O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, outubro 30, 2010

"A AUTÉNTICA DE FLORES" PECHA BOCAS CUN ESPECTACULAR XOGO CONTRA ASTURIES PARA RECUPERAR A COPA CANTÁBRICA!!


Foi sen dúbida un dos fitos históricos , a consolidación absoluta dunha proposta nada do povo e para o povo, fóra dos vellos e obsoletos estereotipos do movimento subvencionados pola miseria dos momentos A Autnetica de Flores chegou para estourar un novo ciclo de emocións só aptas para xentes cinxida e comprometida coa causa . A Auténtica de Flores demostrou que non hai sitio para as dúbias e demostrouno non coa palabra senón cos feitos, só estiveron os que quixeron perder un sábado para gañar uns poucos metros no camiño. Arrincou Flores a loita pola Copa Cantábrica cunha carreira de vencida e convencida , pechando bocas con golpexos gañadores (de catro carreiras 3 victorias e un empate) e conducindo co seu bruar a toda a Auténtica a un trinufo final que fixo retornar a Copa á Galiza. Asturies dende o inicio do combate en Piedras Blancas viuse sorprendida por ista nova Autentica de Flores que amosaba unha fame brutal en cada un dos seus movementos da que subxacía a idea que en realidade loitaba contra si mesma e contra "as pantasmas das faltadas que deixaba atrás" a base de tesón e poderío nunca antes sentido. 17-34 , un resultado a prol da Galiza que o único que demostrou é que A Auténtica quere e desexa o encontro con outras culturas billardeiras , o castru , a txirikila , a belit , o pandoro....ista Auténtica de Flores so busca irmandade de povos e culturas por riba da diversidade de formatos, atréveste? pois si te atreves aquí nos atoparás>>ovaral@hotmail.com


E como non podía ser doutro xeito A Auténtica de Flores , formada por un descomunal despregue internacionalista de palanadores Italianos, Brasileiros, Andaluces e Galaicos despois do xantar de irmandade e de desputar o clásico Abiertu Cantábrico na pista de Piedras Blancas compartindo espazo cos irmáns do gomeru e no que o palandor Italo-Galaico da Auténtica Franco se impuxo nunha final de infarto ó compañeiro Daniel , retornouse á Galiza ollando os baixos dos carros ante a amiaza de bomba que o machetador e skanciador Hevia verqueu á caravana de carros Galegos á hora de partir coa Copa Cantábrica para a casa, do Timo á Taberna Lola -Todo o partido foi transmitido por Tele_Varal Live que xa podes recuperar en toda a súa intensidade akí.... billarda sempre , adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 29, 2010

"A AUTÉNTICA DE FLORES" RACHA O XEO EN ASTURIES NA FIND DE SANTOS CON ABERTOS EN MACEDA, CHANTADA E NA BEZOUQUEIRA!!

Nunca antes unha convocatoria da Auténtica producira tal encontronazo coa caverma mediática que olla os Bois da chega escondido entre os ramallos dixitais , é por elo que a PxA ( Plataforma de Xestión da Auténtica ) reafírmase totalmente na elección de Flores coma seleccionador nacional galaico de billarda que antes de saltar ó campo xa lle deu un novo e fulminante brio a unha seleccion que tras a defensa a ultranxa nos foros ó seu seleccionador debece por entrar en combate para demostrar na pista que cada un dos Auténtic@s ten máis fame de títulos ca un gato raxado en pleno inverno nos montes galaicos. A aposta é simple, conseguirá A Auténtica de Flores acadar a Copa Cantábrica? , a resposta iste sábado dende ás 12 h no Pavillón de Piedras Blancas fronte a unha poderosa selecciona nacional asturiana posuidora do título e que se vai defenderse de seguro con uñas e dentes dos ataques ó castru da Auténtica [ ULTIMA HORA>> TELE_VARA Live informa que a Auténtica de Flores será a primeira seleccion nacional de billarda que se poida seguir ao vivo xa que un comando emisor se deprazará ate Asturies para viver e transmitir ó país e o mundo a loita dos gat@s raxad@s dista poderosa e polémica Auténtica e ó día seguinte se restransmitirá tamén a xornada Bezouqueira]


II ABERTO DO PIPOTAZO DE MACEDA!!



Un ano máis Maceda celebrarao seu Festival Magosto Alternativo organizado pola
Asociación Xuvenil O Pipote, este ano mudamos de nome e pasamos a nomealo Festival Magosto O Pipotazo.
O Festival celebrarase o vindeiro Sábado 30/10 e ademais do Festival teremos unha Variada Programación que vos resumimos a continuación:

PROGRAMACIÓN:

SABADO 30/10/2010 NO ENTORNO DO BOSQUE DO CASTELO // MACROCARPA XIGANTE

17:00 horas: 2ª Aberto de Billarda Festival O Pipotazo Maceda. ( Participación aberta a todos os que queiran) / Contacto e inscripción para o Aberto - Luis / 628405900

17:45 horas: 2ª Campeonato de Bolos Celtas de Soutipedre ( Participación aberta a todos os que queiran)
18:00 horas: Carreira de Sacos
18:30 horas: Carreira do Porco
20:00 horas: Inicio do Magosto Popular. Prezo do Menú 6€.
22:00 horas: Inicio do Festival coa Actuaci
ón de O Leo e Aremecaghona, Pito de Pikasso, Kastoma, Skacha, Trapallada e os Dj Gas e Dj Tenas.
Agradeceriamos a máxima difusión para esta iniciativa ao igual que na pasada Edición.
Podedes contactar con nos para todo o que necesitedes, estaremos encantados de atendervos.
Contacto: 628405900
- Asociación Xuvenil Cultural "O Pipote" -

Xornada na Conferencia Bezouqueira - 31 de outubro no pavillón do Cristo (Mugardos) -


A segunda xeira da liga de billa na comarca de Ferrolterra prevista para o vindeiro domingo 31 de outubro de 2010 desenvolverase en cuberto ante as previsións meteorolóxicas que ameazan choivas a fortes choivas. Xa di o neorrefrán: Val máis billar por enxoito que por mollado. O lugar escollido nas terras do Festifolk localízase na Rúa Cristo s/n de Mugardos. O pavillón do Cristo agardará a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.30 h.
Emoción da boa para seguir puntuando na liga nova!!
Atent@s ao blog e non esquenzades inscribirvos e participar!
Prégase puntualidade! / Contacto: 636.280513


III ABERTO DE BILLARDA O CASTAÑAZO
A LNB desembarca en Chantada!!



