O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 29, 2015

COPA CANTÁBRICA _2015 >> NON HAI PRANTAS DE INTERIOR NEN PAXAROS DE XAULA!!














Alviscábase temporal e a Auténtica en Piedras Blancas sementou o pánico en terras asturianas , o que aconteceu na pista de xogo dende o minuto cero foi unha loita a cara de can estre dúas selecicons a Auténtica e a Asturiana do Liriu que se desexan e respeitan e que entran sempre sen artificios a unha loita encarnizada corpo a corpo pola gloria cantábrica. Mais a alerta máxima en terra astur á marxe do impetu de cada un dos golpexos que procuraban o castru , veu pola insaciábel sede dos palanadores e palanadoras da Auténtica que ó igual que secaron co seu xogo á seleccion asturiana no ring de piedras blancas aniquilaron tamén as reservas de sidra , viño e licor de herbas dun país que quedou tremendo despois do paso da Auténtica de Flores_2015 capitaneada polo implacábel Alvariño , o xa popularmente coñecido coma o Ibrahimovic da billarda. 
















Co peito cheo e cos paláns firmes A Auténtica apresentabase en Piedras Blancas disposta a disipar o feixe de dúbidas que asaltaron ós de Flores por mor da baixa de ultima hora disa estrela top que á Daniel dos Billardeiros Musicais . Nun poderoso retrouso o noso seleccionador nacional non se quedou cos brazos cruzados e executou unha das súas xogadas mestras que quedarán xa para a história , a de convorcar por vía urxente a Alvariño para exercen coma referente vital e deportivo na pista de xogo. Estreaban internacionalidade xunto co flamente fichace da Polka , o xoven Rubén , Chousa e Jorge que coma o resto de internacionais galeg@s luciron o brazalete negro en honra e respeito do falecido Neira Vilas . Tod@s somos Balbinos , era o apostrofe que a Atentica apostillou ó cartaz de Golpiño e Pincha , as persoaxes creadas polo ilustrador Ruán de gran impacto no universo da Billarda e do Liriu.



















Toda a tension dun enfrontemento na cuspide se disipaba nos intres previos no bar fronte a pìsta de xogo donde dun xeito natural os palanadores das Auténtica e os Asturian@s se mesturaron , abrazaron ós rivais e ós copos de cervexa e viño cos que Copa Cantábrica dába inicio.




e mentras A Auténtica inxeria os primeiros impulsos líquidos os machetadores e machetadoras astures repuñan forzas con bocadillos e tapas de callos para dunha vez dobregar ise rexo pau de ferro que é a seleccion galega na pista de xogo


















Sabedor da importancia do choque , Flores non se despegaba das novas incorporación e tentaba en todo momento que palanadores que á postre terían unha importancia clucial coma Jorge e Alvariño se sentiran partícipes do grupo.


















A barra do Bar Hilton converteuse nunha brutal trincheira na que os galegos e asturianos desputamos entre as tapas de callos e as cañas o primeiro e marabilloso asalto....



















E ás 12 h chegou a hora da verdade , Galiza e Asturies deixabamos de caralladas e baixo o cheiro da sidra racahndo no vaso cada selección saltaba ó gran teatro dos soños de Piedras Blancas



















Antes do inicio da contenda a selección asturiana reuniuse en corro e realizaron o intimidador berro de compromiso equipa , un feito que á postre que se constatou coma un tremendo erro...



















Porque asturies comezou dubidosa e ise enxordecedor berro espertou de vez o coroceir@ que cada palanador galeg@ levamos dentro...



















Alvariño coma referente absoluto da Auténtica_2015 , impulsou ate o infinito a súa billarda.plátano , coma a calificou algún dos seus contrincantes asturianos , e marcou o ritmo de xogo dunha seleccion que se mostrou con golpes coma os encastraus dende o centro da pista de Franco e Manolo coma un equipo firme e rexo sen fisuras en ningun dos tramos da carreira.



















Un resultado final que en absoluto é o que reflexa o marcador , xa que o único resultado que vale unha vez máis é do recoñecemento ao esforzo de persoeiro tans maxistrais coma Hevia que a contra-corrente sempre fai posíbel a infraesturctura que para a Autentica e a seleccions asturiana se muten en dous galos de pelexa e se atopen fronte a fronte na pista de Piedras Blancas.



















E coma guinda , espectacular xantar de irmandade no Restaurante Rosario con fabada coma prato estrela que brilou ó mesmo nivel que a clásica restra de chistes de Flores , os trucos de maxia de Alavariño e o amago de competicion de pulso que puxo en alerta a gorxa e o brazo de Chousa , Milio e naturalme do Ibrahimovic da billarda que alí donde hai lume el sempre se achega coa gasofa..




















