Correde , correde que aí ven o
oso de Salcedo .....o referencial persoaxe do entroido galego antes de invadir as rúas dista vila do concello da Pobra do Brollón pasou polas bancadas de Riazor para asistir xunto cos siareiros LNB ó partido do Depor e
Bruar canda os Bulls distribuíndo contra-kultura a feixes con ista publicación que está a rachar absolutamente moldes, de feito o Oso de Salcedo e os membros da LNB estan a preparar un
Bruído alto e claro para que ós directivos do deportivo saiban da petición popular cada vez màis intensa para que nos descansos do partidos en Raizor se desputen un Abertinhos de Bilharda.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjEyON3b2yxXpTsy71dfKFdp-Z5vG7muVDgQmtsTUB6eB71mycgnorXBg9Vweze2pWdiqDw_LTZcsblSc7xa6t_YkVayZ_-cONvnbpLr-GAjvHoxKK7RZe8aS1CjW7qF8YOoh6f/s320/BRUAR1.jpg)
Mascaras e sangue a regos ....iso é a máxima diste entroido billardeiro que en
Salceda deixou pegadas imborrábeis e que se segue a extenderse polo implacábel universo de activismo billardeiro, dende a irrupción entroideira de palanadores e palanadoras
nos desfiles do NorLeste , pasando pola irrupción da
Conferencia Salnés amosando os dentes na prensa escrita ate a invasión poética que está a realizar o noso irmán e bardo da nosa nave de buxo
Xabier Cordal apresentando istes días
TRANSMUTA o seu novo poemario que moi pronto desembarcará nas pista da LNB protagonizando un novo estalo do
Billarda-Book Experience ...
.porque na poesía e na billarda hai feitos inexplicábeis!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home