O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 29, 2014

O XERRO 2014 QUEDA DE NOVO NO SUR...EN XIL A LNB COAS CUNCAS E OS PALÁNS ERGUEITOS DIPOSTOS A ASALTAR OS CEOS!!









Cando un colectivo social decide dar o paso ó fronte e esnaquizar o xugo opresor son os paláns a única ferramenta necesaria, así se demostrou e escenificou ista incendiara fin de semana nas rúas de Donetsk na antiga Ucránia e nas rúas de Xil na futura República Indíxena Galega...


















Alí de novo os astros , deuses e diaños que habitan nos furanchos se conxuraron para unha edicion máis celebrar con toda a intensidade o xá mítico Xerro do Salnés , un xerro que trancende oi ambito do desportivo para acender a lumieira xíbara que habita en cada un dos activistas que dende o mediodía se deron cita na Taberna da Cancela para descender ó marabilloso inferno na brutal Xira de Furanchos.

















O pistoletazo de síada foi na Taberna da Cancela donde Aber recibíu ós batathonianos da LNB a golpe de tinto acompañados duns espectaculares callos servidos nunha louza de impresión . No mesmo comedor da Taberna da Cancela simultaneamente ó recebemento se celebrou a mini-asemblea de urxencia de cara ó establecemento de parámetros cara o Play Off Nacional que vai eclipsar totalmente isa pantomimna das eleccións europeias. E a fume da carozo os activistas da LNB da Taberna da Cancela tiraron prestos ó mítico furancho do lado donde a festa xa tinxíu definitivamente os nosos dentes e beizos de cor morado sen retorno.

















Con carater de urxencia e coa unión á xeira de furanchos dos bravos e indomábeis palanadores e palanadoras de Case lle din o tribo xíbara subíu á Gauada da LNB para realizar o ascenso cara o labirinto infindo de furanchos.


















A istas alturas , coma en anteirores ocasions ,  Suso Villarino colleu o timon imposíbel diste gran batuxo de xeo e lume que camiñaba de xeito irremediábel cara as fervenzas do tinto....














sen dúbida os xenes se transmiten de xeracion en xeracion e iso se demostra sen dúbida co coidado e atencion que o gran lider Suso Villarino dispensa a toa a tribo lurancheira da LNB non é de estranar que tan só unha semana antes en Barreiros sangue do seu sangue inaugurara a nova sede do referencial centroestético Coida de Ti para a mariña e o páis enteiro

















A xira avanzaba e a cada cunca as fronteiras se derriban , o Italo-Galego Franco e Catálá de ascendeicia galego-aragonesa Xoxé Miguel ó igual que o resto de tribo charlaban nun xa idioma estrano sobre os grandes retos futuros que a LNB ten que afrontar...
















Retos coma a inmersion televisiva que só os imbéciles que dirixen os detinos da televison galega negan sistematicemente coa súa actuacion e programacion totalmente anti-galega. Cun espectar poema visual de protesto pola situacion da nosa television pública o gran Tonho Randeeira sitúase diante dun aparello emisor nun furancho sustituindo o micrófono do reporteiro polo copo de viño nun xesto de transgresion e insubmision absoluta coa liña editorial do ente "rexional".

















E para coller forzas , por primeira vez na história o abitollamento foi realizado nun dos furancho da xira . Un acerto en toda a regra que deixou unha vez máis en cada cunca a semente de victoria..

















Á tardiña a pista das Angustias amosaba un aspecto impresionante proprio das grandes ocasións como a que se estaba vivindo ista tarde do 26 de abril xa que durante a xira de furanchos se reflexionou sobre ista edicion que se mal non se cadran as datas era a décima. Haberá que analizalo con calma porque de ser certo teremos que estar atentos para cando sexa a 15 facer algo aínda máis explosivo ca unha edición normal..


















E de novo pese ó impetu dos palanadores e palanadoras do Norte a xira de furanchos como é norma , castigou a precision e a forza dos corpos o que facilitou a laboura de Albino , o gran palanador de Lúa de Forza que coa súa victoria no Aberto fai que unha vez máis o xerro quede na Taberna da Cancela en homenaxe dos activistas LNB do poderoso hemisferio Sur...Xerro , Billarda e Furanchos  Sempre. Adiante coa Taberna da Cancela  !!