O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 30, 2009

NA SEMANA DO XERRO ESTREO MUNDIAL DO TEMA DUNS NATIVOS DO SALNÉS CHAMADOS "FACHENDA GALEGA"!!

Algo máis ca un torneo,( polo que a emoción nos fixo perder a noción do tempo e propiciou a confusión de datas na nota inicial ), o vindeiro 10 de maio temos unha cita coa história. A parroquia de Xil , no cencello de Meaño voltará acoller cos brazos a bertos á enorme tribu LNB , todas as conferencia estarán presentes diante da Taberna da Cancela e cos beizos amoratados polo saboroso viño dos furnachos para loitar polo Xerro que tirará para oo Norte ou quedará no Sur dependendo da puntuación dos 10 mellores clasificados de cada emisferio.

Atención pois, urxe comunicar ós coordinadores de conferencia os participantes no xantar de irmandade no Noso Bar de Xesteira.

E por se non foran poucos elementos desestabilizadores o viño e o ambiente dos furanchos anunciamos que o Xerro do Salnés terá unha Banda Sonora realizada por un nativo das terras de Meaño que non puido resisitirse máis e botouse ós trebellos musicais para apoiar ista nosa revolución a cabalo dun espectacular proxecto sonoro que leva o nome de FACHENDA GALEGA. Fachenda Galega forma parte xa da REPÚBLICA BILLARDA , o proxesto de sons , letras e actitudes de apoio á LNB ó que ti non podes quedar alleo , mándanos o teu estalo e consegue o status de refuxiado na República Billarda!!.

Ademáis atentos é moi posíbel que Fachenda Galega e pase pola Cantina da LNB para que poidamos coñecer todos isa grupo de nativos do salnés antes de atoparnos nos polos Furanchos armando festa

Prepárate pois e vai elexindo uniforme xa que os emisferios en Xil , como nos bailes, estaremos todos xuntos aínda que non revoltos polo que se barallan explosivas posibilidades de uniformación para a hora de participar no Aberto diferenciar a procedencia de cada palanador ou palanadora.

quarta-feira, abril 29, 2009

TELE-VARAL AMOSA A PEGADA LNB NO VALADOURO ANTES DA GRAN FESTA DO PLAY OFF LOCAL NO NORLESTE!!



Por se non dábades creto , chega o espectacular video-estalo de TELE-VARAL para amosar a espectacularidade brutal dunha xornada histórica baixo as euralitas do Pavillón de Ferreira do Valadouro , emocións contidas no NorLeste que estouran sen que nengunha corda poida suxeitalo, Varados con pasaporte para Compostela e unha equipa a dos Remourelle Bulls dispostos a celebrar en Meaño que iste ano van a polo título nacional.... Ollo ó micro e ás desconcertantes gafas de sol da gran estrela mediática Juan Pico que amosa ó mundo o novo patrocinador das súas verbas , A taberna da Lola donde o Norleste o vindeiro sábado 23 de Maio vai celebrar a gran festa-cea do seu play off local , para apuntarse a iste explosivo evento festivo-gastronómico donde as grandes estrelas serán a cacahuca do All Stars e a Lacón do Aberto de Lugo , xentilmente doadas polos campións Ginés dos Cornería team e Geni dos Outros, compre ir anotándose no seguinte mail de contacto: chankli_12@hotmail.com / 605.316896

terça-feira, abril 28, 2009

HEBERÁ BACINA PARA A FEBRE DOS PORCOS , PERO NAIDE PODERÁ DETER O TERRÍBEL ANDACIO DOS ABERTOS LNB!!



* FOTO-VARAL: ABERTO DO PINO!!

Mentras o NorLeste se recupera da resaca e fai as contas para os emparellamentos do Play Off Local , atopamos guindado no Foto-Varal o espectacular album completo do Aberto do Pino realizado fai unha semana polos Furabolos organizados xa legalmente coma Asociación Deportiva Cultural.


Paquete Pinchas e Remoulle Bulls son as franquicias xa clasificadas para a gran final nacional por equipos, a día de hoxe oss Furabolos teñen o liderato da conferencia NorOeste mais tan só 1 punto sobre os potentes Xarutos e a tiro de pedra dos sempre perigosos Filloas de Sangue.


