O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 29, 2014

ADEGAS AMEDO PATROCINADOR OFICAL EN CHANTADA DO ABERTO DO CASTAÑAZOROCK 2014!!















- Pero GRAN LIDER, donde vai ser o Aberto?
- No mercado gandeiro donde é o festi non , vai ser no medio de Chantada apartires das 16 h. no campo da Feira Vella...non vedes xa alí as botellas da Adega Amedo preparadas para o premio??


















De novo tivemos que soportar as inxurias da prensa capitalista da Corea do Sur aldraxandro ó noso gran lider Chollima por mor da sía reaparicion pública , para eles o gran lider voltou á primeira plana pública despois de superar unha escordadura de nocello mais a realidade é que o Gran Lider estivo preparando concienzudamente o explosivo VII Aberto do CastañazoRock que iste sábado vai estourar ó caron dos Cantos de Taberna no campo da feira vella , e atencion porque segundoos do governo irman de Korea do Norte, o Gran Lider  chega a Chantada disposto a levarse para Pyongyang a espectacular caixa de botellas de viño das Adegas Amedo ... Viño e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 27, 2014

...EU COITELOS , EU NAVALLAS , EU TIXEIRAS!!

















Sol á esgalla bañando de luz a pista da praza dos fornos da Pontenova nunha nova edición dun Aberto con evidente resplandor indíxena en cada un dos golpexos.

















Unha multitude famenta de Varados agardaba o chamada da xungla ó abrigo e calor da terraza do bar fronte da pista.
















Cantas veces non vimos a extremecedora imaxe de atletas desidratados entrando na meta despois de feixes de km. ó lombo , pois igual pasa tamén nun deporte de tremenda esixencia e desgaste como é a billarda , non é a primeira vez nen será a ultima de seguro que un palanador de míticia EkipA-Bítere bica a lona momentaneamente durante un asalto , unha batalla perdida mais non a guerra , isa é a filosofía do palanador da EkipA e que se ergue e pide vinganza a berros..

















Unha vinganza pedida a berros e varados foi a que emerxeu do palán de Chousa , o palanador ceibe e sen equipa emerxeu na pista dos fornos coa forza dunha besta brava para realizar un pleno nas 5 carreiras e desputarlle a final a unha das grandes estrelas do univeso LNB como é Kiko dos intratábeis Cadaval de Castro.

















Sen complexos Chousa tentou o asalto ó olimpo do ferro pero a maior experiencia de Kiko fixo imposíbel a estirada e o fero palanador de Cadaval conquistou a navalla do artesán de Conforto J.Rodil que o acredita coma gran campión diste xa mítico Aberto da Pontenova


















Espectacular imaxe dun podium no que coa forza dun xabarín ferido irrompen por primeira vez os PenaVerde con Peña coma terceiro clasificado e @s Polka con Geles coma primeira clasificada en feminino ó caron de Lucia dos Bulls e Maria de Ex-tension Billarda , por equipas foi Cadaval quen se atreve unha vez máis a desafiar ós todo-poderosos Billardeiros Musiciais.

















E tan só unhas horas máis tarde no Burgo ( A Coruña ) se celebrou a primeira xornada puntuábel na Conf. NorOeste, rachouse o xeo no gran batuxo atlantico mais unha vez máis foron dous chegados doutras conferencias os que se levaron o likor café para a súa casa.....Billarda Sempre!!

sexta-feira, outubro 24, 2014

ACEA DE MA E A PONTENOVA , AS DÚAS POTAS Ó LUME SOBRE A GRAN COCIÑA DE LEÑA DA LNB!!

















O que a ferro mata a ferro remata ...e o que co ferro xoga no ferro de afoga , isa pode ser o contrapunto sonoro musical perfecto para unha nova xornada puntuábel da Conf. NorLeste no espectacular marco da praza do ferro da Pontenova. Billarda e ferro unidos pola paixón indomábel dos activistas LNB que dende as 3 da tarde estarán co palán firme e rexo dispostos a desafiar o máxico vo das troitas da Pontenova polo ar...

















