O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 06, 2007

DESCARGA A HISTÓRICA FOTO-REPICHOCA DOCUMENTAL DA I COPA CANTÁBRICA!!


O domingo 4 de novembro, pese a quen lle pese quedará marcado coma un día histórico no deporte galego coma o ferro quente na pel das bestas bravas . Dende semanas antes a tensión foise acumulando na expedición galega que a tan só tres semanas do primeiro embite oficial na primeira Copa Cantábrica vía como se destituía ó ate entón seleccionador galego Fernando Veiga, o nerviosismo era máximo e ante o desconcerto e de xeito case inmediato sorprensdendo a propios e extranos apareceu a excéntrica PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) que decidíu coller as rendas e embestir coa forza dun boi da chega emitindo a sempre polémica lista de convocados para defender á Galiza que serían dirixidos a pé de pista polo único que podería sacar iste gran proxecto a diante, Ismael, O Zidane da Billarda , era nomeado novo selccionador enfrontándose ó gran reto de gañar a I Copa Cantábrica da história. Todo estaba preparado , só Rafa , o palanador dos Tronos do Masma causou baixa na expedición da Galiza, todos, os 16 convocados estaban dispostos a deixar o pelexo en Piyarnu para tentar traer de volta a Copa Cantábrica, incluso David Fontán, o debutante palanador da Conferencia Noroeste que chegara dende a Coruña a noite do sábado para pasar noite en Ribadeo e poder subir á máxica Guagua da LNB descansado e en perfecta condición física.

O ambiete na Guagua indescriptible, co golpe , os paláns e as bandeiras viaxando na maleta e a ilusión sentada nos asentos , Luis , o xa mítico conductor dirixíu á tribu cara terras astures e realizou a tamén mítica parada Na Lupa , donde a espedición tomou a parva e donde se uniron máis expedicionarios que viaxaron en coche, todo estaba listo, primeiro o bandullo e despois o orgullo resoaban chegados de Chatada ista mítica frase dun tema dos Diplomáticos de Monte Auténtica sigue a raxatabla. De novo Luis ós mandos da Guagua , faltaban escasos km para aterrar en Piyarnu e Luis o noso chofer-dj como se nise instante fora posuído polo demo decidíu arrincar a guagua mentras estouran nos bafles tolleitos do bus as guitarras do recén estreado disco de Arredemo, o Rock invadíu á expedición e tensou os músculos para tentar en piyarnu alumerar a longa noite de pedra na que vive o deporte galego . Asturies agradaba sen medo ás tropas galegas, Xosé Pravia , o seleccionador Astur , sabía que as incorporacións de Rubén , o gran palanador de Teberga, de Urbano , o Gasol da Veiga e de Chema o temido xenio de Lluarca , podían ser decisivos xunto co xa coñecido potencial de Pablo, María ou David para derrotar á selección galega que a priori partía coma favorita .

E comezou o partido e todos os temores se fixeron realidade, , dos telefonos móbiles disparaban á mensaxes gz vence pr ast resite, e vaia se resistíu..... a mecánica do partido era desputar dous setos simultaneos e se ben, Galiza vencía nun , no outro Asturies vapuleaba polo que era inevitable o temible seto da morte ou do desempate, Ismael , o seleccionador Galego deu a lista cos 5 elexidos e Xosé Pravia tamén elexíu os seus palanadores para o treito final .

Arrincou a seto da morte e galiza púñase cun 0-2 sobre 5 , posible match point , que Hugo para a selección asturiana desfixo doblegando ó palanador galego , 1-2 e a pista de piyarno convertido nun auténtico fervedoiro con berros e apoio das afeccións e dos banquiños ós seus palanadores que ían desputar o tramo final , Chema contra Fram , outra vez Chema despois de desputar a xa mítica 1º carreira da xornada de história víase envolto nun acto histórico, decidir para donde ía a tan desexada polos dous países Copa Cantábrica de Lirio#billarda , e aquí surxíu a lenda do gran Match Point de Fram Folgueira , indiscutíbelmete o xoven palanador e debutante na auténtica foi o gran protagonista dista espectacular I Copa Cantábrica xa que decidíu co seu xá mitico semi-varado o destino final da Copa que se desoutaba desputada na pista polideportiva de Piyarnu entre asturies e Galiza.

Especial mención á gran aportación dos debutantes na Selección coma Delfranco, o italo-galego amosouse implacábel e xunto con Daniel , Calvete , Juán Pico e o campión galego de Varados , o Coruñés David Fontán dirixidos explendidamente dende a banda polo tamén debutante coma seleccionador nacional Ismael , O Zidane da Billarda, fixeron xunto con toda a expedición que Galiza acadara a tan desexada I Copa Cantábrica.

Asturies consolídase definitivamente coma un páis cun potencial billardeiro espectacular e crecente, a LNB consolida xunto coa Liga Nacional del Lirio un importantísimo epicentro en Piyarnu , incluso co explícito apoio e interese do concello de Castrillón por establecer iste coche como algo duradeiro e tentar de realizar máis torneos tanto individuais coma entre de clubes billardeiros entre ámbolos dous países .


En Piyarnu a LNB tamén estableceu contacto co outros colectivos do país veciño para relaizar actos conxuntos. A Copa Cantábrica coa forza das olas do cantábrico rompendo nas rochas consolídase coma únha espectacular competición con un futuro másu que sólido e incluso con posibilidades de incluír como pasa co 3 nacións de rugby no hemisferio sul incluír outa nación máis cantábrica en vindeiras edicións.

Pero non todo quedou ahí , a sidra a pé de pista calmou as tensión e fixo que ambas seleccións e afeccións voltaran á irmandade para disporse a compatir mantel e prato no xa mítico, Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Piedras Blancas , donde degustar o seu tradicional prato “ Tella de la Viella” xunto cunha descomunal fabada para coller forzas e desputar o gran desquite do interncional , chegaba despois do postre e do Golpe , o gran XAMÓN CANTÁBRICO , que se desputaba na pista anexa ó restaurante.

Un todos contra todos donde a dopaxe de emoción e licor ademáis de legal é case obrigatoria. Billardas ebrias cortando ar buscando ás presas o varal , resoaban os berros e a incertidume para decidir quen lle metería o dente ó deexado xamón cantábrico, e foron o avilesino Pablo , o killer do Quirinal quen se bateu na final contra o palanador de Celeiro de mariñaos Ginés, entre o lusco e o fusco desputouse a finalísima na que Ginés foi quen de doblega ó grande palanador astur.

Na dialéctica bravú ós máis grandes se lles chama gaiteiros en contraposición ó torueiro español, no deporte mais bravo que é a billarda-LNB no canto do orellas os máis grandes levan xamóns, xamóns para toda a orgullosa selección asturiana e toda a súa afección que recibíu a paus e con ansias de vencer a toda a expedición galega. Última parada no Bar Timo de Avilés a sede oficial da irmá Liga Nacional do Lirio , todo un luxo para as bravos e bravas que componen a Auténtica ter enfronte e ó lado á selección asturiana.

3 Comments:

  • At 4:10 PM, Blogger Turzi said…

    Parabéns á Auténtica Selección Nacional Galega por este novo éxito internacional.
    É un orgullo contar con xogadoras e xogadores coma vós, que representantes con tanta forza ao Pobo galego.
    Saúde á Selección Galega!

     
  • At 10:40 PM, Blogger David said…

    Moi boa crónica, avante a Auténtica!!!

     
  • At 3:28 AM, OpenID kuhurobe said…

    Great post! I wish you could follow up on this topic!

    clomid

     

Postar um comentário

<< Home