En Sada saberemos quén dos tres pilla o tractor estartelado cara o Play Off Nacional , mentras só chamar á revolta dos Abertos , sabedes que o 10 de Maio , todos a Meaño no Aberto nacional do Xerro do Salnés no que ademáis todo indica que ista edición estrearemos pista , polo que podedes ir comunicándolle ós coordiandores de conferencia a vosa presencia xa que para o xantar de irmandade necesitamos saber o número o máis aproximado posíbel.


Un espectacular Toldo fixo as funcións de fenomenal carpa para resgardar os premios cos que agasallar ós triunfadores dun Aberto do Pino que é xa referencia absoluta para todos de como se fan as cousas sen medo ós elementos e botándose para diante. Pode que ista molladura dos Furabolos e toda a tribu LNB presente no Pino sexa unha das sementes para que na semana do día das letras Galiza se convirta nun campo minado de billardas e abertos , aínda estás a tempo se queres organizar o teu Aberto das Letras>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 26, 2009

"REMOURELLE BULLS" ENCABEZARÁN A PODEROSA EXPEDICIÓN DO NORLESTE NO PLAY OFF NACIONAL!!


Primeiro dende Moscú, logo polo asedio hitleriano á cidade soviética na segunda guerra mundial dende a xelada Ufa na república autónoma de Baskiria e dende principios do ano 1955 retransmitindo dende unha pequena habitación da cidade rumana de Burcarest , moitos xa sabedes que estamos a falar de coñecida popularmente coma a Radio Pirenaica, isa mesma filosofía que saía das gorzas dun zulo xeado é a que nos move a toda o tribu LNB para crer e berrar sen compexo ningún que unha República Billarda tamén é posíbel.

Estaba no ar e case xa se puido tocar no espectacular e emocionate derradeiro asalto regular da Conferencia NorLeste celebrada no pavillón de Ferreira do Valadouro donde o gran exercito da LNB se tivo que refuxiar ante o incánsábel asedio da chuvia.

Se fai unhas semanas Paquete Pincha se clasificaban en Mos para o Play Off Nacional por equipos os Remourelle Bulls lograron despois dunha auténtica xornada épica en Ferreira ser os campións de conferencia e desputarán o título nacional na de seguro fervente terra de Conxo , a úncia incógnita agora é saber cal será o terceiro elexido pola gloria polo NorOeste para iste de seguro explosiva final a tres que vai facer saltar os fusibles en toda a capital galega.

Tandas de desempates para elexir ós catro representantes de conferencia en Varados , carreiras para desfacer os empates e establecer postos para os cruces do play off local e o que foi a auténtica proba de lume a eleminatoria a tres entre Calvete , O´zidane e a gran revelación da tempada Lola (campiona feminina de conferencia) que logrou nunha espectacular serie deixar fóra xa de competición a istas dous auténticos mitos do noso deporte.

Preparade as bandeiras e as gorxas porque a próxima cita é das que deixan marca , Xil 10 de Maio , Aberto Nacional do Xerro do Salnés donde todas as conferencias van estar presentes ….República Billarda , viño e torrezmos únicos alimentos na cartilla de recionamento!!

quinta-feira, abril 23, 2009

COA OLLADA FIXA NO HORIZONTE: FERREIRA DO VALADOURO E O SALNÉS!!



Xa se respiraba no ambiente no Aberto Cidade de Lugo, hai espazo e hai gañas para que algo moi grande aconteza e sinais coma enviada dende a cidade das Murallas alviscando no horizonte a Confencia Centro fan que tod@s apretemos os puños en sinal de victoria e celebrarémolo cun de seguro espectacular derradeiro asalto na fase regular da Conferencia Norleste na pista do colexio do concello de Ferreira do Valadouro. A Cita para decidir o equipo vencedor de confencia e dos 16 elexidos para o Play Off local na Pista de Ove será iste domingo 26 a partires das 16:30 h.

