O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 30, 2012

COPA CANTÁBRICA_2012...A AUTÉNTICA NO LIET EN XIXÓN CONTRA A DICTADURA DOS MERCADOS E POLA EUROPA DOS POBOS!!


























Nunca antes a prensa nacional presionara tanto coma nista ocasión, titulares no Progreso apuntando directamente ó noso gran seleccionador poñen a Flores no centro da diana mediática , un pepel que asume consciente de aliviar da brutal presión ós palanador@s da Auténtica que en Xixón iste sábado terán fronte a unha poderosa seleccion Asturiana agardando cos Lirius entre os dentes e contando os segundos para recuperar a mítica Copa Cantábrica. Unha expedición Galega que cruzará a ponte dos santos a iso das 9 h. para ás 10:30 establecer contacto cos comandos Liriu-Billarda na mítica área de servicio Montico-Petronor.  / Xúnguete ó Facebook oficial do Varal - Contacto LNB >>  605.316896

















Un comando lanzadeira Liriu-Billarda que o venres estárá pola noite na mítica pista de Piedras Blancas donde o ano pasado se desputou a Copa Cantábrica para asistir ó concerto de presentacion do Liet International no espectacular auditorio de Castrillón , alí distribuiránse us espectaculares Flayers CNL-LNB anunciando a histórica acción no Patiu Central da Llaboral.  



























E despois do xantar de irmandade na espectacular Sidrería El Cruce a escasos 300 metros da pista de xogo , os machetador@s e palanador@s voltaran os sues pasos e as turbias olladas cara a  pista de xogo  para desputar o de seguro explosivo Abiertu Liet International marco no cal se celebrará tamén a imprebisíbel I Cata de Licor Café "AugaVella " , a antesala brutal para acender a mecha no lusco e fusco dunah edicion máis do referencial festival das linguas minorizadas da europa Liet International.

















Mafia Galega interpretando o " Billarda Sempre " deixaron semente de victoria encima do esceario de Lorient e iste de seguro histórica tarde os Lirius e Billardas continuarán estercando o horizonte de ilusions compartidas para construír unha outra europa capaz de replicar ó xenocidio da actual da europa dos mercados . Ahí vai a lista de finalistas ,

Brian Ó hEadhra, «Fathainn», gaélicu escocés (Reinu Uníu).
Enkore, «Muxurik muxu», euskera (España).
Ivan Belosludtsev & 4 Cheber Pios, «Tau Tynyd», udmurtiu (Federación Rusa).
Lleuwen, «Ar Gouloù Bev», bretón (Francia).
The Voodoolectric, «Slickermuul», baxu saxón (Alemaña).
Asturiana Mining Company, Premiu al Meyor Cantar 2012, Asturies (España).
Inger Karoline Gaup, Sami Grand Prix 2012, Sápmi (Noruega).
Yldau, Liet 2012, Frisia (Países Baxos).
Dopu Cena, Liet Corsica 2012, Córcega (Francia).
Claudia Crabuzza y Claudio Gabriel Sanna, Suns, Friul (Italia).
Jonokognos, Suns, 
Friul (Italia).


quinta-feira, novembro 29, 2012

A AUTÉNTICA ...POLO DEREITO A COMPETIR E MATAR NA CASA , A CHAMADA DE FLORES PARA A COPA CANTÁBRICA É CAPAZ DE TROCAR ATE A DATA DUNHA MATANZA!!

Con accions tan potentes coma ista é cando un país sumido na miseria á que a condean os mercados e os seus lacaios do parlamentiño pode atisbar un raio de luz para saír do abismo, porque non importa a cantidade de elementos senón a calidade dos mesmos polo que a Auténtica que vai competir por ista Copa Cantábrica_2012 vai ter un referente moral e ideolóxico que quedará impreso para a eternidade no ADN da  colectico seleccion galega de billarda e de toda a serpe multicor da LNB..

...que iste sábado simultaneamente á desputa do Abiertu do Liet International terá en Cangas apartires das 16 h.  un outro epicentro coa desputa dunha nova enganchada na poderosa Conferencia Sur , a cita será no Pavillón Maria Soliño e polo que comentan as estrelas do firmamento pode ser un outro chimpo fundamental na estratexia da Auténtica cara a internacionalizacion do conflicto billardeiro iste vez ollando cara as terras cada vez máis combulsas bañadas polo Mediterraneo-Bélit. 


