O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 31, 2014

AMIAZA DE CICLOXÉNESE BILLARDEIRA NAS PISTAS DA MADALENA DO PINO E NA PRAZA DO CONVENTO DE MEIRA!!






















Iste sábado moi atent@s ós indicadores para chegar a tempo ó incio dos Abertos nas diferentes zoas quentes do universo billardeiro , pola área estornela a tribo da centro apartires das 16:30 h. collerá os paláns na mítica pista da Madalena para deputar unha nova enganchada puntubábel ...


e un chisco antes , ás 15:30 h. no espectacular marco da Praza do Convento de Meira a tribo do Norleste acudirá presta para loitar ate a morte polo lacón da LNB , un dos premios máis desexados e que mais prestixio outorgar ó vencedor ou vendora diste mítico aberto grand slam da conferencia mae coordiando pola referencial franquicia dos M de Meira  que terá que centrarse na pista e fóra dela para frear a fame etíope do resto dos activistas LNB que chegarán a vila chairega dispostos a facerse co espectacular lacón  da LNB...M de Meira, B de Billarda , L de Lacón e S de Sempre!!   

quarta-feira, janeiro 29, 2014

APOSTANDO POLA CRÍA CEIBE E O MARAVILLOSO RISCO DAS PISTAS A CEO ABERTO!!
















Unha espectacular crianza para acadar un espectacular producto polo que iste sábado a tribo da Norleste aloitará ate a extenuación no Aberto de lacón de Meira. O impactante cartaz do evento  xa está arrasando nas redes anti-sociais da LNB nel anunciase que o torneo se vai desenrolar no marco da Praza do Convento de Meira mais se chove desenrolarase no pavillon polideportivo da vila chairega. Unha aposta a da alternativa indoor que pese a estarmos plenamente mergullad@s niste noso cru inverno vermello a serpe multicor da conf. mae ista tempada aínda nunca utilizou sendo as opcion a ceo aberto as elexidas incluso en situaciós críticas. O risco é sen dúbida unhas das señas de identidade da LNB e por extension da conf. norleste que de seguro apurará ate o límite xogar na espectacular praza de pedra do convento unha opcion que está ser aplaudida por un feixazo de palanadores e palanadoras que segundo moitos alanistas de varias franquicis está a reflectir na propia clasificiación e que será e única que se contempla para o vindeiro e mítico Aberto da tarta de Mondoñedo xa que nise concello o concello dirixido por un suposto goberno nacionalista aplica taxas monetarias á utilizacion das instalacions deportivas municipais ....Varados contra o copago deportivo e esgarros á faciana dos seus executores!! 

segunda-feira, janeiro 27, 2014

TOMA , TOMA , TOMA!!

















Espectacular asalto do comando Sanés dos Gharabotos ó podium da NorOeste iste domingo no Aberto de Rodis , con Cristian coma punta de Lanza no máis alto do pódium o palanador e activista celtarra deixou fonda pegada nas terras cochikeiras como se pode extraer do chío do propio Coroceiro Nacional verquido no seu facebook persoal. Elegancia e contundencia , as sinais de identidade dun palanador que apunta xeitos de adestrador disposto a deixar pegada na redeseño táctico das franquias e da Auténtica - Billarda e ar do NorOeste Sempre!!

sábado, janeiro 25, 2014

GOLPIÑO E PINCHA EN CADA GOLPEXO ISTE DOMINGO EN RODÍS!!

















Golpiño e Pincha non o farían , adiantamos iste extremecedor documento dunha das páxinas dun libro infantil que está nas estanteirías das librarías e centros comercais do país no que de novo a billarda sáe aldraxada , na páxina adicada ós xogos supostamente tradicionais que realiza a tartaruga sáe ilustrado xogando ó guá e ó trompo mais nen rastro da billarda , tan só sáe nomeada de xeito descarado para aplacar o furacan billardeiro. Dende logo que isto no vai quedar así , en breve máis informacion sobre o libro , autor e ditorial para que sinten o alento do noso palán an súa caluga. Donde si estarán Golpiño e Pincha será iste domingo apartires das 11 h en Rodis ( Cerceda ) no pavillón da Silva para unha nova enganchada da indomábel Conferencia Noroeste..Billarda Sempre, Adiante con Golpiño e Pincha nas casas de todas as crinaças da Galiza!! 

quarta-feira, janeiro 22, 2014

" A HERO IN YOUR LIFE" MANUEL OUTEIRO ARRASA EN BUEU NO ABERTO DA TELLA!!
