• Día: Domingo 31
• Hora:
Ás 16:30 h.
(antes dos xogos).
• Lugar:
No "Bravú Arena"
(Mercado Gandeiro)
• Inscrición:

Antes de comezar (no recinto)


Contacto: 692.613790











quarta-feira, outubro 27, 2010

A AUTÉNTICA DE FLORES MISIÓN : ISTE SÁBADO RECUPERAR A COPA CANTÁBRICA!!


SÁBADO 30 DE OUTUBRO -12 h-
Pavillón de Piedras Blancas ( Asturies )


Contacto: ovaral@hotmail.com / 619.570976

Saída : Sábado ás 9 h. quedada na estación de Buses de Ribadeo para tomar o café e a parva galaica coa que mergullarse xa de pleno na conquista da Copa Cantábrica-

9-15h : Distribución dos palanadores e palanadores da Auténtica na caravana de carros que irá dirixida polo coche no que vaia o seleccionador da Auténtica Flores para apartires das 12h. no pavillón de Piedras Blancas tratar de conquistar a Copa Cantábrica.

Durante o traxecto a caraxana da Auténtica establecerase unha parada para que o seleccionador da Auténtica Flores poida dar a ultima charla técnica e táctica ós palanadores e palanadoras galaicos antes de pisar o pavillón de Piedras Blancas.

-14:30 h. xantar de irmandade no Restaurante Casa Orosia de Las Bárzanas / prato: 15 euros

Despois do xantar realizarase o Abiertu do Llacón entre os palanadores e palanadoras de ambas seleccións mais tod@s aqueles que quieran animarse.



Os ánimos da Auténtica están a flor de pel para tentar recuperar a Copa Cantábrica que a istas horas ainda está en territorio asturiano, especialmente emocionate é o transpaso de camiseta que fixo a mítica Carmiña ó palanador do Bateras Jose Luis no pasado Aberto da Faba de Lourenzá que vai ter a dificilísima misión de xogar e intimidar coma Carmiña o fai en cada un dos seus golpexos, dende Euskal Herria , Ana a palanadora de Cospeito tamén se vai unir á Auténtica para vestir a camiseta da Galiza interiorizando así o gran poder que transmite a forza de Calvete, guía absoluta da Auténtica mais non van a ser os únicos elementos desestabilizadores dista selección que con Franco, Dani , Xosiño ...e demáis tribo galaica terán o reforzo da brisa de Al-Andalus que xa asinaron o pasaporte galaico no pasado Aberto do Musikeo en Ribadeo.....con Flores ó fronte A Auténtica a pola Cantábrica!!

Kosecki , Radchenko? NON, O TRAVESEIRO DESPATA A MÍTICA FOTO DE XAN RODIÑO APARECIDA NO DON BALÓN DOS ANOS 90!!


Empurrados pola forza da Auténtica Vermella, a selección sub-20 da República de Corea do Norte, gañaron o Campionato de Asia disputado na cidade chinesa de Zibo contra Australia por 3-2, algo que xa conqueriran en 1976 e hai só catro anos na India. A grande estrela da noite, o dorsal número 16, Jong Il-Gwan. Seguirémolo de perto. Istas son as arrebatadoras verbas verquidas no referecial web-blog do irmáns Traveseiro , que rescatou para ilustrar isa gran nova para o deporte galaico-chollima a mítica foto do Don Balón de Xan Rodiño. Imperdíbel o post no que o traveseiro analiza o peiteado, o xogo e a súa acción vital despois de ser un xogador de élite. Se o ano pasado a Auténtica foi desputar a Copa Cantábrica cunha foto xigande de Calvete iste ano xa se estuda realizar un mosaico de grandes dimensións coa foto de Don Balón de Xan Rodño para que guíe as nosas billardas ó castru despois de claro está facer unha paradiña en Cuideiru segundo informa tamén O Traveseiro para descargar a vixiga sobre La Roja, que ise é o nome do campo de futbol co que van denominar o novo campo de futbol dista proturaria vila asturiana. Don Balón é unha lousa que Xan leva irremediábel enriba mais que algún día en Gz Varados de seguro que logrará aclar diante dos millóns de espectadores que cada luns nos aferramos ás pantallas dos computadores coma as lapas ás rochas!!!

OS DIPLOMÁTICOS DE MONTELANTO , A LUZ Ó FINAL DO TUNEL NA MÍTICA CONFERENCIA NOROESTE!!

Imposíbel non emocionarse ó ver a bravura e a intensoidade dos míticos diplomáticos de Montealto voltar a fungar na Cruña 20 anos despois da primeira arrancada ó carón dos chimpos e os berros da enorme tribo da Conferencia NorOeste que moi pronto van por en marcha o seu brutal e particular subastado billardeiro....Non tires os callos!!!

terça-feira, outubro 26, 2010

O ESTREO DE "GALIZA EN VARADOS" REVOLUCIONA TOTALMENTE O PANORAMA DA COMUNICACIÓN EN GALEGO!!

A irrupcón do Gz en Varados do lusco e fusco de luns 25 convertíu isa noite en histórica, Tele_Varal Live convétese no primeiro medio en lingua galega que emite pola rede en tempo real mantendo ademásis das retransmisión de partidos unha grella fixa con Gz en Varados coma programa estrela e fito histórico. Ontes luns saltaron as alarmas en tele-5 xa que un estrano fenómeno audiovisual estaba a rachar as audieNcias do estrelo da miniserie Felipe y Leticia. De Novo a LNB acende outro mixto na faciana real e axeonlla á monarquía fronte a forza sobrenatural dos paláns e das billardas . Cun estreo impactante dende Gz en Varados abren as fiestras ás ideas e á música en directo que calquera lle poida ofrecer, ademáis dende a productora dirixida por ise producto de luxo chamado Jairo que move os fíos de area tras da imaxes de mármora da LNB , xa se traballa nun hipotético Gz en Varados DELUX coa presenza de estrelas do universo billardeiro internacional coma irmáns slovenos que despois de cada Aberto realizan o que xa se coñece coma o Pandolo Show , unha loucura que de seguro moi pronto poderemos ver en directo en Gz en Varaos...

PANDOLO-BILLARDA CUP!!

