O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 30, 2011

"A AUTÉNTICA" BOTA GASOFA DE TOXO Ò ABRASADOR E IMPARÁBEL LUME EXPANSIVO DO BÉLIT NOS PAÏSOS CATALANS!!


FOTO PARA A HISTÓRIA >> A FORMACIÓN DA AUTENTICA NOS PAÏSOS CATALANS CON ANTOM A. CURTO AO FRONTE!!

E enfronte a selección nacional de belit dos Paisos Catalans, con Juanjo Valeros e Quim Busquets comandando ista potentísima equipa Catalá que fronte á Galiza comezou a tecer a súa propia história en Sants-

Foto soñada tantos anos que iste pasado sábado 29 se materializou, ás palabaras levaas o vento pero os feitos tan potentes coma iste paso ó fronte dado en Barcelona polo Bélit e a Bilharda son os que quedan!!


BELIT#BILHARDA , A ESCENIFICACIÓN PERFECTA DUNHA ALIANZA DESTINADA A EMBRAVECER O MEDITERRANEO TODO!!

Comentouse no espazo latri.ca da LNB, paso histórico da xente do bélit que quixo realizar a primeira xeira de lanzamento utilizando os paláns e billardas da LNB.


Atencións as espectaculares reportaxes realizadas diste histórico encontro, partimos da espectacular galería dos irmáns de La Miqueta mais en breve teremos a visión dende o prisma galaico...

Ademáis da xa agaradadísima crónica de Sak que en breves poderemes desfrutar, o palanador dos Filloas de Sangue e conductor do radio oceánica da RGM encargado polo seleciconador nacional Flores para dirixir á Auténtica niste desafío histórico na pista de belit de Sants, realizou unha fantástica función entorno ás relaciósn internacionais da LNB en catalunya e no entorno ademáis de fortalecer os lazos de unión persoeiros da impertacia de Antom Arias Curto convudado tamén polo Casal de Sants nista find de intensa actividade galaica na cidade de Barna.


O resultado é o de menos, as puntalizacións no Bélit segundo nos comenta Ángelo , o representante da LNB nos Països Catans é como se a A Auténtica perdera por tres goles no futbol...Atentos pois ó espectacular crónico de Sak no que se amosará como A Auténtica chegou ós Paisos Catalans disposta a apagar o lume bélit con gasofa de toxo!!

COÑECIDAS ESTRELAS DAS FRANQUICIAS NÓMADE FANSE COS ABERTOS DE MEIRA E ARES!!


Tan só unha horas despois do brutal debú da Auténtica en tarras dos paisos catalans e a máis de cincocentos km. de Sants donde ise histórico estalo se producíu , en Meira máis de medio cento de palanadores e palanadoras coordiandos polos irmáns de M de Mieira acudían ó pavillón municipal para loitar polo lacón da LNB. Espectacular ambiente na Norleste donde se consolida totalmente a inmersión chairega coas franquicas Tropa Lixeira de M de Meira , O Cadaval de Castro e os sempre guerrilheiros de Madia-Leva de Lugo.


Xan Rodiño, dende o minuto cero quixo adicarlle ó recentemente secuestrado Galo de Ove o seu triunfo , leva pois , despois de loitar nunha final a tres contra Guille e Daniel, o lacón da LNB supomos para disecar e ter ó carón dos resto de trofeos acadados nista súa cruzada e da súa franquicia contra a dictadura dos lineas continuas.

Unha dictadura que tamén desafía outra franquicia con sede no Norleste que cando sáe fóra se denomina Roteiros, Saavedra e R. Casado foron finalistas no Aberto de Ares na bezouqueira, sendo o palanador estrela da LNB quen se fixo co triunfo , recollendo ademàis outro que lle quedara atrás doutro aberto no que el gañara , atención á cara desafiante dos Batea durante a entrega de premios dirixida polo comandante Sardinha, despois do cruce da comunicados entre Bateas e Faisca os do Salnés semella que cos Roteiros continúan a facer amigos na sempre perigosa e impredecíbel ruta de abertos da LNB...

sexta-feira, janeiro 28, 2011

A AUTÉNTICA ACENDE O LUME EN BARNA E A SERPE MULTICOR ESPALLA AS CHAMAS POR MEIRA E ARES!!


ÚLTIMA HORA>> O KOMANDO FAISCA CEIVA NUNHA ESPECTACULAR ACCIÓN DE ECOLOXISMO RADICAL Ó GALO A_TEO de Ove DO AUSCHWITZ BILLARDEIRO DE PORTONOVO NO QUE ESTABA RETIDO E O INTERNACIONAL DE BÉLIT DENDE AS 11 H DISTE SÁBADO, SERÁ LATRI.CADO EN TEMPO REAL DENDE O CASAL DE SANTS DE BARCELONA, RACHA CO CERCO MEDIÁTICO IMPOSTO Á LNB E SEGUE Á AUTÉNTICA AKÍ, NO SEU ESPAZO LATRICA... BILLARDA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL))
-------------------------------------------------------------------------------------
ISTE SABADO TEMOS UNHA CITA COA HISTÓRIA , PAÏSOS CATALANS Vs GALIZA NON É UN PARTIDO MÀIS , É UNHA FENDA NA GRAN ROCHA DA INTOLERANCIA , CADA GOLPEXO DA AUTÉNTICA SERÁ UNHA HOMENAXE Á ACCIÓN DE SIAREIR@S GALEG@S E DE TODAS E TODOS AQUELES QUE CREN NA AUTOXESTION COMO MEDIO DE ACADAR OS OBXECTIVOS , A AUTÉNTICA NON SÓ VAI REPRESENTAR A PALANADORES E PALANADORAS DA LNB, CONVERTIRASE NO ABRENTE DISTA HISTÓRICA MAÑÁ EN BARCELONA NA PUNTA DE LANZA DE TODO UN PAÍS QUE ASPIRA EN TÓDOLOS DEPORTES A PODER COMPETIR A NIVEL INTERNACIONAL DEFENDENDO AS SÚAS LEXÍTIMAS CORES....O BERRO XA RESOA NO MEDITERRANEO TODO: BILLARDA SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!


El proper país a visitar-nos serà Galícia. Aquí teniu el llistat d'activitats:

11:30 - Xerrada: "La recuperació de la bilharda i el bèlit".
12:00 - Partit de bèlit: Països Catalans vs Galiza - Obert de bilharda (al parc de l'Espanya Industrial).
14:00 - Dinar gallec. (Caldo gallec, empanades i filhoas).
15:30 - Pel·lícula documental: "CCCV", presentada pel seu director Ramiro Ledo.
17:30 - Parèntesi per anar a la manifestació de Can Vies.
19:30 - Xerrada "Galiza: ahir i avui"
· Antom Árias Curto (ex-membre del EGPGC i ex-pres polític).
· Lorena Souto (Filòloga i feminista).
· Mario Regueira (Escriptor).
· David Vázquez (ex-cantant de Ràbia Positiva).
· Antia Rodriguez (consell de redacció de Novas da Galiza).
22:00 - Queimada i repichoca (jam session galaica).



