O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 30, 2012

ABERTINHOS DE ANINOVO...A GUINDA PERFECTA PARA A CELEBRACIÓN DUN FIN DE ANO BILLERDEIRO EN TODA A SÚA MAGNITUDE!!
















VIAXE Ó CURDISTAM PARA POR ESTRELAS!!


Unha viaxe inversa foi a que fixeron os irmáns da delegación Kurda que iste 29D estiveron en Pontevedra compartindo espazo e intensidade no partido internacional organizado polos  irmáns de siareir@s galeg@s -...porque como di Sechu Sende no espectacular video-crónico realizado por GzVideos , porque o que separa a Galiza e ó Curdistam é bastante menos de 5000 km.....Abofé, Liberdade Curdistam!!!

sábado, dezembro 29, 2012

"Abdullah Öcalan" E "Tonho Randeeira" , OS LÍDERES DO PKK E DO INDIXENISMO GALAIKO , PRESENTES EN PONTEVEDRA E MONTERROSO EN SENDAS ACCIÓNS BILLARDEIRAS!!



















A imaxe do lider do PKK Abdullah Öcalan  nnn presidía o autocarro da seleccion do Crudistam tanto no adestramento no campo da Canhoteira en Teo o venres coma iste sábado ó carón do campo de futbol de Pontevedra donde Galiza se medía á referencial seleccion asiática despois da celebracion do mítico Aberto da Auténtica na explanada do recinto feiral. 


















Simultaneamente ó adetramento do Curdistam na Canhoteira nas rúas de Monterroso un Comando itinerante da LNB , formado por membros de Ex_tension Agraria e antifans da superbanda galego-arxina , realizaban unha serie de lanzamentos nunha das aceras da vila luguesa a xeito de Aberinho para visiualizar por primeira vez en Monterroso o gran conflicto billardeiro se sacode ó pais enteiro. E non podía ser doutro xeito , estando Toño Randeeira , o equivalente billardeiro de Abdullah Öcalan e autentico referente do Indixenismo Galaico formando parte do Comando Itinerante da LNB que de xeito unánime se lle entregara a cunca cos Tizóns de Natal nunha super-emotica e indixenista cerimonia no Bar Azul de Monterrroso.  

















Unha acción combianda de Rock e Billarda que arrincou en Meira punto de partida do Comando itinerante para a iso das 17 h. estar no penal de Monterroso para ExTension Agraria xunto coa banda resisdente A Pulso realizar un inesquencíbel concerto entre rexas. Foi por elo que a Banda antes e durante da súa partida non puido esquencer os activistas galeg@s pres@s ...Que Voltem A Casa!!

















Un xantar de irmandade presidido por Toño Randeira que ademáis servíu para celebrar o seu cumpreanos , un Comando Itinerante ó que por motivos xurídico-legais non puido estar composto pola Presidenta do Clude de Anti-fans e polo road manager da banda Ficas ambos demasiado perigosos segundo a instrucción penitencia.


E aquí temos unha imaxe para a história , tan só uns segundos despois de ExTension Agraia baixarse dos carros e coller os instrumentos , Lola , a palanadora de EB , capta ista instantane xa dentro dos muros da prisión, nise momento os funcionais sáen das oficinas para increpar ó Comando Sonoro e evitar que se realizarn máis fotos e videos ...mais nen os muros nen a represión poden con poder das palababras e para elo ExTension Agraria levaba consigo ó mellor e máis preciso das cámaras existentes, MoreaBaleira  , o gran mestre do xornalismo contemporaneo , relata a pulso firme , nun xa histórico estalo toda a intensidade do concerto e o previo dunha aventura que marcou a ferro quente o pelexo de todos os presentes internos e externos. Chega con dicer que dous dos mais ferventes seguidores de ExTension Agraria na actuacion era dous internos condeados por asasinato .... Ex_tension, Curdistam e Galiza Ceives , adiante co Varal!!

quinta-feira, dezembro 27, 2012

PONTE VEDRA - GALIZA vs CURDISTAM>> 16 H . ABERTO DA AUTÉNTICA....POLA OFICIALIDADE DO NOSO DEPORTE NACIONAL!!














A alumeose é unha enfermedade que lle afecta ás estructuras de formigón coma as que forman as bancadas dos estadio de futbol , foi a mesma enfermidade que se lles contaxiou ós miserábies que dirixen dende os despachos da xunta  deporte galego , é por elo dende que as gaivotas asaltaron o governo non só non se apoia o clásico partido da selecions nacional de futbol senón que cada ano se poñan máis atrancos dende as isntitución para realizalo. Sexa como for, Siareir@s Galeg@s unha edición responde coa máxima do ataque coma mellor defensa , será iste sábado 29 de Decembro en Pontevedra cun espectacular abano de activiades entorno ó explosivo partido de Galiza - Curdistam , marco no que se celebrará o xa mítico Aberto da Auténtica apartires das 16 h. o recinto feiral da Cidade será un fervedoiro de palanadores e palanadores adoecendo por por ose beizos na botella de Licor Kafé que o acredite coma novo Auténtic@ Campión. E por se non fora pouca intensidade coma fin de festa espectacular concerto cuns convides dende EuskalHerria de auténtico luxo , Berri Txarrak que acaban de chear da súa espectacular xira europea descargarán sobre o esceario o seu brutal e paixal directo- Contacto Aberto >> 647.190789