Como se informou en Gz en Varados con xornada ista find na Bezouqueira, con Abertos o sábado en Maceda e o domingo en Chantada para celebrar o Castañazo-Rock, coa universiade plagada de cartaces chamando a filas para a Conferencia USC e con Flores traballando a cen para iste sábado ás 12 h no Pavillón de Piedras Blancas recuperar a Copa Cantábrica só nos queda ollan con atencian istas aluciantes imaxes de como o montan os irmàns slovenos durante un Aberto de Billarda polo que os compoñentes da Auténtica que en Asturies non se corten de meterlle o bico á sidra aínda que só sexa para preparar o corpo para o embite brutal de cando a Auténtica despute en próximas datas a Pandolo-Billarda Cup nas poderosas terras bañadas polo Adriático piscina...

segunda-feira, outubro 25, 2010

LUNS ÁS 21 H , AO VIVO E EN DIRECTO EN TELE_VARAL LIVE: "GZ EN VARADOS" >> SINTONIZA CO SINAL!!

Ista noite en moi poucos fogares da Galiza se vai poder durmir despois que a máxia arrebatadora dos presentadores do explosivo espazo que Tele_Varal Live que se estrea iste lusco e fusco se cole nos vosos lares. Toda a ctualidade da LNB en tódalas súas conferencias , última hora sobre as polémicas declaracións que o seleccionador galego de Billarda Flores realizou na rolda de prensa posterior ó Aberto de Tordoia, as Becas Calvete e a conferencia USC , e por se non fora pouco o recebemento que a LNB quere outorgar ó Papae Bieito á súa chegada á estornópolis , cidade tamén coñecida coma Compostela e dende a que o equipo de Gz en Varados ista noite emitirá ao vivo e en rigurosísimo directo.....billarda sempre adiante Tele-varal Live!!

A BRAVURA EN CADA PORO , EN CADA MOVIMENTO E EN CADA ALENTO DA SERPE MULTICOR DA LNB!!


A Bravura agorta máis ca nunca impulsa cada paso da grande sepre multicor da LNB , dende o interior da Sala O Tunel da Coruña donde os espírito dos Diplomáticos voltou tomar forma palpábel moitos son os chanzos que a filosofía impulsada polos de Montealto toman forma en cada golpexo do palán contra a billarda, Bravura na posta en marcha brutal da conferencia NorOeste que xa activou tamén o seu feisbuk donde os Xarutos e toda a tropa da amosan a súa fame de billarda , Bravura na contraprogramación de TeleVaral live que desafiou a falsidade da retransmisión dos adestramentos de formula 1 coa emisión o domingo no serán dos adestramentos dos Bateas no que apresentan a espectacular Beca Calvete para palanadores nóveis, Bravura na expedición da Auténtica dirixida polo seleccionador Galego FLORES que iste sábado vai tirar cara o pavillón de Piedras Blancas tentar recuperar a Copa Cantábrica en mans da selección astur , bravura nos Abertos do Castanhazo ista find sábado en Maceda e domingo en Chantada, Bravura ista noite ás 21 h no explosivo estreo mundial en Tele_Varal Live do Gz en Varados.....bravura en fin, en cada alento e en cada golpexo do palán contra a billarda!!

domingo, outubro 24, 2010

FURADOS NEGROS E ALIENÍXENAS DOUTRAS CIVILIZACIÓNS BILLARDÍS DA LNB INVADEN A GALAXIA CENTRO!!


Os elementos aliáronse para evitar a primeira emisión ao vivo dun Aberto LNB , Tordoia era o lugar e a Centro era a Conferencia mais iste impedimento fixo que xurdira unha vez máis o xenio e o inxenio dos palanadores e palanadoras para que cun arrebatador movimento de cámara aparecera en escea a hipnótica e engaioladora voz e presenza de Bilharda Ramas Carvalho , a espectacular presentadora de Billardeiros Viaxeiros, un campion nacional de varados convertido en Panador-Biónico, naves voadoras aparcando a pé de pista da que se baixan seres extraordinarios coma a campiona nacional feminina, seres de Marte de Plutón que baixo a súa poboada barba esconden a súaauténtica identidade alieníxena-galaica e responden ó nome de Xosé Antón , corpos apreixados embutidos en teas futuristas coma o caso do Cosmonauta Flores mais o máis mosntruoso e aterrador de todo foi ver ós cosmonauta dos Bateas Xosé Rodiño descender da Estación Internacional Alfa sen a súa coñecida sudaseira amarella anti raios laser.....respira fondo , pon as gadas de 3D e sen benvido é universo monstruoso e desconcertante da LNB / VaradoExpress_ 4º posto: Marcos Remourelle Bulls - 3º: Xosé Rodiño Bateas - 2º: J.Luis Bateas - 1º: Daniel Billardeiros Musicais ( Final completa akí )

DESCONEXION VARALL 9000




Despois de arrasar na liga de billarda do norleste e gañar en Tordoia, Daniel quere desconecta-la maquinaria do varal e facerse el mesmo co control total da LNB para de ese xeito conquistar a galaxia billardil para logo dar o salto "o infinito e mais alá". Que teña coidado cos furacos negros e coa supernova bitere bateas .

sexta-feira, outubro 22, 2010

TELE_VARAL LIVE ESTREA A SÚA FASE BETA DE EMISIÓNS ISTE SÁBADO NO ABERTO DO QUENLLO NA PONTRAGA!!



Todo listo , a maquinaria e o engranaxe da Conferencia Centro disposta en enguilir as ducias de estornelas que iste sábado apartires das 16 h. no campo da escola da Pontraga se déan cita niste novo Aberto da LNB puntuábel para a clasificación regular da Conf. Centro . A cousa está que arde e o centro está desexando botar máis leña no lume abrasador que inmola o pais enteiro agora que a súa irmán de sangue a Conferencia Noroeste desenterra tamén os paláns de guerra. Sabemos que é moi posíbel que franquicias de outras conferencia se despracen ate a Pontraga para participar dista festa de plenitude estornélika mais se eres dos que non vas poder estar alí , non te preeocupes porque poderá seguir o descurrir da xornada ao vivo dende o teu lar , moita Atención porque como viñamos anunciando durante toda a semana Tele_Varal LIve prepara a primeira emisión ao vivo dun partido da LNB polo que ista tarde de sábado é tarde de Varados esteñas na Pontraga ou en calqueira outra parte do mundo, sintoniza coa sinal de Tele_varal Live e mergúllate no espectaculo total da LNB ao vivo, ista sábado tarde de sofá, pombiñas, pipas ,vermillos e Tele_Varal Live dende a Pontraga!!

quinta-feira, outubro 21, 2010

A PxA NOMEA A FLORES NOVO SELECCIONADOR DA AUTÉNTICA E XUNTO CON PINTO CHEGAN COA MISIÓN RECUPERAR O COPO CANTÁBRICO!!