Imersos como estamos os galego@s de ben na prepacacion da matanza ate un poderoso recuncho do país chamando Muimenta chegou o chamado ás armas do seleccionador nacional Flores , un reclamo que coincidía coa data xusta sinalada semanas antes para a matanza na súa casa .




Ismael o gran palanador de Carabullo , tan só tivo que reflexionar uns segundos e comunicar o suceso ós seus superirores no ambito familiar para que a matanza se pospuxera unha semana podendo así a gran estrela da Ponte de Outeiro participar no desafio cantábrico co que mesmo antes de ter existido tal xa estaba sedesando poder formar parte.



















E non é Ismael un palanador calquera, senón que as súas costas xa se poden hospedar históricos triunfos da LNB comezando polo espectacular Aberto do Ponte de Outeiro dista tempada que sentou as bases para o explosivo e vindeiro LNB-Chaira All Stars_2013 , a súA progresion nas pistas da NorLeste e Noroeste hai que sumar a espectacular aportacion á mítica Equipa-LNB nos Xogos Bravús ó que logrou conducir ó olimpo vencendo na carreira de anti-atletismo triunfo que supuxo o primeiro contacto coa AugaVella grazas ó cal a licoreiría de Chantada será a única marca que apoie oficialmente á Auténtica en Xixón aportando as botelas na explosiva Cata de Licor Café a pé de pista coa que contrarrestar a poderosa e perigosa espicha de sidra asturiana. E non só iso, Ismael foi quen de traer a gadaña afiada polo seu pai ate os esceario de Ex_tension Agraia abrindo o paso para para a iirupcon dos gadanheiro da LNB no escearuio do festival da Chaira e agora é quen de achegar o coitelo afiado da mata ate a Xixón coa que a Autentica afronte con garantías a defensa da Copa Cantábrica... A Auténtica tamén polo dereito a Matar na Casa !!

quarta-feira, novembro 28, 2012

ISTA COPA CANTÁBRICA A AUTÉNTICA VAI DE MERENDERU ....TODO LISTO PARA O ESPECTACULAR XANTAR DE IRMANDADE NA SIDRERÍA EL CRUCE DE XIXÓN!!

















Non é nengún segredo para naide que o éxito total dun grande estalo billardeiro coma o que iste vindeiro sábado 1 de decembro a Auténtica vai afrontar nunha nova edicion da Copa Cantábrica dista volta en Xixón , mídese en grande medida na eleccion do sitio para o xantar de irmanda. Dista volta tivemos de novo a un dos referentes do Liriu como é o comandande Hevia que guiou a toda a sepre multicor dun e outro lado da ría ó espectacular Restaurante-Sidrería El Cruce de Xixón a escasos 300 metros da pista de xogo na Llaboral.

















E atencion porque a selección Asturiana e a Auténtica terán un espazo de auténtico luxo no comedor de madeira de El Cruce, un xantar alumeado ademáis pola espectaculares luces dos caldeiros que prenden das paredes e do teito

















Un espectacular menú centrado na Fabada e cun seundo prato a elexir entre os dispoñíbeis na carta , todo elo con auga e viño a feixes ...un plan que tumbaría ó mesmísimo Chicote, e que de seguro convertirá nun inferno o intre de retorno á pista de xogo para a desputa posterior do Abiertu do Liet International .








E por leccion do comandante Hevia o postre será un exquisito arroz con leite eleborado ó xeiro tradicional asturiano , un manxar que o propio comandante Hevia  probou ista semana antes de pechar o trato acompañado nada máis e nada menos que con Quini , o mítico dianteiro do Sporting e do Barça que estuda incluso deixarse caer ista sábado pola pista de xogo para apoiar á selecicons Asturiana do Liriu niste seu tento de conquista á Copa Cantábrica. Unha excelente elecicon sen dúbida a da Sidrería el Cruce que tamén é Merendeiro polo que se alguén desexa comer a ceo aberto para que lle dea o ar non terá problema nengun...Liriu Sempre, adiante co Varal!!

terça-feira, novembro 27, 2012

DEREITO A DECIDIR , DEREITO A COMPETIR...FLORES FAI PÚBLICA A LISTA DE CONVOCAD@S DA AUTÉNTICA PARA A COPA CANTÁBRICA XIXÓN_2012!!
















