O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 30, 2014

E DESPOIS DOS FURANCHOS A SERPE MULTICOR DA LNB ASALTA A CAIXA DAS CIGALAS NO GRAN ABERTO DO 1 DE MAIO!!




















A serpe multicor da LNB calmou ista pasada find. a sempre insaciábel sede e a febre artística na brutal xira de furanchos do Xerro do Salnés...















Mais a fame e a reivindicacion da xustiza proletaria serán os protagonistas no agardadísimo Aberto de Billarda iste 1 de Maio apartires das 17 h. en Bueu . Coordinado polos referencias Gharabotos a LNB alvíscase coma gran alternativa nas festas de San Xosé do Cantodarea cun horizonte plagado de cigalas...LipiLape Sempre , Adiante co Aberto das Cigalas!!

terça-feira, abril 29, 2014

O XERRO 2014 QUEDA DE NOVO NO SUR...EN XIL A LNB COAS CUNCAS E OS PALÁNS ERGUEITOS DIPOSTOS A ASALTAR OS CEOS!!









Cando un colectivo social decide dar o paso ó fronte e esnaquizar o xugo opresor son os paláns a única ferramenta necesaria, así se demostrou e escenificou ista incendiara fin de semana nas rúas de Donetsk na antiga Ucránia e nas rúas de Xil na futura República Indíxena Galega...


















Alí de novo os astros , deuses e diaños que habitan nos furanchos se conxuraron para unha edicion máis celebrar con toda a intensidade o xá mítico Xerro do Salnés , un xerro que trancende oi ambito do desportivo para acender a lumieira xíbara que habita en cada un dos activistas que dende o mediodía se deron cita na Taberna da Cancela para descender ó marabilloso inferno na brutal Xira de Furanchos.

















O pistoletazo de síada foi na Taberna da Cancela donde Aber recibíu ós batathonianos da LNB a golpe de tinto acompañados duns espectaculares callos servidos nunha louza de impresión . No mesmo comedor da Taberna da Cancela simultaneamente ó recebemento se celebrou a mini-asemblea de urxencia de cara ó establecemento de parámetros cara o Play Off Nacional que vai eclipsar totalmente isa pantomimna das eleccións europeias. E a fume da carozo os activistas da LNB da Taberna da Cancela tiraron prestos ó mítico furancho do lado donde a festa xa tinxíu definitivamente os nosos dentes e beizos de cor morado sen retorno.

















Con carater de urxencia e coa unión á xeira de furanchos dos bravos e indomábeis palanadores e palanadoras de Case lle din o tribo xíbara subíu á Gauada da LNB para realizar o ascenso cara o labirinto infindo de furanchos.


















A istas alturas , coma en anteirores ocasions ,  Suso Villarino colleu o timon imposíbel diste gran batuxo de xeo e lume que camiñaba de xeito irremediábel cara as fervenzas do tinto....














sen dúbida os xenes se transmiten de xeracion en xeracion e iso se demostra sen dúbida co coidado e atencion que o gran lider Suso Villarino dispensa a toa a tribo lurancheira da LNB non é de estranar que tan só unha semana antes en Barreiros sangue do seu sangue inaugurara a nova sede do referencial centroestético Coida de Ti para a mariña e o páis enteiro

















A xira avanzaba e a cada cunca as fronteiras se derriban , o Italo-Galego Franco e Catálá de ascendeicia galego-aragonesa Xoxé Miguel ó igual que o resto de tribo charlaban nun xa idioma estrano sobre os grandes retos futuros que a LNB ten que afrontar...
















Retos coma a inmersion televisiva que só os imbéciles que dirixen os detinos da televison galega negan sistematicemente coa súa actuacion e programacion totalmente anti-galega. Cun espectar poema visual de protesto pola situacion da nosa television pública o gran Tonho Randeeira sitúase diante dun aparello emisor nun furancho sustituindo o micrófono do reporteiro polo copo de viño nun xesto de transgresion e insubmision absoluta coa liña editorial do ente "rexional".

















