O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 31, 2013

BUEU , CORCOESTO E MUIMENTA...GALIZA É UNHA MINA DE ACTIVISMO BILLARDEIRO!!!


































O venres " A Ceo Aberto " festival en Carballo contra a mineiría salvaxe , se segues vivo o sábado pola tarde no mesmo epicentro do conflicto , en Santa Mariña de Corcoesto , Aberto de Billarda contra o xenocidio ecolóxico e se aínda respiras o domingo manifa nacional contra a megamineiría en Compostela. E por se fora poucas motivacions en Santa Mariña estarán abrazando os paláns @s activistas da primeira equipa conformada no nova e incendiaria Conferência Bergatinhos ,  "Lampreas Billardeiras" é o seu nome e verter o sangue na pista e na tixola é a súa actiude!!




































A faixas a pé de pista no Play Off Nacional de Marrozos unían a loita de Corcoesto coa da xente da chaira luguesa que tamén artella a súa defensa contra os plans mineiros na zoa, unha sinerxia que iste find. vai ter continuidade xa que ó día seguinte do Aberto contra a mina de Corcoesto , é dicer, iste domingo en Muimenta celebrarase o xa mítico Aberto da Filloa donde o berro da terra pedindo xustixa será un dos protagonistas da acción billardeira. Apartires das16 h no espazo billarda de Xotramu e coordiando pola equipa local de Carabullo e os activistas do Varal as billarda comezán a bruar....
















Surxe a pregunta , pero existe algun tipo de Mina boa que teña cabida na Galiza....sen dúbida!! e o exemplo o dan equipas referencias coma Corredoiras da Conf. Sur que se botaron a realizar unha espectacular megaprospección mineiro-billardeira nos colexios de Bueu que vei ter unhas consecuencias brutais para dotar de efectivos as pistas de xogo da LNB ....Non os mires , colle o palán , o seu exemplo e inunda os colexios da túa bisbarra!!

quarta-feira, maio 29, 2013

BEGOÑA DE CORREDOIRAS , VENCEDORA ABSOLUTA DO GRAN PREMIO "MilloCorvo-CARNELAO" Á MELLOR TORTILLA NOS PLAY OFF NACIONAIS 2013!!



































Na súa segunda edición o concurso gastronómico da LNB MilloCorvo-Carnelao orientado á creacion de tortillas no marco do xantar autoxesitonado do Play Off Nacional consolidouse totalmente coa abalancha de propostas poético-gustativas dos palanadores , palanadoras e equipas das diferentes conferencias que se case chega facer atragantarse ó cada ano máis esixente Xuri de Marrozos2013. Nista imaxen podemos ver a "Picantona-Agarimosa " a creacion do gran palanador "Luis Camiña" de Gharabotos que ó igual co resto de participantes ovos e ilusion non le faltaban no inico do gran marathon gastronómico.



















O Xuri comezou con gañas facendo bo o dito de máis preto están os meus dentes ca os meus parentes, é dicer , con indepedencia total e absoluta ós subonos e agasallos cos que en cadansúa mesa os participantes tentaban aquelar a imparcialidade e gosto do tribunal de contas.




















Á par das implacábeis notas do xuiz zurdo podemos ver outra das sensacions dos Playoffs que non foron outas que os espectaculares deseños post-punk que luciron os palanadores de Gharabotos , na pista de Marrozos marcaron a tendencia que moi pronto vai arrasar nas rúa do páis os polos axustados verde-pistacho da franquia do sur e do negro-noite dos Tropa Lixeira de Meira .














E seguindo coa loita nas mesas , outro dos varemos que axudaron ás xuices na dificil tarefa da puntuación era o grao de satisfacion resultante entre os comasais, nen dicer ten que unha tortilla apenas empezada ó par dunha case rematada amosaba a primaira vista un claro desglose das exquisiteces da obra a valorar.



















Se queres darte un paseo visual por todas as obras non tes máis que sumerxiste no espazo facebook de Carnelao que xunto a LNB contra-organizou iste insaciábel evento gastronómico a prol da soberanía alimentar galega!!



















Foron moitas as exquisiteces que os membros do Xuri desfrutaron mais houbo mención especial para as impactantes creacions chegadas da conferencia mae. Pese ó amábel discurso do presidente do Xuri Serxio de  Xarutos , as facianas dos seus compañeios Viana e Otero o din todo.. Medo , pánico e incluso noxo se dibuxan na súas pálidas facianas , foi quizais un dos intres de mais dureza de todo o Play Off Nacional cando o Xuri descalificou as creacions acusando as tortillas de Coscos e de Vilamar-Party de seren feitas con ovos do gadis. Un calificativo que lle servíu a un dos participantes para increpar e amiazar de morte durante as finais da tarde a algún dos xuices . Sexa como for , unanimemente o xuri se dirixíu ós incomprendidos atletas gastronómico da Norleste para suxerirlles que mellor non participaran para o ano se non querían ademais das palabaras recibir unha amolestación ou castigo físico.



















