O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, fevereiro 29, 2012

NACE DIOIVO E FAINO SITUANDO A BILLARDA COMA PUNTA DE LANZA NA SECCIÓN DE DESPORTOS!!

Nunca non choveu que non chovera .. é por iso que xa está riba de nós o gran Dioivo tan maxistralmente enunciado por isa espectacular xeira de video-estalos nos que o trebón se anuaba ó carón dunha barra bebendo coñá  e con Pelegrín validado coma animal de compaña ...a istas alturas xa todos sabemos que cartos non hai nen un peso e con ista sequía enriba nen tan sequera auga nas fontes para saciar a enorme sede , é por eso que niste contexo de contrariedades non podemos máis que considerar o Dioivo que hoxe estoura coma un marabilloso oasis que se atreve xa de partida a situar un espazo para BILLARDA ó caron de outros deportes irmáns , adiante pois sen complexos porque a nosa oficialidade dánonala o Dioivo e non nengún papel lixado dun despacho da xunta...Dioivo sempre!!

29 DE FEBREIRO DE 2016 " II ABERTO BISESTO DE BILLARDA"!!






















Cal será a túa situación vital , emocional ou penal e cal será o horizonte social , económico ou político do noso pais cando dentro de catro anos se realice a segunda edición do explosivo Aberto Bisesto , baseándonos no espectacular busto africano que levará o gañador ou gañadora da primeira edición dista enganchada catro-anual  que se desputará hoxe mércores apartires das 18 h no campo de futbol da Samieira no concello de Poio , ogallá o futuro nos depare o mesmo status acadado polo pobo irmán de Sudán do Sul...TodoLNB, adiante co Varal!!

terça-feira, fevereiro 28, 2012

A REFERENCIAL "RADIO CÍRCULO DE MADRID" PREPARA O CURRO PARA UNHA SALVAXE RAPA DAS BESTAS SONORA CHAMADA REPÚBLICA BILLARDA!!

















Ensinando os dentes coma as bestas bravas nos montes galaikos así irrumpen os temíbeis garañóns da LNB na brutal xeira de accións intencionalistas apresentando o incendiario disco República Billarda , cos bafles das radios nos Paisos Cataláns estourando nas emisións da BCNatlántica como punta de lanza das diferenctes intervención que se artellan entorno á gran familia Bélit , cos micros da Zintzilik Irratia lanzando sons, letras e actitudes billardeiras a toda EuskalHerria dende o referencial Licor Café Espazo para o encontro, a todo isto e moito màis hai que sumar o brutal estourido histórico que se vai producir iste venres coa presentación oficial do República Billarda nun medio da metrópole española.



Radio-Varal ofréceche xa o adianto no que Sonia Frías fai no seu espectacular programa de raigame sonora chamado Entrelares de Radio Círculo de Madrid , unha emisora dunha calidade exquisita que poderiamos calificar de auténtica delicatessen sonora . Guiados pola forza e maxia do garañon da eletrónica galega chamado Paulo de Montouto Sound Machine a manda de bestas ciebas da LNB seguimos orgullosos e con fé cega o seu firme paso para iste venres desembocar por primeira vez nun marabilloso curro nunca antes imaxinado...abaixo os muros da vergoña!!

domingo, fevereiro 26, 2012

CARREIRAS , VARADOS E MÚSICA EN LINGUAS DE PAISES SEN ESTADO!!


Klip Redadeg 2012 from Ar Redadeg on Vimeo.
Paises pequenos grandes coraxes, medo pánico a un planeta bretón....isa é a coletiña coa que transformamos o mítico estalo de Reixa mergullado na referencial obra de Negu Gorriak para apoiar con todas as nosas forzas dende iste recuncho do universo, a terceira edición do AR REDADEG , a corrida popular a prol da lingua bretóa que no mes de maio percorrerá máis de 1500 km conveténdose na máis longa de todas cantas se teñen realizado , mais outra puntazo do asunto é a elección da B.S.O xa que se trata do irmán de bretón de Mafia Galega e por extensión da LNB, falamos de Dom Duff  , o poderoso cantautor eléctrico co que compatirmos espazo e emocións na pasada edición bretoa do Liet Internacional pon  a súa voz , alento e compromiso coa lingua mae para con ista fenomenal causa , coma os palanadores e palanadoras da LNB , Dom Duff e a súa fantántastica banda ilustran coa súa música niste fenomeal video-estalo de promocion do Ar Redadeg_2012 o poderoso coctel bretón de sons , letras e actitudes. E como sabedes no país xa temos en marcha tamén os preparativos para o correlingüa 2012 , donde xa  está aberto o prazo de recepción de canción e donde xa están mergullados no proxecto do cantalingua  varios grupos do Republica Billarda- Pode ser un bo momento iste para ollando cara o Ar Redader ou a Korrika en Euskal herria  irmos pensando en dar un par de paso ó fronte pillando unha billarda , por unhas zapatillas de deportes e patear dunha puta vez o país enteiro pasándonos e estornela duns a outr@s .... pola terra , ensinado os dentes e coa lingua de fóra!!.
