E cun ollo posto na pista de Sants de Barcelona para seguir intensamente as evolucións da Auténtica na súa poderosa inmersión Bélit , Meira arde literalmente, puidemos comprovar durante a reunión da Plataforma de Xestión da Auténtica como é o ambiente nos bares inundados de cartaces e coa xente pedindo viño e billarda a berros , a cita na praza do Convento ás 16 h. do sábado , Xosé Salgado membro de M de Miera estivo nos micros de Radio Vilalba , estalo capturado xa por Radio-Varal , para atizarlle estelas ó poderoso lume da ola de caldo fervendo ante a inmimente chegada da serpe multicor do Norleste. Contacto: 605.316896

E nas beiras do Eume despois de Meira arrincará a nova enganchada na Conferencia Bezouqueira , a cita será apartires das 12 h. do domingo no pavillón CPI Conde de Fenosa de Ares . Alí comezarase tamén a preparar o brutal acontecemento do Billa-RDA All Stars 2011 que terá á bezouqueira como conferencia anfitrioa , todo un luxazo ter o esquío asexante antes os mates e varados que se preparan. Contacto>> 636. 280513

quinta-feira, janeiro 27, 2011

EPO-PEIA!!

Coa Faisca non se xoga , destapada publicamente a guerra civil entre franquicias no pasado Gz en Varados donde se verteron terríbeis acusación cara ós palanadores e palanadoras da equipa viguesa , chega agora a resposta en forma de comunciado do comando Faisca . Polo que podemos saber a istas horas da madrugada xa hai máis que palabras sobre o tapete, son feitos terríbeis e escolofriantes os que se están a producir e tememos que todo isto dun ou outro lado se lles poida ir das máns ...Atención porque chamamos á non cortura polo que vos convidamos a sintonixar co canle 24h da Conferencia Sur porque alí se vai armar a de dios....

ILEGÍVEL , O GRINDCORE-GALAICO E A CARRAXE INVADEN A REPÚBLICA BILLARDA!!
Pode ser certo o que o activista faiskeiro afirma no seu comunicado, é moi posíbel que Luis dos Bateas inxira xérmenes na súa peculiar dieta alimenticia mais é un feito que os escupe cando se pon á fronte do seu impactante grupo . ILEGÍVEL aportan pois iste espectacular e enxordecedor estalo á República Billarda e fano esgarrando furia e creatividade en cada milésima de segundo diste salvaxe diamante sonoro de 8 arrepiantes segundos...auxilio!!, e por se non captastedes ben a letra aquí tendes os regos escritos para que provedes coa que será a estrela no futuro galeoke-bilhardeiro>> Desde a Marinha até o Algarve: Bilharda, bilharda, bilharda. Bilharda, bilharda, bilharda.

A AUTÉNTICA RESCATA O "ESPÍRITO DE MACAU" DA MÍTICA SELECCIÓN CATALANA DE HOCKEY PATÍNS!!

Fai uns anos Catalunya rachou moldes e desputou en Macau o mundial B de Hockey a patíns para cumplir a lexislación e clasificarse para o mundial absoluto coas grandes potencias entre as que se atopan Portugal, Italia , Arxentina e España . Emprendían así unha viaxe deportistas, directivos e estamentos oficiais cataláns encamiñados a facer história , aínda non puido ser polo freo de mau imposto polas lexislación estatal deportiva mais iste sábado en Barcelona os paláns da LNB únense ós sticks daquela mítica selección de valentes do 2004 para dar un paso máis na loita sen tregua para que Catalunya e Galiza poidan desputar competicións internacionais de Bélit, Billarda ou do que sexa....

DE SANTS COA AUTÉNTICA A MEIRA E A ARES!!
Mentras no país a auga ferve anto o impacto internacinal iste mesmo sábado a serpe mulcor tira cara Meira e o domingo a Ares donde moitos xa teñen a cabeza pensando xa no espectacular Billa-RDA ALL STARS BEZOUQUEIRO de finais de febreiro a desputar nas terras da nova conferencia LNB, unha loucura que acompaña xa cada golpexo e que xa ten a moitos coma ó gran palanador Toño dos Furabolos máis exitado ca o xogador Congoleño dosOklahoma City Thunder Serge Ibaka que incomprensibelmente quere vestir a "roja" e que foi seleccionado para o concuro de mates da NBA , unha picaraxada en comparación ó brutal desembarco de xostregazos múltiples que van azoutar en breve as beiras do Eume.

quarta-feira, janeiro 26, 2011

PAÏSOS CATALANS - GALIZA >> JUANJO VALEROS EN EXCLUSIVA MUNDIAL NO PREGUNTOIRO DO VARAL!!

A cita iste sábado 29 de xaneiro en Barcelona no Parc de l´Espanya Industrial ás 12 h , A Auténtica dá un novo chimpo e sitúa o seu pelexo fronte á suave brisa do mediterraneo para desputar un histórico partido contra selección de bélit dos Paisos Cataláns , a tan só unhas horas do choque sacamos á luz ista tamén histórica entrevista con Juanjo Valeros , un dos coordiandores nacionais do Bélit e resposábel do seu voceiro na rede va de bélit , que sela para sempre a alianza billardeira cos nosos irmáns de Catalonia.


Poñede os cascos da traducción simultanea porque a entrevista foi realizada no idioma mater das tribus de Castela polo que vola servimos tal como foi realizada , para domingo terédela traducida nas páxinas do Galicia Hoxe acompañando ó novo estalo brutal de República Billarda, dálle ó Play que arrincamos!!

Hola Juanjo, ante todo decirte que es un placer poder compatir con toda la gente del Bélit el momento histórico que se va producir el próximo sábado con el partido internacional y sobre todo decirte que personalmente soy un fan absoluto de va de bélit [ www.vadebelit.blogspot.com ] , creo que es un medio absolutamente referencial y del que O Varal bebe y aprende continuamente. Como el partido Paisos Cataláns - Galiza del próximo sábado será al estilo bélit con esta entrevista arrancamos con el previo para calentar aún mas las aficiones de ambos paises que están mas calientes ya que el agua para pelar los cerdos:


Ovaral- A tan solo unos días de la histórica cita, como se prepara la selección catalana para recibir a la Autentica , nombre con el que popularmente se conoce a la selección galega de billarda?