Bueu tornouse nunha aleternativa perfecta para suplir o cerco de aramios de espiños situado Vilagarcía para impedir á invasion billardeira , e nada mellor para un palanador aborixe coam Manuel Outeiro para rivindicarse e reivindicar a brutal laboura da súa franquia Os Corredoiras que subir á máis alto do podium para lucir a espectacular escultura-trofeo ó carón de Noelia de Zume de Vimbia e Manolo Castro tamén de Corredoiras.



Un triunfo cuxa cara b da Banda Sonora da media-metraxe billardeira que ilustrou o Aberto da Tella non pode ter mellor sonoridade ca o ultimo temazo aínda en fase Beta saído da fábrica Granha&Eric , un xostregazo tecno-pop cantado en ingles asinado por Andrés Álvarez que o gran palanador e músico dos Outros Eric xunto co seu socio Granha producen e dan lustre no seu xa referencial estuo ribadense.. Pon un heroe na túa vida e adiante co Varal!!  

segunda-feira, janeiro 20, 2014

CONÉCTACTE Á ESPECTACULAR DELIKATENSSEN BILLARDEIRA DA CONF. RÍAS BAIXAS EN MARIN!!
















Sempre hai unha boa desculpa para que soen Os Resentidos , ise grupo vigués que sentou as bases do rock galego que por desgraza non soubo cerrar o circulo , son sen dúbida os máis grandes , unha referencia ineludíbel para enternder a cultura galega contemporánea que despois de que o seu lider se titara de cabeza ó pozo de purin da Sgae e incluso despois de  saír a patadas pola porta de atrás tivo forzas para seguir lixando o legado resentido riba dalguns escearios paseando o seu cadáver e o que é peor utilizando coma reclamo o nome daquela gloriosa banda dos 80-90s  ...



O mundo das amebas non sei ben o que é , cancions italianas que sempre din perqué , espectacular banda sonora para unha nova e creativa media-metraxe billardeira currada pola xente das Rías Baixas para ilustrar  unha multitudinaria xornada indoor desputada en Marin .Imperdíbel as impactantes descontextualicaions que transladan ós palanadores e palanadoras das Rías Baixas a zonas de conflicto e destrucccion...GALIZA BILLARDEIRA E MAHOMETANA , VIVA A SANTA CARALLA!!

sexta-feira, janeiro 17, 2014

EN CADA VARADO UN GAMONAL....ADIANTE O ESTOURIDO SOCIAL!!



















Diversos problesmas burocraticos alonxaron o 9º Aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas de Vilagarcía e obrigaron a unha solucion alternatia e de urxencia que veu unha vez máis da man dos sempre resolutivos e referenciais Gharabotos , será pois no IES Illa do Tambo de Marin donde apartires das 15:30 h. se abriran as inscripcións para a desputa diste novo gran aberto puntuábel nista gran vila sidreira galega.














Nas RiasBaixas elíxese Marin coma emprazamento alternativo e un comando Carabullo encabezado por Noelia elexíu un peirao de Holanda no canto do campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea para apresentar as espectaculares chaquetas de inverno LNB da poderosa equipa de Muimenta patrocinada por unha morea de bares e establecementos locais que aportan o seu gran de area para facer aínda máis grande ista noso Gamonal no que estamos inmersos. Nin Bulebar , Nen estado policial ... Billarda Sempre Adiante co estourido social!!

quarta-feira, janeiro 15, 2014

PIRUCHA ASINA EN PRO-OFICIALIDADE O SEU BRUTAL AUTO-RETRATO BILLARDEIRO!!






















Non é a primiera vez nen de seguro será a ultima que o excritor e artista multidisciplinar Luis Pirucha se ispe diante dun lenzo en branco , internacionalmente son coñecidos e admirados os seus impactantes autoretratos máis istes días no portal Pro-Ofialidade acaba de realizar un outro espectacular esfolamento da súa persoalidade sempre extrema coma palanador e acticvista da LNB. Absolutamente imperdíbel a súa vision diste noso universo billardeiro , un explosivo coctel de sensacions vitalistas e apocalipticas se misturan nun estalo que reflexa ás claras a vision dun dos indiscutíbeis referentes diste nosa deconstruccion desportiva dentro e fóra da pista.  























E conectando as terras do Salnes de donde é aborixe Luis Pirucha coas xélidas billardas da slovenia , ofrecémoslle ó gran palanador dos Gharabotos e tod@s os activistas da LNB , grazas á gran descoberta dos irmáns do Pandolo , o espectacular xogo interactivo made in Pakistan  co que poderás practicar isa disciplina dos Varados á que Pirucha lla ten xurada....Gilli Danda e Pandolo Sempre, Adiante co Varal!! 

terça-feira, janeiro 14, 2014

O TSUNAMI DAS ARTES PLÁSTICAS BILLARDEIRAS AZOUTA MARÍN COAS ESPECTACULARES ESCULTURAS-TROFEO DOS GHARABOTOS!!

















