O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 29, 2005

O CHOFER DA GUAGUA

Se queredes sentir a mesma emoción que sentiron os vecinos de San Pedro de Benquerencia durante a disputa do II Torneo do Palán de Ouro, non tedes máis que darme un toque e collo a guagua cos galácticos e galácticas da Billarda e imos onda ti facer un Torneo. O número da cabina na que estou aparcado é 619.570976 , tamén podedes comunicar conmigo por medio do correo: ovaral@hotmail.com.

Plácido, o chofer da guagua da LNB, agarda a vosa chamada aparcado ó lado dista cabina imposible. Posted by Hello

quinta-feira, abril 28, 2005

O SÍNDROME DO POST- TORNEO

Despois do éxtase vivido en San Pedro de Benquerencia, a volta á normalidade faise moi dura ,costa moito reincorporarse á vida civil , é decer ,ser homes e mulleres alonxados dos nosos paláns e billardas de xogo , os palanadores e palanadoras están desexando voltar ás pistas da LNB para confirmar ou vengar os seus resultaltados colleitados no último campionato, todo isto nos leva a plantexar de xeito formal a necesidade da cración unha federación galega de billarda e a posible instauración dunha Liga Profesional de Billarda.

A LNB infantil que iniciou a súa andaina en San Pedro de Benquerencia durante a disputa do II Torneo do Palán de Ouro é un garante para o futuro do noso deporte. Agardamos que cando istes xoves palanadores e palanadoras inicien a súa andaina senior sexa no marco dunha competición federada e profesional. Posted by Hello

terça-feira, abril 26, 2005

CRÓNICO: "II PALÁN DE OURO" / 24-4-05

Un torneo tan especial necesitaba dunha crónica tamén especial. O Varal decidiu desmenuzar en pedaciños pequenos cada momento, cada instante vivido polos palanadores e palanadoras que se deron cita na pista do Canteiro de San Pedro de Benquerencia. Aquí tedes en catro partes o mellor do II Palán de Ouro, saboreade intensamete istes "quesitos" de historia da LNB!!

A vermella foi a cor dominante no "II Torneo do Palán de ouro", foi sorte dun día ou é que a franquicia dos Petapouco deu un golpe de efecto para desmarcarse na competicion?. A resposta nos próximos torneos da LNB. Posted by Hello

CRÓNICO 1: O RETROVISOR DA LNB

A pista do Canteiro amosaba un espectacular aspecto para recibir ás 16 horas ós palanadores e palanadoras que ata San Pedro se desprazaron coas ansias de seren eles os elexidos pola gloria para levar o máis importante dos torneos que se celebran na LNB, O Palan de Ouro. Fai un ano a pista de San Xurxo de Lourenzá foi o escenario no que se disputou a primeira edición diste xa mítico Torneo, unha imaxe quedeou marcada no subconsciente de todos os que alí estabamos e tamén dos que non xa que a primeira imaxe da LNB impresa foi a imaxe dun Ismael pletórico levantando o Palán de Ouro, era o intre de mellor xogo e de maior popularidade mediática diste galáctico dos Petapouco de Barreiros.
A partires dise momento a presión apagou a chama diste fenomenal palanador de Celeiro de Mariñaos e iniciou o que podemos chamar como a travesía do deserto, torneos nos que nada saía ben, a espectaluaridade dos seus golpexos de antes estaba ausente en cada intento de levantamento de billarda....., pero claro, iso algún día tiña que rematar.

imaxe espectacular dun palanador iniciando carreira na disputa do "II Palán de Ouro" Posted by Hello

