
E para coller forza , nada mellor que acudir en masa ó espectacular cumpreanos que celebraron iste pasado sábado ás 13 h.
os irmáns de ACUTO , ise fundamental furado radiofónico que a LNB posúe en terras Asturianas para gardar os paus cos que axudar na imparábel expansión do deporte do Liriu afontou con saude de ferro o seu primeiro aniversario e a LNB participou disa grande festa soprando o grande facho que alumea cada semana toda a actualidade da cultura física do poderoso país veciño . Despois de catro anos de que a radio galega menosprezase totalmente na súa grella ós deportistas galegos é o intre de sentir iste referencial
estalo completo de Acuto capturado no
RADIO-VARAL e repartir a tarta entre toda a tribu para coller forzas ante as grandes retos dista explosiva finde, se non fora pouco a xornada doble do domingo con xornada regular no Frontón de Riazor da
Conferencia NorOeste e o
Aberto Nacional Cidade de Lugo na pista de futbol sá do antigo matadeiro da Frigsa, atención porque anunciamos xa para iste sábado o
I Aberto Concello do Pino coordinado polos
Furabolos no que se desputará un espectacular
Xamón-LNB para o campión ou campiona xunto con outros fabulosos e saborosos premios que iremos amosando para o resto dos palanadores que suban ó podium....
moitas felicidades e 1.000 primaveras + para ACUTO e para a cutura física asturiana, adiante a revolución surfeando nas cunetas no salvaxe cantábrico!!
1 Comments:
At 1:35 AM,
Toño Randeeira said…
Cada vez estou máis convencido que a Revolución LNB supera xa conceptos de por si superados coma Galiza, estado español, Europa, Mundo, Galaxia ... Existe o Ceo? San Pedro xoga a Billarda? Buda fai paláns?
Postar um comentário
<< Home