O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 17, 2012

FALA , FESTA E BILLARDA A EITO ISTE SÁBADO NO I ABERTO-CROSS DE NEGUEIRA DE MUÑIZ!!



































Iste sábado 18 de Agosto será de novo un día histórico para a sepre multicor da LNb xa que teremos a inmensa honra de abrir a espectacular xeira de actos que os irmáns da Comuna de Negueira de Muñiz organizan para a defensa e promoición da FALA , ise mexunxe lingüistico galego-asturiano que co que se comunican as xentes , o gado e as prantas disas poderosas terras. A partires das 12 h. do mediodía tes unha cita inexusábel para facer cóxegas no estómago no I Aberto de Billarda Cross nos vieiros de Cancio .














Os irmáns da equipa da NorLeste Madia-Leva serán os encargados de coordianar iste gran Torneo Abertamente Hippy para o que nos gostaría que o saque de honra o realizase a productora das popularmente coñecidas coma as Galletas da Risa , denuncada xudicialemente por uns miserábeis no festival de Pardiñas. Galletas da Risa nos almorzos e parva da LNB sempre!!



















Non te quedes na porta e iste sábado á festa da fala a Negueira , xantar de irmandade e posterior presentación do referencial libro " algunhas maos " de Belén Rico para finalizar a xeira do sábado cun espectacular concerto cos Folkgazais riba do esceario..Contacto LNB>> 627.232479