O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 28, 2006

CRÓNICO ESPECIAL:

ASTURIES vs GALIZA / 24-9-06 : DEBÚ DAS DÚAS POTÉNCIAS CANTÁBRICAS DO DEPORTE DA BILLARDA NA PISTA DE PIYARNU (CASTRILLÓN) , A PAUS POLO RECOÑECEMENTO OFICIAL!

Pasaban escasamente uns minutos das 10:30 cando un silencio atronador se apoderou da Guagua da LNB maxistralmente pilotada polo comandante Luis , chegaba a tan agardada hora da primeira lista de convocados para defender as cores da Galiza no seu agradadísimo debú fronte á selección asturiana nas terras de Piyarnu concello de Castrillón. Durante a parva no restaurante a Lupa a tensión palpábase na faciana da expedición galega , faltaban moi poucas horas para o debú histórico e os palanadpores epalanadores da Galiza instintivamente buscaban a billarda para golpexar incluso baixo as sillas e as mesas do restaurante.

Doce foron os elexidos : Bixi, Ginés , Calvete, Carmiña, Toño, Teresa, Vicente, Ana de Lourenzá, Sevando, Ana , Xermán e Ismael dos cales dez saltaron ó cemento pulido armados con paus e billardas para tentar carrexar o triunfo cara ó país galego. Pero Asturies non ía ser a pera en dulce que moitos pensaban, ós Xose e David do Spoting Petapouco e a María das Fanecas Bravas uníronse os palanadores e palanadoras da LNL (Liga Nacional del Lirio) paraguas baixo o que se preparou todo o continxente astur para plantarlle cara a iso das 13 h á selección galega , coñecida popularmente coma A AUTÉNTICA.

Como era de agradar , un dos intres máis emotivos foi cando as dúas seleccións formaron en rea para ó caron da bandeira escoitar e cantar os respectivos himnos, todo un espectáculo que as dúcias de siareiros das dúas seleccións calificaron coma máxico e emocionante, pero o espectáculo tiña que comezar e foi unha coñecida da afección galega ,María, a palanadora da Fanecas Bravas da LNB , a que lanzou a primeira billarda ó ar de Piyarnu para dar inicio ó primeiro internacional de billarda da historia. Asturies iniciou a competición marcando o ritmo con un sencacional Albarín pondo á raia a unha das estrelas galegas como é Calvete, pero pese a que asturies o intentaba con gañas e decisión conducidos por un experimentado David Díaz , Galiza non daba o brazo a torcer e ía sacando pouco a pouco estalos da súa maior experiencia na alta competición, foi entón cando no medio dun enorme trebón de auga que obrigou a suspender momentaneamete a competición se produciu o gran barreno, Ismael. O Zidane da Billarda, liderou o despertar da selección galega cando máis acosada e necesitaba estaba e coma un xinete na tormenta montado nun garañón de Cornería foi quen de conducir ós palanadores e palanadoras galegos ó triunfo final por un axustado 27-21.

quarta-feira, setembro 27, 2006


Rematada a tensión do interncaional os palanadores e palanadoras das duas seleccións relaxánonse nun espectacular xantar na Casa Adolfo de San Miguel de Quiloño , precedido dunha espicha de irmándade astur-galaica os membros das delegacións dos dous paises puideron saborear o sigular prato exclusivo da casa “Tella de la Viella” e continuar cunha colosal fabada na que non faltou un exquisito compango, e despois da espectacular entrega de premios no propio restaurante presentada polo reporteiro de TELE-VARAL Juán Pico na que fixo entrega dos trofeos ós capitáns de ambas delegacións realizando unha desconcertante chave de kung-fu a Xose , o capitan asturiano que quedou atrapado baixo o brazo do noso reporteiro estrela deixando case afogado de emoción ó indiscutible motor da seleccoón astur . Pero iste afogamente tivo unhas terribles consecuencias , Juán Pico dun xeito casual transmitiulle a Xose a corrente trifásica dos reporteiros de TELE-VARAL , e sen poder evitalo Xose mutouse no conductor do primeiro programa de TELE-VARAL – asturies- chamado como non podía ser doutro xeito "La Tella de la Viella" tendo coma primeiro convidado de honra ó gran palanador da selección galega Calvete que 50 anos atrás vivira xusto frente á pista de Piyarnu.