 A AUTÉNTICA ISTE SÁBADO ENFRÓNTASE DE NOVO A UN DESAFÍO HISTÓRICO , MENTAS DEPORTISTAS GREGOS E ESPAÑOIS LIMPAN BÁGOAS POR MOR DA IMPOSIBILIDADE DE QUE AS SÚAS FEDERACIONS LLES PPAGUEN ADESTRAMENTOS E DESPRAZAMENTOS ÓS CAMPIONATOS, A SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA , DIRIXIDA MAXISTRALEMENTE POR MANOLO FLORES E ALDRAXADA DE XEITO SISTEMÁTICO POR TODAS AS INSTITUCIONS , RACHA DE NOVO AS CADEAS IMPOSTAS POLAS LEIS DOS MERCADOS LANZANDO A SÚA SEMPRE PODEROSA LISTAXE DE CONVOCAD@S  PARA QUE A DEDO , EN CARROS COMPARTIDOS OU COMO SEXA ISTE SÁBADO APARTIRES DAS 11:30 H ESTAR , NA PRAZA DA LLABORAL DE XIXÓN DEFENDENDO A COPA CANTÁBRICA VESTINDO A CAMISTA DA AUTÉNTICA. AUTOXESTION E COMPROMISO ABSOLUTO COA BILLARDA E CUN PAIS QUE OUVEA COMA UN LOBO FAMENTO NA PROCURA DO ALIMENTO....QUE PASE A HISTÓRIA QUE CUSPA NA MÁNS!!

LISTA DE CONVOCAD@S POR FLORES PARA A COPA CANTÁBRICA - XIXÓN_2012!!


Billardeiros Musicais: Daniel Rodriguez Saavedra, Franco, Julio e Coedo

Remourelle Bulls: Lucía López FernándezBeatriz Pereiro Sordo,Angel Fernández Rodríguez, Suso Villarino e Marcos Fernandez

Carabullo: Ismael de Outeiro e Charly Crecente Pico

Tropa Lixeira: Xose Salgado AgreloRicardo Fernández Yáñez e Óscar

Gharaboto: Luis Alfonso Camiña Otero, Balea, Angelín, Cristian Puente.

Faísca: Xoan Pinto e Xosé Miguel Perez Blecua

Furabolos: Toño Mikokoko e Xosé Antón.

Fillosas de Sangue: David Fontán Bestilleiro e Roizinho Moris Gestal

Cochikeiros: Carlos Gende Prego e Berdillo.

O Cadavaal: Pepe Vidal.

Madia Leva: Ana Jouiknwjsya

Extensión Billarda: Lolé LolailoNacho Eiros,Hervy Dofelso e Adrian Rodriguez Bello

Troitas Bravas: Xosé Regueiro YáñezCarme Otero RuizPaulo Sancheski e Germán

Ekipa Bítere: Xose Friol Piñeiroa, xermán-Zimmer Grozni , Ficas , Alejandro Queipo Cartoy

Os convocados de Os Outros: Reyes ACMaria Eugenia Rodriguez SampedroElena CasadoEric Danonino, Guille e Luis.

Info e Contacto directo  PxA ( Plataforma de xestion da Auténtica ) >> facebook O Varal / 619.570976

A BANDA SONORA, A LISTA DE CONVOCAD@S E O COMBUSTÍBEL DA AUTÉNTICA...TODO EN MARCHA CARA UN NOVO E HISTÓRICO DESAFÍO CANTÁBRICO!!






















Todo en marcha para iste sábado 1 de decembro a Auténtica ensinar os dentes de novo na praza da Llaboral de Xixón nunha nova defensa da Copa Cantábrica , a competicion de billarda entre nacionas sen estado maís importante de Europa que ista  ocasion se alía co festival Liet International_2012 para facer do evento un dos epicentros históricos da cultura da europa do pobos. Flores xa ten configurada a agardadísima lista de convocad@s , unha restra de nomes que a Plataforma de xestión da Auténtica  PxA , publicará de xeito inminente no noso facebook oficial . Mais a preparación para a Copa Cantábrica e o posteior Abiertu do Liet escomezará na espectacular serpe de carros que cruce a ponte dos santos direccion a Xixón atronando nos bafles dos coches a espectacular Cassette dos Ex_tension Agraria , o potente grupo de rock anti-sistema de Bretonha ademáis de aportar varios dos seus compeñentes á Auténtica será a Banda Sonora perfecta para motivar e giar á Auténtica cara a victoria final. 

