sexta-feira, novembro 30, 2007
quinta-feira, novembro 29, 2007
A TPA EMITE HOXE O EXPLOSIVO VIDEO-DOCUMENTAL SOBRE A IMPARÁBEL EXPANSIÓN EN ASTURIES DO DEPORTE DO LIRIO!!
quarta-feira, novembro 28, 2007
DOS HISTÓRICOS PETAPOUCO ÓS GOLPEXOS DOS ELECTRÓNI@S, CHEGA O 1º RECOÑECEMENTO OFICIAL Ó DEPORTE DA BILLARDA!!
segunda-feira, novembro 26, 2007
A PISTA DE RIVUS MAURILLI ACOLLE A DESPUTA DO 1º TÍTULO OFICIOSO DA SUPERLIGA 2007-08!!
sexta-feira, novembro 23, 2007
BILLARDAS ARDENDO RACHANDO TERRA , MAR E AR!!
Frenética actividade nas dúas conferencias da LNB, se na Conferencia NorLeste se prepara o terreo para a desputa o vindeiro domingo 3 de novembro do título de inverno e para elo xa se dispuso da primeira QUINIELA-LNB que ademais se pode descargar e cubrir xa dende o seu explosivo web, e para seguir degustanto o exquisito prato do inicio de tempada na Conferencia NorOeste con epicentro na Coruña, imperdíbel visita ó seu web para seguir alimentando a nosa tremenda fame billardeira cunha impresionante foto-repichoca documental que fai tremer o mollado asfalto da cidade de cristal.
Pero non todo queda ahí, como anuciabamos no Varal , a Coordinadora Copa Cantábrica da que forma parte a LNB xunto coa irmán LNL ( Liga Nacional do Lirio) acudirón a un acto de apoio á selección asturiana na localidade de Tapia donde un equipo da TPA se desprazou para gravar un de seguro espectacular video-documental coas grandes estrelas do deporte do Lirio que están a revolucionar ó igual que pasa na Galiza todas as oxidadas buxías do deporte tradicional dun e outro lado da Ponte do Santos
quarta-feira, novembro 21, 2007
DAS AUGAS DO ATLÁNTICO Ó CANTÁBRICO NO BATUXO MULTICOR DA LNB!!
terça-feira, novembro 20, 2007
EXPLOSIVO 1º VIDEO-ESTALO DE TELE-VARAL DENDE A CONF. NOROESTE!!
SOBRAN AS PALABRAS, BESBE A ROMPE O SILENCIO DE TELE-VARAL NA CONFERENCIA NOROESTE ENTREVISTANDO A UN DOS BRAVOS PALANDORES DOS XA QUE 60 , HISTÓRICO 1º VIDEO-ESTALO QUE ESNAQUIZA O XEO NA CIDADE DA CORUÑA!!
segunda-feira, novembro 19, 2007
APOCALIPSE BILLARDEIRA NO 1º ASALTO DA CONFERENCIA NOROESTE!!
Chuzos de punta recibiron ós palanadores e palandoras que iste domingo 18 se deron cita na pista da Zapateira da cidade da Coruña imantados polo tremendo impulso da madeira para arrincar coa forza dun boi da chega a competición na Conferencia NorOeste.
Un soño feito realidade que obriga a todos os membros diste gran tribu da LNB peliscarse para darse conta que o que ven os ollos non é unha ilusión froito da masiva inxesta de ribeiro turbo e obriga tamén ós expertos a esfolar as teorías para explicar cal é a estrana forza que impulsa ista tremendo furacán de raiba e carraxe que fai que as billardas corten o ar nas leiras dos territorias sen abonar.
Os referenciais all stars da LNB foron o sempre necesario zurro e purín que abonaron o asfalto para que ista fin de semana brotara o tan desexado froito.