Co café na mesa e doce sabor do licor de herbas "Hijo Puta" nos beizos , produciuse un feito increíble e nunca antes acontecido, os palanadores e palanadoras co lume nos ollos voltaron a retarse nunha pista anexa ó comedor. Alí de novo TELE-VARAL -asturies- tomou o micro para pulsar na propia pista de xogo o ánimo dos palanadores e palanadores que invadiran a pista retarse de novo.

Non hai palabras para describilo , o Bar Timo de Avilés, sede da selección asturiana, foi a última parada dun día histórico para o deporte Galego e Astur . O deporte da billarda-LNB espállase imparable polas terras de Asturies e a LNB continúa na búsqueda polo mundo de contrincantes para a selección galega, cal poderá ser o seguinte país ou estado que se enfronte á auténtica?

terça-feira, setembro 26, 2006

NADA PODERÁ DETERNOS!! [dalle]


Nen sequera os chuzos de punta que caeron no medio da desputa do internacional de billarda puideron frear a istes xeniais palanadores dun lado e outro da Ponte dos Santos, como mostra as verbas de Fernando , un dos palanadores máis destacados da selección Astur que afirma ós micrófonos de TELE-VARAL nas tribunas ateigadas de siadeiros que por nada se pode suspender o partido. Nen os apagóns informativos , nen a desidia institucional , nen sequera a chuvia puido deter ós auténticos heroes e heroinas do deporte da billarda,como xa foron calificados polos centos de efecinados que a auténtica ten espallados polo mundo enteiro. Non te deixes colonizar, colle os paus a únete á AUTÉNTICA!!

segunda-feira, setembro 25, 2006

HISTÓRICO DEBÚ!! [dalle]


Iste 24 de setembro pasará á historia polo espectacular debú de dúas seleccións que rachan moldes, Asturies e Galiza debutaron desafiando así todo tipo de obstáculos, institucionais , mediáticos e metereolóxicos , Galiza fíxose cun traballado triunfo por 27 – 21 fronte a unha potente Asturies donde ás xa conecidos xogadores da LNB sumáronse os palanadores e palanadoras da LNL (Liga Nacional del Lirio) paraugas baixo o que se preparou todo o continxente da selección Astur , Fernándo ,Fran, Albarín, Delmi , Pepe Pravia , Pablo e Chus demostraron que o despertar do deporte da billarda na pais veciño é un feito máis que constatábel. O Varal prepara un crónico especial polo que moi atentos á pantalla , como aperitivo a impresionatre foto dos himnos coas bandeiras á ar , dicer que a exclusión mediática sistemáticamente feita polos medios galegos choca co desplegue de medios asturianos para cubir o acto, como exemplo a cobertura que fai La Nueva España [ www.lne.es ] na súa edición de hoxe luns , titulando o artigo coma Asturies-Galiza un duelo a paus!! TELE-VARAL como non podía ser doutra maneira desprazou un amplo equipo capitaneado por Juan Pico que nista primeira entrega entrevista no previo do gran choque a Albarín pola parte asturiana e a Ismael , O zidane da billarda, por parte galega. Cumpriuse o gran soño da LNB pasando por riba de todo, xa nada poderá deternos , pese a quen pese , a auténtica demostrou ter a forza dun auténtico xabarín ferido, agora toca desfrutar!!!

quinta-feira, setembro 21, 2006

ASTURIES vs GALIZA [PÁSAO]


Nen o presidente Touriño, nen Quintana , nen Bugallo nen Domínguez anunciaron a súa presencia no complexo deportivo de Piyarnu , para apoiar o debú da Selección Galega de Billarda , nen falta que fai!! O gran soño da LNB vai facerse realidade iste domingo cando os himnos da Galiza e Asturies resoen na pisa de Piyarnu para recibir ós auténticos heroes do deporte da billarda, palanadores e palanadoras galegos e asturianos que co seu ímpetu e carraxe demostraron xa fai tempo que son posibles auténticas seleccións e non cuadrillas de mercenarios. Racha coas cadeas e poia a túa auténtica selección!!

