O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 29, 2007

AS CHEGAS DE BOIS AS GRANDES MARXINADAS E DESPRAZADAS EN SANTALLA!!

Como era de agardar os bois e a LNB foron os grandes ausentes de Santalla, pese a que o Varal enviou unha delegación foi máis que evidente o descoñecemento dos organizadores diste evento de cales son os fundamentos dista nosa disciplina deportiva polo que se tivo que acabar relizando a demostración billardeira nun camiño fóra do recinto , metáfora perfecta de cal é a situación absolutamente marxinal da nosa práctica deportiva en comparanza co resto das disciplinas alí expostas , caso da chave por exemplo donde o vicepresidente da federación galega expresou o seu gran agradecemento á Xunta por tentar armar unha competición de ámbito galego . As limusinas que aparquen para o ano en terras da Pontenova para visitar e alimentar o gran mausoleo deportivo criado pola xunta e polos seus socios deverán ter coidado coas embestidas dos bois da chega , consideradas coma deporte pola LNB e por xornalistas da Galega, como se mostra niste video. CHEGAS SI MAUSOLEOS NON!!

quinta-feira, agosto 23, 2007


Tunik ven de fotografar unha morea de xente espida no ártico como xeito de protesta ante o cámbio climático, fai uns meses realizou ista foto en Donosti que a prensa mundial titulou como Pelota Basca, ista fin de semana un grupo de élite en coiros estuda plantarse na Pontenova totalmente espidos fronte á multitude de autoridades que van estar alí capitaneadas por Marta Souto para reivindicar menos lerias e máis apoio real ós deportistas galeg@s de seu. íspete coa LNB e loita!!

segunda-feira, agosto 20, 2007

O VARAL XA TEN PREPARADO O GRAN ADIVAL DA SUPERLIGA DE BILLARDA 2007-08!!

Todo xa está preparado para que A.D.C O VARAL colla a corda e exerza un ano máis de aparato federativo do entramado da SUPERLIGA de billarda 2007-08 , ó igual que nas anterioes dúas edicións , O VARAL foi o único sustento dos palanadores e palanadoras e coordinou maxistralmete todos os grandes movimentos da serpe multicor da LNB. Moi pronto iresdes coñecendo o calendario e os pormenores dunha competición que un ano máis amiaza con destrozar os moldes, a tribu toda adoece porque as billardas ardendo volten cortar o ar!! SABOREA ISTA EXCLUSICA FOTO-TORTILLA-REPORTAXE!!

Transcendental intre na decisión do xurado da tortilla, Pili de Barcelona e María de Avilés utlizan o euskera como idioma de encontro para decidir cal das tortillas se fará co título, Richi e Villa falan entre eles o galego-kosobar para decidirse por un campión mentras Javier, o presi do xuri prepara o tenedor para analizar os sempre perigosos dictados do paladar.

TELE-VARAL estivo a celebrar canda o pobo do califato de Mariñaos a gran victoria do retorno da festa da Tortilla, ise video-repichoca que amosamos niste especial ten unha moi curiosa intrahistoria, Atención á cara de noxo do Zidane da billarda ante a proba da tortilla de caracois e a tención ó can que aparece por detrás que acode a comer o pedazo de tortilla caída ó chan, fóra de cámara o dono con grandes berros impídelle ó animal comer ise pedazo de tortilla de coscos ante o temor que lle faiga mal. TELE-VARAL pola desovediencia animal!!

A tortilla de estrugas feita por Asunción, palanadora das Fanecas Bravas foi a campiona absoluta dunha intensa competición na que outros palanadores enfrontáronse ás ortigas apresentando tortilla de polbo caso de Ginés dos Cornería-Team ou coscos bravos tamén coñecidos coma caracois no caso do EkipA Viluba. Felicidades Asunción!!

Histórica reunión na Cantina do consello de redacción do Fanzine A FOLHA , mítica publicaçom feita nun zulo mindoniense que editou o primeiro regulamento da LNB , a cagunha do que hoxe é isa grande árbore de grandes pólas e profundas raices. Pon burka , entra na LNB!!

O Varal e a LNB coa loita do pobo saharaui , o atleta do deserto arrasou na campetición de sacos baixo o sol abrasador do Califato de Mariñaos!!

O tirafondas , a arma máis utilizada polas guerrillas urbanas, é o utensilio co que O Varal adestrou os seus cachorros niste campamento paramilitar e tortilleiro dO San Caetano Sempre!!