Ás catro foi a hora marcada , apelotonados fronte á porta da Zapeira un exercito de palanadores e palanadoras recibían o tremendo bautismo da chuvia liberadora , fertilidade e longa vida á Conferencia NorOeste que iste domingo 18 botou a andar con 5 franquicias ensinado os dentes : Electrónic@s , Filloas de Sangue [na foto], Centolos Rabudos, Xa que 60 e Os Xarutos formarán o gran pelotón da ilusión que desafíe os centos de anos de represión deportiva na cidade da Coruña.
quinta-feira, novembro 15, 2007
ARRINCA A COMPETICIÓN NA CONFERENCIA NOROESTE CON EPICENTRO NA CORUÑA!!
quarta-feira, novembro 14, 2007
TELE-VARAL >> O GOLPE NO CONTRACÚMIO IBERO-CARIBEÑO DE MONDOÑEDO!!
Mondoñedo acolleu unha nova edición do GOLPE , o late-show TELE-VARAL dirixido e presentado por Juan Pico realizou un espectacular contra cumio Ibero-caribeño coa presencia en plató de palanadores lusos e cubanos. Se Chavez foi unha impresionante metralleta verbal nista ocasión Juán Pico tivo que arrincarlle materialmete ás verbas a puñados a uns convidados que enmudeceron ante o tremendo impacto que sopón a presencia do Golpe.
terça-feira, novembro 13, 2007
segunda-feira, novembro 12, 2007
CARMIÑA Vs GINÉS protagonizaron a agónica 3º CARREIRA DA XORNANA que TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial dende a pista polideportiva de Mondoñedo donde Juan Pico contou cos comentarios do mítico Servando , pese a ter un ollo revolto en sangue froito dun estalo de soldadura o bravo palanador dos bíteres donde pon o ollo pon o comentario polo que incluso desconcertando ós propios protagonista da carriera , realizou un espectacular varado verbal que case fai que lle os afeccionados lle pincharan o outro ollo a ver se calaba. Xenial Servando nunha nova e atrabiliaria edición da Carreira da Xornada!!
SE O VELLO SIMBAB VOLVESE ÁS ILLAS ESTARÍA NO 3º ASALTO DA SUPERLIGA!!
sábado, novembro 10, 2007
EXTRA , EXTRA >> A SALVAXE TRIBU LNB NO REC.CÁMARA DA GALEGA!!
quinta-feira, novembro 08, 2007
O GOLPE INVADE TERRITORIO ASTUR!! , espectacular entrada no plató-comedor do reporteiro estrela de TELE-VARAL, Juan Pico para entrevistar ós convidados do Golpe que se agolpaban na cabeza da mesa , Delfranco o gran palanador Italo-galego resposta ás preguntas realizadas polo Golpe nunha estrana lingua cercana ó italiano con retrousos evidentes mesmo do latín clásico dos poemas de Catulo, Albarín , foi outro combidado diste latexante e extremo late-show pero ante semellante trallazo mediático do golpe enmudeceu polos estalos da emoción e tivo que ser o ser compañeiro de selección Chema o que minimizara os danos colaterais recordando que iste domingo 11 en Mondoñedo desembarca a Superliga no seu 3º asalto e algúns alí buscarán vingarse do acontecido en Piyarnu. A cita iste domingo 11 apartires das 15:30 na pista polideportiva dos colexios de Mondoñedo.
terça-feira, novembro 06, 2007
DESCARGA A HISTÓRICA FOTO-REPICHOCA DOCUMENTAL DA I COPA CANTÁBRICA!!