AugaVella...O PODEROSO COMBUSTÍBEL DA AUTÉNTICA!!


















E ademáis os Ex_Tension tentarán establecer contacto cos delegados do Liet International para tentar converter o Arxina coma unha lingua oficial no festival ó carón por exemplo do basco , bretón , asturiano , frisio ou gaélico . Foi ista unha das consigas do grande brinde no último ensaio do grupo en Bretonha co que os Ex_tension Agraria abriron unhas das botellas de Licor Café  de AugaVella, a licoreiría de Chantada que dá un firme paso ó fronte ó apoiar á LNB niste seu novo desafío cantábrico patrocinando a que de seguro será unha explosiva Cata de Licor Café a pé de pista para contrarrestar a sempre perigosa Espicha de sidra dos nosos irmáns do Conceyu Nacional do Liriu...Opa Hostil á Repunancia, adiante co Varal!!

domingo, novembro 25, 2012

O ASALTO Ó PARLAMENT DA CUP E O ESPECTACULAR HAT TRICK DE DANIEL EN VILABOA ...LANZAN Ó CANTÁBRICO O BATUXO DA AUTÉNTICA!!
















Exitazo sen paliativos nas elecions catalás dos irmáns da CUP , tres deputados que equivalen a tres varados por toda a escadra dunha referencial organizacion de base que entra no paralament disposto a lanzarlle bélits ós helicopteros e os deputados da mafia capitalista...



E exitaxo sen paliativos tamén o de Daniel , o palanador dos BM-Roteiros con base na Norleste ven de asinar un espectacular Hat Trick ( se sumanso o éxito acadado no Abertinho Nocturno da Queimada ) coa súa espectacular victoria diste domingo en Vilaboa nunha final de infarto fronte a Luis,  futbolista gaélico dos Mecos e activista Gharaboto que podes   reviver nos explosivos video-estalos do facebook. Danuel con iste novo triunfo amosa ás claras que se atopa coma peixe na auga nos Abertos da NorOeste , unha garantía absoluta para quen está chamado a ser un dos pilares básicos da Auténtica na defensa da Copa Cantábrica iste vindeiro sábado . Atentos pois porque mentras  tomanos un Licor Café para coñecer as novas do acontecido no mítico Aberto de Txirikila#Billarda en Pasaia e mentras nos mergullamos no web-blog oficial da Conf. Rías Baixas para coñecer a dimension do tsunami billardeiro que azoutou SanXenxo iste domingo ...abre os ollos porque as PxA ( Plataforma de xestion da Auténtica ) está a piques de lanzar a lista de convocados polo seleccionador nacional Flores para a defensa da Copa Cantábrica e a desputa do Abiertu Liet International...

sábado, novembro 24, 2012

TXIRIKILAS EN PASAIA, BILLARDAS EN SANXENXO E BELITS EN CATALUNYA ENCHENDO AS FURNAS DE LIBERDADE!!



















A praza da Bahia de Pasaia voltará acoller as desafiantes txirikilas e billardas no Aberto que dará comezo apartires das 11 h. da mañá diste sábado . Coma en anteirores ocasion haberá un comando LNB desprazado dende a Galiza para apoiar a accion dos irmáns de Txirikila-Bai e o Fato Castelalo artíficies máximos dista accion en terras de Euskal Herria que dará o pistoletazo de saida a unha find. billardeira que ter´ña o seu desquita no País cunha nova enganchada regular na Conf. RíasBaixas iste domingo apartires das 16 h. no Pavillón da Florida no concello de SanXenxo.

ISTE DOMINDO VOTA BÉLIT...VOTA  POLA INDEPENDENCIA REAL DOS PAISOS CATALÁNS!!



E metidos na boráxine internacionalista non podemos ollar cara outro lado cando os irmáns da tribo bélit iste domingo se enfrontan ante un novo desafío histórico , a condensación de podredume en todos os frontes con representacion no parlament levan a conducir os golpexos de cada cana nas furnas cara a única alternativa que aposta por unha indenpendencia real dos Paisos Cataláns fóra do conflicto de intereses agochados detras de todi ise enxamio de proclamas que van dende a unionismo , a lacra do federalismo e o maniqueista soberanismo europeista...