Para cando o mais internacional e sen dúbida máis transgresor dos nosos escultores dára ise paso ó fronte que o sitúe un peldaño por riba do resto dos artistas plasticos mundiais intervindo nun espazo rural ou urbano de Nova Iorque , Vigo ou Mogadiscio cunha obra de temática billardeira. O Nadador da Praza da Estrela de Vigo , a espectacular figura do astronauta de Valdemoro en Madrid ou as esculturas dos recolledores de chapapote do Prestige deberían ter nalgun recuncho do globo a escultura de mínimo 15 toneladas para homenaxear @s palanadores e palanadororas da LNB...

















Francisco Leiro, o escultor que de compaxinar a súa obra coa práctica da billarda xogaría na Conferencia Rías Baixas por ser el natural de Cambados , debería iste vindeiro sábado 18 dar un xiro radical na súa obra deixandose caer por Marin para ademais de asistir ó de seguro multitudinario Aberto puntuábel ver e tocar as espectacules obras de arte creadas pola máxia e creativiade brutal dos Gharabotos con destino as mans dos tres primeir@s clasificad@s...Museos nom , Bilharda sim!!

domingo, janeiro 12, 2014

JUÁN E REYES DOS BILLARDEIROS MUSICAIS IMPOÑEN A SÚA LEI NO ABERTO DA GALIÑA DE MOS DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA!!

















Ista fin de semana  o gran Batuxo da LNB saíu ó gran océano verde de Castro Ribeiras de Lea impulsado pola forza e empurre brutal dos case un cento de palanadores e palanadoras que se deron cita no campo de futbol da vila chairega para aloitar a morte polos espectaculares exemplares de galiñas de Mos.
















Unha tarde perfecta a diste sábado 11 de xaneiro para a práctica da billarda e das activiades palalelas coma a conversa en galego e vervo xido , ambas linguas oficiais nas pistas da LNB que apoiadas polos grolos de cervexa e pola xestion do Aberto en tres pistas impulsaron a nosa mente e a nosas billardas dun xeito tremendamente áxil e ameno.







Un torneo o de Castro unha vez máis maxistralmente coordiando pola equipa local do Cadaval que apoiados por unha espectacular equipa de árbitros nas tres pistas , pola inscripcion previa dos palanadores e palanadoras de cada equipa e polo cada vez maior respeito ós horarios establecidos nos carteis oficiais anunciadores dos Abertos fan que a máquina estexa cada vez engraixada na conferencia mae para afianzar a proposta billardeir a e ter firmes pilares á hora de afrontar posíbeis novos retos. 
















Ruxiron no lusco e fusco as rúas de Bilbo e as bancadas do campo de futbol de Castro nunha espectacular final entre os catro palanador@s que acadaran plenos  nas cinco carreiras para desembocar nun tsunami dos Billardeiros Musicais no máis alto do podium con Juan primeiro clasificado e Reyes segunda. que despois duns xa míticos intres de dúbida no pódium abrazou sen tapuxos a galiña de mos , deixando coa prumaxe nos beizon ó gran Gelin de Gharabotos no terceiro posto xa que a terceira galiña de Mos foi para David , o primeiro palanador clasificado da franquicia local de O Cadaval de Castro. Polo respecto das galiñas autóctonas e da billarda como deporte nacional.... #faitedaLNB porque sobran motivos para coller o palán!!

sexta-feira, janeiro 10, 2014

ISTE SÁBADO UNHA GALIÑA DE MOS AGARDA POR TI E POLO TEU PALÁN EN CASTRO RIBEIRAS DE LEA!!



















Din que xa non se rouban xornais, se contradices ista afirmacion e ista find. antes de tirar cara Castro visitas o teu Kioske máis cercano e te fas cun exmplar do SermosGaliza , nas súa páxinas poderás atopar afirmacions coma ista:  "Cada Aberto de Billarda é unha loita pola supervivencia dun deporte, dunha cultura e, sobre todo, dunha maneira de se relacionar. En cada recuncho do País, cada fin de semana, mulleres e homes alegres e combativos auto-organízanse de xeito alleo ao xugo institucional e federativo". E iso é o que vai acontecer iste sábado 11 de Xaneiro en Castro Ribeiras de Lea donde a tribo da Norleste  vai loitar fronte a un varal para ó final tentar abrazar un magnífico exemplar de Galiña de Mos...Para que se respecten as galiñas autóctonas e a Galiza coma pobo, #faitedaLNB!!

terça-feira, janeiro 07, 2014

NOVAS DA GALIZA DESTAPA EN EXCLUSIVA A AUTORÍA DA ILUSTRACION DO AGARDADÍSIMO ALMANAKE-LNB 2014!!

















