O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 18, 2012

O FUTBOL NON BRITÁNICO E O HURLING GALAICO ATOPAN NA LNB UNS FIRMES ALIANDOS CARA Ó TRIUNFO E DIFUSIÓN DOS DEPORTES NON ALINEADOS!!
















Tremeu o chan da Estrada iste luns co primeiro enfrontamento de futbol gaélico entre os locais dos Irmandinhos contra a xa temida franquicia Compostelá da Suevia , o futbol non británico estourou iste ano na Galiza coa forza dun xabarín ferido e faino da man de moitos palanadores e palanadoras que combinan á perfección as patadas e puñetazos ó balón cos Varados nas pistas da LNB. Ise foi o caso de varios palanadores da Gentalha de Compostela que iste sábado cando se preparaban para desprazarse ó campo da Madalena á desputa do Aberto da Conf. Centro que ó final foi suspendido apreveitaron o suceso para preparar mais a fundo o espectacular partido contra os Irmandinhos ós que ó final remataron vencendo cómodamente e de xeito contundente...

A PORKA  , A LNB ESTERCA AS PISTAS DO HURLING GALAICO!!
















Mais non é o futbol gaélico o único desporto de esencia Irish no que os activistas LNB están aportando o seu puño , letra e esforzo para tentar recuperar e espallar coma a sarna nos colleos ..atención porque dende A Coruña coma epicentro hai sons de paláns para tentar dotar ó espectacular deporte da Porca dun soporte nacional standarizado para a súa practica en todo o país tomanado como referente absoluto as coordenadas de dinamismo e contemporanidade establecidas fai xa uns anos pola LNB- Atentos pois porque ó hurling estalle a nacer poderoso irmán galalico chamado A PorKa...Billarda sempre , adiante vestiarios compartidos no futbol gaélico e na PorKa Galaica!! / Contacto Porka >> angelinho_gz@hotmail.com