Watch live streaming video from cup_tv at livestream.com
E naide mellor ca o irmán Cañamero , Andaluz e firme militante da solidaridade internacionalista entre os pobos como demostrou na súa xa histórica intervencion no acto central de campaña da CUP - Impresionante, pel de galiña ó sentir o alento diste activista que foi ademáis o único que citou en toda a campaña electoral Catalá  á Galiza no seu contexto de país en vías de desenrolo popular cara ó soberanismo...Bélit Sempre , adiante CUP!!

quarta-feira, novembro 21, 2012

MARTXA , BORROKA ETA TXIRIKILA...ISTE SÁBADO CHEGA A PASAIA A NOVA EDICION DO EXPLOSIVO ABERTO DE TXIRIKILA#BILLARDA_2012!!






















Toda listo para unha edicion máis desfrutar do estourido das billardas e as Txirikilas no ar de Pasaia , será iste sábado e coma nas anteriores edicións,  a festa e a loita pola liberdade de ambas nacións aínda sen estado estará sobreboando cada unha das cabezas dos particiantes niste Txirikila Txapalketa 2012 . De novo a alianza cos compañeiros do Fato Castelao de Pasaia , xunto cos irmáns de Txirikila-Bai dirixidos polo Comandante Mourinho e os apoios do referencial gobeno municipal da vila fan posíbel a realizacion diste xa mítico aberto que une planador@s e txirikilaris lanzando Txirikilas e Billardas cara un mesmo Varal anti-constiticional .Contacto directo e info>> 635.276663

CONTA ATRÁS PARA A LISTA DE CONVOCAD@S DE FLORES  PARA A COPA CANTÁBRICA-Liet Asturies2012!!


















Será Pasaia pois a gran punta de lanza para o vindeiro sábado 1 de decembro no marco do festival de lingua minorizadas Liet International defender en Xixón a Copa Cantábrica de Liriu#Billarda que a istas horas repousa pracidamente na Taberna da Lola de Remourelle , atentos pois á agardadísima lista de convodad@s para ista nova xeita histórica no espectacular marco da Praza da Llaboral...Billarda , Liriu e Txirikila Sempre!!

segunda-feira, novembro 19, 2012

ABERTINHO NOCTURNO DA QUEIMADA >> MAL DE OLLO , NEGROS MEIGALLOS , CHEIRO DOS MORTOS ,TRONOS E RAIOS!!



















A noite , o lume e a augardente son aliados naturais da LNB polo que iste pasado sábado no marco do Magosto organizado polos irmáns de Amigos da Gaita en Ribadeo foi espazo perfecto para a celebración dun explosivo Abertinho da Queimada que deu continuidade á gran Torneo nocturno do Zocheiro celebrado no mesmo sitio o ano pasado . Noite de cans que servíu ademáis de brutal ensaio co Castru do CNL para a defensa da Copa Cantábrica que o vindeiro 1 de decembro a Auténtica realizará na espectacular Praza da Llaboral de Xixón no marco do festival Liet International no cal acaban de incorporarse ó cartaz coma banda invidade os míticos Dixebra.



















Un Abertinho que gozou dunha gran espectación do público congregado no interior da Praza de Abastos Ribadense que abarrotaban as escaleiras da entrada a modo de bancadas bulideiras para seguir as intensas roldas clasificatorias...



















O ambiente estaba "calente" como se di na linguaxe propia dista beira do Eo , tanto na cozola de lata na que se preparaba a queimada coma na pista donde a tapa da cozola facía as veces de Castru improvisado donde encestar os grans de café mutados en billardas ardentes na noite



















Un abertinho no que a perigosidade do mesmo motivado polo apelotoamento de coches e o complicado do xogo fixo que se reducira a inscripción a planadores e palanadoras experimentados na LNB entre os que estaba o mítico palanador dos Petapouco David Díaz e que foi tamén o primeiro seleccionador asturiano sen o cal nen a LNB nen a Copa Cantábrica de seguro terían existido. Lucía adiantándose unhas horas ó exitazo do seu compañeiro de franqucia Marcos dos  Remourelle Bulls colouse nunha desputadísima final a tres acompañando a Daniel dos Billardeiros Musicais e ó actual Zoncheiro Regueiro das Troitas Bravas.



