quarta-feira, setembro 20, 2006

PINTURAS DE GUERRA!! [preme]


Galiza prepara as pinturas de guerra para apoiar á súa selección nacional no enfontamento que iste domingo a partires das 12:30 vai enfrontar a dúas das potencias mundiais do deporte da billarda ASTURIES e GALIZA ,a cita na pista de Piyarnu no concello asturiano de Castrillón. Mentras, sintoniza TELE-VARAL para ver a espectacular entrevista de Juan Pico a dóus dos posíbeis seleccionados galegos para desputaren iste histórico partido.

segunda-feira, setembro 18, 2006

FORO, UN TRONO QUE ARRASA!! [preme]


O palanador dos Tronos de Masma, Foro liquidou materialmente as expectativas dun resucitado Zidane da billarda, que non puido plantarlle cara na final diste desputadísimo Tronneo Apertura a ista xoven estrela do deporte da billarda-LNB. Foro dun espectacular varado ou tiro directo fíxose co preciado Troneo Apertura celebrado nas bravas terras de Alfoz. Tele-Varal foi testigo de excepción dista tormenta de xogo e compartiu os dereito de imaxe coas cámaras de TELE-LUGO donde hoxe luns á noite poderase ver un resumo do acontecido na pista de San Pedro de Mor.

quinta-feira, setembro 14, 2006

ALFOZ >> ASTURIES vs GALIZA!!


A desputa iste domingo 17 apartires das 16:30 da tarde do II Torneo Apertura vai estar marcado polo histórico choque en ASTURIES - GALIZA que o vindeiro 24 vai teñir toda a actualidade deportiva de ámbolos dous paises. Ate Alfoz se van desprazar un grande operativo do staff técnico astur para comprobar como se desenvolven varios dos seus palanadores e palanadoras que militan en franquicias SUPERLIGA e comprobar de paso o estado de forma dos palanadores e palanadoras galegos .Achégate ate Alfoz para coñecer as grandes estrelas do deporte da billarda dun lado e outro da Ponte dos Santos!

quarta-feira, setembro 13, 2006

A *SUPERLIGA* NAS TERRAS DE PARDO DE CELA


Os palanadores da SUPERLIGA de billarda-LNB van empuñar os paláns iste domingo 17 de setembro a partires das 16:30 na pista de San Pedro de Mor , xusto ó carón do campo de futbol do Alfoz , non para defender nista ocasión o Castelo da Frouxeira dos ataques das tropas mandadas polos reis católicos senón para tentar acadar o primeiro gran título da tempada , o II Torneo Apertura. Non perdas ista ocasión de visitar as terras do Marechal Pardo Cela e dixate caer por iste concello da mariña central luguesa para ademáis de coñecer as grandes estrelas da billarda visitar enclaves coma a serra do Xistral , o monumento megalítico da Pedra Abaladora , os pazos do Rizal e Carracide na parroquia de Lagoa, O Muiño do Pazo en Carballido ou o de Salvaterra en Adelán. E para non desfalecer no intento dende o varal recomendamos probar en calquera dos restaurantes da zona o espectacular año asado. Cita imperdíbel!!

segunda-feira, setembro 11, 2006

VARADOS CARA ALFOZ!! [preme]


O Concello de Alfoz situado na mariña central Luguesa vai acoller iste domindo 17 de setembro por primmeira vez na súa historia un torneo da SUPERLIGA-LNB e vai ser para desputar o primeiro título en xogo, O TORNEO APERTURA, para ir facendo boca TELE-VARAL amosa un espectacular semi-varado realizado por Foro dos Tronos de Masma que enmudeceu as abarrotadas bancadas de Vilamartín-Pequeno. Alfoz vai ser temén o preámbulo do histórico debú da "auténtica" , A selección Galega de Billarda co seleccionador Fernándo Veiga ó fronte vai medirse o 24 diste mes á potente selección Astur no espectacular coplexo deportivo de Piyarnu donde os palanadores e afeccionados astures tentarán acurralar ós palanadores e palanadoreas galegos, se queres formar parte da expedición... pilla sitio na Guagua da LNB!! [ovaral@hotmail.com]

quinta-feira, setembro 07, 2006

ABRE A TENDA-LNB!! [preme]


