O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 31, 2008

NEN AS MURALLAS PUIDERON RESISTIR A GRAN INVASIÓN BILLARDEIRA DA CAPITAL LUGUESA !!



As murallas non puideron conter o tremendo empurre da LNB polo que ista fin de semana o exercito de palanadores e palanadoras guiados pola primeira franquicia luguesa da historia invadíu a explanada do pazo de congresos e feiras para realizar a primeira edición do I Aberto de billarda Cidade de Lugo . Moito ollo , porque iste torneo aínda qie os responsábeis do Foresgal anuncian a feira do monte , marco no que se celebrou iste aberto, vaise celebrar bianualmente , a LNB ten xa o firme convencemento de continuar celebrando anualmente do Cidade de Lugo e consolidalo coma o grande Aberto do Norte. As 16:30 arrivaba a guagua da LNB cargada cos aloitadores da mariña dispostos a defender o seu carácter de aínda invictos


Agardavan na pista xa dispostos e armados con paláns e billarda os locais Madia Leva , a franquicia luguesa pertencente ó centro socail do mesmo nome, adoecía por estrearse na pista fronte ás grandes estrelas diste deporte que racha moldes, ós galácticos da mariña sumáronse ós Serxio e compañía procedentes da tribu xaruta de Ordes , Conferencia Noroeste que aportou numerosa presenza niste multitudinario Aberto Lugués xa que a Anxo dos Taravelas contou tamén co apoio na pista de varias palanadoras da súa franquica , e Sak dos eléctricos electrónicos fixo saltar chispas nos numerosos siareiros enfervorizados que se deron cita na explanada do Pazo de Feiras


As series clasificatorias deron paso a membros das tres conferencias presentes , a Norleste , A NorOeste e a tan desexada e Conferencia do Medio , pero foi a primeira delas e a máis veterana, a NorLeste a que situou tres elementos na finalísima. Ismael , o Zidane da Bilharda, David , do Sporting Petapouco e Mónica das Fenecas bravas decidiron entre si para quen ía o Copo do aberto Cidade de Lugo



E cando un está en racha pouco se pode facer, David voltou a ser o implacable palanador que decide ó igual que fixo co lacón , as finais con Varados , polo que sentenciou o Aberto pola vía rápida e sen contemplacións de ningún tipo. A Maradona voltou dividir e marcar diferencias. Isto foi o sábado , o domingo a serpe multicor da Conf. NorLeste desprazouse ate Santalla de Vilausende para realizar o seu 7º asalto da liga regular, e no seu web oficial xa podedes ver como quedaron as táboas clasificatorias .
E moita atención polo Sur , porque os grelos e o lacón xunto co queixo e marmelo xa está listo para iste sábado realizar o espectacular e tan desexado I Aberto de Mos , primeiro test ofical na Conferencia Sur onde xa anunciaron a súa presencia o históricos Palanganas de Vigo con Aitor á fronte desexando baterse por fin en terra mae , e ti a qué carallo agardas? , apuntate xa lnb.sur@gmail.com e trae á túa equipa para desputar e quitar a fame na pista do Torroso de Mos co o queixo e o marmelo da Conferica Sur da LNB. A serpe multicor da LNB avanza imparábel por todo o país adiante!!

MADIA LEVA , PRESENTACIÓN MUNDIAL DA PRIMEIRA FRANQUICA LNB DE LUGO!!



MADIA- LEVA, os membros da primeiroa franquicia LNB na cidade de Lugo, pertencentes ó centro social libre do mesmo nome instalado na cidade das murallas, deixaron o seu alento de apoio no micro de TELE-VARAL para amosar o seu total compromiso coa revolución billardeira e aniamar ós demais centros sociais espallados polo pais a que se animen a formar unha franquicis LNB en cada centro.

FINAL DO I ABERTO CIDADE DE LUGO!!



TELE-VARAL ofréceche a final a tres entre tres xogadores da Conf. NorLeste, Ismael O zidane da Bilharda, Mónica e David. Pese á penumbra e ós incombintes técnicos , conecta para desfrutar dista apoteósica final na que de novo David levou o gato raxado ó Miño cun espectacular Varado.