E despois dunha loita fraticida baixo a escuridade e o barruzo foi o palanador local Daniel quen se fixo coa victoria , na súa faciana se pode ver ledicia inmensa ó conseguir o tan desexado brevaxe que por instantes víu perigar polo gran xogo de Regueiro e de Lucía.



















Daniel recibíu a espectacular Botella de Queimada da LNB como non podia ser doutro xeito de mans do Zoncheiro de Ribadeo Regueiro que estaba acompañando do representante de Siareir@s Galeg@s da Mariña Queipo que xa están movendo os fíos para tentar realizar unha apresentación na vila do espectacular partido da seleccion Galega de futbol fronte a Kurdistan o 29 de Decembro en Pontevedra precedido do xa mítico Aberto de Billarda da Auténtica. Non puido Daniel ó día seguinte en San Miguel no Aberto de Flores repetir posicion no pódium mais demostrou unha vez máis niste gran Aberto Nocturno do Magosto que é un dos grandes non só polo xogo que desprega habitualemnte na pista senón polo seu magnífico xeito de entender e transmitir paixón e compromiso billardeiro .... Queimada e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

O ESPÍRITU BRAVÚ INVADE A LNB COA PODEROSA ESCRITA E GRAN VICTORIA DO PALANADOR DOS BULLS "MARCOS CHANKLI" NO MITICO ABERTO DE FLORES!!











Unha cinta de k7 mercada nun bar mítico coma o Cabaleiros de Lourenzá foi quen de trocar cando, menos o rumbo de algunhas cousas, unha delas , segundo el mesmo relata , o curso vital do gran palanador Bravú dos Remourelle Bulls Marcos Chankli , e maxistral vencedor iste domingo no xa mitico Aberto de Flores ,  deixou fonda pegada con cada un dos seus poderosos golpexos diante do gaiola da miseria moral tamén coñecida coma pista de padel en San Miguel de Reinante ,  unha fazaña co palán entre as máns ( documentada nunha fabulosa coleccion de fotos a ollo de rapiña do Gharaboto Luis Camiña ) só equiparábel ó brutal e apabuiante estalo-literario verquido no último número do referencial Bruar dos Bulls . O dono daquel local de Lourenzá  por vontade propia fai uns meses decidíu cruzar a barreira do máis aló , O Verme Homicida sobrevive hoxe no corpo mutante do Rei Mukade e coma bérrago indomábel no corpo dos Ex_Tension Agraia  e as pistas da LNB son isa espazo de resistencia donde o poder non puido nen poderá penetrar xamais e donde o lume bravú arde en cada varado coa forza dun Bulls ferido coma Marcos demostrou con ista súa gran victoria e con cada un  dos seus  golpexos con arrecendo a bravío dentro e fóra da pista , xa sabes......

SE NON ES BRAVÚ FAITE!!
















Cando comezaba a coñecela realidade, alá por mediados dos noventa atopeime
de cheo co rock bravú. No colexio os compañeiros alucinaban coa cinta de casette dos
Skornabois. Lembro perfectamente que a mercara no Cabaleiros. Era a moda.
En calquer punta do país surxían grupos dun estilo ou doutro, pero que
compartían todos eles o idioma: cantaban en galego. Todos eles formaban o auto-
bautizado Rock Bravú.



 Xente que quixo facer as cousas como a eles lles petaba, sen queninguén lles impuxera nada, nen tan siquiera ningunha etiqueta. Os Rastereros de Chantada, Os Impresentables de Vimianzo, O Caimán do Río Tea de Ponteareas, Skornabois de Lourenzá, Xenreira da Estrada, Os Papaqueixos da Coruña, e como non Os Diplomáticos de Monte Alto, entre moitos outros comezaron a andaina conxunta no Castañazo Rock!!





















Anos despois o movimento Bravú esmoreceu, pero como dixo o referencial Pinto de Herbón “onde houbo lume, sempre quedan as brasas”, e é certo, a semente bravú oxe en día vive na Liga Nacional de Billarda.

















Desde os primeiros anos deste século XXI, un dos que xa impulsou o Bravú, Xermán Viluba, colleu o touro polos cornos e puxo a andar a LNB, que comparte do bravú básicamente dous puntos: a ilusión e máis a autoxestión.

