O Varal ten os peios e ten a chave das noces, se ti queres petar á porta ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 17, 2007


A PRIMEIRA PEDRA DA SUPERLIGA 2007-08 , MOITO MÁIS CA RISOS E MERENDAS , INDEPENDENCIA E COMPROMISO CO DEPORTE DA BILLARDA!!

quinta-feira, agosto 16, 2007

O CHE GUEVARA DE MARIÑAOS DIRÍXESE Á NACIÓN DENDE AS QUIMBAMBAS!! [preme]

Horas antes de que as paredes da Capela do San Caetano fora a pantalla sobre a que se proxentara o histórico foto-documental SAN CAETANO SEMPRE, un espectacular percorrido por imaxes históricas da celebración dista festa dende os anos 50 , Xabier, O CHE GUEVARA DE MARIÑAOS, dirixíase á nación dende os micros das QUIMBAMBAS ,as madriñas da LNB foron coma sempre o son , os altofalantes perfectos para que iste loitador pola dignidade do pobo de Mariñaos explicara todos os labirintos dista loita, a historia dista festa e o que se vai viver niste intenso fin de semana no que se vai por a primeira pedra do muro infranqueábel que vai ser a SUPERLIGA de billarda 2007-08 , alcumada xa como a viaxeira. Se estiveche fóra de órbita RADIO-VARAL recupérache ista histórica locuación do Che Guevara de Mariñaos. bocata de cardinale sonoro!!

terça-feira, agosto 14, 2007

O LIDER DA REVOLTA DE SAN CAETANO NAS QUIMBAMBAS DA RG, IMPERDÍBEL!!

Non vai ser a primeira vez nen a última que Xabier , o Che Guevara de Mariñaos comparta emocións coa LNB , el vestíu a primeira camisola da selección parroquial de Celeiro e cociñou varias vexes para os palanadores e palanadoras os seus famosos txitxarros, iste auténtico militante da ilusión xunto cos seus veciños deron a volta a tortela xudicial para que os ovos e as patacas voltan a ferver na histótica festa do San Caetano donde a LNB vai apresentar a primeira pedra do gran muro que vai ser a SUPERLIGA 2007-08. Iste mércores a partires das 7 sintoniza coas QUIMBAMBAS da RG porque iste grande lider situado nun andamio calquera do cinturón vermello da mariña luguesa vai falar á nación para apresentar de xeito mundial o programa e actividades que se van a realizar nista nova etapa do San Caetano. SINTONIZA COA REVOLUCIÓN!!

segunda-feira, agosto 13, 2007

A SUPERLIGA 2007-08 VAI SER APRESENTADA NO HISTÓRICO RETORNO DA FESTA DA TORTELA DO SAN CAETANO!!

Brosas , sachos e marras son os elementos fundamentais cos que a LNB prepara e ultima todos os elementos do seu caseto-palloza para unirse ó espectacular retorno da tan agardada festa da Tortela do San Caetano. Fai 7 anos ista festa de patacas e ovos tivo que ser suspendida por interses especulativos que tentaron roubarlle a Capela do San Caetano ó pobo, a LNB de novo vai estar donde sempre estivo , en primeira fila do frente, primeiro para esquivar o metrella que o feixismo nos enviaba e agora para disfrutar dos foguetes e da festa que durante iste venres e sábado se vai viver niste entorno situado xusto no cinturón vermello da Mariña Luguesa. Os veciños de Celeiro son os grandes protagonistas dista festa polo que vai ser un orgullo para a LNB apresentar na noite do sábado a nova edición da SUPERLIGA arroupados polo pobo traballador e revolucionario de Mariñaos, cerimonia salvaxe á que estades tod@s convidados para beber do sempre saboroso viño da victoria.
Mercores 15 a partires das 21 h. proxección de imaxes da histórica romaría durante o século XX, o venres comeza o gran estalo cos gaiteiros da Pena do Golpe, despois Festicultores co seu chimpín invadirán o campo da festa e por último verbea co Trío Sesión. O sábado a tortela será a gran protagonista no mediodía co gran concurso diste prato que irá dende o premio á mais grande , a máis saborosa e a mellor presentada. Spaguetti Títeres amenizarán a tarde xunto cos gaiteiros de Tumba e Dalle para pola noite no gran caseto-palloza da LNB vivir a loucura da presentación oficial da SUPERLIGA-2007-08 para rematar arrolados fronte ó palco donde actuaran Pentagrama e Flamingo , a organización planea rematar a festa cunha gran chocolatada cos que aínda manteñan o equilibrio e revolban a lingua. Se estades fartos das festas convencionais e tendes patacas e ovos suficientes achégadovos ó San Caetano para compartir coa LNB e os veciños de Celeiro de Mariñaos da grande tortela da victoria.

quinta-feira, agosto 09, 2007

GOLPEXOS A CONTRARITMO!!

Coa inminente presentación da 3º edición da SUPERLIGA de billarda xa no horizonte, a LNB como non desatende nunca a canteira acode emocionada ó campamento da escola de música e danza de Ribadeo para impartir un espectacular clinic formativo donde as billardas ruxiron ó compas que tanto os alumnos coma os profesores lles marcaron. Avanza pois a alinaza sonoro-billardeira que tan bos frutos está a dar á música contemporánea galega e amiazan xa novos valores que de seguro van facer tremer as pistas de xogo e as pistas de baile, tócanola outra vez Zidane!!

segunda-feira, agosto 06, 2007

OS XOSTRAZOS DO CANTÁBRICO NA TERTULIA DO EXTRARRADIO!! [preme]

Julio, Xermán e Federico, foron os tres pelexos que acompañaron a Belén Regueira na súa incursión nas sempre perigosas terras da mariña luguesa para analizar o futuro e presente dista comarca marcada polas presións urbanísticas , os alixos de droga , os xostrazos do mar cantábrico e os golpexos de furia dos palanadores e palanadoras da LNB. O ambiente estivo calente durante a festa do percebe de Rinlo e os micros da Radio Galega deron boa conta da efervescencia dunha comarca que busca ser o epicentro de algo e ise algo xa é , como ben se di na mesa de debate que se formou na unidade móbil instalada ó pé da Cetaria de Rinlo , a revolución billardeira incitada pola LNB que amiaza con espallarse pola Galiza adiante coma o lume na herba seca, RADIO VARAL rescatou das bravas augas do cantábrico ista tertulia con sabor salgado.

terça-feira, julho 31, 2007

VIDEO-REPICHOCA DOCUMENTAL NO FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA , TELE-VARAL!!