ANÁLISE DA XORNADA : O GOLPE FALA E NAVEGA A PÉ DE PISTA!!



Espectacular documento, Juán Pico , o golpe a pelo invade á xungla de asfalto para falar e navegar a pé de pista cos grandes protagonistas diste I Aberto CIDADE DE LUGO , Anxo polo Oeste e David e Calvete polo leste falan co raposo niste inaudito análise billardeiro.

quinta-feira, março 27, 2008

I ABERTO DE BILLARDA CIDADE DE LUGO : A GRANDE HOMENAXE DA LNB ÓS MÁRTIRES DA BILLARDA DETIDOS NO 1915!!


Despois da incursión na Conferencia NorOestes da equipa do centro social coruñés da TREU , o I Aberto de Billarda CIDADE DE LUGO , serve para por en marcha a primeira equipa estábel na Cidade das Murallas, MADIA LEVA é o seu nome e conta xa con cinco palanadores formados no centro social lugués do mesmo nome da rúa Manuel Amor Meilam donde xa se distribúe material deportivo da LNB e a donde podedes acoder os lugueses tod@s para afiliarvos ó exercito regular de palandores indomábeis que revoluciona Galiza.
Con iste paso a LNB reafirma o seu total apoio e compromiso coa rede de centros sociais libres espallados por todo o país, e reforza isa gran teima da LNB para que nun futuro cada centro social dispoña do seu propio equipo e ABERTO BILLARDEIRO.
TELE-VARAL agarda traer as declaración exclusivas de Borja , o armadanzas dista histórica primeira franquicia na cidade das murallas dende a detención fai 92 anos de dous palanadores na rúa San Roque da cidade de Lugo .
Iste sábado os mártires da billarda serán recordados con golpexos de furia e resitencia!!

FOLLA DE RUTA PARA A FIND:

SÁBADO 29 : I ABERTO DE BILLARA CIDADE DE LUGO

14:30 SAÍA DA GAUAGUA DA LNB DA ESTACIÓN DE RIBADEO ÁS DESTINO Á CIDADE DA LUGO.

16:30H. : INICIO DO I ABERTO CIDADE DE LUGO NOS EXTERIORES DO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS

18 H: ENTREGA DO COPO Ó GAÑADOR DO TORNEO . COÑECE O SEU NOME EN TEMPO REAL NO VARALMORSE.
Para os que fiquen na cidade: 21:30h cea ecolóxica no centro social MADIA LEVA. reservas no 636.318092.

DOMINGO 30: 7º ASALTO CONF. NORLESTE

16:30 H. : INICIO DA ENGANCHADA NA PISTA POLIDEPORTIVA DE SANTALLA DE VILAUSENDE ( RIBADEO )

18 H. : INCIDENCIAS EN TEMPO REAL NO VARALMORSE.

terça-feira, março 25, 2008

BELISCOS LNB: PROXECTO IDENTIDADE > todo comezou nun campo de billarda!! [descarga o mp3]


Espectacular presentación no progama da Radio Galega O tren do Serán de Besbe do libro PROXECTO IDENTIDADE que moi pronto vas poder descargar na Regueifa Plataforma ou palpar mercandoo nas librarías do país. E como a reporteira de TELE-VARAL afirma , todo se xestou nun campo de billarda!!. RADIO-VARAL recolle o histórico documento no que Besbe apresenta ó mundo a sempre indomábel e perigosa fauna autóctona de bloggers da xungla de toxos dixitais.

segunda-feira, março 24, 2008

A LNB ELIXE LEITE DE CAMELA E BURRA GALEGA PARA AFRONTAR OS GRANDES RETOS NOS QUE ESTÁ INMERSA!!


