O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 30, 2008

CELEIRO DE MARIÑAOS FAISE COA PRESTIXOSA AÑA MOURA DO PARROQUIAL 08!!



Verbas entrecortadas e emocións contidas non só por unha histórica xornada no interparroquial da aña moura 2008 nunha pista á que Ismael , o Zidane da billarda que deixou escapar o título nacional absoluto 2006-07 , voltaba para enfrontarse ás pantamas do pasado tanto persoais como coa súa selección xa que nas 1º roldas da mañá se desfacían do seu ate agora sempre verdugo , a selección de San Cosme e nunha histórica final dar cun golpexo seu a aña moura á súa selección parroquial de Celeiro de Mariñaos nunha tensa e explendorosa final fronte á potentísima selección de Ribadeo da que Victor de Mariñaos saíu elexido coma MVP ou xogador máis valioso.




TELE-VARAL amosa ó mundo iste video-estalo feito á brosa como adianto ós vindeiros especiais sobre iste explosivo interparroquial 2008 ó louco ó louco no que a dobre sede deixou sen fala a case toda Galiza e Asturies , a outra parte restante é a afectada pola perigosa síndrome do sonambulista vienés ....porque donde se poña a aña moura da LNB que se quite todo o resto , atentos á xogada atentos á pantalla!!

sexta-feira, junho 27, 2008

8 PARROQUIAS NO INTER-PARROQUIAL LISTAS PARA LOTAR POLA PRESTIXOSA OVELLA NEGRA DA LNB!

Iste domingo 29 de xuño embestida brutal entre rabaños parroquiais da Galiza e Asturies que chegan a Barreiros coa forza dos castróns embravecidos ó interparroquial Celeiro-Vilamar 2008 , un mítico torneo de Billarda que vai reunir nistas dúas parroquias do concello lugués de Barreiros a 7 das 3.779 parroquias que forman o país galego máis unha do país asturiano que representará o tremendo empurre diste deporte de esencia tradicional tamén nas terras do país veciño . Dende as 9 da mañá ate as 20 h. loita encarnizada entre as 8 máis potentes seleccións parroquiais do universo billarda para acadar a tan desexada OVELLA NEGRA , un explosivo premio que xa agarda seu intre nunha corte lonxe do asedio dos malditos flashes da prensa internacional. Todo lista para que os dous xeitos de entender o ovellismo se misturen nas difentes selección parroquiais en liza , o perigoso baile sabrosón representado polos seguidores da Cabritinha de Quim Barreiros e os máis punks e travestidos represebtados pola ovella Dolly de Glamour to Kill , Turra contra o establecido e vente ó interparroquial 08!!





SÁBADO 28 DE XUÑO:

Pista de Celeiro de Mariñaos a partires 20 H :

Festa presentación do Interparroquial 2008

Apertura da CANTINA-LNB: cubalibres de konhac 3 euros
TORREZMADA ANTI-IMPERIALISTA
COAS ACTUACIÓNS DOS GAITEIROS BILLARDEIROS E DJ PALANOTRÖNIC


DOMINGO 29 DE XUÑO

Pista de Vilamar >>Sesión de mañá dende as 9 h:

Remourelle / Celeiro de Mariñaos / San Cosme / Conf. Sur

Pista de Celeiro de Mariñaos>> Sesión de mañá dende as 9 h:

AsturLiriu / Ribadeo / Xove / AsturEo

Na Pista de Celeiro de Mariñaos:
Xantar ás 14:30 + SEMIFINAIS E FINAIS
19:30 entega da Ovella Negra á parroquia vencedora e a Culler de Pau da LNB para a última selección clasificada: información en tempo real dende Celeiro de Mariñaos no VARALMORSE.

quarta-feira, junho 25, 2008

ABERTO A NOSA TERRA>> RUBÉN , OS CATIVOS E O SPEAKER-LNB REVOLUCIONAN AS PEREIRAS!!



