O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 30, 2010

APRETADE AS CINCHAS PORQUE ARRINCA A EXPLOSIVA SUPERLIGA DE BILLARDA 2010-11!!


Fartos das falacias deportivo-capitalistas dos equipos de futbol que antes de comezar as competicións regulares realizan xiras asiáticas e americanas para facer caixa exprimindo ós imbéciles e escuros mentras que na LNB na vez de facer caixa , as equipas na pretempada gastan o pouco que teñen nos petos compartindo e desfrutando da festa perpétua que subxáce dun pais en loita continua contra si mesmo, e algo así lles pasou a un comando anónimo da Conf. Sur que ultimaron a súa preparación cara ó gran estreo iste sábado en Salvaterra cun explosivo clinic na festa da História de Ribadavia , cando coa emoción as verbas se entrecortan toman o poder as espectaculares imaxes da intervención que a palanadora e artista do Sur Leti realizou no local do Faisca de Vigo . Que hai centos de peticións para camisolas , sudadeiras... certo e que Leti pode e debe ser nomeada diseñadora oficial do merchandising oficial da LNB pois tamén!! .


Atención pois , arrinca a competición na LNB co Aberto do festival da poesía en Salvaterra , será pois a poderosa Conf. Sur quen rache o xeo na máis delirante e esixente Superliga da LNB xamais desputada , simultaneamente iste mesmo sábado na Conf. Centro se realizará unha quedada para planificar calendario , estratéxias e inscripción de equipos no bar Puente, na Rocha en Santiago de Compostela un día antes que na Conf. mater do Norleste o domingo se celebre o xantar de irmandade do xabarín en Ribadeo previo ó desafío no serán dos Billardeiros e Os Outros contra o Resto do Mundo ó que tod@s estades convidados. Ademáis nas terras do Eume se traballa na posivilidade dun Aberto para ista find que sirva de catarse absoluta para oficializar con equipas e un calendario a nova Conferencia Bezouqueira. A todo isto sabemos que o gran Xan Rodiño istes días chega do seu periplo pola selva do desexo Boliviana e ademáis de ofrecernos un adianto en exclusiva mundial do seu libro "O diario de Xan Rodiño en Bolivia" poranos ó corrente da que de seguro será unha das mais potentes conferencias da LNB , a Conf. USC con estrelas confirmadas coma Jose Luis o palandor nómade de Portonovo ou Davide Fontán o bi-internacional da NorOeste coa Auténtica e coa selección nacional galega de rugby. Unha Conferencia a NorOeste que se prepara tamén cara ó arrinque da competición cos ollos postos ademáis no esceario da sala Star de Carral xa que os palanadores dos Xarutos e militantes do grupo de pandereteiros MAGHUA están clasificados para a finalísima a tres do concurso de canción galaica QUEROSTAR que coma aquel mítico disco de Albert Pla , No solo de rumba vive el hombre, tampouco só de billarda vive o palanador e a palanadora polo que todos apoiando a Maghua porque o trinfo deles será o triunfo sonoro e sonado de toda a LNB que quenta motores para o seu depegue sideral....apretade as cinchas que arrincamos!!

DIANA E TIAGO FANSE COS MEXILLÓNS EN BUEU NA DERRADEIRA POSTA A PUNTO ANTES DO ARRINQUE DA COMPETICIÓN REGULAR NA LNB!!


Absolutamente conmocionados polas novas que
indican o retorno de míticos
palanadores ás pistas de xogo, polo sur Elvis
e Anival anunción fichaxe por Blanco e Negro
e polo norte..
O Zidane da Billarda e Juán Pico polos
Bíteres-Ekipa, atención porque a tempada 10-11
xa está ó roxo vivo...Atención que arrincamos ,
e dende sur en Bueu, Manuel Otero informanos
da derradeira posta apunto antes co comezo da
competición regular,pega os ollos e abre as orellas:
A tarde do sábado celebrouse no campo de futbol
de Bueu o II Aberto de Cachiza: MEXILLÓN DE BUEU".
Nunha tarde que máis invitaba a estar na praia
ou no monte, os aficionados ó deporte popular
da Billarda (Cachiza en
Bueu), fixeron valer a súa afición e maña
neste deporte e desputaron o
saco de molusco doado pola Depuradora
Cabo de Cruz
. Eran duas canchas
para variasdúcias de participantes
que deron os/as seguintes gañadores:

1º Mas.- Tiago Mendes de Ponteareas
2º " .- Xosé Rodiño de Sanxenxo
3º " .- Luis enrique Galvez de Marín

1ª Fem.- Diana  de  Marín
2ª " .- Maria J. Ruíz de Bueu
3ª " .- Neves Otero de Bueu

sexta-feira, agosto 27, 2010

ISTA FIND ....VENRES E SÁBADO CACHIZA EN BUEU E O DOMINGO BRAVURA NO INCIO!!


Arrinca ista find amizando face a face á montaxe capitalista da Fórmula 1 donde incluso queren adormamecer á populación retransmitindo os adestramentos, é por elo que o Bernie Ecclestone do Morrazo , é dicer , Manuel Otero , decide por en marcha iste sábado ás 17 h o II Aberto do Mexillón pero plantexando ademáis unha xornada previa de adestramentos para o venres de 18 a 20 h que marca un perigosísimo precedente para vindeiras enganchadas. Atención porque ademàis en Bueu estará Anxo , o subcomandande dos comandos itinerantes Ibéricos da LNB que acaba de chegar de Italia donde mantivo reunións con parsoal afin á folosofía de ataque da LNB para realizar accións conxuntas. É por elo que é recomendábel que todos os palanadores e palanadoras manteñan as bonecas quentes polo que poida pasar ante o excitante futuro que nos agarda , é por elo que naide pode perder ista explosiva e referencial dóbel xornada de cachiza nas instalacións provisorias do campo de futbol (na estacada). O gañador e gañadora levarán un saco de mexillón da ría e tamén haberá agasallo para segundos e terceiros. Coincide coa festa do polvo, algo aino Atu, así que invitámosvos a participar e pasalo ben. Adiante a República Cachiza no Morrazo!! , contacto directo >>manolo@concellodebueu.org

-DOMINGO BRAVURA NO INCIO!!


Mais se che queda alento depois do venres e sábado con tanta intensidade mexilloeiro-billardeira o domingo tes un postre de auténtico luxo nas terras indomábeis do Incio, chega unha nova edición do Festival Terra Brava que se celebra un ano máis na localidade de O Incio (Lugo). Será o vindeiro domingo 29 de Agosto, Pan de capazo, A Tuna Rastafari e Medomedá estáran repartinso tralla e dende a organización xa se nos informa que pese a non poder incluílo iste ano o Aberto da Bravura está entre aspas para poder executalo na vindeira edición ou realizar unha acción conxunta en vindeiras datas cunha irrupción billardeira nos poderosoas terras do Incio. Contacto directo: 639 754 236 Roi

quarta-feira, agosto 25, 2010

ISTA FIND CHEGA A TAN AGARDADA FESTA DOS MEXILLÓNS DA LNB EN BUEU...PALÁNS E LIMÓNS NA CONF. SUR!!