E naturalmente o  eo-navia sería unha fenomal etapa dista carreira máis cando iste mesmo sábado activistas da LNB acompañados por membros do CNL estiveron na Laboral de Xixón apoiando a actuación dos irmáns de BACOTEXO , para que conseguiran o pasaporte como representantes da lingua asturiana na gran final do Liet International que se todo marcha como se agarda o vindeiro 1 de Decembro se celebrará niste espectacular emprazamento xixonés e para o que agardamos que para isa data o evento teña unha acollida de público maior que do sábado na celebración da gala do Premiu al Meyor Cantar xa que como dixo o cantante de Skama la Rede dende o esceario , a escasa asistencia de público constata o contraste evidente entre o compromiso lingüistico e a laboura institucional dun governo o actual asturiano que coma o galego son de fachada e cartón pedra ..adio al presidente de la mío comunidá remataron cantando os Skama para pechar o seu mini-concerto na Laboral , un berro que moitos facemos extensivo ó presidente diste noso deserto galaiko.Mais en Xixón parello ó meyor Cantar celebrábase o encontro anual de socios do Liet Internacional polo que tivemos a sorte de poder compartir impresións con delegados de varias áreas lingüisticas  Europeas e transladar o República Billarda ó director de Liet International Onno Falkena e ós delegados Bascos entre os que se atopaban membros da EITB e da Donostia Capital Cultural Europea 2016 que nos adiantaron que moi posíblemente ía ser nise ano a gran final do Liet International nisa fantástica cidade basca . Cal será o estatus político de Euskal Herria a isas alturas da película? como comentabamos con Juan Luis Aramburu da Euskal Kantuzaleen Elkartea , o horizonte para ise país irmán non pode estar máis soleado ó contrario que os terríbeis nuvarróns que cubren as nosas testas e que amizan Dioivo de auga fervendo coa que escalgar as nosa costas. Asturiana Mining Company foron os gañadores do Meyor Cantar e representrán pois a lingua asturiana na gran final do Liet nun partido de sons que xogarán na casa  , mistura de tonada e jazz foron tamén os que máis moveron e entusiasmaron ó público asistente, o curioso é que o músico do grupo que recolleu o premio, nen falaba asturiano nen era dalí ....polo acento en perfecto español deberia ser das illas británica polo que para pechar estalo hai que voltar a citar ó cantante dos Resentidos na súa aventura de Nacion Reixa...contradiccións macabras , coma a de Hitler era vexetariano.

sexta-feira, fevereiro 24, 2012

DÉRONLLE AQUÍ MORCILLAS A VIDAL? / - AQUÍ NON.. / - POIS ADIANTE CO VARAL!!























Hoxe 24-F  impulsado pola AELG celébrase por todo o país o día de Rosalía , unha festividade que invadirá toda a find e que debnría de invadior toda a nosa existencias, unha mágoa que a Asociación de Escritores en Lingua Galega non perciba posíbeis horizontes màis alá e utilixe o catro por catro de Manuel Antonio para Transmutar e ser quen de inxertar nista festival de intervención billardeira parellas ós actos literairos . Non é casualidade que a LNB utilizara no seu Billarda Sempre o recorte de Rosalía extraído do explosivo estalo de Cantares Gallegos , no que Vidal se vinga da miserábel actitude dos veciños cun Varal cargado de morcillas ofrecendoo a todo aquel que a él lle prestara axuda , se estremecedora é a leitura non menos impactante foi o espectacular comenterio sobre o tema do fenomenal palanador dos Remourelle Bulls Muriego que nun xantar histórico na casa de Lola nos agasallou con un fenomenal análise do estalo Rosaliano. Un día o 14 F que pasará tamén á história billardeira xa que é o día no que se pon en marcha oficial mente a primeira xeira regular nun centro de ensino galego, será iste venres entre as 14-15 h cando en Ribadeo bote a andar Semente Billardeira , unha demostración que mediante a autoxestion tamén é posíble polo que o camiño debe ser cada palanador e palanadora tente infuír en cada ambito da súa existancia , un exemplo diso é a fantástica xeira de acción que está a perpetrar o ilustrador e palanador de Vilagarcía Antón que actúando baixo as coordenadas do colectivo RuAn realizou o impactante deseño polo que case houbo paús na presentación no Culturgal para facerse cos posters e que agora apresenta nun explosivo concuso internacional de deseño de camisolas , toda a LNB apoia a súa acción e pase o que pase,  xa se estuda a posibilidade de autoxestionar unha tirada de camisetas para lucir xa na se seguro explosiva Primavera Galega. 


Unha primaveira galega que terá coma punta de lanza o Billarda All Stars do vindeiro 11 de Marzo en Cerceda e que xa se abre camiño a mates , triplas e varados no progama da Radio Galega Gz X diante coa verbas do activista da República Billarda que anuncia o feixe de sons, letrtas e actitudes que alí van ter lugar- De "fenómenos" é como describe o conductor do progama matinal da Radio Galega ós palanadores e palanadoras da LNB por isa xenial mistura de cultura, deporte e bo humor que condimenta cada unha das nosas accións , unha bomba de oxíxeno ista preciación sen dúbuida nista noso camiñar a contra-corrente xa que serán tamén as especias que a LNB leve ista find ó encontro en Xixón cos representantes do Liet International para a xestión dun posíbel Aberto en colaboración cos irmáns do CNL e presentación do República Billarda na vindeira edición do festival que se todo descorre segundo o previsto terá lugar a finais de novembro en Asturies.... - aquí non ,- pois adiante co Varal!!