As páxinas do Novas da Galiza xa incendian cada recuncho do país co anuncio do inminanete lanzamento do Almanake-LNB 2014 , posíbelmente o máis agardado de cantos se teñan lanzado ate o momento xa que será o gran palanador dos Bulls e artista multidisciplinar do EoNavia Muriego quen vai realizar unha espectacular ilustracion en exclusiva para o Almanake-LNB 2014. Un brutal paso ó fronte para toda a LNB da man do activista de Tapia que vai consolidar o Alamanake-LNB coma o selo imprescindíbel en cada lar billardeiro...

















Dálle as costas ós calendarios comerciais ou falsamente solidarios  e reserva o teu exemplar para orgaanizalas túas noites e días co Almanake-LNB 2014!!

sábado, janeiro 04, 2014

SÁBADO CACHIZA-MIX EN BUEU E DOMINGO DÓBEL ABERTO PUNTUÁBEL EN CERCEDA ...NA GALIZA BILLARDA , CANTOS E DANZAS DE REIS!!
















Coñecidos son e cada vez máis populares os cantos e danzas de reis que tradicionalmente pechan en moitos puntos do país istas festas de nadal , pois ben , ó igual que acontece cos Abertinhos de Aninovo ou a Lotaría da Galiza o nadal galego xa ten outro punto de inflexion que marcan accións tan potentes coma o que ista tarde de sábado apartires das 16 h . ten lugar no pavillón do Beluso de Bueu cunha espectacular Cachizada-Mix con billarda. xantar , baide e danza co que a referencial franquicia local dos Corredoiras alertan ós  reis magos da necesidade de agasallos billardeiros para as crianças galegas e leña, carbón , lostregos e tronos para os chourizos que nos gobernan.












E non será o único sitio Bueu donde os paláns sairán á rúa para amosarlle o camiño ós reis de oriente , xa que en Cerceda o mesmo domingo día 5 de xaneiro no que as cabalgatas lixan as nosas vilas , no pavillón do Piñeiro apartires das 11 h. a tribo da Noroeste celebrará dous abertos puntabeis simultáneos. E se ista vez os programadores das televisions públicas galega e asturiana non nos xogan unha mala pasada , iste sábado apartires das 15 h. no programa La Bolera da TPA especial íntegro sobre a Copa Cantábrica de Liriu-Billarda 2013 e o domingo na Galega apartires das 15:30 h. emisión do programa " de quen ves sendo?" adicado ós xogos tradicionais no que se emitirá un resumo do espectacular Aberto Bolivariano de billarda co que a LNB homenaxeu ó gran lider indíxena Hugo Chavez.- Billarda sempre, adiante coa danza dos paus da LNB!!  

sexta-feira, janeiro 03, 2014

3473 A GROSSA E LOTARÍA DA GALIZA INUNDAN DE BÁGOAS E LICOR CAFÉ OS OLLOS E A GORXA DOS AFORTUNAD@S!!


















Histórica celebracion a de Toni de Castro Caldelas ó ser o afortunado a quen lle sorríu a sorte na primeira edicion da Lotaría da Galiza , unha acción coordinada polos colectivos Carnelao , LNB e IndixenismoGZ  que tiña coma referente paralelo á Grossa , o primeiro sorteo independente catalá cuxas catro ultimas cifras do número premiado sinalaría o agracid@ por Lotaría da Galiza . Foron miles os boletos distribuidos en toda a galiza de xeito alternativo á mafia das "administracions" controladas polo estado, a Cesta do Apalpador ( lote de productos galegos ) camiñou cara Castro Caldelas , zoa quente billardeira e será no vindeiro Aberto da festa dos Fachos cando se entregue o brutal collage de sabores da terra a Toni posuidor do boleto 3473.  














Se na Galiza a Grossa troixo a ledicia en forma de máxicos grolos de licor café para celebrar a fortuna en Catalunya foron as bágoas as que bañaron o país do bélit emanados directamente dos ollos da posuidora do boleto premiado co seu fillo en brazos nunha clarísima mensaxe de condea á utlizacion e maltrato dos nenos e nenas de San Ildefonso por ise sorteo do 22 de decembro celebrado en Madrid.



















Lotaría da Galiza ó igual ca LNB supuxo unha entrada de ano diferente e liberada das costumes de occidente , locais coma alonxados da podredume capitalista dos corillóns foron os elexidos polas pandillas de palanadores e palanadoras que fixeron arder os seus telefonos esixindo á LNB a coordinacion unha vez máis dos xa míticos Abertinhos de Aninovo...ningun fin de ano máis sen Lotaría da Galiza e sen Abertino de Aninovo!!