MEDALLA DE PRATA, FOUCIÑO DE OURO E ABERTINHO DAS TRIPAS E O PATXARAN!!
As rúas de Londres e o mundo enteiro víu como o referencial tri-atleta galego X.Gomez Noya se colaba entre os irmáns Brownlee para facerse coa tan desexada e merecida medalla de prata, primeira nistes xogos olimpicos para a Galiza. Unha fazaña de magnitude histórica para a cal nen a radio nen a television galega fixeron conexions ou seguimento en directo , un insulto en toda a regla a todo o deporte galego , dende logo nen ise deporte nen os triatletas galegos merecen ise desplante que obrigarou a seguir a proba pola cobertura por outros canles , un deles o da radio estranxeira , toda unha lección no xeito de narrar que amosa ás claras que se queremos que un deporte sexa triatlón , billarda ou calquer outro acade unha auténtica dimensión social...ademáis do xenios nas pistas necesítanse de canles e medios capaces de transcribir as emocións e sensacións a flor de pel a un público famento, é por elo que agoa màis ca nunca... RADIO CABALINHO TRANSMITINDO DENDE AS PISTAS DA LNB SEMPRE!!
MINIBAR-RIBADEU>> ABERTINHO DAS TRIPAS E DO PATXARAN!!
E co contencioso cabrino en vías de solución nas bravas terras de Meira podemos xa afirmar que o Fouciño de Ouro terá un auténtico previo de luxo , falamos do explosivo Abertinho das Tripas e o Patxaran que @s Anti-Fans do Grupo Ex_Tension Agraria van por en marcha iste venres no MiniBar de Ribadeu apartires das 23 h. Relizarase no espazo diante da barra exterior do local para quentar motores antes de que a superbanda galego-arxina suba custodiada polo seus inseparábeis gadanheiros ó esceario da mítica sala Ribadense. Por se non entendedes ben o dialecto no que está escrito o cartaz anuncian que o CONCERTO SERÁ ISTE VENRES E QUE O PREZO POR SAÍR VIVO DA SALA SERÁ DE 3 EUROS... Tripas , Patxaran e Ex_Tension Agraria, achégate porque son galegos coma ti!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home