De tódolos xeitos, a billarda creo que terá unha vida máis longa, xa que é quen de chegar a tódolos públicos e consegue enganchar tanto a un rapaz ao seu pai ou ao seu avó. Calquer palanador que cada fin de semana acode a unha xornada da LNB leva dentro un indomable espíritu bravú, e se non o leva, non tardará en metérselle dentro, e senón, ao tempo!!

Imos indo . . . imos vendo!!


(O Bruar dos Bulls )  Marcos Chankli Fernández

sexta-feira, novembro 16, 2012

A QUEIMADA DO ZONCHEIR@ ...A PREVIA DE LUXO CARA Ó GRAN ABERTO DE FLORES EN SAN MIGUEL DE REINANTE!!



































Castanhinho estará tamén presente nun dos que se prevé xa máis multitudinarios Abertos da Conferencia Norleste para un ano máis rendir o sinceiro e rotundo homaxe de toda a serpe multicor da LNB ó gran selecionador nacional Flores . Será ademáis iste Aberto en San Miguel de Reinante donde se tezan as coordenadas para o vindeiro 1 de decembro en Xixón a Auténtica defender a Copa Cantábrica e posteriromente desputar o histórico Abiertu do Liet , un feito de dimensions estratosféricas froito da colaboración da LNB co estameno irmán de Asturies do CNL . E atencion porque tanto a Copa Cantñábrica coma o Abiertu formarán para do programa oficial do Liet International_2012 polo que preparade as gorzas para brindar por iste novo exitazo cara a oficalidade coa sidra asturiana na espicha e co AugaVella na explosiva cata de Likor Café a pé de pista...
















É por elo que se iata find. queres ser cool de verdade colle a bibicleta que tes estarteladoa no garaxe a ponlle o teu palán de manillar e tira coma un lóstrego iste domingo cara San Miguel de Reinante para apartires das 15:30 h. comezar as isncripcións , feito iste da puntualidade que niste periodo de inverno vermello no que estamos inmersos é mais necesario ca nunca por motivos da visibilidade con luz solar . Info e Inscripción >> 636.843377      

ABERTINHO DA QUEIMADA >> A POLO COLAR DE ZONCHEIR@ DE RIBADEU!!
















E recorda que iste sábado apartires das 20:30 h no Magosto de Amigos da Gaita en Ribadeo Abertinho da Queimada co "Castru do CNL" preparatorio para a defensa da Copa Cantábrica e donde se voltará loitar polo xa mítico título de Zoncheir@ de Ribadeu que actualemente posúe o gran palanador de Troitas Bravas Xosé Regueiro- Inscripción>> 607.630364

quinta-feira, novembro 15, 2012

"AUGAVELLA", A LICOREIRÍA DE CHANTADA, SELA A SÚA ALIANZA COA LNB ABASTECENDO DE LIKOR CAFÉ Á AUTÉNTICA NA SÚA DEFENSA EN XIXÓN DA COPA CANTÁBRICA!!















Non estás soñando , podes peliscarte incluso se non acabas de crer o brutal e histórico paso ó fronte que a Licoreiría de Chantada AugaVella acaba de selar co seu apoio á Auténtica ó converterse en patrocinadora oficial da Seleccion Nacional de Billarda unha alianza que se escenificará o vindeiro 1 de decembro na praza da Llaboral de Xixón durante a desputa da Copa Cantábrica e do Abiertu do Liet International . 

  A sucesión de éxitos acadados nos Abertos de Billarda no CastañazoRock donde AugaViva estivo presente nos premios e a victoria da AkipaLNB nos recentes xogos bravús fixo que os irmáns de AugaVella non dubidaran ren ante a posibilidade de acompañar á Auténtica nos sucesivos retos internacionais , é por elo que serán unha serie de exclusivas botellas de Augavella as protagonistas na explosiva cata de Likor Café paralela á espicha de sidra coa que irmandar pobos e gorxas no Liet-Cantábrico - Só unha Licoreiría valente coma AugaVella e o seu exquisito Licor Café pode ser quen de guiar os pasos da Auténtica cara o espellismo da victoria final...AugaVella Sempre , Adiante co Varal!! 

ABERTINHO DA QUEIMADA CO "CASTRU DO CNL" PREPARATIVO PARA A COPA CANTÁBRICA!!



