POIO, SÁBADO 25-F >> " I ABERTO BISESTO"






E cando istes días se certifica a crudeza da loita diaria co do peche definitivo da edición papel do xornal Público , a xente de TodoLNB realiza un espectacular pinchacarneiros que garente a supervivencia billardeira nun contexto coma o actual de crise e miserábeis comportamentos, a cita iste sábado 25 apartires das 18 h. en Poio no campo de futbol de terra da Samieira na primeira edición do Aberto Bisiesto, cun espectacular premio de esencia africana e cuns marabillosos condicionantes ista find o epicentro absoluto da LNB está en Poio ó carón do Restaurante A Gata Meiga donde podes xantar , cear ou tomar unhas cervexas Menduña despois do Aberto mentras contemplas a espectacular Coroza que vestirá ó Coroceiro Nacional en Conxo...imperdíbel!!

quarta-feira, fevereiro 22, 2012

O AYATOLÁ XOSÉ ANTÓN IRROMPE NO CONFICTO ENERXÉTICO INTERNACIONAL!!
















Nun intre de tensión máxima no contexto internacional no que todas as dianas do mundo occidental apuntan cara o Teherán pola súa teima no desenrolo nuclear , unha vez màis a LNB dá un novo paso ó fronte e alíase co pobo irmán do Irán para defender as súas lexítimas estratexias de acción-reacción . Subidas no prezo do gasoleo pola non venda de cru inaní ó estado español é o que está incrementando o gasto nos desprazamentos ós palanadores e palanadoras que asisten ós Abertos polo que de xenial se pode considerar o guiño do gran palanador dos Furabolos Xosé Antón ó presidente Mahmud Ahmadineyad durante a antrega de premios no pasado Aberto Entroideiro da Conferencia Centro para que aínda que manteña o veto ó estado abra o grifo ós palanadores e panaladoras da LNB ...estornela sempre , adiante co Varal!!

terça-feira, fevereiro 21, 2012

TRANSMUTA!!

















Correde , correde que aí ven o oso de Salcedo .....o referencial persoaxe do entroido galego antes de invadir as rúas dista vila do concello da Pobra do Brollón pasou polas bancadas de Riazor para asistir xunto cos siareiros LNB ó partido do Depor e Bruar canda os Bulls distribuíndo contra-kultura a feixes con ista publicación que está a rachar absolutamente moldes, de feito o Oso de Salcedo e os membros da LNB estan a preparar un Bruído alto e claro para que ós directivos do deportivo saiban da petición popular cada vez màis intensa para que nos descansos do partidos en Raizor se desputen un Abertinhos de Bilharda.

Mascaras e sangue a regos ....iso é a máxima diste entroido billardeiro que en Salceda deixou pegadas imborrábeis e que se segue a extenderse polo implacábel universo de activismo billardeiro, dende a irrupción entroideira de palanadores e palanadoras nos desfiles do NorLeste , pasando pola  irrupción da Conferencia Salnés amosando os dentes na prensa escrita  ate a invasión poética que está a realizar o noso irmán e bardo da nosa nave de buxo Xabier Cordal  apresentando istes días TRANSMUTA o seu novo poemario que moi pronto desembarcará nas pista da LNB protagonizando un novo estalo do Billarda-Book Experience ....porque na poesía e na billarda hai feitos inexplicábeis!!

segunda-feira, fevereiro 20, 2012

11-M , COMEZA A CONTA ATRÁS CARA Á GRAN TRAMA DO BILLARDA ALL STARS 2O12!!


Despois da treboada de pinchas en Salceda donde Carolo dos Corredoiras estreouse no máis alto do pódium , os Leningrad Cowboys  da LNB invadiron a noite de entroido e cos os paláns na man amiazan xa cunha impresionante xeira no hemisferio sur , como na película de Kaurismaki a desconxelación producirase no noso Xarabato-Mexicano chamado Billarda All Stars 2012. Comeza pois a abafante conta a atrás co apoio loxistico da autóctona e combativa rede anti-social latri.ca para en Cerceda o vindeiro 11-M atoparnos e desfrutar tod@s xunt@s...terra, billarda e liberdade!!

sexta-feira, fevereiro 17, 2012

ABERTO DE ENTROIDO...PÍDECHAS O CORPO!!






















Merdeiros e merdeiras da Conferencia Sur , chegou o día e a hora para a gran mascarada billardeira será iste sábado 18-F na pista de terra detrás do Pavillón de Salceda de Caselas ás 16 h cando comezarán a rular os chupiños de licor café para dar comezo un novo e de seguro explosivo Aberto de Entroido. Coordinados polos poderosos Treze-Catorce as pinchas da Conferencia Sur emularán á A Morena embestindo cara ó varal e seguindo as instrucción de Darío , o palanador dos Pincharango, tentarse incluso derrubar o satélite lanzado fai uns días dende a Guiana .



E cos primeiros raios de sol chega o desxeo á Conferencia Sur, o oso polar que cada palanador e palanadora leva dentro sáe da cova na busca de festa e emocións fortes  guiad@s unicamente polos forza brutal dos seus màis primarios instintos...Aberto de Entroido , o corpo pídeche festa!!

O SEGUNDO BRUIDO D´OS BULLS INVADIRA AS BANCADAS DE RIAZOR ISTE SÁBADO NO DEPORTIVO-BARÇA_B!!

