A outra cara da moeda a amosou o tribunal perante a espectacular creacion da palanadora dos Corredoiras , Begoña , sen lugar a dúbidas e por unanimidade no xurado e dos comensais que teveron  a sorte de probar o seu manxar foi a gran vencedora do premio MIlloCorvo-Carnelao á mellor tortillas diste Play Off Nacional 2013 , unha fantástica sucesora do reinado de Serxio da Cochikeira coxo equipo non puido aplacar o estourido sensorial e poético da tortillade de Begoña- Noraboa á vencedora e a todos @s particiantes no MilloCorvo-Carnelao porque na LNB  a pista non o é todo , é máis , é o mínimo dista nosa integral revolución coma persoas e coma pobo...Billarda , Ate a victoria Sempre!!

terça-feira, maio 28, 2013

AS CONFERENCIAS ANDALUCÍA E A BERGANTINHOS ... AS BRUTAIS REVELACIÓNS DISTE PLAY OFF NACIONAL 2013!!

















Atraveso do seu web-blog e polo seu representente e mentor na Galiza, Luis Camiña , sabiamos do gran nivel e compromiso billardeiro da equipa e dos palanadores que chegaban  a Marrozos representando a conferencia do sur máis extremo , dende o seu campo base chamado Toxo Verde en Cádiz , desembarcaron xa o sábado en Ponteareas para desputar o traingular internacional ( Galiza-EuskalHerria-Andalucía) e o posterior Aberto puntuábel da Conferencia Sur para ó día seguinte en Marrozos mergullarse na gran muiñada do Play Off Nacional 2013.

















UNha festa por todo alto que por suposto non podía esquencer  o conflicto social e ecolóxico que se está a producir en todo o país coa instalacion de minas de tipo diverso que aproveitando a situacion de crise galopante van converter  noso entorno nun Chernobil galaico. Ise berro desesperado da terra foi e é un dos desencadeantes principais da irrupcion en escea da Conferência Bergantinhos , que fai unha semanas tivo a súa apresentacion mundial cun Aberto en Carballo e que en Marrozos chegou para a presentar a súa segunda accion que será iste sábado en Corcoesto.

















Unha Conferencia Andalucía que non veu cos petos baleiros nen moito menos senón que troixo as alforxas ben cargadas para aguantar sen problemas os embites da alta competicion. Por unha banda a poderosoa Manzanilla ,  a potente brevaxe con denominacion de orixe ToxoVerde que encandilou ós palanadores e palanadoras que o probaron , incluidos os esixentes membros do xuri gatronómico MIlloCorvo-Carnelao.



















E non viñeron as botellas de manzanilla sóas senón que o fixeron acompañados duns espectaculares e cruxentes Chicarróns tradicionais de porco , os primos carnais dos torrrezmos galegos saciaron a fame dos famentos palanadores e palanadoras que se achegaron ate o set de soberanía alimentar andaluza.

















Unha maxistral alimentacion que por desgraza non tivo a súa translación e brilo desexado na pista de xogo como si acontecera o día anterior en Ponteareas donde o gran palanador andaluz de orixe Salvadoreña Edson acadou un espectacular terceiro posto no podium.


















E naturalente non só Corcoesto senón tamén o desastre que se cerne entorno ás prospeccions mineiras na Terra Cha Luguesa foron os focos que alumearon a pista de Marrozos alertando do perigo que a iste país lle ben enriba se non tomamos medidas ..e unha delas é sen dúbida é a resposta por medio do berro e o alzamento billardeiro , iste sábado en Corcoesto e o domingo en Muimenta co Aberto da Filloa coordiando pola equipa local Carabullo no marco das actividades de Xotramu2013. Minas Non, Manzanilla, Chicarrons e Billarda Sempre!!

segunda-feira, maio 27, 2013

SOLIDARIDADE BILLARDEIRA CON PINTO E COA LOITA POLA DEFENSA DO MONTE COMUNAL DOS VECIÑOS DE CABRAL!!



Fai unhas semans puidemos ver a Pinto desfrutando canda os seus compañeiros da Faisca de Vigo xetionando e xogando no espectacular Aberto de Billarda desputado no parque de Castrelos , imaxes de ledia e ilusion compatirdas protagonizadas por un ciclo-activista e palador que non puido estar iste domingo con tod@s nós defrutando da gran festa da LNB que son os Play Off Nacionais non porque lle pinchara a roda da bicicleta senón  por mor da brutal carga policial ós veciños de Cabral que protestaban pacificamente contra a venda do monte comunal a unha multinacional para a súa construccion dun novo mega-centro comercial.

















