O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 07, 2017

MURIEGO , O MÍTICO PALANADOR TAPIEGO DOS REMOULLE BULLS ARRASA EN XIL E FAISE CO XERRO DO SALNÉS 2017!!

































No mítico poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no que se inspirou o berro do Adiante co Varal , o protagonista pregunta polas portas das casas se lle deron morcillas a Vidal , niste Xerro 2017 por fin , despois de moitos anos de loita nas pistas da LNB contra o varal e si mesmo , Muriego o gran palanador Tapiego dos míticos Remourlle Bulls fíxose co gran Tesouro que supon o seu primeiro triunfo absoluto nun aberto LNB . E non podía ter mellor esceario ca Xil e mellor trofeo que o Xerro do Salnés...
DÉRONLLE AQUÍ  UN XERRO A MURIEGO?? , AQUÍ SI , ....POIS ADIANTE COA TABERNA DA CANCELA E ADIANTE CO VARAL!!



















O Xerro-Bus da LNB partía dende Ribadeo cara a Xil ás 8 en punto da mañá cun ollo posto nas cuncas e o outro no varal da Pista das Angustias...



















Parada técnica no Bar O´Cruceiro do Pino , cafés e bocadillos de xamón , queixo e panceta prepararon ós corpos dos palanadores e palanadoras para afrontar unha dura e histórica xornada de furanchos e billarda . En Compostela Hazte Oír tiña o seu bus dando voltas e a LNB tiña os paláns preaparados por se nos cruzabamos de fronte ...



















Chegada a Xil e as portas da Taberna da cancela se abriron un ano máis de para en par para o abrazar dunha nova edición do XerroSo Salnés. Unha edición na que Abel , non puido estar presente por mor dunha escoradura de faciana despois dunha caida en patinete. Iste feito marcou totalmente a edición 2017 do Xerro polo que en cada cunca e en cada varado Abel e Paula estiveron presentes!!















Despois dos primeiros grolos na Cancela , o mítico Cesar de Xil exerceu de sherpa no brutal labirinto de emicions da xira de furanchos




















A serpe multicor furancheiro-billardeira metíase en faena combatindo os raios de sol do mediodía a base de viño e bos petiscos de materia prima autóctona.



















unha expedicion billadeira que contou cunha poderosa presenza de palanadores e palanadoras asturianos e do eo-navia , Fer , palanador de Serantes e o paparazi de Barreiros "Antonio" desfrutaron coma ananos xunta o resto da tribo na inmersion furancheira na procura dise gran "tesouro" interior que todos levamos dentro.




















Un Tesouro que Cesar e Serxio coñecen perfectamente xa que dende o primeiro Xerro aló polo 2005 Cesar o palanador de Xil estivo presente nalquel mítico churrasco inaugual cociñado por Abel e Alfredo, e Serxio , o palanador da Faisca que viveu en care n propia os sanguentos anos do chumbo da salvaxe Conferencia Sur.




















Xantar de irmandade ...



















e incio das hostilidades na mítica pista das Angustia para a desputa do Xerro do Salnés 2017



















Bruaban as billarda nun aberto do xerro que contou coa presenza de palanadores de todos os hemisferios pese a que había aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas



















Palanadores aborixes de Xil competiron a un gran nivel e colaron a un dos seus xogadores na gran final a CATRO xunto a Geni e Daniel de Billardeiros Musicais e Muriego dos Remoulle Bulls.



















Tivo que ser en terras do Salnés e fronte á mítica Capela das Angustias de Xil donde o gran palanador Tapiego Muriego dos Remourelle Bulls despois de moitos anos de loita e compromiso total coa billarda coma xeito de vida e filosofía acada o triunfo absoluto nun aberto da LNB. Telefono vermello , voamos cara Remourelle co Xerro!! 

11 Comments:

Postar um comentário

<< Home