A LNB en solidaridade cos productores de leite que asaltaron a central de Campolongo na Coruña e só está a inxerir leite de camela e de burra galega para afrontar os grandes retos nos que está inmersa. Espectacular táboa clasificatoria a desenrolada na Conferencia Noroeste donde o Xaruto Kiko cabalga en solitario na cabeza da xeral rumbo ás areas movedizas do play-off na Alameda Compostelá e que xunto cos seus ecuaces se manteñen firmes no liderato de franquicias . Mentras , comeza xa a desafiante conta atrás para iste sábado afrontar o I Aberto Cidade de Lugo nos exteriores do Pazo de Congresos e feiras da cidade das murallas e no cal podes anotarte akí , que será a antesala do domingo 30 desputar o 7º asalto na Conferencia Norleste. E no sur , podes anotarte dende xa no I Aberto de Mos , donde a conferencia prepara os visados billardeiros para a súa gran presentación oficial nunha de seguro explosiva Copa Salnés que enfrontará no cemento das Angustias da parroquia de Xil (Meaño) á Conferencia Sur Vs Combinado Norte. Leite de camela e burra galega coma único sustento posíbel para afrontar tanto desafío xunto!!

segunda-feira, março 17, 2008

HISTÓRICA FITA PARA APRESENTAR O I ABERTO DE MOS NA EMERXENTE CONF. SUR!!

Problemas coa cobertura dos dispositívos móbiles impediron a transmisión en tempo real dende a pista da Zapateira da Coruña ó VARALMORSE....2 NOVAS FRANQUICIAS RECÉN INSCRITAS E PALANADORES E ESPECTADORES D TODAS AS IDADES ANIMAN UNHA XORNADA Q SE PREVÉ HISTÓRICA. E se no NorOeste utilizaron o termo histórico para denominar o seu 5º asalto regular , histórico hai que utilizar tamén para a espeluznante curta en branco e preto coa que a Conferencia Sur inauguran a súa poderosa e impactante aportación ó TELE-VARAL para apresentar en exclusiva mundial o I Aberto de Mos, disposto xa para o 5 de Abril . Colle o palán e afía a pincha coma eles fan no video e únete á cada vez maior tribu-LNB das indomábeis terras do Sur. Avanti popolo , avanti LNB!!

quinta-feira, março 13, 2008

5º ASALTO NA CONF. NOROESTE E PRESENTACIÓN DO I ABERTO DE BILLARDA CIDADE DE LUGO!!

Despois da inmersión da LNB en CÁMARA ABIERTA voltan as billarda a invadir a terra , iste domingo 16 de marzo 5ª asalto da liga regular na Conferencia NorOeste a desputar na coruñesa Pista da Zapateria donde xa se anuncia a agardaba volta do All Stars 2007 Anxo que definitivamente se une á tribu-LNB co gran reto de capitanear unha nova franquicia dista Conferencia Nobel que medra minuto a minuto e segundo a segundo e que xa está estudando coa cegada do bó tempo a conversión nómada para desprazarse en vindeiros asaltos a pistas de concellos e parroquias fóra do amparo das euralitas da Zapateira. A túa parroquia ou concello pode ser o oasis de parada dista nova tribu nómanda billardeira, ponte en contacto:lnbnoroeste@gmail.com . Resultado do 5º asalto en tempo real no VARALMORSE.

E polo outro costado xa se pode confirmar a celebración do I Aberto de Billarda CIDADE DE LUGO , o día sábado 29 de marzo a LNB racha a muralla para adentrarse na cidade de Lugo armada con paláns para no aparcadoiro do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo celebrar iste Torneo de participación Aberta que vai deslumbrar a todos os visitantes da Foresgal que ise mesmo fin de semana se vai celebrar nas instalación do Pazo.
Reiteramos: PARTICIPACIÓN ABERTA E PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA TODOS OS PALANDORES E PALANADORAS QUE QUEIRAN DESAFIAR O PODER DAS MURALLAS XA ABERTO COORDINADO DENDE O WEB DA CONFERNCIA NORLESTE. / lnb.norleste@gmail.com / 699730313

terça-feira, março 11, 2008

IMPERDÍBLE VIDEO-ESTALO DA LNB EN CÁMARA ABIERTA 2.0 DA DÚAS DE TVE!!