CRÓNICO 2: GASTANDO PISTA

A LNB estreaba saba rotulada, un enorme Palano de case 2 metros de alto coas marcas da Asociación deportivo e cultural O Varal presidía a competición colgado da parte traseira do escenario situado a pé de pista. Os palanadores iniciaron roldas de quencemento e xa foron conscientes de que o vento e a auga ían tamén meter papeletas na bolsa para participaren na disputa do II Palán de ouro.
As cámaras de www.elfarero,com foron testigo de todo o que pasou nistes intres de emoción contida, intres nos que de reollo o palanador tenta recabar información de cómo están os contrincantes, intres nos que todo é posible, moi axina xa se saberá o resultado, quén será o elexido pola gloria da LNB?
A megafonía traida por un palanador debutante no oficio das pistas de xogo máis un veterano nas pistas de baile xa que é un dos máis acreditados músicos da mariña , xunto con Gasalla , Cadramón forman o dueto dirixente disa fenomenal orquestra chamada Lecer, e falamos con coñecemento de causa xa que o venres 22 na sala de festas Metro Bar de Reinante (Barrieros) moitos dos palanadores e palanadoras presentes en San Pedro estiveron gastando pista nunha festa organizada pola asociación APNED na que tanto LECER coma o resto dos presentes puxeron a súa solidaridade con ista asociación de pais de nenos discapacitados que tanto e tan ben están traballando para a inclusión social dos seus nenos e nenas.

Cadramón retransmitindo a pé de pista. Posted by Hello

CRÓNICO 3: UN FURACÁN IMPARABLE

Agora xa non valen as probas, o II Torneo do palán de ouro dá comenzo entre a locución emocionada dun Cadramón narrando segundo a segundo o acontecido na pista do Canteiro como se dun especial carrusel LNB se tratara.
Unha cousa xa quedou clara ás primeiras de cambio, Lourenzá cuna de tantos e tan bos palanadores e palanadoras fraqueaba dun xeito preocupante, xermán , o tricampión da LNB amosaba unha espectacular baixa forma , erraba continuamente non chegando a gañar ningunha das tres carreiras no seu grupo, Vicente, o campión do torneo anterior parecía como se o Lacón gañado en Lourenzá se lle atragantara e amosaba un enorme nerviosismo e malestar consigo mesmo e co vento que impedía as súas evolucións na pista. Así as cousas Fran o palanador da Recemil foi o único xogador de Lourenzá que se puido colar para a disputa dos cuartos de final, nen sequera Ana puido ser inmune ó meigallo que a pista de San Pedro lle propiciou ós palanadores de Lourenzá.
Labrada , xogador veterano que demostrou que a partir dos cincuenta é cando mellor se domina iste deporte , púxolle moi difícil o pase a semifinais a David que tentaba con uñas e dentes acadar o palán de ouro, Toño, nunha evolución maxistral recordaba aquela tarde chuviosa de Celeiro de Mariñaos donde xa presentou a súa candidatura para chegar a gañar un trofeo LNB, mais non puido, ser chocou co furacán Ismael , nunca antes un palanador amosara semellante xogo , Ismael non lle deu opción a nadie, O Zidane da Billarda simplemente pasou o rodillo e listo.
Ana dos petapouco caía en semifinais por moi pouco contra o seu compañeiro de escadra David , os dous Petapouco que adestran xuntos ían medir forzas nunha final dun gran slam .
Niste inte tan decisivo a chuvia fixo acto de presencia, os afeccionados que non tiñan paraugas nun arrebato de paixón correron abrigarse debaixo do palco e O Zidane da Billarda nun estrano acto reflexo desfíxose da chaqueta de chándal que vestía e quedou coa camiseta dos Petapouco baixo a forte e intensa chuvia .
A saida de carreira errada polo palanadores dou lugar o un novo intento no que David abanzou moi timidamente , a resposta de Ismael foi a que marcou ista edición do palán de ouro, está grabada para sempre na retina dos alí presentes, dun só golpe e a unha distancia de máis de 60 metros Ismael introduciu a billarda entre os dous paus que forman O Varal.

Fram , o palanador dos Petapouco residente en Compostela tenta levantar a billarda na pista do Canteiro de San Pedro. Posted by Hello

CRÓNICO 4: A ENTREGA DOS PREMIOS

Na casa rosada do pobo de San Pedro a LNB fixo a cerimonia de entreda de premios, Ana dos petapouco gañou o palán de ouro á primeira muller clasificada ,Lía , Tamara e Adrián reolleron as medallas que os acreditan coma os participantes do I Torneo infantil LNB, Servando e Labrada recolleron tamén as medallas ós xogadores máis veteranos.
Pero como non podía ser douto xeito Ismael ,o gañador da LNB despois de recoller o Palán de Ouro e atender ós medios desprazados ata San Pedro aínda tivo tempo para interesarse e adoptar o gatiño da LNB, un animal con só uns días de vida que un palanador recolleu do contenedor do lixo . Outro deporte é posíbel!!