E mergullados como estamos no tsunami entroideiro ó que incluso sucumbe a nova e impactante publicación surxida no burbulleante entorno da LNB, falamos naturalmente do referencial O Bruar d´os Bulls , o voceiro dista mítica e irascíbel equipa da Conferncia NorLeste racha moldes e sorprende tanto que é imposíbel separar os ollos ate que devoras toda e cada unhas das súas verbas impresas. Admitindo calquera das normativas do galego dá un paso ó fronte e abre o avano ós artigos en galego-asturiano e prepara xa un manual básico de temos en vervo-xido dirixidos ó universo da billarda para potenciar aínda máis a ulización do arxina coma lingua vehicular dos palanadores e palanadoras.En Foz na presentación do República Billarda no acto da nova escola galega puido verse xa rulando o segundo Bruido , análise do primeiro adestramento Bulls , Suso Villarino no espazo de conversa LuciaEntrevista , o impactante Billardoku, espazo para a filosofía e poétika billardeira e un espactacular análise dos diferentes deseños e materiais para construcción de billardas , profundizando na composición da TX.200.28 imposíbel non recordar as billardas utilizadas polo mítico Zidane da Billarda que tamén utilizaba a Xatoba seca coma madeira  dos seus paláns e billardas. E atención porque antes de aterrar nas pistas da LNB iste segundo bruido xa está nos bares e taskas do Norleste e ademáis se vas por Riazor iste sábado apoiar ó deportivo igual nas bancadas poidas conseguir un exemplar dista auténtica xoia. E se queres aportar o teu bruido dende a redacción do BdB ábrenche as portas a todas as túas aportaciónsgarantizando a discrepción e anonimato se o desexas>> emiliano.elviejopescador@gmail.com / Bruido Sempre, Adiante co varal!!

quinta-feira, fevereiro 16, 2012

PORQUE DOS TROPA-LIXEIRA COMA DO PORCO APROVÉITASE TODO...ATE OS ANDARES!!


E para facer boca que mellor ca un Lacón de entrante para a boráxine alimentaria diste grande entrudo billardeiro...porque do cocho aprovéitasede todo comezamos en Meira metémoslle o dente ó Lacón desalgado da LNB...mentras o país enteiro dende Navia de Suarna coa festa da Androia , ate  Taboada coa Festa do caldo de osos , pasando por Abadín co complemento máxico da Grelo fúndese corpo e espírito con aborixe do cortello e a LNB sinte a poderosa chamada do animal cando lle chantan o coitelo na gorxa para potenciar a celebración de màis abertos aínda niste brutal contexto das festas entorno ós marabillosos xantares do supremo animal.,  porque dos Tropa-Lixeira de Meira coma do porco aproveitase todo .... ate os andares, porco e billarda sempre , a diante co Varal!!

quarta-feira, fevereiro 15, 2012

MERDEIRO E BILLARDA... PILARES BÁSICOS DO AUTÉNTICO ENTRUDO GALEGO!!














Mentras os irmáns da Revolta se preparan para que O Merdeiro, o referencial e impactante persoaxe do único entrudo urbano galego, para que invada de novo as rúas da cidade vella de Vigo , Salceda de Caselas ferve cos palanadores e palanadoras da Conf. Sur máis exitados ca o formigueiro avinagrado de Laza para o vindeiro sábado realizar o xa mítico Aberto do entrudo , e como preludio da barbarie de orellas e filloas iste xoves no acto de apresentación do novo número da revista da Nova Escola Galega adicada ós xogos tradicionais aparitres das 18:30 horas no Cenima de Foz ( na praza peirao ), alí estarán os activistas da LNB co Top-Mantelo apresentando o República Billarda e comentando o feixe de novidades diste noso enfariñado e merdeiro universo billardeiro....Apalpador , Merdeiro e Bilharda Sempre!!

terça-feira, fevereiro 14, 2012

BILLARDA ALL STARS 2012... VOLTA A CERCEDA O ZAPATISMO-BILLARDEIRO DA ZAPATEIRA!!

















Billardas e lume sáen ás rúas para comater o frío e as reformas paliativas nun contexto de terrorífica calma tensa , a Sardiñeria acolleu o pasado domingo o suma e segue da mítica Conferencia NorOeste que prepara a lareira para acoller no seu seo a vindeira edición do sempre explosivo Billarda All Stars_2012 . Será o vindeiro domingo 11 de Marzo nas terras cochikeiras de Cerceda . Respirarase história LNB por tódolos costados xa que os referenciais Filloas de Sangue foron a alma-mater daquel primeiro gran estourido fóra da conferencia mae que fixo saltar polos aires a bandeira do paseo marítmo de Riazor e consolidou definitivamente unha proposta billardeira de fondo calado Zapatista dende a Zapateira da Coruña a cada leira , canellón e corredoira diste noso pais en loita.

