Juanjo - Pues esperando el acontecimiento con mucha ilusión y expectación a la vez. El hecho de participar en una cita tan histórica hace que nos tomemos el partido muy en serio ya que va más allá de una pura exhibición o, incluso, de un campeonato mudial.

- Los técnicos de la Auténtica estudian y analizan la variantes del Bélit para poner en práctica este sábado en la pista de Sants pero en unas pinceladas , nos puedes comentar para el gran público galego los pilares básicos del Bélit?

- Aún tenemos que estudiar las reglas de la billarda para saber en qué difieren de las nuestras. Tendremos que buscar un consenso para unificar la normativa del juego que creo que no será complicado.

A grandes rasgos diremos que el bélit es un juego donde participan dos equipos, unos tiran y los otros recogen. El lanzador intentará golpear el extremo del bélit para elevarlo desde el suelo y golpearlo en el aire con la cana, una pala plana de 40 cm de largo (por lo que hemos visto en la billarda utilizais un palo cilíndrico un poco más largo). El equipo que recoge ha de interceptar el bélit para eliminar al lanzador. Si no lo consigue, el recogedor tendrá una oportunidad de lanzar el bélit hacia la cana desde donde éste cayó. Si toca la cana el lanzador quedará eliminado. Si no es así, el lanzador tendrá tres oportunidades para alejar el bélit lo más posible de la base. Una vez finalizados estos tres intentos, el capitán de los lanzadores anunciará qué distancia hay entre la base y el bélit con un número múltiplo de 5 y cuya unidad es la propia cana (40 cm). Si el capitán del equipo contrario las acepta, los lanzadores se apuntan las canas pedidas, si no las acepta se contarán y en caso que no estén, el equipo lanzador las pierdes ganándolas el equipo recogedor. Este ciclo se repite para cada lanzador y alternando dos veces por equipo la acción de lanzar con la de recoger. Gana quien anote más canas.

-Son muchos los equipos que practican el Bélit , por lo que podemos intuír como la billarda , los equipos se forman entorno a colectivos y asociaciones por lo que la influencia de este deporte a nivel social es muy importente , estamos en lo cierto?

- Exactamente. También nos encontramos con equipos exclusivamente femeninos, equipos infantiles, de veteranos, hijos de antiguos campeones mundiales, seguidores del barça,...

- el epicentro del Belit por las diferentes crónicas que nos llegan lo podemos sutuar en Sants, pero vemos que la difusión en toda Catalunya y a nivel internacional con la puesta en marcha del Campionat del Món de Bélit es creciente, crees que este partido contra Galiza será un impulso para la difusión internacional del Bélit?

- Yo creo que si. Acontecimientos como este ayuda a crear interés, difusión y, sobretodo, a dar importancia a los juegos populares de calle y a recuperar viejas tradiciones que forman parte de nuestra cultura popular y que, por desgracia, va desapareciendo.


-Minibons parece tembién que son el equipo màis poderoso dentro del universo Bélit, que outras franquicias o jugadores podrías destacar?

- Hasta que no finalice el 7è Campionat del Mòn de Bèlit, Los Minibons son los protagonistas ya que oficialmente son los campeones del mundo. Este equipo está formado por gente muy joven, muchos son hijos de los integrantes de Els Bons, equipo que ya ganó algún mundial. Pero también tenemos belicistas de gran talla como Pep Oller o Jaume García, varios años ganadores del trofeo de máximo canador (pichichi) o impresionantes "eliminadores" como Carlos Valeros, Jovani, Marc Cordonet, Narcís Trota y Guillem Juanes, entre otros.

-la presencia femenina en lel bélit , como en la billarda , vemos que es muy notable , los equipos son mixtos? teneis alguna clasificación femenina ?

- Como contesté antes, tenemos un equipo llamado Les Nenes integrado solamente por chicas. También hay algún equipo mixto. No participan en una categoría a parte pero he de decir que, aunque no les acompañen los resultados, son las más simpáticas, divertidas y pintorescas de todo el campeonato.

-las palas y la recepción de los belits serán los elementos clave que determinarán el resultado, pese a partir Catalunya como favorita si Galiza se adapta bien a estos elementos creo que podremos dar batalla , que otros elementos además del público crees podrá ser determinante en este histórico choque?

- No por jugar en casa somos favoritos. Además, nuestro feudo es Girona y nos va a parecer que jugamos en el extranjero, jajajaja. Todo depende de que jugadores tengamos a punto para esta gran cita. Nos pasa un poco como a la Federació Catalana de Futbol, que no puede disponer de todos los jugadores que se quieren convocar... En todo caso, los que sean dejarán el pabellón català muy alto.

-la difusión del Bélit está siendo narrada por el referencial blog va de bélit, además de puntuales reportajes en televisión crees que a igual que pasa en nuestro caso con O Varal , internet y la telaraña digital es pieza clave en la difusión de este deporte que de otra manera sería imposible?

Sin dudarlo. Internet es el medio perfecto para poder difundir nuestro juego. A través de nuestro blog se han puesto en contacto gente de Italia y de Estados Unidos, por ejemplo... profesores de educación física, asociaciones, clubs, estudiantes, periodistas... Entre otras cosas organizamos el Campeonato del Mundo de Bélit por utilizar nuestro blog anunciando las inscripciones a todo el mundo. Que puedan venir o no es otra cuestión.

-Juanjo, no podíamos despedir esta histórica conexión sin pedirte que nos adelantaras un resultado....

- Pues aunque no haya porra... 320 - 315 a favor de Catalunya.

En nombre de toda la LNB , muchas gracias por la atención y adelante la alianza bélit-bilharda!!

terça-feira, janeiro 25, 2011

Came on>> PAÏSOS CATALANS Vs GALIZA NO VARAL-INTERNATIONAL!!


Galiza e os Països Cataláns ferven coa mesma intensidade que a auga de pelar os porcos antes de acariñar o pelexo do animal ante o inminente choque internacional do vindeiro sábado en Barna , como non podía ser doutro xeito OVARAL-INTERNATIONAL apresenta en exclusiva mundial o espectacular cartaz do histórico partido que vai xunguir para sempre as revolucións do Bélit e da LNB. Atención porque en breves poderedes sentiro o alento do coordinador nacional do Bélit nunha entrevista exclusiva para O Varal no que amosa os entresixos dun deporte , o Bélit e dun partido que vai de novo rachar moldes.

Impresionante, o mundo xoga á billarda como cantaban Mafia Galega no Liet e como o demostra o referente internacional dista nosa luita OVARAL-INTERNATIONAL como se o tema de potente que ate ós Bateas sucumbiron ó engaiolamento internacional.

segunda-feira, janeiro 24, 2011

DENDE MEIRA ... TROPA LIXEIRA , DÁDEME UN LACÓN E UNHA BILLARDA E MOVEREI O MUNDO E O QUE QUEIRA!!