Un vóo que de novo a serpe multico da mítica Conf. NorOeste vai ergué por riba da torre de hércules para coa aterrar iste domingo polas 11 h. da mañá no chan de terra e herba da pista do Complexo desportivo de Acea de Ma en Culleredo para rachar o xeo cun de seguro incendiario primeiro aberto puntuábel...Billarda Sempre, #faitedaLNB!!

quinta-feira, outubro 23, 2014

O SOL DA PONTENOVA BRILA XA NA FOLLA DAS ESPECTACULARES NAVALLAS DE CONFORTO!!



















Xa todo preparado na intensa conta atrás para iste sábado a serpe multicor da  NorLeste invadir de novo o espectacular marco da praza dos fornos da Pontenova. @s troitas Bravas xa moveron as pólas da nogueira de Conforto para que a árbore soltase as noces e o referencia artesán local J. Rodil puxera unha vez máis ó dispor da LNB a espectacular coleccion de navallas conmemorativas do IV Aberto do Ferro coma premios para ista sempre agardadísima e impredecíbel enganchada...prepara os fígados e as billardas que as navallas xa están preparadas para propinar unhas boas molladas!!

segunda-feira, outubro 20, 2014

O FINISTERRAE E AS TERRAS DE BERGANTIÑOS ....OS DOUS GRANDES RETOS NO RETORNO BRUTAL DA CONFERENCIA NOROESTE!!
















Unha das grandes novas que toda a LNB estaba agardando estourou ista pasada fin de semana nos nosos fuciños disparada dende o facebook oficial da Conf. NorOeste , era o anuncio ós catro ventos da posta en marcha da competicion regular nista mítica confererencia atlantica que arrincará o vindeiro domingo e terá coma grandes retos nistas súas 12 xornadas puntuábeis a expansion polas terras de Bergantiños e polo finisterrae. Nista nova andaina 14-15 a Noroeste consolida o seu día de competicion o domingo e en horario matutino das 11 h...ide pois aguzando as billardas e preparando os paláns, Billarda Sempre , Avante NorOeste!!
















E donde non afloxan o ritmo nen a tiros é no hemisferio sul se fai unha semana se exprimían ate o límite as mazas da sidra de San Tomé de Piñeiro na bipolariade que sustenta Marin ista find unha multitude tomou o Parque Eguren da vila para afrotnar unha nova enganchada puntuábel da Conf. RíasBaixas na que o palanador e maratoniano Ricar arrasou de novo con todo o que se puña por diante...

sexta-feira, outubro 17, 2014

...SE CHOVE QUE CHOVA!!
















ISTE SÁBADO MARIN CONVÉRTESE DE NOVO NO EPICENTRO BILLARDEIRO , A CITA APARTIRES DAS 16:30 H NO PARQUE EGUREN DENTRO DUNHA NOVA XORNADA DA CONFERENCIA RIASBAIXAS...COME O LOBO TODA A CARNE , MENOS A SÚA QUE LAMBE!!

quinta-feira, outubro 16, 2014

AQUÍ COMA EN BELGRADO.... TI PON O DRONE QUE NÓS TEMOS A BANDEIRA!!

















Fai unhas semanas uns afeccionados do United pagaban unha avioneta para sobrevoar un campo no que xogaba C. Ronaldo co real mandril para pedirlle que voltara á casa e fichada polo Manchester , máis aló da suprema "gilipollez" , puido ser a luz que se alumeou a espectacular accion que istes días vimos de contemplar no campo de Belgrado no que se desputaba o Serbia-Albania donde un drone ou avioneta autónoma apareceu sobrevoando o campo de xogo cunha bandeira da gran albania colgada case acariñando os xogadores. Por se o ambiente non estaba pouco caldeado iste alebrestrado feito veu por o resto e o que se armou foi impresionante e desembocou na suspension do partido....














