O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 21, 2017

CHARLY ATRAPA O COELLO EN REMOURELLE... E O TÍTULO DE GRAN CAMPIÓN ABSOLUTO DA NORLESTE 2017!!



















A LNB destapou unha vez máis o poderoso frasco das esencias , e fixoo por todo o alto no gran Aberto do Coello de Suso en Remourelle , un dos epicentros brutais nos que cada vez que serpe multicor retorna á mítica pista de cemento volta a estourar o big bang en cada golpexo da madeira contra a mederia e en cada dentada do torrezomo contra a moa.


















Derradeira xornada puntuábel ó igual que aconteceu o sábado no Campo de Fultol de Laxes no Beluso na Conf.Riasbaixas e o domingo no Melga de Ponteceso na Conf. Noroeste




















E no horizonte salpicado pola ilusion e o arume a purin.....o desexo infindo de abonar cos noso golpexos o estadio do Fátima o vindeio domingo no Play Off Nacional _2017!!    






Compostela agarda a toda a tribo LNB para a desputa da Coroza mais un apendice clave e fundadamental é a brutal forza tanto deportiva coma filosófica coa que a conferencia mae arriba nos campos de meiz do estadio do Fátima. E moitísima da culpa diste potente dicurso filosófico-deportivo que emana das pista de xogo e se perpetúa no noso subconciente colectivo é sen dúbida do gran palanador dos Remourelle Bulls Muriego . O actual posuidor do Xerro do Salnés soubo e sabe analizar cada molécula do ADN billardeiro para imporse cun discurso demoledor ó bacotexo enxordecedor do bruar das billardas. Anti.Tod@s... xa non quedan máis collóns , Eskorbuto e a LNB ás eleccions!!



















A loita na pista de xogo deu paso á festa rachada na Taberna de Lola coa torrezamada coma prato forte amplificada por unha gran sesion de video-dj executada por Basi  e unha espectacular entrega de premios dos campions de conferencia.



















estalaban os torrezmos nas nosas bocas coma os lostregos e os foguetes o fan no ceo para alumar o camiño e anunciar a brutal festa que se aveciñaba...


















Charly campión do Aberto do Coello e Campión Absoluto da Conf. Norleste , ó igual ca Xosé Collazo na NorOeste e  ------ na RíasBaixas . En TodoLNB  as táboas de clasicad@s para o Play off Nacional_2017 porque sexas da conferencia que sexas se tes o enome privilexio de loitar pola Coroza.... faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e as billardas e afiadas!!