Sen palabras , fai un ano os irmáns de M de Meira prometeron constituairse en franquicia LNB, diferenctes vicisitudes aparcaron a cuestión ate iste vindeiro sábado que aproveitando o Aberto do Lacón que eles organizan apresentaranse coa billarda pisando o mundo coma nova equipa LNB na Conferencia Norleste...dádeme unha billarda e moverei o mundo ise pode ser o poderoso intítulo dista franquicia da terra cha que ven unirse a Madia Leva e ó Cadaval de Castro no incesanto bilir das billardas asediando a muralla de Lugo.


Mais non queda ahí a cousa, as cabezas de M de Meira dan para moito e coma os grandes cociñeiros comezaron a deconstucción de logos para potenciar aínda màis a nosa brutal revolución....palán ergueiro e na fronte unha estrela!!

Nen sequera Tele-Varal se librou da furia creativa dos Emes , impresionante e demoledora a pegada diste logo que xa invitamos a inxerir ó igual ca o resto nos videos ou estalos fotográficos que se faigan , é mais ante iste poderío son M de Meira que teñen o encargo histórico...atención , de realizar o logo de OVARAL RECORDS, o selo discográfico da LNB que editará o agardadísimo disco República Billarda e os que veñan detrás claro.



E xa que estaban pois foi todo o menú completo , galocolas, porcos enfundados nas camisolas LNB e circulan polo espectacular cartaz que anucia que iste sábado en Meira hai que abrir o ollo que asan carne e despois á mañá seguinte o esquíu da Bezouqueira tamén chimpará na caluga dos palanadores e palanadoras que apartires das 12 h do domingo se acheguen ó CPI Conde de Fenosa de Ares. E cando vos preparedes ou preparedes as billas facedeo con tino que non vos pase coma Toño dos Furablos que foi invitados estrela diste nova edición de Gz en Varados e alí comentou como foi a súa xa famosa lesión nas dedas e comantou a sen dúbida nova da xornada para todos aqules que non estiveron en Trazo non na Sardiñeira , trátase do agardadísimo retorno de Hugo dos Trouleiros , como sabedes campión nacional de Varados , que xa abandoou a silla de rodas e se puxo a zouparlle á estornela como el só sabe facer, e moi atentos á pantallas porque en breves emitiremos unha espectacular e exclusiva entrevista ó coordinador nacional do Bélit que agarda á Auténtica cos brazos e as palas ergueitas....Bélit-Bilharda , alianza contra a imperialismo deportivo!!

COMEZA A CONTA A TRÁS PARA O PAÏSOS CATALÁNS - GALIZA...IMOS DE BÉLIT!!

Como xa se expón no referencial web oficial do Bélit, a cita do vindeiro sábado en Sants vai ser histórica , por moitas razóns mais a màis importante é sen dúbida a creación de xeito totalmente autoxestionado de estructuras interncacionais capaces de transcender e de amolocer o ferreo cerco da intrasixencia institucional. Atención, A Auténtica prepara xa e a porta pechada a súa inmesion Bélit adestrando coas palas reglamentarias coas que defendernos dos embites dos xogadores cataláns , xogamos fóra e con condicionamentos técnicos ós que nos temos que adaptar de xeito urxente , Flores e Sak , o responsábel da Auténtica niste desprazamento , están realizando un traballo psicolóxico e desportivo sen precedentes que xa ten en vilo a un pais enteiro....mais non podemos achicarnos agora , se o irmán Joan Laporta se repuxo dos polvos picapica que uns energúmenos lle arrebolaron en Valencia nos tamén lles decimos a ises enrgúmenos que habitan na Galiza que refreguen os ollos porque a LNB vaise de Bélit!!
O partido desputarase en Sants ( Barna ) dentro das xornadas de solidaridade internacional levadas adiante polo Casal Independentista de Sants , e foron fai un par de semanas os Irmáns asturianos quen racharon o xeo cunha xornada na que ademáis da Fabada de irmandade e a presenza do Hip Hop combativo perpetrado por Doris Escarlata estiveron a xente de Fai! co gran machetador e estrela do CNL Iyán Castro exercendo de portavoz dunha revolución en Asturies racha esterotipos e que pide a libertade para o seu povo e a súa lingua. Ademáis coincide que iste pasado domingo en Xixón arrincou a nova xeira do Conceyu Nacional de Liriu con novidades coma o concurso de longa distancia e o concurso de encastraus donde precisamente Iyán ten o record nacional asturiano con dous encastraus en competición oficial. Mais non queda ahí a cousa de interconexións internacionais co país asturiano, ontes en Radio Oceánica , como sabedes a trinchiera sonora en RGM dende a que Sak dispara cada noite de domingo produciuse outro esperado encontro entre Xera , o grupo de electro-Folk Asturiano e o axudante de Flores ó fronte da Auténtica , unha amizade forxada a cal e canto en Lorient durante a pasada edición do Liet Interncacional donde a LNB tamén estivo presente e que transcende no emocionate e sinceiro dunha entrevista que racha os muros de espiños que a intransixencia de ambos lados secularmete leva construindo.


Monta no carro e pisa o acelerador , iso é o que nos propoñen os Batea niste brutal estalo no que se amosa o poder de convocatoria da Conferencia Noroeste que emerxe niste tempada coma a gran aglutinadora e referente absoluto da constancia como valor primordial para convertirse nalgo xigantesco que moi pronto se vai concretar...

E co estreo do Galeoke diste Natal, ós Bateas acendeuselles a bombiña e reporducen en formato anti-karaoke o seu espectacular Himno...sumerxe tamén a túa gorxa e o teu palán!!

domingo, janeiro 23, 2011

RICARDO III DE INGLATERRA PÁSALLE AS SARDIÑAS E O REINO A PEPE DOS TROULEIROS NO ABERTO DO NOROESTE!!


O Aberto mais multitudinario de todos cantos se teñen desputados dende fai anos , produciuse ista mesma tarde na pista da Sardiñeira , retorno pola porta grandes da mítica franquica da Treu e parcipación de históricos da conferencia coma so Furabolos-Trouleiros que desfrutaron voltando ós tempos previos ás constitución da conf. centro . Xosé , dos Trouleiros ademàis foi a grande estrela facendose coa espectacular lata de sardiñas do NorOeste e incluso vencendo no Super-Copo da find que nunha competición ad-hoc que o enfrontou a Ivan dos Bateas vencedor do Aberto de Trazo. Despreagamos o intenso VaradoExpress extraído do activo feis do NorOeste>> Xosé (O Pino) faise co abertofronte a Basilio (O Pino),trasdeixaren fóra en semifinais a David Fontán (Filloas de Sangue) e Toño (Bateas), respectivamente. Tras o Aberto da Sardiñeira desputouse a Supercopa Centro-NorOeste, entre os dous campións dos Abertos de Trazo e da Sardiñeira, Iván e Xosé, saíndo este último vencedor. Pronto teredes as clasificacións no blogue, e nuns días estará colgada a crónica completa.


