas nas fachos da Feira Franca , festas que Mediavalizan as rúas e a vida da cidade e que iste ano ten por un casual ás billardas da LNB en escea mediante a surrealista acción da compañía teatral Kullsad   de Valladolid  que realizou unha video-montaxe sobre os deportes tradicionais galegos por encargo de Concello de Pontevedra. O estreo da peza será iste venres e alí estarán membros da LNB que participaron na montaxe . A volta ciclista a españa pecha a saída na próxima edición dende as Rías Baixas , o concello taurino de Pontevedra encarga un traballo sobre deportes galegos a unha compañía vallisoletana.... somos gilipollas ou qué carallo pasa para non  botar a paus a alcaldes e presidentes diste puto país?

SÁBADO >> ABERTO DO FESTIVAL DA POESÍA EN SALVATERRA!!

















Xustiza poético-billardeira é que necesitamos agora màis ca nunca e isa é a máxima que vai dirixir as pinchas que iste sábado invadan de novo o Festival da Poesía do Condado en Salvaterra do Miño, a serpe multico da Conferencia Sur amosa os dentes unha vez máis coa celebración diste referencial e explosivo Aberto que marca o carreiro cara a unha nova tempada de xeo e lume na sempre efervescente Conf. Sur. Info e Inscripción >> 647.190789

SÁBADO >> ABERTO PUNTUÁBEL PARA CONF. RÍAS-BAIXAS NO GROVE!!


















E será no Grove , iste sábado ás 16:30 h. en plena operación saída cando as billardas da recén reformada Conferencia Salnés coma Conferencia RíasBaixas arrinque a súa andaina. Durante toda a semana un coche con megafonía fo anunciando o " Campionato Mundial de Billarda " apoiado por un "consorcio de empresas da zona" , xa sabedes pois cando vaiades asaltar supermercados ou establecementos asaltyade todos aqueles que non apoiaron á LNB. A cita iste sábado ás 16:30 h. na Praza Maior do Corgo do Grove. Info e Inscripción>> 607.338953...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

quinta-feira, agosto 30, 2012

A FAISCA-TEATRO APRESENTA "CASCUDAS" NO FUSCALHO ABRINDO FENDA NA GUARDA PARA A FUTURA IRRUPCIÓN BILLARDEIRA!!
















E coma contrapunto da limacha-roja que lixa istes días chan galego a auténtica e perigosa serpe multicor da LNB transmútase iste venres ás 21:30 h. en Cascuda para invadir o Centro Social O Fuscalho da Guarda donde os palanadores-actores e actrices da FaiscaTeatro apresentarán a súa explosiva montaxe teatral que está revolucionar o obsoleto universo das artes escénicas independentes galegas. O Fuscalho está vacinando a Guarda e toda área de influencia co seu brutal abano de actividades que van dende os talleres para a construcción de Xabon Tradiciinal , palestras, foliadas, ciclos de cinema independente, concertos , teatro ... e ben seguro que moi pronto avalado e empurrado pola FaiscaTeatro unha futura acción billardeira en forma de Aberto coordianada polo Fuscalho..  

LUGO ANTICAPITALISTA E BILLARDEIRO... FRONTE Ó MERCADONA EN SOLIDARIDADE CO SAT!!


E no fronte de acción internacionalista común no que a LNB está instaurada xunto cos irmáns do SAT que xa situaron á Liga Nacional de Billarda entre os colectivos sociais que apoian as súas espectaculares intervencion nos centros de distribucion de alimentos  mais cando na acción de solidaridade realizada pola Assembleia Anticapitalista de Lugo no mercadona estiveron participando palanadores e palanadoras da LNB da cidade das murallas...Pagarano coa Salú, carros de leite , billardas , touciño e pan contra a dictadura do capital!! 

SÁBADO 1 DE SETEMBRO , BILLARDAS CONTRA O IVE>> ABERTO DAS MINAS NA PONTENOVA E DA POESÍA ANTI-CAPITALISTA EN SALVATERRA!!
















Coincidindo coa entrada en vixencia da nova medida xenófo-económica do governo español da subida da taxa de IVE en tódos productos,  a LNB colle os paláns para tentar animar unha vez máis dende as pistas de xogo ó tan necesario asalto revolucionario dos centros de xestrion económica e política que asoballan e esnaquizan ó pobo, toda a forza revolucionaria da gran serpe multicor sairá  relocer niste novo finde a fume de carozo xa que as billarda atravesarán de norte a sul en xornada de mañá e tarde zunto á irrupción do que será a priemeira xornada puntuábel para a competición regular na recén estreada Conf. RíasBaixas. O mítico festival da Poesía do Condado arramplará contra a dictadura do capital a golpe de versos , paláns e sons de festa e loita cun espectacular plantel de grupos entre os que se atopan os sempre billardeiros Cuchufellos de Manzaneda, cunha nómina de poetas entre os que se atopan so referenciais Daniel Salgado ou Claudio Rodríguez Fer que acompañarán ó bruar das pinchas da Conf. Sur qie apartires das 11 h. diste sábado buscarán o Varal coa mesma forza que os palanadores e palanadoras buscarán a barra da cantina na procura dunha cervexa Menduiña ou un vermut con gotas de xenebra galega.Info e Contacto>> 647.190789

ABERTO DO FESTIVAL DAS MINAS NA PONTENOVA!!

