O domingo 4 de novembro, pese a quen lle pese quedará marcado coma un día histórico no deporte galego coma o ferro quente na pel das bestas bravas . Dende semanas antes a tensión foise acumulando na expedición galega que a tan só tres semanas do primeiro embite oficial na primeira Copa Cantábrica vía como se destituía ó ate entón seleccionador galego Fernando Veiga, o nerviosismo era máximo e ante o desconcerto e de xeito case inmediato sorprensdendo a propios e extranos apareceu a excéntrica PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) que decidíu coller as rendas e embestir coa forza dun boi da chega emitindo a sempre polémica lista de convocados para defender á Galiza que serían dirixidos a pé de pista polo único que podería sacar iste gran proxecto a diante, Ismael, O Zidane da Billarda , era nomeado novo selccionador enfrontándose ó gran reto de gañar a I Copa Cantábrica da história. Todo estaba preparado , só Rafa , o palanador dos Tronos do Masma causou baixa na expedición da Galiza, todos, os 16 convocados estaban dispostos a deixar o pelexo en Piyarnu para tentar traer de volta a Copa Cantábrica, incluso David Fontán, o debutante palanador da Conferencia Noroeste que chegara dende a Coruña a noite do sábado para pasar noite en Ribadeo e poder subir á máxica Guagua da LNB descansado e en perfecta condición física.
O ambiete na Guagua indescriptible, co golpe , os paláns e as bandeiras viaxando na maleta e a ilusión sentada nos asentos , Luis , o xa mítico conductor dirixíu á tribu cara terras astures e realizou a tamén mítica parada Na Lupa , donde a espedición tomou a parva e donde se uniron máis expedicionarios que viaxaron en coche, todo estaba listo, primeiro o bandullo e despois o orgullo resoaban chegados de Chatada ista mítica frase dun tema dos Diplomáticos de Monte Auténtica sigue a raxatabla. De novo Luis ós mandos da Guagua , faltaban escasos km para aterrar en Piyarnu e Luis o noso chofer-dj como se nise instante fora posuído polo demo decidíu arrincar a guagua mentras estouran nos bafles tolleitos do bus as guitarras do recén estreado disco de Arredemo, o Rock invadíu á expedición e tensou os músculos para tentar en piyarnu alumerar a longa noite de pedra na que vive o deporte galego . Asturies agradaba sen medo ás tropas galegas, Xosé Pravia , o seleccionador Astur , sabía que as incorporacións de Rubén , o gran palanador de Teberga, de Urbano , o Gasol da Veiga e de Chema o temido xenio de Lluarca , podían ser decisivos xunto co xa coñecido potencial de Pablo, María ou David para derrotar á selección galega que a priori partía coma favorita .
E comezou o partido e todos os temores se fixeron realidade, , dos telefonos móbiles disparaban á mensaxes gz vence pr ast resite, e vaia se resistíu..... a mecánica do partido era desputar dous setos simultaneos e se ben, Galiza vencía nun , no outro Asturies vapuleaba polo que era inevitable o temible seto da morte ou do desempate, Ismael , o seleccionador Galego deu a lista cos 5 elexidos e Xosé Pravia tamén elexíu os seus palanadores para o treito final .
Arrincou a seto da morte e galiza púñase cun 0-2 sobre 5 , posible match point , que Hugo para a selección asturiana desfixo doblegando ó palanador galego , 1-2 e a pista de piyarno convertido nun auténtico fervedoiro con berros e apoio das afeccións e dos banquiños ós seus palanadores que ían desputar o tramo final , Chema contra Fram , outra vez Chema despois de desputar a xa mítica 1º carreira da xornada de história víase envolto nun acto histórico, decidir para donde ía a tan desexada polos dous países Copa Cantábrica de Lirio#billarda , e aquí surxíu a lenda do gran Match Point de Fram Folgueira , indiscutíbelmete o xoven palanador e debutante na auténtica foi o gran protagonista dista espectacular I Copa Cantábrica xa que decidíu co seu xá mitico semi-varado o destino final da Copa que se desoutaba desputada na pista polideportiva de Piyarnu entre asturies e Galiza.