Campos coma Balaidos buscan alternativas para complementar os seus partidos e dende logo a billarda podería ser unha das formulas perfectas coas que condimentar os descansos mais ademáis dos vehículos convencionais a LNB está sondeando a idea de facer ver dun xeito impactante ós afeccionados e directivos a gran pegada que tería a billarda polo que ó igual que aconteceu no serbia-albania non estaría mal ceibar un drone sobre Balaidos e sobre os demáis campos de primeira e segunda galegA coa bandeira da LNB ó lombo ... a bandeira xa a temos nós se ti tes o avion teledirixido ponte en contacto urxentemente!!

quarta-feira, outubro 15, 2014

"ARQUEOLOXÍA BILLARDEIRA", A CIENCIA QUE ESTUDA OS PORQUÉS DO CESE DA ACTIVIDADE NAS CONFERENCIAS...



















A arqueoloxía billardeira é isa ciencia que estuda e analiza en profundidade os restos atopados nas profundiades da terra e do mar das diferentes civilixacions billardeiras , é un feito , que das 7 conferencias algun día existentes hoxe resisten tan só unhas cuantas , a qué é debido todo isto? . A Conf. Sur , Rías Baixas , NorLeste e Andaluza arrincaron xa a súa andaina , tod@s agardamos novas das restantes para ver se deciden o seu letargo ou se botan ao fronte. Mais mentras isto acontece son varias as voces que xa están a suxerir que na competicion regular de cada conferencia participen única e exclusivamente os equipos e palanador@s inscritos nela , rematando definitivamevente coa inxerencia de franquicias e xogadores dunhas conferencias nas outras  As solucions poden ser moitas pero o que está claro é que un palán doente está riba da mesa .....



E tamén dos restos dun naufraxio dende terras Helvéticas chega MAFIA-GALEGA , a limusina conducida a toda ostia e polo carril esquerdo por Paco ,  volta sairse da estrada cun espectacular e arrebatador novo single no que a cara de Golpiño e unha billarda de Toxo marcan a identidade de SUPERFODIDO , o anti-heroe galego da era Feijoo, que se resiste a ser engulido polas garras do cotián...Mafia Galega Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 13, 2014

ANATOMÍA DUN ESTOURIDO BILLARDEIRO NA CADEIRA E EN SAN TOMÉ DE PIÑEIRO!!

















Unha das novas franquicais que debutan iste ano na conferecia mae rachou o xeo e as previsions todas coa maxistral xestion dun Abertazo que arrincou os chantos e invadíu de billardas e da filosofía insulxente da LNB a Cadeira e os concello de Trabada , Barreiros e Ribadeo donde os activistas de PenaVerde teñen os seus paláns enxergados...















Enxergados os paláns e as mazas da sidra tamén as teñen os Gharabotos e o resto de palanadores e palanadoras da Conf. Sur que iste domingo en San Tomé de Piñeiro desputaron un novo Aberto puntuábel na indomábel Conf. Sur por donde como as crónicas xornalísticas apuntan a que a billarda volta a estar de moda

















Mazás , sidra e serpes abrazando os carabullos sairon ista fin de semana dos seus furados para afrontar unha nova e emocionate find. de intensiade billardeira nos polos Norte e Sur do universo billarda

















Escearios da emoción e carraxe afastados por anos luz da podredume da Panorama que viron esnaquizado o seu silencio perpértuo pola irrupción do insaciábel verme indíxena
















O mesmo verme indíxena que a centos de km . aparcaba do seu carro ó carón da pista de xogo en San Tome de Piñeiro para mergullarse na mazá da sidra que bañaba cada un gopexos da sepre multicor da Conferencia Sul.


















A terrorifícia e aterradora panorámica do Varal ,  un pesadelo que atormentou a cada un dos palanadores e palanadoras ó carón do San Marcos na Cadeira ...

















... e cada un dos Chupinazos que en Marin desequilibrou a cesta das mazás e a caixa de sidra no Aberto en San Tomé de Piñeiro...



