LNB , PALANADOR@S-ARTISTAS EN ACCIÓN!!


Non podemos deixar de destacar a acción impulsada por Luis , palanador dos Bateas , que ista find. decidíu espallar a súa brutal arte naif agasallando pins coas súas creacións ós primeiros clasificados no centro e no noroeste, un feito que invita a que calquera creador no campo que sexa que aplique a súa arte tamén no macro-cosmos billardeiro ,mais agora cando se fala da posibel primeira exposición monográfica da LNB que de fraguarse tería caracter itinerante nos espazos do país e de fóra. Polo momento a victoria de Iván no Aberto de Trazo no canto de sacar a camista e arrolanse polo chan sacoulle a vea artística para realizar iste espectacular autoretrato que aboa coma o esterco a leiras da creación alternativa billardeira...arte e billarda , alianza pola creación ceive e sen mordazas!

sábado, janeiro 22, 2011

QUERO PADEL , A NOVA E INTOLERÁBEL PROVOCACIÓN DA GALEGA ÓS DEPORTISTAS GALEG@S DE SEU!!

Se fai un par de semanas constatabamos un novo ataque da televison pública galega á dignidade colectiva do deporte galego en toda a súa extensión mediante a retransmisión dun partido da liga americana de Bolos , hoxe por desgraza temos que voltar a destapar outro terríbel insulto, mais iste de calado extremadamente fondo e sen precedentes. Se na Galiza e en todo o estado por extensión, existe un deporte politizado, ise é sen dúbida o pádel , pois ben , iste sábado a media mañá estreouse o primeiro dunha xeira de programas que levarán o terrorífico nome de QUERO PÁDEL , un auténtico atentado pagado con cartos públicos para que catro señoritos saian amosando barrigas e por se non fora pouco , a demancial utilización do galego polo suposto monitor que fai que a alma de algún despidado que poida ver ise esperpento lle caia literalmente ó cahan e pense que está alucinando , pois non xente, construccións como : "doblar un poquito el cóbado" son a imposíel linguaxe que utiliza iste paleteiro ...monitores do castrapo , fisioterapeutas da linguaxe , executivos da miseria e unha presentadora záfia forman o planten diste novo enxamio de provocacións , se queres enviarlles unha billarda incendiaria á súa luxosa gaiola de cristal , non te cortes, atención tamén ó seu mail>> tv@quieropadel.es

TRAZO , A CONSOLIDACIÓN ABSOLUTA DA SECCIÓN BATEA-jr!!



E como o que realmente queremos é billarda e galego , simplemente arrobolando a Televisión pola fiestra e sintonizamos con Tele-Varal donde xa está a nova xoia naif adianto do acontecido en trazo donde Iván Castro, a xoven realidade dos omnipresentes Bateas, que se proclamou campión diste multitudinario e emocionate aberto na Conferencia Centro dixando no camiño a estrelas absolutas do universo billardeiro coma Basilio ou Toño.

E DE CASTRO DE REI A MEIRA , A CARRICANTA BILLARDEIRA TOMA IMPULSO PARA INVADIR A CHAIRA!!


E como a espectacular lata de Sardiñas agarda xa na Coruña e conta xa os minutos para saber quen será o seu posuidor ou posuidora, destapamos o espectacular documento do acontecido no Aberto de Castro de Rei donde o Alcalde exerceu de mestre de cirimonias na entregas de galiñas de mos e obsequios vários >> Na Carballeira de Castro de Riberas de Lea, entre lusco e fusco , Guille pillou a Galiña de Mos e dixou o Ateo de Ove sin parella; polo menos os Rodiño levaron una ducea de ovos chocos para se consolar.

O ESQUÍU BEZOUQUEIRO PEITEASE CARA Ó ALL STARS!!


Un luxazo ademais nista continua boráxine na que estamos inmersos é ver como avanza o podeoroso esquíu da Bezouqueira que xa ten no seu web-Blog oficial o crónico do seu úitmo asalto ademáis de guindar unha espectacular galería con fotos da xornada, e atención porque o esquíu xa traballa arreo para ser o anfitrión do vindeiro Billa All Stars que se vai celebrar na Bezouquera a finais de febreiro , actividade a tope en tódolos frontes incluido o Catalá_belit donde Ángelo en plena manifa nas rúas de Barna constata que a cidade ferve xa ante a inminante chegada da Auténtica o vindeiro find para a desputa da ferradura do burro mediterraneo....palán ergueito, adiante co varal!!

quinta-feira, janeiro 20, 2011

EN XANEIRO , A LNB PON OS PES NO BRASEIRO!!


Sen alento, e facendo un chamamento ó aprovisionamento de víveres para como pasou na xornada por exemplo de Castro da semana pasada moitos palanadores e palanadores ante a intensidade non probaron bocado en todo o día , atención porque a sementeira arrinca o sábado nas leiras da Conferencia Centro ás 16 h no IES Viaño Pequeno en Trazo , colabora xunto coa LNB o concello de Trazo, un feito do que deberían tomar nota o resto de concellos nos que as billardas e estornelas toman terra, xa sabes.... iste sábado xunquete á arado no Aberto de San Mateo de Trazo porque se queres ter pan dabondo, esterca ben e ara fondo , contacto directo>> 653.643034

DOMINGO 16 H>> A CONFERENCIA NOROESTE RETORNA Á SARDIÑEIRA!!

Non podía ter mellor guinda unha find de intensidade máxima que experimentará un brutal chimpo coa patada a seguir da tribo do Noroeste, a conferencia asentada na cidade da Coruña volta á Sardiñeira e faino o domingo e en horario de tarde , ás 16 h . para facilitar a tan desexada volta dos palanadores e palanadoras da histórica franquicia da Treu que van voltar a por os seus puños e os seus paláns donde sempre tiveron, na grella ardendo ó carón dunha revolución que ó igual que a música dos irmàns dos Tres Trebóns iste vindeiro sábado 22 retumbará na casa das Atochas para evitar o desaloxo ilegal , as billardas da NorOeste e de todo o país están tamén listas para cando os Okupas chamen á nosa porta . Contacto directo>> 679.908773

CATALUNYA Vs GALIZA >> BARCELONA ACOLLERÁ A 1º FERRADURA MEDITERRANEA DO BÉLIT-BILLARDA O VINDEIRO SÁBADO 29-X!!