Tres detidos entre eles Pinto , o gran palanador da Faisca que unha vez máis negouse e comulgar con rodas de muiño e puxo a voz e pulmón ó caron da loita pola conservación en mans comunais do Porto Cabral.















Patadas no peito na boca  e na espalda ...isa é menciña que as forzas de represion utilizaron cos tres detidos que estiveron varias horas encerrados sen comunicacion nun cuarto , toda a solidaridade dos palanadores e palanadoras de ben con Pinto e coa loita dos veiños de Cabral..Si se pode mais o concello de Vigo non quere...Billarda comunal sempre!!

DANIEL DE BILLARDEIROS MUSICAIS ....COROCEIRO NACIONAL #MARROZOS2013!!



















A Brisa do Eo saudou a Daniel iste domingo 26 de Maio a primeira hora da mañá , con paso firme e pulso rexo o palanador dos Billardeiros Musicais erguía a ollada na procura dun Varal situado e centos de km e dunha  Coroza cuxa vestidura suporía a súa entrada definitiva no olimpo dos deuses do noso deporte nacional .A escalofriante ollada  do Coroceiro Nacional saínte xunto coa entrega do trofeo-nómade que acredita os nomes dos campións nacionais por parte do seu propio fillo Markitos ,  auténtico mito da LNB e anteriormente tamén campión nacional ,  selan unha das imaxes máis potentes de todas cantas se teñen producido na história da LNB . Marrozos foi o lugar e Daniel o Coroceiro Nacional...Billarda Sempre, Noraboa ó novo Coroceiro Nacional!!

















Unha Coroza que chegou ó corpo de Daniel despois de que dende o medio día as billardas dos palanadores e palanadoras bruaran na terra batída con herbas polo medio no espectacular marco da brava parroquia de Marrozos ( Compostela )  que iste xa histórico 26 de Maio acolleu a gran muiñada do Play Off Nacional 2013.

REYES DE OS OUTROS, CAMPIOA NACIONAL FEMINA!!




















UNha gran muiñada que se iniciada ás 12 h coa espectacular final feminina que logrou enferborozar ós centos de saiareir@s que ateigaron a pista de xogo seguindo minuto a minito a loita das palanadoras na pista  ó igual que o facían os milleiros de afeccionados pegados ó seus computadores ou dispositivos móbiles medianta e espectacular cobertura retransmitindo os resutados en tempo real o Varal-Facebook dende a mesma pista de Marrozos. Foi unha final de infarte e sobre todo das que fan afeccion Chefa e Reyes atopábanse nunha final a fume de caroxo a 3 carreiras .A palanadora de Corredoiras arrincaba gañanando a primeira xeira pero nun arrebato de xenio a de Os Outros reivindicábese e reivindaba á súa franquicia que iste ano deixará de competir gañando as súas carreiras restantes e convertindose na gran Campioa Nacional Feminina 2013. Especial mension ás dúas fantásticas  afeccions que ambalas dúas tiveron apoiando o seu xogo .. Billarda Sempre, Noraboa Reyes Campioa Nacional Feminina 2013!!



















UNha terra batida cuxas herbas foron pouco a pouco pedendo fronte ó implacábel paso dos palanadores e palanadoras no descorrer da competicion, impresionate imaxes da espectacular final Absoluta , era Gines o palanador dos Furabolos o ultimo escoio para Daniel poder enfurdar a Coroza..e vaia como chegaba o palanador dos do Pino

GINES DE FURABOLOS CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS!!


















De proclamarse tan só unha horas antes Campión Nacional de Varados con dúas espectacular dianas ...

FURABOLOS DO PINO , CAMPIÓNS NACIONAIS POR EQUIPAS!!




















E de ser un dos pilares básicos na impresionante victoria do míticos Furabolos que despois de varias míticas finais en Conxo elexiron Marrozos , a terra nai dunha das súas grandes estrela Basilio, para diante do seu público proclamárense Campións Nacionais por Equipas




















Qué comerían todos ises grandes campiöns nacionais?? é un misterio para todos menos para o espectacular e alebrestrado Xuri do xa super-consolidado e imprescindíbel concurso MIlloCorvo-Carnelao de Tortillas do Play Off Nacional . Unha palestra gastrómica que busca o riso e a vértixe do estourido gustativo nas moas, unha travesía polos sabores das diferentes conferencia que quedou plasmada na libreta de puntuacións que do gran Chef da Faisca Viana que situou á exquisita creación de Begoña de Corredeoiras coma a merecedora do gran premio MilloCorvo-Carnelao 2013.



















