O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 31, 2007

A COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA!!

O varal nunha acción sen precedentes tivo acceso á vitrinas donde está gardada e custodiada a COPA CANTÁBRICA de Lirio#Billarda pola que Asturies e Galiza van lotar coma cans doentes iste domingo 4 de novembro a partires das 12 h. na pista polideportiva de Piyarnu (Castrillón).

Apresentamos o sistema de xogo do internacional:

Cada selección apresenta 10 titulares , é dicer, 10 contra 10 donde cada seleccionador vai poder ir facendo os trocos que vexa convintes durante o transcurso do partido. Galiza convocou a 17 e Asturies 15 palanadores.

O Partido xogaranse a dous setos simultanos , é dicer dous grupos A e B donde se enfrontaran 5 contra 5 . No caso de cada selección gañar 1 seto faise o seto da morte , cada selección escolle 5 palanadores para desputar un único seto que desfaiga o empate.

NOTA: despois do partido espicha e xantar conxunto no Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Piedras Blancas , donde despois do café , chupiños e farias desputarase na pista anexa ó comedor o espectacular e impredicíbel XAMÓN CANTÁBRICO:

-O XAMÓN CANTÁBRICO: espectacular desquite do internacional , unha competición aberta para todos os palanadores e afeccionados donde mediante un todos contra todos , cada carreira vencida dá o pase á fase seguinte ate lograr chegar á gran final para meterlle o dente ó gran e exquisito XAMÓN CANTÁBRICO.

NEN UEFA NEN CHAMPIONS.....CHEGA O GRAN RETO INTERNACIONAL DA COPA CANTÁBRICA E DO XAMÓN CANTÁBRICO.

terça-feira, outubro 30, 2007

XA PODES ESCOTAR O FLEXI-SINGLE DE APÓIO Á SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA!!

Espectacular presentación ontes luns no programa da RG aberto por reformas do flexi-single de apoio á Selección galega de billarda que xa podedes sentir e descargar no recén estreado espacio myspace da LNB, Roper o gran artista electrónico de Santo Adrao volta a machacar as pistas despois de varios anos de inactividade para asinar unha espectacular cara A do flexi-single titulado A carreira da Xornada , na cara-B ZIMMER103 fai un percorrido histórico pola historia diste deporte de masas que racha moldes. A tan só uns días do primeiro embite oficial para a Auténtica , , sáe iste flexi-single e iníciase unha campaña para que calqueira grupo ou artista que queira apoiar á selección galega e ó deporte da Billarda se poña en contacto con nós para enviar un tema que será inmediatamente guindado cun adival na biga do myspace da LNB , apóia danzando entre as silveiras á selección galega de billarda e á LNB no seu gran desafío da I Copa Cantábrica!!

quinta-feira, outubro 25, 2007

O - PxA - FAI PÚBLICA A LISTA DE CONVOCADOS PARA A SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA:


LISTA DE CONVOCADOS POLA AUTÉNTICA:

A LNB apresenta en exclusiva mundial o espectacular cartaz da Copa Cantábrica e por medio da recén creada PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica ) pilotada por Fram Folgueira e Xermán Viluba faise pública a lista de convocados para defender á Galiza niste seu primeiro compromiso oficial. O PxA quere informar que será o grande Zidane da Billarda quen dirixirá á Auténtica a pé de pista exercendo de máximo responsábel técnico nas concentracións e no propio desenrolo do partido. Os elexidos son:

Bíteres: Carmiña, Bixi
Billardeiros: Daniel, Difranco Mangiavacchi
Remourelle-Bulls: Suso , Ginés
Sporting: Fram, Ivan, Calvete
Tronos: Rafa
Cornería-Team: Ginés , Juán
Conf.NorOeste: David
EkipA: Edelmiro , Xermán
Fanecas Bravas: Ángeles, Asunción
Nota: o selecionador asturiano Xosé Pravia xa aniciou que os palanadores e palanadoras asturianos da Superliga de Billarda : Urbano , David , Chema, María e Mónica e o xogador con doble nacionalidade Hugo van formar parte da potentísima selección Astur, polo que se prevé un durísimo combate entre a sidra e o ribeiro por chegar a encher a tan desexada Copa Cantábrica.

