O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 26, 2014

XERRO_2014...EN CADA CUNCA DE PAÍS , UN INFINDO VARADO XÍBARO!!


































Moitos palanadores e palanadoras cando inician cada tempada pensan so e exclusivamente no día en que de novo os seu pés pisen a pista da Capela da Angustias e os seus beizos biquen as cuncas dos furanchos...pois isa angustia vital xa chegou ó seu fin. Con saida ás 8:30 h. da estacion de Buses de Ribadeo a Guagua da LNB vai chegar a Xil despois de recoller os activistas LNB en Compostela case con palanadores sobre o tellado , as prediccion metereolóxicas son pésimas pero as emocionais inmellorábeis , mollados por dentro e empapados por fóra disa choiva que só temen os cobardes . A quedada é as 12 h. na taberna da Cancela de Xil ( Meañao ) para arrincar a mítica e impredecíbel xira de furanchos porque o pase despois só os deuses do viño e os diaños da billarda o decidirán...  


















E por donde escorregarán tamén as cuncas de viño da xira de furanchos é na xornada da Liga Gallaecia de futbol gaélico na Coruña que simultaneo á desputa do Xerro_14 desputan a súa sétima xornada regular con varias equipas con palanadores e palanadoras da LNB reforzando as súas plantillas.



















E donde escorregará tamén o viño das cuncas da LNB e o punk rock indíxena é na festa concerto na Gentalha do Pichel diste sábado á noite en solidaridade cos pres@s políticos galegos que o estado español ten secuestrados nas súa cadeas baixo a acusacion de pertenza a unha banda armada que só existe nas mentes calenturientas dalguns xornalistas e políticuchos para o seu propio beneficio. Ex-tension Agraria a banda formada por palanadores da LNB xunto coa Carricobanda apartires das 21:30 de seguro farán tremer os cimentos da catedral de Santiago e do maldito código penal español .. Amnistía Total, adiante co Varal!!