Co brutal dobre bombo dos irmáns da compañía do ruido arrinca iste espectacular video-estalo de TELE-VARAL realializado na Conf. Sur donde ademáis de deixar a medio mundo refregando nos ollos ainda incrédulos de ver cómo máis de medio cento de palanadores e palanadoras se xuntan na parroquia das Pereiras de Mos para deputar entre o lusco e fusco diste pasado pasado sábado o Aberto da Nosa Terra. Espectacular análise no seu web oficial e ademais de consolidar a Rubén coma un dos grandes referentes do noso deporte no hemisferio sur o transporta ó mais alto nivel a nivel nacional que tanto el coma Santi, o Nadal da Pincha, Gil , Josué ,Chupi e demias tribu tentarán de refrendarse no interparroquial diste domingo en terras do Norte. Pero ademáis dun espectacular torneo nas Pereiras naceu unha outra figura que moitos botabamos de falta nas pistas , nen no Bernabeu , nen no Camp Nou poder fardar dun SPEAKER coma o da LNB ó que podemos ver niste explosivo video-estalo apresentando de xeito maxistral os campións na impresionante entrega de premios vivida nas Pereiras. Forza pincha , forza LNB!!

terça-feira, junho 24, 2008

CAMPIÓNS NACIONAIS FEMININO E ABSOLUTO NO TREN DO SERÁN DA Radio Galega!!


Simplemente espectacular a entrevista concedida ontes polo campión absoluto nacional Markitos dos Billardeiros Musicais e a campiona feminina nacional Ana dos Bíteres ós micros do Tren do Serán da Radio Galega. RADIO-VARAL captura iste xa histórico audio-estalo para desfrute de toda a cada vez máis internacional trubu billardeira, e como non posdía ser doutro xeito....o espírito perverso da OVELLA NEGRA do interparroquial Celeiro-Vilamar 2008 que se vai desputar iste domingo 29 nistas dúas pistas do concello lugúes de Barreiros, deixouse sentir asaltando os ouvidos dos ouvintes co seu tenebroso bear...preparados pois porque comeza a conta atrás para atoparse fronte e fronte coa infranqueábel ollada da ovella negra do interparroquial-08!!

segunda-feira, junho 23, 2008

RUBÉN E OS CATIVOS ACADAN O LACÓN E O QUEIXO E MARMELO NO ABERTO NOSA TERRA!!

Interferencias na emisión fixeron que o explosivo estalo sms disparado dende as Pereiras de Mos non puidera chegar ó VARALMORSE .... mais aquí o recuperamos para amosalo en todoa a súa intensidade: Apoteose festeira no aberto de pereiras, ninguén se resistíu ó reclamo billardeiro e na ateigada pista vibrouse a ritmo de palán. O podio foi para rubén seguido de santi e gil, a ekipa gañadora foi Os cativos. Rubén e os Cativos sáen pois coma grandes vencedores do multitudinario Aberto Nosa Terra celebrado iste sábado na Conferencia Sur preludio absoluto da enganchada interparroquial máis internacional das celebradas ate o momento que se vai producir iste vindeiro domingo en terras do NorLeste. Pese a que o ten agardado duelo Chupi-Josue non se puido voltar a viver toda a Galiza Billardeira agarda o análise dende o seu web con pelos e sinais do alí acontecido.... e se aínda vos estades repondo da tremenda impresión da intervención e posterior amplificación por Radio-Varal da voz dos campións nacionais na súa achega de Radio-Foz , hoxe a paritres das 19:15 permanecede atentos ó sinal da Radio Galega porque os campións nacionais da gran muiñada de Conxo subirán a un dos bagóns do Tren do Serán.

E para recordar a xa histórica Muiñada de Conxo 2008 TELE-VARAL dispara os dous video-estalos das finais que restaban.....



A DE EQUIPOS: FILLOAS DE SANGUE Vs BILLARDEIROS MUSICAIS



….E A FINAL POLO TÍTULO NACIONAL ABSOLUTO

sexta-feira, junho 20, 2008

NACE ASTURLIRIU , O WEB OFICIAL DAS MACHETADORAS E MACHETADORES ASTURIANOS!!