A LNB informa que todos aqueles que queiran apoiar á auténtica nista 1º edición da Copa Cantábrica aínda están a tempo dirixíndose a ( ovaral@hotmail.com ) para reservar praza na Guagua e para un espectacular xantar colectivo no Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Pedras Blancas , a saída do teleclube de Barreiros ás 9 da mañá e o prezo son 12 euros.

terça-feira, outubro 23, 2007

O GOLPE >> ESTREA MUNDIAL DA SUPER-PRODUCCIÓN DE TELE-VARAL !!

Con un presuposto brutal por mor do excepcional patrocinio da Cervexa San Miguel , Juan Pico presenta e dirixe a gran super-producción de TELE-VARAL , o primeiro late-show en galego feito pola tarde sitúa á gran estrela dista canle que racha plasmas en competencia directa cos grandes da noite coma Buenafuente, Pepe Navarro ou Sarda , nen sequera Ana Rosa se vai librar do devastador furacán chamado o GOLPE, poñede galiñas e coellos a cuberto porque dende os montes de Santo Adrao chega Juan Pico acompalñado de Suso e Daniel , primeiros convidados diste explosivo programa de análise social e billardeiro... por riba de aramios , valados e silveiras chega xa o gran show do GOLPE!!

Marcadores:

Fomos moitos os que non puidemos dormir ista noite coa gran emoción de ista mañá espertar a atoparnos co Golpe diante da porta, por iso é urxente que lle botedes un ollo á lista de clasificados despois do 2º asalto na Conferencia NorLeste que con tanta excitación sufríu unhas pequenas variacións por motivos que alí nos explican e informar a todos os fans de TELE-VARAL de sempre e ós novos adictos que faltan escasos minutos para que as vosas pantallas rachen co nunca visto......preparádevos porque chega o GOLPE!!

segunda-feira, outubro 22, 2007

TELE-VARAL > A CARREIRA DA XORNADA EN SANTO ADRAO (LOURENZÁ)

Santo Adrao enmudeceu cos brutais estalos da 2º CARREIRA DA XORNADA, Iván e Marcos enfrontáronse a morte baixo a trepidante chuvia verbal dun Juan Pico que contou nista ocasión cos cometarios do representate da LNB en Compostela Raül , pero non todo queda aquí , despois do tremento impacto mediático da campaña promocional de TELE-VARAL mañá martes estréase a gran superproducción dista canle que racha plasmas, a partires das 9 h vas poder ver , sentir e ulir os pasos do perigoso GOLPE.

UN GOLPE REVOLUCIONOU O GALIÑEIRO DA LNB NO SEGUNDO ASALTO DA CONFERENCIA NORLESTE!!

Xa están guindadas as táboas clasificatorias na conferencia NorLeste despois do segundo asalto na pista polideportiva de Santo Adrao, Cristian e Lía dos Piratas da Billarda perseguidos por Chema dos Billardeiros musicais subido na súa potente moto comandan a serie- A mentras que Hugo e Ginés comandan perseguidos por Iván e o Italo-galego Franco a cima da serie-B . En Santo Adrao rachouse tamén a maldición dos Varados e Hugo e Daniel dos Billardeiros empatan nista sempre espectacular táboa clasificatoria. Moi a tentos tamén porque ista semana vaise publicar no Varal o cartaz oficial da Copa Cantábrica de Lirio # Billarda xunto coas listas de convocados de ámbalas dúas seleccións , Asturiana e Galega que se enfrontarán a cara de can no cemento pulido da pista polideportiva Piyarnu (Castrillón) . O touciño sempre vence á velocidade!!

sexta-feira, outubro 19, 2007

ISTE DOMINGO VENCERÁ O TOUCIÑO Á VELOCIDADE!!