E para quentar o ambiente , a ekipa da Faisca con Xosé Miguel á fronte aferrado á botella de Licor Kafé de Teo coma defensor do título , o seu anti-kapitán, Pinto  coa boneca aínda quente chegado do Abertinho na zona vella de  Bilbo, desgrana nunha alebrestrada análise de loitador de tudo vale os previos dun Aberto a Fume de Carozo no que ademáis de deixar o pelexo na pista será o reporteiro de guerra do Varal >>

Pontevedra, cidade caracterizada por ser "o maior desfile de moda diario do mundo", onde a rúa Michelena cada tarde se convirte nunha pasarela cibeles ( ou pontus-veteris para os localistas ), Cidade onde a xente prefire pasar fame antes que vestir mal, ou onde prefiren gastá-la paga semanal en zapatos, antes que en paláns e bilhardas do companheiro Tiago de Ponteareas, vai ver desfilar aos dous últimos insignes vencedores do aberto da autentica. Estes dous Top-Models, prometen dar espectaculo, e Bateas prometeu que se gaña X. Miguel ou Pinto do Faísca, faranlle o pasillo de honra como Bicampions deste espectacular torneo.

Comentan as malas linguas, que Xan rodiño anda enfermo por mor dunha E.T.S - que non A.T.S.- e é dúbida ata o último momento para este aberto, pola súa banda, Luis de Bateas, artista coñecido co sobrenome de "o pateiro nomade", chega a Pontevedra nun gran estado de forma, cabe destacar a súa volta á inxesta de proteina animal, en concreto, Porco, a seu universo sentimental tambalease por momentos por mor deste suceso, máis a él o único que lle importa é a victoria.

Dos irmáns Zipi-Zape, ou tamén chamados Christian e Iván, pouco podemos falar. Christian mora nun piso franco en compostela, onde cultivan marihuana e fuman canutos todo o día, polo tanto pouco vai por clase. Parece ser que a discoteca chamada Liberty, causa estragos neste pobre rapaz, que nunca saira da aldea, e agora vese na gran cidade acosado polas féminas. Parece ser que xa a meteu en adobo, que mollou o pizarrín, matou a anaconda dun só ollo, quitaronlhe o veleno todo, esprimiu a bilharda de carne...

Iván, anda en Adina tuneando a bici, xa lle puso as pegatinas douradas, e uns lacitos rosas no manillar moi monos. Prometo publicar fotos á volta de Pontevedra. Despidese o intrépido reporteiro internacional da LNB.


quarta-feira, dezembro 26, 2012

JONNY CASH NA PRISION DE FOLSOM??...NON, ISTE VENRES SERÁN EX_TENSIÓN AGRARIA OS QUE CHAMÉN Ó MOTÍN EN MONTERROSO!!









Fai unhas semanas uns dinosaurios foron rendirlle pleitesía a ise templo da miseria capitalista chamado Marineda City na Coruña , un desenchufado e unhas sinaturas de discos a catro pailáns e pista , uns cuantos euros no peto e a outra cousa bolvoreta..mais menos mal que no univeros do Rock e do desporto galego existen uns outros valores e referentes cos que combater de xeito contundente as miserias do estado colonial     no que aínda vivimos.

















Pois si , Heredeiros da Crus ó corte inglés e Ex_Tensión Agraia á cadea  tocar e compartir intensidades cos reclusos de Monterroso nunha xornada que terá como non podía ser doutro xeito o arrinque cun explosivo Abertinho ás portas da prisión no que se loitará por unha espectacular cunca chea de Tizóns do lume de Natal co que o campión ou campioa poderá escorrentar os males e as ánimas durante todo o ano. E atEnción porque o encargado de entregar o premo será o director dise medio dixital chamado MoreaBaleira que está a rachar moldes e cadeas no panorama galego e internacional , falamos por suposto dise referente absoluto do indixenismo galaico chamado Tonho Randeeira que estará formando parte da enxordecedora experiencia carcelaria de Ex_Tension Agraia endulzada por unhas espectaculares caixas de galletas de manteiga das nosas amigas da Granxa Maruxa de Monterroso

ORGANIZA XA O ABERTINHO DOS CALLOS DE ANINOVO...O MELLOS XEITO DE ESCORRENTAR OS MEIGALLOS!!
















Un Abertinho o do Tizón de Natal previo ó explosivo Aberto da Autentica iste sábado 29 en Pontevedra no marco do partido Galiza-Curdistam accións ambas que sementan o terreo para a reedición dos míticos Abertos de aninovo nos que os callos e os churrros conviven en harmonía coa resaca dos palanadores e palanadoras da LNB...Unha vez máis celebra a entrada do ano pola hora galega e ó mencer , antes de deitarte e para escorrentar os meigallos realiza o xa mítico Abertinho dos Callos!!

segunda-feira, dezembro 24, 2012

MEDO , PÁNICO , TERROR ANTE O TIZÓN DE NATAL DA LNB CHAMADO... "REPÚBLICA BILLARDA" EDICIÓN DIXITAL!!






