XERRO DO SALNÉS



E se mantemos a ollada no horizonte podemos alviscar xa o mítico Xerro do Salnés, volta iste torneo que lavanta paixóns e volta marcado na data do 10 de Maio, Atención xente de tódalas conferencias ( incluídas xa as centro ) , Xil foi a primeira saída da Gaugua da LNB polo que a indiscutíbel esencia do torneo é a celebración dunha histórica data chantada nos nosos corazóns e mollada con viño dos furanchos . Os que queiran participar dista gran festa billardeira que se poñan en contacto cos coordinadores de conferencia , a día de hoxe podemos adiantar que varias cousas están xa confirmadas:

Punto de encontro na Taberna da Cancela ás 12H , ruta polos furanchos e xantar no Restaurante O Noso Bar con prezo do menú de 11 euros , despois do xantar volta á Pista da Capela das Angustias donde os que manteñan o equilibrio terán dúas opcións: ou facer bruar as billardas ou acenderlle unhas velas á virxe das Angustias.

segunda-feira, abril 20, 2009

MONTA NA GUAGUA E COÑECE AS PEGADAS DUNHA FIND QUE DEIXOU PEGADA!!


Foron milleiros os xatos , vacas , cochos , cabalos , burros e machos os sacrificados xusto na pista na que se celebrou iste pasado domingo o II Aberto cidade de Lugo “memorial Henriqueta Otero” , un moi especial e desputado torneo como se relata con pelos e sinais no web oficial do Norleste. Pero antes de toda tribu LNB establecer o campo base no antigo matadeiro da Frigsa foron moitas as xostradas billardeiras coa que a LNB golpexou a terra.

SÁBADO: ABERTO DO PINO>> O XAMÓN VOOU CARA Ó SUR!!

Mentras as cámaras e os focos apuntaban cara á coroación do novo Cesariño no Obradoiro, a moi poucos km, un exercito de indomábeis palanadores e palanadoras preparábanse baixo un ceo que amiazaba caldeiros para pola tarde desputar o tan esperado I Aberto do Pino no que o campión podería meterlle o dente ó Xamón da LNB coa gran consolación para o resto do pódium dun queixo e unha restra de chourizos. Os Furabolos coordinaban iste Torneo e alí estaban en pleno na pista da magdalena para acoller a unha moi importante feixe de participantes que dende moi lonxe chegaban para desputar o xamón.

Entre os forasteiros chegou unha das grandes referencias do poderosa tribo do Sur, Rubén , o palanador dos Lideiras estaba presente e disposto a desafiar a gran estrela local que leva o nome de Iván dos Furabolos. Puido ser a tensión do ter o público pero a xove estrela local e xa internacional non puido frear a un atinadísimo Rubén que foi quen de arrasar tamén en terras do Pino levando o tan desexado XAMÓN DA LNB para Mos baixo unha chuvia que convertía nun mas de dúbidas o que se atoparía a tribo do Norleste no desprazamento Aberto Cidade de Lugo.

DOMINGO: FURABOLOS +1 POR RIBA DOS XARUTOS

Pero os que o tiñan seguro eran os integrantes da Conferencia NorOeste, é xa moito o que hai en xogo polo que o Frontón de Riazor era o esceario perfecto para cubrirse dos posíbeois chuzos de punta. Xarutos-Furabolos, Furabolos-Xarutos xa case podemos descartar o temido spring dos Filloas de Sangue xa que a cousa parece condeada a estar entre dous, pese á espectacular serie da estrela dos Xarutos Serxio con dous varados e unha carreira en táboas, os Xarutos non puideron manter o liderato que pasou a mans dos Furabolos por tan só un punto de diferencia. Atenció porque todo se decidirá no último asalto , apuntade que case con seguridade será o vindeiro 24 de Maio no concello de Sada.

DOMINGO : LACÓN E LICOR CAFÉ NUN LUGO INVADIDO POLA LNB!!


*foto-varal do Aberto cidade de lugo

E chegaba a hora , as 15:30 hora natural galega e toda a LNB preparada na pista da antiga Frigsa para homenaxear a Henriqueta Otero no Aberto Cidade de Lugo , os espíritus de todos os animaís sacrificados bruaban a cada golpexo dos palanadores e palanadoras da LNB que chegaron a Lugo guiados polos irmáns de MADIA-LEVA, non hai verbas para expresar o intenso do acontecido , demostramos os Madia e nós que a autoxestión é a mellor e a máis poderosa das nosas armas.