E a romaría rematou na Cadeira cos Billardeiros Musicais riba do esceario recitando a súa xa tradiconacional sintonia da victoria con Markitos coma campión absoluto e a súa franquicia como dominadora absoluta ó igual ca Chupi dominou en San Tome de Piñeiro co seu certeiro golpexo do palán no vaso de sidra



















E  así remoutou unha gran  xornada máis na gran guerra que a LNB libra de xeito incesante contra os elementos , gañamos unha batalla na que as billardas se misturaron unha vez máis cos casquillos de bala , así queda cada un dos campos de xogo nos que os que os que semella que gañaron non gañaron de todo nen os que a priori semella que perderon o deron todo por vencido...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 10, 2014

DA CADEIRA A MARIN ...BILLARDA, UNHA LARADA DE RAPOSOS E UN CULÍN!!


















Iste sábado por fin despois dun feixe de anos agardando a gran serpe multicor da LNB regresa a un dos seus espazos máis míticos e inespugnábeis, será a 435 metros de altitude no monte da Cadeira no medio das perdices e dos raposos donde a conf. mae apartires das 15 h. despute iste seu novo e brutal estalo puntuábel,

















E ó día seguinte , iste domingo 12 , consolidando a aposta da LNB polo pecado en forma de consumo radical de mazas e sidra , no campo da festa de San Tomé de Piñeiro en Marin nova enganchada puntuábel na Conferencia Sur da LNB que de seguro deixará a máis de un ou unha palanador oui palanadora mazado ou mazada na pista de xogo....Ista find. billarda, raposos e sidra!!

quinta-feira, outubro 09, 2014

SIDRA E TERRA VERDE....O ANDACIO BILLARDEIRO ESPÁLLASE ISTA FIND. NA CADEIRA E EN SAN TOME DE PIÑEIRO!!

















A primeira vista semella un sanitario preparandose para atender un doente de ábola , mais en realidade trátase dun palanador ou palanadora da LNB probando o uniforme co que xogar na Cadeira iste sábado no incendiario e impredecíbel Aberto puntuábel da Conf. NorLeste , as prediccion metereolócicas apuntan cara unha tarde de crudeza histórica que obrigará ós activistas da LNB acudir ó terreo de xogo ben abrigados e prevenid@s ante os bafos de auga e vento que se poden producir e máis cando a nova franquicia LNB aborixe da Cadeira PenaVerde tentou ate a extenuacion conseguir o pavillón de Trabada coma altentiva indor para celebrar o Aberto mais incribelmente a nula colaboracion e os continuos atrancos do concello disa vila luguesa fixeron imposíbel isa opcion polo que se apurará ate o máximo a opcion da Cadeira e só en caso extremo se utilizará o Pavillón de San Miguel ( Barreiros ) xestionado iste polo Remourlle Bulls.




Unha semana ista marcada polos continuos abarares da máis raibosa actualidade que desembocou no brutal asasinato do can de palleiro da enfermeira de Becerreá Excálibur , coma o ébola nas rúas e hospitais de Madrid os espectaculares cartaces do Aberto da Cadeira e do Aberto da Sidra de San Tomé de Piñeiro espállanse polas redes antisociais da LNB coa forza dos ouleos de excálibur!!

domingo, outubro 05, 2014

#CEIBAOSPREMIOS >> UNS PREMIOS ANDAN CEIBES POLA CADEIRA!!


















Con Ricar arrasando en Sanxenxo no Aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas as olladas se transladan cara o hemisferio norte donde iste vindeiro sábado despois dunha morea de anos á sombra o sol billardeiro voltará alumear na Cadeira . Co Aberto das Perdices celebrado iste verán a LNB deixaba semente de victoria e máis unha parella de perdices ceibas no monte xa que Peña ,o palanador dos PenaVerde, gañador do aberto nun acto inaudito na civilización billardeira no cando de pasar as aves pola cazola as liberabou para que puideran medrar e reproducirse. PenaVerde , franquicia coordinadora diste aberto, entran pois na LNB pisando forte e marcando tendendia con accions tan potentes coa ista , un solplo de aire fresco na Cadeira que de seguro vai refrescar o corpo e a ialma da gran serpe multicor da LNB....#CEIBAOSPREMIOS!!

sábado, outubro 04, 2014

UN BAFO DE BILLARDAS ....


















iste sábado nas RiasBaixas!!