E coma gran adestramento para os palanadores e palanadoras da Auténtica iste mesmo sábado, como previo de luxo do gran Aberto de Flores ,  no marco do Magosto dos irmáns dos Amigos da Gaita celebrarase un Abertinho co sistema de "encastrau" para ir preparando estratexias cara á defensa da Copa Camtábrica e os feroces ataques da sidra e dos machetadores e machetadoras asturianos. Castañas , billarda e viño e para o campion ou campioa do Abertinho un par de botellas de magnifica Queimada da Casa coa que combatir a friaxe e o insomnio...colle o palán e Conxúrate!! 

segunda-feira, novembro 12, 2012

A AUTÉNTICA COLLE O RELEVO DE "MAFIA GALEGA" COMA REPRESENTANTE ÚNICO DO GALEGO NO LIET INTERNATIONAL_2012!!


















A luz que faltou no pavillón da Adina que producíu a suspensión do Aberto da Conf. RíasBaixas iste sábado e a que alumeou o horizonte da NorOeste no gran Aberto de Oleiros que catapultou a Daniel de Roteiros coma Monteiro do Meixonfrio é a mesma que alumeou o espírito indomábel da gran serpe multicor para propiciar o brutal chimpo mortal dende o esceario de Lorient que terá o seu aterraxe dous anos despois na espectacular praza da Llaboral de Xixón donde iste vindeiro 1 de decembro se celebrará a nova edicion da Copa Cantábrica de Liriu#Billarda no marco do referencial Liet Internacional Asturies_2012 , o festival das linguas minorizadas da europa na súa primeira edicion Ibérica motivado pola gran xestión conxunta dos estamentos CNL ( Conceyu Nacional del Liriu ) e a LNB lograron que o Liet International  incorporase por primeira vez na súa história a Billarda e o Liriu entre as súas activiades paralelas , un triunfo por todo o alto na internacionalizacion do conflicto billardeiro que terá á Autentica de Flores recollendo o relevo da mítica actuacion dos Mafia Galega no salón sindical de An Oriant.



















Pola mañá terá lugar a desputa no espectacular espazo da praza da Llaboral de Xixón dunha nova edición da Copa Cantábrica donde de novo Asturies e Galiza medirán forzas para facerse coa copa das nacións á que cada vez están máis preto de sumárense os poderosos belits dos Paisos Cataláns e as txirikilas de  EuskalHerria donde se celebrará un previo de luxo unha semana antes , será en Pasaia o sábado 24 de Novembro donde se celebre unha edicion más do xá mítico Aberto de Txirikila#Billarda , semente da poderosa seleccion euskaldum de txirikila que o ano pasado visitou Marín pàra medirse á Auténtica.

















Nada tería sido posíbel sen a fenomenal xestion da activista da Llingua Pepa la Hevy , o actor e machetador Sergio e o Comandante do Liriu e criador de coellos Hevia tres pilares básicos do universo Liriu que xunto coa forza e a determinacion da Auténtica foron quen de rachar unha vez máis cos chantos da vergoña que propiciaron que ista acción máxica teña lugar nun contexto coma o do Liet International que terá a súa guinda na tarde do 1 de decembro coa desputa do Abiertu Liriu#Billarda Liet International con espicha  de sidra e cata de Likor Café a pé de pista que promete intercabio de golpes e fluidos como nunca antes se viu en toda a europa dos pobos...unha festa de imprevisíbeis consecuencias que será antesala da gran final do festival das Linguas minorizadas do Liet Asturies 2012 ne espectacular salón de actos da Llaboral , xunto enfronte á pista de xogo....Vaite preparando porque cando Lirius e Billardas comezan a fungar os dentes e os fígados podes atopar!!

sexta-feira, novembro 09, 2012

ADIANA E A GENTALHA ...MAGOSTO BILLARDADEIRO E FESTA POLA LIBERDADE!!

















E iste sábado a febre castañieora continúa invadindoo todo, será apartires das 16 h. na Praza da Adina en San Xenxo donde se depute unha nova enganchada da Conf. Rías Baixas , alí haberá billardas , castañas , viño do país e festa a eito para todos os participantes niste aberto nas terras dos Salnés . Info e Contacto>> 659.553543 / Atentos ó facebook oficial da Conf. NorOeste porque igual se producen movimentos ista find.



















E se estás por Compostela que mellor xeito de celebrar que aínda estás ceibe que acudindo á Gentalha do Pichel á festa da liberdade organizada polos irmáns do colectivo que voltem á casa para apoiar ós activistas galegos retornen tamén ceibes ó fogar.