O IMPULSO BRUTAL DUNS CALLOS NA MELLOR COMPAÑA E O ÉXTASE DUN TERCEIRO TEMPO EN BUEU MARCAN A PAUTA PARA AFRONTAR CON TODAS AS GARANTÍAS TODOS OS RETOS  QUE NOS MARQUEMOS , NERVIOSIIMO NAS ALTAS ESFERAS ANTE O ENCERRO NUN CAIXO AUTOMÁTICO E O CHEIRO DA POTA FERVENDO NA COCIÑA DE LEÑA QUE SERVIRÁ PARA ISTA NOITE GARDAR OS TIZÓNS QUE ARREBOLAREMOS OS VINDEIROS DÍAS, SEMANAS E MESES ÓS MISERÁBEIS QUE GUÍAN ISTE BARCO Á DERIBA ...UN TIZÓN CHAMADO REPÚBLICA BILLARDA QUE NISTA NOITE DE IRMANDADE E LOITA OVARAL-RECORDS APRESENTA A SÚA ESPECTACULAR EDICIÓN DIXITAL-Bandcamp PARA QUE POIDAS ACCEDER A CALQUERA HORA E EN CALQUER PARTE DO MUNDO Ó ESTOURIDO DE SONS , LETRAS E ACTITUDES...DESFRUTA, PREPÁRATE E DIFUNDE PORQUE XA ESTÁ EN MARCHA O RB-2 "O VARADO INDÍXENA"!!

domingo, dezembro 23, 2012

O APALPADORINHO CHEGA COA CARTA DO APALPADOR NA MAN PARA APADRIÑAR O ABERTO DA CACHIZA DE BUEU E TODAS AS ACCIONS NISTE NATAL BILLARDEIRO!!

















Imposíbel deixar de emocionarse ante imaxes tan podeorosas que surxen no brutal entorno da LNB para impulsar as accions niste noso ardente Natal Billardeiro , O Apalpadorinho chega para apadriñar o Abertinho da Cachiza de Natal en Bueu que se celebrará iste luns 24 ás 11h , no pavillón do municipal do Beluso. DeSpois do exitazo no Aberto de Xil  segue a festa no hemisferio sur da LNB, iste luns escumoso bieiteiro e cachiza a esgalla. Todo diós invitado. De balde, poderás xogar a billarda, escoitar boa música, tocar a gaita e a pandereta, cantar o que queiras e, amáis amáis, xantar os petiscos que @s compoñentes do Corredoiras traerán para compartir. Naturalmente non vai faltar bó viño de Cela e refrescos para @s pequenos. Saúde e sorte no solsticio de inverno. 

RuAn CREA A CARTA DO APALPADOR , E O APALPADORINHO É O ENCARGO DE DISTRIBUILA...BÓTALLE UNHA MAN E DIFUNDE A IDEA!!

































E da man do Apalpadorinho chega tamén a impresionante carta do Apalapador realizada polo irmán RuAn e protagonizada polos xa míticos " Golpinho e Pincha" que aparecen xunto a unha espectacular figura do Apalpador que por primeira vez na história apreséntase mutado en Coroceiro Nacional da LNB . Axúdalle ó Apalpadorinho a repartir a carta entre as crianças do páis imprimindo e distribuíndoa entre tod@s os nenos e nenas do teu entorno...  Apalpador Coroceiro Nacional Sempre!!

sábado, dezembro 22, 2012

A PÉ OU A NADO...CONTRA AS PEAXES E ARAMIOS DE ESPIÑOS NOS CAMIÑOS , PALÁNS ERGUEITOS E PISTAS CHEAS NOS ABERTOS!!


Iste sábado no primeiro día oficial do inverno vermello que se aveciña , a tribo da LNB olla cara a mítica parroquia de Xil donde iste sábado a tribo a pé ou a nado chegará pese ós sucesivos atrancos de tipo legal e económico que dende o governo galego por medio do atraco a man armada ós palanadores e palanadoras que utilicen a AP-9 para achegarse ó novo Aberto puntuábel na Conferencia Rías Baixas.  












A pé 9 ou 900 a cita será ista sábado apartires das 16h . no pavillón municinal de Xil ( Meaño) , como toda a tribo sabe parada obrigatoria tanto antes coma despois do Torneo na mítica Taberna da Cancela . ó carón da capela das Angustias, para saudar e compartir intensidade con Abel a toda a indomábel tribo Canceleira sena cal nada do que estamos desfrutando hoxe en todo o sur galego terái sido posíbel. para ilustrar iste evento sen dúbida un dos cartaces máis curiosos de cantos se teñen realizado na hostória da LNB.




Unha história a da Liga nacional de Billarda que está intensamente relacionada e xunguida ós irmáns de siareiras galegas que iste sábado 29 no partido Galiza - Curdistam en Pontevedra terá un novo episodio cos activistas da LNB pondo en marcha o incendiario Aberto da Auténtica , impresionante unha vez máis a factura do video promocional do partido autoxestionado....Curdistam Sempre, adiante co Varal!!

quarta-feira, dezembro 19, 2012

A VISITA DO APALPADOR E O FUME DAS COLILLAS DE COMPOSTELA ALERTAN DO PERIGO INMINENTE DO VARADO-INDÍXENA!!