E no serán do sábado será a tribo da NorLeste quen colla o relevo no marco dunha nova edición do Festival das Minas da Pontenvona donde o ferro e as billardas se misturarán ás 15 h. na Praza dos Fornos  no gran forno sentimental para berrar alto e claro coa forza dun porcoteixo bravo iso que tamén cantaba Manu Chau, o que a ferro mata , a ferro remata...info e Contacto>> 699.362061 

terça-feira, agosto 28, 2012

21-O >> SARRIA PREPARA O FORNO PORQUE NA LNB SI QUE VAI HABER PAN PARA TANTO CHOURIZO!!















A máquina de chourizos xa está preparada para o 21 de Outubro encher de novo o parlamentiño de rebentóns e chanfainas , o anuncio de que as eleccions nacionais coincidirán coas de EuskalHerria obrigan a axilizar a obtencion de tripas paras que poidas acudir ó colexio electorial o 21 de outubro darlle con teu voto unha volta á gran máquina de chourizos diste falso sistema democrático e administrativo que estrangula a noso xeito indíxena de relación tribal base da autentica sociedade ceibe e autartico-billardeira á que todo palanador e palanadora aspira. É por elo que a LNB iste vindeiro domingo 2 de setembro vai berrar ben alto e claro que...AQUÍ SI QUE HAI PAN PARA TANTO CHOURIZO!!!

SARRIA DOMINGO 2 DE SETEMBRO>> I ABERTO DO PAN GALEGO!!

















Un berro seco e cargado de razón e da mellor fariña de millo e centeo que emerxerá por primeira vez na história da vila de Sarria, un novo epicentro billardeiro que emerxe no Sur de Lugo coa celebración do I Aberto do Pan Galego , toda unha declaración de intencións sobre a necesidade da autoxestion alimentar e consumo de productos nacionais en contraposición ó consumo que propoñen as grandes áreas comerciais apoiadas polos chourizos do arco parlamantar galego...Sarria, Touradas Nunca Máis, Pan Galego e Billarda Sempre!! Info e Inscripción >> 649.325103

sexta-feira, agosto 24, 2012

SÁBADO NO FESTIPOTE "ABERTO DO VIÑO E CHOURIZOS DO PAÍS" E O DOMINGO EN DENA CANFURNADA CHURRASCO#BILLARDA!!



















Cos activistas Extremeños asaltando un supermercado en Mérida a LNB colle o rego da urxente nacionalización dos alimentos e bebidas básicas para apoiar ós irmáns do SAT e coma previo brutal da acción billardeira que a LNB xunto co SAT preparan en Al Andalus ista find. o carriño da compra arinca o seu ruxir nos territorios da Bezouqueria donde depois de varias tiras e afrouxas o poderoso Esquíu Bezouqueiro logrou facer que os irmáns responsabeis do referencial FESTIPOTE de Maniños en Fene entrarn en razón para realizar un explosivo Aberto do Viño e Chourizos do Pais co que quentar bonecas e gorxas de cara ó inico do concerto . O Aberto coordiando pola poderosa tribo Bezouqueira capitaneado polo subcomandante Serxio arrincará ás 20 h. na espectacular Campo do Pote , e achégate con fame e sede porque o campión ou campioa levará unha espectacular botella de viño do páis e os tres primeiros clasifiacados cadansúa parella de chourizos do país ó viño..... asi , así , así se fai PAÍS!!!  Contacto>> 650.731353



















E tan só unhas horas depois no marco da explosica II Feira do Churrasco ás 11 h da mañán do domingo 26 de Agosto nos Pasales de Dena ,  moi preto da praia donde insultaron a Rajoy e a toda a súa familia, poderás desputan o derradeiro Aberto de preparación antes do arrinque o 1 de Setembro da aínda vixe Conferencia RíasBaixas. No paises da asia central soen almorzar co caldo de osos que sobraron da cea anterior , moito nos tememnos que nen os ósos van quedar en Dena no xantar de irmandade posterior ó Aberto mostra inequívoca da fame de títulos de cada un dos palanadores e palanadores do poderosohemisferio sul galego...Txumitxuurri , churrasco e billarda!! Contacto>> 659.553543

quinta-feira, agosto 23, 2012

O LIRIU INVADE A ESCENA TEATRAL ASTURIANA MENTRAS PREPARA O ASALTO DE MACHORRAS E PALÁNS Ó LIET INTERNACIONAL DE XIXÓN!!





