Pero os aborixes lugueses non deixaron que a xente de Madia estivese sóa nista importantísima cita , simplemete espectacular a implicación da xente da franquicia do Ceip-Lugo que estiveron a un moi nivel altísimo no seu debú billardeiro con un capitán coma Suso que tentou en todo momento manter o equilibrio nunha franquicia que aventuramos un espectacular futuro.



Tiñamos novas de Ceip-Lugo pero o gran lampo veu da man do que poderíamos nomear coma o Dynamo do Cimogrado , unha equipa formada por palanadores e palanadoras que desafiaron o entorno familiar e coa desculpa de ir buscar tabaco apareceron no matadoiro dispostos a loitar polo Lacón , recén chegado de Moscú , Jorge , xoven palanador de 80 anos foi unha das grades estrelas diste Torneo que será imposíble de borrar da nosa memoria colectiva. Jorge escondía billardas e palán con medidas de cando era neno e a LNB por suposto admitiunas para iste torneo e para iste palanador que tan fonda pegada deixou en tod@s nós.

Ademáis Jorge obsequiounos con leccións maxistrais e conceptos de modernidade absoluta utilizando os máis primitivos elemetos como cando realizou a explicación do antigo xeito de golpexar cun golpe para levantar a billarda e con unha patada cos pés vestidos en zocas . Nistes intres xa estamos analizando ista opción de golpexo para validala na próxima tempada.


Pero no Dynamo do Cimogrado non estan Jorge só senón que Armando outro palandor de Lugués de experimentada traxectoria voltou á competición despois de 40 anos de inactividade e se sumamos á Iria e a Camilo coma reforzos do Cimogrado pode que esteñamos falando da consolidación absoluta do noso deporte na cidade das murallas.


E co partido xa comezado chegou a gran sorpresa final , incorporación dunha nova e numerosa franquicia LNB con sede na cidade de Lugo que están dispostos a aferrarse á billarda coma xeito de loita da súa propia terapia , Proxecto Home , apresentáronse no Aberto con un poderoso equipo formado por 6 palanadores dirixidos dende a banda pou un Guardiola da billarda chamado Emilio.

Cun lacón en xogo e con Rubén saboreando o Xamón acadado no Pino o día antes a presencia de toda unha estrela do Sur coma Xosé Miguel da Faisca xa metía o medo no corpo a todo un plantel de palanadores que vían coma o de Moaña pasaba roldas tan só freado en semis e con moitos apuros pola gran revelación do Torneo, Xulio, o gran palanador luso dos Bíteres plantouse na final despois dunhas series impresionates.

Final entre Geni dos "Outros" e Xulio que se decantou para ista gran dama da billarda que xa está a facer números de record histórico, atención ós videos de TELE-VARAL para ver iste espectacular final e as verbas na entrega de premios a David dos Piratas do lote Madia-Leva coma campión de Varados Henriqueta Otero. Toda a forza dos cabalos e dos bois sacrificados na frigsa habita agora en nós....tuma, tuma!!


sexta-feira, abril 17, 2009

DO PINO Á CORUÑA E DO FRONTÓN de Riazor Ó ANTIGO MATADOIRO DA FRIGSA!!

Esquivando os asteroides o satélite LNB puido sacar a espectacular foto que ilustra o cartaz que inunda xa todas as paredes de Lugo. Nada vai poder frear o poder da nosa poderosa alianza cos irmáns de MADIA-LEVA que son os responsábeis máximos que iste referencial torneo consiga acadar a tan desexada continuidade, e ademáis por todo o alto xa que o sábado pola noite no seu Local Social teremos a actuación de Som do Galpom , nada mellor ca iso para desafiar o equilibrio ó día seguinte na pista de futbol sa da antiga frigsa. Pero xa sabedes que ise non vai a ser o única cita dunha find que bota lume:

- SÁBADO:

ABERTO CONCELLO DO PINO
16 h [ pista da Magdalena] CASTROFEITO

-DOMINGO

XORNADA REGULAR CONF. NOROESTE
16 h [frontón de riazor] A CORUÑA



EN LUGO DEIXATE GUIAR POLO CHEIRO A SANGUE!!


