O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 27, 2015

A LNB AMOSA O SEU PODEROSO MÚSCULO NO XERRO_2015!!


Hai un algo que atrae a palanadores e palanadoras de todas as conferencias do país á "desfruta" do Xerro do Salnés , un algo tan poderoso que alimenta e engraxa todo o noso ser colectivo..

Con títulos tan suxerentes e explicativos como a "Gran familia da LNB" ,  tituláronse as espectaculares imaxes de toda a serpe multicor previas á inmersión brutal nos furanchos

Pero antes de aterrar en Xil a Guagua da LNB que partira dende Ribadeo fixo parada técnica nos territorios Furabolos-Trouleiros do Bar Cruceiro do Pino para coller forza e impulso co que asaltar o Xerro 2015

E ó chegar á Taberna da Cancela mentras as primeiras cuncas acariñaban os noso beizos celebrouse a gran asemblea de análise técnico cara ó Play Off Nacional 2015

E comezaba o tan agardadísima xira de furanchos , dirixidos por Abel da Taberna da Cancela e coa banda sonora de Fachenda Galega , a sepre multicor da LNB con cada grolo escaba un peldaño máis na escaleira cara ise ceo cor violeta..

un ceo no que ate hai espazo para a alebrestrada celebracion da apoloxía vital dos cumpreanos


Unha vez máis apresenza da conferencia sur foi determinante para que 
a xira de furanchos alcanzara isa éxtase total e absoluta...

cuxo golpe definitivo para acadar o Varado emocional da xornada foi a interpertacion do Grandola polo anti-koro da LNB dirixido maxistralemente por un pletórico Chouisa , palanador chairego bregado en mil batallas nas trincheira sonoras dos cantos de taberna.

Parada para o xantar de irmandade ...


e directos para o pavillón de Xil por mor da intensa chuvia que impedíu o normal desenrolo do Aberto na mítica pista da capela das Angustias



E camiño de Xil na Guagua da LNB os activista do palán da conferencia mae lían impactados no xornal que un oso pardo fora alvistado nos montes de Fornia a noite anterior , unha inspiracion e forza extra para os xogadores de Pena Verde , a franquicia de Trabada , que formaban parte da expedicion reconquista do Xerro2015. Sexa como for , pola presenza do oso e polo acerto da gran estrela emerxente dos PenaVerde , Iván Gomez , venceu e convenceu no sempre compricado e impredecíbel aberto do Xerro . O xerro voltou para o Norte da man de Iván de PenaVerde que leva para si unha espectacular botella xigante de albariño que compartir con toda a súa franquica PenaVerde e co oso de Fornia se tamén aparece..Xerro Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, abril 20, 2015

NON HAI XERRO SEN FURANCHOS NEN FUTURO SEN LNB!!














Cantos furanchos son necesarios para aplacar o porcoteixo ou  porcoteixa que cada palanador ou palanadora leva dentro?? pois se o queres saber iste sábado tes unha cita inexcusábel coa nova edicion da salvaxe Xira de Furanchos que iste sábado arrincará apartires das 12 h, diante da mítica Taberna da Cancela de Xil ....

















Dende o Norte na GuaguaLNB xa rumban os motores da emocion porque o sábado 25 ás 8 h. da mañán partirá dende a estacion de buses de Ribadeo rumbo á eternidade dos furanchos de Xil...



















Para alí atoparse face a face e cunca a cunca cos activistas LNB do hemisferio Sul ...non hai Xerro sen furanchos nen futuro sen LNB!!

quarta-feira, abril 15, 2015

BILLARDA E LUISTERATURA >> DROGAS PARA UN CORPO INCAPAZ DE DURMIR!!

















Espectacular emprazamento o que os activistas de Polka puxeron á disposición e toda a serpe multicor da LNB , un marco o da carballeira de Mosterio que despois de acoller o brutal Aberto a ceo aberto está xa nas axendas da carraxe para acoller futuras e alebrestradas perfomances billardeiras...


















