O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 27, 2014

...OU SECAN AS FONTES OU RACHAN AS PONTES!!

















Desamoblando as cabezas para amoblarmos o futuro con mobles , paláns e billardas construidos a brosa con madeira pillada directemente do monte ...


















E se ise monte é o do Incio xusto ó carón da pista LNB donde se celebrou a segunda edición do Aberto do Terra Brava mellor que mellor porque segundo as espeluzantes crónicas , vendo que os portadores do material desportivo se retrasaban os bravos activistas do Incio botéronse ó monte con machadas para preparar os paláns e billardas cos que conquistar o futuro..



















E con noite pechada de novo sobre o esceario do Terra Barva escenificouse a explosiva entrega de premios , porque xa se sabe que en agosto e no Incio e coa billarda polo medio... ou secan as fontes ou rachan as pontes!! 

sexta-feira, agosto 22, 2014

ISTA FIND. BÓTATE E FAI A CARREIRIÑA DO CAN...DE ALLARIZ Ó ÍNCIO E DE SANXENXO A VILAXOÁN!!














Éste terminó. Agosto puede comenzar camino correcto temprano en la mañana, a las 9 de la noche. la mañana de este sábado activistas billardeiros Allariz han marcado el inicio de su legendario campeonato Billarda en el campo de la Barrera, que se activa como una referencia histórica y enmarcada en la gran fiesta de la empanada






















¿Qué pasa si Allariz por sentado puede aliviar el hambre en pasteles nativos con INCI como parte del festival Terra Brava también puede aliviar el hambre y la sed de música brutal de las tierras indígenas y más corto. El decano de Allariz con años feixado detrás de la segunda edición de la indómita y brava Abra el INCI pretende estercar billardeira semilla a través de la Patagonia Lugo ...

















Y para aquellos que no les gusta .... dos tazas en cuatro tazas de fuciños desde el LNB coordinados por activistas de las Rías Baixas Sábado antorchas od iluminar la alternativa colonial y domingos turismo Sanxenxo en el marco de la explosiva Festival Templar el más corto es el Bruar junto a las sardinas asadas legendarios en Vilaxoan. Istas son coordinar con que guió las polillas por la noche desde el facebook oficial Conf. Riasbaixas

23 de agosto a sábado Bites SANXENXO 17:30 hrs. (Al lado de la iglesia)
TAB FESTA LABREGA 2014

24 de agosto-Domingo Vilaxoán VILAGARCÍA 17:00 (puerto Vilaxoán)
REVENIDAS MESA 2014

ISTE SÁBADO TORNEO DE BILLARDA NA FESTA DA EMPANADA ALLARIZ , POSIBELMENTE O DECANO DOS ABERTOS NA GALIZA!!















La combinación explosiva en un campo siempre ha sido el símbolo inequívoco de la serpiente siempre peligroso de LNB multinúcleo otra manera de inyectar su veneno en Allariz Pero si surge la pregunta que era antes ... la ouvo o pollo, la ampanada o más corto?




















Fuera de duda, nada mejor que el sábado iste no acostarse o levantarse temprano para participar en, posiblemente, uno de los torneos Billard Decanos del país , Apartir, atención, 9 am celebra el mítico abierto bajo la espectacular fiesta de la empanada, a pesar de haber cerrado a mediados de semana el lugar de registro, si usted se acerca a la cancha con la barrera de Palana y más corto acreditar su militancia en LNB, mal van los hermanos billardeir @ s aborigen Allariz no permitirá a su mítico complemento parcipacion NIST ... más corta y pastel de siempre, la fuerza de un buey viene aplazando Allariz Billardeiro !!

sexta-feira, agosto 15, 2014

ISTE SÁBADO Ó CARÓN DA BILLARDA COLLE O DNI E TIRA PARA A REIBOA Á DESPUTA DO ABERTO DE POIO!!

















Foron centos os estalos recibidos interesándose activamente pola posibilidade inminente de competir na Galiza no primeiro campionato de lanzamento de dni español para tentar rachar os xa míticos 38 metros que marcan o actual record mundial acadados a pasada find. no localidade catalá irmá de Bescanó...
















Pois ben , iste sábado 16 de Agosto no campo de terra da Reiboa . ó carón da Gata Meirga. donde repousa durante todo o ano a espectacular Coroza da LNB , poderase arrebolar o dni español a modo de adestramento previo antes de iniciar cada carreira niste xa mítico Aberto de Verán na vila de Poio...

terça-feira, agosto 12, 2014

38 METROS , O NOVO RECORD MUNDIAL DO VARADO IDENTITARIO DE MARCEL PERIS EN BESCANÓ RESOA EN BEGONTE , CHANS E EN TODA A GALIZA BILLARDEIRA!!



