E para coller forzas , por primeira vez na história o abitollamento foi realizado nun dos furancho da xira . Un acerto en toda a regra que deixou unha vez máis en cada cunca a semente de victoria..

















Á tardiña a pista das Angustias amosaba un aspecto impresionante proprio das grandes ocasións como a que se estaba vivindo ista tarde do 26 de abril xa que durante a xira de furanchos se reflexionou sobre ista edicion que se mal non se cadran as datas era a décima. Haberá que analizalo con calma porque de ser certo teremos que estar atentos para cando sexa a 15 facer algo aínda máis explosivo ca unha edición normal..


















E de novo pese ó impetu dos palanadores e palanadoras do Norte a xira de furanchos como é norma , castigou a precision e a forza dos corpos o que facilitou a laboura de Albino , o gran palanador de Lúa de Forza que coa súa victoria no Aberto fai que unha vez máis o xerro quede na Taberna da Cancela en homenaxe dos activistas LNB do poderoso hemisferio Sur...Xerro , Billarda e Furanchos  Sempre. Adiante coa Taberna da Cancela  !!    

sábado, abril 26, 2014

XERRO_2014...EN CADA CUNCA DE PAÍS , UN INFINDO VARADO XÍBARO!!


































Moitos palanadores e palanadoras cando inician cada tempada pensan so e exclusivamente no día en que de novo os seu pés pisen a pista da Capela da Angustias e os seus beizos biquen as cuncas dos furanchos...pois isa angustia vital xa chegou ó seu fin. Con saida ás 8:30 h. da estacion de Buses de Ribadeo a Guagua da LNB vai chegar a Xil despois de recoller os activistas LNB en Compostela case con palanadores sobre o tellado , as prediccion metereolóxicas son pésimas pero as emocionais inmellorábeis , mollados por dentro e empapados por fóra disa choiva que só temen os cobardes . A quedada é as 12 h. na taberna da Cancela de Xil ( Meañao ) para arrincar a mítica e impredecíbel xira de furanchos porque o pase despois só os deuses do viño e os diaños da billarda o decidirán...  


















E por donde escorregarán tamén as cuncas de viño da xira de furanchos é na xornada da Liga Gallaecia de futbol gaélico na Coruña que simultaneo á desputa do Xerro_14 desputan a súa sétima xornada regular con varias equipas con palanadores e palanadoras da LNB reforzando as súas plantillas.



















E donde escorregará tamén o viño das cuncas da LNB e o punk rock indíxena é na festa concerto na Gentalha do Pichel diste sábado á noite en solidaridade cos pres@s políticos galegos que o estado español ten secuestrados nas súa cadeas baixo a acusacion de pertenza a unha banda armada que só existe nas mentes calenturientas dalguns xornalistas e políticuchos para o seu propio beneficio. Ex-tension Agraria a banda formada por palanadores da LNB xunto coa Carricobanda apartires das 21:30 de seguro farán tremer os cimentos da catedral de Santiago e do maldito código penal español .. Amnistía Total, adiante co Varal!!  

segunda-feira, abril 21, 2014

A GUAGA DA LNB ( RIBADEO-XIL ) QUENTA XA OS MOTORES DE CARA Ó GRAN DESAFÍO DO XERRO DO SALNÉS 2014!!
















No subconsciento colectivo aquela impactante esccea do acribillamento a tiros da seleccion de Togo na fronteira de Angola co Congo cando ían desputar a fase final da Copa de áfrica de futbol , nun intre tan combulso ou mais ca aquel na Galiza a Guaga da LNB decide desafiar de novo a dictadura das liñas continuos para iste vindeiro sábado 26 de abril botarse á estrada para realizar o trazado Ribadeo-Xil , sinónimo de loita e compromiso da tribo LNB para executar unha nova edicion do xa mítico Xerro do Salnés. A saida será as 8 h. da estacion de buses de Ribadeo con paradas no Bar Cruceiro do Pino e na estacion de Buses de Compostela , se queres unirte á expedicion ponte en contacto...