Fai pouco tewmpo puidimeos viver en Vigo e na Gentalha do Pichel de Compostela os explosivos estreos de Cascudas , a obra pepetrada do Faisca Teatro plagada de palanadores que dende logo non deixou indiferente a nengún dos afortunados espectadores , atención porque preparan novas intervención mais non ten prematuras coma o estreo no Teatro Jovellanos de Xixón da nova montaxe da Compañia Asturiana de Comedias donde está integrado o gran Machetador de Espora Sergio.Tres días no Jovellanos apartires diste  Venres 24 para despachar catro funcións da súa nova montaxe titulada " Los Amores de Ximena" Poucas comapañía sacando a Faisca Teatro teñen un público tan fiel e combativo capaz de asumir semellante desplegue. Sencillo e sen complicacións mais impactante a eito,  así é a nova obra dista referencial compañía de teatro anti-costumbrista asturiano que manten en nómina a un dos palanadores que xunto con Hevia o Comandante do Liriu e a Subcomandante Pepa la Heavy tentarán artellar moi preto do Jovellanos o vindeiro 1 de decembro un novo chanzo histórico no engranaxe cantábrico do Liriu-Billarda...

LIET INTERNATIONAL ASTURIES_2012


Será no marco da nova edición do referencial festivla Liet International de Linguas minorizadas que ista edición 2012 se realiza en Asturies e donde por desgraza novamente no haberá representación galega. O salón de actos da Llaboral de Xixón agarda poilos finalistas dista edición que xa están elexidos e cuxo representantes do euskaro serán os rapaciños de ENKORE co seu tema Dantzan , dantzan . Preparádevos pois , porque a brisa cantábrica empurra as nosas billardas de novo cara ó Liet Internacional!!

quarta-feira, agosto 22, 2012

OS PERIGOSOS KOMANDOS-ABERTINHOS DA LNB OLLAN CARA O FESTIPOTE DE MANIÑOS E O IRONSA FESTIVAL DE CAMBADOS!!























Medo , pánico , terror ó planeta Billarda... ista find alvíscanse dous festivais donde van ser precisa a irrupción dos comandos itinerantes da LNB para realizar un dos explosivos Abertinhos Express xa que en ambos por diferentes circusntancias frearon ó embravecido boi da chega billardeiro que ía directamente botarse á pota fervendo. Por unha banda a tribo da Bezouqueira dirixida polo sub-comandante Serxio tiña todo preparado para realizar un gran Aberto no iste sábado no marco do Festipote en Maniños ( Fene ) mais primeiro a irrupción dos Coches de Coche okupando o espazo que estaba disposto para a LNB e despois o medo e incomprensíbel pánico da organización para realizar a acción billardeira diante do esceario por medio a mancar alguén obríganos ó chamamento á acción directa e tentar incluso abordar o esceario cos palán e billardas para facer un disparo ó público durante calquera das actuacións dos grupaos irmáns de Estimaba que Viñeras , Os tres Trebóns ou O Sonoro Maxín. Mais a tribo Bezouqueira non se dá por vencida e vai utilizar as plataforma do Festipota para cazar o gato que se vai cociñar para a brutal empanada billardeira no vindeiro Aberto do Festival Grelo Folc no mes de outubro en Monfero.


















Mais non é nen moito menos a únicia e incomprensíbel decision por parte da organización dun festi de deixar orfos billardeir@s ós seus festivaleiros, xa que o que si ten delito é o que subxace do programa expresado no Ironsa Festival en Cambados donde aparecen unha sucesion de actividades ligadas ó desporto tradicional quedando fóra a práctica da Billarda. é necesario pois mais ca nunca recuncar nas esencias da #filosofíaLNB para decataros ó instante que os de Ironsa están no certo ...a Billarda é moitísimo máis un xogo e un desporto, é unha loita continua contra a máis elemental cordura que alimeta iste inxusto e desgraciado sistema capitalista...por favor palancinho de Muriego , dinos que temos que facer para non volvernos loucos, pola noite non durmimos e polo día tampouco!!


terça-feira, agosto 21, 2012

A PRAZA DE DONOSTI POSÍBEL PRIMEIRO TXIRIKILÓDROMO DE EUSKALHERRIA!!



















O vindeiro 21 de outubro os irmans da tribo Txirikila poderán por fin a un xugo secular , sen violencia e sen sangue polo medio simplenmente introducindo unha papeleta nunha hurna coa mesma facilidade que ti metes a billarda no Varal. Mais haberá que agardar aínda ate o 2013 para que a sangue e a violencia non teña lugar na cidade , foi por isa decisión do governo municipal txuri-urdin polo que o matador Antonio Barrera toureou o primeiro toro da terceira corrida das festas da semana grande de Donostia utilizando unha ikurriña coma capota. A imaxe sen dúbida é das que deixan pegada , sexa como for coa ikurriña Antonio Barrera isa tarde cortou unha orella , a mesma que se debería cortar a todos os dirixentes que na Galiza permitan iste xenicidio animal nas súa vilas e cidades, é por elo que a LNB xa ten os ollos , os paláns , as ikurriñas e estreleiras postos e dispostos en Sarria e Pontevedra para sucesivos abertos nistas vilas incomprensibelemente azoutadas por ise virus que portan os homes dos traxes de luces..pola urxente conversion das prazas en billardódromos e txirikilódromos xa!!

domingo, agosto 19, 2012

FALA , LOITA E FESTA LABREGA!!

















