O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 06, 2009

MOS PROCLAMA A "CHUPI" E OS "PAQUETE PINCHAS" CAMPIÓNS ABSOLUTOS NA CONFERENCIA SUR!!



* FOTO-VARAL da xornada!!

Derradeiro asalto regular na Conferencia Sur celebrado iste sábado en Mos , espectacular implicación popular nista explosiva festa-enganchada que tiña que decidir quenes eran os elexidos e elexidas pola gloria para tratar de asaltar no Play Off de Conxo os tan desexados títulos nacionais. Á espera da análise do web oficial do Sur queremos ofrecerlle a toda a famenta tribo que nos inundou ista find de mails para coñecer o desenlace de tan importante cita billardeira. Mos consolidou as sólidas traxectorias durante toda a tempada de dous mitos do noso deporte no Sur que aspiran confirmar a súa tremenda pegada xa a nivel nacional. CHUPI non deu tregua tampouco niste asalto no que se bateu un novo record de inscripción rondando a tan desaxada centea e non afroxou nen unha miga para proclamarse Campión individual absoluto da Conferencia Sur.


E se por se non fora pouco , Chupi foi un dos sherpas dista xa temida franquica LNB chamada PAQUETE PINCHAS , que se proclamou en Mos Campiona por Equipos na Conferencia Sur. Todas as táboas cos clasificados para individuais , Varados e final feminina nos Play Off Nacionais no web oficial da Conferencia Sur.

3 Comments:

  • At 1:30 PM, Blogger frenchchou said…

    Xa pronto estarán as clasificacións definitivas e o crónico do aberto de Mos... estamos repasando os datos para non poñer nada mal, pero esta tarde estará toda a info na web!

     
  • At 4:57 PM, Blogger Unknown said…

    Parapén Chupi, xa me tarde volver a enfrontarme a ti.

    Toño Randeeira

     
  • At 7:20 AM, Blogger Pateiro said…

    Noraboa polo blog! moi boa a entrevista é moi bo o Leo. Qué lles pasou os enlaces con outras páxinas? Un saudo

     

Postar um comentário

<< Home