E non pode haber unha Copa Cantábrica sen o asalto final ao mítico Lacón de Vallina , o lusco e fusco de Piedras Blancas , foi o marco perfecto que elexíu Jorge dos Pena-Verde para inscribir o seu nome con letras de ouro nista gran competición gañando o Aberto co que se clausura ista edicion da Copa Cantábrica na que se demostrou unha vez máis que ....non hai prantas de interior nen paxaros de xaula!! 

sexta-feira, novembro 27, 2015

COPA CANTÁBRICA_2015 >> OS BALBIN@S DO DEPORTE GALEGO E ASTURIANO!!














O perigoso tsumani Liriu-Billarda azouta unha vez máis o embravecido mar cantábrico , un katrina de emocións unha vez máis vai estourar en cada encastrau que os machetadores da seleccion asturiana e os palanadores da Auténtica tenten acadar nise Nova Orleans imposíbel no que se vai converter a pista de Piedras Blancas iste sábado 28 de Novembro apartires das 12 h. Un madri grass billardeiro ao que por mor dunha escordadura interna a gran estrela da Auténtica Daniel dos Billardeiros Musicais non vai poder estar co seu palán defendendo a tan desexada posesion da Copa Cantábrica fronte a unha selección asturiana que olla con ollos de fame a orelleira e que quere aprovietar ista gran baixa para rachar coa maldicion das ultimas edicions nas que viron como a Copa se lles escorregaba entre as dedas nos ultimos golpexos . Mais nunha xogada maxistral o gran seleccionador de Auténtica acaba de mover ficha e para cubrir a baixa de Daniel e convocou para ela á implacábel Alvariño , o axente libre que fichou pola Polka , vai ser sen dúbida a gran arma segreda da Auténtica niste seu gran asalto á Copa Cabtábrica_2015










Alerta Auténtica>> Sabádo 28 de Novembro quedada de carros para a defensa e asalto da Copa Cantábrica-2015 en “Piedras Blancas “ na estación de Buses de Ribadeo ás 9:30 h. Contacto Plataforma xestión da Auténtica: 607.630364 – Cantábrica Sempre , Adiante coa Auténtica!!!



















Unha vez máis a Auténtica vai enfrontarse ó gran reto de vencer na Copa Cantábrica e facelo xogando ao castru-sistema , o xeito co que xogan os irmáns do CNL ( Conceyu Nacional do Liriu ) , despois do xantar de irmandade desputarase o Abiertu do Llacón no que se utilizará un sistema mixto de Varais e Castru.


















Copa Cantábrica_2015>> O xantar de irmandade celebrarase no Restaurante Rosario a moi poucos metros da pista de Piedras Blancas - Fabada ou pote asturiano , xamón asado , viño, postre , café e chupiños ( 15 euros ) 

A xestion da pista , do restaurante e a coordinación da seleccion astur está realizada polo gran Javier Hevia Lopez , incansábel machetador e referente absouto do Liriu no país asturano que iste vindeiro 10 de decembro por fin recoñecerase oficialmente a súa grande laboura co premio á mellor iniciativa deportiva do concello de Castrillón....Hevia Sempre , Adiante Furada Cantábrica!!

domingo, novembro 22, 2015

A GRAN BOMBA DA COPA CANTÁBRICA ACENDEUSE EN PASAIA E A MECHA PERCORRE A COSTA DENDE EUSKAL-HERRIA A PIEDRAS BLANCAS!!














A serpe multicor da LNB ispese para preparse en corpo e e ialma para afrontar unha nova edición do tan desexado e fraticida reto acuático. A Auténtica dirixida por Flores comeza unha semana clave para a defensa da Copa Cantábrica que defenderá con uñas e dentes iste vindeiro sábado na mítica pista de Piedras Blancas na que iste vez a poderosa seleccion Asturiana dirixida polo Comandante Hevia farta xa de ver nas ultimas edicon do torneo como a victoria se lle escorrega entre ten unha firme conviccion de vencer ou inmolarse no intento , atentos pois porque nista edicion a Auténtica incluso pensa en levar probadores para que beban a sidra e coman antes ente o temor dun enveleamente masivo para neutralizar por todos os medios as ansias de victoria galegas. Mais a pistoletazo de saída da Copa Cantábrica produciuse iste sábado en Pasaia donde os activistas da Txirikila apretaron o pulsador para que o rego de lume percorra a costa cantábrica e estoure iste vindeiro sábado en Piedras Blancas con Asturies e Galiza fronte a fronte agardando ansiosos e traballando arreo para que na vindeira edicon poidamos ser as ser tres nacions Gz, EH e Asturies fronte a fronta nunah mesma pista.