E para que non te equivoques e tires cara ó pavillón de deportes de Lugo donde se celebra iste mesmo domingo o Concurso de Baile de Salón Cidade de Lugo amosámosche a espectacular infrestructura coa que conta xa a LNB na Cidade das Murallas . Atención porque o ambiente está "calente" como se diría en Ribadeu , porque os palanadores e palanadoras de Lugo desafían ó poder e á experiencia dos nativos da mariña ós que xa chaman Vikingos e que por nada van deixar que volten na Guagua co espectacular Lacón-LNB doado pola Carnicería Antonio de Barreiros. Atención poís á enganchada porque non vai rematar ahí a cousa xa que o concurso de triplas promete condensar a intensidade necesaria para polo menos facer tremer as murallas .... arrebola o GPS e guíate so polo cheiro a sangue para chegar á pista de futbol sá do antigo matadoiro da frigsa.... LNB , a tribu vampírica!!

quinta-feira, abril 16, 2009

GALEGOZ PON B.S.O Á PERPÉTUA ORXÍA BILLARDEIRA QUE INVADE O PAIS!!


ESPECTACULAR...XA PODES CHIMPAR DE PISTA EN PISTA COMA UN CHIMPANCÉ ENTOLECIDO POLO RITMO COA IMPRESIONATE BOMBA SONORA QUE GALEGOZ NOS ESTREGA A TODA A TRIBU BILLARDEIRA.

Como anunciabamos fai uns días xa está dispoñíbel no netlabel galego Aregueifa-Plataforma o novo Ep dista banda multi-étnico-parroquial galega que se atreveu a incorporar nun espectacular e sensual tema para a revolución sexual-billardeira que imparábel percorre o pais enteiro. GalegoZ visten o traxe do máis cálido e brutal soul para mutados nuns Barry White simiescos perpetar un impresionante tema co que pornos a cen nista gran orxía perpetua na que estamos inmersos e que percorre cada recunco do país convertindo a galiza nise paraiso da luxuria que era o STUDIO 54. "Viñeron da Galiza Interior" é título do novo Ep que tes que descargar coma un can esfameado e "O Amo da Billarda" é o single que vai acompañar as noxas orxías...


e se tes gañas de máis tralla atento porque iste sábado no Local do Centro Social Madia-Leva de Lugo concerto de Som do Galpom, grupo tamén implicado na construcción dunha B.S.O para a revolución que quentará á trubu da cidade das Murallas na noite previa ó explosivo Aberto Cidade de Lugo do domingo pola tarde....e se non podes estar Paz e Amor e TELE-VARAL no salón!!

quarta-feira, abril 15, 2009

ISTE SÁBADO : A POLO XAMÓN DOS FURABOLOS NO I ABERTO DE BILLARDA DO PINO!!

Confirmado: a Revolución LNB supera xa conceptos de por si superados coma Galiza, estado español, Europa, Mundo, Galaxia ... Existe o Ceo? San Pedro xoga a Billarda? Buda fai paláns? , dende Lugo a brigada LNB na cidade das Murallas apela ás máis altas instancias para saber de donde ven iste tremendo impulso que empurra á tribu sachar sempre a contracorrente. E cando San Pedro , Mahoma ou Buda se enteren que iste sábado 18 no Campo da Magdalena (castrofeito) se deputa o I ABERTO DE BILLARDA "Concello do Pino" vaise montar unha moi gorda porque ademáis atención ós espectaculares premios:

1ª Clasificado: O Xamón do Pino

2º Clasificado: un Queixo-LNB

3º Clasificado: restra de Chourizos-LNB

E se ademáis todo isto montado e coordinado por isa xa referencial franquicia LNB chamada FURABOLOS , podemos adiantar que o Aberto vai converter o campo da Magdalena nun auténtico volcán de laba billardeira que atrapará para sempre a todo aquel que se achegue.

Recordade: a cita iste sábado ás 16 h Os Furabolos , un xamón , un queixo , unha espectacular restra de chourizos e toda a tribu do Pino agardan cos paus preparados para loitar!!

terça-feira, abril 14, 2009

A LNB PRESENTE NO PRIMEIRO ANIVERSARIO DOS IRMÁNS DE ACUTO!! [preme]