Puños que combinan á perfección a suxección de paláns e guitarras electricas , iso é que nos imos atopar iste vindeiro Billarda ALL Stars en Cerceda , multi-activistas das pistas de xogo e dos escearios con diversos proxectos riba da mesa que de seguro moitos deles sarirán e se reforzarán niste contexto de paixóns e ilusiíns compatidas no que se converte cada edición do partidos das estrelas . Todas as crónicas falan do exitazo do lanzamento do foguete no que ía o primeiro satélite galego no que un palanador da LNB tivo moito que ver para que a istas horas estexa xa emitindo xostregazos dende a galaxia , mais outro misil con propulsión billardeira está en marcha , trátase do novo disco dos irmáns de Zenzär que xa están en estudio traballando a reo nista nova xoia da que de seguro no All Stars de Cerceda soará algún adianto , e quen sabe , nun futuro e aproveitnado as xestión de Darío o palanador dos Pincharango , igual All Stars e Zenzar poidan irruper algún día xuntos na base aeroespacial da Güiana... ahí ben o reverendo , sicario do demo , disparando morte, metendo medol!! 

segunda-feira, fevereiro 13, 2012

COLLE O PALÁN E PON E CAROUTA!!

















Sempre en Loita Rock do País.....estribillo do adianto do que será o novo disco de Ruxe-Ruxe e que pode servir de faro guía para un horizonte de batuxos en fuga cara a novos regos de incerta desembocadura . A unha nova nova find puntuábel en tres conferencias cuxos resutados puideches coñecer en tempo real mergullándote no noso activo e referencial facebook-oficial temos que agradecer a brutal acción dos irmáns de Anonymous que nos recordan que estamos xa mergullados de pleno no entroido ,é pois un luzaxo que ás agardadísma saída do Merdeiro en Vigo , as máscaras dixitais puxeran en alerta a vila luguesa de Foz tan só uns días antes que os activistas da LNB parcicipen nunha mesa aberta coordianada pola Nova Escola Galega donde se apresentará o último número da súa revista adicada ó xogos tradicionais, República Billarda , O Bruar dos Bulls, Semente LNB ou na febre billardeiras nas aulas ,  a presentación do primeiro aberto LNB no Bierzo...serán tan só algunha das especias que se porán riba da mesa para mostra empírica dunha revolución imparábel en cada recuncho dista inmensa terra de lobos, colle o palán e pon a corouta, billarda sempre , adiante co Varal!! 

sexta-feira, fevereiro 10, 2012

MAÑIOTAS>> A GALEGA DESCLASIFICA O GRAN DOCUMENTO BILLARDEIRO GRAVADO FAI 2 ANOS NA GRAN MUIÑADA DE CONXO!!

















Coincidindo coa condea ó xuíz Garzón no tribunal supremo recibimos a extremecedora nova da desclasificación dun dos documentos históricos que moitos xa pensaban xacía baixo terra nunha cuneta coma os paseados polo franquismo que ista "xustiza" se empeña en non deixar descansar en paz. Fai xa case un par de anos durante a celebración do Play Off Nacional,  unha unidade móbil seguíu durante toda a gran Muiñada de Conxo a Toño e á súa Franquia Os Furabolos coma sherpas-protagonistas dise gran entramado billardeiro-social no que desemboca toda a tempada da LNB. Pois dende a campo base intalado no Pino un teletipo recibido polos Furabolos informa que dende iste sábado ás 15:30 h comezarase a emitirse na Galega o programa MAÑIOTAS , que foi producido por Filmax e que no oitavo capítulo amosará o extremecedor documento da Gran Muiñada daquel ano....soñouno Calvete o resto han contalo!!


















E será precisamente nun Aberto coordinado polos poderosos Furabolos donde arrinque a acción competitiva nista find , dende as 16 h a pista de Vilarromarriz será un fervedoiro nun torneo puntuábel para a Conferencia Centro co que torna a emoción e o espectáculo na área estornela  rematado o Lock-Out invernal.

















12 de febreiro colle o pateiro , dío o refrán e amplifícano dende o web-blog da Conf. Salnés donde se expoñen todas as coordenadas para apartires  das 12 h diste domingo facer equilibrios co palán e o vermut .  E non queda a cousa ahí porque a pota de caldo ferve con tanta intensidade que tan só un par de horas despois de ramatada a acción en Dena abrirase a porta dos bois da chega a iso das 16 h para arrincar a competición na pista da Sardiñeira na mítica Conferencia NorOeste donde pisan o acelerador e fano cunha consigana maxistral , a de trocar de pista en todos os Abertos para espallar o máximo posíbel nos barrios e nas bisbarras da Coruña e redores o impulso billardeiro....Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, fevereiro 09, 2012

DARÍO HERMIDA , O PALANADOR DOS PINCHARANGO ESTARÁ NA GÜIANA FRANCESA NA LANZADEIRA DO PRIMEIRO SATÉLITE GALEGO DA HISTÓRIA, EN EXCLUSIVA MUNDIAL E CLAVE BILLARDEIRA DIRÍXESE Ó POBO GALEGO!!


















A istas alturas da película é ben complicado sorprender e impresionar á tribo LNB e a ós milleiros de ollos postos en nós sobre algo que surxe ou que sexa no noso entorno , pero para iso está a burbullerante , impredecíbel e referencial Conferencia Sur da LNB que iste vindeiro 13 de Febreiro terá a un dos seus palanadores estrela Darío Hermida dos Pincharango , na base espacial da Güiana Francesa formando parte exclusiva equipa que porá en órbita o primeiro satélite galego cunha pincha camuflada no seu interior , Xatcobeo é o nome oficial do artiluxio mais para nós parasá á história coma a Pincha-Cósmica da LNB. Uns días antes de partir cara a base espacial dende o seu refuxo en Salvaterra o enxeñeiro e futuro cosmonauta da LNB atende gostoso ás nosas preguntas cheas de emoción e entusiasmo ante a inminente apertura de hotizontes intergaláscticos para famenta civilización billardeira:



-OLA DARÍO!! Parabéns a feixes por ista túa experiencia que vai ser histórica, pese ó axetreo brutal no que supomos te atopas inmerso a triboLNB necesita respostas ante iste pequeno paso para o palanador pero gran paso para a civilización billardeira...

