O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, fevereiro 28, 2009

O BILLARDA JAI ALI NA CORUÑA DESAFIA A XORNADA ELECTORAL!!

Non hai refrexión nen cita electoral que poida frear o frenético ritmo da serpe multicor da LNB, iste domingo 1 de marzo , a paritres das 16h no Frontón de riazor da Coruña , a cuberto da chuvia de datos de participación , novo asalto na Conferencia Noroeste que ademáis servirá para definir a estratexia da viaxe da súa propia Guagua do vindeiro domingo cara ó Billarda All Star Ourense_09. Por primeira vez a LNB pisa a mesma pista dos irmáns do clube pelota punta da Coruña , Billarda Jai Alai , antídoto contra a xornada electoral!!

sexta-feira, fevereiro 27, 2009

OLLA AS GRANDES ESTRELAS DO SUR NO ROLAND GARROS DE BUDIÑO!!


Os milleiros de fans de TELE-VARAL espallados polo mundo , non podiamos conciliar o sono , ....Budiño , foi a estación nº 6 diste gran comboio da Conferencia Sur que avanza imparábel por camiños de ferro , terra e lama , para os que se mareen no camiño que boten a pota iste domingo e que collan forza, porque a próxima estación, Salceda , xa está marcada para o vindeiro sábado 7 de marzo , véspera da gran parada nacional na Pista da Chave ( ó carón do estadio do Couto) para desputar o Billarda All Stars Ourense_09. Alí poderemos desfrutar do xogo e do alento de tódalas estrelas da Conferencia Sur incluido o verbo e a palabra de Fuco , nomeado xa speaker oficial do Billarda All Stars!!

quinta-feira, fevereiro 26, 2009

ALERTA>> CHEGA O BILLARDA ALL STARS OURENSE_09!!

Fóra as caretas preparade os pasamontañas porque chega unha nova edición do Billarda All Stars. Se quedaches farto da maraña consuminsta que os mass-media che fixeron tragar co partido das estrelas da NBA , atención porque ista vindeiro 8 de marzo na pista da Chave, ó carón do estadio do Couto en Ourense, terás tempo e armas dabondo para vingarte.

Por primeira vez a LNB realiza o gran partido anual das estrelas fóra da mítica pista da Zapateira que o víu nacer, é por elo que veñen á nosa mente imaxes e sentimentos de emocións indescritíbeis porque reafirmamos que o All Stars foi a gran semente que o grande Sak se atreveu a prantar nunha cidade e nun país que adoecía por sentir de novo a forza dos peteiros bruar....e a guagua desafiou a costa para alí mesmo prantar a metade de pataca coa semente da victoria.

ATENCIÓN PORQUE A GRANDE SERPE LNB ESTÁ EN MARCHA:

NO NORLESTE: iste sábado 28 celebrarase na Taberna de Lola de Remeorelle unha asemblea extraordinaria do Varal, retos e estructuras do futuro, a cita a partires das 21:15 h.

Comunicamos que o Aberto do Lacón previsto para celebrar iste domingo electoral fusionarase co Torneo Cidade de Lugo a celebrar na cidade das Murallas , atentos porque hai moita xente de todo o país adoecemdo por meterlle o dente a iste mítico trofeo do emisferio Norte. Informamos tamén que a Guagua para o All Stars paiitrá o domingo 8 ás 8:15 h da estación de Ribadeo coas paradas habituais.

NO NOROESTE: ultímase a viaxe do bus para o All Stars con saída da Coruña e parada en Compostela , a xente que queira unirse á expedición na coruña: 627.310434 / anxo@aol.ese a xente que queira facelo en Compostela: 660.268654 / acdfurabolos@hotmail.com

NO SUR: ferve a sangue para debutar niste histórico torneo , estase mirando a posibilidade dun auto-carro , irase informando se se confirma isto ademáis nista conferencia pecharanse todos os temas no sétimo torneo puntubábel , na víspera do All Stars, o sábado 7 de marzo en Salceda.

