O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 26, 2007

A PISTA DE RIVUS MAURILLI ACOLLE A DESPUTA DO 1º TÍTULO OFICIOSO DA SUPERLIGA 2007-08!!


O caiuco multicor da LNB na conferencia NorLeste continúa atravesando silveiros para ista find arrivar no máxico territorio do Rivus Maurilli, o nome clásico que orixinou o actual Remourelle , parroquia referencial do concello de Ribadeo, alí escorrentando meigas e trasnos cos paláns afiados e dispostos para a loita, desputarase o primeiro título oficioso da tempada , o título de campión de inverno, Ismael O Zidane da billarda acadouno na pasada edición da Superliga pero ista vez as carabillas están tan apretadas por riba que non hai un pronóstico claro, entre os líderes de ámbolos grupos A e B desputarase unha gran final que será retransmitida en exclusiva mundial por TELE-VARAL para a xeito de gran carreira da xornada dilucidar o campión de inverno da tempada 2007-08. Para ollar a pista e realiazar apostas sumerxete no web oficial da Conferencia NorLeste. Comeza unha semana de emoción intensas , atentos á pantalla!!