Especial mención á gran aportación dos debutantes na Selección coma Delfranco, o italo-galego amosouse implacábel e xunto con Daniel , Calvete , Juán Pico e o campión galego de Varados , o Coruñés David Fontán dirixidos explendidamente dende a banda polo tamén debutante coma seleccionador nacional Ismael , O Zidane da Billarda, fixeron xunto con toda a expedición que Galiza acadara a tan desexada I Copa Cantábrica.
Asturies consolídase definitivamente coma un páis cun potencial billardeiro espectacular e crecente, a LNB consolida xunto coa Liga Nacional del Lirio un importantísimo epicentro en Piyarnu , incluso co explícito apoio e interese do concello de Castrillón por establecer iste coche como algo duradeiro e tentar de realizar máis torneos tanto individuais coma entre de clubes billardeiros entre ámbolos dous países .
En Piyarnu a LNB tamén estableceu contacto co outros colectivos do país veciño para relaizar actos conxuntos. A Copa Cantábrica coa forza das olas do cantábrico rompendo nas rochas consolídase coma únha espectacular competición con un futuro másu que sólido e incluso con posibilidades de incluír como pasa co 3 nacións de rugby no hemisferio sul incluír outa nación máis cantábrica en vindeiras edicións.
Pero non todo quedou ahí , a sidra a pé de pista calmou as tensión e fixo que ambas seleccións e afeccións voltaran á irmandade para disporse a compatir mantel e prato no xa mítico, Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Piedras Blancas , donde degustar o seu tradicional prato “ Tella de la Viella” xunto cunha descomunal fabada para coller forzas e desputar o gran desquite do interncional , chegaba despois do postre e do Golpe , o gran XAMÓN CANTÁBRICO , que se desputaba na pista anexa ó restaurante.
Un todos contra todos donde a dopaxe de emoción e licor ademáis de legal é case obrigatoria. Billardas ebrias cortando ar buscando ás presas o varal , resoaban os berros e a incertidume para decidir quen lle metería o dente ó deexado xamón cantábrico, e foron o avilesino Pablo , o killer do Quirinal quen se bateu na final contra o palanador de Celeiro de mariñaos Ginés, entre o lusco e o fusco desputouse a finalísima na que Ginés foi quen de doblega ó grande palanador astur.
Na dialéctica bravú ós máis grandes se lles chama gaiteiros en contraposición ó torueiro español, no deporte mais bravo que é a billarda-LNB no canto do orellas os máis grandes levan xamóns, xamóns para toda a orgullosa selección asturiana e toda a súa afección que recibíu a paus e con ansias de vencer a toda a expedición galega. Última parada no Bar Timo de Avilés a sede oficial da irmá Liga Nacional do Lirio , todo un luxo para as bravos e bravas que componen a Auténtica ter enfronte e ó lado á selección asturiana.
segunda-feira, novembro 05, 2007
HISTÓRICO MATCH POINT NA I COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA!!
TELE-VARAL amosa en exclusiva mundial o histórico MATCH POINT BILLARDEIRO que desnivelou a balanza nun ate ise instante axustadísimo partido entre as selecións de Asturies e da Galiza na pista polideportiva de Piyarnu. O marcador amosaba un empate a 1 setos e os dous seleccionadores tirveron que elexir os 5 xogadores que desputarían o sempre temíbel seto da morte ou do desempate. Facemos caso ó dito e aforramos as mil palabras deixando que sexan as exclusivas imaxes de TELE-VARAL as que narren que selección foi a que levou a tan desexada I COPA CANTÁBRICA. E cos nervios aínda a flor de pel, improvisada rolda de prensa a pé de pista dos dous seleccionadores nacionais , Xosé Pravia por Asturies e Ismael, O Zidane da Billarda , pola Galiza analizan estre os estalos iste gran choque internacional entre dúas nacións aínda sen estado que rachou coa furia das olas do cantábrico cando baten contra as rochas. E moi atentos á explosiva Repichoca Fotográfico-Documental que o Varal vai ofrecer xunto coas increíbles aventuras do Golpe en terras astures.