Nova de alcance internacional , xa está na rede o web oficial das machetadoras e machetadores asturianos , un feito histórico que ven a confirmar a forza coa que renace o deporte do Liriu en territorio Astur. Despois da formación da selección asturiana para desputar a Copa Cantábrica e da realización fai unhas semanas do seu I Abiertu en Puyarnu , os deportistas asturianos do Liriu deciden botarse a diante e auto-organizarse baixo o explosivo e desafiante epígrafe de ASTURLIRIU. Toda a actualidade do deporte do Liriu vai estar niste xa referencial web , pistas , torneos e unha futura competición regular xa planean sobre os seus regos escritos. De momento ASTURLIRIU xa ten ante si un gran reto, o de organizar a primera expedición fóra do seu país para iste domingo 29 de xuño participar no Interparroquial Celeiro-Vilamar 2008 no norte da Galiza que vai contar con 8 parroquias loitando pola OVELLA NEGRA que xa está nunha corte illada para evitar o acoso masivo dos flashes da prensa internacional.

Javier coordina ASTURLIRIU e a selección parroquial asturiana para o dasafío da OVELLA NEGRA dende o seu bunker das Bárzanas, iste é un chamanento para toda a poderosa tribu astur para que estableza urxente contacto>>javier.asturias@hotmail.com / 630.641716


E como mostra de apoio de toda a engranaxe da LNB á revolución Liriu , RADIO-VARAL recupera un explosivo documento de fai unhas semanas no que un poeta das marxes nativo do barrio de la Lluz chamado Carlos Suari entrevista no seu referencia programa da RPA ACUTO sobre suores e golpexos ou o que é o mesmo cultura física a un dos membros LNB que aloitou en Piyarnu no I Abeirtu da historia. Descarga akí o mp3!!

Iste sábado na Conferencia Sur actividade frenética no seu Aberto Nosa Terra nas Pereiras de Mos co gañador en tempo real no VARALMORSE, Asturlirio prepara a expedición para o interparrorial galego e na Conf. NorLeste praparan a infraestructura toda de hoteis con camas de lá, xantares de touciño e pan e pistas de xogo para o desafío interparroquial do vindeiro domingo 29 de xuño. xúnguete á revolución!!

quinta-feira, junho 19, 2008

SE QUERES DESFURTAR DOS ABERTOS TES QUE VIR Ó SUR....


Moito se está a falar da posíbel vinganza iste domingo da Xpaña fronte a Italia recordando a eliminatoria do mundial 94 no que Tasotti lle partíu os fuciños a Luis Enrique , pero antes o sábado outra vinganza pode ter lugar na parroquia das Pereiras de Mos, Chupi busca a vinganza daquela mítica final de Torroso no I Aberto da Conferencia Sur no que Josué lle birlou maxistralmete o lacón de campión diante dos fuciños , espectacular despregue de palanadoras, palanadores , música , luz e son niste I Torneo Aberto de Pincha Nosa Terra ó que tes que botarte coma un leopardo se bota sobre o impala a partires das 18:30 horas nas pistas que hai ao lado do local da asociación de veciños, con inscrición libre e gratuíta. E para pechar o torneo, ás 22:00 horas a música do grupo O Son do Castelo, de Santa Eulalia (Mos). Como dicía Raffaela para facer ben o amor tes que vir ó sur.....e para desfurtar dos Abertos parece que tamén!!

RADIO-FOZ APUNTA E RADIO-VARAL AMPLIFICA O REMUIÑO E A MUIÑADA DE CONXO!![preme]

MARKITOS CAMPIÓN NACIONAL ABSOLUTO 2007-08 E DANIEL REPRESENTADO ÓS BILLARDEIROS MUSICAIS CAMPIÓNS POR FRANQUICIAS ACODEN ÓS MICROS DE RADIO FOZ PARA FALAR DO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO E RADIO-VARAL AMPLIFICA O SINAL A TODO O MUNDO, DENDE O TORREIRO ,ATE NOVA YORK, DENDE PIYARNU A CARACAS OU DENDE O BIRLOQUE CORUÑÉS A PYONYANG PODEREDES SENTIR O TREMENDO REMUIÑO DE MARKITOS QUE DE CONXO CONQUISTOU O UNIVERSO ENTEIRO. RACHANDO OS BOIKOTES DESCÁRGAO AKÍ EN MP3!!

A LIXIBIA DE DAVID FIXO SALTAR AS BILLARDAS EN CONXO COMA AS TROITAS DO PUXIGO!!