ABRE AS SÚAS PORTAS A TENDA-LNB POLO QUE SEXAS DA PARTE DO MUNDO QUE SEXAS PODES CONSEGUIR XA O TEU MATERIAL PARA A PRÁCTICA DO ESPECTACULAR DEPORTE DA BILLARDA-LNB. A TENDA-LNB TAMÉN PATROCINA AS TÁBOAS DA SUPERLIGA, POLO QUE SE QUERES SABER COMO VAI A CLASICICACIÓN NISTA COMPETICIÓN QUE RACHA MOLDES ACHÉGATE Ó MOSTRADOR!! XA NON TES DESCULPA PARA NON TER BILLARDAS E PALÁNS NA CASA!!

quarta-feira, setembro 06, 2006

OS TRONOS EN TELE-VARAL!! [preme]


os Tronos do Masma con espectacular equipación de camuflaxe, fixeron seu o berro de estamos en guerra pero hai que reflexionar, e demostraron todos eles que non xogan con munición de fogueo , Victor o capitán da franquicia máis paramilitar da SUPERLIGA , fala en exclusiva dende as trincheiras da pista de Vilamartín-Pequeno para un dos reporteiros de guerra de TELE-VARAL.Si á guerra na SUPERLIGA de billarda-LNB!!

terça-feira, setembro 05, 2006

IVÁN , 1º LIDER DA SUPERLIGA!!


Iste torneo inaugual de Vilamartín Pequeno seviu para desagarrotar os músculos e situar a cada palanador na SERIE-A , donde se van xogar os trofeos dos torneos ou en SERIE-B, donde se vai xogar cada xornada o ascenso á serie-A . Iván , o xoven palanador da EkipA SaFaRi ( o segundo xogador sentado empezando pola dereita) , encabeza a clasificación xeral e a EkipA SaFaRi xunto cos Bíteres empatan no máis alto da clasición por franquicias, o Bítere Xosé Manuel domina con 1 a taboa de varados e Ana da EkipA e as Bíteres Carmiña., Lidia e Ana empatan tamén no máis alto da clasificación feminina. Únete á SUPERLIGA de billarda-LNB , únete á febre dos domingos pola tarde!!

segunda-feira, setembro 04, 2006

DE TOKIO A VILAMARTÍN-PEQUENO!! [preme]


TELE-VARAL foi testigo de excepción no histórico inicio dista SUPERLIGA de billarda-LNB 2006-07, un domingo pola mañá na que moitos ollos estaban postos na cidade xaponesa de Tokio pola desputa da final do mundo-basket, Vilamartín-Pequeno foi o contrapunto perfecto para pola tarde mergullarse no espectacular inicio dunha tempada que trae suculentas novidades, iste torneo inaugual seviu para desagarrotar os músculos e situar a cada palanador na SERIE-A ou SERIE-B, en exclusica mundial dúas das últimas incorpacións á SUPERLIGA , Xose e Aitor despois de percorrer centos de km dende Avilés e Vigo respectivamnete para achegarse ate Vilamatín -Pequeno falan para os micros de TELE-VARAL nunha xornada na que o noso reporteiro estrela Juán Pico estivo ausente por hospitalización dun familiar , ánimo Juán!! dende O Varal enviámosche unha forte aperta. Abrochade os cinturóns porque TELE-VARAL tele-transpórtavos ate a espectacular capela do San Xoan Degolado!!

sexta-feira, setembro 01, 2006

EXPLOTA O VOLCÁN *SUPERLIGA* -LNB!!


DOMINGO 3 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 16:30 DEIXA QUE A PEDRA FERVENDO DE VILAMARTÍN-PEQUENO INVADA O PAÍS ENTEIRO!!