 


E coa boneca aínda quente depois do gran Aberto de Pasaia , Ana , a palanadora aborixe de Cospeito refuxiada dende varias tempadas en terras bascas , envíanos iste maxitral crónico do torneo no que estoura en cada rego escrito que a forza das nosas billardas , txirikilas e lirius non quedará impune...

O torneo de bilharda-txirikila deste ano, organizado polo Fato Cultural Galego Daniel Castelao, foi algo menos multitudinario, mais o granizo e a chuvia non foron quen de parar as bilhardas e estornelas que o sábado voaron no frontón de Pasai Donibane.  Palanadores e palanadoras habituais e espontáneos de todas as idades que deixaron as pás de lado para coller os paláns participamos no torneo. Xogamos unhas cantas carreiras ao estilo galego e, como xa está sendo traidición, ao estilo do liriu asturianu. En todas as modalidades destacou Iker, palanador xa habitual e membro de Bixi-Bixi Elkartea, de Pasai Donibane, aos que agradecemos enormemente a súa colaboración.  Ao rematar, a modo de recompensa, degustamos algúns chourizos e morcilla con sidra desta terra. Adiante co varal!

sexta-feira, novembro 20, 2015

TXIRIKILAS EN PASAIA , CONTRA-DERBI NO BIERZO , CALIFATO-BILLARDEIRO EN MOURENTE, RAQQA-CASTOVERDE E MINI E MERO CO PALÁN E A GUITARRA EN PAIOSACO!!














Un outro derbi é posíbel e uns outros Kalasnikovs para liberarnos tamén son posíbeis ....os irmáns do Komando Billarda-Bierzo dirixidos polo referencial Tío Migui sábeno ben e iste sábado no xa mítico espazo cacholeiro das Dehesas de Ponferrada exeplificarano cun Aberto no serán previo ó estourido futbolistico en Riazor e no Bernabeu ...


















ambos estadios de fútebol sitiados polos corpos de represión e polo fundalentalismo repunante que contrastarán co ar fresco e libertario que se respirá dende primeira hora da mañá diste sábado no peirao de Pasaia na explosiva sétima edicion do xa mítico Aberto de Txirikila-Billarda de Pasaia , un brutal e incendiario punto de encontro entre a resistencia euskaldun e galega para a difusion e a impulso do deporte da bilharda e da txirikila-


















e se en Pasaia os txirikilaris madrugarán para dende as 10 h. da mañá facer bruar as súas balas de madeira sobre as lastras do peirao euskadum peiteado polo embravecido cantábrico , na beira atlantica os chapeus vóan das calugas impulsados pola brisa mareia do atlantico piscina para dende as 16 h.exercer de testigos mudos do de seguro multitudinario Aberto do Casino Mercantil de Mourente-Pontevedra.
















... só os imbéciles e escuros poden pensar que o domingo é un día de descando para o activista LNB , cando os irmáns do Centro Social A chave das Noces de Castroverde poñen en marcha unha iniciativa tan brutal coma o inicio das accións regulares billardeiras cada sádado no camiño vello ilustradas ademáis tan maxistralmente cun cartaz que está facendo refregar os ollos a medio mundo , uns outos activistas , os da conf.. noroeste en connivencia absoluta cos irmáns da asociación de veciños Campo da Feira de Paiosaco farán tremer o chan do campo da feira dende as 11 h, da mañá coa celebración dun gran aberto puntuábel para a conf. atlántica que desembocará nun espectacular concerto no lusco e fusco das cantareiras da asociación de veciños que terá a guinda coa intervención dos referenciais Mini e Mero...Fuxan Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, novembro 16, 2015

ISMAEL DE OUTEIRO NON PRECISOU INMOLARSE PARA CONQUISTAR O CEO NO GRAN ABERTO DE FLORES!!

















Pedras brancas para as ovellas negras...unha brutal metáfora coa que unha vez máis Flores deixou pegada para a eternidade da nova edición dun dos máis míticos e imprescindíbeis Abertos da conferencia mae da LNB. Unha metáfora coa que ademáis o seleccionador nacional quere por no punto de mira de cada un dos palanadores e palanadoras a defensa da Copa Cantábrica que dentro de tan só dúas semans a AUTÉNTICA  que el dirixe vai por en xogo na Pista de " Piedras Blancas" no país do Liriu contra a potente seleccion Asturiana.

