E se co histórico audo-estalo aínda non quedache rendido TELE-VARAL ofréceche outra nova e explosiva secuencia coa final Nacional de Varados desputada iste domingo no Play Off nacional de Conxo 08, na que David do Sporting Patapouco levou o gato raxado ó rego do Puxigo. Espectacular victoria no medio das troitas saltando!!

terça-feira, junho 17, 2008

TELE-VARAL>> PLAY-OFF NACIONAL - FINAL FEMININA -



XA O ANUNCIABAMOS… CHEGA A ESPECTACULAR SECUENCIA DE VIDEO-ESTALOS DE TELE-VARAL ENCABEZADA COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO POLAS MÁIS BRAVAS PALANADORAS QUE SEMPRE TIRAN A BILLARDA PERO NUNCA ESCONDEN A MAN . ANA , QUE XUNTO CON OUTROS DOS CAMPIÓNS NACIONAIS VAN ESTAR ISTE MÉRCORES NOS MICROS DE RADIO-FOZ . TRIBU DO NORLESTE QUE POIDA SINTONIZAR ATENTA A APARTIRES DAS 17 H E RESTO ATENTOS Á PANTALLA PORQUE RADIO-VARAL VESTIRASE DE CAMUFLAXE PARA CAPTURAR ISTE HISTÓRICO AUDIO-ESTALO.

NUN INTRE NO QUE MEDIOS NACIONAIS SEMELLAN QUERER BOICOTEAR A VOZ DOS NOSOS CAMPIÓNS NACIONAIS , RADIO-VARAL FARÁ QUE RESOE NAS PALLOZAS , NOS PISOS , NAS CHAVOLAS E NAS PALLEIRAS ARDENDO......PREPARADE AS ORELLAS!!

segunda-feira, junho 16, 2008

PLAY-OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008>> A GRAN MUIÑADA QUE FIXO TREMER GALIZA!!



Todo o que se diga é pouco , a tormenta billardeira coma na canción de dylan chegou e arrasou Conxo iste xa histórico 15 de xuño cos golpexos dos paladores e palanadoras chegadas dende as Conferencias NorLeste e NorOeste dispostas a loitar con todas as forzas posíbeis por facerse cos títulos nacionais en xogo na terra batida do campo de futbol da máis brava e iluminada parroquia de Compostela





A caricia dunha serpe chamada barruzo non impedíu que a LNB decidirá desafiar a climatoloxía apostando pola desputa a ceo aberto desbotando de inicio a posibilidade do resgardo das euralitas . Impreseinate a chegada das dúas delegacións á 11:30 de mañá , palanadores e palanadoras concentrados e siareiros preparados para animar ate a extenuación durante unha xornada que dende primeira hora da mañá nos tanques-guagua xa se prevía histórica.





Geni , Ana e unha espectacular Lola desputaron unha final a tres que se desfixo nun espectacular cara a cara final entre Geni e Lola que como relatou co alento entrecortado a Revista da Galega e OVARALMORSE Ana do norleste campiona nacional feminina! Proclamou á palanadora dos Bíteres campiona galega.





Comezaba a tensión e a loucura a invadir o estadio de Conxo, non era Viena pero semellaba o preludio da futura final do Eurocopo, Billadeiros Musicais Vs Filloas de Sangue, a experieicia fronte á xuventude extrema famenta de triunfos , dende o inico do partido os Filloas pese ós intentos do seu adestrador Lois Fontán de centrar os seus pupilos no taboleiro de terra , istes semellaban fracmentados polo empurre e a experiencia duns billardeiros que minutos a minuto aumentaban a distancia facento inútil a estirada da franquicia do NorLeste.






Ó final pese ós apoios dende a banda duns ruidosos Remourelle BULLS ás xoves estrelas do Noroeste , istes nada puideron facer para impedir a consecución do título nacional por equipos para uns implacábeis BILLARDEIROS MUSICAIS.





Espectacular xantar a pé de pista , con empanada de polbo e mexilóns , churrasco de xato para repor forzas para un tramo final de tarde que ía arrincar cos especialistas de Varados ou tiros directos desafiando coa forza e precisión as sempre malditas leis da gravidade.





Cobertura da Galega TDT para unha espectacular final na que o público comía meterialmente ós participantes, os especialistas podían sentir na caluga o empuxe dun público totalmente entregado á causa e desconcertante e explosiva aparición por sorpresa do cuarteto italogalego de gaitas LNB.