Atentos porque iremos informando puntulamente nista abafante conta a trás cara gran á cita coas estrelas da LNB , Aberto na cidade de Ourense na poderás particiapar coa única condición de que che ferva o sangue. Siareir@s Galeg@s e a LNB organizan ista xornada na que billarda, futbol , cocido, e unha explosiva sesión vermute a cargo dos Skarnio vai conxelar ate a auga das Burgas.

domingo, fevereiro 22, 2009

MONDOÑEDO E O PEDROUZO , TERRITORIOS MARCADOS POLO PODEROSO ENTROIDO BILLARDEIRO!!



E o entroido apoderouse tamén da LNB, nas pistas do Pedrouzo e Mondoñedo as máskaras tomaron os paláns e billardas para desafiar de novo a gravidade coa mesma forza e intensidade que as orellas e filloas desafían o colesterol nas nosas dietas.


Nen un milímetro de ventaxa se pode deixar niste tramo de competición tanto no NorOeste coma no Norleste donde xa se alvisca as primeiras costas do Play Off Nacional, en Mondoñedo saíron incluso a relucir os tan temidos CALIBRES.....


Carmiña e Calvete , dúas auténticas estrelas da LNB que xa anuciaron que van estar presentes defendendo o Leste no vindeiro Billarda All Stars Ourense 09 que xa se cobrou as súa primeira víctima menos mal que de caracter leve, Xosé Antón , o bravo palanador dos Furabolos do Pino sufríu unha pequena escordadura practicando na realización dun espectacular mate xunto cos seus compañeiros de equipo que xa ollan cara Ourense para vencer no concurso de Mates, Triplas e no Aberto coma palandores do Oeste.


.....e co Pedrouzo e Mondoñedo minados de billardas solidarias realizadas por Santi da conf. sur distribuídas no aberto de Palestina de Compostela, a tribu LNB continuou apoiando causas coma as dos alumnos do colexio Álvaro Cunqueiro que a pé de pista venderon as súas rifas-solidarias para a viaxe de fin de curso....metáfora perfecta do noso total compromiso coma mobilidade en tódolos frontes, adiante compañeir@s e canto máis lonxe mellor!!

sexta-feira, fevereiro 20, 2009

ISTA FIND NO PEDOUZO E MONDOÑEDO... OLLADAS CARA JOHANNESBURGO!!

"Imos a usar o deporte para a construcción nacional e para promover todas as ideas que conducirán á paz e á estabilidade no noso país". Con istas verbas , Mandela deu un paso ó fronte para consolidar a democracia Sudafricana e depaso evitar unha xa case segura guerra civil , a LNB dende a súa fundación asimila as mesmas teses que o mítico ex-presidente sudafricano , o deporte como base da construcción nacional , dous asaltos da liga regular celebraranse iste domingo , apartires das 16 h no NorOeste , na pista do Pedrouzo, en Arca, no concello do Pino e no NorLeste , na pista do Colexio público Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo as billardas botaran lume na desputa de sendos asaltos regulares en cadansúa conferencia da LNB. Nun intre de campaña electoral e cando se anuncia a que o Factor Humano, o libro de Jonh Carling sobre a figura do lider africano vai ser levado ó cinema baixo a dirección de Clint Eastwood e portagonizado por Morgan Freeman , é un intre perfecto de por os ollos no mito de Mandela para apelar ó presidente galego saínte a que se atreva a enfundar a camista da Auténtica coma fixo Mandela cando baixou ó campo despois da mítica final do mundial de rubgy 95 celebrado en Sudáfrica para entregarlle a copa de campións ó capitan dos Springboks François Pienaar despois dunha apoteósica final no estadio nacional de Johannesbugo fronte ó poderosa Nova Zelanda. A LNB nistas elecciós abonada ó Factor Mandela .... Billarda pilar fundamental da construcción nacional!!

quarta-feira, fevereiro 18, 2009

O SUR ENTREGA O RELEVO ÁS PODEROSAS CONFERENCIAS DO NORTE!!