O poder indixena da LNB non se podería entender sen a forza e impulso que recibe por istas datas do único referente posíbel niste noso Natal Galego , O Apalapador estivo fai uns días entregando o espectacular galo da LNB a Marcos Chankli mais tivo tempo para facer unha visita á Set LNB de Tele-Varal  a pé de pista acompañado do seu escurridizo axudante e da súa traductora oficial ó vervo xido , un explosivo coctel cuxa mecha acende o espectacular estalo billardeiro de L-as Colillas de Compostela que poñen a primeira pedra para un novo e aterrador recopilatorio do República Billarda baixo o prisma do indixenismo que subxace da incendiaria letra do tema titulado "A Fume de Billarda" . Lobishomes e mulleres nas pistas da LNB aclamando a Romasanta Coroceiro Nacional , arrima os fuciños ás fiestras da liberdade , colle o palán , as brosas e as guitarras electricas para construír o teu alebrestrado e incendiario Varado Indíxena...Vacavou , Vacavou Chegou o Apalpador, Xido Luceiro Dangre!!  

XOSÉ REGUEIRO , O PALANADOR DE TROITAS BRAVAS, ASESTA UN BRUTAL VARADO VERBAL Á PROBLEMÁTICA DO LEITE NUNHA IMPACTANTE E LÚCIDA ENTREVISTA NO NOVAS DA GALIZA!!

















Branco , morno e do teto dunha vaca alimentada dun xeito natural na chaira luguesa , con isa lucidez e clarividencia fala Xosé Regueiro "experto bilhardeiro" como se apresenta no encabezado da espectacular entrevista que iste mes invade as follas do referencial xornal galego " Novas da Galiza " . Sen tapuxos e expondo alleo ós miserábeis intereses que ogocha todo o entremado do sector lácteo galego , o palanador de Troitas Bravas realiza un explosivo varado verbal dando unha leccion maxistral a todos ises dirixentes de medio pelo que botan balóns fóra , para nun máis ca lúcido análise sitúar á Galiza como o punto clave e central do problema e da solución non só no eido do sector lácteo senón extrapolado a todos os frontes . Un luxazo para a LNB compartir pista e loita con Regueiro , busca e procura no teu kioske ou donde sexa iste número de decembro do Novas e os sucesivos e deixa invadir os teus ollos e mente polo ar fresco do único medio independente galego..

















Un xornal cuxas páxinas ademàis xunto con Regueiro aparecen repletas de palanadores e palanadoras da LNB , deportistas todos eles implicad@s na primeira liña do activismo galego como acontece con María , a gran palanadora do EoNavia recentemente proclamada campioa do Abertinho da Matanza en Ribadeu que xunto co palanador da EkipA Bítere Raul acudiron á prisión Leonesa para o recebemento á portoas do activista galego José M. Sanches...Leite Galego Sempre, Adiante co Varal!!

terça-feira, dezembro 18, 2012

O FUTBOL NON BRITÁNICO E O HURLING GALAICO ATOPAN NA LNB UNS FIRMES ALIANDOS CARA Ó TRIUNFO E DIFUSIÓN DOS DEPORTES NON ALINEADOS!!
















Tremeu o chan da Estrada iste luns co primeiro enfrontamento de futbol gaélico entre os locais dos Irmandinhos contra a xa temida franquicia Compostelá da Suevia , o futbol non británico estourou iste ano na Galiza coa forza dun xabarín ferido e faino da man de moitos palanadores e palanadoras que combinan á perfección as patadas e puñetazos ó balón cos Varados nas pistas da LNB. Ise foi o caso de varios palanadores da Gentalha de Compostela que iste sábado cando se preparaban para desprazarse ó campo da Madalena á desputa do Aberto da Conf. Centro que ó final foi suspendido apreveitaron o suceso para preparar mais a fundo o espectacular partido contra os Irmandinhos ós que ó final remataron vencendo cómodamente e de xeito contundente...

A PORKA  , A LNB ESTERCA AS PISTAS DO HURLING GALAICO!!
















Mais non é o futbol gaélico o único desporto de esencia Irish no que os activistas LNB están aportando o seu puño , letra e esforzo para tentar recuperar e espallar coma a sarna nos colleos ..atención porque dende A Coruña coma epicentro hai sons de paláns para tentar dotar ó espectacular deporte da Porca dun soporte nacional standarizado para a súa practica en todo o país tomanado como referente absoluto as coordenadas de dinamismo e contemporanidade establecidas fai xa uns anos pola LNB- Atentos pois porque ó hurling estalle a nacer poderoso irmán galalico chamado A PorKa...Billarda sempre , adiante vestiarios compartidos no futbol gaélico e na PorKa Galaica!! / Contacto Porka >> angelinho_gz@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 17, 2012

MARCOS DOS REMOURELLE BULLS FAISE CO GALO DA LNB NO SEU 2º ABERTO CONSECUTIVO E OLLA XA CARA CHITALU COMA ÚNICA REFERENCIA PARA ESNAQUIZAR RECORDS DE VICTORIAS!!

















Paláns ergueitos no mítico Aberto do Galo de Ribadeo que congregou no pavillón do Porta da Auga a toda a tribo da Norleste reforzada pola presenza dos poderosos palanadores e palandoras de Gharabotos que troixeron loita e festa á pista de xogo presisidada polo Apalpador da LNB , as láminas de Golpiño e Pincha e polo gran exemplar de Galo autóctono galego ó que como raposos e raposas famentos tod@s desexaban botar o dente...


















Un Aberto do Galo que é sen dúbida un dos torneos con maior prestixio no universo LNB , un prestixio que otorga a temia e a continuidade de todos os palanadores e palanadoras que ano tras ano loitan contracorrente para que o Galo ó igual ca nós chegue puntual á súa cita , unha actutude que deixa pegada no subconsciente colectivo ó igual que a marca de distinción e repulsa que a cagada do Galo da LNB deixa no parket do pavillón ...

