Inmersos como estamos nun gran tobogán de novidades e estreos de acción extremas temos que facer forzosamente un añlto no camiño para reapitular. Falabamos a principios de semana do patrocinio de franquicias LNB e saudabamos a gran iniciatiba de Mobles Folgueira de Barreiros de patrocianar a fusión de Bíteres-Ekipa na Conferencia NorLeste. Aquí podemos ver a Flores apresentando a espectacular equipación. Tele-Varal Live arrincaba ontes á noite e prepárase intensamente para o vindeiro sábado emitir ao vivo e en fase Beta a segunda enganchada regular da Conferencia Centro na Pontraga . Mais aínda queda outra nova aterradora que dar sobre todo para o combinado do Liriu de Asturies, iste domingo en Acuto da RPA apreséntase oficalmente a nova edición da Copa Cantábrica polo que xa estamos en condición de apresentar oficialmente ó novo seleccionar nacional galaico que substituirá a Ginés Rodríguez á hora de dirixir os nosos destinos, a PxA ( Plataforma de xestion da Auténtica ) decide pois nomear a Flores dos Bíteres-Ekipa novo seleccionador nacional Galaico e a Pinto segundo adestrador , ambos forman un tamdem imponente , non é a primeira vez, nen será a ultima, que vexamos a Flores golpexando e o seu axudante Pinto traerlle a billarda entre os dentes , algo a todas luces impresionante que será unha arma coa que poderemos recupoerar o Copo Cantábrico. Se queres unirte á Auténtica a cita será iste vindeiro sábado 30 de outubro ás 12 h na pista de Piarnu ( Castrillón ) se fai bo ou Pavillón de Piedras Blancas de chove , con quedada de carros en ribadeo ás 9 h. da mañá >> ovaral@hotmail.com / 619.570976 . Programa: 12 h >> Asturies-Galiza ( modalidade castru ) / xantar e espicha de irmandade / 16:30 Abertu del Llacón ( modalidade castru )

quarta-feira, outubro 20, 2010

TELE_VARAL LIVE ARRINCOU ISTE MÉRCORES 20-10-10 CUNHA EXPLOSIVA ACCIÓN BRUTAL DENDE UN ZULO DE COMPOSTELA!!

tele_varal on livestream.com. Broadcast Live Free

Simultaneamente á actuación dos potentes O Verme Homicida no latri.caFest , o primeiro festival on line de grupos galegos, irrumpía de xeito totamente sorpresivo a histórica primeira emisión de Tele_Varal live , dende un zulo de Compostela e cunha audiencia salvaxemente entregada á acción comeza ista nova gran e arriscada aposta audiovisual da LNB que promete emocións ate o de agora nunca sentidas, na recámara xa novos programas e se ti queres emitir prepárate porque poderás facelo, ademáis das emisións de Abertos ao vivo entre tod@s unha grella de Tele-Varal live é tamén posíbel!!

HOXE 20-10 ÁS 20:10 H. NO VARAL PODES SEGUIR O 1º FESTIVAL GALEGO ON LINE DO LATRICA-FEST!!


A comoción absoluta que supuxo a irrupción da fase beta de Tele_Varal Live que prepara artiluxios e mecanismos para estrearse iste sábado no Aberto de Tordoia na Conf. Centro ten como referente absoluto a espectacular idea que ponen en marcha iste lusco e fusco os irmáns de lari.ca que dende as 20:10 estarán emitindo polo seu canle de TV ao vivo o primeiro festival on line de bandas galaicas, Cando caia sol iste mércores caerán tamén moitos xugos xinguidos á producción e difución da nosa cultura dun xeito autoxestionado , Latri.ca-LNB alianza pola difución en tempo real da nos poderosa cultura.....iste mércores no Varal imos de Festival!!

LATRICA FEST ON LINE!!


Remata o verán e rematan os numerosos festiváis que acontencen en Galicia
durante estesmeses, dende latri.ca pasounos pola cachola a idea de poder facer
o primeiro festival musical online con grupos galegosque durante un dia se
retransmitise a través da rede tanto para promocionar a cultura galega como
para poder dsifrutar de actuación en vivo dende a túa propia casa. Esquios,

COLGAR AS BOTAS E COLLER O PALÁN , J.M.R.G UNHA ESTRELA DO MÍTICO COMPOSTELA NA LNB!!

Posiblemente veñas da cama e tiveras algún pesadelo que aína a istas horas da mañá non che deixe respirar tranquilo, sorbe o café a aspira o fume do primeiro cigarro do día e pensa naqueles maravillosos anos nos que colecciconabas cromos, Mágico González vestido de amarelo no teu album e os adestradores do Cadiz despertándoo do seu profundo sono nos difentes hoteis da península para xogar os seus partidos, un sono e unha ilusión que un outro palanador fixo vibrar tamén á afección cando tamén se escorregaba pola banda, parecido razoábel?? quizais, mais non só no físico senón no vital da súa proposta para facer fibrar e ilusionar ós que comparten campo de xogo, ATENCIÓN , se te sintes suficientemente preparado para destapar iste documento, respira fondo e cliclea akí, A Mágico Gonzalez pódelo atopar nunha das rúas desfeitas do Salvador paseando a súa maxia mentras que ó gran defensa J.M.R.G o poderás atopar hoxe mesmo na xornada de inaugural da Conferencia USC da LNB no campo de futlbol de terra do Campus Sul de Compostela......

terça-feira, outubro 19, 2010

TELE_VARAL LIVE REVOLUCIONA A ESTÉTICA DA LNB E OS BATEA SON A SÚA PRIMEIRA FASHION VICTIM!!


A comisión técnica na LNB e en vistas ó monumental revolo que se está amontar e torno á equipación dos Bateas non pode quedar á marxe dos acontecementos e decide tomar cartas no asunto empurrado pola extraordinaria nova, ATENCIÓN :a do nacemento de Tele_Varal Live que levará os partidos da LNB ao vivo , si estades lendo ben , ao vivo ate os vosos fogares. Tele_Varal Live estuda iniciar a súa fase Beta iste mesmo sábado no Aberto puntuábel da Conferencia Centro na Pontragha polo que sintonizade xa os vosos receitores coa história porque xa nada será igual despois de que isto sexa posíbel. Ista emisión ao vivo de partidos da LNB empurra pois á comisión técnica da LNB a esixir que os Bateas nos partidos que desputan na Conferencia Sur utilicen a súa segunda equipación ou que xoguen sen camiseta a peito descuberto xa que é unha obviedade a posibel confusión que os milleiros de espectadores de Tele_Varal Live poden ter cos palanadores e palanadoras de ALMUINHA , unha franquicia a de Marín que dende a súa inmersión hai varias tempadas na LNB leva vestindo isa equipación azul con franxas brancas. Nen TDT nen ostias.....chega Tele-Varal Live , porque gracias ó mulá José Luis dos Bateas a revolución billardeira si vai ser televisada!!

