O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 27, 2014

...EU COITELOS , EU NAVALLAS , EU TIXEIRAS!!

















Sol á esgalla bañando de luz a pista da praza dos fornos da Pontenova nunha nova edición dun Aberto con evidente resplandor indíxena en cada un dos golpexos.

















Unha multitude famenta de Varados agardaba o chamada da xungla ó abrigo e calor da terraza do bar fronte da pista.
















Cantas veces non vimos a extremecedora imaxe de atletas desidratados entrando na meta despois de feixes de km. ó lombo , pois igual pasa tamén nun deporte de tremenda esixencia e desgaste como é a billarda , non é a primeira vez nen será a ultima de seguro que un palanador de míticia EkipA-Bítere bica a lona momentaneamente durante un asalto , unha batalla perdida mais non a guerra , isa é a filosofía do palanador da EkipA e que se ergue e pide vinganza a berros..

















Unha vinganza pedida a berros e varados foi a que emerxeu do palán de Chousa , o palanador ceibe e sen equipa emerxeu na pista dos fornos coa forza dunha besta brava para realizar un pleno nas 5 carreiras e desputarlle a final a unha das grandes estrelas do univeso LNB como é Kiko dos intratábeis Cadaval de Castro.

















Sen complexos Chousa tentou o asalto ó olimpo do ferro pero a maior experiencia de Kiko fixo imposíbel a estirada e o fero palanador de Cadaval conquistou a navalla do artesán de Conforto J.Rodil que o acredita coma gran campión diste xa mítico Aberto da Pontenova


















Espectacular imaxe dun podium no que coa forza dun xabarín ferido irrompen por primeira vez os PenaVerde con Peña coma terceiro clasificado e @s Polka con Geles coma primeira clasificada en feminino ó caron de Lucia dos Bulls e Maria de Ex-tension Billarda , por equipas foi Cadaval quen se atreve unha vez máis a desafiar ós todo-poderosos Billardeiros Musiciais.

















E tan só unhas horas máis tarde no Burgo ( A Coruña ) se celebrou a primeira xornada puntuábel na Conf. NorOeste, rachouse o xeo no gran batuxo atlantico mais unha vez máis foron dous chegados doutras conferencias os que se levaron o likor café para a súa casa.....Billarda Sempre!!