O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 13, 2012

A MISTURA DE FOLK , ROCK , COCIÑA ALTER-NATIVA, FALA E BILLARDA...O SEGREDO A BERROS DO EXITAZO DAS FOLIADAS-LNB!!

















O PULSO SE ACELERA A NIVEIS EXTREMOS CANDO NUN ABERTO TAN MÍTICO COMA  O FOUCIÑO DE OURO AS BILLARDAS DEIXAN PASO ÓS INSTRUMENTOS PARA ARMAR UN TERCEIRO TEMPO Ó NIVEL DUN PARTIDO ENTRE SUDÁFRICA vs NOVA ZELANDA DE RUGBY. COCIÑA CASEIRA E MÚSICA TRADICIONAL , O POLTRO INXERIDO NO XANTAR DE IRMANDADE NO RESTAURANTE O CRUCEIRO ESPERTOU DENTRO DE CADA PALANADOR E PALANADORA PARA ARMAR UNHA BRUTAL FOLIADA-LNB COA QUE RESCATAR AS MÁXICAS NOITES DO PINO-FOLK POR DESGRAZA ISTE ANO NON CELEBRADO POLA SEMPRE MALDITA CONGOSTRA DA CRISE.
















O asalto da LNB á autoxestion musical é un feito xa incontestábel con accións tan potentes e poderosas coma a realizada na Foliada Billardeira do Fouciño de Ouro que reuníu a palanadores e palanadoras de todas as Conferencias primeiro loitando na pista e despois compartindo festa e canfurnada a eito ... Carne de Cabalo , Billarda e Foliada Sempre!!


















Unha foliada que arrincaba unhas tensas horas antes no micro-cosmo billardeiro do MiniBar de Ribadeu donde o grupo de Rock Galego-Arxina Ex_Tension Agraria apoados polo seu colectivo de apoio social que son @s anti-fans aproveitaban a interpretación do mega-hit alter-Nativo " Pagaralo coa Salú" para apoiar a acción de asalto ós Supermercados realizad polos irmans de SAT en Al-Andalus.


















Ex_Tension Agraria >> Cantemos , bailemos e asaltemos bancos e supermercados coma Galegos!!  Se queres pasar un belada tranquila e agradábel , compartindo risos e confidencias cos amigos , dende logo no te achegues a un concerto de Ex_Tension Agraria . Mergullándote no pequeno crónco no web-blog do MiniBar da actuación xa te podes facer unha pequena idea do que supón a experiencia supresensorial de compartir espazo con ista banda que pon as tripas , os paláns e as gadañas coma señas de identidade dunha música e dunha actitude que non deixa nen impasíbel nen indiferente a naide.




















E coa sala Ribadense perfectamente estercada por Ex_Tension Agraria os irmáns de Ulträqäns preparan as galletas para iste mércores 15 a iso das 23:30 h. asaltar o Minibar cunha explosiva acción acustica que de seguro tamén facerá estragos entre os milleiros ultraqäns e qädelas famentas que teñen na Mariña Luguesa... Vacas á Rúa , a Loita continúa!!


















E co horizonde posto xa na find , como xa sabedes , chega a tan desexada irrupción billardeira nas terras de Negueira de Muniz, será iste próximo sábado ás 12 h en Cancio, toda unha expericia hippy a que se propón con iste I Aberto Cross de Billarda no contexto da festa de apoio á FALA , a lingua utilizada nisas terras da non fronteira que terá coma banda sonora ós irmáns de Folkazais , o grupo do eo-navia que ultima o seu novo e espectacular novo disco titulado " Aiga " con cantante-palanadora ribadense. ... Fala , baila e xoga á billarda!!