Porque uha vez máis a alinaza Taberna da Cancela e a LNB vai xerar lóstregos en cada cunca ergueita durante a exploiva xira de furanchos , que desembocará nun xantar de irmandade no ultimo furancho da xira para a continuacion @s que se manteñan a cordura e o equilibrio desputar o Aberto do Xerro do Sanés 2014. Furanchos sempre, adiante co varal!! 

sábado, abril 19, 2014

ISTE SÁBADO EN PONFERRADA CHURRASCO E BILLARDA Á ESGALLA NO 3º ABERTO DO BIERZO DE SEMANA SANTA!!
















Todo listo e disposto nas Dehesas para que iste sábado Ponferrada se convierta no epicentro mundial do deporte da billarda , por terceiro ano consecutivo a Semana Santa no Bierzo ten cheiro a madeira e a churrasco  . Daqueles polvos no xa mítico Aberto de Viladepuas coordinado polo gran referente Copi a istes lodos da xa consolidada e referencial marca LNB BillardaBierzo.

















Coa grella preparada o Tío Migui , o gran xestor do procecto BillardaBierzo , agarda a nativos e visitantes que iste sábado se atrevan a desafiar as leis da gravidade nunha nova edicion do xa consolidado Aberto de Semana Santa do Bierzo , se non tes palán e billarda non te preocupes porque a organizacion proporcionache o material deportivo e fai por chegar con fame porque a inscripcion no Aberto dáche ise que debera ser dereito básico da humanidade que é desfrutre do churrasco ...Churrasco e Billarda Sempre, Adiante BillardaBierzo!! 

quarta-feira, abril 16, 2014

O LOBO DE CORCUBION ...O GRAN REFERENTE NA GUERRA ASIMÉTRICA DA LNB!!



















O punk sempre foi un dos pilares básicos nos que asentou a filosofía de accion directa da LNB , non agardar por naide a máxima do faino ti mesmo e non hai futuro máis aló do noso Varado é algo que fixo dende sempre que a firmeza de cada un dos nosos golpexos guiara os centos de accións colectivas coas que a diario golpexamos o pelexo diste gran boi da chega chamado Galiza. Porque a mensaxe da LNB está na brisa só fai falla que ti estexas receptiv@ e te convirtas nise lobo que traduza os códigos do vento en Varados , iso é que fixo Alex García que dende Corcubion decidíu armarse e armar ós seus con paláns e billardas e transformarse nun activista LNB de pleno dereito realizando Abertinhos a xeito de pequenos lóstregos que de seguro moi pronto se transformarán en grandes treboadas...















Isa é o xeito de actuar , sen complexos socializando o conflicto billardeiro nunha área donde aínda a LNB non tiña presenza física a funcion catalizadora de Alex está sendo todo un revulsivo e exemplo para tod@s aqueles que desexen dar o páso ó fronte e coller o palán. Corcubion entra pois a formar parte da temíbel guía asimética da LNB donde se sinalan os puntos de acción e máis que o vai a ser xa xa que Alex está construindo as trincheiras para a desembarco LNB con palestra e Aberto en toda a regra...



















Un desembarco na costa da morte que cada vez se olla máis preto xa que despois do exitazo do Billarda All Stars en Carballo , as incursions da activistas LNB do Salnés en Fisterra para intervir sobre o terreo cos seu varados e a firmeza dos golpexos de Alex e os seus en Corcubion fan de todo isto un coctel absutamente  explosivo de consecuencias impredecíbeis e que coma acontece en Ponferrada van facer tremer as grellas , o mar e a terra...#faitedaLNB!!

domingo, abril 13, 2014

FRECES, "TORRIJAS" E TORREIRO....EN CADA ABERTO UNHA RESTRA DE RAZÓNS PARA CONQUISTAR O FUTURO!!



