Find de emocións fortes e intensas...cando o Conjunto Folkgazais chegaron a Cancio prestos e dispostos para realizar o seu asalto ó esceario puideron comprobar a terrorífica mostras do campo de batalla billardeiro. A explosiva coordincaión dos irmáns de Madia-Leva deixou semente de victoria para sucesivas e brutais accións en Negueira de Muñiz. Paralelamente ó apoio á Fala na terras do Salnés realizábase a segunda edición do Aberto da festa labrega no enclave montañoso de Bordóns . Pistas deportivas desertas en paraxes ocultos que a LNB utiliza para chamar a atención sobre a súa existancia e chamar a atención sobre a construccion distes mamotretos inútiles só válidos para encher os petos dos miserábeis e corruptos políticos de turno. No web-blog da conferencia salnés reconstituioda en Rías Baixas tes os resultados diste aberto entre as penas dunha posíbel ex-canteira nas alturas do concello de SanXenxo mais donde de seguro están estourando barrenos é na pretempada na chaira luguesa que aínda manteñen out o seu explosivo voceiro oficial polo que moi atentos á irrupción volcánica dos Tropa-Lixeira...Fala Sempre, adiante co Varal!!   

sábado, agosto 18, 2012

A REVOLTA BILLARDEIRA INVADE O PAÍS....CONSÍGUEO XA NO KIOSKE!!
















HOXE SÁBADO ASALTA O TEU KIOSKE SE QUERES PALPAR O ESPECTACULAR ARTIGO NO "PAÏS" DO IRMÁN RAÚL RÍOS SOBRE A IMPARÁBEL REVOLUCIÓN  LNB...A REVOLTA DAS BILLARDAS , ACTIVISMO DENTRO E FÓRA DAS PISTAS DA XENTE ALEGRE COMBATIVA QUE CRE NUN PAÍS CHAMADO GALIZA!!

sexta-feira, agosto 17, 2012

FALA , FESTA E BILLARDA A EITO ISTE SÁBADO NO I ABERTO-CROSS DE NEGUEIRA DE MUÑIZ!!



































Iste sábado 18 de Agosto será de novo un día histórico para a sepre multicor da LNb xa que teremos a inmensa honra de abrir a espectacular xeira de actos que os irmáns da Comuna de Negueira de Muñiz organizan para a defensa e promoición da FALA , ise mexunxe lingüistico galego-asturiano que co que se comunican as xentes , o gado e as prantas disas poderosas terras. A partires das 12 h. do mediodía tes unha cita inexusábel para facer cóxegas no estómago no I Aberto de Billarda Cross nos vieiros de Cancio .














Os irmáns da equipa da NorLeste Madia-Leva serán os encargados de coordianar iste gran Torneo Abertamente Hippy para o que nos gostaría que o saque de honra o realizase a productora das popularmente coñecidas coma as Galletas da Risa , denuncada xudicialemente por uns miserábeis no festival de Pardiñas. Galletas da Risa nos almorzos e parva da LNB sempre!!



















Non te quedes na porta e iste sábado á festa da fala a Negueira , xantar de irmandade e posterior presentación do referencial libro " algunhas maos " de Belén Rico para finalizar a xeira do sábado cun espectacular concerto cos Folkgazais riba do esceario..Contacto LNB>> 627.232479

BILLARDA OU MORTE...ABERTINHO DA QUIMBUMBIA E DESAFÍO INTER-BISBARRAS!!

















Falan os irmáns de "Conexion Cubana " da irrupción na illa do espectacular Jai Alai na illa do desporto nacional  euskadun ...mais iste pasado mércores no MiniBar de Ribadeu un chisco antes da actuación dos Ulträqäns os almamater do grupo  apadriñaron o explosisivo I Abertinho da Quimbumbia contra o bloqueio, utilizando por primeira vez na Galiza a denominación cubana do desporto da billarda aproveitando tamén para facvder apoloxía do amado réxime Castrista e da canción que Ultráqäns realizaron para o imprescindíbel República Billarda.


















Ambiente de auténtico luxo para a iso da media-noite arrincar cun Abertinho que contou auténticas estrelas militantes nas franquicias da LNB...


















coma con novas e firmes promesas tanto do desporto nacional coma do rock-metal galaiko.


