E por se non fora pouco o colpaso emocional na pista de xogo na carpa fan-zoneLNB con barra e esceario prodúxose un dos intres máis agardamos distes case 10 anos de selvaxe andaina , a presentacion de Luisteratura , o espectacular libro escupido e autorditado polo gran palanador dos Gharabotos Luis Pirucha, que de mans de Manu de Polka aterrou na pista de POL para estarcar de odio, amor e aborrecemente poético todos os campos de billarda , futbol gaélico e demáis leiras contra-culturais..


















A Ceo Aberto foi un aberto coordinado polos acticistas de Polka mais en colaboracion cos referenciais Ex-Tension Billarda que dende as terras de Bretoña e Meira carrexaron a súa indomábel traia e forza indíxena . E pora demostrar o importante do evento Ex-Tension Billarda estivo na pista dirixido polo seu implacábel presidente de franquia , o popularmente coñecido coma Ficas que lucíu un impactante look para protexerse do sol e dos flashes da prensa sensacionalista...

















E antes da final absoluta celebrouse no lusco e fusco de Mosteiro un espectacular Abetinho infantil no que as crianças da LNB desfrutaron a eito sementando de billarda iste noso futuro imperfecto...

















NOITE -  Noites creativas / ideas que queiman / a tinta da pluna / o cheiro a pintura / drogas para un corpo / incapaz de durmir.   [ LUISTERATURA ]

domingo, abril 12, 2015

POL E A SARDIÑEIRA , O SALVAXE CHIMPO PREVIO Ó GRAN ASALTO AOS FURANCHOS!!






Unha panorámica brutal foi a que se viveu e desfrutou ate a madrugada iste pasado sábado no espectacular campo de xogo de Mosteiro de Pol , os Billardeiros Musicais con Daniel á cabeza coma campión absoluto de novo reivindicáronse nas terras chairegos despois do gatillazo de Vián...




















E á día seguinte no mítico espazo da Sardiñeira da Coruña , Collazo e Pirucha forin os grandes protagonistas , as redes anti-sociais da LNB ferven de emocion con istas dúas espectaculares enganchas , sumerxete e permane atent@ ós aterradores documentos...Pd. e Atención , iste sábado 25 de abril celebrarase unha nova edicion do XERRO DO SALNÉS , vai preparándote mental e fisicamente  para a xira de furanchos e reserva xa a túa praza na Guaga da LNB que sairá de Ribadeo , con paradas establecidas xa en Vilalba e Compostela.

sexta-feira, abril 10, 2015

XENDERAL , O RAGGA-PALANADOR DIRIXIRÁ AS INCENDIARIAS INCURSIÓNS LNB EN POL E NA SARDIÑEIRA!!
















Dúas franquicias indíxenas e unha mesma fin ....a de exterminar e pulverizar o horizonte coas billardas e a festa post-aberto , coa Carballeira de Mosteiro coma campo base os lokais aborixes de Polka e os activistas-LNB de Ex-Tension Billarda sumaron forzas , puños e impulsos para que iste sábado quede marcado coma o ferro quente na pel das bestas bravas en todo o subconsconciente colectivo da serpe multicor da Norleste. Dende as 15:30 h  ate a madrugada , billarda e festa á esgalla cun cartaz que quita o hipo que terá ó ragga-palanador de Cerceda Xenderal coma teorico peche de festival billardeiro...




















un ragga-palanador que moi posibelmente non se deite porque a iso 11 h- da mañá do día seguinte domingo día 12 no mítico espazo para a LNB da Sardiñeira no mesmo corazón da cidade da Coruña , o tribo da NorOeste acudirá en masa para desputar o seu derradeiro aberto puntuábel da tempada...Billarda Sempre, Adiante co Palán!!

quarta-feira, abril 08, 2015

"GRAMOLA GOMINOLA" CAMIÑANDO E XOGANDO Á BILLARDA ENTRE SERPES!!






