A GRAN TROPA DA TRALLA DO NOROESTE BERRA >>>ARROUTADA E SUBVERSIÓN, BILLARDA E REVOLUCIÓN!!

Os Diplomáticos de Monte Alto celebrarán o seu vixésimo aniversario iste venres 22 de outubro inaugurando a nova sala O Túnel, nos baixos do Coliseum da Coruña. A banda, formada en 1990, foi e é pase a estar disolta o auténtico motor pasado de revolucións dise movimento que se deu en chamar “bravú”, unha filosofía que se reivindicaba cento por cento galaica e que marcou unha época na música e na creatividade toda nun país an chamas. O propio día 22, se o tempo o permite, partirá de Monte Alto cara á sala O Túnel A Ruta da Tralla. O punto de encontro é a rúa do Parque, ás 20.00 horas, e despois realizarase unha ruta en bus –liña 4– até Catro Camiños. De alí sairá a Treboada Coruñenta na que moitos dos palanadores e palanadoras da LNB formarán parte , a Coruña ferbe e a LNB está disposta a botar leña ó lume na cidade co espectacular arrinque da histórica Conferencia NorOeste que polo que a serpe multicolor da LNB sabe que non hai mellor forma de dar principio á liga do Noroeste que establecendo campamento nun barrio emblemático como o de Labañou antes de dirixirse cara outras comarcas próximas.A Coruña rabuña! Arroutada e subversión, billarda e revolución!
Señora, non quede na casa, c
olla a billarda e únase á tropa da tralla! . Dende o Noroeste ademáis nos apuntan que xa teñen un caledario perfilado e ademáis da actualización e posta en marcha da engranaxe dixital no seu web-blog oficicial e a reactivacion do seu espazo face lanzan os contactos para que calquera palanador ou palanadora da Cruña e redores que queira unirse á Tropa da Tralla Billardeira o faiga xa>> E-mail da Conferencia NorOeste: lnbnoroeste@gmail.com

Teléfonos de contacto:
- 679908773 (David Fontán)
- 658847377 (Roi Moris)



Ante tanta bravura necesitamos un composto de fabas para continuar cos anucios e a bravura >> o Domingo 17 outubro 2010. Na praza do Cantón de Lourenzá xogouse a 2ª xornada da LNB, conferencia Norleste, sendo de novo Daniel quen lle puxo o axóuxere o gato, dito de outro xeito, apañou as fabas.

Mais non é a única extremnecedoira nova de interconexion Billardeiro-Bravú xa que podemos confiormar a istas horas que o vindeiro domingo 31 de outubro realizarase o 3º Aberto do Castanhazo Rock de Chantada con previo de luxo o sábado no outro Castañazo que se celebra nas bravas e indomábeis leiras de Maceda , atentos porque as billardas andan bravas nunha find na que tamén as mesma madeira galaica tentará recuperar o sábado 30 de outubro en Asturies a Copa Cantábrica de Liriu#billarda en mans dos Asturianos. Mais non todo queda ahí hai indicios e fendas moi fiábeis que indican un posibel xacemento billardeiro nas terras de Pobra do Brollón e Monforte que moi pronto poronto poderemos picar para polo sul da provincia de Lugo atoparnos con poderosas civilizacións billardeiras...Arroutada e subversión , billarda revolución!!

segunda-feira, outubro 18, 2010

FUCO DE BeN-MILENIUM E DANIEL DOS BM , FAN TREMER PONTEAREAS E LOURENZÁ!!


VaradoExpress_

-O sábado 16 desputouse en Ponteareas o 3º Aberto puntuábel da conferencia Sur con máis dun cento de mamentos activistas a pé de pista entre siareir@s e participantes do que saíu vencedor Fuco , palanador dos Branco e Negro-Milenium que gañaron tamén coma franquicia. Espectacular e intensa xornada con rosquiñas , música, viño , imposíbel xa trnaladar e transmitir toda a paixón da billarda da conferencia sur , parafraeanado a Rafaela, semella que como elA cantaba para facer ben o amor e agora tamén para xogar á billarda hai que tirar cara ao Sul!!

- O Domingo en Lourenza as billardas da LNB fungaron de novo no Cantón dista Vila Luguesa no 3º Aberto Puntábel da Conferencia NorLeste, Daniel , a gran estrela dos Billardeiros Musicais derrotou a Gines dos Remourelle Bulls e a Hugo dos BM-Ribadeo kebab e fíxose co lote de auténticas Fabas Galaicas de Lourenzá coas que seguir alimentando as súas poderosas ansias de triunfo cun ollo xa posto por méritos propios na Area de Conxo para asaltar cos dentes afiados o título de campión absoluto nacional. Niste aberto produciuse a presentación mundial da equipación de Mobles Folgueira Bíteres-EkipA , franquicia que se ven unir ó primeiro gran patrocinio que foi a irrupción da Cafetería Milenium coma patrocinador dos Branco e Negro no hemisferio Sur, atención porque tanto Elvis coma David Díaz dous persoaxes míticos da LNB que de seguro que nas súas facetas de presidentes de Franquicia LNB deixarán a Laporta, Lopera ou Florentino en meros aprendices de xestores, a alta xestión galaica sen dúbida desembarca na LNB!!

Próxima estación >> Conferencia USC ( Universidade de Compostela ) mércores-20 out. >> 659.553543

Conferencia Centro / sábado 23 de outubro

VaradoExpress_ POR UNS MEDIOS E HORARIOS DE XANTAR PROPIOS!!


Rosquiñas en Ponteareas , Fabas Inter-galaicas en Lourenzá .... polo menos non pasar fame!! , isa é unha das múltiples consignas e petiscos verbais que aparecen niste video-estalo recén saído do forno de leña que coma Bob Esponxa teñen os BateAS no fondo do mar Atlántico donde en realidade habitan. E para que cada mañán de luns deixes de lado á liga bancaria , os irmáns de GalizaLibre en colaboración coa LNB poñen en marcha VaradoExpress, xa poides tomar a parva de touciño e augardente coñecendo os alucinante resultados dos abertos de cada find.....LNB pola parva ....por uns medios e horarios de xantar propios!! E atención ás actualizacións porque Rubén Otero converteuse en Ponteareas no novo plusmarquista galaico de lanzamento de longa distancia, aínda non se chegou ó tan desexado 69 pero cada vez está máis preto!!

quinta-feira, outubro 14, 2010

TI A PONTEAREAS, A FABA INTER-GALAICA A LOURENZÁ E MAGHUA A XENEBRA!!