Foi o caso de Queipo , un metal-palanador que entra pola porta grande no universo LNB ó imporse no máis caribenhos e anti-imperailistas de todos cantos Abertinhos se teñen desputado e que o catapulta ás axendas dos axentes das principais franquiais da NorLeste. Atención porque en breve iste palanador estará riba dun esceario ó fronte da referenciais ENXEBRE , intre no que as billardas estarán coma sempre apoiando a brutal irrupción sonora!!



















E despois de tanda intensidade os Ulträqäns peneiraban a  noite riba do esceario , apresentando guitarrista Ribadende os qadelos lanzaron os seus xostregazos de speed-folk a un famento e numeroso público que dende o principios pedía a berros a presencia sobre o palando de Cañita Brava, ogallá moi pronto o crooner do subrealismo coruñes poida vir a ribadeu ou a calquera outra vila do país acompañado dista superbanda rememorando o espectaculo que realizaron no Brincadeira...Revolución Billardeira , dende Meira a Koreia ...do Norte!!

















E á mañá seguinte no hemisferio sul do mapa LNB nova enganchada no desafío entre bisbarras do Morrazo e o Salnés. Un ambientazo dos que deixan pegada e unha victoria , a do Salnés ,  salpicada coma sempre nistes casos de polémica que vai facer regos de tinta e igual tamén que o sangue tamén chegue ó rego.

















O que si está claro é que unha vez rematada a loita , toda os golpexos quedan na pista de xogo e despois comeza a festa...espectacular nova Foliada LNB no InterBisbarras que amosou a Manuel Outeiro com un master-class na pandeireta xunto , a irrupción das cunchas coma sonoridade billardeira empúrranos a pensar na neceisade de levar armas de fogo ás pistas para complementar a ledicia inmensa cuns tiros ó ar...preparade poais as pistolas , fusisi e metralletas para iste sábado no I Aberto da Fala de Negueira de Muniz e o vindeiro 1 de setembro en Sarria no I Aberto do Pán Galego....Billarda , Foliada e chumpo sempre!!

terça-feira, agosto 14, 2012

DE FOLIXA EN FOLIXA ....E DE ENCASTRAU A VARADO E A QUIMBUMBIA!!















E que mellor que que niste tempo de quentura facer unha pausa e botarlle unhas sidras mentras de dispara coa machorra o liriu para tentar facer un "encastrado" , o poderos equivalente astur ó noso Varado...

















E sería xa o máximo se pode ser en Villaviciosa en compaña da referencia tribo dos Sidrones , a  equipa pertencente ó Conceyu Nacional do Liriu que tivo a un dos seus pilares coma sherpa do Liriu no programa da television asturiana que está a batir todos os recor de audiencia. Dani de Sidrones estivo no DE FOLIXA EN FOLIXA adicada a Villavisiosa amosando ó mundo astur a grandeza dise noso deporte irmán chama do Liriu . Aquí tes o estalo , sitúa a túa machorra no minuto 40:30!!



E moi preto de asturies , no MiniBar de Ribadeu foi donde as billardas do explosivo Abertinho das Tripas abriron lume para a incendiaria actuación dos Ex_tensiona Agraria que podes desfrutar niste espectacular video-estalo que amosa ás claras o delirio absoluto no que converten cada unha das súas acción sonoras.


















E a iste mércores no que os combiandos do Salés e do Morrazo dilucirán no partido de volta quen dos dous é o campión do desafío únese a acción lóstrego dun comando itinerante da LNB que outra vez no Minibar van pos as billardas a chimpar en solidaridade co pobo quimbumbio ntes do tamén explosivo concerto acustico dos irmáns Ultráqäns que despois de faormar coma banda de Cañita Brava no Brincadeira chegan a Ridadeu con gañas de seguirse mergullando nise surrealismo bravú que aliementa tamén a gran serpe multico da LNB...Quimbumbia ou Morte!! 

segunda-feira, agosto 13, 2012

A MISTURA DE FOLK , ROCK , COCIÑA ALTER-NATIVA, FALA E BILLARDA...O SEGREDO A BERROS DO EXITAZO DAS FOLIADAS-LNB!!

















O PULSO SE ACELERA A NIVEIS EXTREMOS CANDO NUN ABERTO TAN MÍTICO COMA  O FOUCIÑO DE OURO AS BILLARDAS DEIXAN PASO ÓS INSTRUMENTOS PARA ARMAR UN TERCEIRO TEMPO Ó NIVEL DUN PARTIDO ENTRE SUDÁFRICA vs NOVA ZELANDA DE RUGBY. COCIÑA CASEIRA E MÚSICA TRADICIONAL , O POLTRO INXERIDO NO XANTAR DE IRMANDADE NO RESTAURANTE O CRUCEIRO ESPERTOU DENTRO DE CADA PALANADOR E PALANADORA PARA ARMAR UNHA BRUTAL FOLIADA-LNB COA QUE RESCATAR AS MÁXICAS NOITES DO PINO-FOLK POR DESGRAZA ISTE ANO NON CELEBRADO POLA SEMPRE MALDITA CONGOSTRA DA CRISE.
