Por fin as FRECES , ise brutal e doce manxar indíxena, chegou ás pistas da LNB e como non podía ter mellro acougo que as mans dos vencedores do Aberto de bretoño que leva o seu nome , encabezados polo palanador galego-italiano Franco que arrasou na pista rápida da Pastoriza as freces bañaron tamén a gloria de Coedo e Corton coma segundos e terceiros clasificados nun podio no que os Ex-Tension Billarda propinaron  un novo puñetazo riba da mesa ó instaurar unha nova e inédita categoría que premia ó derradeir@ clasificado da xornada , nista ocasion foi para Artai e recolleuno no seu nome Irea xa que o activista LNB xa liscara do pavillon deportivo...


















E pese a que en Bretoña se tentou desafiar a tarde e xogar o Aberto a ceo aberto no espectacular campo de futbol as circunatancias empurráron cara un desenlace indoor , todo o contrario que os activistas da Conf. Sur que nun espazo mítico coma o Torreiro do Porriño donde as pinchas comezaron a bruar unha tarde  do 2008, desfrutaron dunha tarde caralluda para o desenrolo do noso desporto nacional co retorno ademáis á activiade billardeira de grandes estrelas do universo LNB coma Pinto o anti-Cristiano ou anti-Cristo da Billarda...

















E por se non fóra pouco o que se aramou no Torreiro e Bretoña ó día seguinte o Toxo Verde de Cádiz da referencial primeira conferencial externa da LNB botaba un novo á história e á gastronomía tradicional coa celebracion do gran Aberto das "Torrijas" , polo momento Maya non foi capaz de frear ó gran Luis Camiña que para alí se tirou para tentar calmar coas Torrijas a súa fame de gloria billardeira. No Toxo Verde coma no resto da Conferencial xa se ulitma todo o proceso de inmersion no Play Off Nacional , alí , dende logo estará o comando Andalucía e con el as espectaculares camisetas azuis de Conferencia que maxistalmente luce Maya no seu corpiño de futura gran estrela da LNB ...Toxo Verde Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, abril 11, 2014

ISTE SÁBADO BRETOÑA E O TORREIRO...UN PEQUENO PASO PARA O PALANADOR@ MAIS UN GRAN CHIMPO PARA A CIVILIZACION BILLARDEIRA!!


















Espectacular interconexion entre a conf. mae e a Sur que iste sábado de xeito natural retornan ó seu punto de partida , Bretoña e o Torreiro no Porriño foron ise chan luar donde os palanadores dun e outro hemisferio deron ise pequeno paso para o home pero un gran chimpo para a humanidade .E serán as Freces , ise brutal e indíxena manxar doce que polo que os palanadores e planadoras da norlete lotarán no pavillón da parrokia Pastoricense loitarán no pavillón municipal e iste vez segundo por primeira  vez na história as freces pola teima indomábel dos Ex-Tension Billarda chegarán á pista de xogo para ledicia dos campións e de tod@s os participantes que por fin poderán degustar iste indíxena manxar . E por se non fora pouco inmersión na deconstruccions local a LNB para mergullarse aínda máis no ADN de Bretoña chega disposta a berrar máis Cepos NOM nas pernas das bestas nen nos paláns dos palanadores e palanadoras da LNB..

















Imperdíbel igualmente o Aberto que simultanemente a Bretoña se desenrolará no Torreiro do Porriño sobre todo se antes te sumerxes nas augassantas do web-blog oficial da conf. sur donde se recorda ise intre histórico da prehistória billardeira no que uns palanadores e palanadoras no 2008 refregaron uns paláns contra unhas pinchas para que surxira ise lume salvaxe que dende aquela alumea a toda a civilizacion billardeira...Iste sábado organiza o teu comando porque en Bretoña e no Torreiro tes unha cita coa história .Pincha Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, abril 07, 2014

A DOCE PEGADA DA LNB NA PROCURA DA SOBERANÍA DESPORTIVA E ALIMENTAR!!
