A quén lle importan Hamilton, Alonso ou Kimi estando Iván do Sporting e Marcos dos Remurelle-Bulls a punto de xogarse a carreira da xornada do segundo asalto da superliga de billarda na conferencia NorLeste na pista dos veciños Santo Adrao no concello de Lourenzá, iste domingo a partires das 16 h. triunfará o touciño fronte a velocidade!!

quinta-feira, outubro 18, 2007


Na besta das San Lucas de Santo Adrao ate Interlagos, todo está preparado para iste domingo a apartires da 16 h . na pista dos veciños da máis vemella das parroquias de Lourenzá dar inicio ó segundo asalto da Superliga de Billarda na conferencia NorLeste , e se non podes estar alí , coma sempre xúnguete a TELE-VARAL que prepara un espectacular GOLPE DE EFECTO!!

terça-feira, outubro 16, 2007

2º CARREIRA DA XORNADA: DENDE SANTO ADRAO EN EXCLUSIVA PARA TELE-VARAL!!


IVÁN (Sporting) VS MARCOS (Remourelle-Bulls)

Todo xa preparado para voltar a sentir a emoción dunha nova carreira da xornada retransmitida en exclusiva mundial polas cámaras indomábeis de TELE-VARAL. Iván recén fichaxe dos Sporting Petapouco procedente da EkipA quere demostrar fronte a un debutante na competición Marcos que o bó rendemento da pasada tempada non foi un espellismo, no web oficial da conferencia NorLeste xa tendes toda a información referente á pista polideportiva donde se vai desputar o 2º asalto dista conferencia, medidas e firme para que cada palador e palanadora vaia elexindo as mellores billardas para iste domingo escalar posicións na grella clasificatoria , primeiro foron Zidane e Chema , agora os elexidos son Iván e Marcos , xunguide os burros , machos e cabalos e dirixídevos a Santo Adrao para sentir a tensión e a intensidade dunha nova edición da CARREIRA DA XORNADA!!

segunda-feira, outubro 15, 2007

O SEGUNDO "GOLPE" DA SUPERLIGA NA PISTA DOS VECIÑOS SANTO ADRAO!!

Frenética actividade que se aveciña, por un lado a pista de Santo Adrao no concello lugués de Lourenzá vai ser o marco do segundo asalto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA iste vindeiro domingo 21 de outubro na súa conferencia NorLeste para despois o domindo 4 de Novembro a Selección Galega de billarda montar de novo na Guagua para viaxar cara terras Astures e alí , baixo a presión dunha enfervorizada afeccion asturiana , tentar acadar a 1º Copa Cantábrica . Atentos á pantalla porque a LNB vai anunciar en breve quen son os palanadores ou palanadoras elexidas para a desputa dunha nova edición da CARREIRA DA XORNADA patrocidanada polo distribuidor oficial no NorLeste galego da Cervexa San Miguel e moi atentos ó imprevisible equipo de TELE-VARAL que ademáis de prepararse intensamente para retransmitir ista nova carreira da xornada vai dar un novo GOLPE que pode deixar k.o ós seus centos de seguidores , Santo Adrao xa se prepara para recibir un ano máis a picadura da serpe multicor da LNB, achégate!!

quinta-feira, outubro 11, 2007

CESE DO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA A 3 SEMANAS DO 1º COMPROMISO OFICIAL DA AUTÉNTICA!! [preme]

Combulsión absoluta na LNB , Fernando Veiga non vai cociñar a agarda lista de convocados para a desputa da primeira competición oficial da selección Galega de billarda o vindeiro 4 de novembro, o ate hoxe seleccionador galego e a LNB chegarou fai unha horas a un acordo tipo stoichkov para rescindir o contrato de xeito amistoso, TELE-VARAL pon á disposición de toda a afección galega a derradeira entrevista do xa exseleccionador galego concedida fai uns meses durante a desputa do SUPER-5 Parroquias donde Fernando xa anunciaba grandes novidades para unha convocatoria na que agora a gran incógnita é saber que será o elexido para comandar a expedición a Pillarnu (castrillón) e asumir o gran reto de dirixir a Auténtica na primeira edición da Copa Cantábrica , alí agardan frotando as mans a potente selección Asturiana e a súa enforvorizada afección cos dentes e as gadañas afiadas!!

terça-feira, outubro 09, 2007

NON TODO VAI SER FUTBOL.....NEN UNESCO!!