Non sabemos cal será a mellor postura , ergueitos , deitados ou sentad@s para posicionarse á hora de recibir ista brutal confirmación que xa podemos realizar, o vindeiro 29 de Xaneiro estaremos estribindo outra páxina histórica no desporto galego e dos paisos cataláns xa que mediante a xestión da LNB capitaneada polo representante bilhardeiro en Barcelona Ángelo se vai materializar un soño durante moitos anos perseguido. Mais non só será un partido entre dúas seleccións irmàns o que vai pasar en Sant iste vindeiro fin de semana , palestra e mesa redonda centrada na revolución billarda no contexto galego actual e futuro será o tema do debate paralelo realizado no centro cultural que acolle iste explosivo couce mediterraneo. Será Sak , o mítico palanador dos Filloas de Sangue e conductor do referencial Radio Oceánica da RGM, a quen Flores lle encargou a xestión deportiva da Auténtica que vai tentar facerse con ista 1º Ferradura que se desputará como non podía ser doutro maneira ó xeito Bélit e será tamén Sak xunto con Ángelo os voceiros oficiais da LNB nos foros e palestras paralelas a iste brutal encontro Bélit-Billarda. Aténtos ás pantallas por que a Auténtica prepara as albardas para dende os paisos cataláns lanzar ista súa nova e poderosa couce internacionalista!!

quarta-feira, janeiro 19, 2011

A NOROESTE CONFIRMA O DOMINGO EXPLOSIVO ABERTO PUNTUÁBEL NA SARDIÑEIRA!!


Xa está en marcha para iste domingo ás 16 h. un novo e exitante asalto regular na Conferencia NorOeste que dará continuidade nun novo find de infarto á enganchada do serán do sábado en Trazo nos territorios da poderosa Conferencia Centro . E moita Atención porque moi pronto se confirmará unha das màis desexadas novas para toda a comunidade billardeira cun novo e brutal chimpo internacional da Auténtica , atentos ás pantallas porque algo moi gordo se coce e agarrade os cadelos porque ate os animais non poden resistir nen un minuto màis sen botarlle a boca ás billardas na pista.....lembrade , o sábado a Trazo e o domingo á Sardiñeira na Coruña.

Extraido do feis do NorOste>> Este domingo ás 16 h nova xornada da Liga do NorOeste! Viaxamos á Sardiñeira, na Coruña, onde finalizou a temporada 09-10. A pista está situada detrás do aparcamento e do pavillón (máis datos no blog). Vén pasar con nós unha tarde billardeira e sardiñeira!
>>Localización exacta: Agra dos Mallos, entre a avenida da Sardiñeira e a avenida de Arteixo. http://2.bp.blogspot.com/_rKuC5c72iQI/Sz9ZzLQExXI/AAAAAAAADtI/nos--xmR0VU/s1600-h/feira.jpg

terça-feira, janeiro 18, 2011

XESTOS COMPROMETIDOS E PRECISOS EN TUNEZ E TRAZO CAPACES DE TROCAR O MUNDO!!


O poder inspirador dun xesto individual, valente e desesperado pode trocar a vida de moitas persoas dun só golpexo, a súa maneira de enfrontarse á inxustiza e ate o destino dunha nacion enteira. Nun mundo cada vez màis interconectado e mediatizado , parece capaz de cambiar ate o destino de varias nacións á vez. O exemplo de Mohamed Bouazizi , o xoven licenciado tunecino que se suicidou inmolandose ó bonzo en decembro depois de que a policía local lle reventara o seu posto ambulante de verduras co que se gañaba a vida polo simple feito de non ter licencia. O seu xesto non só incitou á rebelión dos seus compatriotas ate derrocar ó sátrapa local senón que inspirou a cidadáns de paises veciños para coller o chisqueiro e acender a chama coa que alumear aínda que sexa co seu corpo chamuscado os vieiros cara á libertade. Xestos precisos e comprometidos coma o de Mohamed son tamén os que realiza cada palanador e palanadora da LNB cando decide entrar a formar parte activa da grande serpe multicor, iste sábado 22 en Trazo , non esperes á parella de bois e xúnguete ó arado de vertedeira co que facer os regos para sementar de estornelas a fértil terra da Conferencia Centro , chama e apúntate xa >> 653.643034

segunda-feira, janeiro 17, 2011

FACHOS DE LUME PARA ALUMEAR O XENIO CREATIVO NAS PISTAS DA LNB!!


Coa proximidade da mítica e espectacular festa tradicional dos Fachos de Castro Caldelas que alumará os nosos ollos na escuridade ábrese a posibilidade para que os palanadores e palanadoras da LNB acompañen de fachos o seu equipo de xogo para alumearse nas roldas finais nos Abertos exteriores de invernos donde a noite cae sobre o tellado as calugas.

TELE-VARAL NAIF STILE!!


Exemplo disto é o novo e espectacular video-estalo naif da factoría Pirucha donde o xenio visceral sáe a relucir entre o lusco e fusco na pista de herva de Castro de Rei , un xenio pero creativo que se pode alviscar na súa colección de camisetas e pins que podes adquirir nas pistas da LNB e que xa o distribuidor oficial de reizentolo en Ribadeo amosou o seu interese pola distribución distas xoias do naif-galaico . >> HOXE LUNS AS 21 H. GZ EN VARADOS!!

domingo, janeiro 16, 2011

AS BILLARDAS E AS GALIÑAS DE MOS REVOLUCIONAN O GRAN GALIÑEIRO DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA!!


Como se pronosticaba. xornada das que deixa fonda pegada na serpe multicor da LNB , o berro enferrudasdo nas chaira lanzado por Palanotrönic xa era premoritorio do cúmulo de sensacións que terían ó Concello de Castro que nos anos da post-guera civil foi colonizado polas leas de xente enviada polo governo franista para explotar as grandes extensións de terra, e que iste sábado 15 de xaneiro tivo o seu contrapunto coa descolonización brutal de galiñas autóctonas e de billardas e billardeir@s da LNB. Medio cento de palanadores inscritos nistaq nova xonada puntuábel da Conf. NorLeste para desembocar unha case en escuridade total Xosé Rodiño, Eric e Guille desputar o espectacular exemplar de Galiña autóctona de Mos que ó final foi para ó gran palanador dos Outros Guille tendo Xosé Rodiño que conformarse coa dúcia de ovos chocos que o acredita coma segundo clasificado e Eric co xa histórico Bandeirín do I Aberto da Galiña de Mos de Castro que o situou no terceiro andar do podium.

O CADAVAL DE CASTRO CONFÍRMASE COMA NOVA FRANQUICIA LNB!!


