O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 31, 2007

A COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA!!

O varal nunha acción sen precedentes tivo acceso á vitrinas donde está gardada e custodiada a COPA CANTÁBRICA de Lirio#Billarda pola que Asturies e Galiza van lotar coma cans doentes iste domingo 4 de novembro a partires das 12 h. na pista polideportiva de Piyarnu (Castrillón).

Apresentamos o sistema de xogo do internacional:

Cada selección apresenta 10 titulares , é dicer, 10 contra 10 donde cada seleccionador vai poder ir facendo os trocos que vexa convintes durante o transcurso do partido. Galiza convocou a 17 e Asturies 15 palanadores.

O Partido xogaranse a dous setos simultanos , é dicer dous grupos A e B donde se enfrontaran 5 contra 5 . No caso de cada selección gañar 1 seto faise o seto da morte , cada selección escolle 5 palanadores para desputar un único seto que desfaiga o empate.

NOTA: despois do partido espicha e xantar conxunto no Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Piedras Blancas , donde despois do café , chupiños e farias desputarase na pista anexa ó comedor o espectacular e impredicíbel XAMÓN CANTÁBRICO:

-O XAMÓN CANTÁBRICO: espectacular desquite do internacional , unha competición aberta para todos os palanadores e afeccionados donde mediante un todos contra todos , cada carreira vencida dá o pase á fase seguinte ate lograr chegar á gran final para meterlle o dente ó gran e exquisito XAMÓN CANTÁBRICO.

NEN UEFA NEN CHAMPIONS.....CHEGA O GRAN RETO INTERNACIONAL DA COPA CANTÁBRICA E DO XAMÓN CANTÁBRICO.