xa o anunciabamos .....impresionate crónico e impresionate a reportaxe gráfica realizada no asalto regular da conferencia sur en Budiño, olladas e xostradas nas clasificación por un posto no Play Off Nacional , unha meta que cada día está máis cara tamén nas outra dúas conferencias que iste domingo 22, realizan tamén sendas enganchadas a plena luz do día. No NorOeste nova irrupción moi preto de Compostela , concretamente no Pedrouzo no concello do Pino e no Norleste na terra do rei das tartas, na pista do colexio público Àlvaro Cunqueiro de Mondoñedo .....ide afiando nas billardas, peteiros ou estornelas porque a loita continúa por riba incluso da anodina campaña electoral.

OURENSE ALL STARS 2009 , O BRILO DAS ESTRELAS QUE ATRAERÁ ÁS PEGAS E ÓS CORVOS!!



E mentras Alfredo di stéfano lle aconsella a Dhrente que saque os pendentes para xogar ó futbol, na LNB queremos animar ós palandores e palanadoras a que se anillen totalmente, que luzan os piercings sen complexo e que incluso poñan o narigón xa confirmamos a nova que xa anda rulando por todas as conferencias coma o lume na herva seca, achégase a data do All Stars 09 e iste ano a serpe multicor deberá brilar con toda a intensidade na pista da chave ó carón do estadio de futbol do Couto en Ourense, é dicer , ide preparándovos xa que o domingo 8 de marzo temos que brilar co xogo e cos colgarexos coa intensidade suficiente para que todos os corvos e pegas do país esteñan sobrevoando Ourense.

E como sebemos os corvos invadiran o ceo do All Stars Ourense 2009 queremos animar a todas as pegas para que se animen a participar na gran festa anual das estrelas da LNB cun auténtico temazo de Marisol Manfurada, aledámonos inmensamanete do retorno dista poderosa e indomábel Bily Holliday das silveiras que con Instinsto Básico entra pola porta grande na finalísima do CoruNason , caixas de ritmos e actitude salvaxe para o imparábel femia-power que invade as pistas da LNB... Adiante Marisol e paja logho se queres a ghasolina!!

segunda-feira, fevereiro 16, 2009

BUDIÑO MARCA NOVOS RECORDS DE ASISTENCIA E INTENSIDADE!!


Nova tarde de gloria absoluta na Conferenecia Sur, Porriño volta a por o listón polas nuves en grao de asistencia e en coordianción organizativa entre a Asociación cultural a Forna de Budiño e a LNB . Rubén dos Lideiras e o relaxamento dos Paquete Pincha foron os grandes protas dunha xornada que poderás coñecer con pelos e sinais ó sumerxerte no referencial web oficial da Conferencia Sur.

...E CAL SERÁ A TÚA HOMENAXE NO BILLARDA ALL STARS OURENSE 2009?

E mentras no US Airways Center de Phoenix se apaga o resplandor das estrelas do All Stars weekend da NBA , na Galiza prepárase en tódolos frontes a inmersión estelar que vai convertir Ourense no epicentro dunha xornada , a do 8 de marzo, que vai facer tremer a vía lactea . Se Fernando Martín foi homenaxeado coa camiseta co número 10 por Rudy Fernández é o intre de tamén nós vestir a camisola da Gentalha do Pichel para solidarizarnos con isa asociación irmán perseguida nistes días de calma tensa despois da tempestade na cidade de pedra. Mandilóns e camisetas de homenaxe ós ídolos de seguro que invadiran a Pista da Chave ó carón do estadio do Couto para deputar un Aberto no que cada palanador e palanadora puntuará para o Leste e Oeste e no que non faltarán o explosivo concurso de Varados nen o concurso de Mates... Anibal agardámoste!!

sexta-feira, fevereiro 13, 2009

ISTA FIND...AMOR E PINCHA NO RETORNO DA COMPETICIÓN REGULAR NA CONF.SUR!!

Esteñas totalmente namorado ou odies con toda a intensidade do mundo iste sábado 14F deixádevos guiar polos vosos máis primarios e salvaxes instintos que vos conducirán irremediabelmente á pista de futbiño do centro cultural a Forna de Budiño para desputar a apartires das 16 h o Aberto puntuábel para a liga regular da Conf. Sur . Volta a emoción e o espectáculo no tramo final da competición e no horizonte xa se alviscan os primeiros cumios do Play Off Nacional. Mapas , olladas de corvo e todo o necesario chegar san e salvo á pista de Budiño no web oficial da Conferencia Sur.

quinta-feira, fevereiro 12, 2009

VIDEO-ESTALO-KAZAN DO ABERTO SOLIDARIDADE CON PALESTINA E COS REPRESARIADOS!!


Xa podes palpar a dimensión absoluta do vivido en Compostela niste Aberto de Solidaridade con Palestina e cos Represariad@s, Tele-Varal apresenta o seu video-estalo-kazan con fracmentos dista loita contra os bambardeos , ponte a cuberto e dalle ó play!!

A LNB APRESENTA EN LUGO O SEU PROXECTO I+D+I Ó CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA!!


Nen a consellería de innovación e industria capitaneada por Fernando Blanco quedou impune ás arremetidas da LNB , nun acto coloquio do conselleiro celebrado en Lugo cos representantes do deporte provincial a billarda estivo alí para apresentar o seu proxecto deportivo global , nun intre no que se alvisca no horizonte a posíbel primeira retransmisión televisiva íntegra dun partido de billarda os membros da LNB pediron que entre as prioridades da consellería no eido deportivo se situase a dotación de infrestructura tecnolóxica específica para o noso deporte , polo que deixamos caer ante a sorpresa e o alboroto xeral que recolle a prensa luguesa, a petición de MARCADORES DIXITAIS NAS PISTAS DE BILLARDA XA!! . Camilo Friol, o palandor da Irmandade San Caetano, disparou ista proba do delito na que os dous membros da LNB aparecen diante do ex-gardameta do Deportivo Songoo .

E mentras que a tecnoloxía se prepara a serpe multicor da LNB continúa reptando incesantemente para chegar ás novas citas que terán na Conferencia Sur a súa nova arremetida regular no Toneo de Budiño no Porriño ista mesmo sábado 14F , confirmamos que na Conferencia NorLeste o asalto aprazado polo Aberto de Palestina en Compostela se translada ó vindeiro domingo 22 en Mondoñedo e moi atentos ó web da Conf. NorOeste porque xa teñen as chaves do Frontón de Riazor a moi pronto aló se verán as caras os grandes dista beira atlántica.

quarta-feira, fevereiro 11, 2009

A XUNGLA DE CALENDARIOS VAI TER UN NOVO NÚMERO MARCADO>> O ARRINQUE DE CAMPIONATU!!



Compostela convertiuse como viñemos informando , nun auténtico e descomunal campo de operacións no medio das billardas-katiusha cortando o ar no Pavillón de Fontiñas. Siareir@s Galeg@s amosando a súa disposición total a coordinar conxuntamente coa LNB o All Stars 2009 en Ourense , a xente do Novas da Galiza coma sempre dispostos a apoiar calquera iniciativa e a xente do recén formado Campionatu Nacional del Liriu actuando de brigadistas internacionais pillando recortes para disporse a iniciar a súa propia e imparábel revolución no país asturiano.

Atención porque comeza a funcioonar o web oficial de Campionatu, o irmán xemelgo do Varal que será donde se relate con pelos e sinais o transcurrir disa revolución que apunta xa o mes de Marzo coma data clave para o inico dos bombardeos. Poden estar seguros os irmáns de Campionatu que haberá delegación LNB nise histórico Troneo sexa en Uvieu ou Xixón....alí soarán tamén o indomábel fungar das billardas galegas ó carón dos bravos Lirius de astures!!

segunda-feira, fevereiro 09, 2009

COMPOSTELA INTIFADA BILLARDEIRA>>>NON ESTIVEMOS TOD@S , FALTARON OS DETIDOS!!