Tanto os irmáns do clube de bolos O´Cadaval coma o propio concello de Castro co alcalde da vila facendo entrega dos premios se implicaron totalmente na xestión do Aberto e dos espectaculares trofeos xa que foron tres os exemplares de galiñas os entregados, ademáis do campión absoluto , galiña para o primeiro calsificado dos irmáns do Cadaval e para a Reyes, palanadoras dos Outros como primeira muller clasificada. Chaveiros e outra ducia de ovos para a segunda muller clasificada que foi Lola dos Outros foron a chuvia de agasallos cos que se pechou ista extraordinaria xornada nun marco simplemente brutal. Mais o gran chimpo de calidade acadado en Castro é o progresivo enchocamento dos ovos galeados pola LNB para no próximo Aberto na veciña Miera rachar os ovos e consolidar unha nova franquica billardeira asentada en Castro cuxos palanadores xa rendiron a moi alto nivel no seu estreo oficial niste primeiro asalto da tempada na terra cha luguesa.


Un marco brutal , a elección de Mario, responsábel máximo do clube de bolos O´Cadaval , foi como dicimos das que deixan pegada, terra e herva fresca que fixo recordar as verbas daquel individuo que se encarou no Aberto da Auténtica de Ourense coa marabunta LNB para acusarnos de escoria por non xogar en terra , tanto el coma as cámaras da televisión publica debera estar en Castro para ver a realidade brutal dunha revolución en marcha , ademàis xa se pensa en fachos de lume para alumear as pistas xa que ista xornada rematouse case con noite pechada. Un lume que podería por tamén o xenio do ídolo local alcumado O Billy the kiss de Castro un mozo de 24 anos acusado de losquear a outro e ameazar a varios axentes da Garda Civil con pegarlles dous tiros en Castro Ribeiras de lea. "Vos vou a pegar dous tiros coa miña escopeta» ou «os meus amigos de Eta téñenvos que matar a todos». A continuación, o noso protagonista comezou a turrar e abalar no carro oficial, contan as crónicas.


Exitazo pois sen paliativos no estreo billardeiro en Castro da man dos irmáns do clube de bolos do Cadaval , unha firme alianza entre galiñas e palanador@s que se vai afianzar co paso do tempo en futuras acción conxuntas, a prónima estación está marcada xa en Meira o vindeiro sábado 29 de xaneiro, e para coller alento desfrutade da solidificación iste domingo do estado gaseso da República Billarda nas páxinas do Galicia Hoxe, estado de sitio , estado gaseoso!!

sexta-feira, janeiro 14, 2011

3 GALIÑAS DE MOS, DUCIAS DE OVOS E AGASALLOS SORPRESA AGARDAN ISTE SÁBADO EN CASTRO DE REI !!


Impresionante estreo billardeiro o que se vai producir en Castro de Rei , nun intre no que tod@s agardamos as fotos da gran estrela da Conferencia Sur chamada Viana erguendo os 25 kg de mexilóns en Cangas , xa podemos adiantar que serán tres os magníficos exemplares de Galiñas de Mos para campión absoluto e outras dúas clasificacións paralelas os que xestionaron os irmáns do clube de bolos O Cadaval, ademàis ducias de ovos de galiña autóctona e agasallos sorpresa que farán da xornada de Castro na Conf. Norleste unha das inolvidábeis da história da LNB. Especial emoción tamén a que produce a xa confirmada asistencia da franqucia luguesa de Madia-Leva que chegarán un día despois de celebrar o sentido cabodano da compañeira Helena Talho . A cita pois ás 16 h na carballalleira da paroquia de Castro Ribeiras da lea no concello lugués de castro de Rei....a quen lle importa quen foi antes ovo ou a galiña, o único que importa é que a billarda entre o antes posibel polo varal de Castro!! Contacto: 655.755423

QUEN AS FAI AS PAGA...O PERFECTO MASTER-TRACK DE LUIS DÁVILA !!


Coma a espectacular viñeta de hoxe no Faro de Vigo do xenial e referencial Luis Dávila que xa inmortalizou á billarda na súa apabuiante crónica da realidade dibuxada , así pensaran os nativos de Castro de Rei cando iste sábado zombis , toupas e billardas inunden a carballeira da parroquia de Castro Ribeiras de lea.


Interacción brutal co universo LNB a do ilustrador Luis Dávila que ven a conto ademàis porque istes días , coincidindo coa publicación do xa mítico K7-dixital do seleccionador nacional de billarda , lanzou unha espectacular viñeta que ilustra un dos grandes contos bizarros de Flores non incluido nista edición mais que posibelmente si forme parte para na edición especial para o mercado nipon e coreano do norte , dexámosvos pois con iste espectacular master-track en formato viñeta realizado por Dávila que de seguro escoitaredes en calquera das futuras presentación ao vivo de "os gatos e os outros grandes éxitos de Flores coa Auténtica" ....e recordade sempre , quen as fai as paga!!

quinta-feira, janeiro 13, 2011

EXPLOSIVO RETORNO DE PALANOTRÖNIC PARA ANUNCIAR O GRAN ABERTO DA GALIÑA DE MOS EN CASTRO DE REI!! [ preme ]


Espectacular reaparición de PALANTRÖNIC , recollida xa no gran baño de salar sonoro que é RADIO-VARAL , o voceiro robótico da LNB foi o encargado de anunciar nos micros de Radio Principal Vilalba da Cadear Ser , o inminante I Aberto da Galiña de Mos de Castro de Rei iste sábado 15 de xaneiro apartires das 16 h, na carballeira de Castro Ribeiras de Lea , como non podía ser doutro xeito a serpe multicor da LNB retorna á Terra Chá Luguesa e Palanotröc engraxa a súa gorxa metálica para exercer de extraordianrio sherpa sonoro emulando ó carro enferruxado do poema de Manuel María que inmortalizaron os Fuxan os Ventos ....Non canta na chá ninguén por iso o meu carro e Palanotrönic cantan!!

ROBOTS NA UNIVERSIADADE? PALANOTÖNIC PODE CONVERTERSE NO PRIMEIO ANDROIDE NA USC!!


Afeitos como estamos a ver Erasmus e demàis seres de falas alleas nas aulas universitarias do país , a posíbel presenza de Palanotrönic na comunidade universitaria pode alterar a orde establecida , o achegamento ás aulas o vai facer o noso voceiro robótico asistindo cada mèrcores de 15:30 a 17 h. da tarde ás sesión de billarda como o responsábel de Xogos Tradicionais da USC maxistralmente explica niste extremecedor promo-estalo. A LNB mantén fíos cada vez máis tensos para exportar a iniciativa cara outros centros universitarios como ó da Universidade de Vigo , asique xa sabedes , se estades fartos de carreiras inútiles collede o palán e esixede a oficicialidade da carreiras de capador/capadora e o doutoramento en billarda, de momento , urxente comezar asistindo coma Palanotrönic ós adestramentos oficiais da LNB no campo de futbol de terra do campus sul . Contacto directo: 659.553543

quarta-feira, janeiro 12, 2011

BILLARDA BIZARRA , CHEGA O AGARDADÍSIMO PRIMEIRO CASSETTE DIXITAL DE FLORES >> PREME PARA DESCARGA DIRECTA!!