Jorge de Lorenzo , Kournikova, Landis , Luis Enrique e a LNB, iste é o argumento da espectacular edición na que os palanadores e palanadoras da LNB se mediron ós mais grandes estrelas do deporte mundial na edición diste luns do referencial programa da dúas CÁMARA ABIERTA 2.0 .Dende quatar a Remourelle chega a revolución billardeira invadindo os televisores . E se queredes podes votar polo video-estalo billardeiro para que en españa se enteren da revolta que aqui se coce . Adiante tribu-LNB!!

segunda-feira, março 10, 2008

A LNB RACHA CO TSUNAMI BIPARTIDISTA E INVADE MADRID ISTA MADRUGADA!!


Sen pasar polas urnas , e sacando aínda as frebas dos dentes , a LNB racha co tsunami bipartidista para iste luns entrar no programa da dúas CÁMARA ABIERTA 2.0 e estrear no estado o video clip de Mafia Gallega –a billarda- xunto cunha explosiva reportaxe no que se explica como a revolución blogger foi unha das armas fundamentais para a explosiva recuperación do noso deporte. Unha vez máis LNB é pioneira xa que se trata do primerio web galego en aparecer niste referencial programa especializado en temática de creación na rede. Non te deites , colle o palán e chántate diante de tele!!

quarta-feira, março 05, 2008

TELE-VARAL: PARTIDO LESTE VS OESTE BILLARDA ALL STARS 2008!!



Loita de escumas do mar atlantico e cantábrico para dilucidar o campión do Billarda All Stars 2008, TELE-VARAL carréxache as imaxes exclusivas dende o campo de batalla da Zapateira ó teu computador bañadas coa música de Mafia Gallega , cuxo tema a Billarda instaurado xa como o himno oficial da LNB atronou o pavillón á saída á pista dos dous combinados , xusto hoxe , varios xornais galegos coma El Progreso de Lugo publican unha espectacular entrevista feita pola Axencia Galega de Noticias a Paco Gallego donde fala dos seus proxectos futuros e da súa total implicación coa revolución billardeira. COLLE O PALÁN E O MICRO E IMPLÍKATE TI TAMÉN!!

terça-feira, março 04, 2008

TELE-VARAL : CONCURSO DE MATES BILLARDA ALL STARS 2008!!



TELE-VARAL apresenta en exclusiva mundial a espectacular curta dos MATES DO BILLARDA ALL STARS 2008 , sobran as palabras porque a producción feita por Daniel Billardeiro non deixa lugar a dúbidas para calificar ista fita como auténtica obra mestra do xénero. Do parket americano ó aglomerado da pista da Zapateira , TELE-VARAL amósache sen tapuxos nen complexos a cara máis espectacular e vangardista do deporte que está a revolucionar toda a obsoleta estructura do deporte tradicional rachando moldes e machacando taboleiros.... pleno de 10 para os matadores , as xuices, para o equipo de TELE-VARAL e para toda a tribu que unida encina os dentes para defender a poderosa nación billarda!!

TELE-VARAL : CONCURSO DE VARADOS BILLARDA ALL STARS 2008!!



E dos Mates ós Varados , sen descanso posible TELE-VARAL presenta iste espectacular video-estalo para amosar ó mundo a tremenda espectacularidade do concurso de Varados , que demostran que Daniel Billardeiro , donde pon o ollo ademais de por a cámara , pon tamén a billarda. E proximamente nista sala.....o partido All Stars 2008!!

segunda-feira, março 03, 2008

O BILLARDA ALL STARS MARCA OS VIEIROS CARA O PLAY OFF COMPOSTELA 2008!!


Confirmación absoluta no Billarda All Stars 2008 da imparábel revolución billardeira impulsada polos palanores e palandoras da LNB que dende xa , contan co poderoso impulso do portal VIEIROS.COM para afrontan xuntos o gran reto de dinamizar de xeito total o deporte da billarda co horizonte posto como se pode ver no exclusivo video-estalo guindano no seu web, no gran Play Off 2008 que se vai desenrolar na alameda de Compostela o 25 de maio.