Alguén falou e falou moi ben considerando á emerxente área Salnés da LNB coma a Masía da LNB , despois de ver ista foto de equipa unha vez desputado o Aberto do Simes iste pasado domingo xa non queda dúbida ningunha .... Xósé Rodiño o Guardiola da Bilharda , prepara uns palanadores e palanadoras que son xa temidos en toda o universo porque ademáis da súa calidade xogan xa de memoria.


E un sitio donde os da Masía poderán ponderar as súas posibilidade reais será iste find no II Aberto do mexillón de Bueu, fai uns días nos solidarizabamos con Manuel Otero pola ceiva que uns desalmados fixeron duns cabalos salvaxes que temporalmente o palanador de Bueu retiña na súa finca como medida preventoria ante os destrozos que estaban a facer nas leiras dos veciños, mais ista find Manuel invadido polo espírito ceive dos garañóns chama dende o seu zulo de carraxe e moqueta no concello de Bueu ós palanadores e palanadoras do Hemisferio Sur e de todo o país para a desputa , o vindeiro sábado 28, do II ABERTO DO MEXILLÓN de Bueu e atención, porque o día antes haberá quedada para adestramento: Sábado 28 de agosto nas proximidades do campo de fútbol de Bueu ás 17:00 h. Categorías masculina e feminina .O venres 27, no mesmo lugar, adestramentos de 18:00 a 20:00 h. Os gañadores serán premiados cun saco de mexillón e os segundos e terceiros con trofeos. Inscricións: manolo@concellodebueu.org ou no lugar ata 30 minutos antes do comenzo.

SET-ACUSTICO DE "A NOITE DOS CANS" , MAGHUA NO QUEROSTAR E O SON DOS LIRIUS NA TINA EN LLAMORGAL ( UVUEU )!!

E se queres comezar a quentar as bonecas e os pés sintoniza xa co espectacular set acustico que o cantautor-pop Miguel Alonso realizou ontes no programa A Tarde da Radio Galega , intensidade emocional baixo os xostregazos da realidade social galaica do século 21 , iste artista da República Billarda desenchúfase dos cantos de serea dos políticos de turno para susurrarnos ó ouvido a calidez do seu brutal A Noite dos Cans...deixate engaiolar!! . Mais na outra cara da moeda oficial da República Billarda aparécenos a intensidade vital que proclaman os MAGHUA en cada un dos seus incendiarios estalos, atención porque iste xoves apreséntanse en directo na final do Queroestar de Carral : Xoves 26 , Maghua na sala The Star ( Carral ) ás 23 h. De non vires , podes vernos en directo e comentar en www.querostar.com . Xa o sabes se queredes bailar na casa ou en carral Maghua no querostar!!

E se andas de férias e vas estar polo beira cantábrica da península que saibas que o sábado ás 11:30 h, os irmáns do Conceyu Nacional de Liriu realizan nas instalación de Llamorgal ( Uvieu) o seu II Abiertu del Barriñón donde no canto do castru poñen unha tina na que poderás emular ós teus ídolos do basket coma Tackenko , De la Cruz ou Nikos Galis tratando de encestar liriu...tri-tri-tri pla!!

segunda-feira, agosto 23, 2010

NELSON DE MUGARDOS E DOCE DE CABANAS....ARRINCAN NA BEZOUQUEIRA A SÚA ASCENSIÓN CARA Ó GRAN ESTRELADO NACIONAL!!

Como anunciabamos a actividade na emerxente conferencia bezouqueira foi frenética nista fin de semana irmandinha , se fronte ó castelo de Moeche arrincaba a loita , na fronteira de Fene e Cabanas fronte á capela de San Marcos o sábado no serán celebrábase o Aberto Solidario e en Maniños o domingo pola mañán celebrábase o multitudinario Aberto do Pote donde sobrevoou a idea da criazón na ára bezouqueira dunha serie de Billaescolas que sexan a semente das BillardaEscolas que polo país enteiro se irán espallando , a xunta lapidou sen
problemas, agardávosovos armados ate os dentes nas BillardaEscolas!!...atendede pois á primeira obra mestra interpretada polo mestre da BillaEscola de Cabanas , o comandande Sardinha que nos relata as dúas terríbeis enganchadas
deista find irmandinho-bezouqueira: Nelson de Mugardos, e Doce, de Cabanas, convertéronse nos gañadores dos abertos Solidario e do Pote . A pugna polo podio entre Cabanas e Mugardos segue acesa despois desta fin de semana en que se repartiron os premios entre os dous concellos. Segue á alza a participación de palanador@s de Fene e comezan a amosar xa as súas cualidades con dous varados o propio Doce, no Pote, e David, subcampión en Lavandeira.


En resumo, boa participación nos dous abertos desta fin de semana nas terras de Bezoucos e atentos a Ares porque comezan a expandirse os billazos para ese concello. Sumaron entre os dous campionatos 40 palanadores que ben loitaron como galegos por un posto de podio ben comezaron na billascola que ten aos cativiñ os e aos maiores engaiolados .

UN COYOTE TAMÉN NA BILLA-ESCOLA!!

E depaso que o mítico Víctor Coyote participaba convidado polos irmáns da bezouqueira ó acto de celebración agrarista dos cen anos do discurso de Solidaridad Gallega, o músico de Tui xunto con Manuel Monge, presidente da CRMHC aproveitaban a súa estancia na capela de San Marcos para coñecer cabanas e realizar o seu bautismo billardeiro participando no Aberto Solidario. Un acto irrepetible con máis asistencia que nunca, música, parolos, billas polo aire, documental con Luís Tosar e un coloquio que vai dar moito que falar. Noraboa porque unha vez máis co apoio de tod@s a bezouqueira conseguíuno!!

domingo, agosto 22, 2010

MOECHE, SIMES E LAVANDEIRA..... ABERTOS DONDE A VICTORIA TIVO UN PREZO MOI ALTO!!


A forza indomábel irmandinha invadíu toda a LNB toda ista find, dende Moeche e Simes chegan os explosivos crónicos nos que nos anucian que Reyes, a palanadora dos Outros se convertíu na Raiña Irmadinha da LNB e coma irmadinha que é rexeitou calquera tipo de coroa para aferrarse a un espectacular Sacho que a acredita coma tal ...mais non foi o de Moeche o única enganchada co orgullo dos nosos antergos en xogo , en Simes unha nova quenda na explosiva xeira da imparábel serpe multicor da LNB no Salnés repetíu éxplosiva final Lores, na lavandeira multitudinario torneo do que moi pronto vos afreceremso as tan agardadas novas dende a emerxenta conferecia Bezouqueira que non deixa de bulir, mete as pombiñas no microondas porque a peli con guión de Xosé Rodiño arrinca xa: Rematou o aberto de Simes coa participacion de uns 20 palaneadores.As semifinais xogáronas por unha banda Xosé luis e Cristian e por outra Xose Rodiño e Iván.E como non citarianse nun duelo a morte Lee Van Cleef e Clint Eastwood. No anterior aberto Clint Eastwood deixou ferido a Lee Van Cleef e esta vez Lee rematou liquidando a Clint. "O Manco" (Clint Eastwood) e o Coronel Mortimer (Lee Van Cleef), seguindo coa ficción cinematografica en "A morte tiña un prezo", xuntáronse para dar caza ó "Indio"(Gian Maria Volonté) un sanguinario bandido. Será ise tal "indio" Xan Rodiño que moi pronto virá das indias pra facerse coas multimillonarias recompensas que ofrecen o sheriff en cada un dos Abertos de Billarda? e precisamente o estreleiro de Simes non envía un gran estalo analizando o presente e o futuro brutal para ista auténtica Masía billardeira con sede en Portonovo e con influencia xa en todo o Salnés : A inmensa maioría dos participantes menores de 17 anos. As eliminatorias foron auténticas batallas. Puideron pasar tantas cousas alí... Todos estamos animados mais que nunca a seguir. Ninguén nos vair parar.. sumamos para multiplicar. E en unhas semanas teremos mais rapazada metida no vicio da billarda.