Poderíanse elexir multitude de imaxes para ilustrar iste Aberto de Ponteareas mais nada máis potente ca o golpexo poderoso e concienzado de Santi , o palanador radicalmente nativo
estará no centro de tódalas olladas ó xogar defendendo a camiseta e o orgullo nacional dos Lideiras-Currichos coa forza e intensidade coa que disparaba contra a diana no set LNB disposto na Alameda o pasado día patria. Un set que recibíu a visita do palanador e activista galego Xurxo que é posíbel que se pase tamén por Ponteareas antes de á noitiña recibir a homenaxe popular de benvida no centro Social da Faisca de Vigo. A cita no campo de fútbol de Pardelhas , no caso que chova será no Pavillón das Monxas , con espectaculares malabaríasmo que incluirán o tento de batir o record galico de lanzamento a londa distancia. Contacto>> 647.190789


LOURENZÁ TREME>> A FABA INTER-GALAICA DA LNB AMIAZA Ó CONDE SANTO!!

E o domingo a moi poucos Km de donde as bestas bravas das San Lucas ollan dende o curro ós centos de visitantes que ista find invaden Mondoñedo , no Cantón de Lourenzá desputarase unha nova edición do Aberto da Faba , nunca antes unha billardas estivo tan preto da tumba do mítico Conde Santo, a lenda di que hai que meter un dedo polo furado da tumba , igual iste domingo o Conde por primeira vez olla como polo furado se lle meten as furiosas billardas da LNB. A cita iste domindo apartires das 16 h no cantón de Lourenzá>> Contacto: 619.570976

MAGHUA EN XENEBRA!!

Mais non son as de Pontareas e Lourenzá as únicas experiencias extrasensoriais que os paladores e palanadoras da LNB poderemos desfrutar , ista find a conferencia NorOeste arrinca o seu particular European Tour da man dos Palanadores de Pandereteiros de Maghua que se chantan nada máis nen nada menos que en Xenebra no II encontro europeo de folclore galego , unha find na que Mafia Galega exercerán de perfectos anfitrións para quentar motores cara á explosiva actuación no Liet Internacional do vindeiro 27 de novembro en Lorient que promete ser histórica, polo momento xa servíu para despertar ise gran referente absoluto do indixenismo billardeiro que con ista nova inaugura a súa andaina brutal no novo espazo Chuza que xa bota lume.....Randeeira sempre , adiante na Varal!!

terça-feira, outubro 12, 2010

RADIO-OCEÁNICA >> PROGRAMA ESPECIAL MAFIA-LNB NO LIET INTERNACIONAL 2010!!


Xa ruman os motores dos carros para ista find partir cara Ponteareas no Sul o vindeiro sábado e cara Lourenzá loitar polas fabas no hemisferio Norte o próximo domingo 17, Abertos puntuábeis no calendario que pode incluso que durante o percorrer dos días se lle sumen máis enganchadas para o palanador e palanadora da LNB calmar o seu terríbel mono billardeiro que segundo contan é moitísimo peor ca o de poltro. Motores rumbando e coa radio atope sintonizando co espectacular estalo emitido fai unhas semanas cando en RADIO-OCEÁNICA da RGM se fixo público o bombazo informativo do ano, que a Mafia-LNB representará á lingua galega no liet internacional 2010, descarga o podcast e cárgao no teu reproductor de mp3 para que a viaxe cara ó Varal se convirta na antesala brutal do asalto a Lourient...Billarda sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 11, 2010

LIET INTERNACIONAL 2010, BILLARDA SEMPRE!!


Impresionante, a conexión suizo-galaica da LNB dará un impresionante puñetazo na mesa o vindeiro 27 de novembro coa presenza de Mafia Galega e da LNB representando á lingua galega no referencial festival Liet Internacional, nengunha institución oficial respalada ista burtal proposta , nen falta que fai , a LNB, a lingua galega e os dentes de Pinto si van estar presentes. París xa agrada o almorzo fraticida das delegación siuizo-galaicas e Lorient a nosa expresión brutal, o concello de Lorient, nistes intres, xa podemos comunicar que estuda a proposta da LNB dun Aberto de Billarda que de seguro será histórico, ó cal palanadores e palanadoras dos Bateas xa anunciaron a súa presenza, e non contentos con elo xa estouran co primeiro video-estalo promo da chegada da Mafia-LNB ás terras de Lorient!!

domingo, outubro 10, 2010

RAIBA EN CADA GOLPEXO BEZOUQUEIRO E EN CADA TRABOADA DE CAN DA LNB!!



Cando a tribo da Conferencia bezouqueira elexíu o esquí coma animal de idenficación proprio non o facía por amor ó arte, chimpos sen rede son os que executan as dúcias de palanadores e palanadoras que xa inundan de billas as terras de Bezoucos , son Fran , David e Raul , os tres xovéns palanadores tan unha minúscula mostra do poder emerxente bezouqueiro que xa amiaza a consistencia de resultados das estrelas das conferencias máis curtidas, coma o comandante Sardinha avisa, o All Stars dista tempada matrcado en zona bezouqueira será un pulso inequívoco do gran nivel das estrelas das terras do Eume, unha delas Pablo xa coñecido internacionalemente despois diste explendoroso estalo de Tele-Varal coma O Puma fumador da LNB. Tamén podemos ver durante o video a presencia do gravadora dos irmáns de Radio Billa, ogallá poida ser nise medio e donde poidamos informar en breves datas do arrinque da Conf. NorOste que coma é norma colga os seus pés no porto da bahía para ver como arrincan o resto de conferencias para despois botarse eles a surcar o atlantico piscina nos seus batuxos Pangalaicos.


PINTO , ENSINADO OS DENTES NA PISTA DE XOGO!!


Quén dixo que non existen alternativas a un lecer ou adoecer institucionalizado? iso só o poder decir algún ser alleo á LNB, como sabedes os irmáns de Madia-Leva celebran iste martes en Lugo que non teñen nada que celebrar meténdolle o dente a unha fenomenal polbada no seu centro social , ós móbiles do Norleste iste domingo chegaba tamén un sms polo cal se realizaba na tarde de domingo un adestramente billardeiro en Ove ( Rbd ) coma alternativa real e positiva ás fastuosas festas do San Froilán. Incluso para os teus ollos tes alternativas xa que xa poder ver a espectacular galería de fotos do Aberto do Ferro de Riotorto donde PInto , o cadelo de Flores, lle arreou unha traboada á perna do gran palanador dos Remourelle Bulls Ginés. Despois de dirixirse ó centro médico o palanador recibíu iste desconcertante diagnóstico do doutor- Pode ir vostede tranquilo que o Cadelo de Flores ten as bacinas todas ó día se no canto del fora o seu tocaio da Faisca tería vostede que ser illado para ser tratado urxentemente de raiba, moquiño , brucelose e febre macuosa dos picos de europa....

sexta-feira, outubro 08, 2010

ORBAYU DE NORABOAS PARA O PREMIO DA CRÍTICA DE ASTURIES DE POESÍA!!