Ismael , "O Zidane da Billarda" amosa toda a súa ledicia na festa posterior á entrega de premios na casa rosada de San Pedro. Posted by Hello

segunda-feira, abril 25, 2005

UNIDOS POLO DESTINO

ISMAEL E O PALÁN DE OURO FORMAN UNHA UNIÓN A PROBA DA BALAS

Van celebradas dúas edicións do Torneo do Palán de Ouro e as dúas foron gañadas por Ismael “ O Zidane da Billarda”. De novo a LNB vai contar con iste excelente palanador de Celeiro de Mariñaos coma embaixador mundial do deporte da billarda . As cámaras de www.elfarero.com foron testigos do Torneo de San Pedro de Benquerencia , Billarda–LNB, outro deporte é posible!!, é o documental que logo imos poder ver no que Ismael “O Zidane da Billarda” e Xermán Viluba falan da nova billarda do século 21.

Ismael "O zidane da Billarda", un ano despois volta a conquistar o trofeo que o fixo famoso. Posted by Hello

A ESTRELA BRILA DE NOVO

San Pedro de Benquerencia marcou un punto de inflexión na historia da LNB, a maxia voltou de novo a facer presencia nas pistas de billarda, Ismael Cabanas “O Zidane da Billarda “ demostrou dende o primeiro golpe que era un firme candidato para gañar de novo ,un ano despois o xa mítico” II palán de ouro”. Con un xogo absolutamente agresivo e sen posibilidade de resposta por parte dos seus contrincantes plantouse nas semifinais e arrasou con Toño o palanador dos Petapouco tivo unha tarde moi inspirada mais ante o furacan Ismael non hai inspiración que vaia se cun único golpe a máis de 60 metros de distancia mete a billarda entre os dous paus que marcan os Varal, pero iste non foi o único Varado que o resucitado Zidane da Billarda realizou na mollada tarde de San Pedro. Os reloxos marcaban as 19 horas cando os dous finalistas do II Palán de Ouro se dispunan a iniciar a carreira , a chuvia que ameazou toda a tarde fixo presencia nistes momentos de máxima tensión dos dous palanadores dos Petapouco da barreiros, David e Ismael víctimas da presión ,erraron os seus primeiros lanzamentos mais a resposta de Ismael ante un tímido arranque de David foi plantar ante o delirio das bancadas de San Pedro de benquerencia un novo Varado ou tiro directo que o voltaba a colocar entre a élite da LNB. Moitos botabamos de menos a Ismael “O Zidane da Billarda” , iste palanador de Celeiro de Mariñaos atravesou un ano de sequía total en canto a xogo e resultados nunha andaina do deserto que rematou en San Pedro de Benquerencia , a gran estrela da billarda brila de novo no ceo da LNB.

Resultados "II Palán de Ouro" / 24-4-05:

CUARTOS DE FINAL:

SERVANDO – ANA / LABRADA- DAVID / FRAN – TOÑO / VICENTE – ISMAEL

SEMIFINAIS:

ANA-DAVID / TOÑO- ISMAEL /

FINAL:

DAVID- ISMAEL

GAÑADOR:

ISMAEL CABANAS “ O ZIDANE DA BILLARDA”

Imaxes dunha final histórica entre a chuvia de San pedro de Benquerencia , Ismael "O Zidane da Billarda" dun único golpe resolveu a final ante o seu compañeiro de Franquicia David. Voltou a maxia ás pistas da LNB!! Posted by Hello