E para coller forza , nada mellor que acudir en masa ó espectacular cumpreanos que celebraron iste pasado sábado ás 13 h. os irmáns de ACUTO , ise fundamental furado radiofónico que a LNB posúe en terras Asturianas para gardar os paus cos que axudar na imparábel expansión do deporte do Liriu afontou con saude de ferro o seu primeiro aniversario e a LNB participou disa grande festa soprando o grande facho que alumea cada semana toda a actualidade da cultura física do poderoso país veciño . Despois de catro anos de que a radio galega menosprezase totalmente na súa grella ós deportistas galegos é o intre de sentir iste referencial estalo completo de Acuto capturado no RADIO-VARAL e repartir a tarta entre toda a tribu para coller forzas ante as grandes retos dista explosiva finde, se non fora pouco a xornada doble do domingo con xornada regular no Frontón de Riazor da Conferencia NorOeste e o Aberto Nacional Cidade de Lugo na pista de futbol sá do antigo matadeiro da Frigsa, atención porque anunciamos xa para iste sábado o I Aberto Concello do Pino coordinado polos Furabolos no que se desputará un espectacular Xamón-LNB para o campión ou campiona xunto con outros fabulosos e saborosos premios que iremos amosando para o resto dos palanadores que suban ó podium....moitas felicidades e 1.000 primaveras + para ACUTO e para a cutura física asturiana, adiante a revolución surfeando nas cunetas no salvaxe cantábrico!!

domingo, abril 12, 2009

LUGO A PRIMEIRA MINA NUN PAIS QUE VAI ESTOURAR MINADO DE ABERTOS!!


Intensa actividade a que se alvisca en tódolos frontes , se en Vigo se os compañeiros de GalegoZ inundaron iste sábado a Sala Mondo co seu Aranhoto Bilhardeiro condensado no single "O amo da billarda" que o 14 xa poderemos descargar na Regueifa Plataforma , non queremos nen imaxinar o tremendo impacto cando iste vindeiro domingo sexa o estreo do tema na Guagua da LNB que transporte ate Lugo o tribu toda do NorLeste para desputar o tan agardado Aberto Nacional Cidade de Lugo . Lugo prepara os paus e afía con brosas as billardas para recibir á tropa toda da LNB, polo que facemos unha chamada a todos os activistas billardeiros da Terra Cha e da Cidade de Lugo para acudir en masa á pista de futbol sa do antigo matadeiro da Frigsa. MADIA-LEVA e a LNB selán a súa firme alianza dándolle continuidade a iste referencial Aberto no que o campión ou campiona levará o tan prezado Lacón da LNB e haberá un espectacular "Concurso de Tripas" para homenaxear a Henriqueta Otero , isa profesora en Barreiros perseguida polo réxime franquista e atrapada a moi poucos metros de donde se vai celebrar o aberto.

RIBADEO-LUGO >> PUNTOS DE PARADA-LNB!!

Os horarios de saída da Guagua xa están expostos no web oficial do NorLeste xunto cos puntos habituais de parada , queremos recordar tamén que a LNB en función da nova política de autoxestión vai cobrar un bono-axuda a todos os pasaxeiros de 3 euros ( excluidos os menores idade). Iste domingo non te quedes na casa , prepara o coitelo e únete á guagua porque no antigo matadeiro de Lugo vai voltar correr o sangue a regos . Se estás na ruta Ribadeo-Lugo e non tes acordada unha parada , ponte en contacto para establecer un Punto de Parada- LNB no que subir ti e os teus compañeiros á Guagua >> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 09, 2009

GALEGOZ ESTREA " O AMO DA BILLARDA" ISTE SÁBADO NA SALA MONDO DE VIGO!!

Fai uns días anunciabamos a inmersión billardeira do cantautor punk leo i arremecághona que no seu concerto de Mos amagou con apresentar o seu tema de apoio á revolución billardeira , unha semana máis tarde e a moi poucos quilómetros temos que voltar a erguer os puños para agradecer a total inmersión billardeira do explosivo Arahoto style de GALEGOZ . Iste sábado 11 de Abril a Sala Mondo de Vigo vai converterse nunha descomunal ciber-verbena na que os autores do "revolution dance" apresentarán o seu novo Ep Viñeron da Galiza interior , 5 novos temas gravados en La Casita de Ribeira ,”Viñeron da Galiza Interior“ ”Apocalipse agora””Zombis no Gaias””Non poden con nós” e o explosivo estalo billadeiro de apoio á nosa imaprábel revolución que invade leiras e escearios que titularon ”O amo da billarda" iste histórico tema e os catro restantes poderás baixalos gratuitamente o próximo 16 de Abril no netlabel www.aregueifa.net -reggae, funk e soul salpicado por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista íste sábado en vigo e para sempre nos nosos corazóns , toda a tribu LNB ó Mondo de Vigo queimar a pista con GALEGOZ no histórico estreo do "Amo da Billarda"!!

terça-feira, abril 07, 2009

VOLTA O ENMARCAXE CORRECTO DESPOIS DAS VISIÓNS DISTORSINADAS POLOS ÁCIDOS DA EMOCIÓN!!