O asalto da LNB á autoxestion musical é un feito xa incontestábel con accións tan potentes e poderosas coma a realizada na Foliada Billardeira do Fouciño de Ouro que reuníu a palanadores e palanadoras de todas as Conferencias primeiro loitando na pista e despois compartindo festa e canfurnada a eito ... Carne de Cabalo , Billarda e Foliada Sempre!!


















Unha foliada que arrincaba unhas tensas horas antes no micro-cosmo billardeiro do MiniBar de Ribadeu donde o grupo de Rock Galego-Arxina Ex_Tension Agraria apoados polo seu colectivo de apoio social que son @s anti-fans aproveitaban a interpretación do mega-hit alter-Nativo " Pagaralo coa Salú" para apoiar a acción de asalto ós Supermercados realizad polos irmans de SAT en Al-Andalus.


















Ex_Tension Agraria >> Cantemos , bailemos e asaltemos bancos e supermercados coma Galegos!!  Se queres pasar un belada tranquila e agradábel , compartindo risos e confidencias cos amigos , dende logo no te achegues a un concerto de Ex_Tension Agraria . Mergullándote no pequeno crónco no web-blog do MiniBar da actuación xa te podes facer unha pequena idea do que supón a experiencia supresensorial de compartir espazo con ista banda que pon as tripas , os paláns e as gadañas coma señas de identidade dunha música e dunha actitude que non deixa nen impasíbel nen indiferente a naide.




















E coa sala Ribadense perfectamente estercada por Ex_Tension Agraria os irmáns de Ulträqäns preparan as galletas para iste mércores 15 a iso das 23:30 h. asaltar o Minibar cunha explosiva acción acustica que de seguro tamén facerá estragos entre os milleiros ultraqäns e qädelas famentas que teñen na Mariña Luguesa... Vacas á Rúa , a Loita continúa!!


















E co horizonde posto xa na find , como xa sabedes , chega a tan desexada irrupción billardeira nas terras de Negueira de Muniz, será iste próximo sábado ás 12 h en Cancio, toda unha expericia hippy a que se propón con iste I Aberto Cross de Billarda no contexto da festa de apoio á FALA , a lingua utilizada nisas terras da non fronteira que terá coma banda sonora ós irmáns de Folkazais , o grupo do eo-navia que ultima o seu novo e espectacular novo disco titulado " Aiga " con cantante-palanadora ribadense. ... Fala , baila e xoga á billarda!!

domingo, agosto 12, 2012

DE TRIPAS CORAZÓN....A CAMISA DE FORZA DA LNB!!

















Impresionante imaxe de Adrian , o baixista de Ex_Tension Agraria e xogador do Muralla Clube de rugby , participando no incendiario Abertinho das Tripas no Minibar de Ribadeu . Ducias de palanadores e palanadoras tentaron un pouco antes do concerto introducir a billarda no Varal construido coas muletas do manager da gran banda de Bretonha.

















E como xa é norma nos concertos de Ex_Tension , no medio do concerto o campión do Abertinho subíu ó esceario recoller o explosivo premio , unha entrega que pasará á história e sobre a cal xa se está a preparar un especial estalo pola brutalidada da mesma xa que ademáis do calor do público Richard, o campión do Abertinho sentíu tamén e intenso fedor das tripas cando o cantante de Ex_Tension lle puxo sobre o pescozo a xeito de colar o exquisito premio. Incluso o concerto tivo que se paralizado uns instantes xa que Rodrigo, o gran cantante da Banda tivo que conter os vómitos e trocar de camiseta para poder seguir coa espectacular intervencion sonora nunha sala que iste mércores 15 acollerá no seu seo á tribo quimbumbia de Ultraqäns.


















E tan só unhas horas depois e un bo feixe de km de distancia do MiniBar , na Pista do Cruceiro do Pino celebrábase unha nova edición do xa mítico Fouciño de Ouro. Exitazo e firme aposta da tribo estornela por seguir adiante pese á non celebración do PinoFolk que historicamente servía de parapeto ó bruar das billarda.

















Unha billarda que busca nos fouciños , martelos e gadañas os seus perfectos compañeiro de viaxe. Xan Rodiño fíxose co galardon de ouro e abandoou a pista de xogo coma o ciclista fouciñeiro e con case todos os boletos para facerse coa chaqueta de lá do circuitro de verán , e para o circuito de Abertinhos ...camisa de forza da LNB!! 

sexta-feira, agosto 10, 2012

TRIPAS , GADAÑAS E FOUCIÑOS EN SOLIDARIDADE COA ACCIÓN ANTI-CAPITALISTA DOS IRMÁNS DO SAT DA ANDALUCÍA CEIBE!!

