Sen ningún problema e gracias por as felicitacións.

- o 13 diste febreiro xunto co teu compañeiro Juán Antonio Vilán asistirás acompañando ó equipo de investigadores da universidade de Vigo á Güiana Francesa para o lanzamanto do foguete Vega donde vai incorporado o Xatcobeo, como estás a viver os intres previos? 

Imos 4 a Güiana, o xefe, Fernando Aguado, o vicerreitor José Antonio Vilán e Miguel un compañeiro de Enxeñería industrial. A preparación dos intres previos bastante ben, non hai case nervios. Estamos seguros de que funcionará a perfección. Na parte loxística estou un pouco mais preocupado, estamos a ver como meter os pateiros nas maletas e facer unha foto no momento do despegue. A ver se facemos unha montaxe decente. Outra opción e montar un campionato cerrado na zona da lanzadeira, pero tamén o vexo complicado, a ver se podemos arranxar algo.

 - Nunha entrevista utilizache a expresión "absurdamente xenial " promunciada por Steve Jobs para ilustrar o proxecto , cres que iso se pode extrapolar a outros campos da aereodinámica coma as pistas da Liga Nacional de Billarda?

Pois a frase non é miña, iso dixoo Miguel López, eu malamente recordo o que comín onte, non podría recordar esa frase nin de coña.  En canto a aerodinámica imos ver se podemos sacar algunha patente das pinchas dos Rodiños e Cia. Tamén temos pensado algunha variación os campos actuais da LNB. Dito todo o anterior, penso que os campos actuais da LNB son "Caralludamente Caralludos"

- Superadas todas as probas no esixente laboratorio Estec de Holanda , o foguete xa está listo para saír ó ar, tes a faria preparada ou como é o proceso de lanzamento? 

O único que temos preparado é unha boa churrascada cando volva con todos os compañeiros do proxecto. Tamén hai previstas lampreadas e unha cea de xabarín, o normal nestes casos supoño.  O do lanzamento e sinxelo, un montón de xente reúnese na sala de control do foguete, póñense a contar ata onde sexa (13 ou 14) ata que o foguete despega, 5 min despois o foguete perde varios cachos e pasada 1h os satélites xa andan dando voltas por ahí perdidiños, entre eles estará o Xatcobeo claro está. 


















-Contando coa túa experiencia , a LNB prepara xa a súa entrada na carreira espacial , donde cres que deberiamos estalecer o Houston galaico , nos Ancares , o Courel ou Salceda?? 

O de establecerse en Salceda soa moi tentador sen dúbida, pero elixiría unha cidade intermedia para todas a conferencias, penso que Lalín está a medio camiño de case todo, poderíase montar unha boa festa ahí, churrascada, lampreada, empanada, etc...

-Moita sorte Darío e agardamos verte de volta nas pistas da Confencia Sur defendendo as cores de Pincharango para comentar ista gran experiencia , para rematar, de ter que elexir unha tripulación para desputar o primeiro Aberto de Billarda en Marte, qué cosmonautas cres os mais preparados para unirse á expedición inter-planetaria dirixida polo comandante Tiago??

Si oh, en canto remate coas obrigas do traballo por ahí me teredes nas pistas, varado vai varado ven.  O da expedición inter-planetaria teñoo bastante claro, non podería faltar o estilo de Salgue, os leñazos que lle pega Rubén Otero, a organización de Moi, a personalidade de Tiago e a calidade de calquera unha das palanadoras da LNB.

un tremendo luxazo para toda a LNB ter a Darío coma cosmonauta dista nosa nave de ilusións , arrifilos e lambreazos compartidos....billarda sempre , adiante Pincharango-Intergaláctico!!

quarta-feira, fevereiro 08, 2012

HOUSTON TEMOS UN PROBLEMA...O LANZAMENTO DO XATCOBEO CAMUFLA O INICIO DA CARREIRA ESPACIAL DA LNB!!





















A mediados do ano pasado unha confusión xeralizada en toda Galiza por unha anómala normativa da Xunta fixo perigrar o lanzamento de foguetes en todas as festas do país, así como as sesións de todo tipo de fogos artificiais. Ista nova neglixencia institucional puxo en alerta a todas as pirotecnias galegas e ós ferventes seguidores dista práctica entre os que se atopan moitísmos palanadores e palanadoras da LNB, un deles , militante nos PINCHARANGO da Conferencia Sur , lonxe de quedarse de brazos cruzados xurou vinganza e iste vindeiro 13 de Febreiro estará na Güiana na exclusiva equipa de enxeñeiros da Universiade de Vigo que supervisarán o lanzamento do primeiro satélite galego , Xatcobeo chámase o trebello mais  Darío , levará no peto un spray co que tentar trocar cando se atope en chan africano o nome polo do Pincha-Cósmica, moi atentos ás pantallas porque temos as verbas de Darío Hermida dirixidas a toda a tribo LNB para en exclusiva mundial lanzar adivais dende o espacio exterior para unha futura xestión de Abertos en gravidade zero... colle a fária e dálle lume!!