Davide Díaz, reponsábel deportivo da LNB participou iste luns na tertulia deportiva do programa da RG o tren do serán compatindo bagón con Lois Pardo de Brinquedia, dous xeitos diferenciados de entender a dinámica deportiva de esencia tradicional , un de xeito totalmente independente e enxergado no tempo no que vivimos e suamos e outro inspirado nos postulados marcados pola UNESCO. Radio Varal recupérache iste documento para que te sentes fronte á fiestra e desfrutes da paisaxe sonora montado niste tren radiofónico.

segunda-feira, outubro 08, 2007

PREPARA O TRANSISTOR PARA SENTIR O ALENTO DA LNB NA TERTULIA DEPORTIVA DO TREN DO SERÁN!!


ISTA TARDE DE LUNS A PARTIRES DA 19: 15 H , DAVIDE DÍAZ , O MÁXIMO RESPONSÁBEL DEPORTIVO DA LNB VAI RACHAR COA NEVOA SUBIDO NO BAGÓN DA TERTULIA DEPORTIVA DO TREN DO SERÁN DA RADIO GALEGA. GOLPES E BERROS CONTRA O IMPERIALISMO DEPORTIVO!!

quinta-feira, outubro 04, 2007

FERNANDO VEIGA ULTIMA A LISTA DE CONVOCAD@S PARA A PRIMEIRA EDICIÓN DA COPA CANTÁBRICA de BILLARDA!!

Atención palanadores e palanadores das dúas conferencias porque moi pronto o seleccionador galego de billarda Fernándo Veiga fará pública no Varal a súa lista de convocados para desputar a 1ª edición da Copa Cantábrica contra a potente selección de Asturies . O pasado ano produciuse o debú da Auténtica no campo de Pillarnu en Asturies donde ambas seleccións botaban a andar baixo unha intensa tromba de auga e de emocións , iste ano 2007 bota a andar a COPA CANTÁBRICA , unha especie de Bledisloe Cup que nace co fin de dar continuidade anual a iste choque e de situar no medio un título en xogo polo que loitar coma cans doentes, remataron pois as festas e celebracións polo debú da AUTÉNTICA e comeza a competición pura e dura donde os elexidos por ambas seleccións terán que deixar a pel e os dentes na pista se queren levar para o seu país o máis prestixoso dos trofeos entre nacións do deporte da billarda. A cita será o vindeiro 4 de Novembro de novo na pista de Pillarnu no concello de Castrillón, comeza a loita pola gloria da COPA CANTÁBRICA.

segunda-feira, outubro 01, 2007

TATATATA.......E JUAN PICO COLLEU O SEU NOVO TRABUCO E PÚXOSE A ENTREVISTAR!!!


Conmocionados aínda pola descomunal forza da primeira carreira da xornada, TELE-VARAL cun Juan Pico desbocado que rexeitando as multimillonarias ofertas doutras televisións decidíu renovar o seu micro para convertirse nise gran reporteiro de guerra que na pista de xogo ó igual que nas rúas de Birmania a vida custa menos ca unha lambetada á porta dunha galescola... e Juan Pico colleu o seu trabuco e entrevistou a Sak emisario da Conferencia NorOeste con epicentro na Coruña e a Cesar, reponsábel do dispositivo mediático enviado pola Galega á pista de Anguieira para retransmitir iste primeiro asalto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA.