SALVANDO OBSTÁCULOS CONSEGUIMOS O PAVILLÓN DE FONTIÑAS PARA UN POSÍBEL "PLAN B" POLA CHUVIA!!
De novo a gran serpe multicor da LNB tivo que vencer un novo atranco motivado polas previsión metereolóxicas adversas a xente do Novas da Galiza e a LNB Compostela apuraron as xestións para como facemos sempre por vía municipal solicitar o pavillón máis preto do Parque de Galeras , e cal foi a sorpresa , cando recibimos unha negativa non por esta r ainstalción ocupada senón por nos practicar un deporte non federado. Ista é unha mostra máis do que vimos apuntando dende fai tempo , os estamentos deportivos galegos máis aló das boas intencións teñen que dar o paso para normalizar de xeito real e urxente a nosa situación a día de hoxe absolutamente alegal , e para calar aqueles descreídos podedes ler o punto fundametal alegado para non deixar o pavillón para a realización do Aberto de solidaridade con Palestina SOLICITUDE INSTALACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL
- En relación a solicitude recibida por e-mail de uso do Pavillón de Santa Isabel lle informamos que nesta instalación dadas as súas características non se pode xogar á Billarda, e dado que as instalacións deportivas municipais non abren os domingos pola tarde, agás competicións federadas ou oficiais, non lle podo proporcionar un pavillón alternativo.
Agradecemos emormemente a rapidez e a claridade nas respotas do concello de santiago aínda que ista fora negativa, pero moi clarificadora e sen tapuxos da nosa situación real.
E coa ollada dos nenos e nenas palestinos na nosa retina a serpe multicor non se deu por vencida e dirixíu as súas xestións cara ás instalacións nos centros de enciso polo que xa podemos confiramar a gran nova que tod@s estabamos agardando.
En caso de inconvinte metereolóxico transladarémonos do Parque de Galeras a Fontiñas.
Aí vai o endereço do pavilhom:
Rua Estocolmo, 5
Compostela
Podes mirá-lo aki no Google Maps:

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home