Cando os irmáns do SAT asaltaron os supermerdados en Al-Andalus esquenceron un dos productos de primeira necesidade tanto para o activista do sul da península coma do norte, falamos naturalente da Carne de Cabalo , un manxar que historicamente se lle proporcionaba ás crainças para medrar sans e fortes que agora volta a coller protagonismo nistes tempos escaseza alimentar, é por que a LNB dá un novo paso ó fronte metendo nos carriños da compra sustraidos á mafia do Mercadona unhas exquisitas pezas de carne de Poltro Galego que se poderán saborear no xantar de Irmandade iste sábado na desputa dunha nova edición do mítico Aberto do Fouciño de Ouro coordinados pola referencial franquicia dos Furabolos, concurso de Tripas e Varados en sesión de mañá para pola tarde dalo todo na pista do Cruceiro en Lardeiros ( Concello do Pino ) ...a quen carallo lle importa unha puta medalla olímpica podendo acadar o fouciño de Ouro?? 

VENRES -23 H>> DE TRIPAS CORAZÓN...NO ABERTINHO ANTI-FANS DE EX_TENSION AGRARIA NO MINIBAR DE RIBADEU!!
















E tan só unha horas antes a iso das 23 h. do venres unha nova brutal experiencia vai ter lugar e un par de centros de Km da pista do Cruceiro conde os fouciños se van trocar en afiadas e desafiantes Gadañas que servirán de parapeto perfecto para a desputa dun novo Abertinho de Bilharda previo á actuación dos sempre incendiarios e imprevisíbeis Ex-Tension Agraria no MiniBar de Ribadeu. Unha sala que vai vibrar de facer de tripas corazón xa que diante da mesma barra exterior da mítica sala se desputará a exclusiva bandexa de Tripas Salgadas e o Mini de Pacharán co que inicar unha noite que de seguro será das que quedan marcadas no subconsciente colectivo...morrer xa seu que morro , pero polo menos gardade as tripas para os callos!!

quinta-feira, agosto 09, 2012

O AUTÉNTICO OITAVO PASAXEIRO É O QUE ALMORZA CON GALLETAS DA RISA DE NEGUEIRA DE MUÑIZ!!


















Case en cueiros chegaba dende O Salnés fai uns anos un xovencísimo palanador  ás pistas da LNB , con puño firme golpexando co palán sobre a madeira foi artellando unha das personalidades máis fortes e referencias de todo o universo Billardeiro , istes días , Cristian Puente ven de abrir un espectacular espazo web no que afonda nos asuntos da máis raiboda e delirante actualidade,  Cristian pousa a súa billarda ó caron do seu computador para xunguir o boi da chega co que estercar de carraxe e retranca billardeira  unha florecente leira dixital chamada MEMORIAS DUN NENO NACIONALISTA. Obana , Rajoy e Resistencia Galega son só algúns dos pasaxeiros dista nave de criación contracultural que ven a unirse á amalagama de accións artísticas paralelas ó bruar das cachizas.














Unha serpe multicor da LNB que nencesita alimento fresco e consistente para continuar o seu sen fin reptar , polo que non podemos quedarnos de brazos cruzados ante a imputación por parte da Garda Civil dunha productora de Galletas da Risa de Negueira de Muniz durante do festival de Pardiñas donde distribuía iste extraordinario manxar . É por elo que para o vindeiro sábado 18 no Aberto Cross de Negueira de Muñiz a Prol da FALA haberá petición de indulto e legalización diste marabilloso doce...Galletas da Risa sempre, adiante co Varal!!

quarta-feira, agosto 08, 2012

LIPDUB TERRA VIGO...ESCOITAR , APRENDER E COMPARTIR!!



SOBRAN AS VERBAS CANDO O SANGUE FERVE POLAS VEAS....AS RÚAS DA CIDADE VELLA DE VIGO ARRECENDEN A MAR , TERRA E LUME . A  XUVENTUDE ALEGRE E COMBATIVA LANZA O SEU BERRO QUE ESTOURA EN CADA RECUNCHO DO PAIS E DO UNIVERSO ENTEIRO AMOSANDO Á TRIBO LNB DA PODEROSA CONFERENCIA SUL COMA UN DOS REFERENTES INDISCUTÍBEIS DA VIAXE DE NON RETORNO CARA Á INDEPENDENCIA TOTAL...PALÁNS ERGUEITOS FACENDO O PASEIÑO DE HONRA A UNHA SERPE VIGUESA QUE AMOSA OS DENTES DA TERRA NISTE SEU E NOSO HISTÓRICO LIPDUB...BILLARDA SEMPRE , CAMIÑAR E FACER CAMIÑO!!

terça-feira, agosto 07, 2012

MEDALLA DE PRATA, FOUCIÑO DE OURO E ABERTINHO DAS TRIPAS E O PATXARAN!!