Todo listo e diposto na cociña do Toxo Verde para un novo golpe de tixola da referencial Conferencia Andalucía , coincidindo co incio da semena santa e para animar aínda máis a vindeira xornada na primeira Conf. externa da LNB dispóñense a realizar un espectacular concurso de "Torrijas" que paralelo ás billardas na pista de xogo competiran nas categorías da máis rica, bonita e orixinal.

















Son niste tramo da tempada as Torrijas máis necesarias ca nunca xa que as enerxías cando a loita se recrudece cada vez máis para facerse un sitio no Play Off Nacional de Morrozos un intre clave no que temén os xornais fartos da saturacion de azúcares industriais saturados dos deportes coma o futbol torcen a ollada cara ás pistas da LNB na procura disa autenticidade que o pobo esixe nistes tempos de podredume e miseria moral. Ista find. a terra tremeu cunha dóbel xornada na Sardiñeira  da Coruña e coa abordade do Casino mercantil de Pontevedra.

















Unha invasion a das billarda nos xornais que xa comeza a ser alarmante para ises círculos de porder que ollan cara as pistas da LNB con desacougo cara ista imparábel involucion desportiva en cada un dos recunchos do país . É por elo que seguindo a doce pegada das Torrijas da Conf. Anadaluza en Bretoña xa se preparan as cuncas para o Aberto das Freces e no Porriño as pedras súan ante o que se lles ven enriba ista vindeira fin de semana...Torrijas, Freces , Granito e Billarda Sempre!!  

sexta-feira, abril 04, 2014

PONTEVEDRA E A CORUÑA...ISTA FIND. DEIXATE INVADIR POLA SINDROME DA RAIBA BILLARDEIRO-TRANSITORIA!!

















Iste sábado ataque global da LNB ó Casino Mercantil de Pontevedra despois da paletestra e visionado billardeiro do xoves a tribo das RíasBaixas vai chegar quente para a desputa do novo Aberto Puntuábel nos territorios conflictivos de Cons , terra mae do referencial Proxecto Mourente.

















E ademáis de bordado nas camisetas tatuado no pelexo teñen o lgo da LNB os activistas da Conferenica Noroeste que iste domingo apartires das 11:30 h. voltarán invadir a Sardiñeira da Coruña . Xa sabes iste domingo se estás pola Coruña madruga ou non te deites....Billarda Sempre , Adiante co Palán!!

quinta-feira, abril 03, 2014

MOURENTE , BILLARDAS EN ALTO EN APOIO DOS COMUNEIROS POLA TITULARIDADE DOS TERREOS DO HOSPITAL MONTECELO!!



Os activistas da Conf. Rías baixas coas bonecas aínda quentes e os paláns aínda fumegando despois do exitazo da accion executada na Garda pertencente á veciña conf. sur , prepáranse para iste sábado asaltar as instalacions do Casino mercantil e industrial de Pontevedra donde ademnáis do Aberto puntuábel procederase á visualizacion dun documental sobre o patrimonio lúdico inmaterial de Pontevedra e posteriormente se prodecerá á realizacion dunha palestra sobre o escorregar do desporto da billarda no século 21.













Unha revolucion a da billarde que se por algo se caracteizou niste século e nos anteriores foi por posicionarse sempre ó carón das loitas do pobo alegre e combativo , a LNB sempre cos productos e cos veciños do espazo no que se realiza o Aberto polo que iste sábado as billardas das RíasBaixas brurán ó carón dos Comuneiros de Mourente que esixen a urxentes restitucion do título de propiedade sobre os terreos nos que se asenta o hospital de Montecelo que a xunta proxecta pechar e comezar unha nova lea especulativa ... Billarda Sempre, Adiante cos Comuneiros de Mourente!!