Tres palanadores salvaron a grande criba que supuña unha pista tan lenta dunha cunha distancia considerable do punto de golpexo ó Varal e da certa dificultade que impón o levantamento da billarda nun terreo de terra. Lois Fontán polo NorOeste e David e Ginés R afrontaron xuntos o spring final donde a flamante fichaxe dos Cornería-Team e excampión nacional 2005-06 David fíxose co título nacional da máis espectacular das disciplinas.





Ás 17 h. cumprindo os horarios establecidos pola LNB todo estaba preparado para acoller a última das finais diste inesquecíbel play off nacional 2008 . O estadio recibía unha auténtica marabunta de seguidores diste deporte que se acomodaban nas bancadas para ver ás grandes estrelas dun deporte que en Conxo demostrou o seu poderío. Espectacular a chegada da delegación do Sur que veu entregar o seu alento de apoio a unha revolución xa imparábel en todo o país e que en Pontevedra e Ourense se espalla xa , coa solidez absoluta e infranqueábel do granito de Porriño.





Todos os flashes ollaban cara ó posíbel desquite do NorOeste, Serxio, Sak , Lois Fontán e sobre todo o campión de Conferncia Kiko adoecían por saltar á pista despois de estar toda a xornada agardando coma gatos raxados o intre no que a presa saíra do seu acocho. Zidane , un dos referentes do NorLeste caía degolado pola empurre dun concentradísimo Sak





Pero pese á concertración de todos os palandores finalistas dúas malladoras de xogo apartaban palanadores ó seu paso e atopábanse de xeito irremediable no mesmo punto de partida para desputar a final absoluta. Genés R fronte a Markitos .





Dous mitos diste deporte do Norleste enfontándose face a face polo título Nacional Absoluto , incluso a perfecta matemática alemana de Ginés R. resentiuse ante tanta presión e sobre todo ante o xa histórico REMUIÑO DE MARKITOS, un desconcertante moviento de brazos antes da saída de cada carreira que puido ser , xunto co acerto e nervios de ferro do palanador dos Billardeiros Musicais o que o levou a inscribir o seu nome con letras de ouro no espectacular Trofeo Rotatorio de Campión Nacional Absoluto 2008.





Noraboa a todos o campións e a toda a tribu LNB porque A GRAN MUIÑADA de Conxo demostrou o impresionante poder e consistencia dunha proposta a nosa , que fóra dos acabicornametos institucionais dá prioridade absoluta ás paladoras e palanadores que son os únicos e os que máis ordean nista vaina. Noraboa e adiante a imparábel revolución billardeira!!

A SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA XA TEN OS SEUS CAMPIÓNS NACIONAIS!!


Ana dos Bíteres, campiona feminina nacional , Billardeiros Musicais , campións nacionais por equipos, David do Sporting Petapouco, campión nacional de Varados e MarKitos dos Billardeiros Musicais Campión nacional absoluto.



Lois Fontán, co coitelo e o queixo que o acredita coma MVP do Play-Off Nacional 08 , espectacular a súa plenitude, o palanador total dirixindo e empurrando ós Filloas de Sangue na Final por equipos, finalista en Varados e rendindo de xeito espectacular na final absoluta.


....e ó chegar a Ridadeo , imposíbel resistirse ás molladas e celebracións cos campións que chegaban eufóricos de emoción á terra mae. Atentos á pantalla para sentir as pegadas da gran Muiñada e as explosivas olladas de moucho que TELE-VARAL prepara.

sexta-feira, junho 13, 2008

PLAY OFF NACIONAL 2008>> TODO LISTO PARA A GRAN MUIÑADA EN COMPOSTELA!!



Iste domingo 15 todo está disposto para que Compostela trema coas grandes estrelas do deporte da billarda desputando o Play Off Nacional 2008 intitulado e galeguizado como A GRAN MUIÑADA que abrirá lume a partires das 12 h No Campo de terra de Conxo . 2 finais pola mañán e outras 2 no serán marcarán unha xornada histórica muiñada para o deporte de esencia tradicional galego, incluso poderás seguir a muiñada dende calquera tasca no teu portátil ou pola Televisión Galega.