Non podía ser doutro xeito, despois da mítica presentación do poemario nun Aberto da LNB o machetador e poeta asturiano Carlos Suari ven de recibir o Premiu de la Crítica d’Asturies na modalidade de poesía en llingua asturiana polo seu gran libro Orbayu d’alfileres, editado por Suburbia Ediciones. Dende a LNB queremos felicitar a iste gran referente da literturra e do deporte de seu asturiano por iste recoñecemento que confirma o que moitos xa sabiamos dende que el mío cacho tírolu caera nas nosas mans, que estamos ante o gran poeta nacional asturiano sen dúbida algunha. E se queredes escoitar como soa o orbayu no recentemen publicado disco de ZIMMER103 , Exilio Interior, poderedes atopar o poema CIRCU de Suari musicado niste entolecido catálogo de malabarismos indixenistas.....noraboa Carlos e seguiremos caleyando en círculo!!




E ó contrario que o recén nomeado nobel de literatura, de seguro que de andar o premio nacional asturiano de poesía pola cidade das murallas non dubidaría nen un segundo iste dia 12 de outubro unirse á celebración xunto cos palanadores e palanadoras lugueses do Madial-Leva para fechar as festas da cidade e celebrar que o 12 de outubro non hai nada que celebrar cun xantar popular a base de polvo á feira, cachelos, pan e viño . (10 euros cumpre confirmar antes do dia 10). Hora 14h30.>> madialeva.gz@gmail.com

BILHARDAS PELO MUNDO >> DE LONDRES A NOVA IORK!!


Xa tendes á vosa disposición a espectacular fuxida cara á cidade dos Rañaceos da bilharda solidaria realizada do Santi de Salvaterra. Cando ista pincha foi construida xamais pensou que ía pasearse da man do gran palanador e crítico musical Sak facendo saltar todas as alarmar ante un posíbel ataque de billardas radioactivas na casa do tio Sam. O peor de todo foi frear á bilharda da LNB fronte os semáforos en vermello DO WALK -DON´T WALK!!


Mais foi Iolanda , a gran palanadora dos Lideiras- Curriolos que rendíu ó máximo a pasada find en Moaña , a que desestabilizou en primeira instancia ó mundo saxón introducindo as bilhardas no corazón mesmo do imperio británico , atención porque Bilhardas pelo Mundo continúa a súa imparábel andaina liveradora e de seguro que pronto vos dará novas e extremecedoras sorpresas.....deixa a colonia e pon unha bilharda da LNB sempre no teu neceser de viaxe!!

quinta-feira, outubro 07, 2010

"DOM DUFF" A FURIOSA CARICIA DA LIXA BRETOA COMPLETA A FINAL DO LIET INTERNACIONAL 2010!!

Mentras a delegación Galaico-Suiza da LNB ultima ensaios e preparativos para invadir de billardas e linguas galegas o esceario de Lorient donde Mafia Galega interpretará o seu temazo " Billarda Sempre " canción composta polo gran poeta Xabier Cordal . Recibimos a gran nova dende o referencial festival de linguas sen estado europeas do Liet que Dom Duff , o furioso cantautor bretón , será o representante disa lingua na finalísima do vindeiro 27 de novembro. Unha nova exitante coa que se completa o abano de 11 finalistas polo que poderemos desfrutar da forza diste Dominique A bretón , que , ogallá que axudado polas xestións que a LNB realizará cos grupos alí finalistas pronto poida pisar e ouvear en bretón os nosos esceario galaicos. Atención porque ademáis estanse realizando xestións para tentar realizar un Aberto en Lorient que sería a primeira pedra para consolidar a colaboración desportiva da LNB co Liet , se queres colaborar ou unirte á expedición da Mafia-LNB ó liet, ponte nen contacto >> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 06, 2010

I ABERTO DO SACHO IRMANDIÑO>> ÁS TRES CORRE A VEZ !!


Estás aínda en trance despois do terrorífico riff de brosa e coitelo co que Kubrickdiño che golpexou os fuciños co primeiro e histórico dobraxe billardeiro? , pois toma ar de defruta da toma irmandiña-billardeira do Castelo de Moeche recordando o asalto ás propiedades feudais da man Sacho e palán en man, dálle ó play e desfruta dos sachadas de Tele-Varal no I Aberto do Sacho!! cunha espectacular B.S.O de Montouto Sound Machine >> Reyes, a Raiña da nabiza faise tamén co Sacho Irmandiño o pé do Castelo de Moeche. No, si quen nace traballador...

terça-feira, outubro 05, 2010

O RESPLANDOR DA LNB.....CHEGA A PRIMEIRA E EXTREMECEDORA DOBRAXE BILLARDEIRA ÓS AUTOCINES GALAICOS!!


O resplandor é o título da mítica largometraje dirixida por Stanley Kubrick en 1980 baseada na exitosa novela de terror de Stephen King do mismo nombre. O seu título orixinal en inglés é The Shining e o título tulo co que Kubrickdiño titula a súa versión billardeiro-galaica é a de "O Resplandor da LNB". Pode que cando lle déas ó play a túa vida troque totalmente e nunca máis unha película a poidas voltar ver coas mesmas coordenadas. Se fai uns días flipabamos coa primeira intervención de video-animación-billardeira perpetrada polo Pateiro Nómade, hoxe non temos máis remedio que despoxarnos da coroza pola emoción que nos supón atoparnos con ista xoia en forma da nova acción perpetrada por un dos Bateas, chega a dobraxe billardeira ás pantallas na que podemos ver a Rubén Otero interpretado polo mesmísimo Jack Nicholson tentando convencer á súa compañeira para que o acompañe ó vindeiro Aberto de Ponteareas....nun intre no que varios palandores e palandoras nos preparabamos para ver "BURIED" despois de ver ista xoia esiximos dobraxe-billardeiro nos cines da Galiza para ver " O Palandor enterrado vivo " ......dobraxe billardeiro nos cines da Galiza xa!!

BOTADOS Ó MONTE, AGORA , PREPARAMOS OS BATUXOS PARA BOTARNOS Ó MAR!!