Fomos moitos os que desafiamos as lagañas para dende primeira hora diste domingo 8 realizar a tan desexada xornada de intifada Billardeira, e non fomos sós , dende o país veciño, Marta, Xuacu e Carlos esfolaron as fronteiras para ás 5:30 da madrugada arrincar dende Uvieu para seguindo as coordenadas de loita de irmandade entre o Liriu e a Billarda chegar á estación de bus de Ribadeu donde agardada a Guagua para adentrarse xunto cos compañeiros dos Bolos de Xove na tormenta rumbo a Compostela.


E no barruzo da mañá puxemos o noso grau e area no despegue do plan estratéxico na súa presentación oficial no pazo de exposición e congresos de Compostela donde os Furabolos e o poder do sur representado por Moisés , Rubén e unha nutrida representación da Asemblea Aberta encabezada por Santi agardaban cos brazos a bertos e os palans preparados á mítica guagua vermella encabezada por Carmiña e Calvete.

Xantar de irmandade preto do aeroporto donde a Guaga xusto antes de aparcar sentía tamén no lombo as xostradas do bilingüismo harmónico que a tan só uns km golpexaba e apreixaba a varios palanadores da LNB que por apoiar cos seu berros e co seu corpo o idioma da terra mollada remataban detidos na gaiola da sinrazón feixista.


Non estamos todos , faltan os presos!! era o sentimento unánime niste Aberto máis solidario ca nunca , cada golpexo da billarda contra o palán transmitía apoio ós compañeiros retidos a tan só uns metros de distancia na comisaría, transito de novas que acompañanban a cada recén chegado ó Pavillón de Fontiñas donde o Aberto se estaba desputando dende as 16 h. Sentimento de raiba masivo que fixo que os copos de apoio ós compañeir@s de Almuinha se foran enchendo de moedas para arrebolar os 10.000 céntimos de euros no concello de Marín, venda masiva de Billardas-Solidarias feitas por Santi que segundo as novas atopábase entre os apreixados xunto con outro militante da Conf. NorOeste.

A ista alturas da tarde a pista de Fontiñas estaba xa minada de Billardas-Solidarias para despois dunha maxistral xestión deportiva con implicación das 3 conferencias baixo a coordinación a doble pista sempre perfecta do sur , establecéronse os emparellamentos das roldas finais que desembocaron nunha espectacular final norte-sur entre Ginés e Moisés a pista completa , pavillón a rebosar e os focos e os centos de olladas chantadas nistes dous palanadores que plantexaron un dasenlace final ó mellor de tres carrieras


Empate a 1 no primeiro trinque e a morte súpeta colocou á Ginés dos potentes Remourelle Bulls no máis alto despois de dobregar a un moi atinado Moisés dos Culombios que en Campostela rendíu a un nivel impresionate ameazando ate o último suspiro o título diste Aberto, puido ser que o traizoaran os nervios e a presión abafante dun público totalmente entregado á causa para darlle chagüi a Ginés que con ista victoria fai pleno acadando o segundo título en Abertos de convocatoria Nacional da tempada e que ameaza con encher as vitrinas cun posíbel Hat Trick no Aberto do All Stars 2009 de Ourense.

Unha vez máis hai que felicitar en primeiro lugar a toda a xente do Novas da Galiza , compañeiros de viaxe sen os cales nunca iste nen moitos outros abertos poderían ser posíbeis, esforzo e compromiso coa independencia é a nosa condea , a Gentalha do Pichel que colaborou tamén para que ista xornada saíra adiante esquivando as minas no camiño que ameazaron con facer chimpar todo polo aire en calquera instante, a Xavier Rico , porque demostrou ser un valente acudindo á chamada da tribo LNB que pola mañá deixarara o seu berro no salón de actos do Pazo de Congresos , porque ó contrario do que moitos pudieran pensar a LNB demostrou saber estar á altura en todos os frontes nos que se implica.