E para combater o frío ademáis da reclusion en pavillóns as equipas da LNB reforzan o seu compromiso e visibilidade coa fabricacion de espectaculares equipacion de invenro , ás sudadeiras dos Gharabotos únense as chaquetas de Extension Billarda , a equipa de Meira que fixo unha explosiva e referencial accion o sábado unha horas antes do aberto realizando o primeiro Abertinho de Billarda nunha boda celebrada en Lugo...

















Espectacion e actitude carcelaria nos palanadores e palanadoras que agardan tensos a súa carreira mentras as billarda buscan o varal ó igual que os presos un canellón para a fuxida.

















Ambiente sensacional nunha tarde de vento e chuvia que por momentos amiazou con deixar sen luz o Pavillón comoaconteceu no medio días con máis de dúas horas sen electricidade en toda a vila de Ribadeu , mais para elo tamén viñan preparados varios palanadores como por exemplo o gran Markitos de Billardeiros Musicais que gardaba na maleta unha espectacular billarda de visión nocturna para en caso extremos como lle acontecera na final da Ponte de Outeiro golpexar no oscuridade coa visivilidade dun auténtico gato raxado..

















Unha final que non tivo lugar niste gran Aberto do Galo xa que Marcos o gran palanador dos Remourelle Bulls foi o único que rematou cunha espectacular cartilla de pleno nas 5 carreiras con 10 puntos , un palanador que confima abrazando o Galo nunha espectacular entrega de premios a mans do Apalpador da LNB o seu impresionate estado de forma conseguindo o seu segundo triunfo consecutivo e ollando con fame de búfalo o campo de herba de Castro Ribeiras de Lea conseguir o que sería o seu primeiro Hat Trick da história ...Marcos ó igual ca varios especialistas en Varados, en declaracións a micro pechado na pista de xogo , comentaron que en cuestion de records a batir a referencia non era nen os goles de Messi nen Cristiano senón que a súa única meta dende agora era rachar a marca o referencial futbilista de Zambiano Godfrey Chitalu - Espectacular final cunha mesa de degustacion de petiscos e viño servidos polos irmáns da Taberna de Lola de Remourlle en torno á cal xa se comezaron a establecer os parámentros da explosiva nova edicon do Aberto dos callos de Aninovo...Galos e Galiñas Sempre ,Adiante co Varal!!

sexta-feira, dezembro 14, 2012

PALÁNS ERGUEITOS O SÁBADO EN CASTROFEITO E O DOMINGO NO ABERTO DO GALO EN RIBADEU POLA LEXITIMIDADE ARTESANAL DOS IRMÁNS DE CERVEXA MENDUIÑA!!
















Nen sequera nista datas poderemos brindar en paz ...unha vez mais a xunta extende o seu xugo inquisidor a un dos máis firmes colaboradores da LNB , falamos dos irmáns de Cervexa Menduiña que ven con incredulidade como ao governo galego tenta anular a súa licencia de productores galegos artesáns por non se sabe que estranos motivos e sobre todo intereses das productoras cervexeiras industriais que ven neles e por estension an LNB un inimigo a aniquilar. Non o terán tan fácil Cervexas Menduiña fai as cousas ben e ten papeis e probas para acreditar a súa autenticidade como afirman no seu impactante berro no muro do seu facebook oficial e en caso de problemas teñen os paláns de toda a tribo LNB dispostos entrar en accion para executar a  xustiza cervexeiro-billardeira necesaia...



































Unha xornada na que as estornelas da Conf. Centro desafiarán unha vez máis o temporal anti-galego dende as diferentes instancias dun e doutro governo cun gran Aberto en Castrofeito na pista da Madalena , a cita será apertires das 16 h. . Atención porque será ño ar libre polo que todas as previsions son poucas , prégase puntualidade para aproveitar a luz solar e raiba necesaria en cada golpexo cara o Varal. Info e Inscripcion>> 654.232108


































E ó día seguinte a cita será a cuberto no pavillón Porta da Auga de Ribadeo donde se desputará unha nova edicion do xá míticpo Aberto do Galo da LNB , a entrega de premios correrá a cárgo do Apalpador que unha vez máis estará acompañanado á tribo do Norleste e que aproveitará ademáis para apresentar mundialmente a espectacular carta creada por RuÁn coa que os nenos e nenas do país poden dirixirse ó Carboeiro do Courel para pedir os seus agasooso artesanais , incluida a cervexa menduiña . E tamén distribuirá as láminas para colorear de " Golpiño e Pincha" e como guinda final haberá uns espectaculares petiscos animados coas poderosas gaitas dos gaiteir@s-billardeiros da LNB. Info e inscripcion>> 636.843377

quinta-feira, dezembro 13, 2012

SINTONIZA O TEU OUVIDO CO ESPECTACULAR ESTALO DA REFERENCIAL "RADIO SELE" SOBRE O DELIRIO DO LIRIO EN ASTURIES!!










A billarda e os seus paralelos internacionais é un deporte que pon alerta tódolos sentidos do corpo humán e para exemplificalo non hai mellor imaxe que ista espectacular foto extraida do Muro de Lola . a palanadora dos ExTension Billarda que nos alerta o senso do ouvido para capturar en toda a súa inetsidade o brutal estalo radiofónico realizado polos irmans de Radio Sele de Asturies....