E POR QUE NON??? VIDA E BILLARDA NOUTROS MUNDOS E NOUTROS PLANETAS!!






















Isa é a pregunta que xa está sobrevoando a testa de moitos palanadores e palanadoras da LNB que xa están estudando enlaces por mar , terra e ar para dar o chimpo histórico de prantexar o que sería a primeira expedición billardeira ó planeta bélit para desputar a todo poderosa e referencial competición do Camponat del Mon de Bélit , donde as màis potentes equipas dos Paisos Cataláns de dan cita . A date de inscripción péchase o 25 diste mes de febreiro polo que aínda estamos a tempo xa que por primeira vez se habitlita a inscripción on line. Como sabedes Los Primos serán a equipa que defenda título e teranos que facer con uñas e dentes para frear ó resto de equipas famentas entre as que se atopan os irmáns de Casus Bélit , donde militan moitos LNB e para os que enviamos toda a nosoa forza e impluso galaico para afrontar iste excitante e referencial competición por equipas. Dende Va de Bélit se centraliza as inscripción e toda a info diste gran torneo e dende Tot Bélit temos un firme por se decidimos dar un paso .....un paso que cara outra galaxia billardeira e cara a conquista espacial galaica na que moita atención porque a LNB temos a un palanador da Conferencia Sur apunto de partir para a Güiana para formar parte da equipa galega formada por dúas persoas que supervisará o lanzamento do primeiro satélite galego chamado Xatcobeo , é por elo que unha das posibilidades que se están a barallar é aprovietar o lanzamento dende chan estranxeiro para  cun sprai trocar o nome polo de Pincha-Cósmica...atentos ás pantallas , Ancares temos unha pila de  problemas!!


















E para facer mais relaxado calquera dos teus viaxes intergalácticos , que mellor que sintonizar cun novo estalo capturado por RadioVaral que recolle a acción duns activistas LNB na presentación en Radio Foz do radioactivo mundo formado entorno ó disco dóbel República Billarda...Non imos parar ate xogar e soar en todas partes!!

segunda-feira, fevereiro 06, 2012

LNB ....A LUME DE "VIQUEIRA"!!




















Ademáis da rede dixital da arañeira billardeira a actualidade é tan potentes entorno ás equipas e os seus palanadores e palanadoras que coma unha cunca de viño cando recibe o xostregazo líquido provinte do xerro ergueito no ar , así viño e actualidade escorregan por fóra inevitámente tinxindo todo o que atopan ó seu paso, é por elo que inevitábelmente ademáis dos web-blogs oficiais das conferencias hai que dirixirse ós cadernos dixitais das propias franquicias que se están reivindicando coma unha brutal fonte emisora de intensidade e actualidade impermeábel ós chuzos de punta dunha competición a cada golpexo màis esixente e poderosa. Cultura sen censura e billardas sen ataduras isas son as premisas nas que se basea o potente e combativo espazo web da referencial Lucerna de Cerceda que acolle no seu seo á gran franquicia dos COCHIKEIROS , imperdíbel o crónico de celebración da gran actuación dun dos seus palanadores estrela ,Viqueira , que consolida o súa proposta individual e coma colectivo na pista de Castro-Laxe na mítica Conferencia NorOeste.

















Unha franquicia a dos Cochikeiros que será tamén estrela no vindeiro e explosivo Billarda All Stars_2012 que se celebrará en Cerceda cuxa coodinación xunto con ista equipa a realizará a Conferencia NorOeste coma entidade receptora que acollerá ós grandes fachos de toda a LNB  para desfrutar dunha nova xornada de festa e loita na que se de seguro se recordarán aqueles primeiros , firmes e definitorios pasos que a sepre multicor da LNB deu naquelas primeiras edicións do partidos das estrelas celebrados na Zapateira. Mates , triplas , Aberto das estrelas , actuacións sorpresa e un cada vez máis impactante Top Mantelo ó que a cada Aberto ó República Billarda se van sumando máis productos culturais do indi-xena galaico coma " A noite dos Cans" do irmán Miguel Alonso que serán só algunha das accións dista nova e agardadísima edición do Billarda All Stars a lume de biqueira....Avante Cochikeiros, Avante LNB!!

BILLARDA-GZCOLLAGE!!
















Epicentros múltiples para un conflicto que se extende por cada un dos poros dun país que se reivindica a si mesmo cos paláns e billardas com único xeito de existencia e reistencia posíbel . Breogán , o palanador galego con pasaporte Bélit estivo iste sábado na tarde de cans da praza do Convento de Meira exercendo de interlocultor válido distas dúas revolucións irmáns en marcha que comparten arsenal na loita contra unha banda sonora establecida. Novos e espectaculares jingles de apoio á emisión de Radio Música en galego , xestións varias para realizacións de exposición artísitcas en varios puntos do país, artellamento da inciática estructura billardeiro-teatral, acción musical amparada polo sempre presente Top-Mantelo con varios grupos armando repertorio a pé de pista ....Non imos parar ate xogar en todas partes!!  

sábado, fevereiro 04, 2012

DO LACÓN DE MEIRA ÁS NOITES ABERTAS DE PONTEVEDRA E ÁS MAÑÁNS BILLARDEIRAS DE CASTRO-LAXE DE VILABOA!!


