Espectacular tamén o despregue das Conferencias xa que dúas guaguas repletas cos palanadores e palanadoras máis siareiros sairán a primeira hora da mañán do domingo, unha de Ribadeo e outra da Coruña para atoparse na terra batida de Conxo donde ó igual que os sioux , selar con sangue e licor cos irmáns da Conferencia Sur o pacto de loita para que o vindeiro ano eles tamén esteñan presenza de facto nista explosivo play off nacional.


Aínda estás a tempo para unirte á expedición:


Guagua do Norleste saída de Ribadeo: 699.730313 / coordinador David

Guagua do NorOeste saída da Coruña: 659.628892 / coordinador Sak

expedición do Sur: 625.204119 / coordinador Moisés
E se queres adquirir material deportivo ou as exclusivas chapas LNB , a pé de pista vai estar o tenderete imposible da TENDA-LNB.
Se estás na cadea ou impedido por causa maior para non estar en Conxo coa tribu billardeira tamén vas podes seguir en directo a muiñada no Galiza en Varados que preparan dende O VARALMORSE que por primeira vez na história vai compartir os dereitos de emisión da gran muiñada do Play off Nacional co programa da Galega A Revista, polo que mentras un toma o vermut , a taza , o viño, a caña ou o cubata vai poder ver os trallazos das finais femininas e por franquicias no seu bar ou tasca preferida.

PLAY OFF NACIONAL 2008 >> A TÁBOA DE FINAIS:

DOMINGO 15 DE XUÑO: CAMPO DE FUTBOL DE CONXO ( COMPOSTELA )

FINAIS DA MAÑÁN

12 h. Modalidade Feminina

Conf. NorLeste: Carmiña , Tere, Mónica, Ana, María, Asun, Demelsa, Geni, Teresa, Lola, Pamela

Conf. Noroeste: Leticia, Besbe, Maria


13 h. Modalidade por equipos:

Billardeiros Musicais Vs Filloas de Sangue


FINAIS DO SERÁN

16 h. Modalidade de varados:

Conf. NorLeste: Markitos, David, Bixi, Ginés R.

Conf. NorOeste: Juanjo, Sak , Lois Fontán, Sergio.


17 h. Final individual

Conf. Norleste: Ginés R, Hugo, Cristián, Juán Pico, Zidane , David, Markitos , Victor

Conf.Noroeste: Kiko, Sak, Sergio, Alberto, Lois Fontán, David Fontán, Juanjo , Roi

Entrega de trofeos ás 18:30 horas

quinta-feira, junho 12, 2008

75 HORAS PARA A GRAN MUIÑADA QUE VAI FACER TREMER GALIZA!!

Todas as alarmas acesas en Compostela e no país enteiro ante a inmiente conta atrás iniciada para iste domingo 15 de xuño no campo de terra de Conxo acoller a monumental enganchada do play off nacional de billarda entre os mellores da Conferencia Norleste contra a Noroeste. Espectacualr a cobetura dos nosos irmáns de Radiofusión que xa teñen guindado o hístórico mp3 da presentación oficial e impresioante o desplegue dos nosos irmáns de Vieiros que puxeron a guinda perfecta a isa búsqueda tola da LNB por ultragaleguizar uns play off xa intitulados e galeguizado para sempre como A GRAN MUIÑADA. Coma a impactante acción billaderia de Náchok, pon o mantelo e colle a tina porque a sangue vai correr a regos dende Conxo , donde os xogadores da súa equipa de futbol xa se poñen a cuberto ate os Ancares donde os indíxenas xa sintonizan os seus portátiles para iste domingo seguir en directo a gran muiñada no Galiza en Varados emitido polo VARALMORSE.


quarta-feira, junho 11, 2008

AS CEREIXAS E O PLAY OFF NACIONAL DE BILLARDA INVADEN AS ESTRADAS!!