Venceu Ginés un torneo Solidario con Palestina e cos Represariados no que unha vez máis demostramos, e o que é mais importante, demostrámonos o nós mesmos, que somos capaces de facelo. Non tememos as bombas en Gaza nen as xostradas do bilingüismo en Compostela porque Palestina vencerá e nós tamén.

sábado, fevereiro 07, 2009

O PAVILLÓN DE FONTIÑAS ACOLLERÁ O ABERTO DE SOLIDARIDADE CON PALESTINA E COS REPRESARIADOS!!

Coas prediccións de vento e chuvia sobre a capital galega , a LNB decide transladar definitivamente o Aberto Solidaridade con Palestina e cos Represariados ó Pavillón de Fontiñas. Iste domingo pois, a partires das 16 h , a intafada billardeira de Compostela comezará ás 10:15 h. no pazo de exposicións e congresos, percorrerá ó medio-día as rúas de pedra na defensa do galego e desembocará no serán nun multitudinario Aberto-indoor ó que non podes faltar. Iste domingo, Gaza en cada varado en Compostela!!

Enderezo do pavilhom:
IES As Fontiñas
Rua Estocolmo, 5
Compostela

Podes mirá-lo akí no Google Maps:

sexta-feira, fevereiro 06, 2009

ISTE DOMINGO.....TOD@S Á INTIFADA BILLARDEIRA EN COMPOSTELA!!



- PISTA DE XOGO: En vistas ás predicción meterelóxicas temos o 90% de posibilidades de transladarnos ó Pavillón do EIS de Fontiñas. [ confirmamos akí o sábado ás 21 h. ]

-PROGRAMA:

8:15>> saída da Guagua do NorLeste de Ribadeo coas habituais paradas dirección ó Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela.

10:15>> Presentación no Pazo de exp. e congresos de Compostela do plan estratéxico dos deportes e xogos tradicionais , dende primeira hora haberá delegacións das Conf. NorOeste e Sur da LNB para que calquera que queira unirse ou establecer contacto con nós no recinto.

13:15>> Dúas opcións : ou quedar na zona vella de Compostela ou participar no xantar de irmandade no Restaurante-Hotel Garcas en Lavacolla (naval-2) donde vai estacionar o bus do Norleste para repor forzas, donde comen 20 comen 30 polo que os que queiran participar que se apresenten e pidan prato.


16 h>> Aberto Solidaridade con Palestina e cos Represariados:

poderase entrar con cans , xamsters , porcoteixos....

-Premios patrocinados por Novas da Galiza:

Lote 2º prémio:
Subscriçom por um ano a Novas da Galiza
O Pais na Janela
Guia dos Centros Sociais da Galiza
Arceia


Lote 1º prémio:
Subscriçom por um ano a Novas da Galiza
O Pais na Janela
Guia dos Centros Sociais da Galiza
Arceia
Camisola Novas da Galiza
Atlas Histórico da Galiza

NOTA: toda a LNB quere agradecer ós campañeir@s do Novas da Galiza e da Gentalha do Pichel por realizar as sempre difíciles e complicadas xestión para que iste Aberto fora posíbel. É por elo que facemos un chamamento a toda a tribo para que unha vez máis a LNB sexa un referente absoluto de coordianción e autoxestión xa que como quedou claro con todos istes episodios que vimos de sufrir nas nosas propias carnes,se non sacamos nós as castañas do lume non agardedes que veña naide facelo.

Por Palestina e por tod@s nós , Adiante a Intifada!!

quinta-feira, fevereiro 05, 2009

SALVANDO OBSTÁCULOS CONSEGUIMOS O PAVILLÓN DE FONTIÑAS PARA UN POSÍBEL "PLAN B" POLA CHUVIA!!