Velaí os restos do incendio da Copa Cantábrica en Xixón que tivo a pé de pista a Daniel Vallina , unha das llingua fundamentais da Radiofusion Asturiana de seu , que pilotando o proxecto Radio Sele a contracorrente levan máis de dúas décadas instalados no dial coa mesma forza que a sidra bate no vaso de vidro. Media hora de histórico análise do poderoso universo Liriu dunha profundidade impactante que deixa a un pel de pitu calleya...Liriu Sempre, adiante Radio Sele!!

quarta-feira, dezembro 12, 2012

"CARABULLO-VISION" ELIXE O TEMA DE ZENZAR DO REPÚBLICA BILLARDA PARA GOLPEXAR OS TEUS OLLOS E OUVIDOS NA SÚA BRUTAL IRRUPCIÓN NA REDE!!



Se a  unha espectacular sucesión de imaxes capturadas dos máís poderosos estalos da máis rabiosa actualidade da LNB lle sumamos a explosiva Banda Sonora do tema que os referenciais Zënzar verqueron no República Billarda e se a iso lle engadimos que o tema foi escrito polo puño e letra do Deus do Indixenismo galaico e billardeiro chamado Tonho Randeeira que posibelmente esteña de volta nas pistas da LNB iste domingo na desputa do mitico Galo da LNB en Ribadeu , estamaos sen dúbida ante un dos mais impactantes e alebrestrados estalos billardeiros de cantos se teñen realizado asiando ademáis por unha dos paláns mais bravos do país enteiro que vestíu como nunca antes naide vestira a camiseta da Auténtica e deixou o pelexo na pista da Llaboral de Xixón por defender o Copo Cantábrica ate o último alento.



















Tes un ordenador , tes unha coleccion de fotos que gostas e te sintes en plenitude cando ollas o seu brilo . tes o República Billarda na estantería pedindoche brasa a berros , fai coma Isma e no esperes por naide , faino ti mesmo , o CARABULLO-VISION fai estourar a vía do punk billardeiro en toda a súa  vértixe nos nosos olo e orellas...

"GOLPIÑO E PINCHA" ASALTAN O UNIVERSO DAS ESTRELAS DA ANIMACIÓN INTERNACIONAL!!



















Non hai coscos sufientes no prado para que Pincha celebre o brutal impacto internacional que acadou a primeira da serie de láminas para colorear de "Golpiño e Pincha ", un éxito sen precedentes que fai que esteñan xa en marcha os Komandos G-P para a distribición nas portas de colexios e garderías das láminas creadas polo inxenio de Antón Romero ( RuAn ) que estarán tamén invadindo ó carón das billardas as pistas da Madalena en Castrofeito o sábado na Conf. Centro e o domingo no Porta da Auga en Ribadeo ó carón do xa mítico Galo da LNB e atención porque a estela da accion ilustrada está a ter calado que esixe xa o lanzamento das láminas en diferentes idiomas para que as crianças do mundo poidan tamén mergullarse no universo " Golpiño e Pincha" na lingua de cadanseu país de orixe... Billarda Sempre , Adiante co varal!!

segunda-feira, dezembro 10, 2012

RuÁn E A LNB LANZAN A 1º LÁMINA PARA COLOREAR DE "GOLPIÑO E PINCHA" .... A PUNTA DE LANZA DO ESPECTACULAR LIBRO BILLARDEIRO DE ILUSTRACIÓNS QUE AMBOS PREPARAN!!






















Refregade os ollos porque posibelmente estades ante unha das grandes accions de resposta e defensa da identidade nacional da história , co inxenio e a imaxinación coma única arma posíbel , RuAn , o gran ilustrador de Vilagarcía, dende fai tempo orbitando no poderoso entramado da LNB , ambos entes, aprovietando o asedio constitucional distes días , emprenden conxuntamente unha gran e alebrestarada aventura en común cuxa puta de lanza son as espectaculares Láminas para Colorear protagonizadas por "Golpiño e Pincha" , persoaxes que nacen para combater nas aulas , nas garderías e ludotecas do país as persoaxes das series foráneas que as nosas crianças asimilan coloreando. Mentras os Bolechas pasan os días xogando ó parchís sendo reféns do estado español ó igual co o xa desfasado Xabarín da galega, Golpiño e Pincha rachan as cadeas e collen o Palán e a Billarda para co deporte nacional coma referencia absoluta mergullárense en extraordinarias aventuras coas que os nenos e nenas do país verdadeiramente se identifican ademáis de seren os encargados de apresentar oficialmente o preparacion dun espectacular libro ilustrado de temática billardeira realizado por RuAn en estrieta colaboracion coa  LNB...

GOLPIÑO E PINCHA....IMPRIME , COLOREA E DISTRIBÚE!!!