REYES CONVÉRTESE NA RAIÑA IRMANDINHA DA LNB!!


As seis e media da tarde comezou un aberto programado para as catro e media. A xente elixeu a tarde calurosa de Moeche pra ir a praia.
Empeza o aberto cunha participacion de uns 20 palaneadores locais 6 da lnb repartidos en tres grupos. As semifinais xogaronas Eric e Reyes que eliminaron a un palaneador local e a Geny respectivamente e por outra banda Daniel e Xose Rodiño que eliminaron a un palaneador local e a Isa respectivamente. xogariana Reyes e Xosé Rodiño nunha pista de herba-graba desenrolouse unha final na cumbre, Xose tivo na sua man o golpe pra gaña-la final pero o pensar que tiña que levalo xacho pensou que as ferramentas de traballo canto mais lexos mellor e deixouno ir pra Ribadeo. Foi o Aberto de Ribadeo contra Sanxenxo e despois de desfacerse de Isa e Daniel xa non puido facer nada coa Reyna de Ribadeo que estaba no seu ambiente o pe dun castillo que nun pasado non tan lexano puderon os seus "Reyes" defendelo con lanzas e palans dos barbaros celtas que viñeron das rias baixas.

sábado, agosto 21, 2010

A GUERRA MEDIÁTICA ENTRE A SER E A COPE TRANSLÁDADE A TELE-VARAL E INTERECONOMÍA!!



Co lume amiazando a selva Boliviana moi preto de donde Xan Rodiño está artellando as bases da colaboración entre os Aymara a a LNB outro lume arde pero nas vosas pantallas cando premades ó play diste espectacular video-estalo producido na xungla galaica do Salnés. Como sabedes a loita nas canles de radio e televión xeralistas está a trocar periodistas dunha a outra cadea mais nunca podiamos imaxinar que isa amiaza se cinxira sobre as nosas estrelas mediáticas xa que Rubén Otero , o reporteiro de guerra de Tele-Varal que conduce ista magnífica entrevista no pó de Belbís despois do Aberto Zoqueiro da patria, ten riba da mesa un cheque en branco para unirse a Intereconomía Televisión, isa caverna mediática sobre a que Rubén esgarra niste estalo está movendo os fíos para traer ó rego a iste grande armadanzas da Conf. Sur , poderá Rubén Otero resistirse ós viños gratis cos que agasallan no Gato al Agua , ás cervexas frescas e de balde riba do mostrador de Dando Caña, ós chupitos despois do Café con Hielo ou ós Cubalibres de Más se perdió en Cuba??? A resposta moi pronto nas pantallas de Tele-Varal ou de Intereconomía!!

sexta-feira, agosto 20, 2010

SACHOS EN MOECHE, CELEBRACIÓNS AGRARISTAS EN LAVANDEIRA , UTOPÍA SOCIAL EN SIMES ( MEANHO ) E BENVIDAS NA FAISCA DE VIGO!!


E que mellor que en pleno agosto porse a sachar e se é cun exclusivo sacho convertido en auténtica obra de arte polos compeñeiros do Festival Irmandinho de Moeche pois imperdobábel para o vancedor diste Aberto do sábado en Moeche non exercitarse despois de recibir ista xoia coma trofeo sachando e labrando navos no primiero campo de golf co que se cruce na volta. Contacto directo>> f.irmandino@yahoo.es / 659.842269


E de Noalla xa donde se preparan para un moi próximo estreo billardeiro lanzánadolle ás portas que exercen de improvisados Varais tiramos á Lanvandeira en Fene donde iste sábado 21 de agosto o BNG de Fene e Cabanas xunto cao Conferencia bezouqueira da LNB celebrará conxuntamente o centenario do mitin agrarista de San Marco con diversas actividades entre as que destaca ás 17 h . o explosivo Aberto de Billarda no Pavillón de Lavandeira, estades todos convidados!! >> 636.280513

- DOMINGO 22


Unha imaxe fala por si mesma , e iste espectacular cartaz coa pillada do gran Xosé Rodiño en plenitude de golpexo así o fai para anunciar a enganchada que iste domindo se vai producir na pista do polideportivo de Simes ( Meaño ) , poderá o dos Rodiño Brothers vingar o acontecido na final de Lores donde sucumbíu ante o poder anti-transxénico e billardeiro de José Luis? a resposta apartires das 18 h , outro deporte e outra sociedade é posíbel...en no Salnés estase demostraNdo!! Contacto directo: 649.325103
- E iste venres 20 apartires das 7 horas ,os amigos do activista galego e palanador da Conf. Sur , Xurxo R.O. aproveitando um permisso terá umha pequena bemvida no Faísca de Vigo, avera pinchos! e moitda festa! Estades tudos combidados!
- REPÚBLICA BILLARDA>> AXENDA ALTER-NATIVA!!


Arrinca a axenda alter-nativa da República Billarda facendo referencia abrigada ó explosivo festival de regueifas galaico-colombiano diste venres en Carballo enmarcado no Ciclo Trad organizado pola Central Folque. Regueifeiros do mundo acudide! . Mais se tedes mono e regueifas acompañadas pandeiretas preparádevos porque se ademáis tamén queredes botar uns bailes, acudide o vindeiro 26 de agosto à Sala the Star, en Carral. Apartir das 23.00 MAGHUA participarán no concurso Querostar. Hora e meia de baile solto e agarrado, de pandeireta e de gaita... Só fallas ti!!!Se asistes como público, podes votar valorando a súa actuación. Se os segues pola internete http://www.querostar.com/ podes valorar e comentar online....

-O Sábado 21 de Agosto em Vilarinho [Cangas], celébrase a XI Festa Folc de Vilariño, organizada pola Asociación Cultural "O Gato", contará com a actuaçom de: Os Tres Trebóns , Ultraqäns , Tiruleque , Pumar e Prieto .A partir das 22:00hs. e com entrada de balde.

-O Venres 20 e Sábado 21 de Agosto, na Praza dos Fornos de A Pontenova, celébrase a IV ediçom do Festival "As Minas".O Venres haberá distintas actividades, igual que o Sábado durante todo o día ate as 23:30hs que darám comezo os concertos de: Ruxe-Ruxe , Darbuka , Forraje , Mu2

-En Castro Caldelas, os días 20 e 21 do mes de Agosto, celébrase o festival PONTELOUCO.O venres 20 comenzará a tardiña con un Obradoiro de Malabares, Sesión de Curtas e a actuación de Cé e a orquestra Pantasma.O sábado 21 comeza de mañá con Feira de Artesanía e pola tarde as actuacións de Viravolta Títeres, Anxo Moure o contacontos de Chantada e o comezo da festa ca percusión polas rúas a cargo de Xituma Batuké de Xinzo, e coma prato forte o concerto no Castelo con: CHOTOKOEU A Coruña , ALPARGATA Madrid , OS CUCHUFELLOS Manzaneda

quinta-feira, agosto 19, 2010

BILHARDAS PELO MUNDO>>DESCOBRE O EXPLOSIVO LONDON CALLING BILHARDEIRO DE IOLANDA OTERO!!


Impresionate, se aínda non te repuxeche do impacto da primeira reportaxe do concurso Bilhardas pelo mundo , donde Sak nos amosaba Malta a vista de cachiza agora Iolanda Otero , a palanadora da Conf. Sur , recolle o testigo do palanador dos Ancares con ista explosiva intervención billardeira na cidade de Londres >> Envíovos unhas fotos da bilharda feita por Tiago para o aberto de Ponte-areias, gañadora da cunca xibara nas suas merecidas ferias.


Buckingham Palace vista pola bilharda solidaria de Santi , un fito histórico de consecuencias impredecíbeis para o futuo da coroa inglesa e española e un feito que xa se palpa ca do un pasa por Picadilly Circus , Londres xa arrecende por todos os recunchos a bilhardas e fish and chips.....


Mais non só as bilhardas de Iolanda se detiveron amaizantes ante a estancia da raiña de Inglaterra senón que tamén lle deron unha patada na porta para colarse no British Museum e inmortalizar a obra de Santi da Asemblea Aberta xunto cos gravados exipcios que acompañan á mítica Pedra Rosetta. Non esquenzas pois as túas bilhardas cando lisques de férias ou teñas que fuxir por uns días do teu zulo para particiapar no concurso máis internacionan xamais posto en marcha por unha entidade desportiva galaica, continúa en marcha o explosivo BILHARDAS PELO MUNDO no que ti tes particiapr enviando como fixo Sak e Iolanda enviando os teus estalos fotográficos ensinandonos a cidade que visitas >> ovaral@hotmail.com. / Mais non vai a ser o único concurso en marcha atención porque moi pronto poderedes particiar no aterrador QUEN É QUEN , palanadores e palanadoras que nos envían as súas fotos de comunión , bautizo ....e que vós teredes que adiviñar de quen se trata, chapiñas da LNB e explosivos agasallos sorpresa agardan por vós!!

quarta-feira, agosto 18, 2010

A LNB HOMENAXEA AS MÍTICAS SACHADAS GALAICAS COA CELEBRACIÓN DO "SACHO IRMANDINHO" DE MOECHE!!


Dende Moeche en plena boráxine Irmandinha infórmannos que haberá un espectatular e exclusivo premio para o vencedor ou vencedora de entre todos aqueles que se atrevan a achegarse ate o Castelo , iste sábado dende as 16:30 h non pensedes que ides loitar por un trofeo para engordar as vosas bitrinas xa que non hai estantería capaz de atar tanta forza e paixón que garda o explosivo SACHO IRMANDINHO con deseño exclusivo na lingua e inscripción no mango que fará que o campión non sexa un ente pasivo xa que terá no seu poder unha poderosa arma de construcción masiva para novos espazos para a practica da billarda.....>> CONTACTO DIRECTO: 659.842269 / f.irmandino@yahoo.es

Un exemplo do poder que o campión irmandinho terá nas súas mans son as sachadas realizadas fai uns anos en campos de golf dosnde se prantaron legumes donde só había barbárie.... Ficou umha horta bem bonita de couves e alfaces mas tememos que nom durará muito, já que de seguro os responsáveis do campo de golfe tirara-nas antes mesmo de que prendam, cousa que doutro jeito também nom seria mui factível, já que por baixo do cespede do campo de golfe hai umha funda capa de areia, imaginamos que ussada para filtrar a áuga e que aos "pijos" que praticam este "desporto" nom se lhes molhem os pés. Lavandeira , Moeche e Simes ( Meaño) serán pois as leiras donde ista find haberá sachada, vai reparandote porque a terra pide billarda a berros!!

terça-feira, agosto 17, 2010

PALÁNS E SACHOS , O PODER IRMANDÍNHO INVADE TOTALMENTE O FLUXO SANGUINEO DA LNB!!

Sen lugaró acougo vimos dunha canfurnada e xa nos metemos noutra, atención porque informamos para que collades as galletas de catro ou tres dentes , os gadaños e os paláns e vos preparedes para botarvos á Ruta:

- Sábado 21 : Aberto da Billa Solidaria en Lavandeira . Contacto e inscripcións >> 636.280513 / xmps@hotmail.com

- Domingo 22 ás 18 h : novo asalto na trepidante área Salnés co Aberto de Simes no Pavillón de desportos dista poderosa parroquia do concello de Meaño. Contacto e inscripcións>> 649.325103 / xmeataxex@hotmail.com

Mais o gran reto que nos depara o destino é lograr estructurar e sacar adiante con tan pouco tempo de preparación o I Aberto Irmandinho no incomparábel marco do Festival de Moeche , un reto lanzado por Jairo , un dos coordinadores do festival , que xa non pode soportar máis a non presenza da indomáis billardas Irmandinhas da LNB para unirse ós sachos e gadañas no espectacular asalto ó Castelo. Alerta guerrillas porque para iste sábado 21 xa temos reservada aunha espectacular pista de terra batida fronte ó Castelo de Moeche polo que de nós depende que as billardas bruen canda as gorxas niste referencial festival galaico , coordinación de comandos LNB >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

.....Saliron das Rias Baixas, de Lugo e Coruña; pasaron terras do Tambre, do Sil, do Ulla; beberon nas augas santas do rio Miño . Camiñan cara de Ponferrada, os irmandiños, os irmandiños. Galicia polo seu paso volve a ser ceibe dos montes brancos do Bierzo vaise xa a neve . Os irmandiños avanzan polos camiños tran para Galiza paz e xusticia, os irmandiños, os irmandiños. Cabalo lévame xunto ó Conde de Lemos. O sangue deste tirano que verter temos, “Dádeme un bolo de pan e un pouco de viño" Así falaban cando pasabanos irmandiños, os irmandiños......
Terra liverada ademáis é a que pisan os irmandinh@s da LNB xa que no espectacular fouciño de ouro celebrado o pasado sábado estreamos unha nova e superficie na que nunca un deporte colonial podería ter acougo , terra brava de Vimies e sobre ela as poderosas estornelas surfeando entre as pallas da malla , un sentimento de plenitude invadíu ós máis de medio cento de palanadores e palanadoras que loitaron polo fouciño de ouro e que terá o seu reflexo iste vindeiro sábado en Moeche se ó final logramos por en marcha un Aberto que vai ter un explosivo e inequívoco sinal de identidade xa que xente toda ..... iste sábado a Moeche a polo Sacho Irmandinho da LNB!!

segunda-feira, agosto 16, 2010

DA OBRA MESTRA DO SPAGHETTI WESTERN-BILLARDEIRO DE LORES Ó GRAN ABERTO IRMANDINHO EN MOECHE!!


Como un pode reinsertarse na vida civil sen consecuencias trumáticas e non comezar a xostregazos cos veciños ou compañeiros de traballo despois de tanta intensidade, dificil se botas por exemplo un visión polo estado de exitación perpétua no que se topa o TELE-VARAL , extremecedoras fouciñadas audivisuais sobre a final do Aberto Zouqueio de Compostela e o posterior e aterrador afrecemento do vencedor Xose Rodiño da Zoca a non sabemos que apóstolo ou deus, e por se non fora pouco os estalos zoqueiros chegan as fouciñas sobre a enganchada no Aberto de Lores inaugurando en TELE-VARAL o cadencioso e extremecedor xeito de narrar dos mestres coma Sergio Leone , atención porque Xosé Rodiño e José Luis convertense nita xa referencial fita do spaghetti western billardeiro en Lee Van Cleef e Clint Estwood a punto de liarse a tiros no cemiterio de espantos de Lores.....Aplaudide oh!!

*E atención xa anuciamos que iste sábado non haberá tregua e dende a emerxente Conferencia bezouqyeura xa anuncian dobles sesión continua e simultanea polo que xa se fai unha chamado ós comandos itinerantes da LNB espallados polo país, en Lavandeira realizarase o Aberto da Billa Solidaria e en Moeche a LNB será coma sempre foi Irmandiña no 1º Aberto Irmandinho no día da gran festa da toma do Catelo, ponte en contacto xa con nós para organizar o gran exercito Irmandiño-Billardeiro que o sábado tomará o castelo e Moeche e a vila enteira>> ovaral@hotmail.com

Venres , Conferencia bezouqueira express>> Polo que respecta ao Aberto de Fene foi alta a expectación e participación: 60 palanadores/as que sobordaron todas as previsións e un público entregado e animado co bo deporte. A gañadora absoluta foi Ana, de Cabanas, e logo en nenos gañou David de Mugardos. Así, de finalistas quedaron Miro, de Cabanas, Xosé Antonio e Víctor de Fene.

Fouciños o Sábado: fartos de pisar os mesmos campos cos repugantes pisan e fartos de xantar os mesmos pratos ca os mercenarios comen a LNB iste pasado sábado na segunda edición do Fouciño de Ouro do Pino deu un novo paso ó fronte e coma actividade paralela á malla elexiu supercidie de palla sobre a que ningún tenista nen futbolista pisará na puta vida nen en soños. Espectacular fontada de carne de potro foi coa que o xefe do restaurante O Cruceiro nos deu a benvida no gran xantar de irmandade parta no serán coucear e relinchar coma garañón salvaxes na busqueda dun fouciño que puxera paz nos nosos corpos sen ferradura posíbel. Atención ó crónico do web ofical da Conf. Central no que poideredes ver a Basilio bañado en Ouro envabezando a restra de Trouleiros rebozados en prata e bronce. Mais temos que facer especial mención ó poderoso condimento emocional que o Fouciño leva consigo e ás magníficas xestións que durante o xantar e no terceiro tempo se fixeron para un futuro armar unha serie de Abertos con olor a queixo e a kaldo que meten medo....adiante bonaperte cos paláns, fouciños e martelos!!

Domingo sanguento de Lores: atención porque os irmáns da Taberna da Cancela xa están sobre a pista e como sabedes donde Abel e a súa tropa poñen o ollo.... poñen a bala e a billarda. O Domingo botaba a andar ise tan desexado entremado que escorrega no Salnés e nas Rías Baixas, Lores foi a primeira parada pero atención porque a lume se espalla de xeito imparábel , atenció Simes domingo 22... Xosé Rodiño coa zoca do Aberto da Patria á parato>>
Como aperitivo do gran aberto de Simes en Meaño do Domingo día 22 celebrouse en lores o primeiro aberto de billarda. Cunha participacion amplia de palaneadores locais e estrelas da lnb comezou o aberto con temperaturas de 30 graos a sombra, cousa que non amedrentou a ningun dos participantes.As semifinais xogáronas por unha banda Xosé luis e Iván na outra Xosé Rodiño e Santi, e pasarian a final Xose Luis e Xosé Rodiño (as X poderosas da LNB).Na final Xosé Luis arrasou a Xosé Rodiño que parece ser que afectoulle os cambios de superficie (como a Nadal) dende a terra de Belvis, a herba de Moraña pasando pola palla do pino e finalmente o cemento de Lores. Estamos a ver crecer un Gran Slam billardeiro que está na procura dun Federer que poida conseguir gañar en todalas superficies do Universo Nacional da billarda. Non vos olvidedes que este Domingo o "Open" Simes en Meaño poderá concentrar o "Top Ten" da billarda Nacional, esto servirá de tampolín para facelo asalto a Portonovo cun Aberto que está en proxecto.

Pd- E como sabemos da vosa inquedanza pola saude e vitalide do Che Guevara Galaico , ahí vaia a ultima e incerta hora que o irmán de Xan Rodiño nos transmite sobre o seu estado físico e mental no medio da selva Boliviana xunto coa tribo Aymara>> O Aymara ainda non dou sinais, me temo que os Aymara puxérono a traballar plantando leituga polo día e el comea de noite e non da feito.

sexta-feira, agosto 13, 2010

FENE, CONFERENCIA BEZOUQUEIRA, XA!! [ Preme>> Radio-Varal ]


Dende as rúas de Fene as billas piden a berros a posta en marcha da xa coñecida coma Conferencia bezouqueira da LNB , unha franxa de acción-reacción que colleía as terras do Eume tamén coñecida coma Bezoucos. Mais non só as billardas senón tamén os palanadores nos micros de Radiofusión como podedes sentir se pegas a orella niste espectacular estalo capturado por Radio-Varal no que Nestor e Manuel Polo apresentan o 1º gran Aberto de billarda de Fene, mais non só os transistores tremen as billardas asaltan tamén as páxinas da Coz amiazando invadir e quedarse definitivamente os territorios que pisan.
Mais non só é o poder bezouqueiro brue e pide espazo, dende o Salnés os pateiros están desatados e cun episodio marcado como sabedes para iste domingo en Lores e un Horizonte plagado de bombardeos ....pode que o día que as billardas alumeen a Lanzada se poida confirmar que a dimensión Salnés da LNB toma vida propia, estamos en guerra pero hai que reflexionar...sen nervios!!

quinta-feira, agosto 12, 2010

NON QUERES TAZA , POIS TOMA TRES CUNCAS E MEIDA: FENE, LARDEIROS E LORES ( MEANHO)!!

O BNG de Fene, xunto con Galiza Nova e a emerxente Conferencia Bezouqueira da LNB organizan este venres día 13 de agosto, o primeiro gran Aberto de Billarda no Concello de Fene.Desde o BNG e Galiza Nova animámosvos a que vos pasedes pola Rúa do Concello as 19.00 h. para disfrutar dunha xornada de ocio no noso Concello, nestas datas nas que non apetece traballar.Veciños, veciñas, rapaces e rapazas. Non importa a túa idade.Se che apetece participar nesta xornada, e facer un pouco de deporte, non o dudes e pásate pola Rúa do Concello e divírtete con nós!! Contacto dircto: 660.285643 / xmps@hotmail.com

E iste mesmo venres en Celeiro de Mariñaos ( Barreiros) celébrase unha nova edición da festa da tortilla , venres pola noite Os Tres Trebóns porán a tixola ó lume para o sábado ó mediodía realizar o explosivo concurso de tortillas, San Caetano sempre, alí ademáis estarán os membros da franquia LNB da Irmandade coordianando o tema e membros históricos da LNB compartindo nas casetas da festa, se te identificas coa palanador ou palanadoras tes o pase garantizado!!

-SÁBADO 14 DE AGOSTO>> FOUCIÑOS E PÁLÁNS NO PIÑO!!


E o sábado 14 todos aqueles que queiran participar no xa mítico 2º Aberto do Fouciño de Ouro ás 16:00 na carballeira de Vimieiro é a cita, ás 17:00 a malla e ás 19:00 comezarán os concertos nos que actuaran : CEOS DO SIL, ZURRUMALLA, A REQUINTA DE XIAN, TNT TANTO NOS TEN. Para os que queira vir pola maña haberá polbo, viño e empanadas e a LNB prantexa un pequeno xantar de irmandade ás 14 h no Restaurante o Cruceiro do Pino donde se perfilarán estratexias de acción . Contacto e reserva de pratos >> acdfurabolos@hotmail.com / 660.268654

-DOMINGO 15 DE AGOSTO>> ABERTO DE LORES (MEANHO)!!


Domingo 15, 17h, Lores (Meanho)
O viño inxerido no xerro do salnés fermenta en Lores e amiaza estourar invadindo todo o salnés de billardas.... e tanto que ameaza, que pode que haxa un no dia 22 na aldea veciña de Simes. Contacto directo e inscripción: xmeataxex@hotmail.com
Mais a LNB non pode mirar cara a outro lado cando un palanador ou palaadora está en apuros , dende Bueu e cun extremecedor documento emitido no telexornal da Galega puidemos ver a un Manuel Otero , palanador da Conf. Sur, desconcertado e confuso pola acción debastadora da ceiva dunha manada de bestas que el mesmo custodiaba apreixada para evitar os danos nas terras del e dos veciños , a LNB plantéxalle ó gran palanador de Bueu toda a súa desposición e axuda para realizar un gran marathon de billarda co que escorrentar pacificamente e sen danos ós cabalos que invaden e destrozan as leiras dos veciños da zona....

quarta-feira, agosto 11, 2010

AS FOUCIÑADAS AUDIOVISUAIS DAS NANO-ENTREVISTAS DO ABERTO DO UROGALO!!


Sen deixar de respirar o ar ceive dos Ancares e empuñando xa o Fouciño de Ouro que iste sábado vai tinxir de vermello sangue a carballeira de Vimieiro , o Pateiro Nómade e xestor do Feisbuc ofical da LNB guinda unhas extremecedoras fouciñadas audiovisuais a xeito de nano-entrevistas face a face que poden deixarte inconciente se non tomas as precaucións axeitadas. Non había dúnida ningunha , só Matías o gran palanador de Cervantes podería por imaxe a iste sucesión brutal de fouciñadas nas que Sak e o Grilo en Ruta desatan a loucura, preme xa:

Costa Brava, Desporto bravo: http://www.youtube.com/watch?v=rCDsVwK69t4

Ferran , LNB nos Paisos Cataláns : http://www.youtube.com/watch?v=ydufkbITRdU

Pilulas e Doblete Urogolesco: http://www.youtube.com/watch?v=2-GDoSbNax4

Eric conxeado coma a Tarta xeada da Casa Neireo ( Baleira ) http://www.youtube.com/watch?v=znZqh-yIGwU

terça-feira, agosto 10, 2010

DONIS EXPANSIVO , DONÍS EN CADA VARADO ... VIVA A REPÚBLICA INDEPENDENTE DE DONÍS!!


Pode que non durmas en varios días mais merece a pena convertirse en somambulo por uns días ou de xeito perpétuo para coñecer a história certa e verídica contada por Isaac Pae nun contexto tan potente e brutalmente indíxena coma son o núcleo de pallozas de Cervantes que están en proceso de recuperación. 3 días de libertade plena e xusta acadaron os cidadáns dos Ancares da parroquia autoproclamada República Independente de Donis, un acto e unha acción polo que en cada Aberto e en cada golpexo da madeira contra a madeira se loita para que volta a ser posíbel nista nosa gran parroquia Galaica. Por Donís e pola súa xente que por propia iniciativa sen agardar nada nen a naide que os protexera contra as inxutizas animamos a que cada palanador e palanadora non agarde á axenda de Abertos para decidir cara donde tira senón que colla o palán e a billarda e proclame a República Billarda por medio da celebración dun Aberto na súa aldea , vila ou cidade....Donis expansivo , paláns ergueitos adiante co Varal!!

segunda-feira, agosto 09, 2010

CONTRA O MAREO , VIDEO-ESTALOS DO MUSIKEO!!



TELE-VARAL no 1º Aberto do Musikeo>> Eric imponse os seus compañeiros de equipo, Reyes e Guille e proclámase Campión do Musikeo Ribadeo 2010


As billardas da LNB asaltaron as terrazas repletas de veraneantes iste pasado sábado en Ribadeo , mais non todos os visitantes atraídos polo sol e as praias da mariña son seres pasivos e repunantes, moi salientábel a presenza e implicación absoluta dunha parella chegada dende Al-Andalus que de seguro voltaremos atopar moi pronto....

UROGALO SOM SYSTEMA!!


Alex , o Palanador aborixe e dj residente no clube-Palloza de Cervantes recibíu á serpe multicor cunha mangueirada de auga e beats para refrescar unha tarde con tanta calor ou máis ca que sufriron os finalistas da espectacular final mundial de Saunas celebrada tamén ista find en Finlandia.

Dende a Mariña partía unha expedición cara á montaña dos Ancares, parada a xantar no fantástico e económico Restaurante Neireo do Cádavo...

Unha relación LNB e a do restaurante Neireo que pode consolidarse no tempo xa que a responsábel do local interesouse polos dereitos de imaxe da gran estrela Eric para ver de convertilo en imaxe mundial da súa espectacular Tarta xeada da Casa Neireo , un manxar que naide pode deixar de porbar se pasa polo concello de Baleira.


E se o transito dende Meira ate O Cádavo é case idílico respirando ar puro galaico , o inferno que o ministerio de fomento nos tiña preparado foi dos que deixan pegada, estradas derruidas e sen asfaltar mentras o Pepiño estaba apoiando as touradas na praza de pontevedra e alfombrándolle o camiño ós asasinos de luces , lanzaba area ós ollos ós palanadores e palanadoras para impedirlles a súa chegada ó Aberto do Urogalo..... Pepiño a LNB non son os controladores!!


Efectivamente, sen controladores aéreos nen terrestres xa que á serpe multicor da LNB naide lle marca as direccións a seguir , a temido reptil chegou ó pavillón de Cervantes donde se ía desputar a terceira edición do mítico Aberto do Urogalo.


Un Aberto a centos de metros de altitude presión á que se adoptou perfectamente e gran palanadora dos Outros que se convertíu na gran estrela da xornada.

Un protagonismo compartido con outro palanador aborixe de San Román , atención á espectacular entrevista concedida por iste xa gran referente da LNB na montaña luguesa que pode levar a Matías a formar parte do exclusivo clube presidido por Calvete.

Eliminatorias a unha única carreira que fixo que cara quenda fora unha loita a morte, Daniel e José Luis , tamén coñecido coma o pateiro nómade de Portonovo , foi un exemplo disa loita pola supervivencia na pista.

Final a tres e a tres carreiras que motivou que a expericia do gran Daniel fora un handicap insalvábel para Alex que quedou terceiro e para Lola que quedou segunda pero que indiscutibelmente foi a vencedora moral do Urogalo nunha final que de resolverse a unha carreira sería para a palanadora dos Outros.

Terceiro tempo en forma de espectacular Tour guiado por Isaac pola palloza-museo de Cervantes e pola história dunha terras míticas e complexas que gardan tantos segredos coma complexidades da poderosa identidade galaica .


Issac pae , un sherpa de luxo que nos fixo enfundar as zocas de neve para conducirnos polos marabillosos carreiros nevados dunha história e dun sentir que nengún decreto poderá arrebatarnos , con Isaac pae fomos por uns minutos ceives en plenitude coma ises tres días da autoproclamada república independente de Donis á que as súas verbas e o ar puro e sinceiro de Cervantes nos tranportou, beizóns!!


E coa mente a bulir a mil por hora pola intensidade dos intres compartidos por toda a tribo , coma se foramos lobos famentos de palabras aceitamos moito máis ca gostosos a invitación da LNB Cervantes para compartir o magnífico menú de alimentos e pensamentos....a nave de buxo dibuxa o mañán!!

MORAÑA , MUSIKEO E O UROGALO DOS ANCARES , UN TRIDENTE DE XEO E LUME!!


Centos de km e emocións compartidas ás costas ducias de palanadores e palanadoras retornan á casa despois dunha find que marca de novo un impás histórico , arrincaba simultaneoimente en Ribadeo e Moraña os dous Abertos do sábado con Eric coma gran campión do Aberto do Musikeo enchando de camisetas o seu armario que pide a berros tregua e xunto con palanador dos Outros Xosé Rodiño facíase co máis alto do Podium no estreo billardeiro en Moraña. O Acontecido o domingo é foi tan potente para todos os partiipantes que neceitaremos por zocas con raquetas da neve tradicionais de Cervantes para trasladar á escrita o acontecido , Daniel venceu por segundo ano consecutivo fronte ó Abrorixe dos Ancares Alex , que asesorado polo seu preparador persoal Matías e pese ós xuramentos de apoio diste , non puido venser ante o seu público na súa segunda final Urogalesca consecutiva, mais se tiveramos que proclamar unha campiona moral isa seria sen dúbida LOLA , a palanadora dos Outros cuallou unha magnífica xornada coma colofón dunha gfrande tempada e rematou no segundo escalón do podium nunha final a tres carreiras, de ser a unha única coma as roldas clasificatorias o mel , a copa e o Urogalo sería para ela. A forza do Urogalo dos Ancares fai que enchamos o peito para berrar dende a montaña galaica que non se ten que preguntar que poder facer a LNB por un senón que pode facer un ou unha pola LNB , abertos , trofeos....o que ti queiras pono en marcha e comunícanolo , así fixo o gran Xosé Rodiño que nos adiantou unha espectacular crónica do xacemento billardeiro atopa en Moraña que complementa a gran reportaxe no web-blog da Conf. Centro: O primeiro aberto de Moraña tivo un exito brutal.A carballeira de Santa Xusta acercáronse uns 30 palaneadores donde destacaban aparte dos palaneadores locais tres homes da LNB Toño, Ruben conferencia centro e como non Xose Rodiño que o fin sería o gañador. Antes de comezar o aberto fíxose unha charla de como se xogaba e se facian as "pinchas" na zona antigamente e os palaneadores da LNB explicaronlle a forma actual de competir na liga. Incluso no aberto dous palaneadores veteranos xogaron da forma que na sua mocidade, levantando a pincha co pau e golpeandoa no aire

En relacion o aberto Ruben non accedeu a semifinais por culpa dulha chamada de movil xusto cando golpexaba.As semifinais xogaronas dous palaneadores locais na primeira e Toño Xose Rodiño na segunda.Toño non puido superala presion despois de rompela billarda no golpe anterior e xogou o tercer e carto posto gañando.Na final impuxose a maior experiencia de Xose Rodiño ante o palaneador de Moraña quen non tivo oportunidade ningunha.O premio de unha botella de tostada para o gañador e outras duas de outros licores pra segundo e terceiro cerrou o 1º Aberto de Moraña.Xan adiantou a sua marcha a Bolivia pra non asistir o aberto xa que esa carballeira rezumaba o cheiro ainda fresco a esa carne o espeto que expón a un carneiro a unha morte tráxica sendo clavado nunha estaca e aberto en canal para saciala fame dos omnivoros que ali se acerquen. Próxima estación se naide di o contrario ...Fouciño de Ouro!!

sexta-feira, agosto 06, 2010

TURKÍA CAPITAL ANKARA...BILLARDA CAPITAL ANCARES!!


Urogalo_10 Ultima Hora: dende Cervantes pásannos a info e impactante cartaz que con tanta intensidade só pedemos ofrecer nunha resolución nano para non danar os teu ollos aínda cololizados>> Aquí tendes o mapa para chegar ao polideportivo: http://maps.google.pt/maps/ms?ie=UTF8&hl=pt-PT&msa=0&msid=112633509936144366725.000470802aef66d00cbde&ll=42.86829,-7.062836&spn=0.005292,0.013937&t=h&z=17
E a ruta para chegar por estrada: http://www.guiarepsol.com/MapasRutas/Ruta/mapa.aspx#X=-7.401857429712463&Y=42.94906347919528&z=10&0|Txt=|Lugo-LUGO|&0|X=-7.557185125489569&0|Y=43.01173365860965&0|Loc=Lugo&1|Txt=|Cervantes-LUGO|&1|X=-7.060075413563508&1|Y=42.86983930329017&1|Loc=Cervantes / Ainda que realmente é facil: Para chegar a San Román de Cervantes hai que coller a A6 e sair na saida 451 (Ancares), despois simplemente seguir os letreiros que poñan San Román ou Cervantes. Contacto directo LNB Ancares>> 659.628892

Simplemente desbordados, a intensidade é tal co anuncio da chegada ós Ancares da serpe multicor que incluso a sangue fría do anfibio billardeiro comeza a ferver, atención porque se o domingo en Cervantes os pulmón se nos encherán de ar ceive para afrontar novo en intensos retos, o sábado a cousa ferve polo país enteiro , dende os irmáns do Petouto de Moraña xa nos informan que a bule bule do seu Aberto xa fixo espertar a diaño billardeiro en varios equipos na localidade e dos redores porque ate Moraña achegaranse palanadores e palanadoras de Cuntis dispostos a empurrar o palán agora que é mais necesario ca nunca andar a paus , se anadas ou transitas pola zona non dubides en acudir á enganchada pincheira na Carballeira de Santa Xusta porque ademais do Aberto haberá abradoiro impartido por palanadores hitóricos da zona que analizarán a evoñución diste noso deporte dende principios de sáculo ate hoxe e fin de festa con merenda-cea coa que repor forzas. Máis Moraña non só se altera , dende Laracha o irmán Xosé Collazo co cal contactamos no Set-LNB na Alameda de Compostela o día da patria envíanos un paquete repreto de xoias con doucmentos escritos por el sobre o xeitos de xogar na súa zona xunto xcon demáis escritos sobre a história do noso deporte que algún día desclasificaremos. Mais non foi a única emisión brutal recibida , dende Castela un palanador no exilio e mestre nun colexio disas terras pide auxilio á LNB para perpetar unha acción que pode ter dimensións estratosféricas xa que a LNB xa conta con campo base akupada polo garañon do dab galego en Cuenca que o mundo coñece coma Montouto Sound Machine. E despois diste xiro voltamos á boca do volcán de donde saíu a laba que o invade todo xa que o sábado en Ribadeo distorsión e billarda voltarán a ir do pé e da man para perpertar diante da torre dos morenos o I Aberto do Musikeo , atención porque ademáis do festival haberá espectaculares actividades de rúa entre as que destacán o Aberto de Billarda a partires das 17 h e a interveción teatreira dos irmáns de Roiston Os Escarranchados....

Nota Importante: Confírmanmos dende a LNB Ancares que ademáis que despois da enganchada billardeira haberá ruta polas pallozas galaicas de San Román de Cervantes, nas que tamén se poderá ver o novo hórreo en construcción. Avante Urogalo!!



Contacto: evalaxe@gmail.com / 699.289351



Contacto: 619.570976

AXENDA ALTER-NATIVA DA REPÚBLICA BILLARDA:

-Iste venres 6 en Bretoña festa celta do Lugnasad con grupos Saltanocribo, Os Cempés e amigos, Pan de Capazo e Cuchufellos. E de acordo coa tradición deste festival, entre a música que irá animando a festa e o conxuro da queimada que serve de colofón, haberá tempo para o ritual das vodas celtas.

-Iste Venres tamén na Chousa de San Pedro de Bembibre [Taboada - Lugo], organizado pola Asociación Madialeva, celébrase a Festa da Mocidade 2010.A partir das 23:00hs. estarán no escenário:
A Tuna Rastafari.
Os Tres Trebóns.Antes haberá um pasarruas e umha foliada com Os d'eiquí e umha Cea por 12€ [camiseta + cea + Bebida].

- Sábado 7 á noitiña Ruxe-Ruxe nas festas da parroquia de San Xusto ( Barreiros ) , o histórico grupo de folk-rock galaico invade un campo da festa tradicionalmente okupado por orquestras de escaparate de repertorio totalmente colonial , un 10 para komiçom!!

-O Sábado 7 de Agosto e Domingo 8, en Pardiñas (Guitiriz), celébrase a XXXI ediçom dum dos mais antigos festivais da Galiza, o Festival de Pardiñas.O Sábado estarán:
GalegoZ
Canteca de Macao
Bellón Maceiras Quinteto
Äl JawalaE o Domingo:
Cé Orquestra Pantasma
Pelepau
Pablo Seoane
Xosé Manuel Budiño
Alalé
Güintervan

-Depois do Día da Involución [Venres 6], no día grande da Festa da Prehiostoria [Sábado 7] que se celebra em Mos, teremos actividades desde a manhá, com obradoiros, exposicións, títeres e gastronomía.À tarde comeza com um ataque na cova e os xogos prehistóricos e o levantamento dum menhir para rematar à noite com o ritual de invocazom ós espiritus da mámoa de Penacova com o concerto de:
Pesdelán
O Sonoro Maxín
Falperrys

quarta-feira, agosto 04, 2010

ASCENSIÓN ÓS ANCARES CON MORAÑA E RIBADEO COMA CAMPOS BASE!!


Osos pardos e urogalos golpexan o noso interior empurrando a toda a serpe multicor de xeito inevitábel cara as terras da indicutíbel capital da República Billarda, iste domingo polas veas da serpe billardeira correo sangue vermello oxixenado co poder embravecido do ar dos Ancares, conta a lenda que para un palanador e palanadora despois de desputar o mítico Aberto do Urogalo en Cervantes nada volta a ser igual , o espírito do Urogalo inxértase de xeito tan perpétuo e poderoso que a coroza no co corpo dos aborixes galaicos os días de choiva...porque para al LNB sempre é inverno , iste domingo nos Ancares a coroza de prumas do Urogalo agarda por ti en Cervantes, atentos porque seguiemos informando. Contacto directo coa palloza LNB dos Ancares>> 659.628892 / Mais a tan desexada chegada ós Ancares terá dous grandes campos base previso donde se establecerán os parámetros precisos para a ascensión ó gran cumio da mitoloxía galaico-billardeira, toma e vai preparando a equipaxe e nos esquezas os cravos e cordas xunto coas billardas e paláns:

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

- ABERTO DE MORAÑA: Os irmáns da Asocición o Petouto confirman para iste serán de sábado un espectacular cartaz de festexos que se desenrolarán na Carballeira de Santa Xusta de Moraña , 17 h>> obradoiro de Pinchas e ás 16 Aberto de Billarda que rematará cunha espectacular merenda cea de irmandade entre os participantes, se habitás ou transitas pola zona non dubides en pasarte pola carballeira de Santa Xusta , porque é de xustiza botarlle unha man ós irmáns do Petotouto que dán o paso das verbas ós feitos pondo en marcha iste poderoso Aberto de Billarda que sitúa a Moraña coma un poro máis no coiro da serpe multicor da LNB. Contacto directo>>699289351 /evalaxe@gmail.com

-ABERTO DO MUSIKEO - RIBADEO: o perigoso coctel de distorsións e billardas estoupará unha vez màis no campo de batalla iste sábado situado en pleno corazón da vila ribadense, a partires das 17 no Alamenda fronte ó concello bruarán as billardas coma contapunto do poderoso menú de rock que se servirá na praia dos castros dende o venres ate o sábado. Contacto directo: 619.570976

terça-feira, agosto 03, 2010

O POLBAZO D´ADINA CONXELOU A RESPIRACIÓN DE TODA A SERPE MULTICOR DA LNB!!


Na éxtase absoluta continúa toda a LNB despois do histórico polbazo de Adina , os compañeiros da revista de Adina envíanos con pelos e sinais os intres máis intensos diste apoixano encontro que xuntou na pista da parroquia de Portonovo ás grandes e consolidadas estrelas diste desporto que racha moldes coas emerxentes figuras dunha disciplina a nosa que xungue festa , loita e suores conxelados coma o estado do polbiño Pauliño que así de teso chegou á gran orxía billardeira. Mergúllate de xeito inmediato no espectacular crónico da tribo da Conf. Centro que acudiron en masa quentando motores para o tan agardado e desexado II Aberto do Fouciño de Ouro que xa está a caer.....polbos e varados en valados liberados!!