E unha vez máis . a sepre multicor da LNB ten que agradecer infinitamente a  Mario de Xogos Tradicionais de Conxo , a súa implicacion total  co proxecto billardeiro xa que foi el quen realizou todas as xestións necesarias para que iste Play Off Nacional 2013 puidera realizarse e saír a adiante e incluso foi que dispuxo as mesas para o espectacular xantar de irmandade.



















Un Play Off Nacional que se recordará por moitas cousas entre elas a espectacular fervenza de ideas previa que situou a filosofía diste grande proxecto en marcha no centro da diana  .. os porqués de estarmos cos paláns nas mans e as billardas afiadas. Atentos ás pantallas e sumerxete na gran arañeira dixital da LNB ....porque todos os camiños levan a #Marrozos2013!!

sexta-feira, maio 24, 2013

MIGRACIÓNS#MIGRATIONS [ unidos pola voz do mesmo vó, o mesmo sangue, sede e fame ]















- ¿Déronlle aquí morcillas a Vidal?
- !!! Aquí non !!! - ¡Pois adiante co Varal!

Nachok feat Rosalía de Castro

quinta-feira, maio 23, 2013

QUERIAMOS FINAIS DE ALTO RISCO? , POIS XA AS TEMOS >> A DO CONCURSO DE TORTILHAS E A FINAL NACIONAL POR EQUIPAS TEÑEN TODAS AS PEPELETAS!!

















Nas horas previas a tensión cara ó gra Play Off Nacional de Marrrozos córtase cun coitelo , sobre todo para unha das finais que sempre ten maior pegada pero que nista ocasión está a xerar regos de tinta e acaparar todo o protagonismos da gran muiñada billardeira , falamos naturalente da final de Equipas que en Marrozos pode convertirse nun punto de inflexion con siareiros e xogadores volcados no apoio total ás súas cores e folosofías de xogo . Sobra decir que calquera tipo de apoio ou apupos ós rivais deben ceñirse ó caracter deportivo para cando remate a final poder realizar un terceiro tempo en irmandade e naturalmente ó carrego dos gañadores de na Cantina-LNB a pé de pista xestionada pola Asociacion de Veciños de Marrozos . Un previo que está ate influindo nos alebrestados condimentos das Tortillas do concurso Gastronómico MilloCorvo-Carnelao que segundo se filtrou descurren xa dende os sesos de xato  á marihuana ou dende as criadiñas ás ortigas pasando polas algas flubiais e os coscos ...dende o minuto cero o espectáculo e a emoción están servidos no explosivo Play Off Nacional #Marrozos2013!! 

ACTIVISTAS-BILLARDEIR@S ANTIMINA SERÁN OS ENCARGADOS DE REALIZAR O SAQUE DE HONRA EN #MARROZOS!!



Un Play Off Nacional que de novo estará pegada á mais raibosa da loitas , por desgraza Rubén Sanchez , o Ciclista LNB como comenta na recente entrevista no Dioivo non  poderá estar en Marrozos pedaleando de novo coa serpemulticor da LNB en Marrozos e ralizar o saque de honra antes da final , unha acción que iste ano  será efectuada polos activistas antimina de Corcoesto e da Chaira  , Serxio representando ás aldraxadas terras de Corcoesto e á Conferência Bergantinhos e Ismael de Carabullo da Norleste representando á plataforma A ChairaNon se Vende realizarán o berro billardeiro contra o xenocidio mineiro na Galiza !!



Un berro que foi o detonante da posta en marcha da incendiaria Conferência Bergantinhos que vai estar en Marrozos esixindo a entrada no furacán billardeiro do que eles queren ser xa motor e parte impulsora , e para mostra un botón , non hai mellor metáfora que lanzarlle billardas ás portas e as fiestras nos internandos ou donde o sistema te teña acurralado para deixar claro o teu desacato total ós estamentos e ás leises dun estado que aínda lle nega o pasaporte biolóxico a todos aqueles palanadores e palanadoras da LNB que iste domingo van desfrutar da loita final pola coroza na area batida de #Marrozos2013!!

quarta-feira, maio 22, 2013

A POLA COROZA....PERCORRE OS CAMIÑOS!!!



