Ë POR ELO QUE A MELLOR DEFENSA É UN BÓ ATAQUE , IMPRIME , COLOREA E DISTRIBÚE ENTRE OS AMIG@S E NOS CENTROS DE ENSINO QUE TEÑAS A MAN ISTA A AS SUCESIVAS LÁMINAS DE GOLPIÑO E PINCHA PARA QUE AS CRIANÇAS GALEGAS SAIBAN QUE OUTR@S PERSOAXES  E OUTROS MUNDOS SON POSÍBEIS FÓRA DAS DICTADURAS DO MERCADO E DOS MISERÁBEIS GOVERNOS. E NON TE CORTES , SE TES ALGUNHA IDEA PARA FUTURAS LÁMINAS DE GOLPIÑO E PINCHA PONTE EN CONTACTO E FAINOS SABER A TÚA TEIMA - RASCA E PICA?? NON!!... "GOLPIÑO E PINCHA" SEMPRE!!

domingo, dezembro 09, 2012

EUSKOLANDER DE HerriNorte-TXIRIKILA VENCE EN BILBO E OS GHARABOTOS ARRASAN EN VILALONGA NUN TENSO ABERTO PUNTUÁBEL NA CONF. RÍAS BAIXAS!!















Impresionate final de etapa para unha xorana de festa e loita billardeira que arrincaba na noite do mércores ribadense, na tarde do sábado desputábase en Vilalonga un Aberto puntuábel máis na Conferencia Rías Baixas que deixou a Luis de Gharaboto no más alto do podium franqueado polos seus comapñeiros de equipa Luis Gonzáles e Balea coma segundo e terceiro respectivamente , mais donde saltou a lebre foi na gran tension que vai increchendo chegando incluso a producirse conatos de agresion na pista de xogo, sería unha mágoa que isto se producira porque de seguro perderiamos tod@s a parte de que alguén puidera perder tamén os dentes polo camiño.


















E donde tamén case deixan os dentes foi fai uns anos a Ertzaintza no intento de desaloxo no 2008 do Gaztetxe Zapi Katu no Casco Vello de Bilbo ás portas do cal se celebrou o xa histórico e multitudinario Aberto Txirikila-Billarda organizazo por Herri Norte e Celtarras, as billardas da LNB e de TxirikilaBai asaltaron as kaleas da zona vella de Bilbo nista mañá de domingo para abvertirlle á pelotas de goma se voltan terannos enfronte . Pese ó bo xogo despregado polos palandores galegos a triunfo final foi para "Euskolander" o xogador Euskaldum de Herri Norte-Txirikila , a equipa que naceu ista mesma mañá de asedio billardeiro en Bilbo e que amiaza con invadir en breve San Manés e Balaidos...Billarda e Txirikila Sempre!!

sábado, dezembro 08, 2012

A ERTZAINA EN ALERTA MÁXIMA ANTE O "INCENDIARIO ABERTINHO DE TXIRIKILA-BILLARDA" NO CASCO VELLO DE BILBO NO PREVIO DO ATLETIC - CELTA DISTE DOMINGO EN SAN MAMÉS!!



































Cando arrincou iste maldita ponte moi poucos podían pensar que a febre dos Abertinhos que arrincaba no lusco e fusco de Ribadeu, continuaba na Alamenda de Ourense remataría ás portas mesma do estadio San Mamés de Bilbo . Será iste domingo na previa do Atletic-Celta cando ista nova conxuncion Txirikila-Billarda teña lugar , será a iso das 11:30 h .da mañá en pleno casco vello fronte ó Gaztetxe de Zapi Katu donde os irmmáns de Herri Norte a os Celtarras teñen a quedada para  mani previa ó partido. Licor Café e Patxarán correrán a regos niste nova xornade de festa e loita polo dereiro a competir oficialmente das seleccións bascas e galegas....Txirikila e Billarda Sempre, Nazio Bat , Selezio Bat!! / Contacto directo LNB-Bilbo >> 661.176442

sexta-feira, dezembro 07, 2012

O ABERTINHO DA MATANZA EN RIBADEU E O ANTI-CONSTITUCIONAL DE OURENSE ESPALLAN O LUME BILLARDEIRO EN ALIANZA COS IRMÁNS DO FUTBOL GAÉLICO E OS SIAREIR@S!!

















Cando Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández escribiron o referenciao libro "As Bioinvasións na Galiza" esqueceron nomear ó futbol británico , ikea e a coca-cola coma un dos máis perigosos inimigos da fauna natural galega, mais para combatilos existen axentes galegos autónomos e auténticos coma siareir@s galeg@s , a LNB e a galicola para respostarlles coma sós isas miserábeis multinacionais entenden...co coutelo de matar no pescozo e o palán ensanguentado despois da desputa do brutal Abertinho Nocturno da Matanzan!!



















Foi en Ribadeu donde se desputou iste apoloxía billardeira enxebrismo galaico que tiña como premio unha espectacular presada de Zorza de coche sacrificado tradicionalmente , mais só unha horas despois era na Alameda de Ourense quen saboraba as fillosas de sangue do mesmo cocho do anti-coloninalismo para celebrar un multitudinario Aberto contra a constitución nos actos de loita do 6D organizados na cidade das Burgas polos irmáns de Isca.


















Ribadeu primeiro e Ourense despois acolleron con sendas espectaculares palestras a apresentacion do apartido Gz-Crudistam autoxestionado por Siareiras Galegas que se celebrará o vindieiro 29 de decembro en Pontevedra. O futbol gaélico con varias representantes da equipa Suevia de Compostela e a Billarda con activistas da LNB foron os grandes concimentos diste gran coctel molotov desportivo que estourou na casa da Xuventude de Ribadeu


















Un dos puntos fortes da noite de festa e loiten en Ribadeu foi a apresentacion mundial do explosivo tema "A Fume de Billarda" dos Composteláns Colillas que será a punta de lanza do incendiario República Billarda...Impulso Varado!!


