E simultáneo ó bruar no campo das Valgas en Barreiros en Cangas no Hemisferio Sul da LNB as cachizas sitiaron o popularmente coñecido coma o Campo do Keniata da Rodeira , unha metáfora máis nistes combulsos tempos de bombardeos e intercambios de metralla entre defensores e detractores dunha e outra civilización

















Mais a LNB ten sempre solución para aplacar a carraxe nistes tempos de calma tensa , o situacionaismo estratéxico e alebrestrado da Herriko-TabernaLNB pilotada maxistralmente por Lola amplificou a con cada grolo a máxia dun Aberto de Flores que unha vez máis deixou semente de victoria dentro e fóra da pista. O paraiso polo que algúns se inmolan debe ser algo parecido a desputar  unha carreira , botarlle unha cervexa na Herriko-TabernaLN , mergullarse na tableiro expositor da Billarda-Flores e rillar nunhas castañas asadas coas que o seleccionador o a A.C D O Varal agasallou a toda a tribo do Norleste...

















Mais un palanador cría que  iso non era suficiente , que o Aberto de Flores era o marco perfecto para executar o seu asalto definitivo ó olimpo dos deuses e situar o seu nome ó carón dos míticos Calvete e O´Zidane da Billarda. Cunha concentración máxima dende o primeiro golpexo Ismael de Outeiro foi facendo carreiro co seu palán , achegándose co seu xogo a posturas extrenistas rexeitando incluso convites de cervexa na Herriko-TabernaLNB non queria perder a ocasión de por a Flores e ó máis de medio cento de palanadores e palanadoras presentes no Aberto como testigos do seu desexo de coller a pedra branca de campión absoluto no podium por asalto . E así foi , nunha final na que Daniel , Mijo e Manolo lle puxeron o alento das súa billarda na caluga, o gran Ismael de Carabullo revolveuse coma gato raxado panza arriba e converteu as Valgas no seu Bataclán particular....Billarda E Carabullos Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, novembro 13, 2015

OS GATOS DE FLORES E O MAGOSTO DE SAUMEDE!!




















Achégase o desafío Cantábrico e a tribo toda do Norleste acode a regar as veas de paixón e licor café na explosiva nova edicon do mítico Aberto de Flores ...e por se fora pouca a intensidade confirmase a presenza a pé de pista da Pitusa-KantinaLNB polo que o campo de futbol das Valgas en San Miguel de Reinante , ó igual que se transofrmou a Cadeira , vai converterse nunha auténtica ola a presión na que o gran e referencial mestre de cerimonias e seleccionador nacional Manolo Flores porá a escaldar as estratexias de xogo e os gatos do chiste de zapatero.

















Mais iste sábado non serán as billardas da Norleste as únicas que acompañen ó exercito de castañas que ista find. estouran nas tixolas do país enteiro, xa que en Saumede ( Ourense ) un explosivo Aberto de Billarda terá lugar no multitudinario Magosto que dende media mañá arrincará os chantos dista vila ourensá...Castañiño Si , Baltar Nom!!

sexta-feira, novembro 06, 2015

O PINO NA NOROESTE E CAMBADOS NA RÍASBAIXAS!!



















Unha billarda e unha Conferencia de altos voo como é a NorOeste iste sábado vai acudir ó mítico espazo para a tribo do Centro como é a pista de Castrofieto para sen dúbida afianzar as alianzas de actuación entre ambas combois de accion billardeira. No pasado Aberto na Laracha xa se deixaron ver destacados activistas da centro na procura do tan desexado veleno billardeiro e xa que a conferencia centro permanece durminte nada mellor que arrincar chantos para reunificar de novo espazos como foi no inicio dos tempos da civilizacion LNB para amplificar a pegada. A cita iste domingo a partires das 11 h.  no campo de Madanela ...




















E se queres coller impulso para guindarte ao pino do Pino , nada mellor que o sábado coller o palán nunha man e a botrlla de albariño na outra e deixarte caer polo campo de festas Castrelo-Cambados , a cita iste sábado 7 apatires das 16 h.

domingo, novembro 01, 2015

SARA DE POLKA ARRASA EN CHANTADA!!



















No campo da Feira Vella os indomábeis varados da tribo LNB amiazaon un ano máis o alto o fogo previo ó inico da nova edición do CastañazoRock , coma sempre a fraxil luz de cordura que comuncia o mundo con Chantada anuncia un espectacular pódium de implacábel cor chairego encabezado pola grande Sara de Polka...














E da contundencia chairega na pista do xogo á brutal contundencia sonora dos de nafarroa , Berri Txarrak chegaban de Salamanca , chantaron a súa brosa en Chantada e ó día segunte tiraron para Zamora...non imos parar nen van parar ate xogar e tocar en todas partes!!