Espectacular implicación de toda a tribu ante o eventual fallo de navegación nistas sempre perigosas augas nas que tes os ollos postos. Por mail , nos comentarios e incluso na rúa foron dúcias os activistas LNB que se preocuparon pola visión nebulosa e desmarcada do Varal que xa funciona de xeito correcto e cos enlaces preparados e no seu lugar para que te sumerxas de xeito instantaneo en tódolos frontes. E se aínda nos estamos a recuperar da impresionate e multitudinaria xornada final na Conferencia Sur chamamos á inmediata inmersión no web oficial do NorOeste actualizada xa para encarar a penúntima xornada regular na que os temidos FILLOAS DE SANGUE voltan afrontar o seu temido spring final cos líderes XARUTOS e cos FURABOLOS no punto de mira. Momentaneamente retiramos a explosiva entrevista ó Leo i Areemecághona xa que foron varios os navegadores que non puideron soportar o fume da mítica Cantina da LNB , recuperarémola en breve xa que máis e explosivas novidades musicais están a punto de chegar para construcción dunha B.S.O propia para a gran revolución Billarda que xa invade leiras e escearios do país enteiro!!

segunda-feira, abril 06, 2009

MOS PROCLAMA A "CHUPI" E OS "PAQUETE PINCHAS" CAMPIÓNS ABSOLUTOS NA CONFERENCIA SUR!!



* FOTO-VARAL da xornada!!

Derradeiro asalto regular na Conferencia Sur celebrado iste sábado en Mos , espectacular implicación popular nista explosiva festa-enganchada que tiña que decidir quenes eran os elexidos e elexidas pola gloria para tratar de asaltar no Play Off de Conxo os tan desexados títulos nacionais. Á espera da análise do web oficial do Sur queremos ofrecerlle a toda a famenta tribo que nos inundou ista find de mails para coñecer o desenlace de tan importante cita billardeira. Mos consolidou as sólidas traxectorias durante toda a tempada de dous mitos do noso deporte no Sur que aspiran confirmar a súa tremenda pegada xa a nivel nacional. CHUPI non deu tregua tampouco niste asalto no que se bateu un novo record de inscripción rondando a tan desaxada centea e non afroxou nen unha miga para proclamarse Campión individual absoluto da Conferencia Sur.


E se por se non fora pouco , Chupi foi un dos sherpas dista xa temida franquica LNB chamada PAQUETE PINCHAS , que se proclamou en Mos Campiona por Equipos na Conferencia Sur. Todas as táboas cos clasificados para individuais , Varados e final feminina nos Play Off Nacionais no web oficial da Conferencia Sur.

quarta-feira, abril 01, 2009

O LEO TOMARÁ UN VASO NA CANTINA DA LNB ANTES DE DIRIXIRSE CARA A MOS!!

..... HORAS DE EXTREMA TENSIÓN CANDO SE CORREU A VOZ POR TODA A CIDADE QUE O LEO I ARREMECÁGHONA ÍA BOTARLLE UN VASO NA PERIGOSA CANTINA DA LNB ANTES DE ACUDIR ISTE SÁBADO Ó AUDITORIO DE MOS REALIZAR A SÚA TAN AGARDADA ACTUACIÓN NA FESTA FIN DE TEMPADA REGULAR NA CONFERENCIA SUR, PREGAMOS TRANQUILIDADE E QUE A SANGUE VERQUIDA NO APARCAMENTO DA CANTINA POR PILLAR UN SITIO SEXA A ÚNICA ANTES DE QUE TODOS POIDAMOS SENTIR A MENSAXE DO MESÍAS DE MATAMÁ....CAMAREIRO!!