Unha palestra a de Ribadeu que como guinda final tivo o seu culmen absoluto coa celebracion do Abertinho da Matanza en apoio á licenzas ceibes para matar na caso os porcos en réxime de autosuficienza alimentar sen ter que dar contas ó estado  por elo.


















A praza da casa da Xuventude , espazo no que se celebrou a palestra de Siareiras era un auténtico ferbedoiro donde @s asistentes ó acto colleron o palán e puxeron as billarda a bruar na noite na procura da xa mítica presada de zorza da LNB


















Os Abertinhos nocturnos están a ser , como se desmostrou nista xeira , un elemento de pulsión enorme á hora de sacar á rúa o conflicto billardeiro e facer partícipe delo a moita xente que doutro xeito sería practicamente imposíbel que se aferraran á loita coma un cravo ardendo.


















É o caso por exemplo de Queipo , o lider dos poténtísimos Enxebre , que de seguro estarán no segundo República Billarda "Impulso Varado ",  cuxo primeiro contacto coa billarda o realizou no Aberto do Festival do Masma en Celeiro de marinhaos , continuou no Abertinho dos Ultraqans no Minibar de Ribadeu e depois de estar no Abertinho da Queimada xa participou no mítico Aberto de Flores coma nova e flamante fichaxe dos Ekipa Bíteres.


















E despois dunhas durísimas séries de golpexos foi para María ,  palanadora de Boal ( EoNavia) e xogadora de futbol gaélico no Suevia de Compostela quen de xeito maxistras se fixo coa prezada presada de zorza de Ribadeu , polo dereito a competir e matar an casa!!- E atencion porque ista zorza e a forza dos Abertinhos nocturnos será de seguro un dos alicerces con que conte ista gran palanadora e as súas compañeiras que estiveron en Ribadeu para operar  dun xeito firme a reactivacion da mñitica equipa de bilharda de Gentalha do Pichel en Compostela.


















Impresionante a foto de familia anti.patrialcal diante da Biblioteca municipal ribadense c@s participantes niste xa mítico Abertinho que deixou semente de victoria en todos os seus participantes , un pódium que a un centos de km deixou  ó gran Xosé Miguel da Faisca no máis alto seguido do palanador auriense Veiras.



















Fin de festa en Ribadeu cos irmáns de Tumba e Dalle ribadeo do esceario do mítico Rockuncho , impresionante as verbas de apresentacion do concerto en nome de Siareir@s do palanador Queipo que enforvorizou ó público e lanzou unha mecha que atención igual estoura iste domingo en Bilbo nas inmediacions de San Mamés no previo do partido Atletic-Celta...Txirikila-Billarda Sempre!!

quinta-feira, dezembro 06, 2012

LOITA POLO TEU FUTURO...COLLE O PALÁN E Á ALAMEDA DE OURENSE Ó ABERTO DE ISCA CONTRA A CONSTITUCIÓN!!



















De Ribadeu a Ourense da man e do palán dos irmáns de Siareir@s Galegos que están a apresentar o explosivo partido autoxestionado do vindeiro 29 de Decembro en Pontevedra entre as seleccións de Gz e o Curdistán, desembarcan as indomábeis billardas da LNB nun gran Aberto contra a constitucion española hoxe xoves 6 D na Alameda  de Ourense no marco das xornada de festa e loita contra o xugo legal do estado organozada polos irmans de ISCA:

Dende de ISCA! animámosvos a participar na xornada que celebraremos contra a Constitución Espanhola en Ourense. Un acto onde reivindicamos os nosos deportes populares e seleccións galegas, nun momento onde o Partido Popular segue a escudarse na crise económica, paraugas baixo o cal cabe todo tipo de iniciativa política de ataque á nosa sociedade e aos nosos símbolos que nos recoñecen como nación.

Por iso organizamos o seguinte acto:

-Ás 16:00 Aberto de Billarda. Alameda de Ourense. / Contacto>> 627.780891

-Ás 18:30 Presentación do
partido Galiza-Kurdistán por Siareiras Galegas no C.S. Sem Um Cam.

-Ás 19:00 Charla-presentación das equipas de Futebol Gaélico no C.S. Sem Um Cam.

No caso de que chova temos solicitado e concecido un pavillón cuberto en Barrocáns para poder facer o Aberto da Billarda.

RIBADEU CO ABERTINHO DA MATANZA ACENDEU A MECHA DOS ACTOS NA GALIZA A CONTRA A CONSTITUCIÓN!!



















Un acto o de Ourense que tivo o seu gran previo na vila de Ribadeu dinde Siareiros e a LNB apresentaron tamén o partido do 29 D en Pontevedra cuxa guinda final foi un explosivo Abertinho Nocturno da Matanza na praza da Casa da Xuventude en honra do xogador e militante dos Carabullo de Muimenta Ismael , que o sábado pasado trocou a data da matanza na casa por participar coa Auténtica en Xixón na desputa da Copa Cantábrica Liriu#Billarda, atentos ás pantallas porque en brave estourarán as impactantes imaxes...Contra a constitucion ,pola oficiaclidade das selecicons galegas e polo dereiro a matar na casa, Billarda Sempre , Adiante co varal!!