A Coroza da LNB , o simbolo máximo da éxtase colectiva como pobo asilvestrado e indomábel erguerase de novo sobre o corpo dun palanador ou palanadora da LNB , será na máxica hora do lusco e fusco diste domingo 26 de Maio cando o ceo se abra de novo ante a impactante figura do Coroceir@ Nacional 2013 . Baixo os preceptos da autoxestion total e absoluta e coa única colabroación dos irmans de Cervexa Menduiña e da Asociacion de Veciños de Marrozos que vai por ademáis unha Cantina a pé de pista para calmar a sede dos acvtistas billarderios,  a LNB  asume todos os frontes organizativos incluida a da recepcion das delegfacions internacionais como van ser os irmàns da Conferencia Andalucía que nun paso ó fronte histórico van estar competindo ó maximo nivel nos Play Offs Nacionais e os activistas portugueses da BILHARDA.PT do centro de estudos galegos da Universidade do Miño que que anuciaron a súa presenza en Marrozos coa comandante Marisa á fronte. Marrozos terá como xa viña acontecendo pista de adestramento donde os palanadores e convidados poderán rebaixar e alibiar tensions e donde de seguro se artellan isas espectaculares accions paralelas que marcan sempre cada un dos nosos explosivos Play Off Nacionais.



Un Harlem-Shake literario que o gran gurú do indixenismo-galego  Tonho Randeeira inicou na mítica xira de furanchos do Xerro do Salnés cando se destapou o espectacular cartaz de Marrozos2013 e que de seguro dita danza de guerra terá continuidade na terra batida impulsada polos nosos  corazons quentes e acelerados .
)) Do mesmo xeito que o Camiño de Compostela vertebrou as rutas cara á Galiza. A Liga Nacional de Billarda xa ten establecidos os seus propios camiños de peregrinaxe. Algúns xa históricos como o " Camiño a Xil" , parroquia de Meaño , histórico recorrido que palanadores e palanadoras vidos de tódolos recunchos da Galiza facemos tódolos anos. De furancho en furancho . Barrantes para dentro e diaños para fóra ...e o climax final , o éxtase chegou coa presentacion do explosivo cartaz do Play Off Nacional 2013 . Se aínda non es da LNB faite antes de morrer ou de que maten , percorre os seus camiños ...agardámoste en Marrozos ( Compostela ti e eu) ¡¡Adiante co varal!!

terça-feira, maio 21, 2013

O "GALIZA - EUSKALHERRIA" DE PONTEAREAS MARCARÁ O ARRINQUE DA GRAN FESTA DO PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!!


































O que avisa non é traidor...a Conferencia Sur non está disposta ó ninguneo que iste tempada as latitudes billardeiras do norte fixeron do seu suposto letargo e en Marrozos están dispostos todos os seus palanadores e palanadoras a deixar constancia dilo , será a conferencia da que mais quentes chegen as súas bonecas xa que tan só unhas horas antes da loita pola Coroza unha vez máis doada polos irmáns do Restaurante da Gata Meiga de Poio , estarán desputando o derradeiro Aberto puntuábel en Ponte-Areias que terá coma colofón brutal a nova xeira da Auténtica dirixida polo emisario de Flores , Serxio da Faisca,  no internacional Galiza - EuskalHerria que vai por os pelos de punta á afeccion de ambolos dous paises con ista accción de apoio ó desenrolo soberanista. Será pois un novo punto de inflexion no encontro de dúas civilizacion irmáns a de Billarda e da Txirikila que fronte a fronte e disparando cara un mesmo Varal prepararán os pateiros da conferencia sur para o asalto ó Play Off Nacional de Marrozos , impresionante ademáis o montón de colectivos que grazas á xestion de Santi ,  apoian e se sitúan na órbita da LNB pondo o seu gran de area para que o Galiza-EuskalHerria sáia adiante e rache as cadeas do fundamentalismo na poderosa vola de Ponte-Areias...Bilharda e Txirikila Sempre!!

















E atencion porque a entrada a toda mecha da Conferencia Sur e a irrupcion en Marrozos da Conf. Anadalucía , a alianza co universo Bélit, Txirikia e Liriu acende as ánsias e integracion das terras do Bierzo da boráxine da LNB , foi o nao pasado Viladepaus a vila que recibíu o primeir impacto billardeira da LNB un semente que vai brotar de xeito brutal iste vindeiro 13 de Xullo en Ponferrada no explosivo Master5 do Bierzo en Ponferrada no primeiro gran torneo por equipos nisas latitudes que pode se a primeira pedra para o edifico da futura e tan desexada Conferencia Bierzo da LNB...Botelos e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, maio 20, 2013

A LNB APRESENTA O "PLAY OFF NACIONAL-MARROZOS2013" EN GIRONA NO TORNEO DE BÉLIT "TOT BÉLIT - CASANOVA TEAM"!!

















Ista fin de semana Luis Camiña , o gran palanador dos "gharabotos" realizou unha vez máis a tarefa de embaixador internacional da LNB ista vez nas terras dos Paisos Cataláns participando en Girona nun espectacular Torneo de Bélit entre as equipas de "Tot Bélit" e " Casanova Team".
           