quinta-feira, abril 21, 2005

FUME NEGRO NA CHEMINEA DA LNB

Polas 18:30 da tarde do domingo 24 imos ter xa o nome do elexido pola gloria para saír da pista do Canteiro de San Pedro de Benquerencia coma "portador ou portadora do palán de ouro". A final diste torneo vai disputarse despois dun pequeno partido entre os máis cativos da Liga , inauguramos así a tanda de torneos infantis da LNB.Iste descanso entre a semifinal e a final vai permitir ós dous palanadores que se enfronten na carreira definitiva analizar as tácticas de xogo, consultar cos seus adestradores e cos compañeiros de franquicia para sacaren o máximo rendemento de cada golpexo do palán contra a billarda, de seguro que será unha espera tensa na que os segundos se farán eternos e o a presión polo triunfo vai facer caer pequenos gotexos de suor pola faciana dos elexidos , o illamento e a concentración do palanador nistres intres tan decisivos é fundamental para o desenrolo final do seu xogo, pode que outra oportunidadede de atoparse nunha final da LNB tarde anos en repetirse , ou igual nunca máis acontece.
Xa nunca máis se é o mesmo despois de ser "portador do palán de ouro", quen sexa o elexido ou elexida que saiba que durante un ano vai ser embaixador no mundo da "Billarda LNB".

Vive de perto a elección do portador do palán de ouro, achégate a San Pedro de Benquerencia e vive con nós a ledicia da fumata branca.
 Posted by Hello

O SABOR SALGADO DOS TROFEOS

Vicente , o palanador da ponte da pedra (Lourenzá) é o posuidor e comedor do último trofeo disputado na LNB o xa famoso "Lacón da LNB" , en declaracións a micro pechado ó varal afirma que se sinte con forzas de repetir victoria na pista do Canteiro en San Pedro de Benquerencia. Olladas de todo o mundo estarán pendentes das evolucións diste fenomenal xogador e dos outros palanadores e palanadoras que tamén tenten loitar con uñas e dentes polo palán de ouro. Ti podes ser o elexido, achégate e disfruta dunha nova edición dos torneos da LNB!!

Ista vez Vicente se gaña o trofeo da LNB non o vai poder cociñar e saborear no prato á hora do xantar senón que vai ter que conformarse con ollar e tocar a fermosa escultura do "Palán de Ouro", de tódolos xeitos, todos os palanadores e palanadoras na LNB andan con fame negra polo que a loita pola preciada peza na pista do Canteiro pode ser feroz, imperdible!! , domingo 24 a partir das 16 horas.
 Posted by Hello

quarta-feira, abril 20, 2005

O RASTREXADOR DO VARAL

Problemas técnicos co GPS obrigáronnos a botar man do noso irmán “Pequeno Gran Palanador”, iste xefe Chirikahua é un excelente coñecedor da zona na que se vai disputar o II Torneo do palán de ouro xa que todos os veráns deixa a súa tenda da reseva para habitar un chalet na primeira liña de praia en San Cosme de Barreiros.

JAU!! ,Benquerencia é unha parroquia do concello de Barreiros situada na franxa norte da provincia de Lugo , no que se pode denominar coma terras da tribu da mariña , eu para chegar paso de coller a estrada pero vos, rostrospálidos do carallo tedes que mamala para vir no voso carro de ferro sen cabalos, colledes a chamada N-634 que recorre toda a cornisa cantábrica e despois enlazades coa C-642 estrada que bordea toda a costa. Tamén podedes mirar o mapa e rastrexar , porque sei que en Pontevedra xa empezaron a facernos a competencia ós rastrexadores profesionais indios co invento ise do campionato estatal de orientación.
 Posted by Hello

Colle o mapa e compas e rastrexa ata chegar á pista do Canteiro donde vai estar toda a tribu da LNB pintada coas cores de guerra para a disputa do " II Palán de Ouro ".

 Posted by Hello

terça-feira, abril 19, 2005

BILLARDA 1915

LUGO : ontes ó mediodía foron detidos por un garda municipal dous rapaces que xogaban á billarda en San Roque, xogo que está prohibido nas rúas da cidade.
Ista nova aparecida na prensa fai agora 90 anos constata o tratamento vexatorio que o noso deporte historicamente recibiu , sendo os palanadores perseguidos , aldraxados e incluso encadeados por cometer o único delito de xogar á billarda.
Queremos facer mártires da billarda a istes dous palanadores lugueses encadeados o 17 de abril de 1915 , para iso a LNB xa está movendo os fíos para que Ribadeo sexa o lugar donde se celebre o torneo especial homenaxe ós mártires da billarda “Billarda na rúa 2005” .
Atentos á xogada!!

Palanador mexicano defendendo os seus dereitos para xogar á billarda nas rúas ardentes de Guadalajara.
 Posted by Hello

sexta-feira, abril 15, 2005

FLYING TO GALICIA

ARRIVE IN SAN PEDRO DE BENQUERENCIA TO PLAY THE INTERNATIONAL MATCH OF BILLARDA , WE ARE WAITING FOR YOU WITH THE WOODS IN UP!!


24-4-05 / "II torneo internacional do Palán de Ouro"

"II Match of the gold wood " in San Pedro de Benquerencia (Galicia), billarda another sport is possible!


"II Tournoi du bois d'or"en San Pedro de Benquerencia (la Galice), billarda autre sport
est possible !!

"II campionato della mazza dell'oro" in San Pedro de Benquerencia
(Galizia), billarda , un altro sport è possibile!

"II Gleiches des Goldholzes" in San Pedro de Benquerencia (Galizien), billarda ein anderer Sport ist möglich!

BILLARDA, I LOVE THIS GAME!!

quinta-feira, abril 14, 2005

ESPECIAL ASTURIES

Iniciamos a andaina dista nova sección adicada ós monográficos cunha pequena inmersión na saude do deporte da billarda no pais asturiano. Dende a LNB queremos animar a toda a tribo Astur para que o domingo 24 de abril cruce a ponte dos Santos e se achegue á disputa do “II Torneo do Palán de Ouro” .
El fin de selmana del 24 sal a la cai y pon les güeyos na pista de San Pedro de Benquerencia.

Benjá é o capitán da selección asturiana, o seu carisma ven herdado das pistas de balonman donde é toda unha institución no pais veciño, iste Talan Djushebaev da billarda seguro que vai dar moitas tardes de gloria ó combinado astur.
 Posted by Hello

OTRO DEPORTE YE POSIBLE!!

Ante a mala racha das equipas do futbol asturiano , a billarda pode ser unha alternativa válida para que os deportistas astures volten á élite da alta competición.
Coñecida polo nome de Lirio , a billarda é un deporte que os nosos vecinos tamén practican con paixón, os centros neurálxicos ou de alto rendemento atopámolos en Teverga e en Cabrales donde o noso deporte ten fonda raigame. Aída que con variantes o Lirio xógase co que nós chamanos regulamento específico, é dicer , normas variables segundo os xogadores e o sitio no que se desenrole o partido, polo xeral fanse dúas equipas na que unha lanza o lirio e a outra chapa o prezado elemento, entran en xogo elementos coma a defensa do círculo de saída e a medición mental das machorras ou paláns lanzados.Hoxe xa contamos con palanadores e palanadoras astures na LNB, e sabemos que a selección astur estase a preparar moi seriamente no centro de alto rendemento de Avilés, agardamos próximo o enfrontamento Galicia – Asturias para dilucidar cal das dúas potencias exerce o dominio sobre a outra.
Os paláns e as machorras están no ar!!

Jose (camisola vermella) é o motor indiscutible da selección asturiana, os seus golpexos marcan o ritmo de paleo da súa equipa, Pablo (camisola branca) adapta a súa destreza coma snow-boarder ó espectacular deporte da billardada convertindo cada carreira súa nun auténtico slalon xigante.
 Posted by Hello

quarta-feira, abril 13, 2005

"II TORNEO DO PALÁN DE OURO"

O domingo 24 de abril a partires das 16 horas os 453 habitantes da parroquia se San Pedro de Benquerencia (Barreiros) van ter a oportunidade xunto cos milleiros de afeccionados que ata a pista do Canteiro se despracen de participar e seguir as evolucións do "II Torneo do Palán de Ouro". A inscripción para xogar no campionato de San Pedro custa 1 euro tendo dereito o palanador ou palanadora a alugar o material da LNB para desenrolar o seu xogo , polo tanto todos aqueles que non dispoñan de material deportivo , que saiban que poden participar igual no torneo cos paláns e coas billardas da LNB. Equipas á rúa , o xogo continua!!

Coa LNB chega a febre do ouro a San Pedro de Benquerencia!!  Posted by Hello

terça-feira, abril 12, 2005

ENTRE O FUME DO TUMBEIRO

Javier Blanco é un palanador que golpexa a billarda dende as terras de Ponferrada. Natural de Toral de Merayo iniciose no deporte da billarda palaneando dende moi novo na famosa pista do Tumbeiro.
Ademáis de reforzar a teoría de Ponferrada como parte da Galiza histórica, O Tumbeiro era o centro de reunión dos rapaces do pobo de Toral e unha das actividades centrais ademáis dos clásicos pitillos e das litronas era a práctica da billarda. A pesar do fume Javier depurou a súa técnica e logo imos telo xogando nos torneos da LNB, agardamos con emoción a incorporación diste palanador das terras do Bierzo.

Agardamos que Javier teña o detalle de obsequiarnos ademais de coa súa presencia cunhos botelos da súa terra. Posted by Hello

segunda-feira, abril 11, 2005

BUSINESS CLASS

Iste irmán africano utiliza coma nós , un transporte alternativo e de baixa contaminación, a Guagua da LNB está a prepararse nos boxes da carraxe, ise taller imposible no que a única ferramenta é a ilusión e a gasofa que move o motor é a nosa teima en demostrar que outros xeitos son posibles!! .
Saca ticket para a viaxe: ovaral@hotmail.com

Home cun carro de herba seca nas rúas esfeitas de Harare ( Zimbabue ) Posted by Hello

ESPECIAIS DO VARAL

Anunciamos que ó especial Asturies imos unir o especial Italia sobre o deporte da billarda. Xestións realizadas pola LNB fixeron posible que a guagua da LNB teña uns desprazamentos xa case pechados, un é á Asturies nun terreo aínda por determinar e o outro é a Italia , concretamente a Verona ó festival internazionale dei Giochi Antichi de Strada que se celebrará en setembro. Atentos á xogada!! podedes ir pedindo sitio para os asientos da guagua da LNB , AVANTI POPOLO!!

a guagua Rumbo a Italia!! Posted by Hello

sexta-feira, abril 08, 2005

POIS VAI SER QUE NON!!

O domingo día 10 non todos imos estar pendentes dise partido de futbol, poido pensar en moitas cousas alternativas que fecer nises 90 minutos de vida.

quinta-feira, abril 07, 2005

EQUILIBRIOS NA CORDA FROUXA

Ismael "O Zidane da billarda" aprenséntase como o home a batir no "II Torneo do Palán de Ouro" xa que el é quen sustenta o trofeo da primeira edición. Fai agora un ano, San Xurxo catapultou a iste palanador de Celeiro de Mariñaos como a máxima estrela do deporte da billarda, despois dunha andaina un tanto irregular , San Pedro de Benquerencia pode ser de novo a súa consagración. Sabedor de que todas as olladas van ir dirixidas a el, Ismael coméntanos en exclusiva como se prepara para ista cita clave para o seu futuro coma palanador .

-ola Isma, nervioso ante o reto de voltar a estar entre os grandes?
-en absoluto, que nos últimos trofeos a sorte non estivera do meu lado non quere decir que perdera nen a forma nen os xeitos.
-en San Pedro , voltaremos ver ó gran Zidane da billarda?
-espero que si, durante as xornadas da escola de billarda tiven moi boas sensacións e saíronme uns golpexos excelentes.
-a verdade é que si, pode influir a tensión que imprime a alta competición para que ises golpexos non saian o ben que un quer?
-todos sabemos que na LNB agora máis ca nunca cada erro págase moi caro e iso imprime moita presión ó palanador .
-segues a ter unha das mellores saidas de carreiras pero incrementache a porcentaxe de erros ó caron do varal.
-tódolos palanadores e palanadoras temos partes do xogo no que somos mellores, a cuestión é acadar un equilibrio.
-isa danza de materiais na que estás inmerso , pensas que puido restar eficacia ó teu rendemento na pista?
-supono que te refires ós materiais que utilizo para a construcción dos paláns e das billardas, o rendemento de cada un na pista depende de moitos factores non só do material que se utilice.
-disposto a recuperar a lugar que che pertence? é dicir, o trono da LNB
-o palán de ouro significa moito para min e vou tentar poñelo xunto co da pasada edición.
Moita sorte Isma nisa cita ineludíbel que tes coa historia. Vémonos en San Pedro!! Posted by Hello

terça-feira, abril 05, 2005

O CÓNCLAVE DA LNB

Dende o varal dixital queremos deixar claro que a praza de San Pedro de Roma nada ten que ver coa pista de cemento de San Pedro de Benquerencia , lugar iste no que se vai desenrolar o “II Torneo do Palán de Ouro”, saimos así ó paso ós milleiros de chamadas telefónicas e correos recibidos na nosa pequena centraliña que nos pedían aclaracións sobre o tema.
Como sabedes a LNB é aconfesional, polo que calquer palanador ou palanadora sexa da relixón ou da crenza que sexa ten as portas abertas para participar nos nosos campionatos de billarda.Tanto musulmáns coma católicos , ateos ou agnósticos , protestantes , seguidores da teolóxía da liberación ou budistas , todas as relixóns monotistas ou de varios Deuses teñen sitio na gran templo da LNB . Igual ca en Roma en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 24 de abril os palanadores e palanadoras da LNB imos celebrar un cónclave para dilucidar quen vai ser o o gañador do II Palán de Ouro. Peregrina ata San Pedro de Benquerencia, ti podes ser o elexido!!

A praza de San Pedro de Roma ateigada de xente. Posted by Hello

segunda-feira, abril 04, 2005

EMPEZA A CONTA ATRÁS!!

O domingo día 24 de abril é o día sinalado pola organización da LNB para a disputa do II TORNEO DO PALÁN DE OURO na pista do Canteiro en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) . Os paláns xa están en alto para o gran acontecemento deportivo no que palanadores e palanadoras de toda Galiza e de todo o mundo están sendo convocados para o gran torneo de San Pedro. Non podemos esquecer que iste foi o compionato que consagrou definitivamente a isa lenda da LNB chamada Ismael "O Zidane da billarda" coma a máxima estrela do noso deporte, voltará Zidane a ser o palanador de ouro que foi naquel xa mítico "I Torneo do Palán de Ouro" celebrado na ardente pista de cemento de San Xurxo (Lourenzá)? A resposta está no ar de San Pedro de Benquerencia.

volta a emoción, volta o espectáculo , achégate á festa da LNB!! Posted by Hello

PASSA-O!!

NOVAS DA GALIZA xa está nos quiosques de toda a Galiza , iste xornal galego de información crítica e de edición mensual adica un espacio destacado ó deporte tradicional. Dente o varal queremos felicitar a todos os que fixeron posible que despois de tres anos de información independente e de obstáculos para a súa edición, se poidera chegar a que o xornal irrumpa coa forza dun xabarín ferido nas rúas do país.Un berro necesario!!

ahégate ó teu quiosque e pide Novas da Galiza. Posted by Hello

sexta-feira, abril 01, 2005

A BILLARDA NOS XOGOS OLÍMPICOS

Porto Seguro , rexión ó sur de Bahía no Brasil , vai ser dende o 23 ó 30 de outubro de 2005 o epicentro mundial do deporte indíxena , alí se van celebrar os VII Xogos Dos Povos Indíxenas que van reunir a uns 1500 deportistas de 65 etnias diferentes do Brasil e do resto do mundo entre as cales a LNB tenta acreditar a súa presencia para que a Billarda sexa considerada coma unha disciplina máis distas olimpiadas alternativas. As conversas xa se iniciaron para que a delegación da LNB poida vivir a emoción distes campionatos instalada na Aldea Olímpica.
Porto Seguro, outras olimpiadas son posibles!!

O Xikunahiti é unha especie de futbol no que só está permitido xogar coa cabeza. Foi deporte de exhibición nos últimos dous xogos dos povos indíxenas e para ista VII edición cóntase con que xa sexa oficial. A LNB está barallando a posibilidade de que se coa billarda non logramos competir nos xogos de Porto Seguro tentar facer unha selección de xogadores de xikunahiti para competir coas outra tribos irmáns niste espectacular deporte.
Contacto: ovaral@hotmail.com Posted by Hello