NISTE TEMPO DE CEREIXAS INVADINDO AS ESTRADAS A LNB PIDE A URXENTE FIN DO IMPERIALISMO DEPORTIVO REIVINDICANDO AS 1000 PRIMAVERAS E INVERNOS MÁIS PARA OS PLAY OFF NACIONAIS DE BILLARDA NA SÚA PRESENTACIÓN OFICIAL EN COMPOSTELA XUNTO Á DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE MARTA SOUTO. FRONTE ÓS LAKERS - CELTICS A LNB PROPÓN PARA ISTE DOMINGO NO CAMPO DE FUTBOL DE CONXO UN EXPLOSIVO BILLARDEIROS MUSICAIS VS FILLOAS DE SANGUE.....ISA SI QUE VAI SER MUIÑADA , APÚNTATE Á CANFURNADA!!

terça-feira, junho 10, 2008

Náchok ASINA O EXPLOSIVO CARTAZ DIXITAL DO PLAY OFF 08....ASPIRA E PÁSAO!!




Espectacular acción do artista galego Náchok para o cartaz dixital do play off nacional 2008 , donde esteña un mantelo e unha tina cos restos de auga turba que se quite o resto, descárgao e pásao é a filosofia .... nen Lakers contra Cletics nen ostias, Filloas de Sangue Vs Billardeiros Musicais isa si que vai ser muiñada!!



A LNB esquivando as restriccións anima a toda a súa tribu ó consumo responsábel e comunitario do noso deporte e da nosa herba , é por iso que seguindo as normas da cultura rastafari con fonda implantación galega como demostran os irmáns de LEGALIZA , animamos a aspirar fondo e pasar o explosivo canuto-artístico creado polo fotógrafo experimetal NÁCHOK , aspira fondo e sinte e brutalidade do cotián!!

segunda-feira, junho 09, 2008

A FOTOFINISH DE NACHOK MARCA O SPRING FINAL CARA Ó PLAY OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008!!

Coa billarda e o palán preparados para actuar comeza a desexada semana da conta atrás para o agardado PLAY-OFF NACIONAL 2008 que iste domingo 15 de xuño vai invadir Compostela coa presenza das grandes estrelas diste deporte da billarda que van arrincar os pastores electricos para fozar coma os xabaríns feridos fozan no monte na pista de terra do campo de furbol de Conxo. E para a ocasión a LNB volta a dar unha volta de folla e inspirándose no festival de músicas avanzadas do SONAR , vai apresentar unha aténtica xoia en forma de cartaz dixital exclusivo para anunciar o PLAY-OFF NACIONAL 2008 asinado polo fotógrafo galego de vangarda NACHOK .

Únense así dous discursos potentísimos para facer fronte á gran mentira deportiva e cultural , Nachok retrata co seu kalashnikov de imaxes a brutalidade do cotián máis cercano afastándose do discurso da maioría dos fotógrafos que verten a súa ollada en latitudes lonxanas desprezando o propio como non válido, e pola outra banda a LNB que acabicornada polos medios , poderes e deportes maioritarios revólvense e crécese ante a adversidade para apresentarse en Conxo cun poderoso exército militante que vai facer saltar os dentes dos que ousen porse diante. ATENTOS Á PANTALLA PORQUE CHEGA O CARTAZ DIXITAL QUE VAI TER QUE RULAR DE PANTALLA EN PANTALLA COMA UN PORRO PASA DE MAN EN MAN.

sexta-feira, junho 06, 2008

LNB - NOVAS: COMPROMISO COA INDEPENDENCIA!!


ISTA FIND, ACONSELLAMOS DANZAS DE GUERRA NA FESTA DOS IRMÁNS DE NOVAS DA GALIZA EN COMPOSTELA , PORQUE NA VINDEIRA O SANGUE VAI CORRER A REGOS DENDE O NORLESTE Ó NOROESTE NO PLAY-OFF NACIONAL A DESPUTAR O DOMINGO NO CAMPO DE FUTBOL DO CONXO. COMEZA A TENSA CONTA ATRÁS!!

quarta-feira, junho 04, 2008

O BRINDE DOS ZIDANS PECHOU UN ABIERTU QUE VAI TRAER LONGA COLA!!