Por suposto Luis Camiña aproveitou a súa militancia Bélit para apresentar a todo universo bélit a nova edicion do Play Off Nacional de Billarda que iste vindeiro domingo convertirá á parroquia Compostelá de Marrozos no epicentro mundial do deporto do carabulo polo ar. Non deixou pasar o gran palanador de Gharabotos a ocasion de comentar a impactante experiencia da primeira Conferencia externa que participará niste Play Offs Nacionais con todos os dereitos e obrigas ó igual que calquera conferencia asentada en chan galego , é ista  explicou Luis ós seus compañeiros do belit, unha experiencia aberta para ó igual que o tour de Francia fai etapas en Holanda, Bélxica , Inglaterra ou Euskalherria ampliar a dimension billardeira ó igual que a LNB matina dende fai tempo participar cunha equipa de su no gran campionat del Mund de Bélit.  
















E como non podía ser doutro xeito a chuvia despedíu ós xogadores , un torneo con pouso internaciona e internacionalista que non fixo máis que acender a mecha cara á brutal colision de comboios que iste sábado vai acontecer en Ponteareas co brutal partido entre as seleccions nacionais de Galiza e EuskalHerria que terá como gran previo o derradeiro Aberto puntuábel da Conf. Sur...Adiante co Play Off Nacional , Txirikila , Bélit e Billarda Sempre!!!

sexta-feira, maio 17, 2013

TODOS OS CAMIÑOS E OLLADAS CONFÚEN NUN MESMO PUNTO : "MARROZOS 26 DE MAIO" ....COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL 2013!!














Foto Nachok / Ista edición do Play Off Nacional da LNB veu inexsorabelmente marcada pola migracion de esceario , a temática elexida por Nachok para ilustrar o cartaz ofical diste Play Off Nacional 2013 ,  que supón a muda da mítica terra de Conxo ó campo de futbol de terra da parroquia Compostelá de Marrozos . Nunca alí se desputou un Torneo de Billarda polo que a serpe multico da LNB selará con ferro quente o seu brutal atrevemento . É por elo que se fai mais necesario ca nunca levar uns firmes pilares donde construir isa monumental obra mestra da inxeñería billardeira que son os Play Off Nacionais da LNB:

- XANTAR AUTOXESTIONADO E NOVA EDICIÓN DO PREMIO MilloCorvo-Cenelao Á MELLOR TORTILLA do Play Off Nacional!!

Como aconteceu no pasado Play Off Nacional o xantar será autoxestionado organizándose por conferencias, equipas ou de xeito individual para levarar cada un o seu xantar e unha vez en Marrozos comerase nas mesas e bancos que a xente de Xogos Tradicionais de Conxo con Mario á fronte vai ter situadas a pé de pista. Nen decir ten que os diferentes manxares unha vez alí se misturaran e correrán coma o lume na herba seca entre os palanadores e palandores . Viño e licor café correrá a regos mentras os xuices do Xurado-Gastronómico da LNB proben as tortillas da nova edición do Premio Millo Corvo-Carnelao á mellor e máis arricada Tortilla do Play Off Nacional ... ide pelando as patacas e batendo nos ovos porque a tixola xa está ó lume!!

- AUTOXESTION DOS TROFEOS DAS CATRO CATEGORÍAS:

Hai que facer especial mencion á lamentábel actitude do Concello de Compostela que se negou a colaborar coa LNB negándonos a dotacion de trofeos como fixeran noutras ocasións , isto hai que sumalo ó despropósito de termos que mudar Conxo por Marrozos ante unhas supostas obras de acondicionamento do terreo de xogo que ían ter lugar iste ano e que nen sequera iniciaron. Ë por elo que non se desbota un escrache billardeiro ó alcalde e toda a corporacion Compostelá no lusco e fusco do 26 de Maio co coroceir@ nacional saínte ó fronte!!

ISTA É A RELACIÓN DE TROFEOS PARA XESTION DAS CONFERENCIAS:

- Conferencia NorLeste: trofeo individual absoluto (o orixinal levaráo o actual campión) 
- A NorOeste: trofeo para Varados
- O Centro: Trofeo feminino
- Rias Baixas e Sur: Trofeo para equipos

E POR SE NON FORAN POUCAS NOVIDADES... MARROZOS INCORPORA Á PRIMEIRA CONFERENCIA EXTERNA Á LOITA POLOS TÍTULOS NACIONAIS DA LNB!!