Foi iste pasado fin de semana no que o desporto catalá unha máis unha vez nos envía unha chamorosa sinal que pon en alerta vermella todos os nosos sentidos coma palanadores e palanadoras comprometidos cos nosos rasgos , caracteres e carnets reais de identidade . Na vila de Bescanó no marco das festas maiores diste localidade xerundense , celeboruse por primeira vez a competicion de lanzamento de DNIs que viña precedida de anteriroes competicions celebradas en   Tavèrnoles e la Garriga   polo que xa había marcas precedentes que sinalaban un primeiro record mundial da especialidade que o xa referencial atleta local Marcel Peris dinamitou co seu lanzamento de 38 metros que o catapultou coma novo record-man da especialidade. A espectacular imaxe que temos diante é dun participante no torneo de Bescanó e semella a figura dun palanador sen palán que incia unha carreira... será pois iste estalo quizais o inico da carreira tamén para que unha primeira competicion de lanzamento de DNI teña lugar tamén na Galiza???

























El aínda non o sabe pero o pasado sábado en Begonte iste rapaz ó igual que o resto de participantes no explosivo Aberto de Billarda do festival 27371 do Castiñeiro Milenario estiveron posicionándose para de seguro dentro de moi pouco arrebatarlle o record mundial de lanzamento de DNI español ó gran atleta catalá , unha misión que os referenciais activistas da LNB estiveron inxectando en todos os participantes no Aberto durante e despois da desputa do mesmo...















E ó día seguinte ó igual que os DNIs voaron nas terras irmáns de Bescanó as Cachizas da LNB tamén sobrevoaron a névoa de Chans na celebracion do xa clásico Aberto de verán que guiadas polos Corredoiras alumearon máis unha vez unha AlterNativa estival na vila de Bueu..

sexta-feira, agosto 08, 2014

ISTA FIND. O ÉBOLA BILLARDEIRO ATACA O SÁBADO BEGONTE E O DOMINGO EN CELA ( BUEU)






















Fai uns anos Begonte era coñecido internacionalmente polo seu nacemento articulado de nadal , a día de hoxe e despois da explosiva accion do ano pasado co histórico bautismo de sangue billardeiro as espectativas están polas nuves ante a de seguro salvaxe segunda edicion do Aberto de Billarda do Festival do Castiñeiro Milenario 27373 de Begonte..
















E se quedas con forza ó día seguinte en Chans poderás desfrutar dunha nova xornada de billarda ao sol do verán en Bueu coordiando polos referenciais Corredoiras no se campo minado de cachizas...ébola ?? non Cachiza!!!

quarta-feira, agosto 06, 2014

ABERTO DAS CATEDRAIS ..A LNB CONQUISTA UN NOVO ESPAZO HISTÓRICO CUN BRUTAL BILLARDAZO Á CORRUPCION!!


















A incredulidade se dibuxaba nas olladas dos milleiros de visitantes na Praia das Catedrais iste pasado martes de marea baixa , a espectacular xoia natural esculpida polos golpexos das olas recibía cos brazos abertos o bruar irmán das billardas da LNB que nun novo paso á fronte conquistaba un novo espazo histórico galego ...


















O Aberto das Catedrais se apresentou ó mundo como un novo desafío ás leis físicas e xurídicas ó igual que aconteceu naquel mítico día da Patria cando a LNB okupou sen permiso ningún a Praza do Obradoiro de Compostela.















A espectacular imaxe captada polo Drome da LNB que sobrevoou o espazo billardeiro durante a desputa do Aberto das Catedrais dá unha idea da magnitude da traxedia para todos aqueles que tentar por activa ou pasiva o brutal fungar



















O medo é un coitelo afiado , a vinganza unha billarda chantada na area da Catedrais... percorrer o camiño inverso procurando a orixe dende Alacant a Ribadeo coa forza do lacon , do polbo á prancha e un gin-tonic inxerido previamente no xantar de irmandade en cada golpexo , Jonas , o palanador descalzo dos paisos cataláns coa precisión propia dun político corrupto á hora de recoller os sobres non deu oportunidade ós seus rivais....


















Unha vez rematada o Aberto os palanadores acompañados de milleiros de siareiros e curiosos abandoaron a area para subir as escaleiras e no mirador da Praia das Catedrais realizar a espectacular entrega de premios coa que inmortalizar a histórica acción billardeira...














Un espectacular pódium no que Xermán da EkipA conquistou o 3º posto facéndose co chourizo pertencente ó Concello de Compostela , o aborixe das terras de San Xoan de Río Xosé Miguel da Faisca fíxose coa segunda praza levando o Chourizo pertencente ó Concello de Ourense e o Alacantino Jonás non puido ter mellor visita ás Catedrais xa que inmortalizou a súa achega cunha butifarra catalá pertence á Familia Pujol . Nas Catedrais só tres exemplos da podredume que azouta ás institucions públicas , en cada recuncho e esquina de poder un chourizo se agocha esperando a oportunidade de saquear as contas públicas .. porque ós políticos dálles igual as imputacions, contra o cancro da corrupcion adiante coas AMPUTACIONS!!

terça-feira, agosto 05, 2014

"PENA-VERDE" E "POLKA" SELAN NA CADEIRA E EN POL A SÚA PETICION DE ENTRADA COMA EQUIPAS OFICIAIS NA LNB!!




















