O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 09, 2012

O AUTÉNTICO OITAVO PASAXEIRO É O QUE ALMORZA CON GALLETAS DA RISA DE NEGUEIRA DE MUÑIZ!!


















Case en cueiros chegaba dende O Salnés fai uns anos un xovencísimo palanador  ás pistas da LNB , con puño firme golpexando co palán sobre a madeira foi artellando unha das personalidades máis fortes e referencias de todo o universo Billardeiro , istes días , Cristian Puente ven de abrir un espectacular espazo web no que afonda nos asuntos da máis raiboda e delirante actualidade,  Cristian pousa a súa billarda ó caron do seu computador para xunguir o boi da chega co que estercar de carraxe e retranca billardeira  unha florecente leira dixital chamada MEMORIAS DUN NENO NACIONALISTA. Obana , Rajoy e Resistencia Galega son só algúns dos pasaxeiros dista nave de criación contracultural que ven a unirse á amalagama de accións artísticas paralelas ó bruar das cachizas.














Unha serpe multicor da LNB que nencesita alimento fresco e consistente para continuar o seu sen fin reptar , polo que non podemos quedarnos de brazos cruzados ante a imputación por parte da Garda Civil dunha productora de Galletas da Risa de Negueira de Muniz durante do festival de Pardiñas donde distribuía iste extraordinario manxar . É por elo que para o vindeiro sábado 18 no Aberto Cross de Negueira de Muñiz a Prol da FALA haberá petición de indulto e legalización diste marabilloso doce...Galletas da Risa sempre, adiante co Varal!!