E moito ollo porque non son mancos , toda unha tempada competindo ó máximo nivel  a Conferencia Andalucía preparouse a reo no seu campo base gaditano popularmente xa coñecido coa " Toxo Verde" para dar a camapaada en Marrozos e sorprenser a propios e estranos coa tácnicas aprendidadas de Luis Camiña ,  gran impulsor diste impredecíbel coctel molotov que mistura o albariño e a manzanilla  .Aseguran que non veñen de "férias" ,  Billarda-Cádiz collen relevo en Marrozos da mítica parella de andaluces con dóbel nacionalidade que vestiron a camiseta de Auténtica " Michele e Joaquín " van facer máis de 1000 km e non están dispostos a voltar coas mans valeiras.  

LNB ANTI-FAN ZONE "MARROZOS"




















Iste sábado será cando a Conf. RíasBaixas fianliza o seu periplo regular e certificas os ses pasaportes nas diferentes categorías para o Play Off Nacional de Marrozos , será apartires das 16 h. nun Aberto a cuberto no Pavillón de Baltar en Portonovo para despois a iso das 20 h da Tarde cando remate o partido desfrutar por todo o alto dunha de seguro espectacular Gala de entrega de premios no Pazo Emilia Bazán que se alongará ate altas horas da madrugada. Unha festa que terá a súa continuacion o sábado 25 de maio en Ponteareas donde se desputará o partido internacional de Billarda-Txirikila entre as seleccions nacionais  Galiza e EuskalHerria que terá como previo a desputa do derradeiro aberto puntuábel na Conf. Sur que tan só unhas horas antes dará a entrada no teatro dos soños de Marrozos ós palanadores e palanadoras disa   poderosa conferencia. E atencion porque será  na LNB Anti-Fan Zone de Marrorros estará ca COROZA DA LNB doada polos irmáns do Restaurante Gata Meiga de Poio e será donde donde as grandes estrelas da LNB e campións nacionais déan as roldas de prensa , atendan ós fans , dende donde  Radio Cabalinho teña a súa unidade móbil e donde se celebren os diferentes actos lúdicos coma o concurso de lanzamentos de dni para todos aqueles que queiran conseguir o seu canet billardeiro , almanake LNB ou algunha  sorpresiña máis...Nen un paso atrás , Adiante co Play Off Nacional 2013!!

quarta-feira, maio 15, 2013

A LUME DE VIQUEIRA...A SEPRE MULTICOR DA LNB AFRONTA O SPRING FINAL CARA Ó EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!



















A Torre de Hércules lucíu en toda súa plenitude o pasado domingo no derradeiro Aberto puntuábel da NorOeste donde o gran Viqueira impuxo a lei Cochikeira na herba artificial impóndose niste aberto que abre as portas coa o Play Off Nacional de Marrozos.



















Ise mesmo día as bicicletas e a dopaxe vivían no parque de Castrelos de Vigo un novo apaixoado romance , xa que era o cicloactivista e palanador da Faisca Pinto quen transportou ate a pista de xogo na súa Pincha-Móbil os espectaculares premios diste novo Aberto puntuábel na reactivada Conferencia Sur.



















Un Aberto que foi dirixido con man férrea disciplina polos membr@s da Faisca que foron os responsábes máximos de coordinar iste stalingrado billardeiro.



















A sengue a regos sobre a neve trocouse en saboroso viño nos corpos dos primeiro clasificados , nista imaxe podemos ver ó Casillas gaélico do Mecos e pintor de vangarda , Alfrefo Pirucha recibindo tamén un bolo de pan co que de seguro collerá forzas de cara ó gran desafío de Marrozos e porse man á obra para a xestion dun dos miticos Abertodo verán como é o Aberto do Pan de Sarria.



















E sen dúbida a máis impactante imaxe é a de Xan Pinto , coma responsábel da Faisca. entregando o botella de viño ó xoven palanador representante dos campións por equipas " Corredoiras " , unha accion a todas luces ilegal a de premiar a un menor con unha bebida alcohólica mais ó vir iste vestindo a camista do real madrid  recibíu todo respaldo da LNB por mor de ser un xesto inequívoco de apoio a Alfredo Di Stéfano nistes duros días de persecucion mediática á saeta loira pola súa inminente boda coa súa secretaria 50 anos menor. >>  Equipas: Corredoiras 32 Gharabotos 27 Faísca-Almuinha 22 Ghudalha 10 Valpaços 17 Paquete Pinchas 7 /  Nom houvo varados entom fixemos umha rolda extra de lanzamentos depois de que acabase o aberto e o Luis Enrique fixo um varado. Ganhou Ricard, segundo Carolo, terceiro Alfredo Pirucha.
No Porrinho ganhou Carolo, segundo Salgue e terceiro Gelín.

segunda-feira, maio 13, 2013

ISTE XOVES OS TREZE-CATORCE DE SALCEDA INVADEN O COLEXIO ALTAMIRA CUNHA NOVA ACCIÓN DE "SEMENTE BILLARDEIRA" NUN CENTRO DE ENSINO GALEGO!!
