FAI BOCA PARA OS VIDEOS COMPLETOS CO EXPLOSIVO TRAILER DE MATES!!



TELE-VARAL adianta un explosivo trailer do All Stars 2008 dos tres video-estalos que imos estrear nistes días con todo o acontecido na pista da Zapateira. imperdíbel!!

BILLARDA ALL STARS 2008 , A VICTORIA DA TENACIDADE QUE INVADE AS LEIRAS!!



Combatendo as lagañas a tribu do leste cruzaba a xa mítica costa da Maradona para adentrase de xeito pleno en territorio dominado polas tibus xarutas , electrónicas , filloas de sangue... , é dicer para o gran reto de manter a invatibilidade nun All Stars que se prevía a cara de can entre dúas conferencias profesionais que manteñen liga regular.



Despois da parba en Guitiriz na guagua do leste remataron os risos e todo era concentración ante o gran choque que viña enriba, daviz Díaz a seleccionador do Leste collía o micro para dirixirse a unha tensa tripulación e dar os nomes dos elexidos para o choque e as tácticas de xogo. O aparcadoiro da Zapateira poboado de vehículos recibíu á Guagua e foi imposible non recordar aquel primeiro ALL Stars donde a Guaga reinaba en solitario entre o monte de asfalto.


A Pista da Zapateira fervía á chegada do expedición do Leste, todo estaba listo e despois de enfundar as camisolas e desenterrar os machados os combinados do leste e oeste formaron para escoitar o xa establecido coma himno oficial da LNB , dende Xenebra á Zapateira resoaba no Pavillón o tema A Billarda de Mafia Gallega, bágoas contidas nos ollos dos palanadores e palandoras con gorxas abertas de siareiros e xogadores que berraban Galizia paractica mentras apretaban os puños .


Arrinque espectacular do Oeste que deixaba ó combinado do Leste descolgado nos dous grupos en loita.

David movía fichas pero os peixes do leste semellaban afogarse no aglomerado vermello da pista da Zapateira, o revulsivo veu do poder feminino do Leste con Carmiña , Teresa e Geni que combateron a avalancha de xogo do oeste de Lamas, Leti, Fran , Lois e do internacional David Fontán , o oeste pese a desfondarse no outro grupo niste souperon manter perfectamente o tipo quedando en táboas.


Polo que o All Stars se tivo de desputar nun desempate a tres carreiras entre os Xermán, Edelmiro e Markitos polo leste fronte a Serxio, Fran e Lamas , de novo táboas tendo que desfacer o empate Lamas e Markitos no inferno da billarda máis longa, a tremenda tensión traizoou a Lamas que non puido levantar a billarda deixando non podendo impedir polo tanto que Markitos le dera o triunfo ó combinado leste que mantén así a súa imbatibilidade, ate cando será iso? A resposta no asfalto da Zapateira....



Pero non todo rematou ahí , comezaba no horario previsto o agardado concurso de varados donde moitos esperaban o dequite do Oeste.


Pero atensión acumulada polos palanadores Coruñeses traizoou a punteiría situando na final a David e Daniel ambos do leste que se desputaron un triunfo que finalmente foi para o Daniel , palandor dos Billadeiros Musicais que adicou iste triunfo ó seu compañeiro Chema que por motivos persoais non puido estar coa tribu .
E polas 2 e cuarto da tarde chegaba o intre máis agardado , Chegaba o concuros de mates do All Stars, Ginés e Juan Pico polo leste e Serxio e Sak polo Oeste fixeron espectaculares mates individuais que foron puntuados polo xurado por baixo das explosivas acción conxuntas de Hugo e Markitos polo leste e o mate entre tres Filloas de Sangue que fixeron tremer o pavillón da Zapateira , ó final triunfo dos representantes do Leste que marcaron realizaon algo equipárabel ó mítico mate de Spud Webb no 1986

Comida de fraternidade posterior e reunifición das dúas galizas enfrontadas na pista que se reconcian na mesa. Café , faria e chupiño para todos a amig@s que apoian ista competición e iste deporte tan de pota madre!!