De novo a gran serpe multicor da LNB tivo que vencer un novo atranco motivado polas previsión metereolóxicas adversas a xente do Novas da Galiza e a LNB Compostela apuraron as xestións para como facemos sempre por vía municipal solicitar o pavillón máis preto do Parque de Galeras , e cal foi a sorpresa , cando recibimos unha negativa non por esta r ainstalción ocupada senón por nos practicar un deporte non federado. Ista é unha mostra máis do que vimos apuntando dende fai tempo , os estamentos deportivos galegos máis aló das boas intencións teñen que dar o paso para normalizar de xeito real e urxente a nosa situación a día de hoxe absolutamente alegal , e para calar aqueles descreídos podedes ler o punto fundametal alegado para non deixar o pavillón para a realización do Aberto de solidaridade con Palestina

SOLICITUDE INSTALACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL

Vistas a súas solicitudes de instalacións deportivas municipais en representación da Asociación Cultural O Varal para a celebración dun Aberto de Billarda, comunicámoslle o seguinte:

- En relación a solicitude recibida por e-mail de uso do Pavillón de Santa Isabel lle informamos que nesta instalación dadas as súas características non se pode xogar á Billarda, e dado que as instalacións deportivas municipais non abren os domingos pola tarde, agás competicións federadas ou oficiais, non lle podo proporcionar un pavillón alternativo.

Agradecemos emormemente a rapidez e a claridade nas respotas do concello de santiago aínda que ista fora negativa, pero moi clarificadora e sen tapuxos da nosa situación real.

E coa ollada dos nenos e nenas palestinos na nosa retina a serpe multicor non se deu por vencida e dirixíu as súas xestións cara ás instalacións nos centros de enciso polo que xa podemos confiramar a gran nova que tod@s estabamos agardando.

En caso de inconvinte metereolóxico transladarémonos do Parque de Galeras a Fontiñas.

Aí vai o endereço do pavilhom:

IES As Fontiñas
Rua Estocolmo, 5
Compostela

Podes mirá-lo aki no Google Maps:


quarta-feira, fevereiro 04, 2009

VÍMONOS EN BERLÍN....E PARA QUE NON SE REPITA ATOPARÉMONOS EN COMPOSTELA!!


Espeluznante a colección de fotos equiparando o nazismo e sionismo remitidas dende o NorOeste por Anxo acompañada da mítica canción de Soziedad Alkohólika "nos vimos en Berlín"

E se Galiza enteira prepara o makuto para o domingo 8 invadir Compostela dende Asturies un moi importante continxente de brigadistas do Liriu están dispostos a curzar a fronteira e unirse ó exercito internacional da billarda , sinte akí o estalo sonoro no Acuto de ontes recuperado por Radio-Varal no que xa se deixa claro que no país veciño erguen tamén as machetas en sinal de loita en apoio ó pobo Palestina . Novas da Galiza e A Gentalha do Pichel colaboran niste de seguro multitudinario Aberto Internacional en Solidaridade con Palestina e cos represariados.

terça-feira, fevereiro 03, 2009

PRIMERIO TOMAREMOS O PAZO DE EXPOSICIÓNS ..... E LOGO COMPOSTELA ENTEIRA!!

Todo en marcha para iste domingo 8 de febreiro a tribo LNB tomar Compostela. Reiteramos a importancia dunha importante presencia no acto oficial que dende as 10:15 h. da mañá se vai desenrolar no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago , a LNB dende primeira hora vai estar alí representada en todos os seus frontes , a delegación do NorOeste vai estar encabezada polos Furabolos do Pino [acdfurabolos@hotmail.com] mentras que o vendaval do Sur vai entrar pola porta dende primeira hora da man de Moisés e X.Miguel [lnb.sur@gmail.com] e como non podía ser doutro xeito a Guagua do Norleste partirá dende Ribadeo ás 8:15 da mañá para completar ista poderosa presenza da LNB , para unirte á experición [ovaral@hotmail.com] . Atención porque se están facendo xestións para realizar un xantar de irmandade entre os expedicionarios do NorLeste nun restaurante para pillar forzas necesarias coas que ás 16:00 dirixirse á Pista do Parque de Galeras para arrasar co cerco israelí no Aberto Solidaridade con Palestinas e cos Represariad@s.