A boráxine billardeira teima unha vez máis en derribar barreiras , ista vez será o vindeiro xoves nunha accion coordianada pola referenciais Treze-Catorce de Salceda ,  a poderoso colectivo socio-cultural  que ven de incendiar o horizonte do sul galego cunha nova edicion do seu explosivo festival-Rock no que o Caimán do Río Tea voltou a ensinar o dentes para celebrar os 20 anos de inmersión sonora , van coller os paláns e invadir de pinchas o Colexio Altamira cunha brutal acción nas aulas dirixida ás crianças para que teñan ise tan necesario primeiro contacto co noso deporte nacional que lles facilirte a inmediata entrada nas pistas da LNB.

















Unha accion nun cerntro de ensino dos activistas billardeir@s de treze-catorce que ven a complementar a inciendiaria Palestra-LNB que dirixíu o Filloa de Sangue David Fontán no Colexio Maior Fonseca de Compostela. Alí houbo máis que palabras ó igual que de seguro vai haber en Salceda donde tamén se celebrará un Abertinho de Bilharda para que o berro dos nenos e nenas a prol da oficialidade do noso deporte nacional eclosione nas paredes do Colexio Altamira...estudantes con paláns á rúa , a loita continúa!!

O SOL COELLEIRO ALUMEA O HORIZONTE CARA Ó PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!


















A minúscula illa coelleira ten en Remourlle un perfecto califato cuxo emir despois do espectacular Aberto celebrado na tarde diste sábado foi coroado Eric, o gran productor e  palanador dos Outros ,  que isa mesma mañá lanzaba á rede o seu novo single do colectivo musical Eric-Granha do que forma parte ,  arrasou na tarde cun pleno nas cinco carreiras facendo imposíbel que os paxaros se volvesen ás escopetas. Espectacular torneo final na conferencia mae que tivo como colofón a entrega de trofeos dos campi@ns de conferencia e leitura das listaxes de clasificad@s na distintas categorías para o explosivo Play Off Nacional de Marrozos .

















Simultáneo ó chumpo do coello de Suso en Remourlle as estornelas saían ó ar xusto no corazon da cidade de Compostela , no céntrico emprazamento da estación vella de Conxo a tribo da Conf. Centro realiziaba un novo Aberto puntuábel para definir os elexidos para loitar na terra de Marrozos.

















Un Aberto ademàis coordinado pola referencial equipa de Xogos Tradicionais de Conxo que aproveitaron iste Aberto para establecer contactos co Concello de Compostala que desemboquen no gran teatro dos soños de Marrozos , un Aberto no cal se impuxo ó igual que ne Remourelle un especialista en Varados como é Hugo seguido de Basilio e de Luis Camiña na terceira posición.



















E foi ista fin. a que sinalaba o tan desexado desxeo na Conf. Sur , arrincaba a xornada cun previo de luxo riba do esceario coa Faisca Teatro petando o seu local no estreo da súa nova montaxe Saxo Tenor. Unha horas despois O Porriño acollía a nova embestida do boi durmido...

















Carolo , Salgue e Gelín foi o pódium presidido polo gran palanador de Corredoiras en Porriño...

















E ó día seguinte a Conf. Sur depois de que na torre de hercules da Coruña a tribo da Noroeste se botara ó céspede artificial , en sesión de tarde a Sur voltaba á acción cun incendiario Aberto no Parque de Castrelos donde a sepre multicor da sur notaba como pouco a pouco lle voltaba a ferver o sangue abrazando ó palán ante a incrédula ollada dos milleiros de persoas que isa tarde pasaron polo mítico parque vigués e visualizaron @s activistas LNB disparando ó horizonte na procura do Varal.

















Ricar custodiado no podium por Carolo e Luis de Gharaboto devolveron xunto co case medio cento de palanadores e palanadoras que se xuntaron en Castrelos devolveron a frescura e vitalidade da conferencia sur que para o sábado 25 de Maio un día antes do Play off nacional en Marrozos prepara a súa derradeira xonrada puntuábel nun marco absolutamente incendiario como vai ser o de Ponteareas donde coma gran colofón se vai celebrar a nova edicion do Galiza-EuskalHerria no que xa podemos confirmar que nen Quico Matamoros nen a súa dona Makoke estarán presentes como aconteceu no partido de rugby que iste pasado sábado enfrontou a istas dúas seleccións en Lugo ....e se se achegan que se ateñan as consecuencias- Txirikila Sempre , Adiante co Varal!!