BOCIXA , XOGADORES DO BILLARDA FREESTYLE, XURXO SOUTO E A EXCLUSIVA MUNDIAL DA FINAL DO CAMPIONATO DE MATRAQUINHO FORMAN ISTE ESPELUZNATE DOCUMENTAL PRODUCIDO POLOS GUERRILLEIROS AUDIOVISUAIS DE TELE-VARAL DURANTE O FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA ORGANIZADO POLA FUNDAÇOM ARTÁBRIA E CELEBRADO NO PODEROSO MARCO DO MUIÑO DO PEDROSO.

Bocixa a voz de Zenzar e das Encrobas acode á chamada do set-trincheira de TELE-VARAL para falar emocionado de bares, rancheiras , paseos en burro e resistencia na Lousa....sigue, sigue e dalle!!

TELE-VARAL achega o micro a dous dos participantes no BILLARDA FREESTYLE que falan emocioandos e coa voz cortada polas probas de son da necesidade urxente de acadar a independencia para dignificar o noso deporte!!

Xurxo Souto entra no set-trincheira de TELE-VARAL para apoiar de xeito firme e contundente á causa da LNB , Repichocas contra o imperialismo deportivo!!

TELE-VARAL ofrece en exclusiva a final do campionato de matraquinho que se desputou xa entrada a madrugada e cun ambiente de luxo , fume de petas e tragos de cubata digno só das grandes citas mundialistas, GALIZA - CCCP!! (video-homenaxe a Alexandre de Fisterra)

segunda-feira, julho 30, 2007

O NOSO COMPROMISO : INDEPENDENCIA E BILLARDA FREESTYLE!!


Poida que unha imaxe valla máis ca mil palabras pero cando ambas se xuntan o seu poder é inmenso, a LNB desembarcou armada de paláns e billardas e atopouse cunha populaçom conquistada xa de antemán que agardaba cos brazos abertos a chegada ás augas do río Xubía dos máis temidos e temerarios mariñeiros do deporte tradicional galego, os indomábeis foraxidos da LNB que pese a quen pese , avanzan suorentos e quiemados polo sol do deseto na súa cruxada por dar e achegar ó deporte da billarda ó pobo que para a LNB é quen máis ordea e sacar ista práctica dos museos donde outros estamentos oficiais a queren engaiolar.
Aquí vai un adianto exclusivo en fotos do que será un espectacular ducumental audiovisual do equipo de TELE-VARAL desprazado ate o Muniño do Pedroso donde poderemos sentir o pulso dos máis destacaods participantes no billarda freestilee ate os intres históricos vividos no set de TELE-VARAL instalado fronte á TENDA –LNB por dende pasaron dende Bocixa de Zenzar a Xurxo Souto para dar o seu apoio absoluto á causa LNB , e como traca final os cámaras de TELE-VARAL resistiron aínda en pé e manteron o equilibrio ate as 2 da mañá para grabar en absoluta primicia mundial a gran final do campionato de matraquinho celebrado no propio festival donde a parella de representes da LNB fixo un máis que digno papel caendo en semifinais fronte ó poderío Skatalítico dos vigueses Skarnio , preparade pois os fuciños porque as pedra do Muiño do Pedroso comeza a moer os grans de millo para sacar a mellor das fariñas posíbeis.

espectacular implicación dos festivaleiros no billarda freestyle , a LNB deixou semente de vencer ó imperilalismo deportivo e xa se corre o rumor dunha ou varias equipas en terras da artábria!!
A TENDA-LNB distribuíu multitude de PACKS-LNB e servíu de set improvisado de TELE-VARAL por donde pasaron Bocixa e Xurxo Souto para mercar e apoiar a Billarda e o TOP MANTELO!!
Mondoñedo, Nebrasca ,Madrid..esteña donde esteña Merce sempre apoia á causa LNB , foi unhas das grandes estrelas que se achegaron ate a TENDA-LNB para mercar colares e pulseiras e levar unha das creacións exclusivas de zimmer103 en CD do TOP-MANTELO.
Bonovo, zanfoñas con guagua, baterías que skupen e skapan, serrutxos que falan e acordeóns con pedais conectados ó portatil...sen dúbida o máis impactante da noite e ó encargado da electricidade case se lle olvida conectar a Toma de Terra!!
e coma traca final TELE-VARAL vai ofrecer en exclusiva mundial a final do campionato de matraquinho!!