O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 13, 2013

O SOL COELLEIRO ALUMEA O HORIZONTE CARA Ó PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!


















A minúscula illa coelleira ten en Remourlle un perfecto califato cuxo emir despois do espectacular Aberto celebrado na tarde diste sábado foi coroado Eric, o gran productor e  palanador dos Outros ,  que isa mesma mañá lanzaba á rede o seu novo single do colectivo musical Eric-Granha do que forma parte ,  arrasou na tarde cun pleno nas cinco carreiras facendo imposíbel que os paxaros se volvesen ás escopetas. Espectacular torneo final na conferencia mae que tivo como colofón a entrega de trofeos dos campi@ns de conferencia e leitura das listaxes de clasificad@s na distintas categorías para o explosivo Play Off Nacional de Marrozos .

















Simultáneo ó chumpo do coello de Suso en Remourlle as estornelas saían ó ar xusto no corazon da cidade de Compostela , no céntrico emprazamento da estación vella de Conxo a tribo da Conf. Centro realiziaba un novo Aberto puntuábel para definir os elexidos para loitar na terra de Marrozos.

















Un Aberto ademàis coordinado pola referencial equipa de Xogos Tradicionais de Conxo que aproveitaron iste Aberto para establecer contactos co Concello de Compostala que desemboquen no gran teatro dos soños de Marrozos , un Aberto no cal se impuxo ó igual que ne Remourelle un especialista en Varados como é Hugo seguido de Basilio e de Luis Camiña na terceira posición.



















E foi ista fin. a que sinalaba o tan desexado desxeo na Conf. Sur , arrincaba a xornada cun previo de luxo riba do esceario coa Faisca Teatro petando o seu local no estreo da súa nova montaxe Saxo Tenor. Unha horas despois O Porriño acollía a nova embestida do boi durmido...

















Carolo , Salgue e Gelín foi o pódium presidido polo gran palanador de Corredoiras en Porriño...

















E ó día seguinte a Conf. Sur depois de que na torre de hercules da Coruña a tribo da Noroeste se botara ó céspede artificial , en sesión de tarde a Sur voltaba á acción cun incendiario Aberto no Parque de Castrelos donde a sepre multicor da sur notaba como pouco a pouco lle voltaba a ferver o sangue abrazando ó palán ante a incrédula ollada dos milleiros de persoas que isa tarde pasaron polo mítico parque vigués e visualizaron @s activistas LNB disparando ó horizonte na procura do Varal.

















Ricar custodiado no podium por Carolo e Luis de Gharaboto devolveron xunto co case medio cento de palanadores e palanadoras que se xuntaron en Castrelos devolveron a frescura e vitalidade da conferencia sur que para o sábado 25 de Maio un día antes do Play off nacional en Marrozos prepara a súa derradeira xonrada puntuábel nun marco absolutamente incendiario como vai ser o de Ponteareas donde coma gran colofón se vai celebrar a nova edicion do Galiza-EuskalHerria no que xa podemos confirmar que nen Quico Matamoros nen a súa dona Makoke estarán presentes como aconteceu no partido de rugby que iste pasado sábado enfrontou a istas dúas seleccións en Lugo ....e se se achegan que se ateñan as consecuencias- Txirikila Sempre , Adiante co Varal!!

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home