O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 29, 2013

BEGOÑA DE CORREDOIRAS , VENCEDORA ABSOLUTA DO GRAN PREMIO "MilloCorvo-CARNELAO" Á MELLOR TORTILLA NOS PLAY OFF NACIONAIS 2013!!



































Na súa segunda edición o concurso gastronómico da LNB MilloCorvo-Carnelao orientado á creacion de tortillas no marco do xantar autoxesitonado do Play Off Nacional consolidouse totalmente coa abalancha de propostas poético-gustativas dos palanadores , palanadoras e equipas das diferentes conferencias que se case chega facer atragantarse ó cada ano máis esixente Xuri de Marrozos2013. Nista imaxen podemos ver a "Picantona-Agarimosa " a creacion do gran palanador "Luis Camiña" de Gharabotos que ó igual co resto de participantes ovos e ilusion non le faltaban no inico do gran marathon gastronómico.



















O Xuri comezou con gañas facendo bo o dito de máis preto están os meus dentes ca os meus parentes, é dicer , con indepedencia total e absoluta ós subonos e agasallos cos que en cadansúa mesa os participantes tentaban aquelar a imparcialidade e gosto do tribunal de contas.




















Á par das implacábeis notas do xuiz zurdo podemos ver outra das sensacions dos Playoffs que non foron outas que os espectaculares deseños post-punk que luciron os palanadores de Gharabotos , na pista de Marrozos marcaron a tendencia que moi pronto vai arrasar nas rúa do páis os polos axustados verde-pistacho da franquia do sur e do negro-noite dos Tropa Lixeira de Meira .














E seguindo coa loita nas mesas , outro dos varemos que axudaron ás xuices na dificil tarefa da puntuación era o grao de satisfacion resultante entre os comasais, nen dicer ten que unha tortilla apenas empezada ó par dunha case rematada amosaba a primaira vista un claro desglose das exquisiteces da obra a valorar.



















Se queres darte un paseo visual por todas as obras non tes máis que sumerxiste no espazo facebook de Carnelao que xunto a LNB contra-organizou iste insaciábel evento gastronómico a prol da soberanía alimentar galega!!



















Foron moitas as exquisiteces que os membros do Xuri desfrutaron mais houbo mención especial para as impactantes creacions chegadas da conferencia mae. Pese ó amábel discurso do presidente do Xuri Serxio de  Xarutos , as facianas dos seus compañeios Viana e Otero o din todo.. Medo , pánico e incluso noxo se dibuxan na súas pálidas facianas , foi quizais un dos intres de mais dureza de todo o Play Off Nacional cando o Xuri descalificou as creacions acusando as tortillas de Coscos e de Vilamar-Party de seren feitas con ovos do gadis. Un calificativo que lle servíu a un dos participantes para increpar e amiazar de morte durante as finais da tarde a algún dos xuices . Sexa como for , unanimemente o xuri se dirixíu ós incomprendidos atletas gastronómico da Norleste para suxerirlles que mellor non participaran para o ano se non querían ademais das palabaras recibir unha amolestación ou castigo físico.



















A outra cara da moeda a amosou o tribunal perante a espectacular creacion da palanadora dos Corredoiras , Begoña , sen lugar a dúbidas e por unanimidade no xurado e dos comensais que teveron  a sorte de probar o seu manxar foi a gran vencedora do premio MIlloCorvo-Carnelao á mellor tortillas diste Play Off Nacional 2013 , unha fantástica sucesora do reinado de Serxio da Cochikeira coxo equipo non puido aplacar o estourido sensorial e poético da tortillade de Begoña- Noraboa á vencedora e a todos @s particiantes no MilloCorvo-Carnelao porque na LNB  a pista non o é todo , é máis , é o mínimo dista nosa integral revolución coma persoas e coma pobo...Billarda , Ate a victoria Sempre!!

2 Comments:

  • At 11:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    E os.caracois da tortilla.do.viluba de onde os.sacaria??

     
  • At 12:36 AM, Anonymous Anônimo said…

    A tortilha de serrim.

     

Postar um comentário

<< Home