Nun tempo coma o actual cheo de superproduccións para esconder a miseria do artista en custión aplaudimos ferventemente poderosa e rabiosa acción sonora dos irmáns da Galician Bizarre publicando o seu referencial e explosivo recopilatorio de bandas galaicas unidas polo gosta á vida e á música de serie B , a LNB non podía quedar tampouco cos brazos cruzados e publica a súa primeira cassete dixital de contos Bizarros protagonizados polo mesmísimo seleccionador Nacional de Billarda , Manolo Flores . "Os gatos a os seus grandes éxitos coa Auténtica" é unha fita chamada a converitose en referente absoluta no territorio da creación bizarra niste noso país en loita. Intalado no espazo de Radio Varal , ista k7 dixital está pensada para torturar a isas visitas imbéciles que non queren marchar da casa e para desatar ises intres de histérica colectriva que convirtan unha simple reunion nunha orxía de sexo , violencia e risos...moito ollo, mirades con quen estades antes de darlle ó play, quedades avisados, palán ergueiro, billarda bizarra!!

K7 DE FLORES >> ANUNCIADO EN TELE-VARAL!!



ESPECTACULAR ACTUACIÓN NO TERCEIRO TEMPO DA COPA CANTÁBRICA DE LIRIU-BILARDA NO QUE O SELECCIONADOR DA AUTÉNTICA FLORES GRAVOU AO VIVO NO RESTAURANTE CASA OROSIA DE ASTURIES O DOUS DOS SEUS GRANDES ÉXITOS ( OS GATOS E JODENDO ESPANHA ) QUE FORMARON O HISTÓRICO CASSETTE POLO QUE FLORES ENTRARÁ NA NOMINACIÓN AO GRAMMY RATINO NA CATEGORÍA DE MELLOR DISCO-K7 DE HUMOR EN LINGUAS ESTRANXEIRAS.

PRODUCIDO POR JAVIER HEVIA , MACHETADOR ASTURIANO DO CNL!!

E como as cousas non se poden facer por si sóas , imposíbel abstraerse da figura sen a cal xeometricamente sería imposíbel a realización diste soño bizarro da LNB , Javier Hevia , o archicoñecido machetador asturiano foi o productor de luxo dista auténtica xoia do bizarrismo europeo , non é estrano que Flores elexira un productor foraneo , xa que o seu gosto polos travesías narrativas de Nacho Vegas conducíuno a elexir a Hevia como artesán ós mandos do teléfono móbil co que se gravou ista histórica actuación despois da recuperación da Copa Cantábrica por parte da Auténtica que Flores tan maxistralmente dirixira na pista de Piedras Blancas. É por elo que despois dunha conversa na que interprete e productor falaron da súa mutua admiración polos chistes de Tejero, foi cando o proxecto se decidíu por en marcha. Aquí podemos ver a Hevia unhas semanas despois da gravación cun machado afiando Lirius nun acto de exibición na praza de Europa de Piedras Blancas, e de seguro que por media europa soará e quizais poderá ir de xira con Flores e Pinto despois do exitazo dista primeira cassette dixital que amosa o extremecedor universo bizarro da LNB!!

terça-feira, janeiro 11, 2011

DO ABERTO DA CACHIZA DE BUEU EN CANGAS Ó I ABERTO DA GALIÑA DE MOS EN CASTRO DE REI!!

Lesións no organo vital dunha estrela da LNB militante na conf. centro, internalización do conflicto coa espectacular posta en marcha de OVARAL-INTERNATIONAL e cara de pánico cando na ollada do presentador do programa estrela ao vido da LNB Galiza en Varados de cada luns ás 21 h. cando escoitou que o vindeiro Aberto na Conf. Norleste sería denominado I Aberto da Galiña de Mós e desputaríase en Castro Ribeira de Lea, para non iniciados , a galiña de Mos pese a que o seu nome semella indicar que procede do concello Pontevedrés do cal é aborixe Rubén Otero é unha raza procedente da Terra Cha Luguesa ademáis iste mesmo sábado na mañá celebrarase a festa da Galiña de Mos no concello de Castro de Rei sendo Castro Ribeira de Lea a paroquia màis importante diste concello lugués no que o día 15 apartires das 16 h. bruarán de novo as billardas na terra chá, conseguirá A_teo sobrevivir no galiñeiro ate galear a galiña se o seu "dono " é capaz de repetir triunfo na Norleste? , poderá o seu dono demostrar as acusacións de dopaxe á Faisca agora co corpo quente de Alberto Leon? , o ciclista imputado no caso galgo que apareceu guindado ontes obríganos que facer pública a nota na que o A faisca se enfronta a istas tremendas acusacións dos bateas: A Faisca declara a guerra total, absoluta e incondicional a bateas, non podemos tolerar as acusacións de dopaxe nun local social que se distingue por ter unha clara postura antidrogas . Patria ou morte, que miren a súa batea non vaian levar un mexilón lapa!!

segunda-feira, janeiro 10, 2011

NACE OVARAL-INTERNATIONAL , A DEFINITIVA INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO BILLARDEIRO!!

Coma George Clooney a LNB non pode màis que apoiar o proceso de secesión que xa está en marcha e segundo as estimacións do referendum que a istas horas se está a celebrar na irmán Sudán do Sul , de non pasar nada estrano convertirase en breves no primeiro estado proclamado no século 21 , un feito que irremediabelmente lle ven enriba ó governo sudanés e ó galego xa que hoxe para a República Billarda é tamén un día histórico xa que apresentamos ó mundo a tan agarda aposta intenacional e internacionalista , nace parello ó xoven estado de Sudán do Sul o refrencial espazo do OVARAL-INTERNATIONAL , un afeto de trancendencia inabarcábel e co que se confirma a internacionalización soluta do conflicto billardeiro , OVARAL-INTERNATIONAL escrito integramente en ingles e con contidos propios encamiñados á difusión e á xestión das accións internacionais da LNB nace para quedarse e ser ise altofalante dunha revolución e dun lume que amiaza con espallarse en milleiros de palleiras irmáns espalladados polo mundo adiante. Hello world , be wellcome to the International blog about the National Billarda League in Galiza , (LNB) / ovaral.international@gmail.com