Así se entra pola pola porta grande na LNB , esculpindo o nome a sangue e lume nun vaso de sidra polo que beben os indomábeis palanadores e palanadoras da nova equipa que dende o monte raso da Cadeira patrimonio de raposos , corvos , pegas e perdices lanzan a súa billarda embeleada pola carraxe para conquistar a universo billardeiro todo.














Coa capela do San Marcos ó fondo , coas as perdices e a figueira coma implacábeis trofeos e testigos mudos da traxedia para o inimigo , unha foto ó final de familia do Aberto na Cadeira inmortalizou a fazaña histórica que situou a Pena-Verde na  órgita colosal da Liga Nacional de Billarda

















Criadas en Sante , ó calor dos fornos que esculpen un dos mellores pans artesáns da Galiza , as perdices do Aberto da Cadeira foron as que dende o palco Vip da LNB análogo ó que deberían ter os estadios de futbol para acomodar ós políticos e banqueiros que asisten de balde ó partidos ... Perdices fóra da Gaiola , políticos e banqueiros á cadea!!

















Moi preto , en Viveiro , simultaneo ó Aberto das pedrices se celebraba o ResuretionFest , alí metaleiro de medio mundo se daban cita para escoitar a bandas coma NOFX ou Megadeth mais na Cadeira andaba tamén a cousa a fume de carozo , tanto que ate as brigadas contra incendios tiveron que facer aparicion alertado ola dimension e intensidade dos golpexos....





Pena-Verde , unha equipa da que comoa os lóstregos na noite emerxen  os golpes das súas poderosas palanadoras ....
















Un Aberto no que Peña , unha das estrelas de Pena-Verde e de seguro nun futuro moi próximo de toda a LNB , deu un puñetazo na terra batida da Cadeira para deixar na cuneta feridos de morte a dous veteráns activistas do palán como son Suso dos Bulls e Xermán da EkipA para deixar de marear as perdices e levalas coma campión absoluto diste xa histórico Aberto na Cadeira.
















E no medio da emoción compartida para celebrar o exitazo niste inicático Aberto das Perdices coordinado polos irmáns de Os Tres Pés como guinda do pastel a unha gran xornada , realizouse a primeira foto de Pena-Verde coma equipa oficial da LNB.

















Mais a brutal corrente de adresións increbantábeis á LNB non arrincou na Cadeira senón que o fixo unha semana antes no explosivo marco do Festival Pol Kultura Aberta donde se realizou o primimeiro Aberto de Billarda da história . Un Aberto coordiando por activistas de Ex-Tension Billarda e alguns membros de equipas chairegas da LNB que certifican que Polka tamén quere coller e oficializar a súa entrada na primeiro liña do fronte da LNB.




















Collaretes billardeiros de Polka participando no Aberto de Pol demostraron desexando dar o chimpo á grande liga e codearse coas estrelas diste desporto que arrinca chantos e invade leiras...


















E foi o mesmísimo Campión Nacional de Varados , Xosé Regueiro , quen estivo en Pol participando niste gran Aberto e apoiando co seu puño e letra dibuxada no ar polo trazo da súa billarda no seu camiño cara ó Varal , a oficialidade de Polka coma nova equipa LNB ....Billarda Sempre, Adiante Polka e Pena Verde na LNB xa!!

sexta-feira, agosto 01, 2014

ALTERNATIVA-LNB >> TI VAS Ó MONTE DA CADEIRA E EU VOU Ó MAR DE SAN XENXO!!



















Se de desporto falamos o único que pode abrazar en toda a súa plenitude e inmensdade a espectacular serra da Cadeira é a billarda e se de supervivencia falamos  a caza a pruma é unha necesidade básica para calquer palanador ou palanadora que neceite hidratos para seguir adiante na gran loita perpetua que á militancia na LNB . Iste sábado en Trabada istes poderosos elementos van combinarse de novo para apartires das 16 H desputar o I Aberto das Perdices na Cadeira coordinado polos irmans do colectivo cultural Os Tres Pés que xunto cos Ollomao de Barreiros amaizan con vestirse de camufraxe para afrontar coma nova equipa LNB os avatares da vindeira liga regular na Conf. NorLeste.

















E por se no canto do monte che apetece o mar apartires das 18 h tamén iste sábado na Praza do Mar de San Xenxo Aberto de Verán nos territorios ocupados das Rías Baixas..IMOS IMOS PORQUE AGORA COMEZA O BON!!