O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 13, 2014

FRECES, "TORRIJAS" E TORREIRO....EN CADA ABERTO UNHA RESTRA DE RAZÓNS PARA CONQUISTAR O FUTURO!!



















Por fin as FRECES , ise brutal e doce manxar indíxena, chegou ás pistas da LNB e como non podía ter mellro acougo que as mans dos vencedores do Aberto de bretoño que leva o seu nome , encabezados polo palanador galego-italiano Franco que arrasou na pista rápida da Pastoriza as freces bañaron tamén a gloria de Coedo e Corton coma segundos e terceiros clasificados nun podio no que os Ex-Tension Billarda propinaron  un novo puñetazo riba da mesa ó instaurar unha nova e inédita categoría que premia ó derradeir@ clasificado da xornada , nista ocasion foi para Artai e recolleuno no seu nome Irea xa que o activista LNB xa liscara do pavillon deportivo...


















E pese a que en Bretoña se tentou desafiar a tarde e xogar o Aberto a ceo aberto no espectacular campo de futbol as circunatancias empurráron cara un desenlace indoor , todo o contrario que os activistas da Conf. Sur que nun espazo mítico coma o Torreiro do Porriño donde as pinchas comezaron a bruar unha tarde  do 2008, desfrutaron dunha tarde caralluda para o desenrolo do noso desporto nacional co retorno ademáis á activiade billardeira de grandes estrelas do universo LNB coma Pinto o anti-Cristiano ou anti-Cristo da Billarda...

















E por se non fóra pouco o que se aramou no Torreiro e Bretoña ó día seguinte o Toxo Verde de Cádiz da referencial primeira conferencial externa da LNB botaba un novo á história e á gastronomía tradicional coa celebracion do gran Aberto das "Torrijas" , polo momento Maya non foi capaz de frear ó gran Luis Camiña que para alí se tirou para tentar calmar coas Torrijas a súa fame de gloria billardeira. No Toxo Verde coma no resto da Conferencial xa se ulitma todo o proceso de inmersion no Play Off Nacional , alí , dende logo estará o comando Andalucía e con el as espectaculares camisetas azuis de Conferencia que maxistalmente luce Maya no seu corpiño de futura gran estrela da LNB ...Toxo Verde Sempre , Adiante co Varal!!