As rúas de Londres e o mundo enteiro víu como o referencial tri-atleta galego X.Gomez Noya se colaba entre os irmáns Brownlee para facerse coa tan desexada e merecida medalla de prata, primeira nistes xogos olimpicos para a Galiza. Unha fazaña de magnitude histórica para a cal nen a radio nen a television galega fixeron conexions ou seguimento en directo , un insulto en toda a regla a todo o deporte galego , dende logo nen ise deporte nen os triatletas galegos merecen ise desplante que obrigarou a  seguir a proba pola cobertura por outros canles , un deles o da radio estranxeira , toda unha lección no xeito de narrar que amosa ás claras que se queremos que un deporte sexa triatlón , billarda ou calquer outro acade unha auténtica dimensión social...ademáis do xenios nas pistas necesítanse de canles e medios capaces de transcribir as emocións e sensacións a flor de pel a un público famento, é por elo que agoa màis ca nunca... RADIO CABALINHO TRANSMITINDO DENDE AS PISTAS DA LNB SEMPRE!!







A fame e a sede infinda incendian coma o do triatleta galego cada un dos noso golpexos niste abafante verán que nos golpexa coa súa calícula unha vez máis , é por elo que cara ista fin de se manana os boas prediccions meterolóxicas van axudar a que as accións billardeiras teñan un brutal sucesso , no horizonte pois  e con letras de ouro agarda xa unha nova edición do FOUCIÑO DE OURO que pode  marcar época xa que ademáis será a primeira vez que iste xa mitico Aberto da Conferencia Centro se desputa sen o acompañamento do PinoFolk polo que animamos a todos os palanadores e palanadoras que ó carón dos seus paláns no seu makuto metan pandeiretas, gaitas e tambores para que o espírito orixinario do Aberto siga saindo polo poros de cada unha das estornelas. A cita á que se prevé numerosa afluencia dos hemisferios Norte e Sul da LNB será iste sábado na pista do Cruceiro en Lardeiros ( O Pino ) ás 12 h concurso de Varados e Habilidades , ás 14 h. Xantar de Irmandade con degustación de carne de Poltro Galego no Restaurante O Cruceiro e no serán desputa do Aberto do Fouciño de Ouro , toda a info no web-blog oficial da Conferencia Centro 

MINIBAR-RIBADEU>> ABERTINHO DAS TRIPAS E DO PATXARAN!!

















E co contencioso cabrino en vías de solución nas bravas terras de Meira podemos xa afirmar que o Fouciño de Ouro terá un auténtico previo de luxo , falamos do explosivo Abertinho das Tripas e o Patxaran que @s Anti-Fans do Grupo Ex_Tension Agraria van por en marcha iste venres no MiniBar de Ribadeu apartires das 23 h. Relizarase no espazo diante da barra exterior do local para quentar motores antes de que a superbanda galego-arxina suba custodiada polo seus inseparábeis gadanheiros ó esceario da mítica sala Ribadense. Por se non entendedes ben o dialecto no que está escrito o cartaz anuncian que o CONCERTO SERÁ ISTE VENRES E QUE O PREZO POR SAÍR VIVO DA SALA SERÁ DE 3 EUROS... Tripas , Patxaran e Ex_Tension Agraria, achégate porque son galegos coma ti!!

sábado, agosto 04, 2012

O CHUPACABRAS DAS OLIMPIADAS RURAIS PON EN SERIO PERIGO A CONTINUIDADE DE MEIRA E A SÚA FRANQUICIA NA LNB!!














O mito do Chupacabras , moi difundido popularmente en Puerto Rico , México e en moitos outros paises da América do Sul , fala dun ser capaz de paralizar as súas presas e succionarlles os sangue. O estrano suceso acontecido o pasado sábado na desputa do Aberto da Cabra Chairega en Meira donde o vencedor do Torneo se fotografou co animal e posteriormente desapareceu das súas mans fan pensar en estranas maniobras entonro á desacougante presenza do Chupacabras no descorrer dos lamentábeis acontecementos   que despoxaron ó campión do Aberto do tan prezado trofeo para darllo a non se sabe quen e por motivos que tamén se descoñecen ... cando claramente e de xeito inequívoco se estipulara e se comunicara á LNB dende a propia organización das Olimiadas Rurais que a Cabra ía destinada como premio ó campión da disciplina de billarda.


Como xa se informou no intre do suceso a LNB non podía nen pode quedar de brazos cruzados ante iste inaudito insulto ós palanadores e palanadoras polo que ante a inminente aprovación do candelario e sedes oficiais para a próxima tempada da Conf.NorLeste estúdase moi seriamente que sexa Bretonha, donde iste verán xa se desputou o mítico Abertinho do Licor Café , a sede do mítico Aberto do Lacón e incluso ante a gravidade dos feitos estudar se Tropa Lixeira , a equipa de Meira , poderá competir coma franquicia LNB ou se os seus palandores e palandoras terán que buscar marca branca ou acubillo noutras outras equipas. Para o campión do aberto  a LNB berra  sen compexo .... A CABRA , os cornos e o seu pelexo !!