Espectacular instantanea do brinde dos dous Zidanes , o ZiDane do Liriu e o da Billarda pechaban así unha histótica xornada no restaurante Casa Orosia das Bárzanas donde se deixou semente de vencer , xa que Javier, O Zidane do Lirio xunto co adestrador da selección Astur, Xosé Pravia, xa moven ficha para pechar unha de seguro explosiva selección parroquial asturiana que loite a morte polo año mouro no INTERPARROQUIAL 2008 CELEIRO-VILAMAR diste 29 de xuño. Xa podes ver a foto tribal e o artigo coa que La Nueva España ilustra o acontecido en Piyarnu e para a semana que ven recomendamos que se tome nota para sentir o martes ás 16:30 a explosiva bomba billardeira que vai explotar no referencial programa ACUTO da RPA , dirixido e presentado polo referencial Carlos Suari , que coma o “BÓGER”, ise mítico gerrilleiro astur botado ó monte , cada martes saca ó ar o precioso e contundente nome de cultura física para amosar ó mundo os deportistas autóctonos ...mentras na Galiza o nosa radio e televisión nacional nos mantén acurralados. Escancia a galería fotos do abiertu e prepárate porque xa comeza a conta a trás para o PLAY-OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008!!

segunda-feira, junho 02, 2008

TELE-VARAL >> FINAL DO I ABIERTU DEL LIRIU PIYARNU 2008!!



O equipo de TELE-VARAL atravesou por riba das zinzas dos neumáticos queimados na ponte dos santos para atrapar en exclusiva mundial a histórica I final do Abiertu del Liriu que enfrontou á gran estrla astur, Javier dos Amigos del Lirio de Castrillón fronte a xermán do BAR TIMO-LIRIO SPORT. Enlíriate!!

LES HUELLES DEL I ABIERTU DEL LIRIU!!


Mentras moitos estaban pendentes da terra batida parisina de Roland Garros , outros trocaban o elitismo imbécil das raquetas de Nadal e Carla Suarez polos paláns e machetas do I Abertu en terra astur . Un Piyarnu en festas acolleu no seu campo de futbol miniciapal á cada vez maior tribu do Lirio que en colaboración cos estamentos da LNB amiazan con estercar coma xa está a Galiza enteira coa invencible semente billardeira o país veciño.



O domingo ás 12:30 o campo de futbol de Piyarnu mutado en epicentro mundial do noso deporte acollía o goteo continuo de machetadores que coma a sidra batía dende primeira hora os vasos por unha improisidad espicha a pé de pista chegaban dispostos á revolverse na terra batida do centro do campo e dixar os dentes donde os futbolistas deixaban as marcas dos tacos das botas.


Hevia o coordinador de Liga Nacional do Lirio en Castrillón exercía de anfitrión e dispuxo para a ocasión dunha espectacular indumentaria da franquica de Castrillón chamada AMIGOS DEL LIRIO que englobaba no seu seo a palanadores da talla de David, as xovencísismas estrelas do Lirio Alan e Ramón que xunto con Goyo e Begoña e a irrupción en escea da primeira estrela absulta do deporte do Lirio asturiano , Javier , o alcumado ás presas o Zidane Asturiano desafiou o poder do BAR TIMO- LIRIO SPORT que conta nas súas filas coa base da selección asturiana do Lirio encabezada por Xosé Pravia , Fran , Albarín, Delmi , Pablo , María e a incorporación de Dolo e das fichalles galegas Ismael o Zidane de Billarda e Xermán.


Escanciaba Hevia a pé de pista e os lírios bruaban coma a sidra rompía nos vasos anchos, a primeira fase deixou a sorpresa da eliminación do Zidane galego por unha espectacular serie do seu tocallo astur que se convertía así en verdugo e grande referente para facerse coa Placa do Abiertu, David , Fran , Xosé Pravia e María a frontaban a seguinte fase con moitos boletos cara ó triunfo final .



TELE-VARAL foi testigo da intensidade da finalísima diste I Abiertu na que a fichaxe galega dos BAR TIMO-LIRIO SPORT , xermán tivo que necesitar prórroga, queixo e anchoas do bar timo e moita sorte para poder ó final dobregar á convertida xa na grande estrela e referente absoluta do deporte do Lirio en Teritorio astur, Javier , EL ZIDANE DEL LIRIU!!



Venceu o Lirio e venceu a tribu toda astruiana niste primeiro Abiertu , e moi a tentos porque a pedra comeza oa rodar e xa se estudian máis emplazamentos para Abiertus e a máis que posíbel asitencia dunha podeosa selección parroquial asturiana ó explosivo INTER-PARROQUIAL CELEIRO-VILAMAR 2008 do día 29 de xuño.