( Gramola Gominola )

Quero saír xogar
teño un novo palán
unha billarda de buxo
e a sorte na man

Quero verde, quero aire
espazo para imaxinar
un estadio cheo de xente
bater a marca mundial

Son o campión internacional
Son o campión do mundo mundial

Veño sendo o rei do atino
Chapas teño a mancheas
Promete non enfadarte
aínda que conmigo perdas

Quero saír a xogar
facer amigos no parque
xogando ao pilón ou ás chapas
xogando ao bote ou á chave.

Son o campión internacional












Fai un tempo sabiamos dun grupo que incluira no seu repertorio unha canción de temática billardeira , inspirado posibelmente polo tsunami brutal do República Billarda e do bruar dos golpexos do palán contra a madeira afiada da gran serpe multicor da LNB , os Gramola Gominola , grupo adicado ó público infantil , lanzaron ao ar iste espectacular single titulado " Campión Internacional" sobre o que o referencial palanador das Troitas Bravas , Xose Regueiro , nos puxo sobre a pista para que desfrutemos antes , durante e despois de realizarmos o acto billardeiro. Na Gramola Paco de Zenzar que istes días afia xa a billarda e afina a   guitarra para xunto co resto dos Padriños camiñar e berrar entre as serpes...Campión internacional , Quero sair xogar á billarda , quimbumbia ou gilli danda!!

terça-feira, abril 07, 2015

VERSACHO...DENDE O BIERZO TIO MIGUI AMOSA Ó UNIVERSO A BILLARDA QUE SE COME , QUE SE BEBE , QUE SE FUMA E QUE VISTE!!



















O xeito de golpexar , o xeito de beber , o xeito de fumar e dende Ponferrada ( León) os activistas da LNB-Bierzo durante o explosivo Aberto contra a vixila de semana santa celebrado nas Dehesas que o xeito de vestir na Billarda tamén importa...Versacho , xamóns e TioMigui Sempre!!
















e da ampla explanadas das Dehasas donde as billardas sustituiron ós cachelos en Ponferrada á terra batida de Cangas donde as Cachizas da LNB-Sus voltaron a reivindicarse cun novo aberto puntuábel...

















Mais donde os hipopótamos , gacelas ...e demáis bicheria hervíbora se desenvolben mellor é sen lugar a dúbidas sobre herba , e sobre ise terro foi donde os activistas da Conf. RíasBaixas instalaron o podium no que o coñecido palanador-vexetal da LNB Xan Rodiño alzou ó ar o seu premio que o acreditaba coma campoón absoluto do Aberto de Mourente.














e sobre a mesma herva situáronse do campo de futbol gaélico de Vián ( A Pastoriza ) se situaron os activistas da Conf. NorLeste para iste espectacular e omnívora instantánea que ilustra unha maxistral crónico do Aberto da Bola de Liscos ....Billarda Sempre, Adiante o Varado Viral!!

sexta-feira, abril 03, 2015

SE NON ESTÁS MOI CATÓLICO....ISTA FIND. PONFERRADA, CANGAS E MOURENTE!!


















Foi por istas datas e unhas cuantas anguías e anos atrás cando a LNB realizou o seu mítico desembarco no Bierzo no campo de futbol de Viladepáus. Dises ventos chegan istes marabillosos lodos de churrasco , billarda e festa que iste sábado inudarán a pista do Centro Cívico das Deheas. Imperdíbel para os indíxenas berciáns e para os que ise día procuren emocións fortes alonzados do martirio perverso das procesións e das misas...

















E coa mesma emoción e espirito retranqueiro os activistas da Conferencia Sur tomarán Cangas para ó igual que os testigos de Tio Migui iste venres defariar a vixília afiando os dentes e as pinchas no paseo da Rodeira.















E o sábado simultaneo á accion nas Dehesas no marco das instalación deportivas do Mercantil de Pontevedra , celebrarase a 12 + 1 xornada puntuábel na poderosa Conf. RíasBaixas....Se non te sintes católico , colle o palán e bótate á rúa!!