E despois da gran tarde de sons, letras e actitudes en Meira que catapultou a Markitos de Billardeiros Musicais  coma posuidor do fantástico Lacón e Monteiro de Meira como se informou en tempo real o referencial Facebook oficial do Varal , ista mesma noite apartires das 21 h . no Pavillón multiusos da Xunqueira de Pontevedra as billardas estarán no ar no primeira gran acción LNB inmersa nas chamadas Noites Abertas da cidade do Lerez e moi poucas horas despois, na pista de Castro Laxe en Vilaboa na Conferencia NorOeste apartires das 11:30 da mañá diste domingo unha nova enganchada putuábel terá lugar na beira atlántica con epicentro na cidade da Coruña...entrecostos, lacón e soas, honra de mesa e proveito terás!!

sexta-feira, fevereiro 03, 2012

ULTIMA HORA_

















Abrígate e reláxate...porque como se anuciaba ate as trincheiras de Meira chegan os Supositorios para a Billarda que impulsarán ate o infinito cada un dos teus golpexos, mais non serán as capsulas rectais as únicas convidadas de luxo xa que despois do exitazo do Billarda-Book Experience a LNB vai por en marcha a primeira apresentación extra-oficial dun disco dun dos intérpretes participantes no Repúblcia Billarda, nos altofalantes e no posterior Set-LAB de TELE-VARAL a NOITE DOS CANS de Miguel Alonso será o protagonista absoluto e ademáis no medio da xeada seguiranse recollendo mostras de audio a pé de pista para o concurso de Jingles de Radio Musica en Galego...benvidos ó inferno!!

MEIRA E CASTRO LAXE EPICENTROS DA NOVA ACCIÓN EXPANSIVA DA LNB!!






















Fenómenos admosféricos , con máis potencia ca o Catrina é o vai golpexar as xeadas lastras da Praza do Convento de Meira , todo preparada para un aberto no que suporitorios , bufandas , abrigos e cgupiños de licor café sarán campañeiros de viaxe dista expoerición billardeira ó ártico na busqueda e conqueista do Lacón de Meira . Adestramentos a fume da carozo na Franquicia Local de Tropa Lixeira que nas roldas de prensa previas ó asalto xa alertou que antes mortos que superados polas equipas da Pontenova. Mais non será só iste aberto na chaira o único trenic tropicc billardeiro senón que o domindo a iso das 11:30 na Conferencia NorOeste en Vilaboa na pista "Castro Laxe" desputarase unha nova enganchada dista conferencia con epicentro na Coruña.

Ante tal feixado de estelas á lareira , só un ser podía mater a calma para coller os micros e friamente untar as bielas , PALANOTRÖNIC , o amiguito del alma de Radio Principal da Chaira sáe á palestra , para nun especial sobre a súa figura , anunciar o inevitábel....

quinta-feira, fevereiro 02, 2012

CADEAS E BILLARDAS LARANXAS NO TRANSIBERIANO DA LNB CARA Ó GULAG DE MEIRA!!












Billardas Lanranxa , abrigos de pel de animais atropelados na estrada , supositorios reconstituíntes e cadeas para aferrarse á carraxe ....todo elemento de natureza insulxente será pouco para combater os ráfagas de frío que se anuncian para iste sábado no mítico Aberto do Lacón de Meira. Todos aqueles que berraran que na LNB tiña que ser obrigatorio que a chuvia aparece en todo Aberto nista enganchada do NorLeste estarán de noraboa porque pase o que pase e caia o que caia dende o ceo o Lacón desputarase a peito e a ceo descuberto na Praza do Convento . E como adianto da contenda podes sintonizar hoxe apartires das 17 h. Radio Foz porque un comando da LNB estará apresentando o disco República Billarda e comentando a burbulleante actualidadade sonoro , deportiva e social entorno á iste embravecido comboio de xeo e lume chamado Billarda-

quarta-feira, fevereiro 01, 2012

"SUPOSITORIOS PARA A BILLARDA" , ÁS TRINCHEIRAS DE MEIRA CHEGAN AS CÁPSULAS RECTAIS DE APOIO Á REVOLUCIÓN BILLARDEIRA!!




















Arrincou o tan agardado Praza Pública, o novo xornal dixital da "Galicia que ven" e que moi pronto tamén contará coa compaña na rede do gran Dioivo que amiaza temporal para alimentar o oasis mediático en lingua galega. É por elo que para apoiar a gran treboada e coma complemenento das capsulas en forma de Vitaminas para o Galego lanzadas foi uns meses a LNB non pode quedar a marxe a lanza mediante a súa división sonora de OVARAL RECORDS os suxestivos SUPOSITORIOS PARA A BILLARDA , uns comprimidos que se apresentarán iste vindeiro sábado no Aberto do Lácón en Meira dos que cada palanador e palanadora recibirán unha cápsula para inxectar antes do aberto,  como agradecemento polo compromiso con ista  imparábel revolución billardeira que percorre o país enteiro, á hora de executar a súa inscripción apartires das 15:30 h na pista da Praza do Convento de Meira....lume ó millo, cada espiga o seu ferradiño!!