Para unha perfecta coordinación das accións deixamos os mails de contacto para unirse dende primeira hora da mañá á expedición LNB e deixar tamén nos espazos institucionais a nosa fonda pegada , porque se ben estaremos pisando o molido do Pazo de congresos tamén haberá representación LNB na manifa que pisará pasado o medio día as pedras da capital galega berrando contra a desaparición do noso idioma. E se queres sentir en tempo real o chamado internacional da LNB á participación nistes actos sintoniza akí a apartires das 19:30 co poder de Acuto , a radio de combate feita dende Asturies na que Carlos Suari nos amosa semanalmente o poder inmenso da cultura física. E nen se che ocorra perder o dial da LNB xa que os irmáns do Novas da Galiza que patrocinan o Aberto solidario con Palestina e os caompañeir@s da Gentalha do Pichel agardan unha presenza multitudinaria para iste Aberto no que haberá Caixa de Reisitencia para os compañeiros de Almuinha e Varados con Lume en apoio a Santi e Alexandre.



segunda-feira, fevereiro 02, 2009

ATENCIÓN CHEGA A HORA DO PARTE >> OLLA E PASA A NOVA!!



GUINDAMOS POLA FIESTRA AS PANATALLAS DE PLASMA E RECUPERAMOS A VELLA T.V PARA SINTONIZAR O PARTE. COMO CANDO NON HABÍA MANDOS A DISTANCIA , COLLE A VARA E PREMA O PLAY PARA SENTIR O EXTREMECEDOR PARTE DE CARA Ó FIND.

UNHA VEZ SENTIDAS AS NOVAS QUEREMOS RECORDAR A TODA A TRIBU A IMPORTANCIA DE TODOS OS ACTOS DO DÍA 8 DE FEBREIRO. É FUNDAMENTAL UNHA BOA ORGANIZACIÓN POLO QUE PREGAMOS A TODOS OS PALANADORES E PALANDORAS DAS TRES CONFERENCIAS QUE SE VAIAN DIRIXINDO ÓS COORDIANDORES PARA XESTIONAR UN PERFECTO ESTALO.

RECORDAMOS QUE ISTE DOMINGO 8 DE FABEIRO A PARTIRES DAS 10:15 NO PAZO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE SANTIAGO HABERÁ A PRESENTACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DOS XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS DONDE A NOSA PRESENCIA É FUNDAMENTAL HABERÁ DELEGACIÓNS DA CONF. SUR , NOROESTE E DA NORLESTE QUE PARTIRÁ O DOMINGO DA ESTACIÓN DE RIBADEO CARA COMPOSTELA NUN BUS ÁS 8:15 DA MAÑÁ NO QUE SE PREVEE PRESENZA INTERNACIONAL XA QUE DENDE ASTURIES , OS IRMNÁNS DE CAMPEONATU TAMÉN QUEREN ESTAR PRESENTES NISTA INTIFADA BILLARDEIRA QUE VAI TER O SEU INICIO POLA MANÁ NO PAZO DE CONGRESOS DE COMPOSTELA.


E ADEMÁIS DA PRESENZA NISTE IMPORTANTE ACTO INSTITUCIONAL A LNB TAMÉN ESTARÁ NAS RÚA DA CAPITAL GALEGA APOIANDO A MANIFA EN DEFENSA DO GALEGO . SE CHE FERVE O SANGUE NON PODES QUEDAR NA CASA, VAI PREPARANDO O MAKUTO CO BOKATA E PEGA OS OLLOS Á PANTALLA PORQUE IREMOS INFORMANDO POLO MIUDO. Para unirse ó bus do Norleste e coordianar accións>> ovaral@hotmail.com