Recrudécese o tempo e recrudécese a nosa resposta , se flipache coas Treboadas do Lixo que arrincaron a súa andaina no Aberto de Moaña , se estás aínda repóndote a gran obra naiff do Pateiro Nómade que tinguíu de sangue as túas pantallas cun xa histórico Varado en video-animado. No Norte comezan as festas do San Froilán e como non podía ser doutro xeito enviamos as billardas da LNB paras tornarvos da gran mentira das casetas e do polvo engaiolado para facervos partícipes do espectacular programa Alternativo distas míticas festas na cidade das murallas donde a franquicia LNB dos Madia-Leva son pilar fundamental dista gran iniciativa. Treme a terra e o mar......de primeiras o cantábrico que ve como o vindeiro sábado 30 de outubro A Auténtica se dirixirá cara Asturies coa misión de recuperar o Copo Cantábrico en mans dos irmáns do Liriu, atención pouque a Auténtica perfila novo selección e director técnico para realizar ista xesta que non será a única bañada por augas salgadas, no mesmo mar embravecido as Txirikilas dos irmáns da Txirikila-Bai de Euskal-Herria e as Billardas xa teñan practicamente pechado a súa segunda acción no Aberto de Pasaia para o vindeiro 20 de novembro e atención porque o Mediterraneo xa pon as barbas a remollo porque os irmáns do Bélit xa déron o seu tan desexado ok á embaixada LNB nos paisos cataláns para unha explosiva acción conxunta en Barcelona que de seguro terá retrouso en terras galaicas.....LNB, A única alternativa á barbárie!!

segunda-feira, outubro 04, 2010

PRIMEIRA VIDEO-ANIMACIÓN BILLARDEIRA>> O MEU VARADO SANGUENTO!!


Cunha competición en marcha con xa incluso record galaico acadado no seu arrinque da conf. centro no Castiñeiriño , o lanzamento de longa distancia acada nova dimensión coa espectacular intervención audiovisual perpetrada pola palanadora e txirikilari natica de Cospeito, Ana coa forza das profondidades da Lagoa destapa dende o seu zulo en Donosti a primeira e espeluznante mostra video-animación billardeira , "O Meu Varado Sanguento" é xa un punto de inflexión na brutal proposta artística da LNB , desfruta da sangue diste Varado e non deixes que outro ou outra sexa quen realice o segundo estalo , sen ti quen faiga a primeira video-animación sobre palanadores e palanadoras zombis que se alimentan do sangue dos asasinados polos varados.....Machete?? Non....Brosado!!

sábado, outubro 02, 2010

MOAÑA>> CHIWI - CHUPI , CHUPI - CHIWI, STANLEY KUBRICKDIÑO E A BRUTAL PROPOSTA DAS TREBOADAS DO LIXO!!


Cando fai unhas tempadas en Tele.Varal arrincaba o gran proxecto titulado "A Carreira da Xornada" conducido polo mítico Juan Pico xunguindo nas embravecidas pistas do Norleste xa se intuía que algún día a súa poderosa semente ía voltar brotar nalgunha das lieras nos que o arado de vertedeira da LNB traballa intensamente, e que luxado que sexa o gran Xosé Rodiño na leira de Moaña donde un día e pola irrupción das cachisas da LNB un centro social chamado A GHUDALLA botaba a andar. Chiwi-Chupi , Chipi-Chiwi dúas estrelas do maxistral universo Sur fronte a fronte na finalísima de Moaña, atención á conducción frenética de Xosé Rodiño e ós comentarios aterradores de Mosés e Xan Rodiño. Dálle ó play e descubre o campión dista histórica final que amosou ás claras o que é a forza do furacán cachisa da LNB que case derruba o pavillón de Domaio!!


LNB >> AS TREBOADAS DO LIXO!!


Unha final e unha entrega de premios dunha intensidade e emoción exemplarizante e referencial para todas as conferencias na que ademáis dos campións e os comentarios de Gil , destaca a presenza da UNidade de Gaiteiros da Cachisa e a súa brutal sección percutiva formada por uns palanadores golpexando cos paláns os caldeiros do lixo , unha proposta que amiaza espallarse por tódalas pistas da LNB co nome de Treboadas do Lixo...... >> só podemos felicitar ó gran Stanley Kubrickdiño que da pista de xogo tira directamente ó seu estudo para golpexarvos a vista con ista frescura salvaxe , mesaxes ademáis para un palanador para unha semana na que se alviscan comunicados a feixes , Soamente unha conta pendente con Rubén Otero el xa sabe. Kubrickdiño lanza ademáis mensaxes para encarapuchados e encarapuchadas: Esta semana que ven a falta de abertos e de xornadas de liga fará sair unha oleada de curtametraxes que farán tremer o fetival de Cans.

sexta-feira, outubro 01, 2010

ALERTA CACHISA NO MORRAZO, MOAÑA É O SITIO E O SÁBADO EN DOMAIO É A CITA!!


A cita estrela dista nova find será na indomábel Conferencia Sur da LNB no II aberto da Cachisa de Moaña, organizado pola Asociación Cultural A Ghudalla, este 2 de outubro, será cando a partir das 16:00h empezarán a xirar as billardas no Morrazo. Por mor da previsión de tempo chuvioso verémonos obrigados a mudar o emprazamento inicial ao carón da praza de abastos pola pista cuberta do Pavillon de Domaio. Organizado polos irmáns de A Ghudalla, comezaremos con puntualidade á hora de sempre para armados cos paláns rachar coas cadeas establecidas coma a expresión A Guadalla siginifica no gran e poderoso universo Morrazo. Contacto>> 647.190789

PAULA VAZQUEZ BEZOUQUEIRA!!


E coa gran intensidade coa que a serpe multicor avanza por tódolos recunchos do planeta atopámonos con inesperados apoios de palanadoras que o foron pero que debecen por voltar a selo, co gran entramado internacional da LNB traballando sen descando por medio dun aviso chegado dende un zulo que a LNB posúe na capital do estado recibimos a nova que a coñecida presentadora Ferrolá Paula Vazquez mediante a súa intervención no programa "Mi vista preferida" declaraba que de nena practicaba habitualmente o desporto da billarda na súa vila natal xunto co seu irmán ó cal case lle saca un ollo , o documento niste link apartires do minuto 37. Nun intre no que Paula camiña cara a unha irremediábel mutación Michael Jacknesca é case unha obriga por parte da nova conferencia bezouqueira tentar frear iste proceso mediante a inmediata incursión de Paula coma palanadora ou coma presentadora da referencial emisora RADIO BILLA..... Fame REVOLUTION!!